SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Descargar para leer sin conexión
1
DISCURSO DE GRADUACIÓN
IES Francisco Aguiar, Promoción 2014-2015
Sarela Rodríguez e Antonio González
Betanzos, 28 de maio de 2015
ANTONIO: Vou comentar, antes de nada, que dá gusto ter diante a xente tan
guapa.
SARELA: Observamos a primeira vista un auditorio que semella un
elegantísimo mapa de coropletas. O día é claro, e non hai trazas de que vaia
chover porque hai altas presións.
ANTONIO: Así comezamos, pena da ausencia da profesora Teresa, que virá
cear connosco, porque nós, alumnos de Letras, ben aprendemos neste curso que
o entorno xeográfico condiciona poderosamente a actividade humana...
SARELA: Pero tamén descubrimos moito máis. Imposible facer aquí
mención a todo iso, pero prácenos expresar, a título individual pero tamén en
representación dos nosos compañeiros, o que significou para nós o paso polo
Instituto.
ANTONIO: E está aquí Sarela, que leva nada máis e nada menos que seis
anos nestas aulas do Francisco Aguiar, seis anos que supoñen a consecución de
todo un proceso de crecemento, maduración, cambio e, en definitiva, un tempo
de acumulación das experiencias da adolescencia que vén marcado, para tódalas
persoas, pola emoción de descubrir o mundo. Eu, que veño de Monfero, ao igual
que moitos compañeiros veñen de Bergondo, Miño e outros lugares, atopeime
aquí en Betanzos, e particularmente neste Instituto de sona xustamente
recoñecida, co mellor ambiente que puidera esperar, e o Bacharelato foi para
min todo un espertar, unha visión magnífica do mundo e da vida. Pero é a miña
compañeira, en primeiro lugar, a que ten que expresar con emoción o que viviu
neste lugar.
SARELA: Despois de anos e anos de experiencias, novos coñecementos,
novas amizades e sobre todo os nervios anteriores a 1º. de BAC —cando
estábamos desexosas por saber quen ían a ser os novatos do Francisco Aguiar, e
no noso caso non resultou ser mala experiencia, xa que levamos grandes
amizades, e moitos como este que teño ao meu lado resultaron ser ben
riquiños—; non nos queda outra que rememorar algúns momentos especiais que
vivimos xunto aos nosos compañeiros neste Instituto.
2
Levamos aquí seis anos, que non son poucos, e como xa dixemos, deron para
moito, sobre todo para moitas cousas boas. Eu recordo o primeiro día de clase en
1º E da ESO, na titoría de Delfina. Acordarédesvos tamén algúns daqueles días
en que chegabamos á clase de Blanca cos pés mollados e a profe nos mandaba
poñernos xunto ao radiador, mirando sempre pola nosa saúde?
Foron anos cheos de recordos. Cada aula, cada rincón e incluso cada
escaleira están cargadiños de historias, e evocan en nós recordos como o de
aquela vez na que Manulo baixara ao “Mary Popins” polas barandillas e quedara
colgado ata que a nosa profe de Mates, Natalia Pou o veu rescatar. Quen non
lembra o “qué dijo” de Dani Pena tamén naqueles anos do “tuenti” que
deixamos atrás?
Tamén pensamos o outro día, ¡pobre Carme de Galego!, canta paciencia tiña
cando a cada palabra que pronunciaba na clase todos dicíamos: u-los nenos?
Cómpre tamén facer mención a ese día no que Iago estaba traballando en Mate
coa súa calculadora do ano 1800 e Domi (premio á mellor titora do ano) —hai
que ver o mal pensados que sodes ás veces— foi e díxolle toda convencida:
«¡Iago! ¿Puedes dejar el móvil ya?», e entón Iago deulle a volta á calculadora e
a nosa titora púxose, como diría o noso queridísimo Tato, as red as a tomato,
¡ups!
Tras este recordatorio, que non é nin moito menos completo, ímonos poñer un
pouquiño máis formais e falar doutros aspectos importantes deste Instituto. Aquí
tamén abrimos os ollos ao mundo, esta “axencia de viaxes”, como di o profesor
Centeno, que é o Francisco Aguiar, brinda aos seus alumnos a oportunidade
fundamental e inestimable de atravesar fronteiras e ver mundo sempre na mellor
compaña dos amigos e de profesores que “curran” as viaxes con verdadeira
dedicación, esforzo e paixón. Dende que andamos por aquí, fomos a Roma e
París, a Bruxelas e arredores, a Barcelona, a Londres, a Boston, a Siena en
varias ocasións, a Atenas... e aínda se están argallando máis viaxes culturais,
intercambios, etc. Con Lucía Sáez e Elvira Castro, María José Carral e Teresa
Fraga, Rafaela Villalba e María José Pereira, Julián, Cheché, Gonzalo Tizón,
Chus... e todos cantos se animaron noutras ocasións.
Non menos importante foi descubrir o noso entorno do xeito en que tanta
xente o fixo ao longo dos séculos, as épicas filosóficas camiñadas de Tino,
Gorrochategui, Pancho, Carmen, Carlos Castellanos, polo Camiño Inglés. Por
certo que o próximo martes temos a Señora Caminata de final de curso... Ou
cando fomos de excursión alá a Santiago dúas veces, para nos ir afacendo ós
aires universitarios, e para deixar aflorar a nosa nacente sensibilidade artística.
Ou cando colléramos o autobús en expedición xeográfica, na busca da fonte do
Miño (outros ingleses buscaron as do Nilo...) pasando polas Catedrais e
