Recibe este
nome un grupo
de persoas que
funda e colabora
na revista “NÓS”
(1920-1936).
• No primeiro terzo do século XX destaca en Galicia o labor do movemento
agrarista. A máis representativa é a "Liga Agrari...
O mundo non rural:
- na actividade industrial destacan as
empresas conserveiras e as
relacionadas coa extracción de
minera...
Diversos grupos políticos e intelectuais da burguesía urbana:
• «Solidaridade Gallega»
• As Irmandades da Fala
• Partido G...
O concepto de xeración
En historia pénsase que as distintas xeracións coexistentes demarcadas nun tramo non superior a
qui...
Algúns teóricos falaron da Xeración Nós como a que se vinculaba coa revista que
lle deu nome. A revista “Nós” naceu en Our...
Desta maneira o Grupo Nós estaría constituído polo chamado Cenáculo Ourensán, con tres
autores. Os tres, ademais de nacere...
É posíbel marcar tres etapas na evolución desta xeración:
· O pregaleguismo
Onúcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourens...
Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS son Ramón Otero
Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas (o Cenáculo our...
Constrúen un dos proxectos culturais colectivos máis singulares non
só da Galiza de preguerra, senón de toda a historia da...
Nacen en Ourense e, logo dunha estancia máis ou
menos longa fóra da cidade por estudos ou asuntos
profesionais, vólvense a...
Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo
en diferentes obras: Otero Pedrayo en Arredor de
si; Florentino L. Cuevi...
O Grupo Nós foi un dos colectivos que con especial significación colabora
na recuperación do idioma.
Ademais, desenvolven ...
No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua
A narrativa
O ensaio
O teatro
A narrativa
Superar a temática
costumista, ruralista e
humorística
Editar en formato libro a
través de editoras
creadas po...
A narrativa
• Novela
· Diversifícase a temática: novela realista urbana (O porco de pé), novela
histórica (A romaría de Xe...
O teatro
Incorpora as técnicas
europeas: innovacións
Introdución de máscaras. O
teatro é un espectáculo total
decorado
Imp...
O ensaio
Son os pioneiros en
empregar o galego neste
xénero.
Ámbitos
histórico lingüístico etnográfico
Político-
ideolóxic...
A REVISTA
«NÓS»
contidos
literarios
contidos
políticos
contidos
filosóficos
contidos
etnográficos
contidos
artísticos
Risco é director e
Castelao director artístico
A revista vincúlase ao pensamento
nacionalista
Escriben en galego sobre
cal...
O seu traballo supón unha renovación radical do panorama
literario galego de principios do século XX, o que os vai dotar d...
A xeración nós
A xeración nós
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

A xeración nós

2.187 visualizaciones

Publicado el

A partir da presentación de "Xenevra", ampliamos a presentación sobre a Xeración Nós.

Publicado en: Educación
0 comentarios
3 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
2.187
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
1.028
Acciones
Compartido
0
Descargas
24
Comentarios
0
Recomendaciones
3
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

