SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 57
UD 12 O SISTEMA URBANO
         3ª parte




                 XEOGRAFÍA
                  2º BACH
2
FENÓMENO
URBANO EN
  ESPAÑA
     UD 12 1ª parte
     Evolución da cidade, páx. 234-
    237
2. O FENÓMENO URBANO EN ESPAÑA

 2.1 A Cidade Preindustrial
(páx. 235-236 + diapositivas 1- 18 da 1ª parte)

 2.2 A cidade industrial
(páx. 237 + diapositivas 19- 28 da 1ª parte)

   2.3 A cidade postindustrial

   2.4 Xerarquías e redes urbanas en España
2.1 A Cidade
 Preindustrial


            Páx. 235-236 + diapositivas 1- 18
2.2 A cidade
  industrial

     Páx. 237 + diapositivas 19- 28 (1ª
     parte)
2.3 A cidade
 postindustrial
Características da urbanización
    contemporánea
    A partir de finais da década de 1980, superada a crise económica
    iniciada en 1973
   Aumento ininterrompido da poboación urbana: na actualidade máis das tres
    cuartas partes dos españois viven en cidades
   As grandes cidades (Madrid, Barcelona, Bilbao) frean o seu crecemento 
    traslado da poboación ao ámbito metropolitano ou a favor das medias ou
    pequenas cidades
   Cambian os factores de urbanización: perde importancia a industria como
    factor de urbanización e gañan relevancia as actividades do sector servicios.
   Cidades-dormitorio (Móstoles e Coslada en Madrid, Hospitalet de Llobregat e
    Badalona en Barcelona, Guecho en Vizcaya (área metropolitana de Bilbao)
   Periurbanización  desprazamento da poboación e dalgunhas funcións
    urbanas cara á periferia
   Rururbanización Urbanización do medio rural
   Rexións urbanas: área urbana descontinua, que forma unha nebulosa
    urbana de cidades dispersas pero cunha forte densidade, de espazos sobre
    o territorio que teñen características urbanas. A“T” asturiana
    (Avilés‐Gijón‐Oviedo), golfo Ártabro coruñés (Ferrol‐A
    Coruña), Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcía.
2.4 Xerarquía e redes
 urbanas en España


                   Páx. 234-235
Metrópoles
         nacionais



M
e
t
r
ó
p
o
l
e|
s
K
     C
     i
         Metrópoles
         rexionais e
e    d
x
     a
i
     d
o
     e
n
a
i
     s


     r
         subrexionais
s
e
s
u
     m
     e
     d
         |
b    i
r    a
e    s
x
i
o
n
a
i
s



         Cidades rmedias




         Cabeceiras
         comarcais
Grandes metrópoles nacionais
   Neste primeiro nivel xerárquico aparecen dúas grandes
    metrópoles, Madrid e Barcelona, que exercen a súa
    influencia sobre todo o territorio nacional e están estreitamente
    interconectadas coas grandes cidades europeas. A poboación
    de cada unha delas sitúase arredor dos cinco millóns de
    habitantes.


   Son grandes centros de decisión empresarial, xa que
    concentran unha gran parte das sedes das empresas
    españolas. Contan con servizos moi especializados e
    empresas de alta tecnoloxía, En Madrid, as actividades
    administrativas teñen un gran peso debido a súa condición
    de capital do país, e en Barcelona están máis representadas
    as actividades industriais.
Metrópoles rexionais
   Metrópoles rexionais. Son áreas metropolitanas con servizos de
    alto rango, que organizan un espazo amplo, pero sen ter alcance
    nacional. A súa poboación normalmente está comprendida entre o
    medio millón e o millón e medio de habitantes. Varias delas
    son capitais de comunidades autónomas, e polo tanto, concentran
    funcións administrativas ligadas á capitalidade rexional, como
    ocorre con Sevilla, Bilbao, Valencia ou Zaragoza.


   Metrópoles subrexionais. A súa área de influencia é máis
    reducida e a súa poboación sitúase entre os 200 000 e os 500
    000 habitantes. Manteñen fluxos intensos coa correspondente
    metrópole rexional (por exemplo, Alacant e Murcia con respecte a
    Valencia). Algunhas delas son capitais de comunidades
    autónomas pouco extensas (como Oviedo, Santander ou a propia
    Murcia).
Cidades Medias
   A maior parte delas son capitais de provincia
    de tamaño medio (normalmente, entre os 50
    000 e os 200 000 habitantes).
   Caracterizadas polas súas actividades
    comerciais e de servizos de ámbito
    provincial, como sucede, por exemplo, en
    Burgos, Segovia, Ourense, Logroño, Castell
    ón ou Xaén.
   Algunhas están especializadas noutro tipo
    de actividades, como as industriais (Aviles) e
    as portuarias (AIxeciras).
Cabeceiras de comarca
   O último posto xerárquico do sistema urbano.
   Está ocupado polas cabeceiras (capitais)
    comarcais, centros urbanos con servizos básicos
    que organizan un territorio de reducida extensión.
   O seu tamaño é variable, xa que depende da
    poboación total da comarca, pero adoita oscilar
    entre os 5000 e os 20 000 habitantes.
   Exemplos de cabeceiras de comarca son Astorga
    (León), Figueras (Xirona), Truiillo (Cáceres) ou
    Antequera (Málaqa)
Teoría de los espacios centrales. Su autor es el geógrafo alemán CHRISTALLER, que ya en la década
de los 30 observó una jerarquízación de las ciudades, según la cual el lugar central es el que presta los
servicios a su zona de influencia y se constituye en centro para las localidades de rango inferior. Así
tenemos una ciudad (la central) que preside a un conjunto de localidades, por ser la que mayor oferta de
bienes y servicios concentra. Desde ese lugar central, que está más poblado y mejor conectado por la red
de transportes, se va descendiendo a otros de menor rango.
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL

a) A xerarquía urbana.

