SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 10
Descargar para leer sin conexión
Presentación
Non apartes a mirada do espello
--
Grazas por vir. Sempre, dá gusto verse acompañados por xente coñecida. Ou con
xente coa que sinxelamente, se comparte, e polo que unha cita como esta é suposta en boa
parte prólogo de máis futuro común. Así que espero que o vir teña compensación: Ticiana
ten argallado un bonito acto.
Que fago eu aquí? Estou aquí para introducilo. Introducir a Ticiana e á súa obra a
vós, a semellanza de como ma introducín a min mesmo. Iso fago.
Ben, a Ticiana e a Sebastian. Del falaremos despois.
Non hai obra sen facedor. Por iso, primeiro, imitando o título que se presenta, non
apartedes a mirada de Ticiana.
Non, a pesar da cita do libro, Ticiana non é inquietante (iso do libro inquietante ven
despois). Ou si o é? A percepción non ten por que ser para todos igual. Sabédelo, e se non,
irédelo descubrindo. Este libro pode axudarvos.
Defínese como arxentina. Aínda que, queira ou non, vivir por 32 anos en Galicia
seguro que lle ten influído. De pronto, ten un oco na Galipedia, o que xa parece indicar algo
da súa relación con esta terra. Ticiana Ghiglione Darriba - Wikipedia, a enciclopedia libre
Nada na ditadura no hemisferio sur, tivo que ser Ticiana, con c, non Tiziana, con z.
Mais, para moitos, é Cha, a fonética da sílaba acentuada en ‘Tichana’ que falta na versión
castelanizada, e o seu alcume como pode verse nalgunha portada.
Filla de pai artesán, Alberto Ghiglione, e nai artista, Luz Darriba, é de aplicación
aquelo de ‘de caste lle ven ó galgo’, e seguiu unha senda propia, pero que xa lle era
familiar.
Despois de nacer en Bos Aires, estivo en Lugo 9 anos, tendo podido estar en Suecia
ou Alacante. Historias de familia e oportunidade así o fixeron posible. De alí, a Pontevedra,
a estudar Belas Artes. Tamén pasou unha tempada por Ourense, despois de terse
independizado pronto. A vida rematou de facela unha supervivinte. Independente rima con
supervivinte, non? A mostra é que está aquí, viviña!
En canto o que saíu das súas mans e da súa cabeza, ten exposto en diversos
lugares, participado en Mujer Art, feito obras plásticas, coordinado exposicións; ten obra no
edificio da Deputación ou no Museo Provincial. Esta última en relación a Maruja Mallo. Dato
importante, porque Ticiana, de fortes conviccións, tivo relacións coa política e cos
movementos sociais, en concreto cos feministas, facendo construción a partir deles do seu
eu actual. E tras dicir o anterior, coido que se comprenderá mellor o concepto: artista
multidisciplinar que hoxe nos lembra que a literatura tamén é un arte. Leva tido diversos
premios dende pequena, mais remarcaría máis as inquedanzas que lle fixeron non levar un
camiño recto senón explorar nas marxes e desviacións. Así, ten actuado en diversas
facetas artísticas, de pintura ou escultura á xa dita de curadora de exposicións ou á non dita
aínda directora de cine. Por outra banda, hai xa oito anos que unha tese doutoral, a de
Ánxela Caramés, incluíu no seu estudo obra de Ticiana.
Pasemos a Sebastian.
Preséntovos a Sebastian. Sebastian é, e non é, un boneco. É unha idea. Un lugar
onde residen un conxunto de ideas. Un lugar que se traslada nun coche que non é un,
senón moitos coches, cambiante, de xogo, máis que de xoguete. O elo, oculto ás veces,
que visiona e conecta a secuencia de dez historias que son irmáns e polo tanto,
independentes aínda que relacionadas por familia. A familia de Sebastian, comunicada polo
coche de Sebastian. A encarnación dun personaxe, como DinaMita o é. E é a segunda vez
que falo dela.
Que non sabedes quen é DinaMita?
Volo estades perdendo! Un aparte: Dinamita é a idea-forza-heroe-nena que,
concibida por Ticiana, concibiu á súa vez Dinamitadas, El despertar de la ironía,
recompilación de viñetas que tiñan aparecido antes en xornais. Un libro antecesor deste,
por forma máis primo que irmán a pesar de ter a mesma nai. Libro, por certo, que non me
estraña que estea esgotado.
Que a forza a acompañe, que lle vai facer falta neste mundo!
E agora, seguimos acompañando a Sebastian, que non Sebastián, que dende
aquí soa máis a Santo, e pode ser contemplativo, pero non ten por que ser santo...
Que conste que non foi intencionado o que saíra na foto a interrogación do
teclado á beira do título. Mais, como se di, se non é vero, é ben trovato. Di Ticiana que para
escribir o libro seguiu un consello en forma de secuencia na que pensar, resumible en lugar,
obxecto, personaxe. Iso pode intuírse na lectura. Pero Sebastian, sen ser un lugar, nin o
obxecto, nin un carácter de ningunha das historias -un inciso de atención: si o é dalgunha
das ilustracións que as acompañan- parece ter a intelixencia de observalas dun xeito mudo.
E por iso, facelo ó tempo que dalgún xeito guía o seu devir.
E ben, indo ó libro. Un par de apuntes apuntando a un par das historias que