chegando a Asturias... En fin, e cantos contos!
3
Por contos e risas, haber houbo máis na clase que en calquera outro lado
(houbo máis risas, debates e emoción na clase que nas Vías incluso... pero
bueno, nós tampouco podemos certificalo ao cen por cen...).
O Bacharelato foi para nós dous anos de luz e descubrimento en tódolos
sentidos, e cremos que o cursamos no mellor Instituto e nas mellores compañías,
sen dúbida. Xa sabemos que hai xente moi aplicada, e que tamén os hai díscolos,
pero na diversidade está a riqueza.
ANTONIO: Para min estes anos foron a necesaria conclusión dunha
formación elemental que xa comezara na escola do Xestal, en Monfero, da que
conservo tan bos recordos como os que me prazo de levar hoxe deste Instituto e
das súas xentes en especial, porque nelas está a clave. Matriculeime por Letras
intuíndo que por este camiño eu me sentiría máis a gusto, e non me equivoquei,
puiden afondar naquelas cuestións que dende neno me suscitaron curiosidade,
como a Historia, a poesía, o mundo clásico, e acabou especialmente por me
seducir a Filosofía. Porén, o principal foi, sen dúbida ningunha, chegar ao Salón
de Actos, unha tarde de setembro á presentación de 1º. de Bacharelato, e entrar
na clase de 1º. C, na titoría de Alicia Requena, na compañía de persoas que
axiña mostraron os seus sorrisos e o seu bo humor.
SARELA: O humor, un ben prezado que soubemos manter tamén ao longo
deste curso, a pesar da éxida das PAU, Selectivo ou Selectividade... Esa sombra
que se aparece nos peores soños... Pero que ben soubemos escorrentar...
ANTONIO: En 1º., os de Letras Letras tamén descubrimos o Latín e o Grego,
linguas vivas, meus amigos, e se alguén ten algo que obxectar, remítase a dona
Rafaela, que ben clariño llelo explicará. En 1º. medrou tamén o meu gusto polo
café, dou fe. Moitos tomei feitos por Pepita, e outros tantos suman os que me
fixo Melania neste curso, sempre tamén con palabras de cordialidade,
conversación, alegría no día a día e moita dedicación. Este ano nunca me faltou
o café das doce menos cuarto para chegar esperto e con ánimos á clase de Inglés,
ou non, Elviriña? Pero ás veces chegaba tarde por culpa de ir polas fotocopias, e
resulta que algúns estivemos moi a gusto conversando polas ventaíñas de
conserxería... Moitos favores nos fixeron, e ademais con gusto, Ofelia, Fabiola e
Glenn; sen esquecernos de Begoña e Nieves. Ave, os que falan vos saúdan!
Dixen antes que a clave estaba nas xentes deste Instituto. Ao comezo
démoslle importancia ao entorno xeográfico, e certo é que tamén me vou de aquí
con amor que lle collín a Betanzos, pero sobre todo porque atopei con quen
falar, con quen ir tomar algo, con quen ir de festa, en fin. Para ser xustos, hai
que rescatar aquilo que dixo o profesor Gorrochategui no último día de curso, o
venres 15. Na aula de alí arriba, dirixíndonos unhas últimas palabras, relembrou
a un filósofo do s. XX, non sei se era Habermas, e explicounos que para este, a
esencia da vida estaba no “entre”, é dicir, a comunicación, os vínculos que se
establecen entre as persoas.
4
Imos rescatar entón neste día, sen máis dilación, o tema universal da poesía e
de boa parte da Filosofía, o amor.
SARELA: Amamos dende que nacemos, todo aquilo que nos resulta
simpático, bonito e que nos fai ben, todo aquilo que nos transmite unha
sensación pracenteira, que nos fai felices. Co paso dos anos, soubemos chegar a
amar a aquelas persoas coas que convivimos e a aquelas que espertaron en nós
fortes sentimentos de paixón, desexo, admiración, e todo o que queirades
engadir. Tivemos tamén que aprender a amar a escola e os estudos, sobre todo
este último aniño, que deu para moito.
ANTONIO: Imos dicir, en definitiva, que a forza que nos move a actuar, a
vivir, é o amor, curioso principio para a dinámica, da que ben mellor poderían
facer poesía os de Física, que bastantes máis coñecementos ca min terán dela.
SARELA: Pero aquí está a clave do asunto, o ir e vir, o movemento físico das
aulas e tamén o movemento intelectual (e se non, lembrade a Kant, a Freud...)
cando estamos sentados nas verdes sillas fronte ao verde encerado, porque, era
verde, ou non?
Movemento físico tamén o fixemos, como xa comentamos, ao viaxar. E agora
estamos obrigados tamén a desprazarnos a outros lugares, facer novas
amizades... todo o que xa sabedes.
ANTONIO: E teremos alá, na brétema, Sant-Iago, pero sempre unha
referencia capital en Betanzos, alá no Campo, a Diana Cazadora, fonte de
clásico e verde arume, cun xesto no seu rostro que en parte quere mirar ao
Instituto e capturar o recordo dos que saímos del coa satisfacción de concluír un
tramo do camiño, e co ánimo de ter o mundo aberto perante nós, non de “comer
o mundo” ou de “ser dono del”, non, que nin temos fame nin queremos posuír
nada máis que o que temos de noso, a vida, que o abrangue todo e ben nos
chega.
Se é o amor o que nos moveu este curso para estudar, ir de festa, viaxar ou
