1. Hipatia
῾Υπατία
Por Xabier Garabal
Departamento de Matemáticas
IES de Melide (A Coruña)
2. Naceu en Alexandría, Hipatia de Alexandría foi,
Exipto, no ano 355 ou sen dúbida, unha das
370 da nosa era e primeiras mulleres na
morreu nesa mesma historia que contribuíu ao
cidade no 415. desenvolvemento das
matemáticas.
3. Hipatia de Alexandría
Da nai de Hipatia non se ten
ningún rexistro pero sábese
que o seu pai foi Teón de
Alexandría, ilustre filósofo e
matemático desa época e
que foi o mestre de Hipatia
dende a súa infanza.
Teón era unha excepción no
seu tempo: permitiu que a súa
filla se convertise en
astrónoma, filósofa e
matemática, cousa que era
sumamente inusual nun
sistema no que as mulleres
non tiñan dereito á
educación.
4. Hipatia de Alexandría
Contan de Hipatia que
polas mañás moi cedo,
dedicaba varias horas
ao exercicio físico,
despois tomaba baños
Teón quixo que Hipatia que a relaxaban e que
fora “un ser humano lle permitían concentrar
perfecto” e por iso coidou a mente, e así adicar o
moi de perto a educación resto do día ao estudo
das ciencias, a música
da súa mente e do seu e a filosofía.
corpo.
5. • Teón traballaba na
Biblioteca (“Museo”)
que fora fundada por
Ptolomeo, rei que
sucedeu a Alexandre
Magno, fundador da
cidade de Alexandría.
• Hipatia viaxou a Italia
e Atenas para recibir
algúns cursos de
filosofía, e formouse
como científica na
Biblioteca, chegando
incluso a dirixila polo
ano 400.
6. Na cuaresma,
en marzo do 415,
acusada de
conspirar contra
o patriarca
cristián de
Alexandría (Cirilo
de Xerusalén),
foi asasinada por
unha turba de
cristiáns
entolecidos.
7. Os cristiáns queimaron Perseguiron aos
e destruíron todos os académicos da
templos e centros Biblioteca, obrigándoos
gregos. a converterse ao
cristianismo ou morrer.
8. Hipatia negouse…
Negouse a converterse
ao cristianismo…
Negouse a renunciar ao
coñecemento grego,
á filosofía e, á ciencia
que por máis de vinte
anos aprendera e
ensinara na
Biblioteca.
9. Sócrates Escolástico
(s. IV-V) relata na
súa Historia
Ecclesiástica:
“Arrancárona do seu
carro, deixárona
totalmente espida;
martirizárona con cortes
na pel e nas carnes,
usando cunchas de
caracois afiadas, ata
que o alento deixou o
seu corpo...”
10. Ao asasinar a Hipatia asasinaron a unha muller,
a unha matemática e filósofa, a primeira na
historia, a máis notable da súa época; pero
non puideron asasinar o pensamento filosófico
e matemático grego.
11. Hipatia é autora de tres
traballos: un
comentario á
Aritmética de Diofanto
de Alexandría, o
Canón Astronómico e
un comentario ás
Seccións Cónicas de
Apolonio de Perga.
Traballou coas
ecuacións diofánticas,
coas cónicas e a
xeometría, e elaborou
táboas sobre os
movementos dos
astros.
12. Deseñou un novo
modelo de
Astrolabio.
Inventou un
destilador, para
medir o nivel da
auga, e un
hidrómetro
graduado, para
medir a densidade
relativa e a
gravidade dos
líquidos, precursor
do actual
aerómetro
13. Hipatía era o símbolo
do ideal grego porque
reunía sabiduría,
beleza, razón e
pensamento filosófico.
Ademáis era unha
muller científica cun
papel político
importante.
14. Con Hipatía desapareceu o
pensamento matemático grego e
que emerxerá de novo un milenio
máis tarde durante o
Renacemento.
15. “Hipatia
-Vai con calquera -dicían, querendo emporcar a súa
liberdade.
-Non parece muller –dicían, querendo eloxiar a súa
intelixencia.
Pero numerosos profesores, maxistrados, filósofos e
políticos acudían de lonxe á Escola de Alexandría, para
escoitar a súa palabra.
Hipatia estudiaba os enigmas que desafiaran a Euclides
e a Arquímedes, e falaba contra a fe cega, indigna do
amor divino e do amor humano. Ela ensinaba a dubidar e
a preguntar. E aconsellaba:
-Defende o teu dereito a pensar. Pensar equivocándote é
mellor que non pensar.
16. Que facía esa muller herexe
ditando cátedra nunha cidade de
machos cristiáns?
Chamábana bruxa e meiga,
ameazábana de morte.
E un mediodía de marzo do ano
415, o xentío botóuselle enriba. E
foi arrancada do seu carromato e
espida e arrastrada polas rúas e
golpeada e acoitelada. E na
praza pública a fogueira levouse
o que quedaba dela.
-Investigarase –dixo o prefecto
de Alexandría.”
(Eduardo Galeano, “Espellos. Unha
historia case universal”)