1. ENCONTRO SOLIDARIO
Bos días amig@s do blog, hoxe querémosvos contar, ou facer un resumo do primeiro Encontro
Solidario.
Ás 9.30 saímos do CPI Virxe da Cela, é dicir, o noso colexio , ao cabo dunha 1h e media máis ou
menos, chegamos ao noso destino , o Encontro Solidario. Cando chegamos había uns rapaces esperando
por nós para levarnos ata onde sería a reunión. Alí falaríase das actividades que faceríamos durante todo
o día, alí repartíronnos unha carpeta con uns papeis que utilizaríamos durante todo o día, un bolígrafo, e
unha tarxeta na que tiñamos que poñer o noso nome, e alí sinalabamos o obradoiro ao que máis tarde
iríamos.
A primeira cousa que fixemos pola mañá despois da reunión foi uns xogos dirixidos por uns
monitores, como éramos moitos dividíronnos en grupos. A división a fixeron poñendo nomes de animais, e
despois os animais iguais tíñanse que xuntar. No meu grupo o primeiro xogo foi de presentación, cada
persoa do grupo tiña que dicir o seu nome e un xesto que o caracterizara, despois xogamos a un xogo no
que tres persoas tiñan que facer as tres partes da casa, un a parte esquerda outra a dereita, e despois o
inquilino, cando o monitor dicía parte dereita ese tiña que cambiarse para outra parte dereita, cando dicía
parte esquerda, a parte esquerda cambiábase, e cando dicía terremoto, todos tiñamos que cambiar de
sitio. Despois de estes xogos por grupos, fixemos uns todos xuntos, nos dividiron en dous grupos, e uns
eran os pares e outros os impares, cando dicían os pares, eles pillaban , e cando dicían os impares
pillaban eles. Despois fixemos un circulo moi grande, e cantamos cancións como a de Juan talamela
guajira juan talamera, e cada vez tíñaste que acercar mais o que levabas diante, despois tamén cantamos
outras cancións, sobre as 12 e media, cada persoa foi para o seu obradoiro, no que se falaría da igualdade
entre homes e mulleres. O meu obradoiro era o 1, nese obradoiro fixemos un cartel do que se esperaba
dunha Muller e dun Home, e do que nos parecía a nos que no estaba ben do trato das mulleres e do trato
dos homes. Despois as 2 e cuarto fomos comer, e cando acabamos de comer xuntámonos coa nosa
profesora para poñer no noso cartel o que desenvolveríamos durante todo o ano, ou o que tiñamos
previsto.
Despois de acabar con iso, xuntámonos todos outra vez e cada colexio dixo o que tiña pensado
facer durante o ano, cando acabamos con iso, un mago fixo unha actuación, e despois de rematar o
mago, nos deron a merenda que comeriamos no bus de volta a casa.
Desiré
2. Saída ao Monte do Gozo (Santiago)
Foi a primeira excursión de Entreculturas deste curso.
Saímos do colexio ao redor das dez e chegamos a Santiago nunha
hora. Cando chegamos estaban esperándonos uns rapaces e
rapazas dun colexio de Santiago que eran os anfitrións e nos ían
axudar con calquera dúbida que tivéramos ao longo do día.
Primeiro fomos ao salón de actos e alí dixéronnos todo o
que íamos facer ao longo do día. Despois fomos a unha explanada
e alí dividíronnos en grupos e fixemos algúns xogos para empezar
a coñecernos entre outros que fixemos despois. Logo fomos a uns
obradoiros sobre a igualdade de xénero. Entre as dúas e as tres
fomos comer.
Despois cada colexio xuntouse co seu profesor. Nós
xuntámonos coa nosa profesora e entre todas decidimos todos os
proxectos que íamos facer neste curso e puxémolos nas nosas
axendas, tamén escribimos un compromiso relacionado coa
igualdade entre xéneros; e iso tamén o fixeron os outros colexios.
Logo fomos ao salón de actos outra vez e cada colexio mostrou a
súa axenda aos demais. Despois veu un mago facer unha
actuación que era o irmán do que viñera uns días antes ao noso
colexio; e por último marchamos para casa.
Eu persoalmente paseino ben, coñecín xente nova e aprendín
moitas cousas… Aínda que ao principio sempre estás algo
avergoñada, logo te relacionas cos outros rapaces e rapazas…
Iria
3. Entreculturas Monte do Gozo
Xa había tempo que compañeiros e compañeiras meus foran
aos encontros de ENTRECULTURAS, pero eu non me animara
ata este ano. Este ano foi en Santiago. Pasámolo moi ben,
coñecemos a moita xente da nosa idade. Neste encontro primeiro
xuntáronnos a todos os rapaces de tódolos colexios nun auditorio
ali, presentaron os distintos colexios, despois de isto fomos ata
unha praza enorme,ali fixemos uns xogos moi divertidos con
distintos rapaces dos outros colexios, así que rematamos os xogos
fomos a uns obradoiros. Ao que asistín eu trataba sobre os
estereotipos entre os homes e mulleres
Logo fomos xantar, despois cada colexio xuntouse cos seus
profesores para crear a axenda solidaria de cada colexio. Logo
presentámolas diante dos outros colexios que asistiron. Para
rematar este bo día asistimos á actuación dun bo mago que no lo
fixo pasar moi ben e a guinda final deste día foi a volta para a
casa no autobús: pasámolo estupendamente, rimos e cantamos.
Tamara
4. Encontro ``Entreculturas´´
Ese día foi moi divertido e fixemos moitas cousas. Pola mañá o
primeiro que se fixo foi presentar ós colexios, despois dividíronnos en
grupos e fixemos unha serie de xogos para relacionarnos cos demais e irnos
coñecendo e por último dividíronnos de novo en grupos distintos aos
anteriores e estes acudimos a uns talleres relacionados coa igualdade.
Despois comemos e máis tarde reunímonos os alumnos de cada colexio cos
nosos profesores para planificar e plasmar nun cartel as actividades que
tivésemos pensado facer no colexio, unha vez feitos estes carteis acudimos
ao auditorio para presentar estas axendas en público ao resto dos colexios.
Logo disto un mago amenizou o resto da tarde e isto resumido foi o que
fixemos no encontro de ``Entreculturas´´.
Este ano había moita máis xente que nos outros encontros, na miña
opinión estiveron mellor os outros, o outro a o que fun, que non quero dicir
que este estivese mal pero eu pasarao mellor no outro, non sei fora todo
doutra maneira.
O que máis me gustou deste día foron os xogos que fixemos para
coñecernos e relacionarnos cos demais, estiveron moi divertidos. E o que
menos, non sei...ao mellor o mago porque era o irmán do que veu a o
colexio e xa sabia os trucos; por dicir algo.
En resumo foi un día que pasou moi rápido e que me serviu para
darme conta de moitas cousas (como por exemplo que hai xente da miña
idade ou maior que min que é moi egoísta e so pensa en si mesma, non
comparto esa maneira de ser pero respéctoa) e para seguir con máis ganas na
rede .
Vanessa