facer outras cousas, certo é que non en tódalas facetas o poderiamos mostrar coa
mesma intensidade... E aquí si que podemos reparar noutro asunto. Tede por
seguro, e falo en nome de tódolos meus compañeiros, de Ciencias e de Letras,
que non faltará en nós a vontade de poder, concepto que o gran Nietzsche nos
legou. Este filósofo non admite ningún tipo de mansedume, nós tampouco.
Temos a vontade de amar, de ser amados, de aprender, de traballar, de progresar
e nun lugar moi importante a vontade de pasalo ben, disfrutar, ir de festa e
aproveitar todo o que o mundo pode ofrecernos, que non é pouco. E pola nosa
parte tamén aportaremos o mellor de nós ao noso entorno, ás nosas compañías, ó
mundo... Sempre con amor...
5
SARELA: E aquí radicará o sentido do noso esforzo, porque todo o que
vaiamos facer, farémolo con calidade, coa mellor calidade que poidamos
concibir, á marxe de sobrevaloradas cantidades, cifras e medidas que parecen
querer gobernarnos, condicionarnos, guiarnos... Non. Nós guiarémonos por nós
mesmos, porque o camiño é noso e mais de todos, andarémolo acompañados, si,
pero cadaquén ao seu ritmo e da maneira que prefira.
ANTONIO: Pero é moi importante, algo capital, o tema do pracer e da
diversión, e así vos digo que hoxe ten que ser un día memorable, noite de festa e
celebración que non fai máis que preludiar o que sen dúbida ten que ser un dos
mellores veráns que vivamos, tamén temos aquí clara a nosa vontade de
disfrutar ao máximo; diría Xaime ¡viva el vino!, e os romanos in vino veritas,
pero non está demais clamar pola moderación, lembrade a Epicuro e o pracer
aprazado. In medio virtus, medén ágan —e Rafi estará pensando... «¡Claro, esto
los de Ciencias no lo entienden!»— E digo isto porque hoxe hai que aguantar,
que algúns mañá temos clube de lectura con Carme; ademais, queridísimos
compañeiros e amigos, sabemos que o apoxeo será no mes de agosto, cando
rube o Globo ás outuras facendo sega de estrelas e cando Dioniso se coroa xunto
a todos nós na bacanal caneirada.
O outro día comentábame Montero o que significou que nos anos cincuenta se
abrise un Instituto en Betanzos, que dende entón foi o motor de avance e
progreso para a comarca e a súa contorna; eu afirmo con rotundidade, que aquí
está o progreso. Ben vimos tamén a imaxe helicoidal da Historia de Marx, e
como esta avanzaba (tese-antítese-síntese), do mesmo xeito que avanza a nosa
vida, atopándolle solución aos atrancos e sempre continuando cara a onde
queiramos. Ao final só nos quedan os recordos, e cabe esperar poder aderezalos
cun sentimento reconfortante de satisfacción e serenidade.
SARELA: Por iso temos que ser firmes na nosa determinación, facer todo con
amor, o mellor que poidamos, con calidade, e sempre que cheguemos á
conclusión de que nalgún momento nos equivocamos, alegrarémonos por termos
avanzado, ao achar a verdade.
ANTONIO: Así a todo, non queremos que sexa isto un anuncio do Gadis, nin
moitísimo menos... Pero si é certo que teremos que rescatar a Nietzsche como
tantas outras veces nos dixo Gorrocha, e pararnos un día, mirar atrás no tempo,
ver todo o que pasamos e deixamos, bo e malo, e ter o ánimo de estar dispostos
a emprender o eterno retorno, recordando e repetindo así todos e cada un dos
momentos vividos, alegrías e mágoas.
6
SARELA: E chegamos ao final, ao máis típico e asemade emotivo momento,
o da despedida e o agradecemento. Se Antonio deu en falar do eterno retorno e
de temas vitalistas, non é en balde. Porque en verdade temos que agradecervos
especialmente a todos, con moito cariño, que teñades formado parte das nosas
vidas nestes anos. En todos os discursos se di, pero non nos importa repetirnos:
Isto non sería o mesmo sen todos e cada un de vós.
ANTONIO: Eu envíovos dende aquí a máis sincera expresión de afecto e
amizade, tamén, como non, ás miñas compañeiras aquí presentes, e nin dicir ten
que a tódolos profes e persoas que traballades día a día no Instituto contribuíndo
para facernos a estancia e o traballo do estudo máis doados e levadeiros. De
verdade, e dende o fondo do corazón, agradézovos a vosa forma individual e
particular de ser, agradezo que me tivésedes na vosa compañía tanto nas clases
como alá na Tolerancia ou na Iris, e espero sinceramente que sempre que nos
vexamos teñamos a oportunidade de ir tomar algo, falar ou simplemente
saudarnos cun sorriso sincero.
SARELA: A todos vos dicimos: non cambiedes, pero seguide crecendo. Non
vos arrepintades, pero seguide mellorando. Temos que animarnos, coller forzas,
moitas forzas e emprender con alegría os tramos de camiño que nos quedan por
andar, todo o que nos queda por vivir, todo o que temos que sentir, rir, amar,
chorar... Tampouco é malo chorar de vez en cando...
E para rematar, xa que abusamos da vosa paciencia tomando o tempo que ben
vos merecemos, nada máis que vos imos a dicir aquelas palabras que escribiu
García Márquez noutrora: «No llores porque ya se terminó, sonríe porque
sucedió».
FIN