contén. Poden falar as paredes? As paredes falan, vaia se poden!. Mesmo teñen diferentes
linguas para falar de quen as fixo, a quen acubillan ou do que se fixo con elas. E cando as
paredes falan nun libro, manteñen unha conversa co lector, coa lectora. Neste caso,
primeiro con signos, e logo, de xeito máis directo, con son. Di a contraportada que hai
inquedanza nas historias do interior. En realidade, opino, non é inquedanza, son
inquedanzas. Nesta historia aparece unha pequena inquedanza como trasfondo a unha
maior, que pasa de non intuírse, de non saberse de onde sae, a medrar e estoupar. Da
suavidade que se vai axitando a brusquedade absoluta. Manobra de distracción, as nosas
inquedanzas diarias, en realidade, nimias, sobrepóñense a outras ás que non deixan saír,
inquedanzas para tolear, para tolearmos. É a vida de tódolos días coas nosas
mesquindades a que nos permite vivir sen naufragar baixo o ímpeto desas outras que nos
esmagarían. Esta historia é só unha mostra ocasional… Ou alguén pensa que poderíamos
estar lembrando todo o día que hoxe probablemente mataran porque si máis de cen
persoas en Gaza, e o mesmo dende xa hai máis de cen días?
Non apartes a mirada do espello é a historia que dá título ó libro, de paso que cerra
o conxunto. Unha narrativa que se abre non tanto a unha mirada ó espello como a unha
situación entrevista como ampla, a través de só dous personaxes que diverxen de forma
explosiva sen ser conscientes da diverxencia. Nun dos casos, porque se deixa levar pola
vida. No outro porque se deixou levar pola vida, en pasado, e agora é quen de controlar,
integrando a diverxencia na súa existencia, por moi curioso, furioso ou salvaxe que sexa o
xeito de facelo. Si, aparta a mirada do espello só se es inconsciente ou sinxelamente
prefires vivir confiando mentres dure o carpe diem. Para min, sería a mirada, a automirada
que Ticiana comunica non de si, senón de todos nós a que dá titulo á pasaxe. E é que
podemos mirarnos a nós botando unha ollada ós máis.
Repito, o texto só é unha parte, que se ve complementado e complementa á imaxe.
Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras. E si, pero se as palabras non existiran,
quedaría muda.
Estiven por pedirlle a Ticiana as fotos para comentar. Decidín que non. Decidín
presentalas como as vía eu, tomadas do libro, ó meu xeito. Velaeiquí un par delas:
Nesta, a formigoneira está a piques de comer o coche de xoguete. A modo dun ogro
de conto se come a inocencia do heroe. Mais, neste caso, intúese, sen final feliz. Un coche
amarelo, a cor máis visible, a que máis impresiona ós ollos, que o fai parecer inocente
diríase previsible, a piques de ser engulido por unha formigoneira gris, coa boca aberta a el
dirixida. Con outro coche ó fondo, como mantendo a formigoneira máis real na vida que a
fráxil luz que vai engulir. Unha metáfora e un certo resume da historia que leva asociada a
imaxe, ó tempo que tamén o é da propia realidade na que foi escrita e se segue a escribir a
historia. As historias, de cada quen e mesmo do libro, e a historia.
O amor lévanos polas nubes. Por riba dun fermoso territorio, aparentemente
coñecido mais moi descoñecido. Ollando para a imaxe, calquera da zona sabe que é marea
baixa aló abaixo, cara onde se dirixe un coche que, imposible voador, camiña polas nubes
cheo de amor. O acomodarse da páxina lle fai torcer o nariz, engurrala, como se non lle
gustara baixar e ó que se enfronta aló abaixo, un chan de lama entre auga prácida que non
ve ben pola algodonosa nube que sabemos que non pode soportalo máis ca na
imaxinación.
Non apartes a mirada do espello é un libro. Bilingüe. Cando temos un volume en
dúas linguas, pode parecer dous libros, pois cada lingua dálle un matiz. Pero non, non son
dous libros. Nese sentido, non parece bilingüe pois non é tradución unha lingua da outra, é
interpretación: cada versión interpreta a mesma ficción sen fisuras, esperando a túa propia
interpretación. E non, tampouco son dous libros a pesares de que as imaxes teñan vida
propia e mesmo den lugar a un anexo integrado coa narrativa. Pois por vida propia que
teñan, débenlla ós textos ós que están asociados e para os que son interpretadas e
interpeladas, do mesmo xeito que as palabras non deben recoñecemento á plástica que as
imaxes transmiten. E así, dun xeito libre, únense ambos nun só libro.
O libro tamén participa de Luz Darriba e Mª Xosé Porteiro. Non, non participan no
libro, senón que son dous apoios, dúas colaboracións -que non garanten, pois non se trata
de dar argumentos de autoridade- que axudan a asegurar, co seu estar, a ollada de Ticiana
sobre aspectos particulares do vivir. Sobre os aspectos que conforman o libro.
Máis? Non sei o que ela quere dicir de si mesma, ou mellor, representar de si
mesma neste acto. Pero coido que ela si sabe. Por iso, con ela quedades.

