SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 70
A poesía entre 1936 e 1976:  a Xeración do 36,  a Promoción de Enlace,  a Xeración das Festas Minervais.
Dende que remata a Guerra Civil ata os últimos anos da década dos corenta apenas se publicaron libros en galego.
A represión lingüística, política e cultural impediu a continuidade do movemento cultural e literario que nacera coas  Irmandades da Fala . Mentres que no  exilio  agromaba unha intensa actividade cultural.
En 1949 nace a colección de poesía “ Benito Soto ” en Pontevedra e en 1952 aparece, en Lugo, a revista  Xistral , creada por Anxel Xohán e Manuel María e, a partir de  1950 , a editorial  Galaxia.   Con estas vías editoriais ábrese unha época frutífera para a poesía galega.
[object Object],[object Object],[object Object]
Unha das consecuencias do silencio e a falta de publicacións nos anos seguintes á posguerra foi a coincidencia de publicación de poetas de diferentes épocas, o que trae como consecuencia que a nosa lírica ofreza ó longo destes anos un panorama moi heteroxéneo: varias xeracións,  múltiples estilos e liñas temáticas,  convivencia ó mesmo tempo de autores de promocións distintas,  poetas que ofrecen gran variedade de estilos…
 
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Trazos definidores da xeración do 36 Naceron case todos entre 1910 e 1920. serviron de ponte de enlace entre o galeguismo anterior á guerra e as xeracións posteriores. Reflicten na súa obra a traxedia da contenda bélica a través dun discurso poético intimista onde a morte, a soidade, a nostalxia do pasado ou a trascendencia relixiosa se erixen como temáticas principais. Normalmente publican en castelán e galego, posúen culturas moi diferentes e, polo tanto, empregan estilos moi diferentes.
1) Imaxinismo: a) É unha das primeiras tendencias en aparecer na posguerra e é  herdeira do imaxinismo de  Amado Carballo. Sería unha corrente importante na poesía  galega  ata ben entrados os anos 60. b) Caracterízase por unha poesía na que se  suceden imaxes, ás veces de  carácter  hilozoísta (dotación de espírito a seres inanimados). 2) Neotrobadorismo: a) Movemento característico dos poetas da Xeración de 1936, que fora iniciado por  Bouza Brey coa obra  Nao senlleira (1933), aínda que nese mesmo ano  Cantiga nova que se chama ribeira de Cunqueiro supera a obra anterior, b) Caracterízase por retomar características da  lírica medieval, sobre todo formais e das cantigas de amigo, e destaca neste momento a sección “Cantigas do amor cortés” de  Dona do corpo delgado (Benito Soto,  1950) de  Cunqueiro. c) O movemento dáse por  rematado en 1953 coa publicación do  Cancioeiro de Monfero de Álvarez Blázquez, obra que intenta facerse pasar por un  hipotético cancioneiro medieval.  3) Ruralismo: a) Movemento  tipicamente galego xa existente antes da guerra, iniciado por poetas lugueses, que trala guerra é recuperado con forza. b) Caracterízase por un reflexo da  paisaxe interior fixándose nas pequenas cousas (tea de araña, gota de orballo, avespa...). Combina isto cunha forma de  resonancias clásicas. c) Destaca a obra  Nimbos (1961) de Díaz Castro, na que se inclúe o poema “ Penélope”. 4) Socialrrealismo: a) Tendencia que  nace en América. b) É unha poesía social na que entra a  compoñente marxista e que se dá sobre  todo en poetas emigrados, dada a imposibilidade de publicar obras deste tipo en Galiza. Así, o  poeta está ao servizo do pobo e actúa coma un adoutrinador das masas. c) En  América destacan obras coma:   Eliseo Alonso:  Seara de romances (1952), considerada a primeira obra  de poesía socialrrealista.   Luís Seoane:  As cicatrices (1959) e Fardel de eisilado (1954).   Lorenzo Varela:  Lonxe (1954). d) En 1954 aparece  O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro, un  antecedente claro de  Longa noite de pedra (1962):   É libro  máis importante do socialrrealismo e que supón a plasmación  poética de parte da  teoría marxista.   Non perde en  calidade poética por estar ao servizo dunha causa.   Inflúe moito na Xeración das Festas Minervais ( Acoitelado na espera,  de Alexandre Cribeiro).
Aqulino Iglesisas Alvariño e Celso Emilio Ferreiro
A súa infancia transcorreu na súa aldea natal ata que en 1924 ingresou no Seminario de Mondoñedo. Aldea e seminario influirían decisivamente no seu posterior quefacer poético: un apego a todo o relacionado coa vida campesiña e un coñecemento profundo da cultura grecolatina. Despois de abandonar os estudos eclesiásticos, trasladouse a Santiado onde entra en contacto co  galeguismo  (chegou a ser director de  A Nosa Terra ) e cos movementos literarios de  vangarda . A partir de 1933 exerceu como profesor de ensino medio e finalmente na Universidade compostelá. Tamén foi tradutor ó galego de varios autores clásicos (Virxilio, Horacio…)
Obra Ano Señardá Corazón ao vento Cómaros verdes De día a día Lanza en soledá 1930 1933 1947 1960 1961
Publicara con anterioridade  Señardá , 1930, o seu primeiro libro, e  Corazón ao vento  de 1933. Após a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando  Cómaros verdes. Con  Cómaros verdes  márcase o inicio da poesía galega de posguerra. Esta é unha obra heteroxénea na que aparecen exemplos de neotrobadorismo e tamén poemas de verso libre que mostran unha visión humanizada da natureza. Sen menoscabo da súa obra anterior, podemos afirmar que en  Cómaros verdes  chega Aquilino á súa madurez como poeta, impregnando a súa poética de  novas técnicas e temas . salientamos a precisión descritiva, a calidade rítmica e sonora do verso, así como a inclusión dun léxico que pretende estar a ton co medio natural que se describe, resultado dunha investigación e  estudio exhaustivos da lingua  da que se serve como ferramenta.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
OBRA ANO O soño sulagado Longa noite de pedra Viaxe ao país dos ananos Cantigas de escarnio e maldicir Antipoemas Onde o mundo se chama Celanova 1955 1962 1968 1968 1972 1975
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Como poeta  cívico , Celso Emilio conectaría a súa traxectoria coa tradición de Curros e Cabanillas. Todos eles comparten a visión da poesía como expresión do compromiso coa realidade social e a do poeta como voceiro do seu pobo e do seu tempo. Así son temas frecuentes nesta vertente o  antibelicismo , a  liberdade , ou tamén a  solidariedade  cos que sofren… Irmaus Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te encontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, como un irmau che falo. Se é túa a miña noite, se choran os meus ollos o teu pranto,  se os nosos berros son iguais, coma un irmán che falo. Anque as nosas palabras sexan distintas, e ti negro i eu branco, se temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, se os nosos soños son iguais, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.
Intimista : a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida -practicamente eclipsada polos poemas sociais- que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en  O soño sulagado  (1955) ou  Onde o mundo se chama Celanova  (1975).
Pero ademais o autor celanovés é poeta  intimista . Acotío sente a necesidade de plasmar o sentido do seu “eu” ante a realidade. Son poemas nos que trata, por exemplo: a memoria da guerra, a dor existencial, o amor pola súa compañeira Moraima, a nostalxia da infancia…
 
