SlideShare a Scribd company logo
1 of 19
Download to read offline
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
UNIDADE 6:
A COMPOSICIÓN.
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 3º da ESO
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Observar as imaxes do entorno cultural e identificar nelas os principais fundamentos
compositivos.
• Comprender, identificar e definir os formatos.
• Comprender, identificar e definir os ritmos compositivos.
• Comprender, identificar e definir os esquemas compositivos.
• Distinguir os diferentes esquemas, ritmos e leis da composición e relacionalos con outras
linguaxes expresivas.
• Expresarse con creatividade utilizando os esquemas e ritmos requiridos, transmitindo
emocións ou sentimentos individuais e do grupo.
COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e recoñecer formatos equilibrios, ritmos e esquemas compositivos, no
proceso de deseño de obras artísticas, así como saber empregalo no proceso de
deseño en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e
culturas.
• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
◦ Respectar as quendas de palabra, valorar a opinión do outro, escoitar activamente
aos compañeiros.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.
◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.
• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos formatos, os equilibrios, os ritmos
e os esquemas compositivos na arte e nas creacións propias.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre o formato, o
equilibrio, o ritmo e o esquema compositivo, no proceso de deseño coma no proceso
de presentación aos compañeiros.
SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• Do 24 de abril ao 22 de maio: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto.
• O 22 de maio: exame.
• O 29 de febreiro: recuperación se fose preciso.
• Do 26 de maio ao 19 de xuño: O proxecto cooperativo desta unidade farase en
combinación co traballo na seguinte unidade. O tema está por determinar, a técnica será
o origami e dentro deste, os módulos sonobe.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Diferenciar tipos de formato e recoñecelos
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• Diferenciar tipos de esquema compositivo e recoñecelos
• Diferenciar tipos de ritmos e recoñecelos
• Diferenciar tipos de equilibrio visual e recoñecelos
• Aplicar correctamente os ritmos, esquemas e equilibrios en composicións rápidas
persoais.
• Realizar a traballo cooperativo en grupo segundo os criterios propios deste.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A COMPOSICIÓN.
Cada forma nun cadro debe responder a tres aspectos principais: ao elemento que representa, á
cor que contén e ás outras formas que, con ela, compoñen a totalidade do cadro.
Que hai de innovador na túa roupa ou na música que escoitas?
É importante a innovación?
Cres que foi innovador o cubismo e Juan Gris?
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"The painter's window", Juan Gris, 1925
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
FUNDAMENTOS DA COMPOSICIÓN.
Antes de comezar lembrade que traballaremos e analizaremos en xeral cadros nesta
unidade porque son mais doados para comprender estes conceptos.
A composición é un proceso organizativo que ordena os elementos visuais para
configurar a expresión artística. Coma proceso que é a composición é todo o conxunto de
accións por medio das cales o artista elixe aqueles elementos da obra que farán de soporte do
que pinte, esculpa ou compoña, segundo sexa o caso, dándolle coherencia, sentido e
relacionando o significado que busca coa a súa obra e o aspecto formal desta. Os elementos
fundamentais cos que o artista conta son:
• o formato, que se refire ao aspecto que ten o soporte sobre o que realizaremos a obra;
• o esquema compositivo, que se refire as liñas
fundamentais que organizan os pesos e forzas
visuais que vertebrarán a obra;
• o ritmo, que é a relación de movemento que os
elementos da obra poden establecer entre si;
• os equilibrios visuais, que é compensación de
masas e pesos visuais da obra.
O Formato
O formato dun cadro e elemento da composición que se centra
no tamaño, aspecto e orientación espacial da superficie sobre a que se
realiza a obra artística. Cando estudamos o formato dunha obra
analizamos a forma externa de todo o cadro, como se orienta en canto a
vertical ou a horizontal ou como de grande ou pequeno é este. O tipo de
formato que empreguemos nunha obra influirá directamente sobre o
significado final da obra. Segundo o formato que teñan podemos
clasificar as obras en:
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Le Canigou", Juan Gris, 1921.
"Candlestick and playing
cards", George Braque,
1909.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Formatos:
• Formato rectangular vertical: son obras que responden a forma ou se
poden enmacar dentro dun rectángulo disposto sobre o seu lado menor.
Na cultura occidental tradicionalmente relacionamos a liña vertical coa
elevación cara Deus, co crecemento, coa estabilidade. por isto este tipo
de formatos potencian a sensación de elevación, transcendencia e
equilibrio.
• Formato rectangular horizontal: Son aquelas
obras plásticas que podemos enmarcar dentro
dun rectángulo que teña coma base o seu lado mais grande. A
liña horizontal está relacionada coa nosa posición de
descanso, repouso, a firmeza. pero tamén coa morte ou o
inerte. Así estas obras con tendencia horizontal potencian a
sensación visual de repouso, estabilidade, firmeza.
• Formato cadrado: son aquelas obras que teñen un aspecto
global próximo ao cadrado. O cadrado é a figura xeométrica
mais fácil de visualizar pola súa simplicidade, é unha forma que,
polas súas proporcións, elimina toda posibilidade de
movemento. Así, este tipo de obras potencian a expresión do
equilibrio mais estable, froito do inamovible, non da
compensación de forzas coma pasa no rectángulo vertical.
• Formato circular: son aquelas obras
que poden ser enmarcadas ou que están feitas dentro dunha
forma circular. O círculo é unha forma pechada que contén
movemento de seu, o movemento que describe un círculo é
sempre envolvente cara o seu interior facendo que o seu punto
central posúa toda a potencia e importancia compositiva da
obra que conteña esta forma. Ademais, como é unha forma sen
base, arrédase do chan dando unha certa sensación de
suspensión no aire, de afastamento con respecto ao que sucede
na terra. Na nosa tradición máis clásica da arte Occidental, os Tondos (nome italiano
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Large woman
standing, II",
Giacometti, 1959.
"The Dream", Constantin
Brancusi, 1959.
"Composition in red, blue
and yellow", Piet
Mondrian, 1930.
"Taddei Tondo",
Michelangelo Buonarroti,
1504.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
para as composicións redondas) son contedores de obras normalmente espirituais e
relixiosas sendo habitualmente o Neno Xesús e mais a Virxe os seus protagonistas.
Tamén é un tipo de formato que remite a feminidade, ao ventre materno, ao
nacemento.
• Formato ovalado: O óvalo é un círculo que perdeu parte da súa potencia de movemento
en canto que aínda que podemos desprazar un ovoide por unha superficie o seu
movemento vaise ver limitado polo seu achatamento. A
diferencia do círculo, un óvalo posúe dous centros o que fai
que cando empregamos óvalo en posición horizontal, haxa
dous puntos de máxima tensión na obra, sendo,
normalmente, o dereito o máis importante dos dous. É un
formato que comparte parte da súa expresión de
feminidade, movemento, nacemento, ventre. co círculo,
pero ao estar achatado é unha expresión algo máis
relaxado. Cando traballamos co óvalo na vertical perdemos os dous centros e estamos
máis próximos aos formatos circulares.
• Formato tridimensional: Os formatos
tridimensionais aportan aos formatos planos
aquelas características propias da superficie na
que foran pintadas. Así un fresco nunha parede
adquire tamén unha potencionalidade de seren
“fiestra” a unha realidade (real ou inventada)
que habería máis aló das paredes da estancia na
que fora pintado; unha cúpula achega a
composición ao ceo cara o que se orienta a visión
do observador cando a mira.
• Formatos irregulares: Os formatos irregulares son todos
aqueles que non responden a ningunha das formas
anteriores. Son formatos que, precisamente, pola súa
