2. Polo que se refire ao mundo non rural: - na actividade industrial destacan as empresas conserveiras e as relacionadas coa extracción de minerais; - o desenvolvemento industrial vai parello á expansión das cidades, que medran enormemente debido ao éxodo rural. O proletariado vai organizándose e cobrando un maior protagonismo.
3.
4. Recibe este nome un grupo de persoas que funda e colabora na revista NÓS (1920-1936).
5. Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS son Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas (o Cenáculo ourensán ) e tamén Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Antón Losada Diéguez. Os tres primeiros, de procedencia fidalga ou burguesa, teñen unha primeira etapa de inadaptados: dandismo, cosmopolitismo simbolista.... É a partir de 1918 cando centran a súa atención en Galicia. O caso de Castelao é distinto: provén do agrarismo e ten unha procedencia social popular.
7. Risco é director e Castelao director artístico A revista vincúlase ao pensamento nacionalista Escriben en galego sobre calquera tema universal A publicidade era maioritariamente en galego. O deseño gráfico ten moita importancia.
8.
9. Nacen en Ourense e, logo dunha estancia máis ou menos longa fóra da cidade por estudos ou asuntos profesionais, vólvense atopar aquí na segunda década do século XX. Fillos da "boa sociedade" de Ourense, de vocación excéntrica e con inquietudes intelectuais e de intervención pública. Postura elitista e aristocratismo intelectual. Son europeístas respecto de España e Prientalistas respecto de Europa. Son homes polifacéticos, enciclopédicos, que verten a súa sabedoría sobre Galiza
10. Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo en diferentes obras: Otero Pedrayo en Arredor de si ; Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos ; Risco en Nós, os inadaptados . A comezos de 1918 deciden incorporarse ás Irmandades da Fala. Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo , concibindo Galiza como un país de base labrega, alleo ás tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda poida cumprir un papel dirixente.
11. O Grupo Nós foi un dos colectivos que con especial significación colabora na recuperación do idioma . Ademais, desenvolven un importante labor político na súa condición de líderes do Partido Galeguista. Os seus compoñentes foron os creadores da moderna prosa literaria galega e figuran entre os máis prolíficos e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.
12. No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua A narrativa O ensaio O teatro
13. A narrativa Superar a temática costumista, ruralista e humorística Editar en formato libro a través de editoras creadas por eles (Lar e Nós) Crear unha lingua literaria culta Acabar coa diglosia das novelas do XIX Lusismos, cultismos, préstamos, hiperenxebrismos Introducir o espazo urbano
14. O teatro Incorpora as técnicas europeas: innovacións Introducción de máscaras decorado Importancia do música vestiario Xogos de luces
15. O ensaio Son os pioneiros en empregar o galego neste xénero. Ámbitos histórico lingüístico etnográfico Político-ideolóxico xeográfico