A xerarquía urbana é a organización das cidades segundo a súa área de influencia e o seu
tamaño demográfico, as súas funcións e servizos, dentro do sistema de cidades dun
territorio.
O sistema urbano español vertébrase sobre dezaseis aglomeracións urbanas que superan
os 500.000 habitantes:

Madrid e Barcelona contan con máis de 3.000.000 de habitantes. Madrid ocupa o
primeiro con 5.500.000 de habitantes e Barcelona os 3.000.000. As dúas configuran un
sistema bipolar.

Cinco aglomeracións superan os 800.000 habitantes (Valencia, Sevilla, Bilbao, área
central de Asturias e Málaga) e outras nove superan os 500.000 (Zaragoza, Alacant,
Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcía, Baía de Cádiz, Murcia, Golfo Ártabro (A Coruña‐Ferrol), As
Palmas, Granada, Palma de Mallorca).

Por debaixo delas vai un elevado número de cidades entre 400.000 e 100.000 habitantes
como froito da descentralización urbana.

O sistema urbano español é fundamentalmente periférico (predominando no sector
Mediterráneo), con dúas macrourbes no interior da península (Madrid e outra secundaria en
Zaragoza). O espazo interior está pouco urbanizado.
b) Distribución territorial.
Distinguimos xerarquicamente os seguintes postos: metrópole (global nacional, rexional e subrexional), cidades medianas, e
capitais de comarca, todas elas vertebradas nunha rede urbana que configura unha serie de eixes dentro do espazo español
e europeo.

- Metrópoles globais nacionais.
É o primeiro nivel xerárquico. Están representadas por Madrid e Barcelona, aglomeracións que superan os 3.000.000
de habitantes. Nelas reside o 20% da poboación española. A súa influencia abarca a todo o territorio español e manteñen
relacións estreitas co sistema urbano europeo e mundial. Teñen funcións moi diversificadas, servizos moi
especializados, numerosas oficinas centrais de empresas nacionais e multinacionais e localízanse as sedes das principais
institucións públicas culturais, políticas e económicas do país.

- Metrópoles rexionais e subrexionais.
As metrópoles rexionais son un segundo nivel xerárquico están representadas na actualidade en España por cinco
aglomeracións: Valencia, Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza. Cunha poboación comprendida entre os 1.750.000 e 750.000
habitantes. Ben comunicadas, con funcións diversificadas e servizos especializados. A súa área de influencia abarca
unha extensa rexión e manteñen unha forte ligazón coas metrópoles globais ou nacionais. As metrópoles subrexionais ou
rexionais de segundo orde (terceiro nivel xerárquico) son pequenas áreas metropolitanas como Vigo, A
Coruña, Oviedo, Valladolid, Palma de Mallorca, Alacant... Cunha aglomeración en torno aos 700.000 e 250.000 habitantes.
Igual que as metrópoles rexionais teñen funcións diversificadas e servizos especializados pero a súa área de influencia
é menor que unha metrópole rexional.

- Cidades medianas.
Representan o cuarto nivel xerárquico. Tamén se lles denomina centros subrexionais. Teñen unha poboación en torno
os 200.000 e 50.000 habitantes. Son centros administrativos (moitas son capitais provinciais e incluso
autonómicas), con importantes servizos. Santiago, Santander, Cádiz, Logroño, Cidade Real... son exemplos deste modelo.

- Cabeceiras comarcais.
Representan o quinto nivel xerárquico. Son núcleos que teñen en torno aos 10.000 e 50.000 habitantes.
Posen equipamentos, infraestruturas e servizos básicos a súa área de influencia abarca unha comarca.
Monforte, Ponferrada, Miranda do Ebro... son exemplos deste nivel xerárquico.
A morfoloxía do sistema urbano
   As cidades españolas repártense polo territorio de modo moi desigual, concentrándose especialmente na
    franxa costeira e nos arquipélagos. Na Península, o sistema urbano adopta a forma dun anel incompleto (ao
    seren excluídas as cidades costeiras portuguesas), que rodea un espazo central polo xeral pouco urbanizado,
    salvo no caso de Madrid. Polo tanto, o sistema de cidades non cobre adecuadamente o territorio do interior
    peninsular.
   Na periferia distínguense os seguintes eixes de concentración de cidades:
• Franxa atlántica galega. Esténdese polo occidente de Galicia, desde Ferrol ata Vigo, con prolongacións cara ao
     interior (Lugo e Cúrense).
• Franxa cantábrica. Ocupa o espazo comprendido entre o triángulo de cidades astu-rianas formado por Oviedo,
     Xixón e Aviles, ata Pamplona, en Navarra, pasando por Santander e as capitais vascas.
• O val do Ebro. Como eixe de conexión entre a franxa cantábrica e o litoral mediterráneo, constitúe un eixe
    continuo no seu tramo occidental (desde Logroño a Zara-goza), pero máis descontinuo no seu sector oriental.
• Corredor mediterráneo. É parte dun eixe europeo moi dinámico, que dentro de España se prolonga desde Xirona
    ata Murcia.
• Eixes andaluces. En Andalucía está o eixe urbano costeiro (de Almería a Huelva) e ; o eixe interior (da costa
     atlántica a Xaén).
• Eixes insulares. Aliñados ao longo dos arquipélagos balear e canario.
   O interior peninsular, pola contra, non conta propiamente con eixes urbanos continuos, e caracterízase polos
    seguintes trazos:
• Presenza de áreas urbanas de menor tamaño. O contraste entre periferia e interior é especialmente marcado no
     caso das cidades de máis de 250 000 habitantes, xa que so dúas delas se atopan na Meseta (Madrid e
     Valladolid), cando esta ocupa case a metade do territorio da España peninsular.
. Menor densidade de cidades. No interior aparecen algúns baleiros urbanos, é dicir, áreas apenas cubertas polo
   Subsistema
    urbano: grupo
    de cidades
    especialmente
    vinculadas
    entre si que
    forman parte
    dun mesmo
    sistema urbano.
   Subsistema galego.
   É un subsistema policéntrico* en que a
    capital da Comunidade Autónoma
    (Santiago de Compostela) se localiza nun
    lugar intermedio entre as dúas metrópoles
    rexionais (A Coruña e Vigo).
   As cidades concéntranse fortemente ao
    longo da costa occidental. Non existe
    unha gradación piramidal nos tamaños
    das cidades maiores, os núcleos urbanos
    manteñen relacións bidireccionais, non
    xerárquicas.
CONCENTRACIÓN DE NÚCLEOS
URBANOS
AGLOMERACIÓNS