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Sir Endymion Porter and Anthony
Van Dyck", Van Dyck, 1628
Cúpula da Capela da Virxe do Pilar en
Zaragoza, Francisco de Goya, 1780.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
irregularidade, fomentan a expresión do dinamismo e o movemento. Son formatos moi
empregados no mundo do cómic ou da publicidade.
• Formato Rectángulo Áureo: O rectángulo áureo é un
formato que responde a cálculos matemáticos. Os
matemáticos da Grecia clásica conseguiron determinar o
número áureo, que é un número derivado da relación
existente entre as medidas de infinidade de elementos
naturais, dende o home ata as árbores, flores, animais,
cunchas. Vos deixo un pequeno vídeo no que vos amosa
esta relación matemática e diferentes elementos da natureza
(http://www.etereaestudios.com/docs_html/nbyn_htm/nbyn
_mov_vimeo.htm). En canto ás sensación que transmite, un
rectángulo que garda as proporcións áureas proporciona á composición unha sensación
de harmonía, serenidade e estabilidade.
Os Esquemas Compositivos.
O esquema compositivo dunha obra é o conxunto de liñas
principais sobre as que, ou grazas as que, organizamos os espazos e os
elementos que formarán parte da composición. Todo formato
compositivo ten un punto ou varios punto de máxima tensión e a
organización que determinemos ten que telo en conta para conseguir
aproveitar correctamente as sensacións que de seu aporta o formato da
obra. Para determinar o esquema compositivo dunha obra artística
poden ser: liñas rectas, curvas, figuras xeométrica, redes modulares.
Os esquemas compositivos poden ser dende simples, onde
cunha soa liña, xa sexa recta ou curva, ou unha figura xeométrica simple, organizamos todo o
contido da obra; pero tamén poden ser composición complexas, onde se combinan diferentes
liñas compositivas simples para organizar a obra. No noso caso imos a aprender a recoñecer os
esquemas compositivos máis simples aínda que o fagamos analizando obras complexas.
As liñas de composición se poden recoñecer tanto nas formas dos elementos máis
importantes da obra, coma la liña que describen entre eles pola súa ordenación. Pero neste tipo
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Leda Atómica", Salvador
Dali, 1949.
"A morte de Marat", J. L.
David, 1793.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
de análise, un dos elementos máis importes a ter en conta é a mirada dos personaxes que
aparecen na obra que poden describir a liña compositiva principal da obra.
Así, dentro dos esquemas compositivas simples temos:
• Esquema Triangular: os elementos da obra organízanse en
función dun triángulo que se sitúa no centro da obra. As
composicións triangulares centran a atención,
normalmente no centro do triángulo, son composición cun
certo dinamismo determinado polas liñas diagonais que
pechan o triángulo.
• Esquema enAaspa: O
esquema compositivo en aspa é un esquema moi
dinámico polo emprego das diagonais a pesar da súa
simplicidade. As liñas das aspas conteñen unha grande
tensión que atopan no seu punto de corte o punto de
máxima tensión da obra. Son obras que atraen a mirada
cara o centro de ditas liñas.
• Esquema compositivo en Diagonal: Son composicións
sinxelas, normalmente de poucos elementos e
organizados en función dunha única liña diagonal. Na
nosa cultura occidental onde lemos de esquerda a
dereita, cando a liña vai dende a parte baixa esquerda á
parte alta do cadro da esquerda, estamos ante unha
composición crecente, polo que as sensacións serán
positivas, de crecemento, de ascensión, elevación. cando a liña vai da parte alta
esquerda a baixa da dereita, estamos ante unha composición que
descende, que se achega a sensacións negativas, baixar, caer.
• Esquema compositivo en Cuña: é un esquema no que dúas
diagonais converxen nun mesmo punto facendo deste o punto de
máxima tensión e contendo entre elas os elementos máis
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Adoración dos pastores", Bartolomé
Murillo, 1655-1660.
"Composition A 19", Laszlo Moholy
Nagy, 1927.
"A Maja Espida", Francisco de Goya E
Lucientes, 1790-1800.
"Anciana espulgando
a un neno", Murillo,
1660-1670.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
importantes da obra. Coma nas obras en diagonal, segundo cara onde se oriente a cuña
poderemos achegarnos ao descenso ao ascenso.
• Esquema compositivo en T: son composicións que se
organizan en función de dúas liñas que se cortan
formando un T. Son normalmente composicións
simétricas nas que ambos lados da T están
compensados en peso visual. A liña vertical do T contén
o/os elementos de maior tensión e importancia da
composición. Na pintura clásica é unha das
composicións máis empregadas para representar as obras que representan a crucifixión,
o cal non implica que todas estas representación sigan este esquema. Son composicións
harmónicas con unha certa tendencia a ascensión polo emprego da
vertical pero limitado pola liña horizontal superior.
• Esquema compositivo ovalado: Os elementos principais deste tipo
de obras organízanse en función dunha forma ovalada que ocupa
boa parte da superficie. Esta forma fai concentrar a atención da
obra no centro do óvalo cara o que se orientan todas as formas.
Moitas veces estas composicións veñen determinadas máis polas
miradas dos personaxes da obra que polas formas que aparecen na
obra. Cando o óvalo esta disposto na vertical aporta sensacións de
elevación e ascensión á obra mentres que cando o óvalo está disposto na horizontal, as
obras achéganse á serenidade e repouso do formato horizontal.
• Esquema compositivo en L: É un esquema no que os elementos
organízanse en función de dúas liñas rectas que forman un L
maiúsculo, que este pode estar tanto mirando cara a esquerda
coma mirando cara a dereita sen variar isto en moito a sensación
que potencia. Son composicións sereas, claras e de poucos
elementos, onde o seu lugar de máxima tensión está en torno ao
punto de cruce de ambas liñas.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"A crucifixión", Giotto, 1302.
"A Crucifixión",
O Greco, 1600.
"O xove Mendigo",
Murillo, 1650.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• Esquema compositivo radial: Son composicións nas que os
elementos organízanse en torno a un centro e en función de
diversos raios de circunferencia. Ao ser unha composición
organizada en torno a diagonais é moi dinámica e xera un centro de
gravidade no que converxen todos os raios e que contén a máxima
tensión da obra.
Os Ritmos Compositivos.
Un ritmo, coma na música, é a sucesión acompasada
de elementos ou formas que compoñen un movemento visual
ou ritmo visual. Do mesmo xeito que nunha melodía podemos
identificar sons e tempos que marcan a velocidade e
movemento que transmite a canción, nunha composición e por
medio da organización dos seus elementos, podemos
determinar un ritmo que será o que siga mirada do observador
ao atoparse coa imaxe.
Nas obras que se emprega o ritmo compositivo coma recurso se teñen en conta tanto
os elementos e o aspecto destes coma a súa organización sobre a superficie. Así podemos
organizar os ritmos en:
• a forma que describen os elementos que forman a composición, e así temos:
◦ rectilíneos, que describen unha liña recta,
◦ curvos, que describen unha liña curva,
◦ quebrados, que describen unha liña quebrada,
◦ ondulados, que describen unha liña ondulada.
• A disposición no espazo, somo se organizan os elementos no espazo;
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"A Aldea e Eu" Marc
Chagall, 1911.
Ballet.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
◦ continuos, cando os elementos seguen unha progresión de aspecto lineal,
sen grandes cambios,
◦ alternos, nos que se combinan dous elementos, ou formas os tamaños de
xeito regular,
◦ descontinuos, cando os elementos non seguen unha regularidade continua
nin alterno, senón que semella repetir unha secuencia,
◦ crecente ou decrecente: cando os elementos van medrando ou decrecendo
de tamaño.
(une cada unha destas imaxes co ritmo que consideres máis axeitado, as veces é
ambiguo ou confuso trátase de atopar aquel que mellor lle acaia)
O Equilibrio Visual.
Todas as composicións visuais están determinadas polo
peso visual e as forzas visuais que atopamos nelas. Cada elemento
que empregamos dentro dunha composición ten un peso que ven
determinado pola súa cor, polo seu tamaño, pola súa posición
dentro do espazo da obra e máis pola súa relación de
