A memoria
Índice
• Que é a memoria?
• Modelo de almacenamento múltiple da memoria.
– Memoria sensorial.
– Memoria a curto prazo.
– M...
Que é a memoria?
• Conxunto de procesos que se usan para adquirir, almacenar, reter e
posteriormente recuperar, a informac...
Modelo de almacenamento
múltiple da memoria
• Proposto por Atkinson e Shiffrin en 1968.
• Tres “almacéns” para a memoria:
...
Modelo de almacenamento
múltiple da memoria
• Memoria sensorial:
Durante esta etapa, a información sensorial obtida do ent...
Modelo de almacenamento
múltiple da memoria
• Memoria a curto prazo:
Información da que somos conscientes no momento prese...
Modelo de almacenamento
múltiple da memoria
• Memoria a longo prazo:
Almacenamento continuado da información. En termos de...
Organización da memoria
• A habilidade para acceder e recuperar a información da
memoria a longo prazo permítenos empregar...
Organización da memoria
• Exemplo: memorizando a lista de palabras (escritorio,
mazá, vermello, mesa, verde, piña, sofá, r...
Organización da memoria
• Teoría sobre a organización da memoria: modelo de
rede semántica.
• Suxire que certos desencadea...
Consellos para estudantes
Consellos para transferir a información dende a memoria a
curto prazo ata a memoria a longo praz...
Consellos para estudantes
Técnicas para lembrar mellor a información:
• Asociación: relaciona os novos contidos cos que xa...
Consellos para estudantes
Técnicas para lembrar mellor a información:
• Regras mnemotécnicas.
• Poemas ou rimas.
• Repaso ...
Consellos para estudantes
Ensaiando discursos e presentacións:
• Divide o posible discurso en anacos dun ou dous minutos.
...
Referencias
• http://psychology.about.com/od/cognitivepsychology/a/m
emory.htm
• http://www.concordiacollege.edu/directori...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Memoria

247 visualizaciones

Publicado el

Nesta presentación brevemente se define a memoria e a súa clasificación, así como se dan consellos xerais para estudantes.

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
247
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
66
Acciones
Compartido
0
Descargas
3
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Memoria