Más contenido relacionado

Similar a Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf

C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola PazC:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Pazbiblioperillo
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxAtalaParedes1
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 

Similar a Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf (20)

C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola PazC:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Recesion o que sei do silencio
Recesion   o que sei do silencioRecesion   o que sei do silencio
Recesion o que sei do silencio
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Unha historia para contar
Unha historia para contarUnha historia para contar
Unha historia para contar
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 

Más de Antonio Gregorio Montes

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Antonio Gregorio Montes
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023Antonio Gregorio Montes
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoAntonio Gregorio Montes
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntonio Gregorio Montes
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoAntonio Gregorio Montes
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAntonio Gregorio Montes
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfAntonio Gregorio Montes
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...Antonio Gregorio Montes
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Más de Antonio Gregorio Montes (20)

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
 
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdfDiscurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
 

Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf

  • 1. Presentación Non apartes a mirada do espello --
  • 2. Grazas por vir. Sempre, dá gusto verse acompañados por xente coñecida. Ou con xente coa que sinxelamente, se comparte, e polo que unha cita como esta é suposta en boa parte prólogo de máis futuro común. Así que espero que o vir teña compensación: Ticiana ten argallado un bonito acto. Que fago eu aquí? Estou aquí para introducilo. Introducir a Ticiana e á súa obra a vós, a semellanza de como ma introducín a min mesmo. Iso fago. Ben, a Ticiana e a Sebastian. Del falaremos despois. Non hai obra sen facedor. Por iso, primeiro, imitando o título que se presenta, non apartedes a mirada de Ticiana.
  • 3. Non, a pesar da cita do libro, Ticiana non é inquietante (iso do libro inquietante ven despois). Ou si o é? A percepción non ten por que ser para todos igual. Sabédelo, e se non, irédelo descubrindo. Este libro pode axudarvos. Defínese como arxentina. Aínda que, queira ou non, vivir por 32 anos en Galicia seguro que lle ten influído. De pronto, ten un oco na Galipedia, o que xa parece indicar algo da súa relación con esta terra. Ticiana Ghiglione Darriba - Wikipedia, a enciclopedia libre Nada na ditadura no hemisferio sur, tivo que ser Ticiana, con c, non Tiziana, con z. Mais, para moitos, é Cha, a fonética da sílaba acentuada en ‘Tichana’ que falta na versión castelanizada, e o seu alcume como pode verse nalgunha portada. Filla de pai artesán, Alberto Ghiglione, e nai artista, Luz Darriba, é de aplicación aquelo de ‘de caste lle ven ó galgo’, e seguiu unha senda propia, pero que xa lle era familiar. Despois de nacer en Bos Aires, estivo en Lugo 9 anos, tendo podido estar en Suecia ou Alacante. Historias de familia e oportunidade así o fixeron posible. De alí, a Pontevedra, a estudar Belas Artes. Tamén pasou unha tempada por Ourense, despois de terse independizado pronto. A vida rematou de facela unha supervivinte. Independente rima con supervivinte, non? A mostra é que está aquí, viviña! En canto o que