SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 28
Descargar para leer sin conexión
Textos e deseño: José Tomás Díaz Teijo e Arturo Iglesias Fernández
Ilustracións: José Tomás Díaz Teijo
O COOPERATIVISMO NA ESCOLA
1º CICLO DE EDUCACIÓN SECUNDARA OBRIGATORIA
O COOPERATIVISMO NA HISTORIA
A mediados do século XIX Inglaterra había tempo que
superara a Revolución Industrial e os traballadores vivían
en condicións bastante penosas, os nenos e nenas eran
empregados en traballos insalubres e xornadas esgota-
doras polas que percibían míseros salarios.
Para loitar contra esta situación penosa das clases tra-
balladoras e presentar alternativas a esa situación tan
deshumanizada, organizáronse diferentes movementos
sociais e políticos entre os que destacan: O sindicalismo,
o socialismo e o cooperativismo.
Estes movementos tiñan moitos puntos de conexión, así
por exemplo, o movemento coñecido polo dos socialis-
tas utópicos , que como o seu nome indica, realizaba
propostas fundamentalmente teóricas, tivo entre os seus
máis destacados participantes a Robert Owen que sería
un precursor do movemento cooperativo, e que ademais
tratou de levar as súas ideas á práctica.
Desta orixe xor-
5
primeiro ciclo de secundaria
Revolución industrial é o proceso que conduce a unha
sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra
que emprega procesos de produción mecanizados para fab-
ricar bens a gran escala.
Foi o primeiro paso para a sociedade moderna e comezou en
Inglaterra.
Os socialistas utópicos son defensores dun socialismo human-
ista con certa orientación libertaria e que pretendía unha nova
sociedade baseada na solidariedade e a xustiza social
Robert Owen (1771 - 1858 ) Era
copropietario dunha fábrica téxtil
en Escocia. Consciente de todo o
que implicaba a industrialización
emprendeu unha serie de refor-
mas. Reduciu a xornada laboral,
prohibiu que se empregasen nas
súas fábricas pícaros de menos de
10 anos. Fundou unha escola
infantil e abriu un economato.
Estes cambios, con todo, non foron
aceptados polo resto dos empre-
sarios, polo que se trasladou a
Estados Unidos, alí creou, xunto
cos seus discípulos, colonias de
tipo socialista, pero todas elas fracasaron. Firme defensor dos
dereitos sociais, cando regresou a Gran Bretaña foi elixido
polos obreiros para liderar un movemento cooperativista.
den os valores do cooperativismo que se manterán ao
longo da súa historia, valores de solidariedade,
equidade, igualdade, responsabilidade, democracia e
axuda mutua.
No ano 1843, en Rochdale, preto de Manchester, un
grupo de 28 traballadores da industria téxtil constitúen en
Toad Lane (rúa do sapo) a "Sociedade dos Equitativos
Pioneiros de Rochdale" que será a primeira cooperativa.
Os principios que guiaban a filosofía deste movemento
agrupáronse na "Carta da Cooperación" e recollía os
seguintes principios:
A cooperación completa a economía política ao
organizar a distribución da riqueza.
Non afecta á fortuna de ninguén.
Non trastorna a sociedade.
Non molesta ao homes do Estado.
Non constitúe unha asociación secreta.
Non quere ningunha violencia.
Non causa ningún desorde.
Non ambiciona honores.
Non reclama favores.
Non pide privilexios especiais.
Non trata con larcháns.
Non busca axuda oficial.
Sinte horror polos monopolios e os combate sen
cesar.
Desexa a concorrencia seria e honesta na cal se
ve a alma de todo progreso de verdade; significando a
responsabilidade persoal, a iniciativa persoal e a parti-
cipación nese prestixio que o traballo e o pensamento
saben conquistar.
Estes principios fóronse reformulando, por parte da
Alianza Cooperativa Internacional, ao longo da historia
do movemento, ata a súa ultima actualización en 1995,
pero sempre mantendo os dous principios fundamentais:
6
actividades cooperativas
Manchester é unha cidade do noroeste de Inglaterra, centro
administrativo do condado metropolitano do Gran Manchester,
á beira dos ríos Irwell, Medlock, Irk e Tib. Manchester é un
importante centro industrial e durante moito tempo foi o princi-
pal centro de produtos téxtiles de algodón de Gran Bretaña.
Tamén é un importante porto inglés, que se comunica a través
da canle de transporte de Manchester (que se construíu en
1894) con Eastham (no río Mersey) e ao que poden acceder os
barcos transatlánticos. Na diversificada industria da cidade
prodúcese papel, medicamentos, equipamentos eléctricos e de
transporte aéreo, equipos informáticos e produtos alimentar-
ios. Manchester está situada preto dunha rexión dedicada á
minería de carbón, aínda que a súa produción industrial
descendeu a partir a década de 1960.
Unha persoa, un voto.
Remuneración por calidade ou cantidade de traba-
llo desenvolvido ou polo consumo producido.
Na actualidade os principios cooperativos resúmense
nos seguintes: adhesión voluntaria, autonomía e inde-
pendencia, compromiso coa comunidade, cooperación
entre cooperativas, fomento da educación, xestión demo-
crática e participación económica.
7
primeiro ciclo de secundaria
8
actividades cooperativas
A evolución do movemento cooperativo e da competitivi-
dade destas empresas as presenta na actualidade como
unha alternativa ás empresas do capital e compiten con
elas para atopar un lugar no mercado. Esta importante
evolución levou a Asemblea Xeral da ONU a instituír o
Día Internacional das Cooperativas.
O número de cooperativas crece continuamente e diver-
sifica o número de sectores nos que desenvolve a súa
tarefa, por este motivo e posible que o símbolo deste
movemento sexa unha bandeira multicolor, aínda que a
veces tamén se simboliza ao cooperativismo por un
piñeiro.
Galiza non é unha excepción dentro deste movemento
mundial, e así vemos como xa no ano 2003 había máis
de mil cooperativas que atendían a moi diferentes sec-
tores produtivos:
A cooperativa é unha sociedade de capital variable que
con estrutura e xestión democrática, en réxime de libre
adhesión e baixa voluntaria, desenvolve unha empresa
de propiedade conxunta, a través do exercizo de activi-
dades socioeconómicas, para prestar servizos e para
satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, e
en interese pola comunidade, mediante a participación
