SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 26
A auga máxica CONTO ILUSTRADO POLOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA (09/10) Texto: adaptación do orixinal da Editorial Santillana.
En certa ocasión, nunha pequena aldea, unha muller púxose gravemente enferma.
Os seus dous fillos trouxeron médicos dos arredores, mais ningún deles conseguía curala.
Un bo día, un veciño que foi visitar á pobre señora, díxolles aos dous fillos da muller:
- Se a vosa nai bebese da auga máxica do bosque encantado, seguro que melloraba axiña. Está máis aló da vosa aldea, pero din que quen se adentre neste bosque,  nunca dará saído. Tamén din que a fonte está vixiada por unha horrible serpe. Se a vosa nai bebese da  auga máxica...
Xulián, o máis vello dos irmáns decidiu ir buscar a auga máxica. Preparou unha bolsa de comida para o camiño e partiu cara o bosque encantado.
Camiñou unha chea de tempo e esgotado, deitouse debaixo dunha árbore e quedou durmindo.
Cando espertou, encontrouse cunha velliña que se dirixiu a el dicíndolle: -Ei, rapaz, podes axudarme a apañar estas pinas do chan? Estou moi vella e cústame moito agacharme. Ei, rapaz! Podes axudarme...?
Xulián respondeu: -Síntoo señora. Teño présa e non me podo entreter. Síntollo señora. Teño présa...
Pero aquela velliña era a meiga do bosque encantado e decidiu darlle unha lección polo seu comportamento pouco bondadoso.
Enviou un refacho de vento e lanzou a Xulián a un barranco do que o rapaz non foi capaz de saír.
Pasaran xa moitos días e Martiño, o irmán máis novo, como viu que Xulián non regresaba, decidiu saír el na procura da auga máxica.
Andou e andou polo bosque encantado, e, esgotado, deitouse ao pé dunha árbore e quedou durmindo.
Cando espertou tamén se atopou coa mesma velliña que lle pediu o mesmo favor. Martiño apañou moitas pinas e deullas á velliña. Axúdasme,  rapaz?
A meiga do bosque díxolle: “Es un rapaz de bo corazón. Eu sei que andas buscando a fonte da auga máxica e quero axudarche.  Es un rapaz Moi bo...!
Toma esta pequena póliña de xesta. Se a apertas forte coa man, faraste invisible. Así, a serpe que vixía a fonte non verá que te achegas para coller a auga. Toma esta poliña...
Toma tamén esta folla de carballo. Así que collas a auga, pasa a folla pola fronte e poderás ir voando a onde desexes”. Toma esta folla de carballo...
Martiño seguiu o camiño e non tardou en dar coa fonte. Agochado detrás dun carballo, viu a terrible serpe que a rodeaba.
Apertou a xesta na man, e sen problema ningún puido coller unha botella de auga.
Despois, pasou a folla pola fronte, e, ao momento saíu voando e apareceu a carón do leito de súa nai.
A nai, nada máis tomar dúas pingas da auga milagreira, saltou da cama recuperada. Que felices estaban nai e fillo! Pero a ledicia non era completa, pois nada sabían de Xulián...
Daquela, Martiño, lembrou o poder da folla que lle dera a meiga. Fretou a fronte coa folla de carballo e desexou ir voando a onde estivera seu irmán.
E axiña se atopou co barranco onde Xulián quedara atrapado.
Despois, os dous fretáronse coa folla e volveron voando á casa onde os agardaba a nai.
E coa auga máxica  e a folla voadora,  este conto rematou agora.
A auga máxica CONTO ILUSTRADO POLOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA (2009/2010) Texto: adaptación do orixinal da Editorial Santillana.

Más contenido relacionado

Destacado

Kürtçe'yi Tanıyalım
Kürtçe'yi TanıyalımKürtçe'yi Tanıyalım
Kürtçe'yi Tanıyalımguest415297
 
Culture And Negotiation Strategy
Culture And Negotiation StrategyCulture And Negotiation Strategy
Culture And Negotiation Strategymelissa yanez
 
Smart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - Infographic
Smart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - InfographicSmart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - Infographic
Smart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - InfographicERA Real Estate
 
Vocabulario básico de comida
Vocabulario básico de comidaVocabulario básico de comida
Vocabulario básico de comidaSpanish-Place.
 
Print The Library (Online)
Print The Library (Online)Print The Library (Online)
Print The Library (Online)guest157a05
 
Recruiting Generation Y to Real Estate Sales
Recruiting Generation Y to Real Estate SalesRecruiting Generation Y to Real Estate Sales
Recruiting Generation Y to Real Estate SalesERA Real Estate
 
Art and architecture
Art and architecture Art and architecture
Art and architecture jose angel
 

Destacado (10)

Kürtçe'yi Tanıyalım
Kürtçe'yi TanıyalımKürtçe'yi Tanıyalım
Kürtçe'yi Tanıyalım
 
Profesiones
ProfesionesProfesiones
Profesiones
 
Culture And Negotiation Strategy
Culture And Negotiation StrategyCulture And Negotiation Strategy
Culture And Negotiation Strategy
 
Smart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - Infographic
Smart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - InfographicSmart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - Infographic
Smart Home Technology: A Growing Trend Across Generations in 2014 - Infographic
 