proximidade, ritmo, semellanza. co resto dos elementos da obra.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Así, en canto a cor os elementos máis pesados son aqueles que teñan cores cálidas e estean
saturadas. Tamén en canto á cor, pesarán máis as formas que teñan unha cor que contraste
claramente co fondo da obra. En canto ao tamaño terán máis peso os elementos máis grandes,
en canto a forma terán máis peso as formas xeométricas simples. Finalmente teremos en conta
tamén o recorte do elemento, así as formas que non estean recortadas, xa sexa por estar tapadas
por outras formas, xa sexa por non aparecer completas na composición, terán máis peso que as
recortadas. Coma sempre estas cosas nas composición rara vez aparecen illadas e simplificadas,
así que teremos que ter en conta todos estes principios ao mesmo tempo cando queiramos
determinar onde situar o peso dunha composición para poder compensar unhas características
con outras.
Para poder determinar o equilibrio visual dunha obra tanto cando estamos
compoñendo coma cando estamos analizando, temos que, primeiro de nada, trazar un eixo
imaxinario vertical que divida a obra en dúas partes que nos permitan organizar os dous lados
desta. Segundo como ordenemos os elementos podemos ter obras dende moi estables a
totalmente inestables, é preciso controlar a estabilidade visual dunha obra para que esta
responda aquelo que queremos transmitir con ela. Cando organizamos os elementos da obra
tanta importancia teñen os elementos coma os espazos que deixamos entre eles. O seguinte
esquema exemplifica dun xeito doado como organizamos os pesos visuais nunha obra:
Segundo o tipo de equilibrio e organización dos elementos que
empreguemos para unha obra teremos os seguintes tipos de equilibrios
compositivos:
• Simetría Axial: É unha composición moi estable onde os
elementos de igual ou case igual peso visual sitúanse equilibrados
a ambos lados dun eixo imaxinario que divide a obra en dúas
partes iguais.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"O matrimonio
Arnolfini", Jan Van Eyck,
1434.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
• Simetría radial: Nas composición con simetría radial os
elementos organízanse de xeito rítmico en función de varios eixos
radiais. Son composicións moi estables nas que os elementos
tendes a ser iguais ou practicamente iguais, nas que o centro da
obra exerce o papel de organizador dos pesos.
• Lei da Balanza: nestas composicións os pesos visuais da obra
sitúanse a ambos lados
dun eixo vertical central
que posúe peso visual de seu, e os pesos laterais
están equilibrados polo tamaño e tipo de cores
empregados, son obras nas que temos formas
semellantes a ambos lados da composición. Son
composicións estables, de pouco dinamismo
visual, foron empregadas moito noutras épocas
para imaxes narrativas, que permiten facer unha lectura pausada da imaxe.
• Lei da Balanza: A lei da balanza é un tipo de equilibrio
compositivo que ten a súa orixe na lei da balanza pero
na que se compensan formas que non teñen o mesmo
tamaño, cor , forma. senón que se compensan os pesos
visuais tendo en conta o seu peso visual e non o seu
aspecto. Así compensamos, por exemplo, elementos
pequenos de cor intenso e de forma totalmente regular,
coma no exemplo con masas moi grandes de cor moito
menos intenso e irregulares.
• Lei dos terzos: é un tipo de equilibrio compositivo no que
a superficie da obra está organizada en función dunha
división do espazo en 9 espazos iguais que se determina
dividindo a obra en tres partes iguais vertical e
horizontalmente. Neste tipo de composición os puntos
de máxima tensión están nos cortes destas liñas así que
os elementos máis importantes serán situados entorno a
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Límite circular IV, ceo e
inferno", M. C. Escher,
1960.
"Frontal de Urgel ou dos Apóstolos", Anónimo,
s. XII.
"The fighting Temeraire turned to
her Last Berth to be bronken up",
William Turner, 1838-1839.
"A persistencia da Memoria", Salvador
Dali, 1931.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
eles. É un tipo de organización espacial moi empregada na publicidade e a fotografía
pola súa dinámica estable, é dicir, por permitir xerar espazos con dinamismo pero moi
ben compensados.
• Uniformidade de masas: As composicións que empregan a
uniformidade de masas coma equilibrio compositivo non
queren que ningún espazo nin elemento da obra teña máis
importancia que os demais, senón que a superficie total da
obra estea composta por un continuo de elementos polo que
pasee a mirada do observador mentres observa a obra, que
reparte a súa atención dun xeito uniforme entre todos os
elementos presentes na composición.
• Divisións que parten do rectángulo Áureo: O
rectángulo áureo proporciona múltiples divisións
internas que xeran diferentes centros de atención de
maior ou menor importancia en función da situación
que ocupe no espazo, do seu tamaño, da narración,
da dirección de lectura..
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Anatomy Lesson", Rembrandt, 1630.
"Lizard, fish, bat", M. C.
Escher.
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
CRÉDITOS DAS IMAXES
“The painter's window”, Juan Gris, 1925,
http://en.wikipedia.org/wiki/File:The_painter%27s_Window_Juan_Gris.jpeg
“Le Canigou”, Juan Gris, 1921,
http://en.wikipedia.org/wiki/File:Le_Canigou_Juan_Gris.jpeg
“Candlestick and playing cards on a table”, Georges Braque, 1910,
http://pictify.com/273390/georges-braque-candlestick-and-playing-cards-on-a-table
“Large woman standing II”, Alberto Giacometti, 1959,
http://www.fondationbeyeler.ch/en/collection/alberto-giacometti
“The Dream”, Constantin Brancusi, 1959:
http://pictify.com/147792/constantin-brancusi-the-dream
“Composition in red, blue and yellow”, Piet Mondrian, 1930:
http://en.wikipedia.org/wiki/File:Mondrian_Composition_II_in_Red,_Blue,_and_Yellow.
jpg
“Taddei Tondo”, Michelangelo Bounarroti, 1504,
http://en.wikipedia.org/wiki/Tondo_(art)
"Sir Endymion Porter and Anthony Van Dyck", Van Dyck, 1628,
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Sir_Endymion_Porter_and_van_Dyck_by_Ant
hony_van_Dyck.jpg
Cúpula da capela da Virxe do Pilar de Zaragoza, Francisco de Goya, 1780:
http://losrecursosturisticosderaquel.blogspot.com.es/2014/02/ruta-de-arte-neoclasico-
en-zaragoza.html
“Calvin and Hobbes”, Bill Waterson:
http://gomighty.com/arlexpy/ears-and-eyes-connect-to-brain-eventually-brain-might-
let-feet-know-too/
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
“Leda Atómica”, Salvador Dali, 1949:
http://pavlopoulos.wordpress.com/articles/salvador-dali-leda-atomica-1949/
“A morte de Marat”, J. L. David, 1793:
http://es.wikipedia.org/wiki/La_muerte_de_Marat
“Adoración dos Pastores”, Bartolomé Murillo, 1655, 1660:
http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/obras/906.htm
“Composition A 19”, Laszlo Moholy Nagy, 1927:
http://arttattler.com/archivelaszlomoholynagy.html
“A Maja espida”, Francisco de Goya e Lucientes, 1790-1800:
http://es.wikipedia.org/wiki/Goya
“Vella espulgando a un neno”, Diego de Velázquez, 1660-1670:
http://quepasaenelinsti.over-blog.com/article-la-picaresca-en-la-pintura-espa-ola-
111640256.html
“Crucifixión”, Giotto, 1302:
http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/obras/15348.htm
“A Crucifixión”, Greco, 1600:
http://es.wikipedia.org/wiki/La_crucifixi%C3%B3n_(El_Greco)
“O xove mendigo”, Murillo, 1650:
http://es.wikipedia.org/wiki/Joven_mendigo
“A Aldea e Eu”, Marc Chagall 1911:
http://www.epdlp.com/cuadro.php?id=163
Ballet:
http://mipaginadeballet.galeon.com/Ballet4.htm
“O Matrimonio Arnolfini”, Jan Vna Eyck, 1434,
http://es.wikipedia.org/wiki/Jan_van_Eyck
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
“escher
http://www.tocamates.com/2012/06/escher-y-las-matematicas.html
“Frontal de Urgell o dos Apóstolos”, anónimo s. XII:
http://es.wikipedia.org/wiki/Frontal_de_la_Seo_de_Urgel_o_de_los_Ap%C3%B3stoles
“The Fighting Temeraire turnes to her last Berth to be broken up”, Joseph Mallord
William Turner, 1838-1839,
http://es.wikipedia.org/wiki/El_Temerario_remolcado_a_dique_seco
“A persistencia da memoria”, Salvador Dali, 1931,
http://arte.laguia2000.com/pintura/la-persistencia-de-la-memoria-dali
“Lizard, fish, bat”, M. C. Escher,
http://profesalvamiralles.blogspot.com.es/2012/11/arts-escher.html
“Anatomy lesson”, Rembrandt, 1630,
http://es.wikipedia.org/wiki/Rembrandt
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com