   Áreas Metropolitanas

   Conurbacións

   Rexións urbanas

   Megalópoles
Área metropolitana.
   Chamamos área metropolitana á grande extensión urbana que rodea
    a unha cidade importante e abarca administrativamente varios
    municipios, entre os que existen importantes relacións económicas e
    sociais. As características básicas son:
• Cidade central que preside toda a área (dentro dela nace a
   chamada CBD).
• Relacións económicas e sociais co contorno: área de influencia.
• Rede de comunicación é esencial (movementos pendulares diarios).
• Heteroxeneidade social. O número de habitantes supera os
   200/250.000.
• Coroas concéntricas arredor do núcleo central: sectorial e radial.


   Orixinariamente as áreas metropolitanas constituíronse en Madrid,
    Barcelona, Bilbao e Valencia. Actualmente teñen maior amplitude e
    dispersión (cidade difusa). Canto máis ampla é a área de influencia
Conurbación
   Fusión de dúas cidades de tamaño similar que medran
    en paralelo ata unirse.
   Cada cidade mantén a súa independencia administrativa.
    A maioría prodúcese en áreas turísticas pero pode haber
    outro tipo de factores.
   Nas conurbacións non existe unha única cidade
    principal, senón varias, que debido á irradiación do seu
    crecemento tenden a conformar unha única aglomeración
    urbana, aínda que de carácter espacialmente descontinuo.
   Triángulo asturiano (Oviedo, Xixón e Aviles).
   San Fernando-Porto de Santamaría (Cádiz)
Rexión urbana

   Área urbana descontinua, que forma unha
    nebulosa urbana de cidades dispersas
    pero cunha forte densidade de espazos sobre
    o territorio que teñen características urbanas.
   Por exemplo a chamada “T” asturiana
    (Avilés‐Gijón‐Oviedo), golfo Ártabro coruñés
    (Ferrol‐A Coruña), Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcia.
Megalópoles
   Escala suprarrexional constituída por
    diversos elementos urbanos (área
    metropolitana, conurbacións, rexións urbanas,
    pequenas cidades) que forman
    practicamente un continuo urbano en
    centenas de quilómetros como por exemplo
    o eixe Mediterráneo.
3
TRANSFORMACIÓNS
   RECENTES NA
  ESTRUTURA DAS
     CIDADES
3. TRANSFORMACIÓNS
RECENTES NA ESTRUTURA
DAS CIDADES
   3.1 Cidade difusa

   3.2 Os cambios no centro urbano
    (degradación vs rehabilitación

   3.3 Cambios de uso no solo urbano

   3.4 Impacto ambiental da urbanización
3.1 Cidade difusa
   Nas áreas metropolitanas, o límite entre a
    cidade e o campo non é unha liña definida. A
    cidade avanza sobre o campo e orixínase
    unha área onde se mesturan actividades
    urbanas e rurais.

    Trátase dunha zona moi dinámica e
    cambiante, que pode recibir distintos nomes:
    cidade difusa, área periurbana ou franxa
    rururbana.
Usos e funcións na cidade difusa

   No territorio da cidade difusa organízanse as
    actividades en función das necesidades da
    metrópole e que dificilmente se poderían
    localizar dentro da cidade propiamente dita:
    urbanizacións, polígonos industriais, instalacións
    deportivas, campos agrícolas destinados ao
    mercado urbano, centros comerciais, aeroportos,
    vías de transporte...

   Trátase dunha especie de difusión das funcións e
    actividades tradicionais da cidade que agora se
    desenvolven sobre un territorio máis extenso, de
    aí que se fale de cidade difusa.
Causas da Cidade Difusa
   O crecemento da cidade difusa débese
    básicamente ao elevado prezo do solo da gran
    cidade e foi posible, a maioría das veces, grazas
    ao desenvolvemento do transporte privado
    (automóbiles, camións, furgonetas) e ao aumento
    das infraestruturas viarias
    (autoestradas, autovías, estradas), que facilitan o
    achegamento á cidade de certas áreas rurais.

   Esta aproximación campo-cidade converte en
    habitual o feito de que as persoas vivan nun lugar
    e que o traballo e mais os espazos de lecer se
    localicen en lugares considerablemente afastados
Repercusións da Cidade Difusa
    No caso de non levarse a cabo unha planificación urbanística axeitada, as
    repercusións do modelo de crecemento da cidade difusa poden chegar a ser
    moi negativas polas seguintes razóns:

   Elevadísimo consumo de solo. A expansión da cidade leva a gastar solo
    para desenvolver actividades.

   Incremento dos servizos. Aumenta a necesidade de infraestruturas de luz,
    auga, gas, vixilancia, recollida do lixo e toda clase de servizos públicos.

   Constante mobilidade. As persoas viven nun lugar, e traballan, estudan e
    divírtense ou relaciónanse noutros. Esta fragmentación das súas actividades
    obriga a que existan moitas estradas e autoestradas, co conseguinte gasto
    enerxético e de tempo.

