2. As CANTIGAS DE AMIGO teñen orixe
autóctona pois proveñen da literatura
oral galega de creación feminina.
3. Nelas a voz poética é unha DONCELA do pobo
baixo que expresa a súa COITA DE AMOR polo
seu AMIGO ou amante, sempre ausente, en
situacións como a guerra…
4. … no servizo ao rei ou de camiño
para se citar coa doncela.
5. A voz poética
feminina pode
dirixirse á nai, que se
converte na
CONFIDENTE dos
amores da súa filla co
amigo, ante a que
toma diversas
actitudes:
15. Ai eu, coitada, como vivo en gran
cuidado
por meu amigo, que hei alongado!
Muito me tarda
o meu amigo na Guarda!
Ai eu, coitada, como vivo en gran
desejo
por meu amigo, que tarda e non
vejo!
Muito me tarda
16. Ai eu, coitada, como vivo en gran
cuidado
por meu amigo, que hei alongado!
Muito me tarda
o meu amigo na Guarda!
Ai eu, coitada, como vivo en gran
desejo
por meu amigo, que tarda e non
vejo!
Muito me tarda
17. O LEIXAPRÉN FACÍASE DEIXANDO E TOMANDO
PARES DE VERSOS. OS SEGUNDOS VERSOS
PARALELÍSTICOS DO PRIMEIRO PAR DE COBRAS
APARECÍAN COMO PRIMEIROS DO PAR
SEGUINTE.
18. Ondas do mar de
Vigo,
Se vistes meu
amigo,
e, ai Deus, se verrá
cedo! o por que eu
Ondas do mar sospiro
e, ai Deus, se verrá
Se levado, meu
vistes cedo!
e, ai amado, verrá
Deus, se
cedo!
por que hei gran
cuidado
e, ai Deus, se verrá
(Martim Codax)
cedo!
19. O REFRÁN é a repetición dun ou
varios versos ao final ou no
corpo de cada cobra. Pode ter
un número de sílabas diferente
ao resto do versos da cantiga.
APARECÍA CORRENTEMENTE
NESTE XÉNERO BASEADO NA
LITERATURA ORAL.
e, ai Deus, se verrá*
cedo! *virá
20. PORÉN, A MESTURA DE
XÉNEROS ERA USUAL:
MOITAS CANTIGAS DE AMOR
POSÚEN PARALELISMO E
REFRÁN, E INCLUSO
LEIXAPRÉN, PROPIOS DA
CANTIGA DE AMIGO.
21. A dona que eu am’ e tenho por senhor
amostráde-mi-a Deus, se vos en prazer
for,
se non, dáde-mi a morte.
A dona que tenho por lume destes olhos
meus
e por que choran sempr’, amostráde-mi-
a, Deus,
se non, dáde-mi a morte.
Nesta cantiga de amor aparecen o paralelismo e o refrán
22. Normas métricas da poesía medieval
• METRO: cóntase ata a última sílaba acentuada.
• RITMO: aséntase na monótona repetición
paralelística e no equilibrio do isosilabismo
(igual número de sílabas en cada verso). Se hai
algún metro non regularizado, a irregularidade
sería corrixida pola melodía musical. Os
trobadores modulaban os ritmos das súas
composicións a través dos encabalgamentos.
23. Normas métricas da poesía medieval
• RIMA: os versos poden ser MACHOS OU
FEMIAS:
.- MACHOS: os versos que rematan en palabra
aguda.
.- FEMIAS: os versos que rematan en palabra
grave.
24. Dende un punto de vista FORMAL
• As cantigas poden ser:
.- de REFRÁN: están constituídas
normalmente
por un número de catro versos
co seguinte esquema rimático:
«abbaCC».
.- de MESTRÍA: non levan refrán.
25. Simboloxía nas cantigas
de amigo (I)
• 1.- Simboloxía DOS OBXECTOS: O seu valor
simbólico está en relación coa idea de
fidelidade e pertenza ao ser amado. As DOAS
eran prendas de intercambio entre as parellas,
con frecuencia a entrega dunha destas
prendas significa unha promesa doutra
entrega de tipo máis persoal, é unha proba de
lazo sentimental entre os namorados. A CINTA
OU CORDÓN DA CAMISA son símbolos
estreitamente vinculados á posesión carnal.
26. Simboloxía nas cantigas
de amigo (II)
• 2.- Simboloxía da NATUREZA:
.- A AUGA: o río, a fonte, o lago, o mar… son
lugares de encontro dos namorados. Coa auga
asócianse elementos que teñen un claro
significado erótico.
O mar pode ser responsable da separación dos
namorados, ou as ondas poden ser portadoras
de novas do amigo.
27. Simboloxía nas cantigas
de amigo (III)
Coa fonte van ligadas unha serie de imaxes de
referencia sexual como o lavado de cabelos, a
rotura do brial, etc. Co concepto de lavar
cabelos, «garcetas» ou camisas únese un rito ou
preludio do encontro amoroso.
.- Os CABELOS aportan información do estado da
amiga. As doncelas levaban o cabelo longo. As
casadas ou prometidas recollido ou curto. O
cabelo ten unha grande atracción erótica.
28. Simboloxía nas cantigas
de amigo (IV)
.- O VENTO E A BRISA: con eles pode expresarse a
inconstancia ou poden aparecer asociados coas
ondas ás que lles infunden a enerxía da que carecen
para ir dun lugar a outro.
.- A FLORA: A presenza das flores vai unida á alegría
de amar e a súa ausencia coa tristura que envolve á
amiga cando o amigo está ausente. As árbores
teñen unha importante carga erótica ademais de ir
asociada a súa presenza coa existencia dun lugar
pracenteiro.
29. Simboloxía nas cantigas
de amigo (V)
.- A FAUNA: O cervo é utilizado como termo de
comparación co amigo ou como metáfora, como
símbolo da potencia viril masculina ou como
referente da axitación sentimental. Aparece
normalmente asociado con outros temas de
claro contido simbólico como lavar cabelos.
Os paxaros constitúen o marco que anuncia a
primavera.