More Related Content

Viewers also liked

Retire baby boomer style | how to have the best retirement ever
Retire baby boomer style | how to have the best retirement everRetire baby boomer style | how to have the best retirement ever
Retire baby boomer style | how to have the best retirement everHilary Overcash
 
Buonamico Buffalmacco
Buonamico BuffalmaccoBuonamico Buffalmacco
Buonamico BuffalmaccoAtenaOlimpo
 
Unidade 4 a_luz_e_o_volume
Unidade 4 a_luz_e_o_volumeUnidade 4 a_luz_e_o_volume
Unidade 4 a_luz_e_o_volumeSara Estarque
 
Sample mobile Pages created on Qryptal
Sample mobile Pages created on QryptalSample mobile Pages created on Qryptal
Sample mobile Pages created on QryptalQryptal
 
Dipri resto de la materi aaa
Dipri resto de la materi aaaDipri resto de la materi aaa
Dipri resto de la materi aaaCristina Ratona
 
行政院簡報 經濟部+國發會apec
行政院簡報 經濟部+國發會apec 行政院簡報 經濟部+國發會apec
行政院簡報 經濟部+國發會apec releaseey
 
"Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti...
"Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti..."Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti...
"Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti...Agua para Todos
 
Lluminàries
LluminàriesLluminàries
Lluminàriesxavifoal
 
Life Support Training International
Life Support Training InternationalLife Support Training International
Life Support Training InternationalTed Herbosa
 
Las contribuciones
Las contribucionesLas contribuciones
Las contribucionesMelida Abreu
 

Viewers also liked (15)

Presentación de competencias
Presentación de competenciasPresentación de competencias
Presentación de competencias
 
Retire baby boomer style | how to have the best retirement ever
Retire baby boomer style | how to have the best retirement everRetire baby boomer style | how to have the best retirement ever
Retire baby boomer style | how to have the best retirement ever
 
Bab 4
Bab 4Bab 4
Bab 4
 
trabajo 1
trabajo 1trabajo 1
trabajo 1
 
Buonamico Buffalmacco
Buonamico BuffalmaccoBuonamico Buffalmacco
Buonamico Buffalmacco
 
Unidade 4 a_luz_e_o_volume
Unidade 4 a_luz_e_o_volumeUnidade 4 a_luz_e_o_volume
Unidade 4 a_luz_e_o_volume
 
Sample mobile Pages created on Qryptal
Sample mobile Pages created on QryptalSample mobile Pages created on Qryptal
Sample mobile Pages created on Qryptal
 
Dipri resto de la materi aaa
Dipri resto de la materi aaaDipri resto de la materi aaa
Dipri resto de la materi aaa
 
行政院簡報 經濟部+國發會apec
行政院簡報 經濟部+國發會apec 行政院簡報 經濟部+國發會apec
行政院簡報 經濟部+國發會apec
 
"Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti...
"Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti..."Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti...
"Revisión del Sistema de Abastecimiento de Agua a San Bartolo Ameyalco" Insti...
 
