SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Hai moito tempo, nunha aldea moi pequena, vivía un rapaz chamado Brais cos seus pais e coa súa
irmá pequena, Xulia. A casa estaba situada ao lado dun cemiterio que era vello, estaba pouco
iluminado e case sempre estaba recuberto dunha néboa espesa. Tamén tiña una igrexa pequena
coas portas e os cristais rotos. Pasando o cemiterio, atopábase un pequeno monte que ardera o
verán pasado nun incendio provocado. Ao final do monte, estaba a vía do tren. Brais estudaba
todos os días en Santiago e, para ir, collía o autobús a un quilómetro da casa, polo que todos os días
atravesaba o cemiterio e o monte.
Un día de inverno, alá polo un de novembro, Brais tiña un exame moi importante, que levaba
preparando toda a semana. Por iso, ese día deitouse cedo. Aquel día, o rapaz espertou angustiado
e mirou para o reloxo da mesa de noite. Eran xa as oito menos vinte! Non podía ser, quedarase a
durmir. Levantouse dun salto, vestiuse e saíu pitando. Xa empezaba a chover cando saíu pola porta
da casa. Cando pasaba polo cemiterio, decatouse que estaba máis escuro do normal, pero como era
tarde seguiu correndo. O monte tamén estaba raro, pois ía moito vento e os esqueletos das árbores
movíanse de forma exaxerada.
Que raro estaba todo! O veciño que marchaba para traballar desa hora, tampouco aparecía… Por fin,
cando xa estaba chegando á parada do autobús, viu que non había ninguén esperando na
marquesiña escangallada …. Despois de estar esperando un bo anaco de tempo, xa se estaba
poñendo un pouco nervioso pois, ou perdera o autobús ou algo pasaba.
Brais decidiu remexer a mochila, pois no fondo dela tiña o reloxo coa correa rota, que non tivera
tempo de arranxar. Así que atopou o reloxo, non o podía crer, pero como podía ser? Só eran as tres
da mañá! Por iso non había ninguén pola estrada… Despois de todo, tiña que volver para a casa
inmediatamente. Cada vez a choiva era máis forte. De novo empezou a correr cara á casa… Que
mala sorte!
Agora si que viña o peor. A Brais non lle gustaba nada cruzar só de noite polo monte, pois seu avó
contáralle unha historia terrorífica que acontecera nos tempos da guerra. Naquel lugar, fusilaban
os desertores e, cada vez que pasaba por alí, acordábase diso, así que cruzou a vía do tren a toda
velocidade. Quedouse parado na entrada do monte. Tiña a roupa empapada e un calafrío
percorreulle todo o corpo… O moucho non facía máis que berrar, que son máis arrepiante!!! As
pólas das árbores parecían esqueletos xigantes e o cheiro a queimado non axudaba nada. Pechou os
ollos e outra vez botou a correr.
Xa coa lingua fóra, chegou ao cemiterio. Alí minguou a marcha, pois xa non podía máis, pero de
repente oíu una voz potente, que parecía lamentarse. A néboa era máis espesa que nunca e, como
estaba preto da casa, volveu a apurar o paso, con tan mala sorte que non veu o burato da lápida e
caeu dentro del…. Caeu de cu no burato. Co susto que levou, entráronlle as ganas de mexar e ata se
estaba mareando. Era o que lle faltaba!!!
Seguía chovendo moi forte, xa estaba desesperado, pois non sabía como saír de alí. Non sei canto
tempo levaba no burato cando o Sr. Edelmiro, o coidador do cemiterio, apareceu, botoulle una
corda que atou ao cinto e, escalando, logrou saír do burato.
-Pero rapaz, non escoitabas cando che berrei que tiveses coidado co burato?
-Que fas destas horas fóra da casa??
Cando por fin estaba arriba, notou como perdía o coñecemento do susto tan grande que levara.
Estaba branco coma una saba. Vaia saída nocturna tan arrepiante!! Edelmiro levouno ata a súa
caseta. Alí sentouno e deixou que se tranquilizase, pois case non podía falar… Deulle un pouco de
auga e, despois dun tempo, puido contarlle a historia. Aínda quedaba o tramo final e, tal como se
atopaba, o señor Edelmiro decidiu acompañalo ata a porta da casa. Deixouno alí e marchou.
Eran as tres e media da noite, tocou dúas veces o picaporte, pero ninguén aparecía, que raro…
Despois de tocar varias veces o pai saíu coa arma a ventá, pois xa non era a primeira vez que
atracaban as casas pola noite. Brais tivo que berrar moi forte:
-Papá, papá, que son eu, non dispares, por favor…
O pai non daba crédito ao que estaba vendo.
- Brais, pero como é que estas fóra destas horas? Estás enchoupado..
E unha longa historia, papá, mellor cóntocha mañá… despois do exame…
Despois de abrirlle a porta, o pai tivo que acompañalo á ducha, preparoulle un pouco leite quente e
deullo. Por fin empezaba a recuperar a cor das meixelas, Sen dúbida aquela noite sería para
recordar.
Aquela mesma tarde o pai mercoulle un espertador novo, que non levaba pilas, así, tardaría tempo
en fallar… pois non creo que superase outra parecida….
BRAIS SOBRINO
1º ESO B
Curso 2016/2017