activa deles, distribuíndo os resultados en función da
actividade cooperativizada
En 1923 o Comité Executivo da Alianza Cooperativa
Internacional (ACI) recomendou conmemorar un día interna-
cional das cooperativas. O 16 de decembro de 1992 a
Asemblea Xeral da ONU (Nacións Unidas), a través da resolu-
ción 47/90, proclamou a necesidade de realizar un "Día
Internacional das Cooperativas" a partir de xullo de 1995, en
conmemoración ao centenario da creación da Alianza
Cooperativa Internacional.
agrarias
explot. com. da terra
de vivenda
de transporte
de servizos
do mar
de 2º grao
de consumidores
de ensino
outras
Alianza Cooperativa Internacional (ACI), fundada en Londres
en 1895 asocia a cooperativas de máis de 100 países do
mundo e dende 1892 ten a súa sede central en Xenebra.
Cooperativas activas en Galicia en 2003
9
primeiro ciclo de secundaria
PREGUNTOIRO
Demostra o que sabes acerca da historia do coopera-
tivismo
1) Nome dun dos precursores do movemento cooperati-
vo
Piñeiro
Rochdale
Robert Owen:
Toad Lane
2) Cal dos seguintes é un movemento que aparece para
loitar contra as malas condicións da clase obreira?
A relixión
O capitalismo
O sindicalismo
A cruz vermella
3) En que lugar se creou a primeira cooperativa?
Vigo
Rochdale
New Lanark
Hamburgo
4) Que profesión tiñan os pioneiros do cooperativismo?
Gandeiros
10
actividades cooperativas
Labregos
Tecedores
Mariñeiros
5) Cantas persoas constituíron a primeira cooperativa?
28
38
48
58
6) Que documento recollía os principios orixinais do
cooperativismo?
Carta de Cooperación
Fundamentos de Cooperación
Principios de Cooperación
Guía de Cooperación
7) Cal dos seguintes é un dos principios orixinais do
cooperativismo?
Non trata con larcháns
Constitúe unha asociación secreta
Ambiciona honores
Non organiza a distribución da riqueza
8) En que ano se fundou a primeira cooperativa?
1943
1843
1743
2003
9) Como se denomina ao grupo que reúne á práctica
totalidade das cooperativas?
Asociación de Cooperativas do Mundo
Alianza Cooperativa Internacional
Asociación Internacional de Cooperativas
Alianza Mundial de Cooperativas
11
primeiro ciclo de secundaria
10) Quen instituíu o Día Internacional das
Cooperativas?
A Asociación Internacional de Cooperativas
Os creadores da primeira cooperativa
A Asemblea Xeral da ONU
O goberno dos Estados Unidos
11) Que data conmemoraba o ano da celebración do
primeiro Día Internacional das Cooperativas?
O centenario da creación da primeira cooperativa.
O centenario do nacemento de Robert Owen.
O centenario do primeiro economato cooperativo.
O centenario da creación da ACI.
12) Que árbores son as que aparecen nun dos símbo-
los máis representativos do cooperativismo?
Carballos
Piñeiros
Eucaliptos
Castiñeiros
13) En Galiza o maior número de cooperativas son:
Do mar.
De vivenda.
De traballo asociado.
Agrarias.
12
actividades cooperativas
14) En Galiza do que hai un menor número de cooper-
ativas é:
Do mar.
De vivenda.
De traballo asociado.
Agrarias.
15) En Galicia o número de cooperativas supera as:
1000
2000
3000
4000
13
primeiro ciclo de secundaria
realizar traballo cooperativo na aula obriga a todos os
membros dun grupo a estruturar mellor as súas activi-
dades, a expresar máis claramente o que queren facer
e a coordinar as súas tarefas dentro dun proceso.
SABIAS QUE
14
actividades cooperativas
FUNCIÓNS DOS INTEGRANTES DUNHA COOPERATIVA
1
9
10
7
865
2
3 4
ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS: É o
órgano que constitue a totalidade dos socios. Reúnese
como mínimo unha vez ao ano e aproba os resultados
económicos, así como a política xeral da cooperativa. Os
socios contribúen equitativamente ao capital da coopera-
tiva. Xestionan os bens comúns e toman as decisións de
xeito democrático. Son os propietarios da cooperativa.
PERSOAL ADMINISTRATIVO: Encárgase
da administración da cooperativa. As entradas e saídas
de documentación, así como do rexistro de bens, etc.
INTERVENTORA: Encargase de controlar as
contas anuais, antes de presentarllas á Asemblea Xeral.
XERENTE: É o responsable da xestión e os
asuntos económicos e estratéxicos da cooperativa.
PRESIDENTE: É tamén o presidente do
Consello Reitor. Ten a representación legal da cooperati-
va, e é elidido democraticamente pola asemblea xeral
por un período de entre dous e seis anos, segundo fixen
os estatutos da cooperativa.
VICEPRESIDENTA: É o segundo cargo de
representación legal da cooperativa.
SECRETARIO: Levanta acta nas reunións, e
exerce así mesmo de secretario do consello reitor.
CONSELLO REITOR: É o órgano de gober-
no, xestión e representación e administración da cooper-
ativa, aplicando a política fixada pola asemblea xeral.
PERSOAL TÉCNICO: A súa función é realizar
labores específicas de cada tipo de cooperativa.
TRABALLADORES CONTRATADOS: Son
persoal alleo á cooperativa que foi contratado, ben de
xeito indefinido ou por outras modalidades contractuais.
10
9
8
7
6
5
4
3
2
1
15
primeiro ciclo de secundaria
Ola, lembrádesme, si claro son Fuco. Hoxe estou en
Palas de Rei en Lugo, veño visitar esta cooperativa, chá-
mase Milhulloa.
Entrar aquí é como entrar no fogar dunha familia.
Respírase entre eles unha dose alta de confianza mutua
e optimismo. Defínense como loitadores, emprende-
dores, e outras cousas semellantes. Cren no equipo
16
actividades cooperativas
UN CASO CONCRETO: A COOPERATIVA "MILHULLOA"
como forma de traballo e case de vida. Ademais de com-
partir os beneficios da súa empresa cooperativa, coñe-
cen as datas dos seus respectivos aniversarios.
Comezaron esta aventura por probar unha fórmula, e
agora son cooperativistas convencidos e militantes.
Constitúen o equipo perfecto: Carmela é bióloga, Chusa
é farmacéutica, e Xaquín estudou Ciencias Empresariais.
Todo o traballo descansa sobre as súas costas, pero a
ilusión que transmiten pesa moito, moito máis.
FUCO: Cal é a actividade principal á que se dedica a vosa
cooperativa?
MILHULLOA FALA CARMELA: Traballamos dende o cultivo de
plantas medicinais até a súa transformación, que é o
deshidratado, para a elaboración de infusións, etc. Pero
tamén temos outra liña de produtos, debido a que o ciclo
das plantas é estacional, Démonos conta de que no
inverno o traballo se detiña, e comezamos a ampliar o