Lluminàries
LluminàriesLluminàries
Lluminàries
 
Zona Franca del Eje Cafetero
Zona Franca del Eje CafeteroZona Franca del Eje Cafetero
Zona Franca del Eje Cafetero
 
Life Support Training International
Life Support Training InternationalLife Support Training International
Life Support Training International
 
PRODUCTOS
PRODUCTOSPRODUCTOS
PRODUCTOS
 
Las contribuciones
Las contribucionesLas contribuciones
Las contribuciones
 

More from Sara Estarque

Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Sara Estarque
 
Animais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPAnimais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPSara Estarque
 
Consejos usos internet
Consejos usos internetConsejos usos internet
Consejos usos internetSara Estarque
 
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbAcuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbSara Estarque
 
Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Sara Estarque
 
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Sara Estarque
 
Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Sara Estarque
 
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Sara Estarque
 
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Sara Estarque
 
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Sara Estarque
 
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosHábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosSara Estarque
 
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosLibros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosSara Estarque
 
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosLibros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosSara Estarque
 
Libros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosLibros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosSara Estarque
 
Libros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosLibros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosSara Estarque
 
Axudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarAxudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarSara Estarque
 
Aula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalAula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalSara Estarque
 
CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.Sara Estarque
 
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISPresentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISSara Estarque
 
Unit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageUnit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageSara Estarque
 

More from Sara Estarque (20)

Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018
 
Animais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPAnimais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EP
 
Consejos usos internet
Consejos usos internetConsejos usos internet
Consejos usos internet
 
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbAcuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
 
Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017
 
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
 
Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.
 
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
 
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
 
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
 
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosHábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
 
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosLibros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
 
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosLibros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
 
Libros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosLibros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidos
 
Libros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosLibros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidos
 
Axudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarAxudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolar
 
Aula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalAula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017general
 
CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.
 
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISPresentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
 
Unit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageUnit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_language
 

