1. Obra de teatro escrita e interpretada polo
alumnado de AE de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela
e dirixida por Verónica Dopico.
Monfero, Xuño 2014.
2. Narrador/profesor: Sergio García
Coira
Narradora: Ana Pena Freire
Pavani: Ana González Fernández
Pai de Pavani: Carlos Castro Rivas
Nai de Pavani: Raquel Suárez Antón
Yemavati: Alba Rodríguez Purriños
Pescador: José Álex Fernández Pico
Voluntario FVF: Víctor Gómez Varela
Trosky: Adrián Marcos Rivera
Alumnado CPI Virxe da Cela: tod@s
3. Saúdan aos espectadores e presentan a
historia.
NARRADOR 1: Ola a todos/as. Somos
os alumnos/as de AE de 1º da ESO e
vimos a presentarvos a historia dunha
nena chamada Pavani. Sónavos de algo
este nome??
NARRADOR 2: Claro que lles sona.
Pavani é o nome da nena de 10 anos que
vive na India e que temos apadriñada a
través da FVF. Esta historia que vos imos
representar non é a vida real de Pavani,
simplemente a tomamos a ela como
exemplo do que lles sucede a moitas
nenas na India…
4. Casa de Pavani. Pavani e a súa nai están
traballando nas tarefas da casa. O seu pai está
sentado debaixo da sombra dunha árbore. O can
Trosky xoguetea polo patio..
PAI DE PAVANI: Pavani!!!! (berrando). Ven
aquí, ou!!!.
PAVANI: (Deixa a tarefa e achégase ao seu pai).
Que queres?
PAI DE PAVANI: Está o xantar? Teño fame.
(Berrando e con malos modais).
PAVANI: Non, papá. Aínda non me deu tempo.
Ademais non queda arroz suficiente. (Con voz
respectuosa e desculpándose).
PAI DE PAVANI: Pois vai acabando. Con tal de
que me chegue a min xa está. Se non chega para
ti e a túa nai xa vos amañaredes.
5. PAVANI: (Baixa a cabeza e diríxese cara
a súa nai, arrastrando os pés). Mamá,
estou farta! Todo o día traballando,
parecemos escravas do meu pai.
NAI DE PAVANI: (Toda ofendida). Cala,
nena, non teñas tanta lingua!!! A
traballar e a calar, que eu tamén tiven
que obedecer ao meu pai.
PAVANI: Pero mamá…
NAI DE PAVANI: Nin pero mamá nin
nada. A traballar e obedecer, que para
iso somos as mulleres da casa.
6. NARRADOR 1: Como vedes, esta é
unha situación moi inxusta, que lle pasa
á maioría das mulleres e das nenas da
India. Credes que é xusto? (Diálogo co
público).
NARRADOR 2: Menos mal que Pavani
pode desafogarse coa súa mellor amiga,
Yemavati, á quen lle conta todos os seus
problemas.
7. (Pavani e Yemavati camiñan con cántaros na
cabeza).
PAVANI: (Enfadada e frustrada). Estou farta do
meu pai. Non fai máis que mandarme traballar
e traballar. Eu non quero ser unha escrava da
casa, eu teño un soño e sei que algún día o
alcanzarei, sexa como sexa. Eu quero ir á escola,
aprender a ler e así poder ser unha avogada o
día de mañá para defender tantas causas
inxustas…
YEMAVATI: (Triste e desanimada). Si,
inxustizas…
PAVANI: Pero Yemavati… pódeseme dicir que é
o que che pasa? Últimamente estás tan rara!!!
YEMAVATI: Ufff!! Se ti souberas… Teño unha
mala noticia. O outro día os meus pais
comunicáronme que ía ter que casar co ferreiro.
PAVANI: Casaaaaarrr!!! Co ferreiroooo!!!! Pero
se ese vello ha de ter máis de sesenta anos…
8. YEMAVATI: Pois si, sesenta recén
cumpridos… Pero acaba de enviuvar e non
pide moita dote. Ademais así o meu pai
poderá traballar no seu negocio e traer un
xornal para a casa, que falta fai. Eu non
quero casar porque teño 13 anos e quédame
toda a xuventude por diante… pero
comprendo que así a miña familia cambiará
de situación. (Tono resignado).