A xeración nós

  1. 1. Recibe este nome un grupo de persoas que funda e colabora na revista “NÓS” (1920-1936).
  2. 2. • No primeiro terzo do século XX destaca en Galicia o labor do movemento agrarista. A máis representativa é a "Liga Agraria de Acción Galega“. • O problema dos foros non se soluciona co Decreto de Redención que permite aos labregos convertérense en donos absolutos das terras que traballan previo pago dunha indemnización aos antigos foristas, pois non supón unha auténtica reforma agraria nin na posesión da terra nin no seu modo de traballala. • A fidalguía, clase social que xa entrara en decadencia no século XIX, acaba por perder, xunto coas terras, parte do poder que noutrora ostentara.
  3. 3. O mundo non rural: - na actividade industrial destacan as empresas conserveiras e as relacionadas coa extracción de minerais; - o desenvolvemento industrial vai parello á expansión das cidades, que medran enormemente debido ao éxodo rural. O proletariado vai organizándose e cobrando un maior protagonismo.
  4. 4. Diversos grupos políticos e intelectuais da burguesía urbana: • «Solidaridade Gallega» • As Irmandades da Fala • Partido Galeguista • Seminario de Estudos Galegos • Revista “Nós”.
  5. 5. O concepto de xeración En historia pénsase que as distintas xeracións coexistentes demarcadas nun tramo non superior a quince anos manteñen relacións coincidentes ou polémicas. O método das xeracións consiste en proxectar esta estrutura sobre o pasado para poder imaxinar dende dentro a loita entre varias xeracións nun determinado corte sincrónico. O concepto de xeración entrou primeiro na historiografía literaria castelá e, máis tarde, na galega, ao cuñarse o termo Xeración Nós. Toda xeración debe cumprir oito condicións: - nacemento en anos pouco distantes - formación intelectual semellante - relacións persoais entre autores - participación en actos colectivos propios - existencia dun acontecemento xeracional que aglutine as vontades - presenza dun guía - linguaxe xeracional caracterizadora entendida como trazos comúns de estilo - estancamento da xeración anterior.
  6. 6. Algúns teóricos falaron da Xeración Nós como a que se vinculaba coa revista que lle deu nome. A revista “Nós” naceu en Ourense en 1920 supervisada por Risco. Nela colaboraron Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e outros autores máis novos como Cunqueiro, Blanco Amor, Bouza Brey, etc. “Nós” creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a ideoloxía nacionalista; nela couberon artigos literarios, etnográficos, folclóricos, arqueolóxicos, e, en menor medida, de política e economía. Nesta revista colaboraron daquela persoas moi heteroxéneas e de moi distintas idades: dende Noriega Varela a Cunqueiro, por exemplo; por iso, a diferenza de idade e a heteroxeneidade invalida o uso de xeración para referirse aos colaboradores de «Nós». Deste xeito, algúns estudosos restrinxiron o concepto de xeración e delimitaron o Grupo Nós como o formado por literatos residentes en Ourense e nados entre 1880 e 1890 e que evolucionaron dende un cosmopolitismo elitista a un galeguismo universal. Esa toma de conciencia apareceu reflectida en Nós, os inadaptados, de Risco; en Arredor de si, de Otero Pedrayo, e en Dos Nosos tempos, de Florentino Cuevillas.
  7. 7. Desta maneira o Grupo Nós estaría constituído polo chamado Cenáculo Ourensán, con tres autores. Os tres, ademais de naceren en datas próximas, compartían as seguintes características: - Unha rigorosa formacións universitaria: Risco estudou Dereito e Maxisterio; Otero Pedrayo licenciouse en Filosofía e Letras e en Dereito, e doutorouse en Xeografía; Cuevillas, licenciado en Farmacia, investigou a Prehistoria. - Mantiñan relacións entre eles, que os levaron a participar na política guiados por unha ideoloxía conservadora, que rexeitaba a sociedade industrial e idealizaba a sociedade tradicional, na que ocupaban postos de privilexio. - Creación da revista “Nós” para incidir pedagoxicamente no pobo galego e devolverlle a personalidade propia, enmascarada pola cultura castelá e que debía abrirse a Europa bebendo directamente das súas fontes. Aínda que admitamos que os membros deste grupo reúnen a maioría dos requisitos xeracionais, só estariamos falando dunha fracción de toda a xeración nada entre 1880 e 1890 e, ademais, os estilos dos literatos do grupo, antes que trazos comúns, teñen particularismos evidentes, tales como o barroquismo carente de humor de Otero Pedrayo e o humor esperpéntico de Risco. Aos homes do cenáculo ourensán sumaremos a Castelao por compartir, aínda que de esguello, algunhas características do grupo (evolucionar desde o conservadurismo ao galeguismo, participar na revista Nós, nacer en datas próximas a dos outros membros do grupo...) e por ser incluído na maioría das historias da literatura galegas como home do