   Desenvolvemento dun modelo social máis individualista. O espallamento
    das actividades sobre un territorio tan amplo dificulta a interacción entre as
    persoas, xa que se fai máis difícil ter puntos de encontro. Ademais, as
    urbanizacións de casas acaroadas (unifamiliares) ou de chalés illados
    contribúen a construír este modelo social máis individualista.
3.2 Os cambios no centro
 urbano (degradación vs
 rehabilitación)
• Declive e deterioración dos centros
   históricos
  A partir da segunda metade do século XX,
  os centros históricos de moitas cidades
  españolas comezaron a sufrir unha
  progresiva deterioración e abandono debido
   Despoboamento, envellecemento e
  empobrecemento e a perda de actividade
  económica.
• Restauración e revitalización
  Ao longo das últimas décadas
  (especialmente, a partir dos anos oitenta do
  século pasado), as tendencias anteriores
  víronse, en parte, compensadas por
  procesos de revitalización destas zonas 
  Políticas públicas de conservación e
  revitalización e desenvolvemento do
  turismo cultural. Nos últimos anos
  produciuse en toda Europa unha auténtica
  explosión do turismo urbano, particularmente
  do denominado turismo cultural: en especial,
Declive e deterioración dos
    centros históricos
   A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de moitas
    cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e
    abandono.
   Despoboamento, envellecemento e empobrecemento. Coa construción
    dos ensanches a mediados do século XIX, as clases altas comezaron a
    abandonar os centros históricos, e despois tamén o fixeron outros grupos
    sociais.
    Desde mediados do século XX, intensificouse a perda de poboación nestas
    zonas. A maior parte dos que permaneceron eran anciáns con baixos niveis
    de renda, polo que o centro experimentou un proceso de envellecemento e
    empobrecemento.
    Todo isto reflectiuse nunha deterioración urbana, xa que moitas vivendas
    quedaron baleiras, e noutras non se realizaron as obras necesarias de
    mantemento e renovación.
   Perda de actividade económica. Ao mesmo tempo, a actividade económica
    tamén se foi desprazando cara aos ensanches, onde se podía dispoñer de
    edificios máis amplos e modernos para instalar os negocios.
Restauración e revitalización
   Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século
    pasado), as tendencias anteriores víronse, en parte, compensadas por procesos de
    revitalización destas zonas.
   Políticas públicas de conservación e revitalización. As administracións públicas
    investiron cuantiosas sumas na rehabilitación dos edificios e a mellora dos espazos
    públicos, rúas e prazas. Ademais, deron un novo uso a vellos
    monumentos, converténdoos, por exemplo, en edificios administrativos ou universitarios, e
    dinamizando así a vida dos centros históricos.
   Desenvolvemento do turismo cultural. Nos últimos anos produciuse en toda Europa
    unha auténtica explosión do turismo urbano, particularmente do denominado turismo
    cultural: en especial, naquelas cidades declaradas Patrimonio Cultural da Humanidade
    pola UNESCO.
   O turismo potenciou a rehabilitación dos centros históricos españois, mediante a
    restauración de edificios e a peonalización de rúas e prazas. Ao mesmo tempo, fóronse
    desenvolvendo novas actividades económicas orientadas aos turistas:
    comercios, hoteis, restaurantes etc.
   Cambio de actitude da poboación local. A poboación local tamén cambiou a súa
    valoración sobre o centro histórico, xa que en lugar de percibilo como un espazo
    deteriorado, agora comeza a velo como un área de oportunidades económicas e tamén
    como un lugar agradable para vivir.
   Pese a esta
    transformación dos centros
    históricos nos últimos
    anos, aínda subsisten
    algúns problemas;
    especialmente, nalgúns
    barrios onde, ao
    envellecemento da
    poboación e o baixo
    nivel de renda, se unen a
    marxinación social e a
    conformación de áreas
    cunha forte
    concentración de
    inmigrantes, o que
    dificulta a súa integración
    no conxunto da sociedade.
3.3 Cambios de uso no
solo urbano