Polo seu rexistro  crítico , tamén é Celso Emilio poeta satírico, conectando así coa tradición medieval. A sátira e a ironía están en todos os seus libros. Pode usar a sátira para facer escarnios de persoas e tipos concretos, ou para facer unha denuncia moral das contradicións sociais e políticas do seu tempo. O preguntón O home por natureza quere saber, dixo Aristóteles fai algún tempo. O meu amigo quixo saber da vida, quixo saber da lei quixo saber do Rei quixo saber do bispo quixo saber da espreranza. Eiqui- díxolle o garda que o levou detido- o que quere saber, Antipoemas
No tocante ao estilo e á lingua, a lírica de Celso Emilio caracterízase pola súa  sinxeleza expresiva . Tiña como obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe se aproxima en ocasións case ao coloquialismo, incorporando non poucas palabras da vida cotiá. O ritmo e a musicalidade dos seus versos veñen determinados polo uso preferente de  metros curtos  e  pola abundancia de recursos repetitivos : paralelismo, anáfora...
A promoción de enlace Non gardan coherencia de grupo, pero podemos atopar os seguintes trazos: Naceron case todos entre 1920 e 1930. A súa formación produciuse nas adversas circunstancias dos primeiros anos de posguerra. carecen da influencia da Xeración Nós ou das vangardas de preguerra. Foron nos seus comezos escritores bilingües. Combinan a expresión do seu compromiso social coa da angustia existencial.
 
Antón Tovar ( Ourense, 1921) Pasou parte da súa nenez en Celanova. Traballou como funcionario en Ourense, onde participou nos faladoiros literarios celebrados arredor da figura de Vicente Risco. En 1981 recibiu o Premio da Crítica pola súa obra  Calados esconxuros Obra  Ano Arredores Non O vento no teu colo Calados esconxuros A nada destemida 1962 1967 1974 1980 1991
Nas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía social, Tovar ten como temas esenciais: a conciencia do “eu” e a soidade, a tensión entre angustia existencial e esperanza. No tocante á forma, son poemas onde prima a voz sincera e auténtica sobre a riqueza de imaxes e recursos. A partir de  O vento no teu colo  apréciase certa renovación na súa lírica. Tovar completa a liña existencial anterior con poemas de firme preocupación social e con outros dun erotismo vitalista. Eu quería Eu quero trocarme en ti paisaxe da miña terra, quero ceibar miña anguria pola túa cabeleira. Ser carballo entre os carballos, ser néboa coas túas néboas, ser maina chuvia e caer polas congostras tolleitas … Non
Naceu no seo dunha familia que, trala guerra civil, sufriu a represión franquista. Estudou piano, maxisterio e chegou a se licenciar en Filosofía e Letras. Grande afeccionada ás artes ( música, pintura…), reside en Vigo desde 1977, onde se xubilou do seu traballo de sempre, profesora de Lingua e Literatura Españolas.
Obra Ano O paxaro na boca Verbas derradeiras Códice Calixtino Prometo a flor de loto 1952 1972 1986 1992
Coma outros autores desta promoción, comezou escribindo en castelán. A súa obra adoita caracterizarse como intimista, cun tema dominante sobre os demais: o amor. Así, por exemplo, a autora plasma unha visión sensual, doce e delicada do sentimento amoroso na súa primeira obra:  O paxaro na boca .   En cambio, trala morte do seu marido, aparece unha visión máis transcendente do amor, ao reflexionar a través del sobre a vida e a morte.
Na miña poesía vexo dúas liñas esenciais: a) unha comprometida, solidaria coas xentes,de senso humanista onde o NÓS substituíu ó EU. b) outra, íntima e saudosa, subxectiva, feble, esvaída. Nela EU / TI marcan o eixe bipolar no ámbito do amor. a súa poesía establécese a partir do antagonismo entre luz e sombra, luz que aumentará ou diminuirá dependendo do que a poeta queira expresar.
VOLVER A LUGO CANDO SOSEGA O TEMPO Volver a aquela primavera que fuxía das mans algunha verba en soedade algunha noite coma un sopro sobre das almofadas húmidas de silencio. Volver a ollada lonxe en vidas sucesivas nomear ese río que chamamos pasado a palabra inmediata que vén dunha certeza de muralla non poder esquecer pórticos descubertos ou azuis ignorados que forman presentidos nun poema de Luís Pimentel na forma de recordo que precede á existencia. Na excesiva demora alguén pechou os ollos a falta dunha imaxe clemente. Na memoria do tempo pasan brisas mutables. O que existiu ben puido ser soñado ou tal vez precedido acaso precisado nesa reminiscencia que permite asumir escuras profecías. Volver á primavera que fuxía nun xeito de mudanza repentina conciliar os espacios os lamentos as últimas palabras dun recinto secreto poder ouvir cando sosega o tempo unha fuga de Bach nun violín invulnerable e mudo.
A xeración das festas Minervais Baixo esta denominación reunimos aos poetas máis novos da posguerra.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],A maioría coinciden en Santiago como estudiantes universitarios, polos anos 50: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín.  Déronselles diferentes nomes: “ Grupo Brais Pinto”,” Escola da Tebra”  ou  Xeración de "La Noche" .
[object Object],[object Object],[object Object]
Liñas poéticas: A Escola de Tebra : poesía intimista, o poeta preséntase en conflito co mundo. Temas: a morte, a soidade, a desesperanza... O Realismo coloquial  introduce esquemas estructurais da fala cotiá na canle poética, e está representado por Manuel María con  Documentos persoaes  e por Bernadino Graña con  Poema do home que quixo vivir . Socialrealismo : poesía de denuncia social. Temas: a opresión, a guerra, o sentimento de Galiza...
Escola da Tebra Participaron nas Festas Minervais compostelás (recuperadas dos séculos escuros e son a orixe do nome da xeración), no diario  La Noche  (xornal vespertino), na creación da colección Illa Nova, na fundación do nacionalismo revolucionario (en oposición ó galeguismo cultural e promove asociacións como  O Facho  ou  O Galo ) e na formación do  Grupo Brais Pinto  (formado por membros que se reunían no centro galego en Madrid, que posúen unha actividade innovadora e reflicten o que lles foi transmitido da Guerra).
Autores:
Manuel María Fernández Teixeiro, chamado unicamente Manuel María na cuberta dos seus libros, naceu en Outeiro de Rei en 1929 e faleceu na Coruña no ano 2004. En 1958 instálase en Monforte como procurador dos Tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa en  organizacións políticas clandestinas , e empeza a atender voluntariosamente todo tipo de necesidades de tipo cultural: escribindo poesía programática, dando conferencias, colaborando con músicos e explorando todos os xéneros literarios, tanto para público adulto como infantil. Naqueles tempos (1969) fundou a  editorial Xistral  a canda Ánxel Xohán, e abriu unha libraría do mesmo nome na capital da Terra de Lemos.
As dúas primeiras obras considéranse as pezas inagurais da Escola de Tebra: unha visión atormentada da existencia: Os meu berros absolutos son o meu acento disolto en ácido sulfúrico. A anguria, a carraxe e o arrepío é a miña música de paxaros valeiros de garimos que viñeron arrolarme cando tiña mes e medio aproximadamente... Muiñeiro de brétemas Obra Ano Muiñeiro de brétemas Morrendo a cada intre Terra Chá Documentos persoais Cancións do lusco e fusco A primavera de Venus 1950 1952 1954 1958 1970 1993
A súa traxectoria poética iníciase en 1950, cando publica o primeiro libro de poesía en galego que non pertence a autores que coñeceran a República,  Muiñeiro de brétemas . Este é ademais o volume co que a crítica considerou que comezaba a Escola da Tebra, unha liña poética  existencialista  que puxo o acento na  soidade e na opresión humana e espiritual da ditadura franquista.
Esta liña continuouna en 1952, no poemario  Morrendo a cada intre , pero mudouna dous anos despois, en 1954, co libro  Terra Chá .  Este, a través de sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra o protagonismo é dunha paisaxe saudosa, e aparecen claras algunhas das constantes da súa produción: rimas simples e populares (coplas, pareados, cuartetas...) e unha proximidade ao popular, con léxico a pé de corredoira e con situacións e feitos da cotidianeidade.
Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen  que pedir licencia para voar... Documentos persoais Realismo coloquial
Co paso dos anos e dos títulos foi evolucionando cara a unha poesía máis  socialrealista , cunha nidia presencia das reivindicacións esquerdistas e nacionalistas, como en  Cantos rodados pra alleados e colonizados , de 1976, ou  As rúas do vento ceibe , de 1979.
Manuel María foi tamén un dos impulsores do  teatro  na transición, con obras que foron verdadeiros éxitos de público e representacións como  Barriga verde,  de 1970,  Unha vez foi o trebón , de 1976, ou  Farsa de Buluú , de 1979, onde apostou por unha dramaturxia popular e sen grandes complicacións narrativas ou escénicas.
É un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa novidosa visión da paisaxe, forxada entre as montañas do seu Courel natal, levouno a ser coñecido como o “ poeta da terra ”.
Fillo dunha familia de labregos do Courel, a poética de Uxío Novoneyra sempre permanecerá intimamente relacionada co escenario da terra natal. Estuda bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel María. Logo trasládase a Madrid, onde asiste como oínte á Facultade de Filosofía e Letras e comeza a escribir os seus primeiros poemas, en castelán. Nesta cidade entrou en contacto cos membros do grupo “Brais Pinto”. Entre 1953 e 1962, por motivos de saúde,  pasou longas tempadas de descanso na súa terra natal, a serra do Courel . Gran recitador, traballou na radio e na TV, sempre en espazos relacionados coa literatura.
 