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014radiorasca
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anossatelite1
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedessatelite1
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Yolanda Castro
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Jose García
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!satelite1
 

La actualidad más candente (20)

Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍPIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010
 
6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!
 

Destacado

Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concursosatelite1
 
Programa febreiro 2016 2
Programa febreiro 2016 2Programa febreiro 2016 2
Programa febreiro 2016 2satelite1
 
Cartel programacion xuno_2015 (1)
Cartel programacion xuno_2015 (1)Cartel programacion xuno_2015 (1)
Cartel programacion xuno_2015 (1)satelite1
 
Crónica contacontos kalandraka
Crónica contacontos kalandrakaCrónica contacontos kalandraka
Crónica contacontos kalandrakasatelite1
 
Cartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverdeCartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverdesatelite1
 
Crónica camiño santiago
Crónica camiño santiagoCrónica camiño santiago
Crónica camiño santiagosatelite1
 
Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1
Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1
Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1satelite1
 
Chusco, un can sin dono
Chusco, un can sin donoChusco, un can sin dono
Chusco, un can sin donosatelite1
 
Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016satelite1
 
Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015satelite1
 
Noiteboa teatro
Noiteboa teatroNoiteboa teatro
Noiteboa teatrosatelite1
 
4. apadriñamento
4. apadriñamento4. apadriñamento
4. apadriñamentosatelite1
 
Feísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccssFeísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccsssatelite1
 
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelaEnquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelasatelite1
 
Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016satelite1
 
Letras galegas infantil
Letras galegas infantilLetras galegas infantil
Letras galegas infantilsatelite1
 
Certame de cinema ouff escola
Certame de cinema ouff escolaCertame de cinema ouff escola
Certame de cinema ouff escolasatelite1
 