traballo ás hortalizas, en concreto o grelo, a espinaca ou
o tomate, todos eles produtos autóctonos. Sempre bus-
camos recuperar plantas de aquí, e intentamos que non
desaparezan as especies. Hoxe vendemos grelos para
moitos lugares fóra de Galicia: dende Palma a Moscova
ou incluso a selva de
México.
FUCO: Cando iniciastes
a vosa andadura?
MILHULLOA FALA CHUSA:
No 2001. Carmela e
mais eu participamos
nun Máster para
mulleres emprendedo-
ras, organizado pola
Consellería de
Familia, e alí
planeamos comezalo
todo. Xaquín supervi-
sou o proxecto dende
o punto de vista
económico, e aló o
presentamos. O bo é
que dispuñamos dos
terreos, que per-
tencían a unha das
nosas familias, e
transformamos o que
17
primeiro ciclo de secundaria
era unha corte de vacas
nos locais que temos
hoxe en día.
FUCO: E como foron os
comezos?
MILHULLOA FALA CARMELA:
Pois botamos os dous
primeiros anos acondi-
cionando o terreo, e
facendo as obras.
Aprendemos sobre cul-
tivos partindo de cero.
Descubrimos que a mel-
lor axuda foi sempre a
dos veciños e a xente
maior da zona. Eran os
que mellor coñecían as
plantas de aquí, as
condicións climáticas, as
distintas maneiras de
sementar cada planta,
etc.
FUCO: Por que unha cooperativa e non outro tipo de
empresa?
MILHULLOA FALA XAQUÍN: Porque é unha das fórmulas
xurídicas máis democráticas que existen. No noso caso,
aínda que traballamos o agro, somos unha cooperativa
de traballo asociado.
FUCO: Que tipo de obstáculos atopastes nesta aventura?
MILHULLOA FALA XAQUÍN: Ao comezo tes moitísimo
papelexo, e pasas varios meses pendente da burocracia.
Tivemos que presentar o proxecto da cooperativa, pero
tamén contamos cunha boa receptividade por parte da
Administración, que nos foron asesorando cando o pre-
cisabamos. Outro atranco foi que as entidades bancarias
ás veces tardan en crer en que o teu proxecto vai saír
adiante. Pero a ilusión que mantivemos sempre estivo
por riba das dificultades. O feito de que nos coñecése-
mos e fosemos amigos xa antes fixo que nos apoiáse-
mos constantemente para non desfalecer. As axudas
institucionais son fundamentais ao comezo desta aventu-
ra.
18
actividades cooperativas
FUCO: Cales son as
principais diferenzas
que atopades entre
unha cooperativa e
outro tipo de empre-
sas?
MILHULLOA FALA
CARMELA: Nós defin-
itivamente non dari-
amos este paso que
demos se non se
tratase dunha coop-
erativa, porque
agora levamos o
traballo de maneira
compartida, e ao
tomar as decisións
en equipo, sénteste
moi apoiado polos
teus socios. A
diferenza básica
entre unha coopera-
tiva e outro tipo de
empresa está na toma de decisións día a día. Aquí o
socio non é só un traballador, senón que está implicado
en todo o labor organizativo, e iso fai que te involucres
moito máis no proxecto. Es a un tempo empresario e tra-
ballador.
FUCO: Que lle diriades á xente nova que pense en formar
unha cooperativa como saída laboral?
MILHULLOA FALA CHUSA: Pois que o primeiro é mirar moi
ben con quen te asocias. Ten que haber un clima de total
confianza. E despois, o traballo é moito máis doado
porque todo o decides cos teus socios. Nós coñecemos
a moitos outros cooperativistas, e notas que hai un senti-
do de comunidade entre uns e outros. Entre todos nos
sentimos moi arroupados e, sobre todo, informados.
Pertencemos a unha asociación de cooperativas que se
chama UGACOTA, e incluso agora damos ás veces
charlas, obradoiros, e informamos a outra xente sobre o
que facemos. O ambiente do cooperativismo é algo que
anima moito a seguir traballando nesto.
19
primeiro ciclo de secundaria
RASTREXANDO NA REDE
A continuación tes unha serie de logotipos de distintas
cooperativas galegas. Serías quen de indicar se a activi-
dade principal que realizan é a de realizar produtos ou a
de prestar servizos? Para unha maior información podes
visitar as páxinas web de cada unha das empresas.
http://personales.ya.com/enred
http://www.passco.es
http://www.autoforestal.com
http://www.codeira.com
http://www.montelnor.com
http://www.melisanto.es
http://www.feiraco.es
http://www.loitamar.com
http://www.xatogal.com
http://www.verinbiocoop.com
20
actividades cooperativas
21
primeiro ciclo de secundaria
Indica a diferenza entre produto e servizo e pon en cada un dos apartados as empresas que realizan cada unha das
actividades
PRESTACIÓN DE SERVIZOS REALIZACIÓN DE PRODUTOS
UN PASEO POLO CINE: "AS UVAS DA IRA"
22
actividades cooperativas
OSCAR ao Mellor Director, John Ford (1940)
OSCAR á Mellor Actriz Secundaria, Jane Darwell (1940)
PREMIOS
HENRY FONDA: Tom Joad
JOHN CARRADINE: Casy
JANE DARWELL: Nai
CHARLEY GRAPEWIN: Avó
DORIS BOWDEN: Rosa de Sharon
RUSSELL SIMPSON: Pai
O.Z. WHITEHEAD: Al
JOHN QUALEN: Muley
EDDIE QUILLAN: Connie
ZEFFIE TILBURY: Franma
FICHA ARTÍSTICA
FICHA TÉCNICA
NACIONALIDADE: Estados Unidos (1940)
DIRECTOR: John Ford
GUIÓN: Nunnally Johnson baseado na novela de John
Steinbeck
FOTOGRAFÍA: Gregg Toland
MONTAXE: Robert Simpson
MÚSICA: Alfred Newman
DURACIÓN: 129 minutos
SINOPSE DA PELÍCULA E CONTEXTO
HISTÓRICO
Tom Joad (Henry Fonda) regresa ás terras da súa familia
en Oklahoma tras pasar catro anos no cárcere. Descubre
entón que a finca familiar e a casa onde viviu toda a súa
vida foron requisadas por unha gran compañía. Deciden
entón iniciar unha longa marcha cara California na procu-
ra de traballo, unha desesperada travesía para chegar a
un lugar onde os terratenentes e patróns se aproveitan
das familias traballadoras, pagándolles soldos miserables
e utilizando a autoridade para o seu propio beneficio,
reprimindo calquera intento de protesta organizada medi-
ante o matonismo e a ameaza. Ambientada na segunda
metade dos anos 30, en plena "gran depresión", leva a
cabo unha crítica social que pasa polas desgrazas per-
soais e as relacións entre os membros dunha familia
humilde da época.
Cara finais dos anos 20, no século XX, unha forte
crise económica estaba estendida a nivel mundial. Pero
o golpe definitivo foi causado pola crise da economía
norteamericana, aló por 1928, e definitivamente co
afundimento da Bolsa de Nova York en 1929.
Consecuencias desta caída foron os excesos na
produción, a falta de inversións, ou a baixada repentina