Recently uploaded

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Unidade 6 a_composición

  • 1. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 UNIDADE 6: A COMPOSICIÓN. PROFESORA: Sara Estarque Moreno MATERIA: Educación Plástica e Visual CURSO: 3º da ESO email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 2. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 OBXECTIVOS DA UNIDADE • Observar as imaxes do entorno cultural e identificar nelas os principais fundamentos compositivos. • Comprender, identificar e definir os formatos. • Comprender, identificar e definir os ritmos compositivos. • Comprender, identificar e definir os esquemas compositivos. • Distinguir os diferentes esquemas, ritmos e leis da composición e relacionalos con outras linguaxes expresivas. • Expresarse con creatividade utilizando os esquemas e ritmos requiridos, transmitindo emocións ou sentimentos individuais e do grupo. COMPETENCIAS DA UNIDADE • COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA. ◦ Identificar e recoñecer formatos equilibrios, ritmos e esquemas compositivos, no proceso de deseño de obras artísticas, así como saber empregalo no proceso de deseño en producións propias. ◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e culturas. • AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL. ◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo. ◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de avaliación do resultados • COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ. ◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose das habilidades sociais. ◦ Respectar as quendas de palabra, valorar a opinión do outro, escoitar activamente aos compañeiros. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 3. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 • COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER. ◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación. • TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL. ◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo discriminar, organizar e sintetizar a información relevante. ◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de ensinanza-aprendizaxe. • COMPETENCIA MATEMÁTICA. ◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas. • COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO. ◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos formatos, os equilibrios, os ritmos e os esquemas compositivos na arte e nas creacións propias. ◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e mantendo o entorno limpo e ordenado. • COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. ◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre o formato, o equilibrio, o ritmo e o esquema compositivo, no proceso de deseño coma no proceso de presentación aos compañeiros. SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE • Do 24 de abril ao 22 de maio: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto. • O 22 de maio: exame. • O 29 de febreiro: recuperación se fose preciso. • Do 26 de maio ao 19 de xuño: O proxecto cooperativo desta unidade farase en combinación co traballo na seguinte unidade. O tema está por determinar, a técnica será o origami e dentro deste, os módulos sonobe. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE • Diferenciar tipos de formato e recoñecelos email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 4. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 • Diferenciar tipos de esquema compositivo e recoñecelos • Diferenciar tipos de ritmos e recoñecelos • Diferenciar tipos de equilibrio visual e recoñecelos • Aplicar correctamente os ritmos, esquemas e equilibrios en composicións rápidas persoais. • Realizar a traballo cooperativo en grupo segundo os criterios propios deste. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 5. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 A COMPOSICIÓN. Cada forma nun cadro debe responder a tres aspectos principais: ao elemento que representa, á cor que contén e ás outras formas que, con ela, compoñen a totalidade do cadro. Que hai de innovador na túa roupa ou na música que escoitas? É importante a innovación? Cres que foi innovador o cubismo e Juan Gris? email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "The painter's window", Juan Gris, 1925
  • 6. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 FUNDAMENTOS DA COMPOSICIÓN. Antes de comezar lembrade que traballaremos e analizaremos en xeral cadros nesta unidade porque son mais doados para comprender estes conceptos. A composición é un proceso organizativo que ordena os elementos visuais para configurar a expresión artística. Coma proceso que é a composición é todo o conxunto de accións por medio das cales o artista elixe aqueles elementos da obra que farán de soporte do que pinte, esculpa ou compoña, segundo sexa o caso, dándolle coherencia, sentido e relacionando o significado que busca coa a súa obra e o aspecto formal desta. Os elementos fundamentais cos que o artista conta son: • o formato, que se refire ao aspecto que ten o soporte sobre o que realizaremos a obra; • o esquema compositivo, que se refire as liñas fundamentais que organizan os pesos e forzas visuais que vertebrarán a obra; • o ritmo, que é a relación de movemento que os elementos da obra poden establecer entre si; • os equilibrios visuais, que é compensación de masas e pesos visuais da obra. O Formato O formato dun cadro e elemento da composición que se centra no tamaño, aspecto e orientación espacial da superficie sobre a que se realiza a obra artística. Cando estudamos o formato dunha obra analizamos a forma externa de todo o cadro, como se orienta en canto a vertical ou a horizontal ou como de grande ou pequeno é este. O tipo de formato que empreguemos nunha obra influirá directamente sobre o significado final da obra. Segundo o formato que teñan podemos clasificar as obras en: email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Le Canigou", Juan Gris, 1921. "Candlestick and playing cards", George Braque, 1909.
  • 7. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 Formatos: • Formato rectangular vertical: son obras que responden a forma ou se poden enmacar dentro dun rectángulo disposto sobre o seu lado menor. Na cultura occidental tradicionalmente relacionamos a liña vertical coa elevación cara Deus, co crecemento, coa estabilidade. por isto este tipo de formatos potencian a sensación de elevación, transcendencia e equilibrio. • Formato rectangular horizontal: Son aquelas obras plásticas que podemos enmarcar dentro dun rectángulo que teña coma base o seu lado mais grande. A liña horizontal está relacionada coa nosa posición de descanso, repouso, a firmeza. pero tamén coa morte ou o inerte. Así estas obras con tendencia horizontal potencian a sensación visual de repouso, estabilidade, firmeza. • Formato cadrado: son aquelas obras que teñen un aspecto global próximo ao cadrado. O cadrado é a figura xeométrica mais fácil de visualizar pola súa simplicidade, é unha forma que, polas súas proporcións, elimina toda posibilidade de movemento. Así, este tipo de obras potencian a expresión do equilibrio mais estable, froito do inamovible, non da compensación de forzas coma pasa no rectángulo vertical. • Formato circular: son aquelas obras que poden ser enmarcadas ou que están feitas dentro dunha forma circular. O círculo é unha forma pechada que contén movemento de seu, o movemento que describe un círculo é sempre envolvente cara o seu interior facendo que o seu punto central posúa toda a potencia e importancia compositiva da obra que conteña esta forma. Ademais, como é unha forma sen base, arrédase do chan dando unha certa sensación de suspensión no aire, de afastamento con respecto ao que sucede na terra. Na nosa tradición máis clásica da arte Occidental, os Tondos (nome italiano email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Large woman standing, II", Giacometti, 1959. "The Dream", Constantin Brancusi, 1959. "Composition in red, blue and yellow", Piet Mondrian, 1930. "Taddei Tondo", Michelangelo Buonarroti, 1504.