Programa maio def
Programa maio defPrograma maio def
Programa maio defsatelite1
 
Crónica maios 2016
Crónica maios 2016Crónica maios 2016
Crónica maios 2016satelite1
 

Destacado (20)

Bases
BasesBases
Bases
 
Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concurso
 
Programa febreiro 2016 2
Programa febreiro 2016 2Programa febreiro 2016 2
Programa febreiro 2016 2
 
Cartel programacion xuno_2015 (1)
Cartel programacion xuno_2015 (1)Cartel programacion xuno_2015 (1)
Cartel programacion xuno_2015 (1)
 
Crónica contacontos kalandraka
Crónica contacontos kalandrakaCrónica contacontos kalandraka
Crónica contacontos kalandraka
 
Cartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverdeCartel filgueira valverde
Cartel filgueira valverde
 
Crónica camiño santiago
Crónica camiño santiagoCrónica camiño santiago
Crónica camiño santiago
 
Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1
Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1
Diptico falemos da nosa historia 2015_ver 1
 
Chusco, un can sin dono
Chusco, un can sin donoChusco, un can sin dono
Chusco, un can sin dono
 
Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016Folleto marzo 2016
Folleto marzo 2016
 
Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015Crónica festival letras galegas e maios 2015
Crónica festival letras galegas e maios 2015
 
Noiteboa teatro
Noiteboa teatroNoiteboa teatro
Noiteboa teatro
 
4. apadriñamento
4. apadriñamento4. apadriñamento
4. apadriñamento
 
Feísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccssFeísmo 3º eso ccss
Feísmo 3º eso ccss
 
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelaEnquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
 
Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016Bases ouff escola 2016
Bases ouff escola 2016
 
Letras galegas infantil
Letras galegas infantilLetras galegas infantil
Letras galegas infantil
 
Certame de cinema ouff escola
Certame de cinema ouff escolaCertame de cinema ouff escola
Certame de cinema ouff escola
 
Programa maio def
Programa maio defPrograma maio def
Programa maio def
 
Crónica maios 2016
Crónica maios 2016Crónica maios 2016
Crónica maios 2016
 

Similar a Discurso de graduación definitivo (1)

Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016radiorasca
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Diana Sánchez
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012oscar14tania
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anossatelite1
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfDiana Sánchez
 

Similar a Discurso de graduación definitivo (1) (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 

Más de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Discurso de graduación definitivo (1)

