SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Descargar para leer sin conexión
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA
SALA DO SOCIAL - SECRETARIA Dona M. SOCORRO BAZARRA VAREIA
TIPO E Nº DE RECURSO: RECURSO SUPLICACION 160/2009 MGL
Materia: INCOMPETENCIA
Recorrente/a: XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO
Recorrido/a: TELEFONICA DE ESPANA, S.A.U.
Xulgado de Orixe/Autos: XDO. DO SOCIAL nº 2 de OURENSE
DEMANDA Z89/2006



                                TESTEMUÑAL

M. SOCORRO BAZARRA VARELA a Secretaria Xudicial da Sala do Social
deste Tribunal Superior de Xustiza, DOU FE de que nas actuacións de
recurso de suplicación cuxo detalle consta no encabezamento deste
testemuñal, ditouse resolución, cuxo tenor literal é o seguinte:


ILMOS/AS. SRES/AS. MAGISTRADOS D./Dna.
ANTONIO GARCIA AMOR
MANUEL CARLOS GARCIA CARBALLO
RICARDO PEDRO RON LATAS


A CORUNA, vinteseis de febreiro de dous mil dez.


     A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
     composta polos Sres. Maxistrados citados ao marxe e


                              EN NOME DO REI


ditouse a seguinte


                                 SENTENZA

     No recurso de Suplicación número 160/2009 interposto por DON
XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO contra a sentencia do XDO. DO SOCIAL nº 2
de OURENSE, sendo Ponente o Ilmo. Sr. D. ANTONIO GARCIA AMOR.


                          ANTECEDENTES DE FEITO

     PRIMEIRO.- Que segundo consta en autos presentouse demanda por
DON XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO en reclamación de INCOMPETENCIA sendo
demandado TELEFONICA DE ESPANA, S.A.U..
No seu día celebrouse acto de vista, ditándose en autos núm.
289/2008 sentenza con data vintenove de Outubro de dous mil oito polo
Xulgado de referencia que estimou a demanda.


     SEGUNDO.- Que na citada sentenza declaran como feitos probados
os seguintes:


     PRIMEIRO.- Pola entidade TERRA NETWORRK ESPAÑA SAU (na
actualidade absorbida pola demandada TELEFONICA DE ESPAÑA S.A.U
organizouse en xuño de 2006 un campionato de blogs", como
consecuencia do campionato mundial de fútbol celebrado en Alemaña
nese año. / O premio indicando que o blog máis visitado, seria o
gañador do premio "blogueiro oficial de Terra" que consistía en
firmar un contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de
blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra. / SEGUNDO.-O actor
D. XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO, participou en dito campionato, creando
o seu propio blog: "World Cup blog 06". O 9 de Xullo finalizou o
campionato resultando o blog do actor o máis visitado. / Trala
finalización do concurso, a empresa remite correo ao actor do
seguinte tenor literal: / "Estimado Xosé Antón. / Grazas por porte en
contacto con nós. Efectivamente, es o gañador do concurso que
organizamos cos blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do
concurso [http:///...], o premio final é o titulo de "Blogueiro
oficial de Terra". Vamos a explicarche en que consiste. / No portal
existen internamente dúas categorías de blogs: os que creades a
audiencia do portal, e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten
presencia destacada tanto na portada como nas respectivas canles. O
premio dáche dereito a converterte en blogueiro colaborador, é dicir,
integrante na "plantilla" de blogueiros do portal. Isto supón ademais
ter acceso a unha contraprestación mensual en concepto de
colaborador, que se activa sempre que a audiencia de blog acade os
15.000 visitantes únicos ao mes. A contraprestación neste caso seria
de 400.00 € + IVE. / Por suposto a liña editorial do blog, o estilo,
etc. Debe estar consensuada previamente co equipo editorial da canle
de Deportes. / TERCEIRO.- Tívose por intentada sen efecto a
conciliación ante a UPMAC.