dos prezos de moitos produtos. A renda media dos amer-
icanos baixou nun 36%, e o desemprego chegou a afec-
tar ao 25% da poboación.
Casos coma a
familia Joad, que se viron
repentinamente na
pobreza e na necesidade
de buscar un traballo case
inexistente para sobre-
vivir, foron desafortunada-
mente frecuentes na
sociedade daquela época.
23
primeiro ciclo de secundaria
ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO VISIONA-
DO
1. A continuación podes ler un fragmento do guión da
película (na versión castelá). Despois de analizalo, com-
para o que vén sendo o funcionamento duna gran com-
pañía dirixida xerarquicamente dende arriba e o que
podería ser unha fórmula cooperativa, na que o poder
estivese repartido entre os seus distintos membros.
Podería esta ser unha solución para os membros da
familia Joad e os seus veciños? Discúteo cos teus com-
pañeiros.
FILLO: ¿De quén é a culpa?
AXENTE: Xa sabes quén é o dono da terra. A Shawnee
Land e Cattle Company.
PAI: ¿E quén é Shawnee Land e Cattle Company?
AXENTE: Non é ninguén. É unha empresa.
FILLO: ¿Teñen un presidente, non? ¿Teñen alguén que
saiba para qué é unha escopeta?
AXENTE: Oh, rapaz, non é culpa súa, porque o banco dille
qué facer.
FILLO: Moi ben, onde está o banco?
AXENTE: En Tulsa. ¿Para qué tomala con el? Alí no hai
ninguén excepto o administrador. E xa está medio tolo
tratando de cumprir coas ordes que chegan do Este.
FILLO: Entón, a quén disparamos?
AXENTE: Amigo, non o sei. Se o soubera, diríacho.
2. A estrutura da película xira en torno á viaxe que real-
izan os protagonistas cara a California. Pero, ademais de
tratarse duna viaxe física, nalgúns casos supón unha
viaxe interior, unha transformación persoal. Tomando o
personaxe de Tom Joad, como crees que evoluciona a
medida que transcorre a viaxe en canto á súa mentali-
dade cooperativista ou de organización do traballo
obreiro? Se podes, recolle algunha das frases que di,
que demostren eses cambios de actitude.
24
actividades cooperativas
3. Clasifica aos personaxes da película segundo a súa
actitude cara aos obstáculos económicos: cales deles
serían CONFORMISTAS? Cales deles DESESPERAN-
ZADOS? E cales deles serían LOITADORES?
4. Despois de consultar a información sobre a Gran
Depresión dos 30, compara a situación social e económi-
ca da película coa historia recente de Galicia. Coñeces a
algunha persoa que tivese que emigrar para buscar un
futuro mellor? Pregunta na túa familia, é posible que
houbese algún caso. Comparte a experiencia cos teus
compañeiros e compañeiras de clase.
5. Analizade as novas que aparecen nos xornais e na
televisión, Que tipo de novas aparecen sobre a emi-
gración? Porque vía pensas que chegan máis inmi-
grantes ilegais? En canto tempo conseguen os deportis-
tas a nacionalidade española?
25
primeiro ciclo de secundaria
UN PASEO POLAS LETRAS
A continuación tes dous libros nos que se trata dalgunha
maneira o traballo cooperativo, escolle un para pasalo
ben durante un bo rato.
26
actividades cooperativas
O tesouro das ánimas
Baía Edicións
Autora: María Concepción Regueiro Digón
Ilustración: Sandra Fernández Carmelo
Colección: Meiga Moira
27
primeiro ciclo de secundaria
As flores radioactivas
Edicións Xerais de Galicia
Autor: Agustín Fernández Paz
Colección: Merlín
SUXESTIÓNS DE ACTIVIDADES DE TIPO
GRUPAL OU COOPERATIVO
Ao comezar a Educación Secundaria é posible que se
creen grupos formados por nenos e nenas que anterior-
mente non estaban no mesmo colexio e que polo tanto
non se coñecen. A continuación presentamos algunha
técnicas ou xogos que nos poden axudar nos primeiros
momentos de constitución do grupo:
LEMBRANDO NOMES
É un xogo que ten o seu sentido se a grande parte do
grupo non se coñece. A primeira persoa di o seu nome o
seguinte ten que dicir o seu máis o da persoa anterior, o
terceiro o seu máis os dous anteriores, e así sucesiva-
mente. Cando alguén se trabuca a seguinte persoa
comeza unha nova serie ata que rematemos coa lista de
persoas da clase. O xogo pode repetirse algunha vez
máis segundo vexamos o número de erros que se pro-
ducen, e mesmo se pode repetir algún día posterior para
afianzar esa aprendizaxe dos nomes dos compañeiros.
Pode ter múltiples variantes, por exemplo, cada persoa
que di o seu nome pode indicar que será a seguinte, en
lugar de seguir a orde dos asentos. Outra variante é dicir
o nome e completalo cun pareado, "eu son Antón o máis
fortachón", "eu son Carolina e son a máis guapiña", e
cada persoa ten que ir repetindo as anteriores.
Unha variante moi coñecida e que xa é case un xogo
diferente é o que se coñece por "me pica", cada persoa
di o seu nome e sinalando unha parte do seu corpo
engade "e me pica aquí", cada persoa ten que ir
engadindo os nomes e os picares dos anteriores.
UNHA ESTATÍSTICA REVOLTA
Para romper o xeo do primeiro encontro e obter informa-
ción do grupo podemos dividir o total de persoas en
pequenos grupos, dándolle a cada un deles unha pre-
gunta da que debe obter a resposta de todas as demais
persoas. As preguntas poden ser moi variadas, mestu-
rando cuestións formais con outras máis intranscen-
dentes. Marcamos un tempo deliberadamente escaso
para obter as respostas (3 ou 4 minutos) e pedímoslles
que fagan unha estatística aproximada dos resultados,
de maneira que nese tempo todo o grupo terá que estar
intentando conseguir respostas de todos os demais
alumnos e alumnas da clase.
28
actividades cooperativas
O NOVELO
Unha persoa cun novelo de la collido por un dos
extremos di o seu nome bótallo á persoa que quere e
pregúntalle o seu, e esta fai o mesmo con outra, e así
ata formar un gran guedello, que logo podemos tratar de
desenguedellar facendo as preguntas ao revés e
devolvéndolle o novelo a quen nolo enviou.
ENTREVISTA E PRESENTACIÓN
Fórmanse parellas con todos os presentes e durante
cinco minutos os alumnos e alumnas entrevístanse mutu-
amente intercambiando os datos e informacións que
cada quen considere oportunos (por exemplo: nome,
lugar onde naceu, afeccións, grupo preferido, etc.). A
continuación cada persoa presenta ante o grupo ao seu
compañeiro ou compañeira de entrevista ata esgotar
todas as parellas formadas.
29
primeiro ciclo de secundaria