  • 1. 1 DISCURSO DE GRADUACIÓN IES Francisco Aguiar, Promoción 2014-2015 Sarela Rodríguez e Antonio González Betanzos, 28 de maio de 2015 ANTONIO: Vou comentar, antes de nada, que dá gusto ter diante a xente tan guapa. SARELA: Observamos a primeira vista un auditorio que semella un elegantísimo mapa de coropletas. O día é claro, e non hai trazas de que vaia chover porque hai altas presións. ANTONIO: Así comezamos, pena da ausencia da profesora Teresa, que virá cear connosco, porque nós, alumnos de Letras, ben aprendemos neste curso que o entorno xeográfico condiciona poderosamente a actividade humana... SARELA: Pero tamén descubrimos moito máis. Imposible facer aquí mención a todo iso, pero prácenos expresar, a título individual pero tamén en representación dos nosos compañeiros, o que significou para nós o paso polo Instituto. ANTONIO: E está aquí Sarela, que leva nada máis e nada menos que seis anos nestas aulas do Francisco Aguiar, seis anos que supoñen a consecución de todo un proceso de crecemento, maduración, cambio e, en definitiva, un tempo de acumulación das experiencias da adolescencia que vén marcado, para tódalas persoas, pola emoción de descubrir o mundo. Eu, que veño de Monfero, ao igual que moitos compañeiros veñen de Bergondo, Miño e outros lugares, atopeime aquí en Betanzos, e particularmente neste Instituto de sona xustamente recoñecida, co mellor ambiente que puidera esperar, e o Bacharelato foi para min todo un espertar, unha visión magnífica do mundo e da vida. Pero é a miña compañeira, en primeiro lugar, a que ten que expresar con emoción o que viviu neste lugar. SARELA: Despois de anos e anos de experiencias, novos coñecementos, novas amizades e sobre todo os nervios anteriores a 1º. de BAC —cando estábamos desexosas por saber quen ían a ser os novatos do Francisco Aguiar, e no noso caso non resultou ser mala experiencia, xa que levamos grandes amizades, e moitos como este que teño ao meu lado resultaron ser ben riquiños—; non nos queda outra que rememorar algúns momentos especiais que vivimos xunto aos nosos compañeiros neste Instituto.
  • 2. 2 Levamos aquí seis anos, que non son poucos, e como xa dixemos, deron para moito, sobre todo para moitas cousas boas. Eu recordo o primeiro día de clase en 1º E da ESO, na titoría de Delfina. Acordarédesvos tamén algúns daqueles días en que chegabamos á clase de Blanca cos pés mollados e a profe nos mandaba poñernos xunto ao radiador, mirando sempre pola nosa saúde? Foron anos cheos de recordos. Cada aula, cada rincón e incluso cada escaleira están cargadiños de historias, e evocan en nós recordos como o de aquela vez na que Manulo baixara ao “Mary Popins” polas barandillas e quedara colgado ata que a nosa profe de Mates, Natalia Pou o veu rescatar. Quen non lembra o “qué dijo” de Dani Pena tamén naqueles anos do “tuenti” que deixamos atrás? Tamén pensamos o outro día, ¡pobre Carme de Galego!, canta paciencia tiña cando a cada palabra que pronunciaba na clase todos dicíamos: u-los nenos? Cómpre tamén facer mención a ese día no que Iago estaba traballando en Mate coa súa calculadora do ano 1800 e Domi (premio á mellor titora do ano) —hai que ver o mal pensados que sodes ás veces— foi e díxolle toda convencida: «¡Iago! ¿Puedes dejar el móvil ya?», e entón Iago deulle a volta á calculadora e a nosa titora púxose, como diría o noso queridísimo Tato, as red as a tomato, ¡ups! Tras este recordatorio, que non é nin moito menos completo, ímonos poñer un pouquiño máis formais e falar doutros aspectos importantes deste Instituto. Aquí tamén abrimos os ollos ao mundo, esta “axencia de viaxes”, como di o profesor Centeno, que é o Francisco Aguiar, brinda aos seus alumnos a oportunidade fundamental e inestimable de atravesar fronteiras e ver mundo sempre na mellor compaña dos amigos e de profesores que “curran” as viaxes con verdadeira dedicación, esforzo e paixón. Dende que andamos por aquí, fomos a Roma e París, a Bruxelas e arredores, a Barcelona, a Londres, a Boston, a Siena en varias ocasións, a Atenas... e aínda se están argallando máis viaxes culturais, intercambios, etc. Con Lucía Sáez e Elvira Castro, María José Carral e Teresa Fraga, Rafaela Villalba e María José Pereira, Julián, Cheché, Gonzalo Tizón, Chus... e todos cantos se animaron noutras ocasións. Non menos importante foi descubrir o noso entorno do xeito en que tanta xente o fixo ao longo dos séculos, as épicas filosóficas camiñadas de Tino, Gorrochategui, Pancho, Carmen, Carlos Castellanos, polo Camiño Inglés. Por certo que o próximo martes temos a Señora Caminata de final de curso... Ou cando fomos de excursión alá a Santiago dúas veces, para nos ir afacendo ós aires universitarios, e para deixar aflorar a nosa nacente sensibilidade artística. Ou cando colléramos o autobús en expedición xeográfica, na busca da fonte do Miño (outros ingleses buscaron as do Nilo...) pasando polas Catedrais e chegando a Asturias... En fin, e cantos contos!