  • 8. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 para as composicións redondas) son contedores de obras normalmente espirituais e relixiosas sendo habitualmente o Neno Xesús e mais a Virxe os seus protagonistas. Tamén é un tipo de formato que remite a feminidade, ao ventre materno, ao nacemento. • Formato ovalado: O óvalo é un círculo que perdeu parte da súa potencia de movemento en canto que aínda que podemos desprazar un ovoide por unha superficie o seu movemento vaise ver limitado polo seu achatamento. A diferencia do círculo, un óvalo posúe dous centros o que fai que cando empregamos óvalo en posición horizontal, haxa dous puntos de máxima tensión na obra, sendo, normalmente, o dereito o máis importante dos dous. É un formato que comparte parte da súa expresión de feminidade, movemento, nacemento, ventre. co círculo, pero ao estar achatado é unha expresión algo máis relaxado. Cando traballamos co óvalo na vertical perdemos os dous centros e estamos máis próximos aos formatos circulares. • Formato tridimensional: Os formatos tridimensionais aportan aos formatos planos aquelas características propias da superficie na que foran pintadas. Así un fresco nunha parede adquire tamén unha potencionalidade de seren “fiestra” a unha realidade (real ou inventada) que habería máis aló das paredes da estancia na que fora pintado; unha cúpula achega a composición ao ceo cara o que se orienta a visión do observador cando a mira. • Formatos irregulares: Os formatos irregulares son todos aqueles que non responden a ningunha das formas anteriores. Son formatos que, precisamente, pola súa email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Sir Endymion Porter and Anthony Van Dyck", Van Dyck, 1628 Cúpula da Capela da Virxe do Pilar en Zaragoza, Francisco de Goya, 1780.
  • 9. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 irregularidade, fomentan a expresión do dinamismo e o movemento. Son formatos moi empregados no mundo do cómic ou da publicidade. • Formato Rectángulo Áureo: O rectángulo áureo é un formato que responde a cálculos matemáticos. Os matemáticos da Grecia clásica conseguiron determinar o número áureo, que é un número derivado da relación existente entre as medidas de infinidade de elementos naturais, dende o home ata as árbores, flores, animais, cunchas. Vos deixo un pequeno vídeo no que vos amosa esta relación matemática e diferentes elementos da natureza (http://www.etereaestudios.com/docs_html/nbyn_htm/nbyn _mov_vimeo.htm). En canto ás sensación que transmite, un rectángulo que garda as proporcións áureas proporciona á composición unha sensación de harmonía, serenidade e estabilidade. Os Esquemas Compositivos. O esquema compositivo dunha obra é o conxunto de liñas principais sobre as que, ou grazas as que, organizamos os espazos e os elementos que formarán parte da composición. Todo formato compositivo ten un punto ou varios punto de máxima tensión e a organización que determinemos ten que telo en conta para conseguir aproveitar correctamente as sensacións que de seu aporta o formato da obra. Para determinar o esquema compositivo dunha obra artística poden ser: liñas rectas, curvas, figuras xeométrica, redes modulares. Os esquemas compositivos poden ser dende simples, onde cunha soa liña, xa sexa recta ou curva, ou unha figura xeométrica simple, organizamos todo o contido da obra; pero tamén poden ser composición complexas, onde se combinan diferentes liñas compositivas simples para organizar a obra. No noso caso imos a aprender a recoñecer os esquemas compositivos máis simples aínda que o fagamos analizando obras complexas. As liñas de composición se poden recoñecer tanto nas formas dos elementos máis importantes da obra, coma la liña que describen entre eles pola súa ordenación. Pero neste tipo email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Leda Atómica", Salvador Dali, 1949. "A morte de Marat", J. L. David, 1793.
  • 10. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 de análise, un dos elementos máis importes a ter en conta é a mirada dos personaxes que aparecen na obra que poden describir a liña compositiva principal da obra. Así, dentro dos esquemas compositivas simples temos: • Esquema Triangular: os elementos da obra organízanse en función dun triángulo que se sitúa no centro da obra. As composicións triangulares centran a atención, normalmente no centro do triángulo, son composición cun certo dinamismo determinado polas liñas diagonais que pechan o triángulo. • Esquema enAaspa: O esquema compositivo en aspa é un esquema moi dinámico polo emprego das diagonais a pesar da súa simplicidade. As liñas das aspas conteñen unha grande tensión que atopan no seu punto de corte o punto de máxima tensión da obra. Son obras que atraen a mirada cara o centro de ditas liñas. • Esquema compositivo en Diagonal: Son composicións sinxelas, normalmente de poucos elementos e organizados en función dunha única liña diagonal. Na nosa cultura occidental onde lemos de esquerda a dereita, cando a liña vai dende a parte baixa esquerda á parte alta do cadro da esquerda, estamos ante unha composición crecente, polo que as sensacións serán positivas, de crecemento, de ascensión, elevación. cando a liña vai da parte alta esquerda a baixa da dereita, estamos ante unha composición que descende, que se achega a sensacións negativas, baixar, caer. • Esquema compositivo en Cuña: é un esquema no que dúas diagonais converxen nun mesmo punto facendo deste o punto de máxima tensión e contendo entre elas os elementos máis email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Adoración dos pastores", Bartolomé Murillo, 1655-1660. "Composition A 19", Laszlo Moholy Nagy, 1927. "A Maja Espida", Francisco de Goya E Lucientes, 1790-1800. "Anciana espulgando a un neno", Murillo, 1660-1670.
  • 11. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 importantes da obra. Coma nas obras en diagonal, segundo cara onde se oriente a cuña poderemos achegarnos ao descenso ao ascenso. • Esquema compositivo en T: son composicións que se organizan en función de dúas liñas que se cortan formando un T. Son normalmente composicións simétricas nas que ambos lados da T están compensados en peso visual. A liña vertical do T contén o/os elementos de maior tensión e importancia da composición. Na pintura clásica é unha das composicións máis empregadas para representar as obras que representan a crucifixión, o cal non implica que todas estas representación sigan este esquema. Son composicións harmónicas con unha certa tendencia a ascensión polo emprego da vertical pero limitado pola liña horizontal superior. • Esquema compositivo ovalado: Os elementos principais deste tipo de obras organízanse en función dunha forma ovalada que ocupa boa parte da superficie. Esta forma fai concentrar a atención da obra no centro do óvalo cara o que se orientan todas as formas. Moitas veces estas composicións veñen determinadas máis polas miradas dos personaxes da obra que polas formas que aparecen na obra. Cando o óvalo esta disposto na vertical aporta sensacións de elevación e ascensión á obra mentres que cando o óvalo está disposto na horizontal, as obras achéganse á serenidade e repouso do formato horizontal. • Esquema compositivo en L: É un esquema no que os elementos organízanse en función de dúas liñas rectas que forman un L maiúsculo, que este pode estar tanto mirando cara a esquerda coma mirando cara a dereita sen variar isto en moito a sensación que potencia. Son composicións sereas, claras e de poucos elementos, onde o seu lugar de máxima tensión está en torno ao punto de cruce de ambas liñas. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "A crucifixión", Giotto, 1302. "A Crucifixión", O Greco, 1600. "O xove Mendigo", Murillo, 1650.
  • 12. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 • Esquema compositivo radial: Son composicións nas que os elementos organízanse en torno a un centro e en función de diversos raios de circunferencia. Ao ser unha composición organizada en torno a diagonais é moi dinámica e xera un centro de gravidade no que converxen todos os raios e que contén a máxima tensión da obra. Os Ritmos Compositivos. Un ritmo, coma na música, é a sucesión acompasada de elementos ou formas que compoñen un movemento visual ou ritmo visual. Do mesmo xeito que nunha melodía podemos identificar sons e tempos que marcan a velocidade e movemento que transmite a canción, nunha composición e por medio da organización dos seus elementos, podemos determinar un ritmo que será o que siga mirada do observador ao atoparse coa imaxe. Nas obras que se emprega o ritmo compositivo coma recurso se teñen en conta tanto os elementos e o aspecto destes coma a súa organización sobre a superficie. Así podemos organizar os ritmos en: • a forma que describen os elementos que forman a composición, e así temos: ◦ rectilíneos, que describen unha liña recta, ◦ curvos, que describen unha liña curva, ◦ quebrados, que describen unha liña quebrada, ◦ ondulados, que describen unha liña ondulada. • A disposición no espazo, somo se organizan os elementos no espazo; email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "A Aldea e Eu" Marc Chagall, 1911. Ballet.