Más contenido relacionado

Similar a Guía cooperativismo 1eso

5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.Ismael Vide González
 
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoTema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoLourdesErea4
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiroecursocig
 
Doutrina Social da Igrexa
Doutrina Social da IgrexaDoutrina Social da Igrexa
Doutrina Social da Igrexaguest02b250
 
Orixes do Movemento Obreiro
Orixes do Movemento ObreiroOrixes do Movemento Obreiro
Orixes do Movemento Obreirosonsabela
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 

Similar a Guía cooperativismo 1eso (20)

O movemento obreiro
O movemento obreiroO movemento obreiro
O movemento obreiro
 
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
5. A Sociedade Industrial E O Movemento Obreiro.
 
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoTema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
 
Tema 3 sociais
Tema 3 sociaisTema 3 sociais
Tema 3 sociais
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Ciencias sociais tema 3
Ciencias sociais tema 3Ciencias sociais tema 3
Ciencias sociais tema 3
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
DSI
DSIDSI
DSI
 
DSI
DSIDSI
DSI
 
Doutrina Social da Igrexa
Doutrina Social da IgrexaDoutrina Social da Igrexa
Doutrina Social da Igrexa
 
Tema 3. 4º Eso
Tema 3. 4º EsoTema 3. 4º Eso
Tema 3. 4º Eso
 
boletín xaneiro 2017
boletín   xaneiro 2017boletín   xaneiro 2017
boletín xaneiro 2017
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Orixes do Movemento Obreiro
Orixes do Movemento ObreiroOrixes do Movemento Obreiro
Orixes do Movemento Obreiro
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 

Más de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Guía cooperativismo 1eso

