Irmandades da Fala
Época das Irmandades
O inicio do século XX vén marcado por unha serie
de importantes transformacións económicas e
sociais:...
O AGRARISMO
• Loita pola abolición dos foros e a rexeneración
democrática (caciquismo) e a modernización do agro
galego.
•...
O líder agrarista Basilio Álvarez
Irmandades da Fala
• Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de
Antón Vilar Ponte. En pouco tempo nacen outras
Irma...
Irmandades da Fala
AS IRMANDADES: actividade cultural
• Potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos: ensino,
xustiza, prensa, actos púb...
Actividade cultural: O Seminario de
Estudos Galegos
• Institución fundamental na investigación da
historia e cultura de Ga...
As mulleres nas Irmandades
Creáronse as Irmandades
Femininas (mulleres
vencelladas, familiar ou
sentimentalmente, aos
mili...
AS IRMANDADES: actividade política
• Obxectivos prioritarios: autonomía integral para Galiza, busca
dunhas bases para face...
Irmandades da Fala
• Iª Asemblea
Nacionalista de Lugo
(1918):
cobra corpo o ideario
das Irmandades.
A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES
• Continuidade temática e formal dos autores do
Rexurdimento, cun progresivo deterioramen...
Irmandades da Fala: Prosa
• Proceso de modernización da prosa, completado
coa Xeración Nós e os vangardistas.
• Labor:
– P...
A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936)
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA
(28 de xuño de 1936)
• O espírito das Irmandades e a Iª ...
Nas zonas escuras do mapa
pódense ver as zonas nas que
gaña a Fronte Popular. O PG
intégrase na Fronte.
CARTELARÍA DA FRON...
MITIN PRO-
ESTATUTO
PRAZA DE
TOUROS DE
PONTEVEDRA.
INTERVÉN
ALEXANDRE
BÓVEDA,
SINÁLASE A
ALFONSO D.
CASTELAO.
- O maior éx...
CARTEIS PRO-ESTATUTO
CARTEIS PRO-ESTATUTO de
diferentes organizacións.
Irmandades da fala
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Irmandades da fala

2.274 visualizaciones

Publicado el

As Irmandades da Fala, o Agrarismo. O comezo do século XX.

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
2.274
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
941
Acciones
Compartido
0
Descargas
24
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Irmandades da fala