More Related Content

What's hot

Afonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez CastelaoAfonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez Castelaoaxa7
 
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.Marlou
 
A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña Reme Rbm
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
Lectura comprensiva- galego -novos veciños
Lectura comprensiva- galego -novos veciñosLectura comprensiva- galego -novos veciños
Lectura comprensiva- galego -novos veciñosLOPEZMOURENZA
 
Conto as misteriosas aventuras dos 4 camiños
Conto  as misteriosas aventuras dos 4 camiñosConto  as misteriosas aventuras dos 4 camiños
Conto as misteriosas aventuras dos 4 camiñosTrinidadGS
 

What's hot (10)

Brancaneves
BrancanevesBrancaneves
Brancaneves
 
Afonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez CastelaoAfonso Daniel Rodriguez Castelao
Afonso Daniel Rodriguez Castelao
 
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
Oscar Iglesias. O crepúsculo e as fromigas.
 
Unha historia sorprendente
Unha historia sorprendenteUnha historia sorprendente
Unha historia sorprendente
 
A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña A verdadeira historia de carapuchiña
A verdadeira historia de carapuchiña
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
"A Estadea"
"A Estadea""A Estadea"
"A Estadea"
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Lectura comprensiva- galego -novos veciños
Lectura comprensiva- galego -novos veciñosLectura comprensiva- galego -novos veciños
Lectura comprensiva- galego -novos veciños
 
Conto as misteriosas aventuras dos 4 camiños
Conto  as misteriosas aventuras dos 4 camiñosConto  as misteriosas aventuras dos 4 camiños
Conto as misteriosas aventuras dos 4 camiños
 

Viewers also liked

Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesurestrasnoparoleiro
 
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barraltrasnoparoleiro
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclotrasnoparoleiro
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzotrasnoparoleiro
 

Viewers also liked (6)

Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
 
"Onde está o medo?"
"Onde está o medo?""Onde está o medo?"
"Onde está o medo?"
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclo
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
 
O regalo terrorífico
O regalo terroríficoO regalo terrorífico
O regalo terrorífico
 

Similar to O reloxo maldito

Similar to O reloxo maldito (20)

O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Ánxel Fole
Ánxel FoleÁnxel Fole
Ánxel Fole
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
Escape.zaira 6
Escape.zaira 6Escape.zaira 6
Escape.zaira 6
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 
As sombras dos templarios
As sombras dos templariosAs sombras dos templarios
As sombras dos templarios
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosas
 
A casa da familia March
A casa da familia MarchA casa da familia March
A casa da familia March
 
A casa da familia march
A casa da familia marchA casa da familia march
A casa da familia march
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Terror nico
Terror nicoTerror nico
Terror nico
 
Club lectura 3 poe
Club lectura 3 poeClub lectura 3 poe
Club lectura 3 poe
 
Club lectura 3 poe
Club lectura 3 poeClub lectura 3 poe
Club lectura 3 poe
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 

More from trasnoparoleiro

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROtrasnoparoleiro
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegotrasnoparoleiro
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesurestrasnoparoleiro
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesurestrasnoparoleiro
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNtrasnoparoleiro
 
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castrotrasnoparoleiro
 
O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014trasnoparoleiro
 
Conto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anosConto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anostrasnoparoleiro
 
Conto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anosConto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anostrasnoparoleiro
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013trasnoparoleiro
 
O voceiro do piñeiro manso
O voceiro do piñeiro mansoO voceiro do piñeiro manso
O voceiro do piñeiro mansotrasnoparoleiro
 

More from trasnoparoleiro (20)

"As Malvinas"
"As Malvinas""As Malvinas"
"As Malvinas"
 
En galego, sen cancelas
En galego, sen cancelasEn galego, sen cancelas
En galego, sen cancelas
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
O galego está en nós
O galego está en nósO galego está en nós
O galego está en nós
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesures
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
Violencia de xénero
Violencia de xéneroViolencia de xénero
Violencia de xénero
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
 
Bokaneir@s
Bokaneir@sBokaneir@s
Bokaneir@s
 
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
178 aniversario do nacemento de rosalía de castro
 
Carteis Samaín 2014
Carteis Samaín 2014Carteis Samaín 2014
Carteis Samaín 2014
 
O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014O voceiro do piñeiro manso 2014
O voceiro do piñeiro manso 2014
 
Conto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anosConto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anos
 
Conto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anosConto de terror E. Infantil 5 anos
Conto de terror E. Infantil 5 anos
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
 
O voceiro do piñeiro manso
O voceiro do piñeiro mansoO voceiro do piñeiro manso
O voceiro do piñeiro manso
 