  • 1.
  • 2. Textos e deseño: José Tomás Díaz Teijo e Arturo Iglesias Fernández Ilustracións: José Tomás Díaz Teijo
  • 3. O COOPERATIVISMO NA ESCOLA 1º CICLO DE EDUCACIÓN SECUNDARA OBRIGATORIA
  • 4. O COOPERATIVISMO NA HISTORIA A mediados do século XIX Inglaterra había tempo que superara a Revolución Industrial e os traballadores vivían en condicións bastante penosas, os nenos e nenas eran empregados en traballos insalubres e xornadas esgota- doras polas que percibían míseros salarios. Para loitar contra esta situación penosa das clases tra- balladoras e presentar alternativas a esa situación tan deshumanizada, organizáronse diferentes movementos sociais e políticos entre os que destacan: O sindicalismo, o socialismo e o cooperativismo. Estes movementos tiñan moitos puntos de conexión, así por exemplo, o movemento coñecido polo dos socialis- tas utópicos , que como o seu nome indica, realizaba propostas fundamentalmente teóricas, tivo entre os seus máis destacados participantes a Robert Owen que sería un precursor do movemento cooperativo, e que ademais tratou de levar as súas ideas á práctica. Desta orixe xor- 5 primeiro ciclo de secundaria Revolución industrial é o proceso que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra que emprega procesos de produción mecanizados para fab- ricar bens a gran escala. Foi o primeiro paso para a sociedade moderna e comezou en Inglaterra. Os socialistas utópicos son defensores dun socialismo human- ista con certa orientación libertaria e que pretendía unha nova sociedade baseada na solidariedade e a xustiza social Robert Owen (1771 - 1858 ) Era copropietario dunha fábrica téxtil en Escocia. Consciente de todo o que implicaba a industrialización emprendeu unha serie de refor- mas. Reduciu a xornada laboral, prohibiu que se empregasen nas súas fábricas pícaros de menos de 10 anos. Fundou unha escola infantil e abriu un economato. Estes cambios, con todo, non foron aceptados polo resto dos empre- sarios, polo que se trasladou a Estados Unidos, alí creou, xunto cos seus discípulos, colonias de tipo socialista, pero todas elas fracasaron. Firme defensor dos dereitos sociais, cando regresou a Gran Bretaña foi elixido polos obreiros para liderar un movemento cooperativista.
  • 5. den os valores do cooperativismo que se manterán ao longo da súa historia, valores de solidariedade, equidade, igualdade, responsabilidade, democracia e axuda mutua. No ano 1843, en Rochdale, preto de Manchester, un grupo de 28 traballadores da industria téxtil constitúen en Toad Lane (rúa do sapo) a "Sociedade dos Equitativos Pioneiros de Rochdale" que será a primeira cooperativa. Os principios que guiaban a filosofía deste movemento agrupáronse na "Carta da Cooperación" e recollía os seguintes principios: A cooperación completa a economía política ao organizar a distribución da riqueza. Non afecta á fortuna de ninguén. Non trastorna a sociedade. Non molesta ao homes do Estado. Non constitúe unha asociación secreta. Non quere ningunha violencia. Non causa ningún desorde. Non ambiciona honores. Non reclama favores. Non pide privilexios especiais. Non trata con larcháns. Non busca axuda oficial. Sinte horror polos monopolios e os combate sen cesar. Desexa a concorrencia seria e honesta na cal se ve a alma de todo progreso de verdade; significando a responsabilidade persoal, a iniciativa persoal e a parti- cipación nese prestixio que o traballo e o pensamento saben conquistar. Estes principios fóronse reformulando, por parte da Alianza Cooperativa Internacional, ao longo da historia do movemento, ata a súa ultima actualización en 1995, pero sempre mantendo os dous principios fundamentais: 6 actividades cooperativas Manchester é unha cidade do noroeste de Inglaterra, centro administrativo do condado metropolitano do Gran Manchester, á beira dos ríos Irwell, Medlock, Irk e Tib. Manchester é un importante centro industrial e durante moito tempo foi o princi- pal centro de produtos téxtiles de algodón de Gran Bretaña. Tamén é un importante porto inglés, que se comunica a través da canle de transporte de Manchester (que se construíu en 1894) con Eastham (no río Mersey) e ao que poden acceder os barcos transatlánticos. Na diversificada industria da cidade prodúcese papel, medicamentos, equipamentos eléctricos e de transporte aéreo, equipos informáticos e produtos alimentar- ios. Manchester está situada preto dunha rexión dedicada á minería de carbón, aínda que a súa produción industrial descendeu a partir a década de 1960.
  • 6. Unha persoa, un voto. Remuneración por calidade ou cantidade de traba- llo desenvolvido ou polo consumo producido. Na actualidade os principios cooperativos resúmense nos seguintes: adhesión voluntaria, autonomía e inde- pendencia, compromiso coa comunidade, cooperación entre cooperativas, fomento da educación, xestión demo- crática e participación económica. 7 primeiro ciclo de secundaria
  • 7. 8 actividades cooperativas A evolución do movemento cooperativo e da competitivi- dade destas empresas as presenta na actualidade como unha alternativa ás empresas do capital e compiten con elas para atopar un lugar no mercado. Esta importante evolución levou a Asemblea Xeral da ONU a instituír o Día Internacional das Cooperativas. O número de cooperativas crece continuamente e diver- sifica o número de sectores nos que desenvolve a súa tarefa, por este motivo e posible que o símbolo deste movemento sexa unha bandeira multicolor, aínda que a veces tamén se simboliza ao cooperativismo por un piñeiro. Galiza non é unha excepción dentro deste movemento mundial, e así vemos como xa no ano 2003 había máis de mil cooperativas que atendían a moi diferentes sec- tores produtivos: A cooperativa é unha sociedade de capital variable que con estrutura e xestión democrática, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta, a través do exercizo de activi- dades socioeconómicas, para prestar servizos e para satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, e en interese pola comunidade, mediante a participación activa deles, distribuíndo os resultados en función da actividade cooperativizada En 1923 o Comité Executivo da Alianza Cooperativa Internacional (ACI) recomendou conmemorar un día interna- cional das cooperativas. O 16 de decembro de 1992 a Asemblea Xeral da ONU (Nacións Unidas), a través da resolu- ción 47/90, proclamou a necesidade de realizar un "Día Internacional das Cooperativas" a partir de xullo de 1995, en conmemoración ao centenario da creación da Alianza Cooperativa Internacional. agrarias explot. com. da terra de vivenda de transporte de servizos do mar de 2º grao de consumidores de ensino outras Alianza Cooperativa Internacional (ACI), fundada en Londres en 1895 asocia a cooperativas de máis de 100 países do mundo e dende 1892 ten a súa sede central en Xenebra. Cooperativas activas en Galicia en 2003
  • 8. 9 primeiro ciclo de secundaria
  • 9. PREGUNTOIRO Demostra o que sabes acerca da historia do coopera- tivismo 1) Nome dun dos precursores do movemento cooperati- vo Piñeiro Rochdale Robert Owen: Toad Lane 2) Cal dos seguintes é un movemento que aparece para loitar contra as malas condicións da clase obreira? A relixión O capitalismo O sindicalismo A cruz vermella 3) En que lugar se creou a primeira cooperativa? Vigo Rochdale New Lanark Hamburgo 4) Que profesión tiñan os pioneiros do cooperativismo? Gandeiros 10 actividades cooperativas
  • 10. Labregos Tecedores Mariñeiros 5) Cantas persoas constituíron a primeira cooperativa? 28 38 48 58 6) Que documento recollía os principios orixinais do cooperativismo? Carta de Cooperación Fundamentos de Cooperación Principios de Cooperación Guía de Cooperación 7) Cal dos seguintes é un dos principios orixinais do cooperativismo? Non trata con larcháns Constitúe unha asociación secreta Ambiciona honores Non organiza a distribución da riqueza 8) En que ano se fundou a primeira cooperativa? 1943 1843 1743 2003 9) Como se denomina ao grupo que reúne á práctica totalidade das cooperativas? Asociación de Cooperativas do Mundo Alianza Cooperativa Internacional Asociación Internacional de Cooperativas Alianza Mundial de Cooperativas 11 primeiro ciclo de secundaria