     TERCEIRO.- Que a parte dispositiva da indicada resolución é do
tenor literal seguinte:


     FALLO: Que estimando a excepción de incompetencia de
xurisdicción por razón da materia alegada e, sen entrar a coñecer do
fondo do asunto, debo absolver e absolvo, na instancia á demandada
das pretensións na súa contra esgrimidas.


     CUARTO.- Contra dita sentenza interpúxose recurso de Suplicación
pola parte demandante sendo impugnado de contrario. Elevados os autos
a este Tribunal, dispúxose o paso dos mesmos ao Ponente.
FUNDAMENTOS DE DEREITO

     PRIMEIRO.- A sentenza de instancia declarou a incompetencia
obxectiva ou por razón da materia da xurisdición social para resolver
a demanda do traballador e, sen coñecer a cuestión litixiosa de
fondo, absolveu á empresa demandada, atribuíndo a competencia á
xurisdición civil.


     O actor recorre dito pronunciamento. A tal fin, solicita a súa
nulidade por entender que infrinxe os artigos 1 e 2.a) da Lei de
procedemento Laboral (LPL), pois as circunstancias do caso determinan
a existencia dun precontrato ou dunha promesa de traballo laboral
cuxo coñecemento e decisión corresponde ao orden xurisdicional
social.


     SEGUNDO.- A xurisprudencia (TS s. 11-12-2000) afirma que a
natureza de orden público (art. 9.1 e 6 Lei Orgánica do Poder
Xudicial -LOPX-) que é propia da excepción de incompetencia de
xurisdición, faculta á Sala para valorar na súa integridade o
material probatorio incorporado aos autos, sen vinculación ás
declaracións da resolución impugnada.


     De acordo co anterior, tras valorar a proba documental
incorporada ás actuacións, declaramos como feitos probados:


     lº.- En xuño de 2006 e con motivo do Campionato Mundial de
Fútbol a celebrar en Alemaña en tal data, Terra Networks España
organizou vía internet un campionato de 'blogs'.


     2º.- O 6-6-2006 e a instancia de numerosos interesados, a citada
empresa manifestou vía internet o seguinte: "O gañador do premio ao
'blogueiro oficial de Terra' será o blog que teña maior número de
visitas (número 1 no ranking 'dos máis visitados'). O premio
'blogueiro oficial de Terra' consiste en firmar un contrato con Terra
para formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de
Deportes de Terra redactando un blog sobre esta temática...".
     3º.- O demandante participou no concurso referido co seu blog
'World Cup blog 06".


     4º.- O 16-6-2006, Terra Networks España e Telefónica de España
SAU acordaron a súa integración.


     5º.- Terra Networks España remitiu ao actor os seguintes correos
electrónicos:


     I/ O 19-9-2006: '... Efectivamente, es o gañador do concurso que
organizamos cos Blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do
concurso ..., o premio final é o título de 'Blogueiro oficial de
Terra'. Vamos a explicarche en que consiste. No portal existen
internamente dúas categorías de blogs: os que creades a audiencia do
portal, e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten presencia
tanto na portada como nas respectivas canles. O premio dáche dereito
a converterte en blogueiro colaborador, é dicir, integrarte na
“plantilla” de blogueiros do portal. Isto supón ademais ter acceso a
unha contraprestación mensual en concepto de colaborador, que se
activa sempre que a audiencia do blog acade os 15.000 visitantes
únicos ao mes. A contraprestación neste caso sería de 400.00 € +IVE.
     Por suposto, a liña editorial do blog, o estilo, etc. debe estar
consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes...".


     II/ O 29-9-2096: "... Esperamos que as características asociadas
ao título 'Blogueiro oficial' sexan do teu interese, e como comentas
se plasmarán nun contrato que reflectirá basicamente a información
que che transmitimos e que che faremos chegar nos próximos días por
este medio...".


     III/ O 23-10-2006: "Unha vez recibido desde a nosa área xurídica
o borrador do contrato referente á colaboración como 'Blogueiro
oficial de Terra', título asignado como gañador do concurso Blogs do
Mundial, procedemos a remitir copia do mesmo. Trátase dun contrato
estándar para este tipo de colaboracións. Quedamos á espera da túa
resposta sobre o borrador...".