Obra  Ano Os eidos Os eidos 2 Poemas caligráficos Muller para lonxe 1955 1974 1980 1987
Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única. Na obra primeira,  Os eidos   (1955), o poeta está en soidade entre os vales e as montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionado  Os eidos  co paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro. Porén, a de Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da tradición polo seu carácter esencial e totalizador:  é unha poesía da metapaisaxe .  O do poeta é un canto  telúrico  que atopa na natureza unha dimensión  ontolóxica : nela está contido o sentido do home e do universo. Son versos dominados pola intensidade e a economía lingüística, ao servizo do intimismo e da procura de emocións. Abondan os topónimos e as series de sustantivos que denominan os elementos da natureza, acompañados de exclamacións, de aliteracións e  fonosimbolismos , manifestacións todas elas dun propósito esencializador que se aproxima á estética do  haiku  xaponés .
¡Cousos de lobo! ¡Cousos de lobo! ¡caborcos de xabarín! ¡Eidos solos onde ninguén foi nin ha de ir! ¡O lobo! ¡Os ollos do lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa... Os Eidos Fonosimbolismo A reiteración do son  o  evoca a sensación de medo que pode producir a presenza do lobo.
Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á preocupación  colectiva  e a  temática política  dominante na poesía da época. Galicia é unha constante. O tratamento da paisaxe adquire un ton político e simbólico, como é de ver en  Elexías do Courel  (1966).
VIETNAM CANTO    (fragmento) CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOEN UNHA VEZ POR CADA MORTE                                     VIETNAMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM                                     VIETNAMMMMMMMMMMMMM Metan na casa a verba na cociña na mesa        na cama xa está E calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar Hastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA un morto dous mortos tres / trinta mortos trescentos / tres mil mortos OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos tódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000 baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquina difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón do                                                                       [monzón na lua do TEIT dá vergonza vivir dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA cándo remata un pobo?                                     un pobo nace sempre no remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca seino por vós pobo como o meu GALICIA pequeniña Sola cousa de todos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos caindo polos teletipos luas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de         LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA . .. ... “ Viet Nam canto” (Canadá, 1969) vén guiado por unha reflexión sobre o destino da colectividade, expresada mediante a oposición conceptual entre liberdade e opresión. A disposición visual do poema gaña moita importancia. Aquí inicia o poeta unha pescuda no terreo das posibilidades plásticas e expresivas da tipografía, a escrita fonética, o caligrama.
Xosé Luís Méndez Ferrín é o escritor galego vivo máis importante, cunha carreira máis longa e sólida. Construíu o seu discurso cun dominio preciso e extenso da linguaxe, fundamentalmente nos xéneros da narrativa breve e da poesía. Foi seleccionado como candidato ao premio Nóbel en numerosas ocasións.
Na cidade das Burgas transcorreu a súa infancia. Durante os seus anos de Universidade en Santiago participou con éxito nas Festas Minervais e entrou en contacto co galeguismo cultural. En 1957 trasladouse a Madrid para rematar os seus estudos e alí participou na  constitución do grupo “Brais Pinto ”. Na década dos 60, Ferrín comezou a amosar o seu forte compromiso político: foi cofundador da UPG e mesmo pasou períodos nos cárceres franquistas ( 1969 e 1972). Na actualidade reside en Vigo. Tamén é un destado narrador e ensaísta.
2005 200 4 Obra Poética Ano Voce na néboa Con pólvora e magnolias Poesía enteira de Heriberto Bens O fin dun canto Erótica Estirpe 1957 1976 1980 1982 1992 1994
Foi incluído na mesma promoción literaria ca Graña ou ca Xohana Torres, malia que iso só é válido para a súa  primeira época , a que vén marcada polo seu poemario  Voce na néboa , de 1957, e onde a crítica viu os primeiros pasos da Escola da Tebra (poesía de ton íntimo e angustiado, existencialismo pesimista, simbolismo para representar o cárcere político e do espírito e cunha temática que vai desde a preocupación existencial ata a visión fatal da propia Galicia). Galicia Galicia, longa praia, estensa e negra, soia i esquiva, con pesados corvos, senlleiras píllaras, vento coriscante e a morte e o baleiro en todo o longo.
Porén, a praxe política levouno, deixando atrás a paréntese dos sesenta, ao  socialrealismo  máis elaborado e máis explicitamente partidario: desa fase son  Antoloxía popular , de 1972, asinado como  Heriberto Bens , e  Sirventés pola destrución de Occitania , de 1975.  Para Alexandre Bóveda, asasinado Cando a pupila, derradeira imaxe refrexou, xa sen lume, aquil piñeiro e ti ficaches, Bóveda, senlleiro testemuña para sempre diste aldraxe. Cando che percutiu no peito a torta ira descarregada por Hespaña, coidaron os verdugos que fazaña era deixar en ti Galicia morta. Pro esqueceron teu sangue sobre a terra, ista esperanza que en nosoutros corre, e non tolleron a verdá que berra. Baixo a lívida luz que nos aterra, sobre ista teima que xa nunca morre Galicia hase erguer en pé de guerra
 