              Páx. 245 (As tendencias actuais)
Causas dos cambios na estrutura
       urbana das cidades españolas
   A mellora dos sistemas de transportes  moitas actividades económicas se
    trasladasen cara á periferia.
   Avance das telecomunicacións  dispersión da poboación e os empregos, pois redúcese a
    necesidade de situarse preto do centro. O desenvolvemento de ferramentas como internet
    permite traballar ou realizar compras desde a casa, que fai diminuír os desprazamentos.
   Os prezos do solo  tenden a baixar segundo nos afastemos do centro e das principais vías
    de transporte.
   A reestruturación produtiva. As empresas canalizan ao exterior gran parte das súas
    actividades subcontratándoas a outras compañías, polo que reducen o seu tamaño. Ademais,
    unha mesma empresa pode ter distintas unidades de produción repartidas pola cidade
   Os cambios no consumo e o ocio  maior demanda de espazos orientados cara a esta
    actividade. Moitos destes espazos se localizan en grande superficies situadas na periferia, o
    que causou un retroceso do pequeno comercio e dos espazos de ocio do centro das cidades.
   A planificación urbana. Para evitar un crecemento caótico, os procesos de crecemento
    urbano son orientados por medio da planificación urbana, que establece diferentes usos aos
    que pode destinarse o solo en cada cidade, planeando reformas no interior destas.
   O crecemento da economía española  importante aumento da urbanización. A
    construción de vivendas, infraestruturas, edificios de oficinas e centros comercie
    multiplicouse, xerando problemas medioambientais alí onde non se planificaron ben estes
Do centro a periferia
   Dispersión da poboación  Unha porcentaxe crecente da poboación vive nos novos
    espazos periféricos, xa que, debido ao menor custo do solo, é posible adquirir alí
    vivendas de maior extensión e calidade ca as que hai no centro. Ademais, moita xente
    mostra o desexo de vivir preto da natureza e escapar das incomodidades do centro das
    cidades: contaminación atmosférica, ruídos...
   Descentralización do emprego  As actividades económicas tamén se foron
    trasladando desde o centro á periferia. Nun principio fixérono as industrias, pero
    agora tamén as oficinas, o comercio, os hospitais e as universidades. O resultado é
    que as periferias teñen cada vez maior importancia como espazos de actividade
    económica. O anterior modelo centralizado, cunha concentración de actividades no centro,
    está dando lugar a outro máis descentralizado e complexo, con diversos polos de
    actividade na periferia.
   Fragmentación da cidade. Os novos centros comerciais, parques empresariais ou
    urbanizacións se constrúen en lugares cuxos arredores non presentan ningunha outra
    edificación. Neste sentido, fálase dun proceso de fragmentación do espazo urbano, xa que
    este se presenta como un conxunto de espazos illados e conectados entre si por autovías e
    estradas.
   Dinamismo do centro. O centro das cidades españolas mantense vivo e conserva un gran
    dinamismo. A isto contribuíron as políticas da Administración para rehabilitar edificios e
    facer máis atractivas as rúas e prazas. No interior dalgunhas cidades realizáronse
As novas áreas de actividade
    económica
    Nos últimos anos xurdiron diferentes actividades económicas, que transformaron a
    periferia das cidades mediante a creación de novos espazos:
   Parques industriais e parques tecnolóxicos. As empresas demandan agora espazos
    industriais de maior calidade urbanística e ambiental, o que deu lugar á creación de
    parques industriais. Ademais, os poderes públicos impulsan o desenvolvemento de
    parques tecnolóxicos para acoller as empresas dedicadas á investigación e o
    desenvolvemento de novas tecnoloxías.
   Parques empresariais. Trátase de espazos destinados a edificios de oficinas. Son
    ocupados non so por empresas de servizos, senón tamén por oficinas de compañías
    industriais. Na maioría dos casos desenvólvense para a instalación de distintas
    empresas: aínda que neutros se constrúen para unha soa, como por exemplo, o
    Campus Financeiro do Banco Santander ou a Cidade das Telecomunicacións de
    Telefónica, ambas na periferia de Madrid.
   Centros loxísticos. O crecente desenvolvemento do transporte e das prácticas just in
    time fai necesario dispoñer de centros dedicados especialmente á distribución de
    mercadorías, dotados de amplas superficies de almacenaxe e manexo da carga.
    Nestes centros transfírese a mercadoría duns vehículos a outros, xa sexan cun
    carácter unimodal (por exemplo, duns camións a outros) ou intermodal (por exemplo,
    do ferrocarril ao camión).
   Centros comerciais e de ocio. As novas pautas de consumo da sociedade actual
3.4 Impacto ambiental da
 urbanización


                     Páx. 244
“Las ciudades como los sueños están
   hechas de deseos y temores...”

           Italo Calvino
VOCABULARIO
Área suburbana
   Área suburbana o periurbana o rururbana.
   Área formada por barrios ou arrabaldes das
    aforas da cidade e polos municipios do
    extrarradio. De límites bastante
    imprecisos, debido ao crecemento
    urbano, quedaron unidos á cidade por medio
    de antigas estradas convertidas actualmente en
    grandes avenidas ou eixes urbanos.
   Exemplos de arrabaldes en Madrid no século
    XX: San Cristóbal en Villaverde, La Fortuna en
    Leganés, Las Cárcavas en Hortaleza…
Cualificación do solo
   Técnica urbanística pola que se expresa o
    destino urbanístico específico atribuído a un
    terreo. Establece os usos aos que se dedica
    cada solo

   A Lei do Solo en España regula o dereito a
    edificar e o valor do solo.

   A primeira lei do solo española foi
    promulgada no 1956 e a máis recente data
    de 2008.
Área Metropolitana
   Chamamos área metropolitana
    á grande extensión urbana que
    rodea a unha cidade importante
    e abarca administrativamente
    varios municipios, entre os que
    existen importantes relacións
    económicas e sociais.

   En España canto máis ampla é
    a área de influencia falamos de
    metrópole nacional (Madrid ou
    Barcelona), rexional (Valencia,
    Sevilla ou Bilbao) ou
    subrexional (Vigo ou A Coruña).
PXOU
 O Plan Xeral de Ordenación Urbana
  (PXOU) é o instrumento que ordena o
  crecemento da cidade no seu conxunto.
  Os concellos ocúpanse da redacción dos
  plans xerais, pero estes deben ser
  finalmente aprobados pola
  correspondente comunidade autónoma.
 O PXOU establece a clasificación do
  solo do municipio en tres categorías: solo
  urbano, solo urbanizable e solo non
  urbanizable.
Unidade Veciñal de Absorción
     (UVA)
   Barrios e poboados de
    promoción oficial construídos
    na segunda metade do
    século XX para solucionar o
    problema do chabolismo nas
    áreas suburbanas das
    cidades. Barrios de baixo
    custo construídos con
    materiais pobres de moi
    baixa calidade e en moitos
    casos de carácter temporal
    (edificios paupérrimos con
    escasos servizos).
   En Madrid A Hortaleza aínda
    perdura.
Xentrificación
   Proceso de transformación urbana no
    que a poboación orixinal dun sector ou
    barrio deteriorado é progresivamente
    desprazada por outra dun maior nivel
    adquisitivo á vez que se renova.

   Ocupación residencial dos centros
    urbanos por parte das clases altas, que
    se trasladan a vivir a ditas zonas e
    desprazan así aos habitantes de
    menores ingresos económicos que as
    ocupan.