     6º.- Non consta en autos copia do contrato nin resposta do
demandante.


     7º.- O 28-8-2006, o actor presentara solicitude de arbitraxe: O
Colexio Arbitral, por decisión de 17-4-2007, acordou que
"...Telefónica de España SAU incorporará ao reclamante a súa
“plantilla” de traballadores en calquera das modalidades anteriores,
coas mesmas condicións de traballo que os demais traballadores que
desempeñen funcións análogas ...". A sentenza da Audiencia Provincial
de Ourense, de 16-10-2007 en autos no 431/2007, decidiu: "Estímase o
recurso de anulación formulado pola representación procesual de
Telefónica de España SAU contra o laudo ditado polo Colexio Arbitral
de Consumo de Ourense en 17 de abril de 2007, en expediente nº
31.608, cuxa resolución se anula e se deixa sen efecto...".


     8º.- O 11-3-2008 o demandante presentou papeleta de conciliación
fronte a Telefónica de España SAU. O 2-4-2008 celebrouse o acto
conciliatorio co resultado 'sen efecto' por incomparecencia da
empresa conciliada.


     9º.- O 17-4-2008 presentou a actual demanda contra Telefónica de
España SAU, co fin: '... 1. Declárese a obriga da demandada de
incorporar ao meu mandante ao conxunto de traballadores en calidade
de 'blogueiro oficial' ou similar categoría, nas mesmas condicións de
traballo e dereitos que os demais traballadores que desempeñen
funcións análogas. 2. Condénese á demandada a que indemnice ao meu
mandante por danos e prexuízos na cantidade de setenta e catro mil
cento cincuenta e tres euros con noventa e oito céntimos de euros
(74.153,98 euros) en concepto de incumprimento no seu día da promesa
de contrato de traballo. 3. Imposición de costas".


     TERCEIRO.- Os datos expostos no fundamento xurídico anterior
levan a estimar o recurso, previas as seguintes consideracións:


     lª.- O artigo 9.5 LOPX atribúe ao orden xurisdicional social,
con carácter privativo, a competencia para coñecer das pretensións
que se promovan dentro da rama social do dereito, principio que
reitera o artigo 1 LPL e desenvolve o artigo 2.a) deste código, ao
asignar aos órganos xurisdicionais de tal orden as cuestións
litixiosas que se promovan entre empresarios e traballadores como
consecuencia do contrato de traballo.
     Pola súa parte, o Tribunal Supremo (s. 15-1-2009) afirma que
"para resolver si o asunto sometido á consideración da Sala é
competencia do orden xurisdicional social ou do contencioso-
administrativo (agora, civil) estarase ao obxecto do proceso sendo
determinante a efectos da atribución competencia1 a reclamación
contida na demanda reitora do mesmo. Elo é así sen prexuízo de que a
solución do caso poida necesitar a decisión dunha cuestión
correspondente en principio a un sector do ordenamento distinto da
rama social do dereito, que sexa abordada como efecto indirecto da
pretensión exercitada".


     2ª.- Aplicar ao caso, a normativa e a xurisprudencia sinaladas
fan que a cuestión prantexada en demanda evidencie que é a
xurisdición social a competente para resolvela, pois de forma
inequívoca o pretendido en demanda ten natureza laboral, como é, con
carácter principal, a integración do demandante na “plantilla” da
empresa (terminoloxía de Terra Networks España sucedida pola
demandada Telefónica de España SAU) con categoría determinada e en
igualdade de dereitos con quen xa realizan funcións propias da mesma,
así como subsidiariamente, a indemnización por danos e prexuízos
derivada do incumprimento empresarial.