  • 3. 3 Por contos e risas, haber houbo máis na clase que en calquera outro lado (houbo máis risas, debates e emoción na clase que nas Vías incluso... pero bueno, nós tampouco podemos certificalo ao cen por cen...). O Bacharelato foi para nós dous anos de luz e descubrimento en tódolos sentidos, e cremos que o cursamos no mellor Instituto e nas mellores compañías, sen dúbida. Xa sabemos que hai xente moi aplicada, e que tamén os hai díscolos, pero na diversidade está a riqueza. ANTONIO: Para min estes anos foron a necesaria conclusión dunha formación elemental que xa comezara na escola do Xestal, en Monfero, da que conservo tan bos recordos como os que me prazo de levar hoxe deste Instituto e das súas xentes en especial, porque nelas está a clave. Matriculeime por Letras intuíndo que por este camiño eu me sentiría máis a gusto, e non me equivoquei, puiden afondar naquelas cuestións que dende neno me suscitaron curiosidade, como a Historia, a poesía, o mundo clásico, e acabou especialmente por me seducir a Filosofía. Porén, o principal foi, sen dúbida ningunha, chegar ao Salón de Actos, unha tarde de setembro á presentación de 1º. de Bacharelato, e entrar na clase de 1º. C, na titoría de Alicia Requena, na compañía de persoas que axiña mostraron os seus sorrisos e o seu bo humor. SARELA: O humor, un ben prezado que soubemos manter tamén ao longo deste curso, a pesar da éxida das PAU, Selectivo ou Selectividade... Esa sombra que se aparece nos peores soños... Pero que ben soubemos escorrentar... ANTONIO: En 1º., os de Letras Letras tamén descubrimos o Latín e o Grego, linguas vivas, meus amigos, e se alguén ten algo que obxectar, remítase a dona Rafaela, que ben clariño llelo explicará. En 1º. medrou tamén o meu gusto polo café, dou fe. Moitos tomei feitos por Pepita, e outros tantos suman os que me fixo Melania neste curso, sempre tamén con palabras de cordialidade, conversación, alegría no día a día e moita dedicación. Este ano nunca me faltou o café das doce menos cuarto para chegar esperto e con ánimos á clase de Inglés, ou non, Elviriña? Pero ás veces chegaba tarde por culpa de ir polas fotocopias, e resulta que algúns estivemos moi a gusto conversando polas ventaíñas de conserxería... Moitos favores nos fixeron, e ademais con gusto, Ofelia, Fabiola e Glenn; sen esquecernos de Begoña e Nieves. Ave, os que falan vos saúdan! Dixen antes que a clave estaba nas xentes deste Instituto. Ao comezo démoslle importancia ao entorno xeográfico, e certo é que tamén me vou de aquí con amor que lle collín a Betanzos, pero sobre todo porque atopei con quen falar, con quen ir tomar algo, con quen ir de festa, en fin. Para ser xustos, hai que rescatar aquilo que dixo o profesor Gorrochategui no último día de curso, o venres 15. Na aula de alí arriba, dirixíndonos unhas últimas palabras, relembrou a un filósofo do s. XX, non sei se era Habermas, e explicounos que para este, a esencia da vida estaba no “entre”, é dicir, a comunicación, os vínculos que se establecen entre as persoas.
  • 4. 4 Imos rescatar entón neste día, sen máis dilación, o tema universal da poesía e de boa parte da Filosofía, o amor. SARELA: Amamos dende que nacemos, todo aquilo que nos resulta simpático, bonito e que nos fai ben, todo aquilo que nos transmite unha sensación pracenteira, que nos fai felices. Co paso dos anos, soubemos chegar a amar a aquelas persoas coas que convivimos e a aquelas que espertaron en nós fortes sentimentos de paixón, desexo, admiración, e todo o que queirades engadir. Tivemos tamén que aprender a amar a escola e os estudos, sobre todo este último aniño, que deu para moito. ANTONIO: Imos dicir, en definitiva, que a forza que nos move a actuar, a vivir, é o amor, curioso principio para a dinámica, da que ben mellor poderían facer poesía os de Física, que bastantes máis coñecementos ca min terán dela. SARELA: Pero aquí está a clave do asunto, o ir e vir, o movemento físico das aulas e tamén o movemento intelectual (e se non, lembrade a Kant, a Freud...) cando estamos sentados nas verdes sillas fronte ao verde encerado, porque, era verde, ou non? Movemento físico tamén o fixemos, como xa comentamos, ao viaxar. E agora estamos obrigados tamén a desprazarnos a outros lugares, facer novas amizades... todo o que xa sabedes. ANTONIO: E teremos alá, na brétema, Sant-Iago, pero sempre unha referencia capital en Betanzos, alá no Campo, a Diana Cazadora, fonte de clásico e verde arume, cun xesto no seu rostro que en parte quere mirar ao Instituto e capturar o recordo dos que saímos del coa satisfacción de concluír un tramo do camiño, e co ánimo de ter o mundo aberto perante nós, non de “comer o mundo” ou de “ser dono del”, non, que nin temos fame nin queremos posuír nada máis que o que temos de noso, a vida, que o abrangue todo e ben nos chega. Se é o amor o que nos moveu este curso para estudar, ir de festa, viaxar ou facer outras cousas, certo é que non en tódalas facetas o poderiamos mostrar coa mesma intensidade... E aquí si que podemos reparar noutro asunto. Tede por seguro, e falo en nome de tódolos meus compañeiros, de Ciencias e de Letras, que non faltará en nós a vontade de poder, concepto que o gran Nietzsche nos legou. Este filósofo non admite ningún tipo de mansedume, nós tampouco. Temos a vontade de amar, de ser amados, de aprender, de traballar, de progresar e nun lugar moi importante a vontade de pasalo ben, disfrutar, ir de festa e aproveitar todo o que o mundo pode ofrecernos, que non é pouco. E pola nosa parte tamén aportaremos o mellor de nós ao noso entorno, ás nosas compañías, ó mundo... Sempre con amor...