  1. 1. A memoria
  2. 2. Índice • Que é a memoria? • Modelo de almacenamento múltiple da memoria. – Memoria sensorial. – Memoria a curto prazo. – Memoria a longo prazo. • Organización da memoria. • Consellos para estudiantes.
  3. 3. Que é a memoria? • Conxunto de procesos que se usan para adquirir, almacenar, reter e posteriormente recuperar, a información. Podemos considerar tres procesos principais: codificación, almacenamento e recuperación. • Coa fin de crear novos recordos, a información debe procesarse, e isto é o que se coñece como codificación. Cando a información foi codificada correctamente, ten que ser almacenada na memoria para o seu posterior uso. Non somos conscientes da maior parte desta memoria almacenada, ata que necesitamos empregala. O proceso de recuperación permite levar eses recordos almacenados á nosa mente consciente.
  4. 4. Modelo de almacenamento múltiple da memoria • Proposto por Atkinson e Shiffrin en 1968. • Tres “almacéns” para a memoria: – Memoria sensorial. – Memoria a curto prazo. – Memoria a longo prazo.
  5. 5. Modelo de almacenamento múltiple da memoria • Memoria sensorial: Durante esta etapa, a información sensorial obtida do entorno é almacenada durante un breve período de tempo, xeralmente durante non máis de medio segundo para a información visual, e tres ou catro segundos para a información sonora. Só prestamos atención a certos contidos desta memoria sensorial, permitindo que esta información pase ao seguinte nivel: a memoria a curto prazo.
  6. 6. Modelo de almacenamento múltiple da memoria • Memoria a curto prazo: Información da que somos conscientes no momento presente no que pensamos. Para Freud, a mente consciente. Poñendo atención á información da memoria sensorial, xeramos a información a curto prazo. A maior parte da información almacenada na memoria activa manterase presente ata pasados entre vinte e trinta segundos. Mentres que algúns dos nosos recordos a curto prazo son rapidamente esquecidos, ter en conta esta información permite que chegue ata a seguinte etapa, a memoria a longo prazo.
  7. 7. Modelo de almacenamento múltiple da memoria • Memoria a longo prazo: Almacenamento continuado da información. En termos de Freud, sería o inconsciente. Esta información reside fóra da nosa conciencia, pero pode chamarse dende a memoria activa para ser empregada cando se precisa. Parte desta información é sinxela de recuperar, mentres que outros recordos son moito máis difíciles de atopar.
  8. 8. Organización da memoria • A habilidade para acceder e recuperar a información da memoria a longo prazo permítenos empregar eses recordos para tomar decisións, interactuar con outras persoas e resolver problemas. Pero como se organiza a información na memoria? A forma precisa non é de todo coñecida, pero os investigadores saben que eses recordos están distribuídos en grupos. • O agrupamento é empregado para organizar información relacionada en grupos. Deste xeito é máis doado lembrala.
  9. 9. Organización da memoria • Exemplo: memorizando a lista de palabras (escritorio, mazá, vermello, mesa, verde, piña, sofá, rosado, cadeira, pexego, amarelo), o método xeralmente máis eficaz é a clasificación en grupos de características comúns: • Escritorio, mazá, vermello, mesa, verde, piña, sofá, rosado, cadeira, pexego, amarelo. • Os grupos son mobles, froitas e cores.
  10. 10. Organización da memoria • Teoría sobre a organización da memoria: modelo de rede semántica. • Suxire que certos desencadeantes activan recordos asociados. • A lembranza dun determinado lugar pode activar recordos sobre acontecementos que sucederon nese sitio. Por exemplo:pensar nun edificio concreto da túa universidade probablemente active recordos de con quen estiveches nese lugar, ou para que fuches alí, etc...
  11. 11. Consellos para estudantes Consellos para transferir a información dende a memoria a curto prazo ata a memoria a longo prazo: • Repasa por enriba o que aprendiches na clase xusto cando esta remata. • Fala da clase con outros compañeiros, para intercambiar puntos de vista. • Completa os teus apuntamentos con contidos externos, preferiblemente o mesmo día que recibes a clase. • Explícalle eses contidos, aos teus pais, ás túas mascotas... • Repasa os teus apuntamentos antes dunha clase.
  12. 12. Consellos para estudantes Técnicas para lembrar mellor a información: • Asociación: relaciona os novos contidos cos que xa coñeces. Unha idea illada é difícil de lembrar. Se atopas algo que se lle pareza, aprenderalo máis facilmente. • Visualización: organiza a información nunha firme e clara imaxe mental. Por exemplo, falando de épocas históricas, imaxina unha escena que inclúa a vestimenta e accións típicas dese instante histórico.
  13. 13. Consellos para estudantes Técnicas para lembrar mellor a información: • Regras mnemotécnicas. • Poemas ou rimas. • Repaso e emprego da información: planificar pequenas sesións de estudo, en vez de maratóns, nas que a maiores de estudar algo novo repases rapidamente o que xa sabes, mellora a retención da información.
  14. 14. Consellos para estudantes Ensaiando discursos e presentacións: • Divide o posible discurso en anacos dun ou dous minutos. • Prepara notas que referencien o tema do segmento, pero pensa en expoñelo de memoria. • Practica o discurso, revisando as notas para comprobar que se expoñen tódolos segmentos, ata que se trate á perfección e enteiro. Practícao algunhas veces máis. • O día da presentación, repasa rapidamente a sucesión de segmentos, para que mentres esteas a expoñer unha idea, xorda a seguinte (como cando nun CD que che gusta sabes adivinar a canción seguinte da que soa).
  15. 15. Referencias • http://psychology.about.com/od/cognitivepsychology/a/m emory.htm • http://www.concordiacollege.edu/directories/officesservices/academic-enhancement-and-writingcenter/resources/memory-techniques/

×