  8. 8. É posíbel marcar tres etapas na evolución desta xeración: · O pregaleguismo Onúcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourense cara ao ano 1914, coñecido como o Cenáculo Ourensán. Procedían da clase acomodada (fidalguía e pequena burguesía). Isto permitiulles o acceso a unha boa educación e unha formación cultural moi profunda. Neste tempo estaban desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista. Os seus presupostos ideolóxicos e estéticos baseábanse na defensa do individualismo e na procura do exótico (especialmente, a cultura oriental) · O galeguismo En 1917 este grupo ten os primeiros contactos coas Irmandades da Fala. A adhesión ao galeguismo foi case inmediata. Chegaron á convicción de que o camiño da universalidade pasaba, en primeiro lugar, pola asunción e coñecemento da propia cultura. Co fin de romper co secular illamento de Galiza e de incorporala á Europa do seu tempo, desenvolveron un intenso labor político (interviron no movemento nacionalista e na fundación do Partido Galeguista) e, sobre todo cultural (Revista Nós, Seminario de Estudos Galegos). · A etapa de posguerra O estalido da guerra en 1936 supuxo o remate da actividade do grupo: Risco acabaría renunciando ás súas conviccións galeguistas, Pedrayo e Cuevillas víronse obrigados ao silencio intelectual e político e Castelao tomou o camiño do exilio.
  9. 9. Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS son Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas (o Cenáculo ourensán) e tamén Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Antón Losada Diéguez. Os tres primeiros, de procedencia fidalga ou burguesa, teñen unha primeira etapa de inadaptados: dandismo, cosmopolitismo simbolista.... É a partir de 1918 cando centran a súa atención en Galicia. O caso de Castelao é distinto: provén do agrarismo e ten unha procedencia social popular.
  10. 10. Constrúen un dos proxectos culturais colectivos máis singulares non só da Galiza de preguerra, senón de toda a historia da Literatura Galega. Activos dinamizadores culturais e creadores literarios, ao tempo que protagonistas da acción política (participan na creación do Partido Galeguista, son deputados nas Cortes republicanas e publican textos de carácter teórico sobre o nacionalismo), desempeñaron un papel central na vida cultural e política galega entre 1920 e 1936.
  11. 11. Nacen en Ourense e, logo dunha estancia máis ou menos longa fóra da cidade por estudos ou asuntos profesionais, vólvense atopar aquí na segunda década do século XX. Fillos da "boa sociedade" de Ourense, de vocación excéntrica e con inquietudes intelectuais e de intervención pública. Postura elitista e aristocratismo intelectual. Son europeístas respecto de España Son homes polifacéticos, enciclopédicos, que verten a súa sabedoría sobre Galiza
  12. 12. Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo en diferentes obras: Otero Pedrayo en Arredor de si; Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos; Risco en Nós, os inadaptados. A comezos de 1918 deciden incorporarse ás Irmandades da Fala. Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, concibindo Galiza como un país de base labrega, alleo ás tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda poida cumprir un papel dirixente.
  13. 13. O Grupo Nós foi un dos colectivos que con especial significación colabora na recuperación do idioma. Ademais, desenvolven un importante labor político na súa condición de líderes do Partido Galeguista. Os seus compoñentes foron os creadores da moderna prosa literaria galega e figuran entre os máis prolíficos e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.
  14. 14. No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua A narrativa O ensaio O teatro
  15. 15. A narrativa Superar a temática costumista, ruralista e humorística Editar en formato libro a través de editoras creadas por eles (Lar e Nós) Crear unha lingua literaria culta Acabar coa diglosia das novelas do XIX Lusismos, cultismos, préstamos, hiperenxebrismos Introducir o espazo urbano
  16. 16. A narrativa • Novela · Diversifícase a temática: novela realista urbana (O porco de pé), novela histórica (A romaría de Xelmírez), novela psicolóxica (Arredor de si)... · Incorpóranse técnicas narrativas dos autores máis destacados da narrativa europea do momento (Virginia Woolf, Thomas Mann ou James Joyce): introspección e monólogo interior, ruptura da secuencia temporal... • Conto · consolídase o conto literario caracterizado pola busca da brevidade e a síntese. · diversifícase a temática na busca de orixinalidade. Obras representativas: O caso que lle aconteceu ao doutor Albeiros (Risco), Retrincos (Castelao), Contos do camiño e da rúa (Pedrayo).
  17. 17. O teatro Incorpora as técnicas europeas: innovacións Introdución de máscaras. O teatro é un espectáculo total decorado Importancia do músicavestiario Xogos de luces Desvínculase da función propagandística Depúranse elementos costumistas e realistas en favor dos poéticos e simbólicos
  18. 18. O ensaio Son os pioneiros en empregar o galego neste xénero. Ámbitos histórico lingüístico etnográfico Político- ideolóxico xeográfico
  19. 19. A REVISTA «NÓS»
  20. 20. contidos literarios contidos políticos contidos filosóficos contidos etnográficos contidos artísticos
  21. 21. Risco é director e Castelao director artístico A revista vincúlase ao pensamento nacionalista Escriben en galego sobre calquera tema universal A publicidade era maioritariamente en galego. O deseño gráfico ten moita importancia.
  22. 22. O seu traballo supón unha renovación radical do panorama literario galego de principios do século XX, o que os vai dotar dun prestixio indiscutíbel aos ollos dos seus contemporáneos. Este enorme prestixio e, tamén, o carisma que sen dúbida tiñan algúns deles, explican a atracción que os seus proxectos culturais exerceron, tanto sobre os escritores máis vellos como sobre os novos, de modo que moitas das iniciativas propiciadas polos membros do grupo Nós acabaron por abranguer a práctica totalidade do universo literario de preguerra.

×