  • 11. 10) Quen instituíu o Día Internacional das Cooperativas? A Asociación Internacional de Cooperativas Os creadores da primeira cooperativa A Asemblea Xeral da ONU O goberno dos Estados Unidos 11) Que data conmemoraba o ano da celebración do primeiro Día Internacional das Cooperativas? O centenario da creación da primeira cooperativa. O centenario do nacemento de Robert Owen. O centenario do primeiro economato cooperativo. O centenario da creación da ACI. 12) Que árbores son as que aparecen nun dos símbo- los máis representativos do cooperativismo? Carballos Piñeiros Eucaliptos Castiñeiros 13) En Galiza o maior número de cooperativas son: Do mar. De vivenda. De traballo asociado. Agrarias. 12 actividades cooperativas
  • 12. 14) En Galiza do que hai un menor número de cooper- ativas é: Do mar. De vivenda. De traballo asociado. Agrarias. 15) En Galicia o número de cooperativas supera as: 1000 2000 3000 4000 13 primeiro ciclo de secundaria realizar traballo cooperativo na aula obriga a todos os membros dun grupo a estruturar mellor as súas activi- dades, a expresar máis claramente o que queren facer e a coordinar as súas tarefas dentro dun proceso. SABIAS QUE
  • 13. 14 actividades cooperativas FUNCIÓNS DOS INTEGRANTES DUNHA COOPERATIVA 1 9 10 7 865 2 3 4
  • 14. ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS: É o órgano que constitue a totalidade dos socios. Reúnese como mínimo unha vez ao ano e aproba os resultados económicos, así como a política xeral da cooperativa. Os socios contribúen equitativamente ao capital da coopera- tiva. Xestionan os bens comúns e toman as decisións de xeito democrático. Son os propietarios da cooperativa. PERSOAL ADMINISTRATIVO: Encárgase da administración da cooperativa. As entradas e saídas de documentación, así como do rexistro de bens, etc. INTERVENTORA: Encargase de controlar as contas anuais, antes de presentarllas á Asemblea Xeral. XERENTE: É o responsable da xestión e os asuntos económicos e estratéxicos da cooperativa. PRESIDENTE: É tamén o presidente do Consello Reitor. Ten a representación legal da cooperati- va, e é elidido democraticamente pola asemblea xeral por un período de entre dous e seis anos, segundo fixen os estatutos da cooperativa. VICEPRESIDENTA: É o segundo cargo de representación legal da cooperativa. SECRETARIO: Levanta acta nas reunións, e exerce así mesmo de secretario do consello reitor. CONSELLO REITOR: É o órgano de gober- no, xestión e representación e administración da cooper- ativa, aplicando a política fixada pola asemblea xeral. PERSOAL TÉCNICO: A súa función é realizar labores específicas de cada tipo de cooperativa. TRABALLADORES CONTRATADOS: Son persoal alleo á cooperativa que foi contratado, ben de xeito indefinido ou por outras modalidades contractuais. 10 9 8 7 6 5 4 3 2 1 15 primeiro ciclo de secundaria
  • 15. Ola, lembrádesme, si claro son Fuco. Hoxe estou en Palas de Rei en Lugo, veño visitar esta cooperativa, chá- mase Milhulloa. Entrar aquí é como entrar no fogar dunha familia. Respírase entre eles unha dose alta de confianza mutua e optimismo. Defínense como loitadores, emprende- dores, e outras cousas semellantes. Cren no equipo 16 actividades cooperativas UN CASO CONCRETO: A COOPERATIVA "MILHULLOA"
  • 16. como forma de traballo e case de vida. Ademais de com- partir os beneficios da súa empresa cooperativa, coñe- cen as datas dos seus respectivos aniversarios. Comezaron esta aventura por probar unha fórmula, e agora son cooperativistas convencidos e militantes. Constitúen o equipo perfecto: Carmela é bióloga, Chusa é farmacéutica, e Xaquín estudou Ciencias Empresariais. Todo o traballo descansa sobre as súas costas, pero a ilusión que transmiten pesa moito, moito máis. FUCO: Cal é a actividade principal á que se dedica a vosa cooperativa? MILHULLOA FALA CARMELA: Traballamos dende o cultivo de plantas medicinais até a súa transformación, que é o deshidratado, para a elaboración de infusións, etc. Pero tamén temos outra liña de produtos, debido a que o ciclo das plantas é estacional, Démonos conta de que no inverno o traballo se detiña, e comezamos a ampliar o traballo ás hortalizas, en concreto o grelo, a espinaca ou o tomate, todos eles produtos autóctonos. Sempre bus- camos recuperar plantas de aquí, e intentamos que non desaparezan as especies. Hoxe vendemos grelos para moitos lugares fóra de Galicia: dende Palma a Moscova ou incluso a selva de México. FUCO: Cando iniciastes a vosa andadura? MILHULLOA FALA CHUSA: No 2001. Carmela e mais eu participamos nun Máster para mulleres emprendedo- ras, organizado pola Consellería de Familia, e alí planeamos comezalo todo. Xaquín supervi- sou o proxecto dende o punto de vista económico, e aló o presentamos. O bo é que dispuñamos dos terreos, que per- tencían a unha das nosas familias, e transformamos o que 17 primeiro ciclo de secundaria
  • 17. era unha corte de vacas nos locais que temos hoxe en día. FUCO: E como foron os comezos? MILHULLOA FALA CARMELA: Pois botamos os dous primeiros anos acondi- cionando o terreo, e facendo as obras. Aprendemos sobre cul- tivos partindo de cero. Descubrimos que a mel- lor axuda foi sempre a dos veciños e a xente maior da zona. Eran os que mellor coñecían as plantas de aquí, as condicións climáticas, as distintas maneiras de sementar cada planta, etc. FUCO: Por que unha cooperativa e non outro tipo de empresa? MILHULLOA FALA XAQUÍN: Porque é unha das fórmulas xurídicas máis democráticas que existen. No noso caso, aínda que traballamos o agro, somos unha cooperativa de traballo asociado. FUCO: Que tipo de obstáculos atopastes nesta aventura? MILHULLOA FALA XAQUÍN: Ao comezo tes moitísimo papelexo, e pasas varios meses pendente da burocracia. Tivemos que presentar o proxecto da cooperativa, pero tamén contamos cunha boa receptividade por parte da Administración, que nos foron asesorando cando o pre- cisabamos. Outro atranco foi que as entidades bancarias ás veces tardan en crer en que o teu proxecto vai saír adiante. Pero a ilusión que mantivemos sempre estivo por riba das dificultades. O feito de que nos coñecése- mos e fosemos amigos xa antes fixo que nos apoiáse- mos constantemente para non desfalecer. As axudas institucionais son fundamentais ao comezo desta aventu- ra. 18 actividades cooperativas
  • 18. FUCO: Cales son as principais diferenzas que atopades entre unha cooperativa e outro tipo de empre- sas? MILHULLOA FALA CARMELA: Nós defin- itivamente non dari- amos este paso que demos se non se tratase dunha coop- erativa, porque agora levamos o traballo de maneira compartida, e ao tomar as decisións en equipo, sénteste moi apoiado polos teus socios. A diferenza básica entre unha coopera- tiva e outro tipo de empresa está na toma de decisións día a día. Aquí o socio non é só un traballador, senón que está implicado en todo o labor organizativo, e iso fai que te involucres moito máis no proxecto. Es a un tempo empresario e tra- ballador. FUCO: Que lle diriades á xente nova que pense en formar unha cooperativa como saída laboral? MILHULLOA FALA CHUSA: Pois que o primeiro é mirar moi ben con quen te asocias. Ten que haber un clima de total confianza. E despois, o traballo é moito máis doado porque todo o decides cos teus socios. Nós coñecemos a moitos outros cooperativistas, e notas que hai un senti- do de comunidade entre uns e outros. Entre todos nos sentimos moi arroupados e, sobre todo, informados. Pertencemos a unha asociación de cooperativas que se chama UGACOTA, e incluso agora damos ás veces charlas, obradoiros, e informamos a outra xente sobre o que facemos. O ambiente do cooperativismo é algo que anima moito a seguir traballando nesto. 19 primeiro ciclo de secundaria
  • 19. RASTREXANDO NA REDE A continuación tes unha serie de logotipos de distintas cooperativas galegas. Serías quen de indicar se a activi- dade principal que realizan é a de realizar produtos ou a de prestar servizos? Para unha maior información podes visitar as páxinas web de cada unha das empresas. http://personales.ya.com/enred http://www.passco.es http://www.autoforestal.com http://www.codeira.com http://www.montelnor.com http://www.melisanto.es http://www.feiraco.es http://www.loitamar.com http://www.xatogal.com http://www.verinbiocoop.com 20 actividades cooperativas