     É certo que ao momento de demandar non existía contrato entre os
litigantes pero si, previamente, diversas manifestacións de vontade
libremente emitidas pola empresa ao actor que, con carácter
vinculante para aquela e con independencia de súa cualificación
xurídica (precontrato, oferta ou promesa de contrato), crearon no
destinatario, ao menos en principio, unha expectativa de traballo
que, precisamente, a demanda trata de facer realidade efectiva
mediante a subscrición do oportuno contrato laboral, elemento
esencial para afirmar calquera relación de traballo, e conseguinte
adquisición polo demandante da calidade de traballador; deste modo, a
controversia presenta, subxectiva e obxectivamente, os elementos ou
presupostos necesarios para afirmar a competencia decisoria do orden
social da xurisdición, en todo caso con independencia do signo con
que se resolva a cuestión litixiosa de fondo que, polo dito, non
afecta á competencia xurisdicional.


     Por todo elo,


                              FALLAMOS

     Estimamos o recurso de suplicación interposto pola
representación legal de D. Xosé Antón Vázquez Dorrío contra a
sentenza do Xulgado do Social nº 2 de Ourense, de 29 de outubro de
2008 en autos nº 289/2008, que anulamos, con devolución das
actuacións ao órgano xurisdicional do que provén para, seguindo o
proceso a súa tramitación e con plena liberdade de criterio, adopte a
resolución que proceda sobre a demanda formulada polo recorrente
contra Telefónica de España SAU.


     Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra a mesma,
só cabe Recurso de Casación para unificación de doutrina que se
preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos DEZ DIAS
seguintes á notificación desta Sentencia e de acordo co disposto nos
artigos 218 e seguintes da Lei de Procedemento Laboral. Unha vez
firme, expídase certificación para constancia no Rollo que se
arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente
Libro de Sentencias, previa devolución dos autos ao Xulgado do Social
de procedencia.


     Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e
asinámolo.


     O anteriormente inserido concorda e correspóndese fielmente co
seu orixinal, ao que me remito: na súa virtude, para que así conste
ante quen corresponda, expido e asino o presente testemuñal en A
CORUÑA a 26 de febreiro de 2010.

Más contenido relacionado

Destacado

Jcf iind 2010-227 logistica y cadena de s
Jcf iind 2010-227 logistica y cadena de sJcf iind 2010-227 logistica y cadena de s
Jcf iind 2010-227 logistica y cadena de sAngel Rodriguez S
 
Instalacion del sistema operativooperativo2
Instalacion del sistema operativooperativo2Instalacion del sistema operativooperativo2
Instalacion del sistema operativooperativo2Natalie Garcia
 
Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)
Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)
Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)pablo_ca123
 
บทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษา
บทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษาบทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษา
บทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษาB'nust Thaporn
 
Comprobación de la compuerta lógica ex
Comprobación de la compuerta lógica exComprobación de la compuerta lógica ex
Comprobación de la compuerta lógica exMoises
 
Jcf iind 2010-227 gestion de los sist de cal
Jcf iind 2010-227 gestion de los sist de calJcf iind 2010-227 gestion de los sist de cal
Jcf iind 2010-227 gestion de los sist de calAngel Rodriguez S
 

Destacado (14)

Jcf iind 2010-227 logistica y cadena de s
Jcf iind 2010-227 logistica y cadena de sJcf iind 2010-227 logistica y cadena de s
Jcf iind 2010-227 logistica y cadena de s
 
Instalacion del sistema operativooperativo2
Instalacion del sistema operativooperativo2Instalacion del sistema operativooperativo2
Instalacion del sistema operativooperativo2
 
Web 2 0
Web 2 0Web 2 0
Web 2 0
 
Trends
TrendsTrends
Trends
 
Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)
Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)
Lineamientos que establecen requisitos para personal academico (01 mar-2012)
 
It essencial 4 (1)
It essencial 4 (1)It essencial 4 (1)
It essencial 4 (1)
 
บทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษา
บทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษาบทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษา
บทที่ 6 เทคโนโลยีสารสนเทศทางการศึกษา
 
Comprobación de la compuerta lógica ex
Comprobación de la compuerta lógica exComprobación de la compuerta lógica ex
Comprobación de la compuerta lógica ex
 