   Chueca en Madrid ou o Barrio del
    Raval en Barcelona.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (8)

U N I D A D E 7 Servizos Mac
U N I D A D E 7  Servizos MacU N I D A D E 7  Servizos Mac
U N I D A D E 7 Servizos Mac
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesXeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
 
O espazo urbano
O espazo urbanoO espazo urbano
O espazo urbano
 
Sector terciario en España
Sector terciario en EspañaSector terciario en España
Sector terciario en España
 
A Cidade
A CidadeA Cidade
A Cidade
 
O espazo urbano en España
O espazo urbano en EspañaO espazo urbano en España
O espazo urbano en España
 
Tema 12 Mobilidade espacial da poboación. 2º BACH. Xeografía.
Tema 12 Mobilidade espacial da poboación. 2º BACH. Xeografía.Tema 12 Mobilidade espacial da poboación. 2º BACH. Xeografía.
Tema 12 Mobilidade espacial da poboación. 2º BACH. Xeografía.
 
Vocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaisVocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finais
 

Destacado

UD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª parteUD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª parte
xeografiando
 
Tema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESATema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESA
aialo1
 
Unidade 4 o gótico
Unidade 4 o góticoUnidade 4 o gótico
Unidade 4 o gótico
camposseijo
 
UD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª parteUD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª parte
xeografiando
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climas
camposseijo
 
Tema 11 A organización política das sociedades
Tema 11 A organización política das sociedadesTema 11 A organización política das sociedades
Tema 11 A organización política das sociedades
Rosacidgalante
 
UNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANO
UNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANOUNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANO
UNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANO
josemanuel7160
 

Destacado (20)

Eco ciudad pdf b
Eco ciudad pdf bEco ciudad pdf b
Eco ciudad pdf b
 
UD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª parteUD 12 O sistema urbano 1ª parte
UD 12 O sistema urbano 1ª parte
 
Propuesta ecociudad
Propuesta ecociudadPropuesta ecociudad
Propuesta ecociudad
 
Ecosistema
EcosistemaEcosistema
Ecosistema
 
A escultura gótica
A escultura góticaA escultura gótica
A escultura gótica
 
A arte paleocristiá
A arte paleocristiáA arte paleocristiá
A arte paleocristiá
 
Tema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESATema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESA
 
Introdución á arte na Grecia clásica
Introdución á arte na Grecia clásicaIntrodución á arte na Grecia clásica
Introdución á arte na Grecia clásica
 
Unidade 4 o gótico
Unidade 4 o góticoUnidade 4 o gótico
Unidade 4 o gótico
 
Características xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura góticaCaracterísticas xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura gótica
 
Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)
 
UD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª parteUD 12 O sistema urbano 2ª parte
UD 12 O sistema urbano 2ª parte
 
Unidade 9
Unidade 9Unidade 9
Unidade 9
 
Unidade 5
Unidade 5Unidade 5
Unidade 5
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climas
 
Tema 11 A organización política das sociedades
Tema 11 A organización política das sociedadesTema 11 A organización política das sociedades
Tema 11 A organización política das sociedades
 
A poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de GaliciaA poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de Galicia
 
UNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANO
UNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANOUNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANO
UNIDAD 12. EL ECOSISTEMA URBANO
 
Ecosistema urbano
Ecosistema urbanoEcosistema urbano
Ecosistema urbano
 
Unidade 10 roma
Unidade 10 romaUnidade 10 roma
Unidade 10 roma
 

Similar a UD 12 O sistema urbano 3ª parte

As cidades e o urbano
As cidades e o urbanoAs cidades e o urbano
As cidades e o urbano
icoico1
 
Vocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaisVocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finais
camposseijo
 
Tema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbanoTema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbano
rubempaul
 
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
EvaPaula
 
UD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaUD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía española
EvaPaula
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 
Proceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrialProceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrial
Carlosbabilon
 
Tema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizosTema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizos
Rosacidgalante
 
O poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidadesO poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidades
Rosacidgalante
 

Similar a UD 12 O sistema urbano 3ª parte (20)

O sistema urbano español
O sistema urbano españolO sistema urbano español
O sistema urbano español
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
As cidades e o urbano
As cidades e o urbanoAs cidades e o urbano
As cidades e o urbano
 
Vocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finaisVocabulario unidades finais
Vocabulario unidades finais
 
Tema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbanoTema 14 A organización do espazo urbano
Tema 14 A organización do espazo urbano
 
Un mundo de cidades i
Un mundo de cidades iUn mundo de cidades i
Un mundo de cidades i
 
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
 
UD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaUD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía española
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbano
 
Empty coruna udc 2018
Empty coruna udc 2018Empty coruna udc 2018
Empty coruna udc 2018
 
Tema 11. Un mundo de cidades
Tema 11. Un mundo de cidadesTema 11. Un mundo de cidades
Tema 11. Un mundo de cidades
 
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzoO espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
O espazo urbano. Puri Pérez. Primeiro de marzo
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
Proceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrialProceso de urbanización. A cidade preindustrial
Proceso de urbanización. A cidade preindustrial
 
Tema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizosTema 7 Os espazos de servizos
Tema 7 Os espazos de servizos
 
O poboamento
O poboamentoO poboamento
O poboamento
 
Poboacion EspañOla
Poboacion EspañOlaPoboacion EspañOla
Poboacion EspañOla
 
O poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidadesO poboamento humano. As cidades
O poboamento humano. As cidades
 
Tarefa4 nuria pereira
Tarefa4 nuria pereiraTarefa4 nuria pereira
Tarefa4 nuria pereira
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 

Más de xeografiando

Más de xeografiando (17)

España século XX
España século XXEspaña século XX
España século XX
 
UD 10 Románico 2
UD 10 Románico 2UD 10 Románico 2
UD 10 Románico 2
 
UD 9 Románico 1
UD 9 Románico 1UD 9 Románico 1
UD 9 Románico 1
 
Parlamento de Galicia
Parlamento de GaliciaParlamento de Galicia
Parlamento de Galicia
 