  • 13. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 ◦ continuos, cando os elementos seguen unha progresión de aspecto lineal, sen grandes cambios, ◦ alternos, nos que se combinan dous elementos, ou formas os tamaños de xeito regular, ◦ descontinuos, cando os elementos non seguen unha regularidade continua nin alterno, senón que semella repetir unha secuencia, ◦ crecente ou decrecente: cando os elementos van medrando ou decrecendo de tamaño. (une cada unha destas imaxes co ritmo que consideres máis axeitado, as veces é ambiguo ou confuso trátase de atopar aquel que mellor lle acaia) O Equilibrio Visual. Todas as composicións visuais están determinadas polo peso visual e as forzas visuais que atopamos nelas. Cada elemento que empregamos dentro dunha composición ten un peso que ven determinado pola súa cor, polo seu tamaño, pola súa posición dentro do espazo da obra e máis pola súa relación de proximidade, ritmo, semellanza. co resto dos elementos da obra. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 14. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 Así, en canto a cor os elementos máis pesados son aqueles que teñan cores cálidas e estean saturadas. Tamén en canto á cor, pesarán máis as formas que teñan unha cor que contraste claramente co fondo da obra. En canto ao tamaño terán máis peso os elementos máis grandes, en canto a forma terán máis peso as formas xeométricas simples. Finalmente teremos en conta tamén o recorte do elemento, así as formas que non estean recortadas, xa sexa por estar tapadas por outras formas, xa sexa por non aparecer completas na composición, terán máis peso que as recortadas. Coma sempre estas cosas nas composición rara vez aparecen illadas e simplificadas, así que teremos que ter en conta todos estes principios ao mesmo tempo cando queiramos determinar onde situar o peso dunha composición para poder compensar unhas características con outras. Para poder determinar o equilibrio visual dunha obra tanto cando estamos compoñendo coma cando estamos analizando, temos que, primeiro de nada, trazar un eixo imaxinario vertical que divida a obra en dúas partes que nos permitan organizar os dous lados desta. Segundo como ordenemos os elementos podemos ter obras dende moi estables a totalmente inestables, é preciso controlar a estabilidade visual dunha obra para que esta responda aquelo que queremos transmitir con ela. Cando organizamos os elementos da obra tanta importancia teñen os elementos coma os espazos que deixamos entre eles. O seguinte esquema exemplifica dun xeito doado como organizamos os pesos visuais nunha obra: Segundo o tipo de equilibrio e organización dos elementos que empreguemos para unha obra teremos os seguintes tipos de equilibrios compositivos: • Simetría Axial: É unha composición moi estable onde os elementos de igual ou case igual peso visual sitúanse equilibrados a ambos lados dun eixo imaxinario que divide a obra en dúas partes iguais. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "O matrimonio Arnolfini", Jan Van Eyck, 1434.
  • 15. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 • Simetría radial: Nas composición con simetría radial os elementos organízanse de xeito rítmico en función de varios eixos radiais. Son composicións moi estables nas que os elementos tendes a ser iguais ou practicamente iguais, nas que o centro da obra exerce o papel de organizador dos pesos. • Lei da Balanza: nestas composicións os pesos visuais da obra sitúanse a ambos lados dun eixo vertical central que posúe peso visual de seu, e os pesos laterais están equilibrados polo tamaño e tipo de cores empregados, son obras nas que temos formas semellantes a ambos lados da composición. Son composicións estables, de pouco dinamismo visual, foron empregadas moito noutras épocas para imaxes narrativas, que permiten facer unha lectura pausada da imaxe. • Lei da Balanza: A lei da balanza é un tipo de equilibrio compositivo que ten a súa orixe na lei da balanza pero na que se compensan formas que non teñen o mesmo tamaño, cor , forma. senón que se compensan os pesos visuais tendo en conta o seu peso visual e non o seu aspecto. Así compensamos, por exemplo, elementos pequenos de cor intenso e de forma totalmente regular, coma no exemplo con masas moi grandes de cor moito menos intenso e irregulares. • Lei dos terzos: é un tipo de equilibrio compositivo no que a superficie da obra está organizada en función dunha división do espazo en 9 espazos iguais que se determina dividindo a obra en tres partes iguais vertical e horizontalmente. Neste tipo de composición os puntos de máxima tensión están nos cortes destas liñas así que os elementos máis importantes serán situados entorno a email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Límite circular IV, ceo e inferno", M. C. Escher, 1960. "Frontal de Urgel ou dos Apóstolos", Anónimo, s. XII. "The fighting Temeraire turned to her Last Berth to be bronken up", William Turner, 1838-1839. "A persistencia da Memoria", Salvador Dali, 1931.
  • 16. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 eles. É un tipo de organización espacial moi empregada na publicidade e a fotografía pola súa dinámica estable, é dicir, por permitir xerar espazos con dinamismo pero moi ben compensados. • Uniformidade de masas: As composicións que empregan a uniformidade de masas coma equilibrio compositivo non queren que ningún espazo nin elemento da obra teña máis importancia que os demais, senón que a superficie total da obra estea composta por un continuo de elementos polo que pasee a mirada do observador mentres observa a obra, que reparte a súa atención dun xeito uniforme entre todos os elementos presentes na composición. • Divisións que parten do rectángulo Áureo: O rectángulo áureo proporciona múltiples divisións internas que xeran diferentes centros de atención de maior ou menor importancia en función da situación que ocupe no espazo, do seu tamaño, da narración, da dirección de lectura.. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Anatomy Lesson", Rembrandt, 1630. "Lizard, fish, bat", M. C. Escher.
  • 17. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 CRÉDITOS DAS IMAXES “The painter's window”, Juan Gris, 1925, http://en.wikipedia.org/wiki/File:The_painter%27s_Window_Juan_Gris.jpeg “Le Canigou”, Juan Gris, 1921, http://en.wikipedia.org/wiki/File:Le_Canigou_Juan_Gris.jpeg “Candlestick and playing cards on a table”, Georges Braque, 1910, http://pictify.com/273390/georges-braque-candlestick-and-playing-cards-on-a-table “Large woman standing II”, Alberto Giacometti, 1959, http://www.fondationbeyeler.ch/en/collection/alberto-giacometti “The Dream”, Constantin Brancusi, 1959: http://pictify.com/147792/constantin-brancusi-the-dream “Composition in red, blue and yellow”, Piet Mondrian, 1930: http://en.wikipedia.org/wiki/File:Mondrian_Composition_II_in_Red,_Blue,_and_Yellow. jpg “Taddei Tondo”, Michelangelo Bounarroti, 1504, http://en.wikipedia.org/wiki/Tondo_(art) "Sir Endymion Porter and Anthony Van Dyck", Van Dyck, 1628, http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Sir_Endymion_Porter_and_van_Dyck_by_Ant hony_van_Dyck.jpg Cúpula da capela da Virxe do Pilar de Zaragoza, Francisco de Goya, 1780: http://losrecursosturisticosderaquel.blogspot.com.es/2014/02/ruta-de-arte-neoclasico- en-zaragoza.html “Calvin and Hobbes”, Bill Waterson: http://gomighty.com/arlexpy/ears-and-eyes-connect-to-brain-eventually-brain-might- let-feet-know-too/ email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 18. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 “Leda Atómica”, Salvador Dali, 1949: http://pavlopoulos.wordpress.com/articles/salvador-dali-leda-atomica-1949/ “A morte de Marat”, J. L. David, 1793: http://es.wikipedia.org/wiki/La_muerte_de_Marat “Adoración dos Pastores”, Bartolomé Murillo, 1655, 1660: http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/obras/906.htm “Composition A 19”, Laszlo Moholy Nagy, 1927: http://arttattler.com/archivelaszlomoholynagy.html “A Maja espida”, Francisco de Goya e Lucientes, 1790-1800: http://es.wikipedia.org/wiki/Goya “Vella espulgando a un neno”, Diego de Velázquez, 1660-1670: http://quepasaenelinsti.over-blog.com/article-la-picaresca-en-la-pintura-espa-ola- 111640256.html “Crucifixión”, Giotto, 1302: http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/obras/15348.htm “A Crucifixión”, Greco, 1600: http://es.wikipedia.org/wiki/La_crucifixi%C3%B3n_(El_Greco) “O xove mendigo”, Murillo, 1650: http://es.wikipedia.org/wiki/Joven_mendigo “A Aldea e Eu”, Marc Chagall 1911: http://www.epdlp.com/cuadro.php?id=163 Ballet: http://mipaginadeballet.galeon.com/Ballet4.htm “O Matrimonio Arnolfini”, Jan Vna Eyck, 1434, http://es.wikipedia.org/wiki/Jan_van_Eyck email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 19. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 “escher http://www.tocamates.com/2012/06/escher-y-las-matematicas.html “Frontal de Urgell o dos Apóstolos”, anónimo s. XII: http://es.wikipedia.org/wiki/Frontal_de_la_Seo_de_Urgel_o_de_los_Ap%C3%B3stoles “The Fighting Temeraire turnes to her last Berth to be broken up”, Joseph Mallord William Turner, 1838-1839, http://es.wikipedia.org/wiki/El_Temerario_remolcado_a_dique_seco “A persistencia da memoria”, Salvador Dali, 1931, http://arte.laguia2000.com/pintura/la-persistencia-de-la-memoria-dali “Lizard, fish, bat”, M. C. Escher, http://profesalvamiralles.blogspot.com.es/2012/11/arts-escher.html “Anatomy lesson”, Rembrandt, 1630, http://es.wikipedia.org/wiki/Rembrandt email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com