Jcf iind 2010-227 gestion de los sist de cal
Jcf iind 2010-227 gestion de los sist de calJcf iind 2010-227 gestion de los sist de cal
Jcf iind 2010-227 gestion de los sist de cal
 
Naional 110317081534-phpapp02
Naional 110317081534-phpapp02Naional 110317081534-phpapp02
Naional 110317081534-phpapp02
 
Soc. bras.apresentação c saba
Soc. bras.apresentação c sabaSoc. bras.apresentação c saba
Soc. bras.apresentação c saba
 
Eco certificate 1
Eco certificate 1Eco certificate 1
Eco certificate 1
 
Software
SoftwareSoftware
Software
 
Seminario 3
Seminario 3Seminario 3
Seminario 3
 

Más de xOsse dorrío

Certificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidadCertificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidadxOsse dorrío
 
Networking profesional
Networking profesionalNetworking profesional
Networking profesionalxOsse dorrío
 
Acerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galiciaAcerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galiciaxOsse dorrío
 
Terra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_brancoTerra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_brancoxOsse dorrío
 
Terra ap galego_branco
Terra ap galego_brancoTerra ap galego_branco
Terra ap galego_brancoxOsse dorrío
 
Terra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoTerra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoxOsse dorrío
 
Metodoloxia do traballo
Metodoloxia do traballoMetodoloxia do traballo
Metodoloxia do traballoxOsse dorrío
 
Analise, desripción e valoración de postos de traballo
Analise, desripción e valoración de postos de traballoAnalise, desripción e valoración de postos de traballo
Analise, desripción e valoración de postos de traballoxOsse dorrío
 
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro AlberteAtaque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro AlbertexOsse dorrío
 
Concesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETAConcesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETAxOsse dorrío
 
VODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDESVODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDESxOsse dorrío
 

Más de xOsse dorrío (20)

Certificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidadCertificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidad
 
Web quest APT
Web quest APTWeb quest APT
Web quest APT
 
Networking profesional
Networking profesionalNetworking profesional
Networking profesional
 
social media
social mediasocial media
social media
 
Acerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galiciaAcerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galicia
 
Terra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_brancoTerra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_branco
 
Terra ap galego_branco
Terra ap galego_brancoTerra ap galego_branco
Terra ap galego_branco
 
Terra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoTerra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_branco
 
Metodoloxia do traballo
Metodoloxia do traballoMetodoloxia do traballo
Metodoloxia do traballo
 
Metodoloxiatraballo
MetodoloxiatraballoMetodoloxiatraballo
Metodoloxiatraballo
 
Analise, desripción e valoración de postos de traballo
Analise, desripción e valoración de postos de traballoAnalise, desripción e valoración de postos de traballo
Analise, desripción e valoración de postos de traballo
 
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro AlberteAtaque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 
Clown
ClownClown
Clown
 
Villa Psoe2
Villa Psoe2Villa Psoe2
Villa Psoe2
 
Concesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETAConcesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETA
 
Momentos en la vida
Momentos en la vidaMomentos en la vida
Momentos en la vida
 
imágenes temporal
imágenes temporalimágenes temporal
imágenes temporal
 
VODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDESVODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDES
 