O parlamento de Galicia
O parlamento de GaliciaO parlamento de Galicia
O parlamento de Galicia
 
Outubro Novembro Decembro
Outubro Novembro DecembroOutubro Novembro Decembro
Outubro Novembro Decembro
 
Xullo Agosto Setembro
Xullo Agosto SetembroXullo Agosto Setembro
Xullo Agosto Setembro
 
Xaneiro Febreiro Marzo
Xaneiro Febreiro MarzoXaneiro Febreiro Marzo
Xaneiro Febreiro Marzo
 
Alejandro Australia 3ºB
Alejandro Australia 3ºBAlejandro Australia 3ºB
Alejandro Australia 3ºB
 
Laura Letonia 3ºB
Laura Letonia 3ºBLaura Letonia 3ºB
Laura Letonia 3ºB
 
Alba Angola 3ºB
Alba Angola 3ºBAlba Angola 3ºB
Alba Angola 3ºB
 
Javi Japón 3ºA
Javi Japón 3ºAJavi Japón 3ºA
Javi Japón 3ºA
 
Javi Jordania 3ºA
Javi Jordania 3ºAJavi Jordania 3ºA
Javi Jordania 3ºA
 
Vanessa Venezuela 3º A
Vanessa Venezuela 3º AVanessa Venezuela 3º A
Vanessa Venezuela 3º A
 
Mario MéJico 3ºA
Mario  MéJico 3ºAMario  MéJico 3ºA
Mario MéJico 3ºA
 
Quique EspañA 3ºA
Quique EspañA 3ºAQuique EspañA 3ºA
Quique EspañA 3ºA
 
Borja BéLxica 3ºA
Borja BéLxica 3ºABorja BéLxica 3ºA
Borja BéLxica 3ºA
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