PAVANI: Pero qué leria de familia!!!. Tamén
temos que loitar polos nosos dereitos e a
nosa liberdade. Eu fúgome e solucionado.
(Toda indignada).
YEMAVATI: Si, claro, como se fose tan
fácil!!!
PAVANI: Moitas veces hai que loitar por
cambiar as cousas… Xa verás como todo se
soluciona. Vémonos mañá na fonte.
9. NARRADOR 1: Casar con 13 anos…
Imaxinádesvos o que sería casar a esa
idade? Coñecedes a alguén que o fixera
aquí en Galicia?
NARRADOR 2: Pois aínda que vos
pareza incrible, isto é moi habitual na
India. Os pais elixen o marido da súa
filla.
10. (Pavani chega á súa casa e atópase cunha
mala noticia… Os seus pais están tomando
té con Satnam, o pescador da aldea…)
PAI DE PAVANI: Pavani!!!! Espabila, que
estás tardando moito e non temos todo o
día.
PAVANI: Xa vou, papá. (Pavani achégase a
onde están os seus pais e o pescador).
NAI DE PAVANI: Pavani, vas cumprir 13
anos e xa hai que ir pensando no teu
futuro… Hoxe veunos facer unha visita
Satnam, o pescador da aldea. É un home
honrado e ten un oficio de ben. O teu pai
mais eu pensamos que sería un bo marido
para ti.
11. PAVANI: Como que casar!!! Como que
marido!!! Pero se aínda nin cumprín os
13 anos, son unha nena!! Os nenos
temos que ir á escola a estudar. Eu quero
ser avogada o día de mañá, e se caso e
teño fillos, non poderei cumprir o meu
sono!!
PAI DE PAVANI: Nin estudar nin
farrapos de gaita. Ti casas porque o digo
eu, e punto. Non se fala mais.
PAVANI: Pero papá!!!
NAI DE PAVANI: Non lle contestes ao
teu pai. Ademais, el ten razón. Eu
tampouco fun á escola e eu tamén tiven
que casar con 13 anos.
12. PAVANI: (Baixa a cabeza e rosmando).
E dalle con eu tampouco e eu tamén…
Teño ben claro que eu non vou casar tan
nova, e menos con este vello. Quero
estudar e o vou conseguir, sexa como
sexa.
SATNAM: (Dirixíndose ao pai de
Pavani). Esta cativa é moi protestona. É
mellor que subas un pouco a dote. Polo
menos saberá cociñar e lavar… Xa lle
ensinarei eu a estar calada!!
PAVANI: Por suposto que sei cociña,
lavar, e facer moitas máis cousas!! Pero
non estou disposta a facelo para ti.
PAI DE PAVANI: Ti vas facer o que che
mande el, para iso vai ser o teu marido.
E os homes somos os que mandamos.
13. NARRADOR 1: Esta situación repítese
constantemente na India. Credes que é
o pai o que leva a razón? Por que?
(Diálogo co público).
NARRADOR 2: Que credes que fai
facer agora Pavani? Vai lograr o seu
propósito?
14. (Pavani marcha chorando ao patio da
súa casa. Senta debaixo da árbore e
aparece Trosky, o seu can).
PAVANI: (Acariciando a Trosky). Ai,
Trosky. Se ti souberas… Quérenme
casar, e vou ter que ir vivir lonxe, á casa
do pescador Satnam… Que vai ser da
miña vida, sempre escrava do meu pai, e
agora escrava dun vello que ten peor
dentadura que a túa…
TROSKY: Guau, guau!!! Non te
preocupes, Pavani. Guau, guau. Teño
unha idea. Guau, guau. Xa verás, guau,
guau, como isto ten solución, guau,
guau… Auuuuuuuuuu!!!!!
15. TEATRO DO OPRIMIDO:
O PÚBLICO SAE A ESCEA
PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA
APORTANDO IDEAS