Powell Ppt
Powell PptPowell Ppt
Powell Ppt
 
Vocabulario básico de comida
Vocabulario básico de comidaVocabulario básico de comida
Vocabulario básico de comida
 
Print The Library (Online)
Print The Library (Online)Print The Library (Online)
Print The Library (Online)
 
Recruiting Generation Y to Real Estate Sales
Recruiting Generation Y to Real Estate SalesRecruiting Generation Y to Real Estate Sales
Recruiting Generation Y to Real Estate Sales
 
Art and architecture
Art and architecture Art and architecture
Art and architecture
 
Ariba
AribaAriba
Ariba
 

Similar a A Auga Maxica

O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasmentirosasoy
 
O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasmentirosasoy
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode
 
O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º cbcode
 
Os Doce Meses
Os Doce MesesOs Doce Meses
Os Doce MesesRATIBRON
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .arilogar
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1arilogar
 

Similar a A Auga Maxica (11)

O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegas
 
O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegas
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 
Brancaneves
BrancanevesBrancaneves
Brancaneves
 
O conto do verme verde
O conto do verme verdeO conto do verme verde
O conto do verme verde
 
O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º c
 
Lendas
Lendas Lendas
Lendas
 
Os Doce Meses
Os Doce MesesOs Doce Meses
Os Doce Meses
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 

A Auga Maxica

  • 1. A auga máxica CONTO ILUSTRADO POLOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA (09/10) Texto: adaptación do orixinal da Editorial Santillana.
  • 2. En certa ocasión, nunha pequena aldea, unha muller púxose gravemente enferma.
  • 3. Os seus dous fillos trouxeron médicos dos arredores, mais ningún deles conseguía curala.
  • 4. Un bo día, un veciño que foi visitar á pobre señora, díxolles aos dous fillos da muller:
  • 5. - Se a vosa nai bebese da auga máxica do bosque encantado, seguro que melloraba axiña. Está máis aló da vosa aldea, pero din que quen se adentre neste bosque, nunca dará saído. Tamén din que a fonte está vixiada por unha horrible serpe. Se a vosa nai bebese da auga máxica...
  • 6. Xulián, o máis vello dos irmáns decidiu ir buscar a auga máxica. Preparou unha bolsa de comida para o camiño e partiu cara o bosque encantado.
  • 7. Camiñou unha chea de tempo e esgotado, deitouse debaixo dunha árbore e quedou durmindo.
  • 8. Cando espertou, encontrouse cunha velliña que se dirixiu a el dicíndolle: -Ei, rapaz, podes axudarme a apañar estas pinas do chan? Estou moi vella e cústame moito agacharme. Ei, rapaz! Podes axudarme...?
  • 9. Xulián respondeu: -Síntoo señora. Teño présa e non me podo entreter. Síntollo señora. Teño présa...
  • 10. Pero aquela velliña era a meiga do bosque encantado e decidiu darlle unha lección polo seu comportamento pouco bondadoso.
  • 11. Enviou un refacho de vento e lanzou a Xulián a un barranco do que o rapaz non foi capaz de saír.
  • 12. Pasaran xa moitos días e Martiño, o irmán máis novo, como viu que Xulián non regresaba, decidiu saír el na procura da auga máxica.
  • 13. Andou e andou polo bosque encantado, e, esgotado, deitouse ao pé dunha árbore e quedou durmindo.
  • 14. Cando espertou tamén se atopou coa mesma velliña que lle pediu o mesmo favor. Martiño apañou moitas pinas e deullas á velliña. Axúdasme, rapaz?
  • 15. A meiga do bosque díxolle: “Es un rapaz de bo corazón. Eu sei que andas buscando a fonte da auga máxica e quero axudarche. Es un rapaz Moi bo...!
  • 16. Toma esta pequena póliña de xesta. Se a apertas forte coa man, faraste invisible. Así, a serpe que vixía a fonte non verá que te achegas para coller a auga. Toma esta poliña...
  • 17. Toma tamén esta folla de carballo. Así que collas a auga, pasa a folla pola fronte e poderás ir voando a onde desexes”. Toma esta folla de carballo...
  • 18. Martiño seguiu o camiño e non tardou en dar coa fonte. Agochado detrás dun carballo, viu a terrible serpe que a rodeaba.
  • 19. Apertou a xesta na man, e sen problema ningún puido coller unha botella de auga.
  • 20. Despois, pasou a folla pola fronte, e, ao momento saíu voando e apareceu a carón do leito de súa nai.
  • 21. A nai, nada máis tomar dúas pingas da auga milagreira, saltou da cama recuperada. Que felices estaban nai e fillo! Pero a ledicia non era completa, pois nada sabían de Xulián...
  • 22. Daquela, Martiño, lembrou o poder da folla que lle dera a meiga. Fretou a fronte coa folla de carballo e desexou ir voando a onde estivera seu irmán.
  • 23. E axiña se atopou co barranco onde Xulián quedara atrapado.
  • 24. Despois, os dous fretáronse coa folla e volveron voando á casa onde os agardaba a nai.
  • 25. E coa auga máxica e a folla voadora, este conto rematou agora.
  • 26. A auga máxica CONTO ILUSTRADO POLOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA (2009/2010) Texto: adaptación do orixinal da Editorial Santillana.