  1. 1. Irmandades da Fala
  2. 2. Época das Irmandades O inicio do século XX vén marcado por unha serie de importantes transformacións económicas e sociais: • Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedade das terras. • Consolidación dunha burguesía industrial e financeira. • Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte do campesiñado coa abolición do sistema foral. • Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario. • Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes.
  3. 3. O AGRARISMO • Loita pola abolición dos foros e a rexeneración democrática (caciquismo) e a modernización do agro galego. • A lingua é aínda unha cuestión secundaria. • Destacan as organizacións “Solidaridad Gallega” (1907) e “Liga Agraria de Acción Gallega” (1912) e o líder Basilio Álvarez, o “Abade de Beiro”. • O Rexionalismo acada unha maior proxección social ao se sumar ás reinvindicacións agraristas. • Os postulados agraristas terán unha gran repercusión na obra de Cabanillas
  4. 4. O líder agrarista Basilio Álvarez
  5. 5. Irmandades da Fala • Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte. En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades do País. • Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Rexionalismo. • A dignificación e promoción da lingua galega é un dos seus principios fundamentais • Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo • O seu voceiro é a revista A Nosa Terra
  6. 6. Irmandades da Fala
  7. 7. AS IRMANDADES: actividade cultural • Potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos, tradución de obras da literatura universal.. • Fundan editoriais (Céltiga, Alborada, Lar, Nós... ) e publicacións periódicas en galego (A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, Alfar, Ronsel…). • Publican Algunhas normas pra a unificación do idioma galego, traballo de carácter normativo, e un dicionario castelán-galego • Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918) • No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos (1923).
  8. 8. Actividade cultural: O Seminario de Estudos Galegos • Institución fundamental na investigación da historia e cultura de Galiza. • É creado por un grupo de mozos universitarios, entre os que se contan Lois Tobío, Bouza Brey e Filgueira Valverde, no outono de 1923. • Participan nel, como coordinadores dalgunhas das súas seccións, os intelectuais máis destacados do galeguismo: Castelao, Cuevillas e Risco, entre outros.
  9. 9. As mulleres nas Irmandades Creáronse as Irmandades Femininas (mulleres vencelladas, familiar ou sentimentalmente, aos militantes nacionalistas). Sen vida organizativa activa. Bordado de bandeiras, recadación de fondos económicos... Ausencia nos xornais ligados ao nacionalismo, conferencias... I Asemblea Nacionalista Recóllese nun punto a igualdade de dereitos para a muller galega. Nun punto posterior, aclárase que a igualdade de dereitos reivindícase, cando menos, para a muller casada e co home emigrado. ¿Por que e como? A emigración fixo que moitas delas quedasen ao cargo da economía familiar, polo que conviña que tivesen personalidade xurídica. Emprego sistemático de termos referidos ao seu aspecto físico e sentimental (beleza, doces sentimentos, tenrura) Defínese en varios lugares o rol que a muller galega debe ocupar dentro do nacionalismo: axudar os homes. (labor asistencial).
  10. 10. AS IRMANDADES: actividade política • Obxectivos prioritarios: autonomía integral para Galiza, busca dunhas bases para facer posíbel un federalismo con Portugal. • Institucións lexislativas e xudiciais propias, autonomía fiscal. • Cooficialidade do galego. • Igualdade de dereitos da muller. • Reformas que rematen co secular atraso da economía galega • Na Asemblea de Lugo de 1918 convértense nun partido político e formulan as teses do nacionalismo galego: GZ posúe todas as características que a definen como nación. Na última asemblea (1931) fúndase o Partido Galeguista. Este programa será recollido polo Partido Galeguista durante a Segunda República.
  11. 11. Irmandades da Fala
  12. 12. • Iª Asemblea Nacionalista de Lugo (1918): cobra corpo o ideario das Irmandades.
  13. 13. A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES • Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento, cun progresivo deterioramento estético: costumismo ruralista, historicismo celtista, intimismo sentimental e reivindicación cívica. • Dúas tendencias xerais na poesía do primeiro terzo do século XX: continuista (Noriega Varela, Crecente Vega) e renovadora (Ramón Cabanillas, quen renova o empobrecido panorama, achegándose ás tendencias que dominan a lírica europea)
  14. 14. Irmandades da Fala: Prosa • Proceso de modernización da prosa, completado coa Xeración Nós e os vangardistas. • Labor: – Prosa non ficción: • Antón Villar Ponte: – Figura fundamental no xornalismo – Iniciador do ensaio político – Prosa ficción: • Creación de Céltiga • Creación de Lar (proxecto de colección de novelas breves que achegan a cultura popular e aos renovadores)
  15. 15. A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936) O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA (28 de xuño de 1936) • O espírito das Irmandades e a Iª Asemblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista (1931), no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, elaborado en 1932 e ao redor do cal van sumando apoios sociais e políticos ata 1936. PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA (14-05-1931)
  16. 16. Nas zonas escuras do mapa pódense ver as zonas nas que gaña a Fronte Popular. O PG intégrase na Fronte. CARTELARÍA DA FRONTE POPULAR, BLOQUE DE ESQUERDAS NO QUE SE INTEGRA O PARTIDO GALEGUISTA
  17. 17. MITIN PRO- ESTATUTO PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA. INTERVÉN ALEXANDRE BÓVEDA, SINÁLASE A ALFONSO D. CASTELAO. - O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936). - Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936. - As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.
  18. 18. CARTEIS PRO-ESTATUTO
  19. 19. CARTEIS PRO-ESTATUTO de diferentes organizacións.

×