Traballo en grupo
Como facelo dun xeito efectivo
Índice
• Por que é importante traballar en grupo
• Traballar en grupo dun xeito efectivo
– Organizarse
– Desenvolver habil...
Por que é importante traballar en grupo?
• Pode facer o teu estudo máis eficiente e
divertido, aclarar ideas vendo os prob...
Por que é importante traballar en grupo?
Habilidades que se ven melloradas
Organización
Capacidade de delegar nos demais
C...
Traballar en grupo dun xeito efectivo
Pode ser estresante, pois:
• Non todo o mundo traballa igual.
• Nin ao mesmo ritmo.
...
Organizarse
Antes de comezar a traballar cómpre organizar
algúns aspectos básicos:
• Cando e onde quedar.
• Cal é o mellor...
Organizarse
A clave é comezar e rematar con todo o mundo
sabendo o que se espera deles:
• Establecendo os mesmos obxectivo...
Desenvolver habilidades de fala e escoita
Escoitas de verdade ao que din os teus compañeiros? Preocúpaste
por como se sent...
Desenvolver habilidades de fala e escoita
Fala en grupo, non ao grupo. Se o fas, tendes a dominar e non
escoitar aos demai...
Dar retroalimentación positiva
Non é complicado que a xente desvincúlese dun grupo, por
exemplo se suxiren algo e son igno...
Xestión de conflitos no grupo
Estar en desacordo ou ter diferentes puntos de vista non é
sempre negativo – pode dar lugar ...
Ser un bo compañeiro
Formar parte do grupo non só significa falar moito e sempre
suxerir algo. Ser un bo compañeiro é comp...
Ser un bo compañeiro
A ter en conta:
Anima aos teus compañeiros – que sintan en todo momento,
mediante comunicación verbal...
Referencias
• http://www.birmingham.ac.uk/schools/metallurgy-materials/cases/group-work/why.aspx
• http://www.reading.ac.u...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo

221 visualizaciones

Publicado el

Consellos para que o traballo en equipo, non só non sexa engorroso, senón que sexa aproveitable para todos.

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
221
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
25
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo

  1. 1. Traballo en grupo Como facelo dun xeito efectivo
  2. 2. Índice • Por que é importante traballar en grupo • Traballar en grupo dun xeito efectivo – Organizarse – Desenvolver habilidades de fala e escoita – Dar retroalimentación positiva – Xestión de conflitos no grupo – Ser un bo compañeiro • Referencias
  3. 3. Por que é importante traballar en grupo? • Pode facer o teu estudo máis eficiente e divertido, aclarar ideas vendo os problemas dende diferentes puntos de vista. • Os proxectos poden ser máis complexos, pois abórdanse entre moitos individuos. • Valórase polas empresas e organizacións o día de mañá.
  4. 4. Por que é importante traballar en grupo? Habilidades que se ven melloradas Organización Capacidade de delegar nos demais Comunicación efectiva Cooperación Liderazgo
  5. 5. Traballar en grupo dun xeito efectivo Pode ser estresante, pois: • Non todo o mundo traballa igual. • Nin ao mesmo ritmo. • Nin cos mesmos obxectivos. Hai que atopar un procedemento para falar e negociar estes puntos.
  6. 6. Organizarse Antes de comezar a traballar cómpre organizar algúns aspectos básicos: • Cando e onde quedar. • Cal é o mellor método para manterse en contacto. • Un calendario (realista). • Incidir na importancia de participar e colaborar co grupo.
  7. 7. Organizarse A clave é comezar e rematar con todo o mundo sabendo o que se espera deles: • Establecendo os mesmos obxectivos para todos. • Definindo unha lista de tarefas. • Se cadra sinalando a alguén para tomar nota dos pactos establecidos. • Rematando as reunións cun resumo do tratado nelas. • Asegurándose de que tódolos membros entenderon o que teñen que facer para a seguinte reunión. • Fixando data e lugar da próxima reunión, se estes varían.
  8. 8. Desenvolver habilidades de fala e escoita Escoitas de verdade ao que din os teus compañeiros? Preocúpaste por como se senten? Desconectas cando te aburres?. Estratexias para escoitar • Concéntrate no que o outro di, non no que dirás ti despois. • Espera a que este remate de falar, non o interrompas. • Fíxate no contido do que comparten, e lígao a outras ideas. • Ten en conta os sentimentos do falante. • Importante: faille saber que estás a escoitar e entender – sorrindo ou asentindo.
  9. 9. Desenvolver habilidades de fala e escoita Fala en grupo, non ao grupo. Se o fas, tendes a dominar e non escoitar aos demais. Estratexias para falar • Fai contribucións, pero non domines. • Pregunta, pero non demasiado. • Fálalle a todo o grupo – non só aos teus amigos. • Recoñece os teus erros e descúlpate. • Entra nos debates e anima a todos a participar nel, lembrando cal é o tema do que se fala. • Emprega as ideas dos demais se son boas, e suxire outras para que o grupo as comente.
  10. 10. Dar retroalimentación positiva Non é complicado que a xente desvincúlese dun grupo, por exemplo se suxiren algo e son ignorados. Ten presente en todo momento como te sentirías se alguén criticase as túas ideas, sobre todo cando vas opinar sobre as dos demais: • Atopa algo positivo que dicir: “O que dis é interesante porque...” • Deixa claro cando estás a favor de algo. • Se non o estás, non rexeites a idea, explóraa: “por que pensas logo que..., tiveches en conta...?”. • Se construtivo e específico. Se non estás de acordo, explica por que e achega argumentos ou exemplos en vez de só dicir non.
  11. 11. Xestión de conflitos no grupo Estar en desacordo ou ter diferentes puntos de vista non é sempre negativo – pode dar lugar a novas ideas – pero o conflito fai dano ao grupo cando convértese en algo persoal e agresivo. • Se obxectivo sempre que poidas – concéntrate naquelo no que non estás de acordo, non nos detalles persoais dos membros do grupo. • Se todo o mundo comeza a berrar á vez, establecede un sistema de quendas para que, individualmente, as ideas de todo o mundo sexan tidas en conta. • Se non hai acordo, discutide pros e contras e levádeo a votación.
  12. 12. Ser un bo compañeiro Formar parte do grupo non só significa falar moito e sempre suxerir algo. Ser un bo compañeiro é comprometerse e contribuír ao grupo en base as túas posibilidades. Cada quen pode destacar en algo e é lóxico asignar roles en base a iso (por exemplo, presentacións orais).
  13. 13. Ser un bo compañeiro A ter en conta: Anima aos teus compañeiros – que sintan en todo momento, mediante comunicación verbal e non verbal, que están a ser escoitados. Favorece o debate – non fuxir de problemas complicados, suxerir ideas e basealas se é posible nas de outros compañeiros. Non lle fagas mal ao grupo – chegando tarde ás reunións, non preparándoas ou murmurando/falando mentres alguén expón en alto algo. Inclúe a todo o mundo – intenta que todos síntanse integrados. Se alguén non participa, pregúntalle o que pensa ou se quere facer algo en concreto. A idea é que se sintan cómodos participando.
  14. 14. Referencias • http://www.birmingham.ac.uk/schools/metallurgy-materials/cases/group-work/why.aspx • http://www.reading.ac.uk/internal/studyadvice/StudyResources/Seminars/sta-groupwork.aspx

×