Nesa liña insiste con  O fin dun canto , de 1982,  Estirpe , de 1994, premio Losada Diéguez, onde é capaz de fusionar un nacionalismo case pondaliano co virtuosismo léxico e poético, ou en  Contra maquieiro , de 2005, onde avanza na crítica ao capitalismo.   nas Illas cando chove hai asobíos secos e un alustre espiral que se enguedella dentro da memoria aparición agora da serpenta na peneda nos fondais do soño vós mulleres estades no intre alto de pari-lo fillo e ela espreita alí nos choros urros castañetas de dentes feces polo curso e cómo vos torcedes arrótavos o dentro un agurgullo mesto rachan panos de baixo afeas lumes coiteladas froles invádenvos a vida e corgas de negror manan de afeito e cómo vos torcedes no seguro segredo dos paridoiros escusados nos profundos da bouza a cobra aperta a cobra cingue espreme cos seus aneis os ventres das femias do mundo iluminados por dentro iluminados e cómo vos torcedes e vén de noite a cobra polo luar que é cousa das mulleres sitio da cobra dos grandes ollos á percura do leite e mais dos tetos a cobra trai a cría pro logo levaranos de morte morrida polas poulas do frío alén das serras pómulos marelos toxo arnal espetado nos ollos vermes a choutos fríos polo fígado misia pega peteirará nos nosos labres polas grandas xordas levaranos deica a ribeira na que vagan os que foron pois que era chegará á devesa de noso e máis ás Illas de acó deseñada no peito dos fillos dos señores de lonxe (coido que con ocre) a cobra nunca empeza nin falece a cobra está nas Illas vixiando se asobiar as vidas son segadas se alampa a vista nace toda cousa eu son a cobra de todas as Esposas que desovan no mar igual ca os ríos.
Ao ano seguinte Méndez Ferrín dá o cambio e muda con el a traxectoria da poesía galega. A súa  Con pólvora e magnolias  de 1976 marca a viraxe cara a unha poesía  culturalista  e  rompedora , onde as referencias e o preciosismo son a característica fundamental, sen por iso carecer dun mestísimo pouso ideolóxico. Marcou unha definitiva  renovación  na poesía galega, dando paso ás tendencias da lírica actual. Son poemas que se abren a novos temas ( a lembranza do pasado, o amor, o tempo...) e nos que se investigan novas formas e  novas posibilidades estilísticas da linguaxe  (sintaxe non convencional, riqueza léxica, abundancia de recursos literarios, imaxes audaces...). Ferrín mantén estas liñas temáticas nas obras máis recentes.
Escolma. Señoras do pasado    Mon prince on a les dam's du temps jadis qu'on peut                                               Georges Brassens E quíxenvos moi tristemente a todas as que forades rapidamente eu (un pouco). Unha lus nos lugares do estremecemento e tardes coma rodas de bronce, interminábeles. Poderosas mañáns de rexurdimento e ollos no chao, de amor outido. E quíxenvos moi escasamente a todas porque nas regandixas de eu caben ourizos e sofrir é amor e nada para o tempo que destrue os ourizos. E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas, limítrofes do amor, esquencidas pra sempre. E quíxenvos autente, e case non vos quixen antre tanto artefauto, construcción, mala pedra, que nos ten envisgados nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran. Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuados no baleiro e no fume, e reclamo ese espacio que deixáchedes e que cecais é globo (de lume e desespero).
 
 
Bernardino Graña   naceu en Cangas do Morrazo en 1932. Cursou Filosofía e Letras en Santiago, Salamanca e Madrid.  Bernardino Graña vai adoptar, logo da cativa experiencia existencialista en  Poema dun home que quixo vivir   (1958), unha postura vitalista, na que abundan os versos que procuran o contacto do home coa natureza e o ambiente marítimo, que ten o seu principal logro en  Profecía do mar   (1966 ) , con pegadas de socialrealismo máis evidentes en  Non vexo Vigo nin Cangas  (1975), que é un brado ecolóxico contra a destrución do mar e da terra . Reiniciará o seu canto á vida en libros como  Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen   (1981),   Himno verde  ( 1992 ) ,  nos que están presentes temas como o amor, a denuncia ecolóxica e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade tecnificada e mercantilista. Despois, deu ao prelo   Luz de novembro  ( 1997). Poeta ante todo, tamén ten feito incursións na narrativa e no teatro.
LUZ DE NOVEMBRO (NA MORTE DO XENERAL FRANCO) E, por fin, xeneral, xa vas fedendo. E agora que os carunchos, as lombrigas, os vermes, as bacterias en exércitos avanzan contra ti baixo da terra e van furar voraces na fermosa, rica madeira e guata do teu leito, nós temos que facernos outros bichos, nós temos que afiar uns dentes irtos, potentes, penetrantes, para roerte, para acabar contigo e cos soldados na inercia das túas ordes, sen cerebro. Nós temos que saber erguer os puños pechados e moi fortes ós fociños dos ogros axudantes do teu reino. Non vale que ti mesmo, os teus esbirros, vos agachedes baixo os crucifixos, non vale que finxades ser apóstolos ou santos baixo palio ou pobres vellos.
Antón Avilés de Taramancos.
(Noia, 1935-1992). No seu labor creativo distínguense dúas etapas separados por un longo lapso de tempo que pasou en América. Á primeira corresponden títulos como  As moradías do vento  ( 1954) ou  A frauta e o garamelo   (1959); á segunda e máis importante, caracterizada pola influencia da experiencia na emigración e a dimensión mítica, corresponden  O tempo no espello  ( 1982),  Cantos caucanos   (1985),  As torres no ar   (1989) e o póstumo  Última fuxida a Harar  (1992)
Xohana Torres (Santiago, 1931). Pasou a súa infancia e mocidade en Ferrol. Reside en Vigo, onde dirixiu en 1963 o primeiro programa cultural radiofónico integramente en galego na emisora “La Voz de Vigo” desde a Guerra Civil. Na súa obra máis recoñecida,   Estacións ao mar  (1980) presenta un sólido rigor formal e conceptual, reflectindo a preocupación por Galiza e o paso do tempo.
Declara o oráculo: "Que á banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo. Que ramos de loureiro erguen rapazas. Que cor malva se decide o acio. Que acades disas patrias a vindima. Que amaine o vento, beberás o viño. Que sereas sen voz a vela embaten. Que un sumario de xerfa polos cons." Así falou Penélope: "Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR."  XOHANA TORRES  (Del libro ‘Tempo de ría’)

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristiantrafegandoronseis
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Marlou
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmotrafegandoronseis
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
A LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIOA LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIOSaloEu
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNA prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNMarlou
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 

La actualidad más candente (20)

Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e TelmoManuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
Manuel Antonio, traballo de Ánxela e Telmo
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Poesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidadePoesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidade
 
Ramón valenzuela(1914 80)
Ramón valenzuela(1914 80)Ramón valenzuela(1914 80)
Ramón valenzuela(1914 80)
 
A LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIOA LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIO
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Vangardas 1
Vangardas 1Vangardas 1
Vangardas 1
 
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNA prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Eduardo blanco amor
Eduardo blanco amorEduardo blanco amor
Eduardo blanco amor
 
Exilio
ExilioExilio
Exilio
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 

Destacado

Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Amparo Cereixo
 
Autores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervaisAutores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervaisPuri555
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975laurafernanlopez
 
Presentación 4º ESO
Presentación 4º ESOPresentación 4º ESO
Presentación 4º ESOPresen Pérez
 
Lingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado español
Lingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado españolLingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado español
Lingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado españoldanielpc2010
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
La oración compuesta por subordinación
La oración compuesta por subordinaciónLa oración compuesta por subordinación
La oración compuesta por subordinaciónDalmis Mendoza
 
La oración compuesta por subordinación
La   oración  compuesta  por  subordinaciónLa   oración  compuesta  por  subordinación
La oración compuesta por subordinaciónSandra2326
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galegonoagaliza
 
Breve historia da literatura galega
Breve historia da literatura galegaBreve historia da literatura galega
Breve historia da literatura galegabeabar
 

Destacado (20)

Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
Uxio novoneyra
Uxio novoneyraUxio novoneyra
Uxio novoneyra
 
Uxio
UxioUxio
Uxio
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Autores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervaisAutores da xeración das festas minervais
Autores da xeración das festas minervais
 
A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975A narrativa entre 1936 e 1975
A narrativa entre 1936 e 1975
 
Poesía 1936 1976
Poesía 1936 1976Poesía 1936 1976
Poesía 1936 1976
 
PaíSes E Linguas
PaíSes  E LinguasPaíSes  E Linguas
PaíSes E Linguas
 
Marco Legal Do Galego
Marco Legal Do GalegoMarco Legal Do Galego
Marco Legal Do Galego
 
Presentación 4º ESO
Presentación 4º ESOPresentación 4º ESO
Presentación 4º ESO
 
Lingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado español
Lingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado españolLingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado español
Lingua e Sociedade: A situación sociolingüística do Estado español
 
Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010
Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010
Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
La oración compuesta por subordinación
La oración compuesta por subordinaciónLa oración compuesta por subordinación
La oración compuesta por subordinación
 
Situacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañASituacion Linguas EspañA
Situacion Linguas EspañA
 
La oración compuesta por subordinación
La   oración  compuesta  por  subordinaciónLa   oración  compuesta  por  subordinación
La oración compuesta por subordinación
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
 
Breve historia da literatura galega
Breve historia da literatura galegaBreve historia da literatura galega
Breve historia da literatura galega
 

Similar a tema5_lite2010

Similar a tema5_lite2010 (20)

Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Celso emilio
Celso emilioCelso emilio
Celso emilio
 
Celso emilio
Celso emilioCelso emilio
Celso emilio
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Narrativa d posguerra_1_2012
Narrativa d posguerra_1_2012Narrativa d posguerra_1_2012
Narrativa d posguerra_1_2012
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 