  • 20. 21 primeiro ciclo de secundaria Indica a diferenza entre produto e servizo e pon en cada un dos apartados as empresas que realizan cada unha das actividades PRESTACIÓN DE SERVIZOS REALIZACIÓN DE PRODUTOS
  • 21. UN PASEO POLO CINE: "AS UVAS DA IRA" 22 actividades cooperativas OSCAR ao Mellor Director, John Ford (1940) OSCAR á Mellor Actriz Secundaria, Jane Darwell (1940) PREMIOS HENRY FONDA: Tom Joad JOHN CARRADINE: Casy JANE DARWELL: Nai CHARLEY GRAPEWIN: Avó DORIS BOWDEN: Rosa de Sharon RUSSELL SIMPSON: Pai O.Z. WHITEHEAD: Al JOHN QUALEN: Muley EDDIE QUILLAN: Connie ZEFFIE TILBURY: Franma FICHA ARTÍSTICA FICHA TÉCNICA NACIONALIDADE: Estados Unidos (1940) DIRECTOR: John Ford GUIÓN: Nunnally Johnson baseado na novela de John Steinbeck FOTOGRAFÍA: Gregg Toland MONTAXE: Robert Simpson MÚSICA: Alfred Newman DURACIÓN: 129 minutos
  • 22. SINOPSE DA PELÍCULA E CONTEXTO HISTÓRICO Tom Joad (Henry Fonda) regresa ás terras da súa familia en Oklahoma tras pasar catro anos no cárcere. Descubre entón que a finca familiar e a casa onde viviu toda a súa vida foron requisadas por unha gran compañía. Deciden entón iniciar unha longa marcha cara California na procu- ra de traballo, unha desesperada travesía para chegar a un lugar onde os terratenentes e patróns se aproveitan das familias traballadoras, pagándolles soldos miserables e utilizando a autoridade para o seu propio beneficio, reprimindo calquera intento de protesta organizada medi- ante o matonismo e a ameaza. Ambientada na segunda metade dos anos 30, en plena "gran depresión", leva a cabo unha crítica social que pasa polas desgrazas per- soais e as relacións entre os membros dunha familia humilde da época. Cara finais dos anos 20, no século XX, unha forte crise económica estaba estendida a nivel mundial. Pero o golpe definitivo foi causado pola crise da economía norteamericana, aló por 1928, e definitivamente co afundimento da Bolsa de Nova York en 1929. Consecuencias desta caída foron os excesos na produción, a falta de inversións, ou a baixada repentina dos prezos de moitos produtos. A renda media dos amer- icanos baixou nun 36%, e o desemprego chegou a afec- tar ao 25% da poboación. Casos coma a familia Joad, que se viron repentinamente na pobreza e na necesidade de buscar un traballo case inexistente para sobre- vivir, foron desafortunada- mente frecuentes na sociedade daquela época. 23 primeiro ciclo de secundaria
  • 23. ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO VISIONA- DO 1. A continuación podes ler un fragmento do guión da película (na versión castelá). Despois de analizalo, com- para o que vén sendo o funcionamento duna gran com- pañía dirixida xerarquicamente dende arriba e o que podería ser unha fórmula cooperativa, na que o poder estivese repartido entre os seus distintos membros. Podería esta ser unha solución para os membros da familia Joad e os seus veciños? Discúteo cos teus com- pañeiros. FILLO: ¿De quén é a culpa? AXENTE: Xa sabes quén é o dono da terra. A Shawnee Land e Cattle Company. PAI: ¿E quén é Shawnee Land e Cattle Company? AXENTE: Non é ninguén. É unha empresa. FILLO: ¿Teñen un presidente, non? ¿Teñen alguén que saiba para qué é unha escopeta? AXENTE: Oh, rapaz, non é culpa súa, porque o banco dille qué facer. FILLO: Moi ben, onde está o banco? AXENTE: En Tulsa. ¿Para qué tomala con el? Alí no hai ninguén excepto o administrador. E xa está medio tolo tratando de cumprir coas ordes que chegan do Este. FILLO: Entón, a quén disparamos? AXENTE: Amigo, non o sei. Se o soubera, diríacho. 2. A estrutura da película xira en torno á viaxe que real- izan os protagonistas cara a California. Pero, ademais de tratarse duna viaxe física, nalgúns casos supón unha viaxe interior, unha transformación persoal. Tomando o personaxe de Tom Joad, como crees que evoluciona a medida que transcorre a viaxe en canto á súa mentali- dade cooperativista ou de organización do traballo obreiro? Se podes, recolle algunha das frases que di, que demostren eses cambios de actitude. 24 actividades cooperativas
  • 24. 3. Clasifica aos personaxes da película segundo a súa actitude cara aos obstáculos económicos: cales deles serían CONFORMISTAS? Cales deles DESESPERAN- ZADOS? E cales deles serían LOITADORES? 4. Despois de consultar a información sobre a Gran Depresión dos 30, compara a situación social e económi- ca da película coa historia recente de Galicia. Coñeces a algunha persoa que tivese que emigrar para buscar un futuro mellor? Pregunta na túa familia, é posible que houbese algún caso. Comparte a experiencia cos teus compañeiros e compañeiras de clase. 5. Analizade as novas que aparecen nos xornais e na televisión, Que tipo de novas aparecen sobre a emi- gración? Porque vía pensas que chegan máis inmi- grantes ilegais? En canto tempo conseguen os deportis- tas a nacionalidade española? 25 primeiro ciclo de secundaria
  • 25. UN PASEO POLAS LETRAS A continuación tes dous libros nos que se trata dalgunha maneira o traballo cooperativo, escolle un para pasalo ben durante un bo rato. 26 actividades cooperativas O tesouro das ánimas Baía Edicións Autora: María Concepción Regueiro Digón Ilustración: Sandra Fernández Carmelo Colección: Meiga Moira
  • 26. 27 primeiro ciclo de secundaria As flores radioactivas Edicións Xerais de Galicia Autor: Agustín Fernández Paz Colección: Merlín
  • 27. SUXESTIÓNS DE ACTIVIDADES DE TIPO GRUPAL OU COOPERATIVO Ao comezar a Educación Secundaria é posible que se creen grupos formados por nenos e nenas que anterior- mente non estaban no mesmo colexio e que polo tanto non se coñecen. A continuación presentamos algunha técnicas ou xogos que nos poden axudar nos primeiros momentos de constitución do grupo: LEMBRANDO NOMES É un xogo que ten o seu sentido se a grande parte do grupo non se coñece. A primeira persoa di o seu nome o seguinte ten que dicir o seu máis o da persoa anterior, o terceiro o seu máis os dous anteriores, e así sucesiva- mente. Cando alguén se trabuca a seguinte persoa comeza unha nova serie ata que rematemos coa lista de persoas da clase. O xogo pode repetirse algunha vez máis segundo vexamos o número de erros que se pro- ducen, e mesmo se pode repetir algún día posterior para afianzar esa aprendizaxe dos nomes dos compañeiros. Pode ter múltiples variantes, por exemplo, cada persoa que di o seu nome pode indicar que será a seguinte, en lugar de seguir a orde dos asentos. Outra variante é dicir o nome e completalo cun pareado, "eu son Antón o máis fortachón", "eu son Carolina e son a máis guapiña", e cada persoa ten que ir repetindo as anteriores. Unha variante moi coñecida e que xa é case un xogo diferente é o que se coñece por "me pica", cada persoa di o seu nome e sinalando unha parte do seu corpo engade "e me pica aquí", cada persoa ten que ir engadindo os nomes e os picares dos anteriores. UNHA ESTATÍSTICA REVOLTA Para romper o xeo do primeiro encontro e obter informa- ción do grupo podemos dividir o total de persoas en pequenos grupos, dándolle a cada un deles unha pre- gunta da que debe obter a resposta de todas as demais persoas. As preguntas poden ser moi variadas, mestu- rando cuestións formais con outras máis intranscen- dentes. Marcamos un tempo deliberadamente escaso para obter as respostas (3 ou 4 minutos) e pedímoslles que fagan unha estatística aproximada dos resultados, de maneira que nese tempo todo o grupo terá que estar intentando conseguir respostas de todos os demais alumnos e alumnas da clase. 28 actividades cooperativas
  • 28. O NOVELO Unha persoa cun novelo de la collido por un dos extremos di o seu nome bótallo á persoa que quere e pregúntalle o seu, e esta fai o mesmo con outra, e así ata formar un gran guedello, que logo podemos tratar de desenguedellar facendo as preguntas ao revés e devolvéndolle o novelo a quen nolo enviou. ENTREVISTA E PRESENTACIÓN Fórmanse parellas con todos os presentes e durante cinco minutos os alumnos e alumnas entrevístanse mutu- amente intercambiando os datos e informacións que cada quen considere oportunos (por exemplo: nome, lugar onde naceu, afeccións, grupo preferido, etc.). A continuación cada persoa presenta ante o grupo ao seu compañeiro ou compañeira de entrevista ata esgotar todas as parellas formadas. 29 primeiro ciclo de secundaria