PAZ
PAZPAZ
PAZ
 

Terra tsxg galego_branco

  • 1. TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA SALA DO SOCIAL - SECRETARIA Dona M. SOCORRO BAZARRA VAREIA TIPO E Nº DE RECURSO: RECURSO SUPLICACION 160/2009 MGL Materia: INCOMPETENCIA Recorrente/a: XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO Recorrido/a: TELEFONICA DE ESPANA, S.A.U. Xulgado de Orixe/Autos: XDO. DO SOCIAL nº 2 de OURENSE DEMANDA Z89/2006 TESTEMUÑAL M. SOCORRO BAZARRA VARELA a Secretaria Xudicial da Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, DOU FE de que nas actuacións de recurso de suplicación cuxo detalle consta no encabezamento deste testemuñal, ditouse resolución, cuxo tenor literal é o seguinte: ILMOS/AS. SRES/AS. MAGISTRADOS D./Dna. ANTONIO GARCIA AMOR MANUEL CARLOS GARCIA CARBALLO RICARDO PEDRO RON LATAS A CORUNA, vinteseis de febreiro de dous mil dez. A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, composta polos Sres. Maxistrados citados ao marxe e EN NOME DO REI ditouse a seguinte SENTENZA No recurso de Suplicación número 160/2009 interposto por DON XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO contra a sentencia do XDO. DO SOCIAL nº 2 de OURENSE, sendo Ponente o Ilmo. Sr. D. ANTONIO GARCIA AMOR. ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Que segundo consta en autos presentouse demanda por DON XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO en reclamación de INCOMPETENCIA sendo demandado TELEFONICA DE ESPANA, S.A.U..
  • 2. No seu día celebrouse acto de vista, ditándose en autos núm. 289/2008 sentenza con data vintenove de Outubro de dous mil oito polo Xulgado de referencia que estimou a demanda. SEGUNDO.- Que na citada sentenza declaran como feitos probados os seguintes: PRIMEIRO.- Pola entidade TERRA NETWORRK ESPAÑA SAU (na actualidade absorbida pola demandada TELEFONICA DE ESPAÑA S.A.U organizouse en xuño de 2006 un campionato de blogs", como consecuencia do campionato mundial de fútbol celebrado en Alemaña nese año. / O premio indicando que o blog máis visitado, seria o gañador do premio "blogueiro oficial de Terra" que consistía en firmar un contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra. / SEGUNDO.-O actor D. XOSE ANTON VAZQUEZ DORRIO, participou en dito campionato, creando o seu propio blog: "World Cup blog 06". O 9 de Xullo finalizou o campionato resultando o blog do actor o máis visitado. / Trala finalización do concurso, a empresa remite correo ao actor do seguinte tenor literal: / "Estimado Xosé Antón. / Grazas por porte en contacto con nós. Efectivamente, es o gañador do concurso que organizamos cos blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do concurso [http:///...], o premio final é o titulo de "Blogueiro oficial de Terra". Vamos a explicarche en que consiste. / No portal existen internamente dúas categorías de blogs: os que creades a audiencia do portal, e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten presencia destacada tanto na portada como nas respectivas canles. O premio dáche dereito a converterte en blogueiro colaborador, é dicir, integrante na "plantilla" de blogueiros do portal. Isto supón ademais ter acceso a unha contraprestación mensual en concepto de colaborador, que se activa sempre que a audiencia de blog acade os 15.000 visitantes únicos ao mes. A contraprestación neste caso seria de 400.00 € + IVE. / Por suposto a liña editorial do blog, o estilo, etc. Debe estar consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes. / TERCEIRO.- Tívose por intentada sen efecto a conciliación ante a UPMAC. TERCEIRO.- Que a parte dispositiva da indicada resolución é do tenor literal seguinte: FALLO: Que estimando a excepción de incompetencia de xurisdicción por razón da materia alegada e, sen entrar a coñecer do fondo do asunto, debo absolver e absolvo, na instancia á demandada das pretensións na súa contra esgrimidas. CUARTO.- Contra dita sentenza interpúxose recurso de Suplicación pola parte demandante sendo impugnado de contrario. Elevados os autos a este Tribunal, dispúxose o paso dos mesmos ao Ponente.