C de campo2012
C de campo2012C de campo2012
C de campo2012
 
4 b nadal alicia
4 b   nadal alicia4 b   nadal alicia
4 b nadal alicia
 

O reloxo maldito

  • 1. Hai moito tempo, nunha aldea moi pequena, vivía un rapaz chamado Brais cos seus pais e coa súa irmá pequena, Xulia. A casa estaba situada ao lado dun cemiterio que era vello, estaba pouco iluminado e case sempre estaba recuberto dunha néboa espesa. Tamén tiña una igrexa pequena coas portas e os cristais rotos. Pasando o cemiterio, atopábase un pequeno monte que ardera o verán pasado nun incendio provocado. Ao final do monte, estaba a vía do tren. Brais estudaba todos os días en Santiago e, para ir, collía o autobús a un quilómetro da casa, polo que todos os días atravesaba o cemiterio e o monte. Un día de inverno, alá polo un de novembro, Brais tiña un exame moi importante, que levaba preparando toda a semana. Por iso, ese día deitouse cedo. Aquel día, o rapaz espertou angustiado e mirou para o reloxo da mesa de noite. Eran xa as oito menos vinte! Non podía ser, quedarase a durmir. Levantouse dun salto, vestiuse e saíu pitando. Xa empezaba a chover cando saíu pola porta da casa. Cando pasaba polo cemiterio, decatouse que estaba máis escuro do normal, pero como era tarde seguiu correndo. O monte tamén estaba raro, pois ía moito vento e os esqueletos das árbores movíanse de forma exaxerada. Que raro estaba todo! O veciño que marchaba para traballar desa hora, tampouco aparecía… Por fin, cando xa estaba chegando á parada do autobús, viu que non había ninguén esperando na marquesiña escangallada …. Despois de estar esperando un bo anaco de tempo, xa se estaba poñendo un pouco nervioso pois, ou perdera o autobús ou algo pasaba. Brais decidiu remexer a mochila, pois no fondo dela tiña o reloxo coa correa rota, que non tivera tempo de arranxar. Así que atopou o reloxo, non o podía crer, pero como podía ser? Só eran as tres da mañá! Por iso non había ninguén pola estrada… Despois de todo, tiña que volver para a casa inmediatamente. Cada vez a choiva era máis forte. De novo empezou a correr cara á casa… Que mala sorte! Agora si que viña o peor. A Brais non lle gustaba nada cruzar só de noite polo monte, pois seu avó contáralle unha historia terrorífica que acontecera nos tempos da guerra. Naquel lugar, fusilaban os desertores e, cada vez que pasaba por alí, acordábase diso, así que cruzou a vía do tren a toda velocidade. Quedouse parado na entrada do monte. Tiña a roupa empapada e un calafrío percorreulle todo o corpo… O moucho non facía máis que berrar, que son máis arrepiante!!! As pólas das árbores parecían esqueletos xigantes e o cheiro a queimado non axudaba nada. Pechou os ollos e outra vez botou a correr. Xa coa lingua fóra, chegou ao cemiterio. Alí minguou a marcha, pois xa non podía máis, pero de repente oíu una voz potente, que parecía lamentarse. A néboa era máis espesa que nunca e, como
  • 2. estaba preto da casa, volveu a apurar o paso, con tan mala sorte que non veu o burato da lápida e caeu dentro del…. Caeu de cu no burato. Co susto que levou, entráronlle as ganas de mexar e ata se estaba mareando. Era o que lle faltaba!!! Seguía chovendo moi forte, xa estaba desesperado, pois non sabía como saír de alí. Non sei canto tempo levaba no burato cando o Sr. Edelmiro, o coidador do cemiterio, apareceu, botoulle una corda que atou ao cinto e, escalando, logrou saír do burato. -Pero rapaz, non escoitabas cando che berrei que tiveses coidado co burato? -Que fas destas horas fóra da casa?? Cando por fin estaba arriba, notou como perdía o coñecemento do susto tan grande que levara. Estaba branco coma una saba. Vaia saída nocturna tan arrepiante!! Edelmiro levouno ata a súa caseta. Alí sentouno e deixou que se tranquilizase, pois case non podía falar… Deulle un pouco de auga e, despois dun tempo, puido contarlle a historia. Aínda quedaba o tramo final e, tal como se atopaba, o señor Edelmiro decidiu acompañalo ata a porta da casa. Deixouno alí e marchou. Eran as tres e media da noite, tocou dúas veces o picaporte, pero ninguén aparecía, que raro… Despois de tocar varias veces o pai saíu coa arma a ventá, pois xa non era a primeira vez que atracaban as casas pola noite. Brais tivo que berrar moi forte: -Papá, papá, que son eu, non dispares, por favor… O pai non daba crédito ao que estaba vendo. - Brais, pero como é que estas fóra destas horas? Estás enchoupado.. E unha longa historia, papá, mellor cóntocha mañá… despois do exame… Despois de abrirlle a porta, o pai tivo que acompañalo á ducha, preparoulle un pouco leite quente e deullo. Por fin empezaba a recuperar a cor das meixelas, Sen dúbida aquela noite sería para recordar. Aquela mesma tarde o pai mercoulle un espertador novo, que non levaba pilas, así, tardaría tempo en fallar… pois non creo que superase outra parecida…. BRAIS SOBRINO 1º ESO B Curso 2016/2017