saíu das súas mans e da súa cabeza, ten exposto en diversos lugares, participado en Mujer Art, feito obras plásticas, coordinado exposicións; ten obra no edificio da Deputación ou no Museo Provincial. Esta última en relación a Maruja Mallo. Dato importante, porque Ticiana, de fortes conviccións, tivo relacións coa política e cos movementos sociais, en concreto cos feministas, facendo construción a partir deles do seu eu actual. E tras dicir o anterior, coido que se comprenderá mellor o concepto: artista multidisciplinar que hoxe nos lembra que a literatura tamén é un arte. Leva tido diversos premios dende pequena, mais remarcaría máis as inquedanzas que lle fixeron non levar un camiño recto senón explorar nas marxes e desviacións. Así, ten actuado en diversas facetas artísticas, de pintura ou escultura á xa dita de curadora de exposicións ou á non dita aínda directora de cine. Por outra banda, hai xa oito anos que unha tese doutoral, a de Ánxela Caramés, incluíu no seu estudo obra de Ticiana.
  • 5. Preséntovos a Sebastian. Sebastian é, e non é, un boneco. É unha idea. Un lugar onde residen un conxunto de ideas. Un lugar que se traslada nun coche que non é un, senón moitos coches, cambiante, de xogo, máis que de xoguete. O elo, oculto ás veces, que visiona e conecta a secuencia de dez historias que son irmáns e polo tanto, independentes aínda que relacionadas por familia. A familia de Sebastian, comunicada polo coche de Sebastian. A encarnación dun personaxe, como DinaMita o é. E é a segunda vez que falo dela. Que non sabedes quen é DinaMita? Volo estades perdendo! Un aparte: Dinamita é a idea-forza-heroe-nena que, concibida por Ticiana, concibiu á súa vez Dinamitadas, El despertar de la ironía, recompilación de viñetas que tiñan aparecido antes en xornais. Un libro antecesor deste, por forma máis primo que irmán a pesar de ter a mesma nai. Libro, por certo, que non me estraña que estea esgotado.
  • 6. Que a forza a acompañe, que lle vai facer falta neste mundo! E agora, seguimos acompañando a Sebastian, que non Sebastián, que dende aquí soa máis a Santo, e pode ser contemplativo, pero non ten por que ser santo... Que conste que non foi intencionado o que saíra na foto a interrogación do teclado á beira do título. Mais, como se di, se non é vero, é ben trovato. Di Ticiana que para escribir o libro seguiu un consello en forma de secuencia na que pensar, resumible en lugar, obxecto, personaxe. Iso pode intuírse na lectura. Pero Sebastian, sen ser un lugar, nin o obxecto, nin un carácter de ningunha das historias -un inciso de atención: si o é dalgunha
  • 7. das ilustracións que as acompañan- parece ter a intelixencia de observalas dun xeito mudo. E por iso, facelo ó tempo que dalgún xeito guía o seu devir. E ben, indo ó libro. Un par de apuntes apuntando a un par das historias que contén. Poden falar as paredes? As paredes falan, vaia se poden!. Mesmo teñen diferentes linguas para falar de quen as fixo, a quen acubillan ou do que se fixo con elas. E cando as paredes falan nun libro, manteñen unha conversa co lector, coa lectora. Neste caso, primeiro con signos, e logo, de xeito máis directo, con son. Di a contraportada que hai inquedanza nas historias do interior. En realidade, opino, non é inquedanza, son inquedanzas. Nesta historia aparece unha pequena inquedanza como trasfondo a unha maior, que pasa de non intuírse, de non saberse de onde sae, a medrar e estoupar. Da suavidade que se vai axitando a brusquedade absoluta. Manobra de distracción, as nosas inquedanzas diarias, en realidade, nimias, sobrepóñense a outras ás que non deixan saír, inquedanzas para tolear, para tolearmos. É a vida de tódolos días coas nosas mesquindades a que nos permite vivir sen naufragar baixo o ímpeto desas outras que nos esmagarían. Esta historia é só unha mostra ocasional… Ou alguén pensa