Más de xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaxenevra
 

Más de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxía
 

tema5_lite2010

  • 1. A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
  • 2. Dende que remata a Guerra Civil ata os últimos anos da década dos corenta apenas se publicaron libros en galego.
  • 3. A represión lingüística, política e cultural impediu a continuidade do movemento cultural e literario que nacera coas Irmandades da Fala . Mentres que no exilio agromaba unha intensa actividade cultural.
  • 4. En 1949 nace a colección de poesía “ Benito Soto ” en Pontevedra e en 1952 aparece, en Lugo, a revista Xistral , creada por Anxel Xohán e Manuel María e, a partir de 1950 , a editorial Galaxia. Con estas vías editoriais ábrese unha época frutífera para a poesía galega.
  • 5.
  • 6. Unha das consecuencias do silencio e a falta de publicacións nos anos seguintes á posguerra foi a coincidencia de publicación de poetas de diferentes épocas, o que trae como consecuencia que a nosa lírica ofreza ó longo destes anos un panorama moi heteroxéneo: varias xeracións, múltiples estilos e liñas temáticas, convivencia ó mesmo tempo de autores de promocións distintas, poetas que ofrecen gran variedade de estilos…
  • 7.  
  • 8.
  • 9. Trazos definidores da xeración do 36 Naceron case todos entre 1910 e 1920. serviron de ponte de enlace entre o galeguismo anterior á guerra e as xeracións posteriores. Reflicten na súa obra a traxedia da contenda bélica a través dun discurso poético intimista onde a morte, a soidade, a nostalxia do pasado ou a trascendencia relixiosa se erixen como temáticas principais. Normalmente publican en castelán e galego, posúen culturas moi diferentes e, polo tanto, empregan estilos moi diferentes.
  • 10. 1) Imaxinismo: a) É unha das primeiras tendencias en aparecer na posguerra e é herdeira do imaxinismo de Amado Carballo. Sería unha corrente importante na poesía galega ata ben entrados os anos 60. b) Caracterízase por unha poesía na que se suceden imaxes, ás veces de carácter hilozoísta (dotación de espírito a seres inanimados). 2) Neotrobadorismo: a) Movemento característico dos poetas da Xeración de 1936, que fora iniciado por Bouza Brey coa obra Nao senlleira (1933), aínda que nese mesmo ano Cantiga nova que se chama ribeira de Cunqueiro supera a obra anterior, b) Caracterízase por retomar características da lírica medieval, sobre todo formais e das cantigas de amigo, e destaca neste momento a sección “Cantigas do amor cortés” de Dona do corpo delgado (Benito Soto, 1950) de Cunqueiro. c) O movemento dáse por rematado en 1953 coa publicación do Cancioeiro de Monfero de Álvarez Blázquez, obra que intenta facerse pasar por un hipotético cancioneiro medieval. 3) Ruralismo: a) Movemento tipicamente galego xa existente antes da guerra, iniciado por poetas lugueses, que trala guerra é recuperado con forza. b) Caracterízase por un reflexo da paisaxe interior fixándose nas pequenas cousas (tea de araña, gota de orballo, avespa...). Combina isto cunha forma de resonancias clásicas. c) Destaca a obra Nimbos (1961) de Díaz Castro, na que se inclúe o poema “ Penélope”. 4) Socialrrealismo: a) Tendencia que nace en América. b) É unha poesía social na que entra a compoñente marxista e que se dá sobre todo en poetas emigrados, dada a imposibilidade de publicar obras deste tipo en Galiza. Así, o poeta está ao servizo do pobo e actúa coma un adoutrinador das masas. c) En América destacan obras coma:  Eliseo Alonso: Seara de romances (1952), considerada a primeira obra de poesía socialrrealista.  Luís Seoane: As cicatrices (1959) e Fardel de eisilado (1954).  Lorenzo Varela: Lonxe (1954). d) En 1954 aparece O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro, un antecedente claro de Longa noite de pedra (1962):  É libro máis importante do socialrrealismo e que supón a plasmación poética de parte da teoría marxista.  Non perde en calidade poética por estar ao servizo dunha causa.  Inflúe moito na Xeración das Festas Minervais ( Acoitelado na espera, de Alexandre Cribeiro).
  • 11. Aqulino Iglesisas Alvariño e Celso Emilio Ferreiro
  • 12. A súa infancia transcorreu na súa aldea natal ata que en 1924 ingresou no Seminario de Mondoñedo. Aldea e seminario influirían decisivamente no seu posterior quefacer poético: un apego a todo o relacionado coa vida campesiña e un coñecemento profundo da cultura grecolatina. Despois de abandonar os estudos eclesiásticos, trasladouse a Santiado onde entra en contacto co galeguismo (chegou a ser director de A Nosa Terra ) e cos movementos literarios de vangarda . A partir de 1933 exerceu como profesor de ensino medio e finalmente na Universidade compostelá. Tamén foi tradutor ó galego de varios autores clásicos (Virxilio, Horacio…)
  • 13. Obra Ano Señardá Corazón ao vento Cómaros verdes De día a día Lanza en soledá 1930 1933 1947 1960 1961
  • 14. Publicara con anterioridade Señardá , 1930, o seu primeiro libro, e Corazón ao vento de 1933. Após a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando Cómaros verdes. Con Cómaros verdes márcase o inicio da poesía galega de posguerra. Esta é unha obra heteroxénea na que aparecen exemplos de neotrobadorismo e tamén poemas de verso libre que mostran unha visión humanizada da natureza. Sen menoscabo da súa obra anterior, podemos afirmar que en Cómaros verdes chega Aquilino á súa madurez como poeta, impregnando a súa poética de novas técnicas e temas . salientamos a precisión descritiva, a calidade rítmica e sonora do verso, así como a inclusión dun léxico que pretende estar a ton co medio natural que se describe, resultado dunha investigación e estudio exhaustivos da lingua da que se serve como ferramenta.
  • 15.
  • 16. OBRA ANO O soño sulagado Longa noite de pedra Viaxe ao país dos ananos Cantigas de escarnio e maldicir Antipoemas Onde o mundo se chama Celanova 1955 1962 1968 1968 1972 1975
  • 17.
  • 18. Como poeta cívico , Celso Emilio conectaría a súa traxectoria coa tradición de Curros e Cabanillas. Todos eles comparten a visión da poesía como expresión do compromiso coa realidade social e a do poeta como voceiro do seu pobo e do seu tempo. Así son temas frecuentes nesta vertente o antibelicismo , a liberdade , ou tamén a solidariedade cos que sofren… Irmaus Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te encontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, como un irmau che falo. Se é túa a miña noite, se choran os meus ollos o teu pranto, se os nosos berros son iguais, coma un irmán che falo. Anque as nosas palabras sexan distintas, e ti negro i eu branco, se temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, se os nosos soños son iguais, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.
  • 19. Intimista : a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida -practicamente eclipsada polos poemas sociais- que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975).
  • 20. Pero ademais o autor celanovés é poeta intimista . Acotío sente a necesidade de plasmar o sentido do seu “eu” ante a realidade. Son poemas nos que trata, por exemplo: a memoria da guerra, a dor existencial, o amor pola súa compañeira Moraima, a nostalxia da infancia…
  • 21.  
  • 22. Polo seu rexistro crítico , tamén é Celso Emilio poeta satírico, conectando así coa tradición medieval. A sátira e a ironía están en todos os seus libros. Pode usar a sátira para facer escarnios de persoas e tipos concretos, ou para facer unha denuncia moral das contradicións sociais e políticas do seu tempo. O preguntón O home por natureza quere saber, dixo Aristóteles fai algún tempo. O meu amigo quixo saber da vida, quixo saber da lei quixo saber do Rei quixo saber do bispo quixo saber da espreranza. Eiqui- díxolle o garda que o levou detido- o que quere saber, Antipoemas
  • 23. No tocante ao estilo e á lingua, a lírica de Celso Emilio caracterízase pola súa sinxeleza expresiva . Tiña como obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe se aproxima en ocasións case ao coloquialismo, incorporando non poucas palabras da vida cotiá. O ritmo e a musicalidade dos seus versos veñen determinados polo uso preferente de metros curtos e pola abundancia de recursos repetitivos : paralelismo, anáfora...
  • 24. A promoción de enlace Non gardan coherencia de grupo, pero podemos atopar os seguintes trazos: Naceron case todos entre 1920 e 1930. A súa formación produciuse nas adversas circunstancias dos primeiros anos de posguerra. carecen da influencia da Xeración Nós ou das vangardas de preguerra. Foron nos seus comezos escritores bilingües. Combinan a expresión do seu compromiso social coa da angustia existencial.
  • 25.  
  • 26. Antón Tovar ( Ourense, 1921) Pasou parte da súa nenez en Celanova. Traballou como funcionario en Ourense, onde participou nos faladoiros literarios celebrados arredor da figura de Vicente Risco. En 1981 recibiu o Premio da Crítica pola súa obra Calados esconxuros Obra Ano Arredores Non O vento no teu colo Calados esconxuros A nada destemida 1962 1967 1974 1980 1991
  • 27. Nas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía social, Tovar ten como temas esenciais: a conciencia do “eu” e a soidade, a tensión entre angustia existencial e esperanza. No tocante á forma, son poemas onde prima a voz sincera e auténtica sobre a riqueza de imaxes e recursos. A partir de O vento no teu colo apréciase certa renovación na súa lírica. Tovar completa a liña existencial anterior con poemas de firme preocupación social e con outros dun erotismo vitalista. Eu quería Eu quero trocarme en ti paisaxe da miña terra, quero ceibar miña anguria pola túa cabeleira. Ser carballo entre os carballos, ser néboa coas túas néboas, ser maina chuvia e caer polas congostras tolleitas … Non