  • 5. 5 SARELA: E aquí radicará o sentido do noso esforzo, porque todo o que vaiamos facer, farémolo con calidade, coa mellor calidade que poidamos concibir, á marxe de sobrevaloradas cantidades, cifras e medidas que parecen querer gobernarnos, condicionarnos, guiarnos... Non. Nós guiarémonos por nós mesmos, porque o camiño é noso e mais de todos, andarémolo acompañados, si, pero cadaquén ao seu ritmo e da maneira que prefira. ANTONIO: Pero é moi importante, algo capital, o tema do pracer e da diversión, e así vos digo que hoxe ten que ser un día memorable, noite de festa e celebración que non fai máis que preludiar o que sen dúbida ten que ser un dos mellores veráns que vivamos, tamén temos aquí clara a nosa vontade de disfrutar ao máximo; diría Xaime ¡viva el vino!, e os romanos in vino veritas, pero non está demais clamar pola moderación, lembrade a Epicuro e o pracer aprazado. In medio virtus, medén ágan —e Rafi estará pensando... «¡Claro, esto los de Ciencias no lo entienden!»— E digo isto porque hoxe hai que aguantar, que algúns mañá temos clube de lectura con Carme; ademais, queridísimos compañeiros e amigos, sabemos que o apoxeo será no mes de agosto, cando rube o Globo ás outuras facendo sega de estrelas e cando Dioniso se coroa xunto a todos nós na bacanal caneirada. O outro día comentábame Montero o que significou que nos anos cincuenta se abrise un Instituto en Betanzos, que dende entón foi o motor de avance e progreso para a comarca e a súa contorna; eu afirmo con rotundidade, que aquí está o progreso. Ben vimos tamén a imaxe helicoidal da Historia de Marx, e como esta avanzaba (tese-antítese-síntese), do mesmo xeito que avanza a nosa vida, atopándolle solución aos atrancos e sempre continuando cara a onde queiramos. Ao final só nos quedan os recordos, e cabe esperar poder aderezalos cun sentimento reconfortante de satisfacción e serenidade. SARELA: Por iso temos que ser firmes na nosa determinación, facer todo con amor, o mellor que poidamos, con calidade, e sempre que cheguemos á conclusión de que nalgún momento nos equivocamos, alegrarémonos por termos avanzado, ao achar a verdade. ANTONIO: Así a todo, non queremos que sexa isto un anuncio do Gadis, nin moitísimo menos... Pero si é certo que teremos que rescatar a Nietzsche como tantas outras veces nos dixo Gorrocha, e pararnos un día, mirar atrás no tempo, ver todo o que pasamos e deixamos, bo e malo, e ter o ánimo de estar dispostos a emprender o eterno retorno, recordando e repetindo así todos e cada un dos momentos vividos, alegrías e mágoas.
  • 6. 6 SARELA: E chegamos ao final, ao máis típico e asemade emotivo momento, o da despedida e o agradecemento. Se Antonio deu en falar do eterno retorno e de temas vitalistas, non é en balde. Porque en verdade temos que agradecervos especialmente a todos, con moito cariño, que teñades formado parte das nosas vidas nestes anos. En todos os discursos se di, pero non nos importa repetirnos: Isto non sería o mesmo sen todos e cada un de vós. ANTONIO: Eu envíovos dende aquí a máis sincera expresión de afecto e amizade, tamén, como non, ás miñas compañeiras aquí presentes, e nin dicir ten que a tódolos profes e persoas que traballades día a día no Instituto contribuíndo para facernos a estancia e o traballo do estudo máis doados e levadeiros. De verdade, e dende o fondo do corazón, agradézovos a vosa forma individual e particular de ser, agradezo que me tivésedes na vosa compañía tanto nas clases como alá na Tolerancia ou na Iris, e espero sinceramente que sempre que nos vexamos teñamos a oportunidade de ir tomar algo, falar ou simplemente saudarnos cun sorriso sincero. SARELA: A todos vos dicimos: non cambiedes, pero seguide crecendo. Non vos arrepintades, pero seguide mellorando. Temos que animarnos, coller forzas, moitas forzas e emprender con alegría os tramos de camiño que nos quedan por andar, todo o que nos queda por vivir, todo o que temos que sentir, rir, amar, chorar... Tampouco é malo chorar de vez en cando... E para rematar, xa que abusamos da vosa paciencia tomando o tempo que ben vos merecemos, nada máis que vos imos a dicir aquelas palabras que escribiu García Márquez noutrora: «No llores porque ya se terminó, sonríe porque sucedió». FIN