que poderíamos estar lembrando todo o día que hoxe probablemente mataran porque si máis de cen persoas en Gaza, e o mesmo dende xa hai máis de cen días? Non apartes a mirada do espello é a historia que dá título ó libro, de paso que cerra o conxunto. Unha narrativa que se abre non tanto a unha mirada ó espello como a unha situación entrevista como ampla, a través de só dous personaxes que diverxen de forma explosiva sen ser conscientes da diverxencia. Nun dos casos, porque se deixa levar pola vida. No outro porque se deixou levar pola vida, en pasado, e agora é quen de controlar, integrando a diverxencia na súa existencia, por moi curioso, furioso ou salvaxe que sexa o xeito de facelo. Si, aparta a mirada do espello só se es inconsciente ou sinxelamente prefires vivir confiando mentres dure o carpe diem. Para min, sería a mirada, a automirada que Ticiana comunica non de si, senón de todos nós a que dá titulo á pasaxe. E é que podemos mirarnos a nós botando unha ollada ós máis. Repito, o texto só é unha parte, que se ve complementado e complementa á imaxe. Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras. E si, pero se as palabras non existiran, quedaría muda. Estiven por pedirlle a Ticiana as fotos para comentar. Decidín que non. Decidín presentalas como as vía eu, tomadas do libro, ó meu xeito. Velaeiquí un par delas:
  • 8. Nesta, a formigoneira está a piques de comer o coche de xoguete. A modo dun ogro de conto se come a inocencia do heroe. Mais, neste caso, intúese, sen final feliz. Un coche amarelo, a cor máis visible, a que máis impresiona ós ollos, que o fai parecer inocente diríase previsible, a piques de ser engulido por unha formigoneira gris, coa boca aberta a el dirixida. Con outro coche ó fondo, como mantendo a formigoneira máis real na vida que a fráxil luz que vai engulir. Unha metáfora e un certo resume da historia que leva asociada a imaxe, ó tempo que tamén o é da propia realidade na que foi escrita e se segue a escribir a historia. As historias, de cada quen e mesmo do libro, e a historia.
  • 9. O amor lévanos polas nubes. Por riba dun fermoso territorio, aparentemente coñecido mais moi descoñecido. Ollando para a imaxe, calquera da zona sabe que é marea baixa aló abaixo, cara onde se dirixe un coche que, imposible voador, camiña polas nubes cheo de amor. O acomodarse da páxina lle fai torcer o nariz, engurrala, como se non lle gustara baixar e ó que se enfronta aló abaixo, un chan de lama entre auga prácida que non ve ben pola algodonosa nube que sabemos que non pode soportalo máis ca na imaxinación.
  • 10. Non apartes a mirada do espello é un libro. Bilingüe. Cando temos un volume en dúas linguas, pode parecer dous libros, pois cada lingua dálle un matiz. Pero non, non son dous libros. Nese sentido, non parece bilingüe pois non é tradución unha lingua da outra, é interpretación: cada versión interpreta a mesma ficción sen fisuras, esperando a túa propia interpretación. E non, tampouco son dous libros a pesares de que as imaxes teñan vida propia e mesmo den lugar a un anexo integrado coa narrativa. Pois por vida propia que teñan, débenlla ós textos ós que están asociados e para os que son interpretadas e interpeladas, do mesmo xeito que as palabras non deben recoñecemento á plástica que as imaxes transmiten. E así, dun xeito libre, únense ambos nun só libro. O libro tamén participa de Luz Darriba e Mª Xosé Porteiro. Non, non participan no libro, senón que son dous apoios, dúas colaboracións -que non garanten, pois non se trata de dar argumentos de autoridade- que axudan a asegurar, co seu estar, a ollada de Ticiana sobre aspectos particulares do vivir. Sobre os aspectos que conforman o libro. Máis? Non sei o que ela quere dicir de si mesma, ou mellor, representar de si mesma neste acto. Pero coido que ela si sabe. Por iso, con ela quedades.