Manuel Curros Enríquez é,
xunto con Rosalía de Castro e
Eduardo Pondal, o gran
referente do “Rexurdimento”
da literatura g...
 Considera que a poesía debe estar ao
servizo da sociedade, comprometida cos
máis desfavorecidos.
 Autor de dous libros:...
 Os ataques públicos e o procesamento por
mor dos poemas de ton anticlerical que
figuran en Aires da miña terra fixeron q...
A súa poesía estivo marcada polo combate e o compromiso cos ideais
de progreso, democracia, liberdade, república e galegui...
O libro ten unha estrutura encadrada:
ábrese cun poema de ton xustificatorio, a
"Introdución" e féchase cunha esperanzada
...
 Aínda que cre na poesía social e a maior
parte dos poemas pertencen a esta temática,
hai ademais outras temáticas:
. Tem...
a) Cívica:
 Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de
xeito altruísta, pola sociedade en que vive e ...
b) Poesía costumista
— Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda
popular en tres romances: o noivado, a cerimon...
 c) Poesía intimista
Poemas que se deben a sentimentos provocados por
diferentes circunstancias como o nacemento dun fill...
 Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un
percorrido crítico, polos sete vagóns que
conteñen sete pecados capitais:
P...
 É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros
critica o negocio das peregrinacións e satiriza a diversas
perso...
 Curros baseou o seu galego literario na fala
popular, resultando en liñas xerais máis
enxebre, depurado de castelanismos...
Manuel Curros Enríquez
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Manuel Curros Enríquez

2.242 visualizaciones

Publicado el

Manuel Curros Enríquez, 3º ESO

Publicado en: Educación
0 comentarios
1 recomendación
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
2.242
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
1.151
Acciones
Compartido
0
Descargas
17
Comentarios
0
Recomendaciones
1
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Manuel Curros Enríquez

  1. 1. Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.
  2. 2.  Considera que a poesía debe estar ao servizo da sociedade, comprometida cos máis desfavorecidos.  Autor de dous libros: Aires da miña terra, publicado en 1880, e O Divino Sainete, publicado en 1888.  O seu primeiro poema, «Cántiga» foi escrito con tan só 18 anos.  En 1877 gaña o certame poético convocado en Ourense con «A virxe do cristal», «Unha voda en Einibó» e «O gaiteiro de Penalta»
  3. 3.  Os ataques públicos e o procesamento por mor dos poemas de ton anticlerical que figuran en Aires da miña terra fixeron que a sona de Curros se espallase por toda Galiza e que a obra tivese moi boa acollida (a primeira edición esgotouse en apenas quince días), de xeito que o celanovés acabou por ser o poeta galego do século XIX máis coñecido popularmente, mesmo por riba da sona de Rosalía.
  4. 4. A súa poesía estivo marcada polo combate e o compromiso cos ideais de progreso, democracia, liberdade, república e galeguismo, contra a inxustiza e a opresión. Está asentada en tres bases:  1.- Progresismo: Curros é un poeta social que defende con firmeza as liberdades e os dereitos individuais, que canta os elementos do progreso e ataca a intolerancia, a censura, o fanatismo relixioso, a tiranía, a pena de morte e os abusos dos poderosos.  2.- Compromiso social: Curros cre que ten como misión ética denunciar a inxustiza, poñerse ao lado dos que sofren, dos maltratados, dos perseguidos, ser a voz dos que non teñen voz. Ataca así o caciquismo, a opresión, a explotación dos campesiños, os privilexios dos máis ricos, etc.  3.- Anticlericalismo: Ataca sen desmaio a Igrexa católica, o Papa, os xesuítas, os frades e os clérigos de ideoloxía carlista, por consideralos imaxe da intolerancia, represores da liberdade de pensar e facer ciencia, fariseos, etc.
  5. 5. O libro ten unha estrutura encadrada: ábrese cun poema de ton xustificatorio, a "Introdución" e féchase cunha esperanzada "Encomenda".
  6. 6.  Aínda que cre na poesía social e a maior parte dos poemas pertencen a esta temática, hai ademais outras temáticas: . Temática costumista: os tres poemas cos que gañou o certame están incluídos neste libro. . Temática intimista: poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade.
  7. 7. a) Cívica:  Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater as inxustizas que se cometen coas clases populares.  Presenta as seguintes características xerais: – Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes. – Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da figura-cumio (o Papa). – Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral. – Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...
  8. 8. b) Poesía costumista — Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o xantar. — Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias rosalianas). — Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de mil cen versos.
  9. 9.  c) Poesía intimista Poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade. • “Ben chegado” • “¡Ai!” • “Na morte da miña nai” • “A Rosalía” • “Tempro deserto” • “Sola”
  10. 10.  Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un percorrido crítico, polos sete vagóns que conteñen sete pecados capitais: PREGUIZA – ENVEXA – GULA – IRA – LUXURIA – AVARICIA – SOBERBIA  Está concibida como unha réplica de A divina comedia de Dante. Curros sitúa a acción nun tren que se dirixe a Roma.
  11. 11.  É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros critica o negocio das peregrinacións e satiriza a diversas personalidades e institucións da vida galega.  Tres obxectivos básicos: . Facer unha crítica ás institucións de goberno e aos sectores reaccionarios da sociedade en xeral e á Igrexa católica en particular. . Expresar unha defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e reivindicar a existencia da Literatura Galega. . Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.
  12. 12.  Curros baseou o seu galego literario na fala popular, resultando en liñas xerais máis enxebre, depurado de castelanismos e rico que o de Rosalía, aínda que menos elaborado e culturizante que o de Pondal.  A súa poesía ten unha intención claramente didáctica e moralizante e a súa linguaxe procura ante todo sinxeleza, autenticidade e eficacia comunicativa.  Válese con frecuencia de recursos como a anáfora e o paralelismo.

×