  • 28. Naceu no seo dunha familia que, trala guerra civil, sufriu a represión franquista. Estudou piano, maxisterio e chegou a se licenciar en Filosofía e Letras. Grande afeccionada ás artes ( música, pintura…), reside en Vigo desde 1977, onde se xubilou do seu traballo de sempre, profesora de Lingua e Literatura Españolas.
  • 29. Obra Ano O paxaro na boca Verbas derradeiras Códice Calixtino Prometo a flor de loto 1952 1972 1986 1992
  • 30. Coma outros autores desta promoción, comezou escribindo en castelán. A súa obra adoita caracterizarse como intimista, cun tema dominante sobre os demais: o amor. Así, por exemplo, a autora plasma unha visión sensual, doce e delicada do sentimento amoroso na súa primeira obra: O paxaro na boca . En cambio, trala morte do seu marido, aparece unha visión máis transcendente do amor, ao reflexionar a través del sobre a vida e a morte.
  • 31. Na miña poesía vexo dúas liñas esenciais: a) unha comprometida, solidaria coas xentes,de senso humanista onde o NÓS substituíu ó EU. b) outra, íntima e saudosa, subxectiva, feble, esvaída. Nela EU / TI marcan o eixe bipolar no ámbito do amor. a súa poesía establécese a partir do antagonismo entre luz e sombra, luz que aumentará ou diminuirá dependendo do que a poeta queira expresar.
  • 32. VOLVER A LUGO CANDO SOSEGA O TEMPO Volver a aquela primavera que fuxía das mans algunha verba en soedade algunha noite coma un sopro sobre das almofadas húmidas de silencio. Volver a ollada lonxe en vidas sucesivas nomear ese río que chamamos pasado a palabra inmediata que vén dunha certeza de muralla non poder esquecer pórticos descubertos ou azuis ignorados que forman presentidos nun poema de Luís Pimentel na forma de recordo que precede á existencia. Na excesiva demora alguén pechou os ollos a falta dunha imaxe clemente. Na memoria do tempo pasan brisas mutables. O que existiu ben puido ser soñado ou tal vez precedido acaso precisado nesa reminiscencia que permite asumir escuras profecías. Volver á primavera que fuxía nun xeito de mudanza repentina conciliar os espacios os lamentos as últimas palabras dun recinto secreto poder ouvir cando sosega o tempo unha fuga de Bach nun violín invulnerable e mudo.
  • 33. A xeración das festas Minervais Baixo esta denominación reunimos aos poetas máis novos da posguerra.
  • 34.
  • 35.
  • 36. Liñas poéticas: A Escola de Tebra : poesía intimista, o poeta preséntase en conflito co mundo. Temas: a morte, a soidade, a desesperanza... O Realismo coloquial introduce esquemas estructurais da fala cotiá na canle poética, e está representado por Manuel María con Documentos persoaes e por Bernadino Graña con Poema do home que quixo vivir . Socialrealismo : poesía de denuncia social. Temas: a opresión, a guerra, o sentimento de Galiza...
  • 37. Escola da Tebra Participaron nas Festas Minervais compostelás (recuperadas dos séculos escuros e son a orixe do nome da xeración), no diario La Noche (xornal vespertino), na creación da colección Illa Nova, na fundación do nacionalismo revolucionario (en oposición ó galeguismo cultural e promove asociacións como O Facho ou O Galo ) e na formación do Grupo Brais Pinto (formado por membros que se reunían no centro galego en Madrid, que posúen unha actividade innovadora e reflicten o que lles foi transmitido da Guerra).
  • 39. Manuel María Fernández Teixeiro, chamado unicamente Manuel María na cuberta dos seus libros, naceu en Outeiro de Rei en 1929 e faleceu na Coruña no ano 2004. En 1958 instálase en Monforte como procurador dos Tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa en organizacións políticas clandestinas , e empeza a atender voluntariosamente todo tipo de necesidades de tipo cultural: escribindo poesía programática, dando conferencias, colaborando con músicos e explorando todos os xéneros literarios, tanto para público adulto como infantil. Naqueles tempos (1969) fundou a editorial Xistral a canda Ánxel Xohán, e abriu unha libraría do mesmo nome na capital da Terra de Lemos.
  • 40. As dúas primeiras obras considéranse as pezas inagurais da Escola de Tebra: unha visión atormentada da existencia: Os meu berros absolutos son o meu acento disolto en ácido sulfúrico. A anguria, a carraxe e o arrepío é a miña música de paxaros valeiros de garimos que viñeron arrolarme cando tiña mes e medio aproximadamente... Muiñeiro de brétemas Obra Ano Muiñeiro de brétemas Morrendo a cada intre Terra Chá Documentos persoais Cancións do lusco e fusco A primavera de Venus 1950 1952 1954 1958 1970 1993
  • 41. A súa traxectoria poética iníciase en 1950, cando publica o primeiro libro de poesía en galego que non pertence a autores que coñeceran a República, Muiñeiro de brétemas . Este é ademais o volume co que a crítica considerou que comezaba a Escola da Tebra, unha liña poética existencialista que puxo o acento na soidade e na opresión humana e espiritual da ditadura franquista.
  • 42. Esta liña continuouna en 1952, no poemario Morrendo a cada intre , pero mudouna dous anos despois, en 1954, co libro Terra Chá . Este, a través de sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra o protagonismo é dunha paisaxe saudosa, e aparecen claras algunhas das constantes da súa produción: rimas simples e populares (coplas, pareados, cuartetas...) e unha proximidade ao popular, con léxico a pé de corredoira e con situacións e feitos da cotidianeidade.
  • 43. Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licencia para voar... Documentos persoais Realismo coloquial
  • 44. Co paso dos anos e dos títulos foi evolucionando cara a unha poesía máis socialrealista , cunha nidia presencia das reivindicacións esquerdistas e nacionalistas, como en Cantos rodados pra alleados e colonizados , de 1976, ou As rúas do vento ceibe , de 1979.
  • 45. Manuel María foi tamén un dos impulsores do teatro na transición, con obras que foron verdadeiros éxitos de público e representacións como Barriga verde, de 1970, Unha vez foi o trebón , de 1976, ou Farsa de Buluú , de 1979, onde apostou por unha dramaturxia popular e sen grandes complicacións narrativas ou escénicas.
  • 46. É un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa novidosa visión da paisaxe, forxada entre as montañas do seu Courel natal, levouno a ser coñecido como o “ poeta da terra ”.
  • 47. Fillo dunha familia de labregos do Courel, a poética de Uxío Novoneyra sempre permanecerá intimamente relacionada co escenario da terra natal. Estuda bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel María. Logo trasládase a Madrid, onde asiste como oínte á Facultade de Filosofía e Letras e comeza a escribir os seus primeiros poemas, en castelán. Nesta cidade entrou en contacto cos membros do grupo “Brais Pinto”. Entre 1953 e 1962, por motivos de saúde, pasou longas tempadas de descanso na súa terra natal, a serra do Courel . Gran recitador, traballou na radio e na TV, sempre en espazos relacionados coa literatura.
  • 48.  
  • 49. Obra Ano Os eidos Os eidos 2 Poemas caligráficos Muller para lonxe 1955 1974 1980 1987
  • 50. Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única. Na obra primeira, Os eidos (1955), o poeta está en soidade entre os vales e as montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionado Os eidos co paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro. Porén, a de Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da tradición polo seu carácter esencial e totalizador: é unha poesía da metapaisaxe . O do poeta é un canto telúrico que atopa na natureza unha dimensión ontolóxica : nela está contido o sentido do home e do universo. Son versos dominados pola intensidade e a economía lingüística, ao servizo do intimismo e da procura de emocións. Abondan os topónimos e as series de sustantivos que denominan os elementos da natureza, acompañados de exclamacións, de aliteracións e fonosimbolismos , manifestacións todas elas dun propósito esencializador que se aproxima á estética do haiku xaponés .
  • 51. ¡Cousos de lobo! ¡Cousos de lobo! ¡caborcos de xabarín! ¡Eidos solos onde ninguén foi nin ha de ir! ¡O lobo! ¡Os ollos do lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa... Os Eidos Fonosimbolismo A reiteración do son o evoca a sensación de medo que pode producir a presenza do lobo.
  • 52. Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á preocupación colectiva e a temática política dominante na poesía da época. Galicia é unha constante. O tratamento da paisaxe adquire un ton político e simbólico, como é de ver en Elexías do Courel (1966).
  • 53. VIETNAM CANTO  (fragmento) CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOEN UNHA VEZ POR CADA MORTE                                    VIETNAMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM                                    VIETNAMMMMMMMMMMMMM Metan na casa a verba na cociña na mesa        na cama xa está E calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar Hastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA un morto dous mortos tres / trinta mortos trescentos / tres mil mortos OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos tódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000 baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquina difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón do                                                                      [monzón na lua do TEIT dá vergonza vivir dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA cándo remata un pobo?                                    un pobo nace sempre no remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca seino por vós pobo como o meu GALICIA pequeniña Sola cousa de todos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos caindo polos teletipos luas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de        LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA . .. ... “ Viet Nam canto” (Canadá, 1969) vén guiado por unha reflexión sobre o destino da colectividade, expresada mediante a oposición conceptual entre liberdade e opresión. A disposición visual do poema gaña moita importancia. Aquí inicia o poeta unha pescuda no terreo das posibilidades plásticas e expresivas da tipografía, a escrita fonética, o caligrama.