  • 3. FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- A sentenza de instancia declarou a incompetencia obxectiva ou por razón da materia da xurisdición social para resolver a demanda do traballador e, sen coñecer a cuestión litixiosa de fondo, absolveu á empresa demandada, atribuíndo a competencia á xurisdición civil. O actor recorre dito pronunciamento. A tal fin, solicita a súa nulidade por entender que infrinxe os artigos 1 e 2.a) da Lei de procedemento Laboral (LPL), pois as circunstancias do caso determinan a existencia dun precontrato ou dunha promesa de traballo laboral cuxo coñecemento e decisión corresponde ao orden xurisdicional social. SEGUNDO.- A xurisprudencia (TS s. 11-12-2000) afirma que a natureza de orden público (art. 9.1 e 6 Lei Orgánica do Poder Xudicial -LOPX-) que é propia da excepción de incompetencia de xurisdición, faculta á Sala para valorar na súa integridade o material probatorio incorporado aos autos, sen vinculación ás declaracións da resolución impugnada. De acordo co anterior, tras valorar a proba documental incorporada ás actuacións, declaramos como feitos probados: lº.- En xuño de 2006 e con motivo do Campionato Mundial de Fútbol a celebrar en Alemaña en tal data, Terra Networks España organizou vía internet un campionato de 'blogs'. 2º.- O 6-6-2006 e a instancia de numerosos interesados, a citada empresa manifestou vía internet o seguinte: "O gañador do premio ao 'blogueiro oficial de Terra' será o blog que teña maior número de visitas (número 1 no ranking 'dos máis visitados'). O premio 'blogueiro oficial de Terra' consiste en firmar un contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra redactando un blog sobre esta temática...". 3º.- O demandante participou no concurso referido co seu blog 'World Cup blog 06". 4º.- O 16-6-2006, Terra Networks España e Telefónica de España SAU acordaron a súa integración. 5º.- Terra Networks España remitiu ao actor os seguintes correos electrónicos: I/ O 19-9-2006: '... Efectivamente, es o gañador do concurso que organizamos cos Blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do
  • 4. concurso ..., o premio final é o título de 'Blogueiro oficial de Terra'. Vamos a explicarche en que consiste. No portal existen internamente dúas categorías de blogs: os que creades a audiencia do portal, e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten presencia tanto na portada como nas respectivas canles. O premio dáche dereito a converterte en blogueiro colaborador, é dicir, integrarte na “plantilla” de blogueiros do portal. Isto supón ademais ter acceso a unha contraprestación mensual en concepto de colaborador, que se activa sempre que a audiencia do blog acade os 15.000 visitantes únicos ao mes. A contraprestación neste caso sería de 400.00 € +IVE. Por suposto, a liña editorial do blog, o estilo, etc. debe estar consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes...". II/ O 29-9-2096: "... Esperamos que as características asociadas ao título 'Blogueiro oficial' sexan do teu interese, e como comentas se plasmarán nun contrato que reflectirá basicamente a información que che transmitimos e que che faremos chegar nos próximos días por este medio...". III/ O 23-10-2006: "Unha vez recibido desde a nosa área xurídica o borrador do contrato referente á colaboración como 'Blogueiro oficial de Terra', título asignado como gañador do concurso Blogs do Mundial, procedemos a remitir copia do mesmo. Trátase dun contrato estándar para este tipo de colaboracións. Quedamos á espera da túa resposta sobre o borrador...". 6º.- Non consta en autos copia do contrato nin resposta do demandante. 7º.- O 28-8-2006, o actor presentara solicitude de arbitraxe: O Colexio Arbitral, por decisión de 17-4-2007, acordou que "...Telefónica de España SAU incorporará ao reclamante a súa “plantilla” de traballadores en calquera das modalidades anteriores, coas mesmas condicións de traballo que os demais traballadores que desempeñen funcións análogas ...". A sentenza da Audiencia Provincial de Ourense, de 16-10-2007 en autos no 431/2007, decidiu: "Estímase o recurso de anulación formulado pola representación procesual de Telefónica de España SAU contra o laudo ditado polo Colexio Arbitral de Consumo de Ourense en 17 de abril de 2007, en expediente nº 31.608, cuxa resolución se anula e se deixa sen efecto...". 8º.- O 11-3-2008 o demandante presentou papeleta de conciliación fronte a Telefónica de España SAU. O 2-4-2008 celebrouse o acto conciliatorio co resultado 'sen efecto' por incomparecencia da empresa conciliada. 9º.- O 17-4-2008 presentou a actual demanda contra Telefónica de España SAU, co fin: '... 1. Declárese a obriga da demandada de incorporar ao meu mandante ao conxunto de traballadores en calidade de 'blogueiro oficial' ou similar categoría, nas mesmas condicións de