  • 54. Xosé Luís Méndez Ferrín é o escritor galego vivo máis importante, cunha carreira máis longa e sólida. Construíu o seu discurso cun dominio preciso e extenso da linguaxe, fundamentalmente nos xéneros da narrativa breve e da poesía. Foi seleccionado como candidato ao premio Nóbel en numerosas ocasións.
  • 55. Na cidade das Burgas transcorreu a súa infancia. Durante os seus anos de Universidade en Santiago participou con éxito nas Festas Minervais e entrou en contacto co galeguismo cultural. En 1957 trasladouse a Madrid para rematar os seus estudos e alí participou na constitución do grupo “Brais Pinto ”. Na década dos 60, Ferrín comezou a amosar o seu forte compromiso político: foi cofundador da UPG e mesmo pasou períodos nos cárceres franquistas ( 1969 e 1972). Na actualidade reside en Vigo. Tamén é un destado narrador e ensaísta.
  • 56. 2005 200 4 Obra Poética Ano Voce na néboa Con pólvora e magnolias Poesía enteira de Heriberto Bens O fin dun canto Erótica Estirpe 1957 1976 1980 1982 1992 1994
  • 57. Foi incluído na mesma promoción literaria ca Graña ou ca Xohana Torres, malia que iso só é válido para a súa primeira época , a que vén marcada polo seu poemario Voce na néboa , de 1957, e onde a crítica viu os primeiros pasos da Escola da Tebra (poesía de ton íntimo e angustiado, existencialismo pesimista, simbolismo para representar o cárcere político e do espírito e cunha temática que vai desde a preocupación existencial ata a visión fatal da propia Galicia). Galicia Galicia, longa praia, estensa e negra, soia i esquiva, con pesados corvos, senlleiras píllaras, vento coriscante e a morte e o baleiro en todo o longo.
  • 58. Porén, a praxe política levouno, deixando atrás a paréntese dos sesenta, ao socialrealismo máis elaborado e máis explicitamente partidario: desa fase son Antoloxía popular , de 1972, asinado como Heriberto Bens , e Sirventés pola destrución de Occitania , de 1975. Para Alexandre Bóveda, asasinado Cando a pupila, derradeira imaxe refrexou, xa sen lume, aquil piñeiro e ti ficaches, Bóveda, senlleiro testemuña para sempre diste aldraxe. Cando che percutiu no peito a torta ira descarregada por Hespaña, coidaron os verdugos que fazaña era deixar en ti Galicia morta. Pro esqueceron teu sangue sobre a terra, ista esperanza que en nosoutros corre, e non tolleron a verdá que berra. Baixo a lívida luz que nos aterra, sobre ista teima que xa nunca morre Galicia hase erguer en pé de guerra
  • 59.  
  • 60. Nesa liña insiste con O fin dun canto , de 1982, Estirpe , de 1994, premio Losada Diéguez, onde é capaz de fusionar un nacionalismo case pondaliano co virtuosismo léxico e poético, ou en Contra maquieiro , de 2005, onde avanza na crítica ao capitalismo. nas Illas cando chove hai asobíos secos e un alustre espiral que se enguedella dentro da memoria aparición agora da serpenta na peneda nos fondais do soño vós mulleres estades no intre alto de pari-lo fillo e ela espreita alí nos choros urros castañetas de dentes feces polo curso e cómo vos torcedes arrótavos o dentro un agurgullo mesto rachan panos de baixo afeas lumes coiteladas froles invádenvos a vida e corgas de negror manan de afeito e cómo vos torcedes no seguro segredo dos paridoiros escusados nos profundos da bouza a cobra aperta a cobra cingue espreme cos seus aneis os ventres das femias do mundo iluminados por dentro iluminados e cómo vos torcedes e vén de noite a cobra polo luar que é cousa das mulleres sitio da cobra dos grandes ollos á percura do leite e mais dos tetos a cobra trai a cría pro logo levaranos de morte morrida polas poulas do frío alén das serras pómulos marelos toxo arnal espetado nos ollos vermes a choutos fríos polo fígado misia pega peteirará nos nosos labres polas grandas xordas levaranos deica a ribeira na que vagan os que foron pois que era chegará á devesa de noso e máis ás Illas de acó deseñada no peito dos fillos dos señores de lonxe (coido que con ocre) a cobra nunca empeza nin falece a cobra está nas Illas vixiando se asobiar as vidas son segadas se alampa a vista nace toda cousa eu son a cobra de todas as Esposas que desovan no mar igual ca os ríos.
  • 61. Ao ano seguinte Méndez Ferrín dá o cambio e muda con el a traxectoria da poesía galega. A súa Con pólvora e magnolias de 1976 marca a viraxe cara a unha poesía culturalista e rompedora , onde as referencias e o preciosismo son a característica fundamental, sen por iso carecer dun mestísimo pouso ideolóxico. Marcou unha definitiva renovación na poesía galega, dando paso ás tendencias da lírica actual. Son poemas que se abren a novos temas ( a lembranza do pasado, o amor, o tempo...) e nos que se investigan novas formas e novas posibilidades estilísticas da linguaxe (sintaxe non convencional, riqueza léxica, abundancia de recursos literarios, imaxes audaces...). Ferrín mantén estas liñas temáticas nas obras máis recentes.
  • 62. Escolma. Señoras do pasado   Mon prince on a les dam's du temps jadis qu'on peut                                               Georges Brassens E quíxenvos moi tristemente a todas as que forades rapidamente eu (un pouco). Unha lus nos lugares do estremecemento e tardes coma rodas de bronce, interminábeles. Poderosas mañáns de rexurdimento e ollos no chao, de amor outido. E quíxenvos moi escasamente a todas porque nas regandixas de eu caben ourizos e sofrir é amor e nada para o tempo que destrue os ourizos. E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas, limítrofes do amor, esquencidas pra sempre. E quíxenvos autente, e case non vos quixen antre tanto artefauto, construcción, mala pedra, que nos ten envisgados nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran. Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuados no baleiro e no fume, e reclamo ese espacio que deixáchedes e que cecais é globo (de lume e desespero).
  • 63.  
  • 64.  
  • 65. Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo en 1932. Cursou Filosofía e Letras en Santiago, Salamanca e Madrid. Bernardino Graña vai adoptar, logo da cativa experiencia existencialista en Poema dun home que quixo vivir (1958), unha postura vitalista, na que abundan os versos que procuran o contacto do home coa natureza e o ambiente marítimo, que ten o seu principal logro en Profecía do mar (1966 ) , con pegadas de socialrealismo máis evidentes en Non vexo Vigo nin Cangas (1975), que é un brado ecolóxico contra a destrución do mar e da terra . Reiniciará o seu canto á vida en libros como Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (1981), Himno verde ( 1992 ) , nos que están presentes temas como o amor, a denuncia ecolóxica e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade tecnificada e mercantilista. Despois, deu ao prelo Luz de novembro ( 1997). Poeta ante todo, tamén ten feito incursións na narrativa e no teatro.
  • 66. LUZ DE NOVEMBRO (NA MORTE DO XENERAL FRANCO) E, por fin, xeneral, xa vas fedendo. E agora que os carunchos, as lombrigas, os vermes, as bacterias en exércitos avanzan contra ti baixo da terra e van furar voraces na fermosa, rica madeira e guata do teu leito, nós temos que facernos outros bichos, nós temos que afiar uns dentes irtos, potentes, penetrantes, para roerte, para acabar contigo e cos soldados na inercia das túas ordes, sen cerebro. Nós temos que saber erguer os puños pechados e moi fortes ós fociños dos ogros axudantes do teu reino. Non vale que ti mesmo, os teus esbirros, vos agachedes baixo os crucifixos, non vale que finxades ser apóstolos ou santos baixo palio ou pobres vellos.
  • 67. Antón Avilés de Taramancos.
  • 68. (Noia, 1935-1992). No seu labor creativo distínguense dúas etapas separados por un longo lapso de tempo que pasou en América. Á primeira corresponden títulos como As moradías do vento ( 1954) ou A frauta e o garamelo (1959); á segunda e máis importante, caracterizada pola influencia da experiencia na emigración e a dimensión mítica, corresponden O tempo no espello ( 1982), Cantos caucanos (1985), As torres no ar (1989) e o póstumo Última fuxida a Harar (1992)
  • 69. Xohana Torres (Santiago, 1931). Pasou a súa infancia e mocidade en Ferrol. Reside en Vigo, onde dirixiu en 1963 o primeiro programa cultural radiofónico integramente en galego na emisora “La Voz de Vigo” desde a Guerra Civil. Na súa obra máis recoñecida, Estacións ao mar (1980) presenta un sólido rigor formal e conceptual, reflectindo a preocupación por Galiza e o paso do tempo.
  • 70. Declara o oráculo: "Que á banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo. Que ramos de loureiro erguen rapazas. Que cor malva se decide o acio. Que acades disas patrias a vindima. Que amaine o vento, beberás o viño. Que sereas sen voz a vela embaten. Que un sumario de xerfa polos cons." Así falou Penélope: "Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR."  XOHANA TORRES (Del libro ‘Tempo de ría’)