  • 5. traballo e dereitos que os demais traballadores que desempeñen funcións análogas. 2. Condénese á demandada a que indemnice ao meu mandante por danos e prexuízos na cantidade de setenta e catro mil cento cincuenta e tres euros con noventa e oito céntimos de euros (74.153,98 euros) en concepto de incumprimento no seu día da promesa de contrato de traballo. 3. Imposición de costas". TERCEIRO.- Os datos expostos no fundamento xurídico anterior levan a estimar o recurso, previas as seguintes consideracións: lª.- O artigo 9.5 LOPX atribúe ao orden xurisdicional social, con carácter privativo, a competencia para coñecer das pretensións que se promovan dentro da rama social do dereito, principio que reitera o artigo 1 LPL e desenvolve o artigo 2.a) deste código, ao asignar aos órganos xurisdicionais de tal orden as cuestións litixiosas que se promovan entre empresarios e traballadores como consecuencia do contrato de traballo. Pola súa parte, o Tribunal Supremo (s. 15-1-2009) afirma que "para resolver si o asunto sometido á consideración da Sala é competencia do orden xurisdicional social ou do contencioso- administrativo (agora, civil) estarase ao obxecto do proceso sendo determinante a efectos da atribución competencia1 a reclamación contida na demanda reitora do mesmo. Elo é así sen prexuízo de que a solución do caso poida necesitar a decisión dunha cuestión correspondente en principio a un sector do ordenamento distinto da rama social do dereito, que sexa abordada como efecto indirecto da pretensión exercitada". 2ª.- Aplicar ao caso, a normativa e a xurisprudencia sinaladas fan que a cuestión prantexada en demanda evidencie que é a xurisdición social a competente para resolvela, pois de forma inequívoca o pretendido en demanda ten natureza laboral, como é, con carácter principal, a integración do demandante na “plantilla” da empresa (terminoloxía de Terra Networks España sucedida pola demandada Telefónica de España SAU) con categoría determinada e en igualdade de dereitos con quen xa realizan funcións propias da mesma, así como subsidiariamente, a indemnización por danos e prexuízos derivada do incumprimento empresarial. É certo que ao momento de demandar non existía contrato entre os litigantes pero si, previamente, diversas manifestacións de vontade libremente emitidas pola empresa ao actor que, con carácter vinculante para aquela e con independencia de súa cualificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa de contrato), crearon no destinatario, ao menos en principio, unha expectativa de traballo que, precisamente, a demanda trata de facer realidade efectiva mediante a subscrición do oportuno contrato laboral, elemento esencial para afirmar calquera relación de traballo, e conseguinte adquisición polo demandante da calidade de traballador; deste modo, a controversia presenta, subxectiva e obxectivamente, os elementos ou presupostos necesarios para afirmar a competencia decisoria do orden
  • 6. social da xurisdición, en todo caso con independencia do signo con que se resolva a cuestión litixiosa de fondo que, polo dito, non afecta á competencia xurisdicional. Por todo elo, FALLAMOS Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación legal de D. Xosé Antón Vázquez Dorrío contra a sentenza do Xulgado do Social nº 2 de Ourense, de 29 de outubro de 2008 en autos nº 289/2008, que anulamos, con devolución das actuacións ao órgano xurisdicional do que provén para, seguindo o proceso a súa tramitación e con plena liberdade de criterio, adopte a resolución que proceda sobre a demanda formulada polo recorrente contra Telefónica de España SAU. Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra a mesma, só cabe Recurso de Casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos DEZ DIAS seguintes á notificación desta Sentencia e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de Procedemento Laboral. Unha vez firme, expídase certificación para constancia no Rollo que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente Libro de Sentencias, previa devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia. Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. O anteriormente inserido concorda e correspóndese fielmente co seu orixinal, ao que me remito: na súa virtude, para que así conste ante quen corresponda, expido e asino o presente testemuñal en A CORUÑA a 26 de febreiro de 2010.