UD 12 O sistema urbano 3ª parte

  • 1. UD 12 O SISTEMA URBANO 3ª parte XEOGRAFÍA 2º BACH
  • 2. 2 FENÓMENO URBANO EN ESPAÑA  UD 12 1ª parte  Evolución da cidade, páx. 234- 237
  • 3. 2. O FENÓMENO URBANO EN ESPAÑA  2.1 A Cidade Preindustrial (páx. 235-236 + diapositivas 1- 18 da 1ª parte)  2.2 A cidade industrial (páx. 237 + diapositivas 19- 28 da 1ª parte)  2.3 A cidade postindustrial  2.4 Xerarquías e redes urbanas en España
  • 4. 2.1 A Cidade Preindustrial Páx. 235-236 + diapositivas 1- 18
  • 5. 2.2 A cidade industrial Páx. 237 + diapositivas 19- 28 (1ª parte)
  • 6. 2.3 A cidade postindustrial
  • 7. Características da urbanización contemporánea A partir de finais da década de 1980, superada a crise económica iniciada en 1973  Aumento ininterrompido da poboación urbana: na actualidade máis das tres cuartas partes dos españois viven en cidades  As grandes cidades (Madrid, Barcelona, Bilbao) frean o seu crecemento  traslado da poboación ao ámbito metropolitano ou a favor das medias ou pequenas cidades  Cambian os factores de urbanización: perde importancia a industria como factor de urbanización e gañan relevancia as actividades do sector servicios.  Cidades-dormitorio (Móstoles e Coslada en Madrid, Hospitalet de Llobregat e Badalona en Barcelona, Guecho en Vizcaya (área metropolitana de Bilbao)  Periurbanización  desprazamento da poboación e dalgunhas funcións urbanas cara á periferia  Rururbanización Urbanización do medio rural  Rexións urbanas: área urbana descontinua, que forma unha nebulosa urbana de cidades dispersas pero cunha forte densidade, de espazos sobre o territorio que teñen características urbanas. A“T” asturiana (Avilés‐Gijón‐Oviedo), golfo Ártabro coruñés (Ferrol‐A Coruña), Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcía.
  • 8. 2.4 Xerarquía e redes urbanas en España Páx. 234-235
  • 9. Metrópoles nacionais M e t r ó p o l e| s K C i Metrópoles rexionais e e d x a i d o e n a i s r subrexionais s e s u m e d | b i r a e s x i o n a i s Cidades rmedias Cabeceiras comarcais
  • 10. Grandes metrópoles nacionais  Neste primeiro nivel xerárquico aparecen dúas grandes metrópoles, Madrid e Barcelona, que exercen a súa influencia sobre todo o territorio nacional e están estreitamente interconectadas coas grandes cidades europeas. A poboación de cada unha delas sitúase arredor dos cinco millóns de habitantes.  Son grandes centros de decisión empresarial, xa que concentran unha gran parte das sedes das empresas españolas. Contan con servizos moi especializados e empresas de alta tecnoloxía, En Madrid, as actividades administrativas teñen un gran peso debido a súa condición de capital do país, e en Barcelona están máis representadas as actividades industriais.
  • 11. Metrópoles rexionais  Metrópoles rexionais. Son áreas metropolitanas con servizos de alto rango, que organizan un espazo amplo, pero sen ter alcance nacional. A súa poboación normalmente está comprendida entre o medio millón e o millón e medio de habitantes. Varias delas son capitais de comunidades autónomas, e polo tanto, concentran funcións administrativas ligadas á capitalidade rexional, como ocorre con Sevilla, Bilbao, Valencia ou Zaragoza.  Metrópoles subrexionais. A súa área de influencia é máis reducida e a súa poboación sitúase entre os 200 000 e os 500 000 habitantes. Manteñen fluxos intensos coa correspondente metrópole rexional (por exemplo, Alacant e Murcia con respecte a Valencia). Algunhas delas son capitais de comunidades autónomas pouco extensas (como Oviedo, Santander ou a propia Murcia).
  • 12. Cidades Medias  A maior parte delas son capitais de provincia de tamaño medio (normalmente, entre os 50 000 e os 200 000 habitantes).  Caracterizadas polas súas actividades comerciais e de servizos de ámbito provincial, como sucede, por exemplo, en Burgos, Segovia, Ourense, Logroño, Castell ón ou Xaén.  Algunhas están especializadas noutro tipo de actividades, como as industriais (Aviles) e as portuarias (AIxeciras).
  • 13. Cabeceiras de comarca  O último posto xerárquico do sistema urbano.  Está ocupado polas cabeceiras (capitais) comarcais, centros urbanos con servizos básicos que organizan un territorio de reducida extensión.  O seu tamaño é variable, xa que depende da poboación total da comarca, pero adoita oscilar entre os 5000 e os 20 000 habitantes.  Exemplos de cabeceiras de comarca son Astorga (León), Figueras (Xirona), Truiillo (Cáceres) ou Antequera (Málaqa)
  • 14.
  • 15. Teoría de los espacios centrales. Su autor es el geógrafo alemán CHRISTALLER, que ya en la década de los 30 observó una jerarquízación de las ciudades, según la cual el lugar central es el que presta los servicios a su zona de influencia y se constituye en centro para las localidades de rango inferior. Así tenemos una ciudad (la central) que preside a un conjunto de localidades, por ser la que mayor oferta de bienes y servicios concentra. Desde ese lugar central, que está más poblado y mejor conectado por la red de transportes, se va descendiendo a otros de menor rango.
  • 16.
  • 17.
  • 18. O SISTEMA URBANO ESPAÑOL a) A xerarquía urbana. A xerarquía urbana é a organización das cidades segundo a súa área de influencia e o seu tamaño demográfico, as súas funcións e servizos, dentro do sistema de cidades dun territorio. O sistema urbano español vertébrase sobre dezaseis aglomeracións urbanas que superan os 500.000 habitantes: Madrid e Barcelona contan con máis de 3.000.000 de habitantes. Madrid ocupa o primeiro con 5.500.000 de habitantes e Barcelona os 3.000.000. As dúas configuran un sistema bipolar. Cinco aglomeracións superan os 800.000 habitantes (Valencia, Sevilla, Bilbao, área central de Asturias e Málaga) e outras nove superan os 500.000 (Zaragoza, Alacant, Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcía, Baía de Cádiz, Murcia, Golfo Ártabro (A Coruña‐Ferrol), As Palmas, Granada, Palma de Mallorca). Por debaixo delas vai un elevado número de cidades entre 400.000 e 100.000 habitantes como froito da descentralización urbana. O sistema urbano español é fundamentalmente periférico (predominando no sector Mediterráneo), con dúas macrourbes no interior da península (Madrid e outra secundaria en Zaragoza). O espazo interior está pouco urbanizado.
  • 19. b) Distribución territorial. Distinguimos xerarquicamente os seguintes postos: metrópole (global nacional, rexional e subrexional), cidades medianas, e capitais de comarca, todas elas vertebradas nunha rede urbana que configura unha serie de eixes dentro do espazo español e europeo. - Metrópoles globais nacionais. É o primeiro nivel xerárquico. Están representadas por Madrid e Barcelona, aglomeracións que superan os 3.000.000 de habitantes. Nelas reside o 20% da poboación española. A súa influencia abarca a todo o territorio español e manteñen relacións estreitas co sistema urbano europeo e mundial. Teñen funcións moi diversificadas, servizos moi especializados, numerosas oficinas centrais de empresas nacionais e multinacionais e localízanse as sedes das principais institucións públicas culturais, políticas e económicas do país. - Metrópoles rexionais e subrexionais. As metrópoles rexionais son un segundo nivel xerárquico están representadas na actualidade en España por cinco aglomeracións: Valencia, Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza. Cunha poboación comprendida entre os 1.750.000 e 750.000 habitantes. Ben comunicadas, con funcións diversificadas e servizos especializados. A súa área de influencia abarca unha extensa rexión e manteñen unha forte ligazón coas metrópoles globais ou nacionais. As metrópoles subrexionais ou rexionais de segundo orde (terceiro nivel xerárquico) son pequenas áreas metropolitanas como Vigo, A Coruña, Oviedo, Valladolid, Palma de Mallorca, Alacant... Cunha aglomeración en torno aos 700.000 e 250.000 habitantes. Igual que as metrópoles rexionais teñen funcións diversificadas e servizos especializados pero a súa área de influencia é menor que unha metrópole rexional. - Cidades medianas. Representan o cuarto nivel xerárquico. Tamén se lles denomina centros subrexionais. Teñen unha poboación en torno os 200.000 e 50.000 habitantes. Son centros administrativos (moitas son capitais provinciais e incluso autonómicas), con importantes servizos. Santiago, Santander, Cádiz, Logroño, Cidade Real... son exemplos deste modelo. - Cabeceiras comarcais. Representan o quinto nivel xerárquico. Son núcleos que teñen en torno aos 10.000 e 50.000 habitantes. Posen equipamentos, infraestruturas e servizos básicos a súa área de influencia abarca unha comarca. Monforte, Ponferrada, Miranda do Ebro... son exemplos deste nivel xerárquico.
  • 20. A morfoloxía do sistema urbano  As cidades españolas repártense polo territorio de modo moi desigual, concentrándose especialmente na franxa costeira e nos arquipélagos. Na Península, o sistema urbano adopta a forma dun anel incompleto (ao seren excluídas as cidades costeiras portuguesas), que rodea un espazo central polo xeral pouco urbanizado, salvo no caso de Madrid. Polo tanto, o sistema de cidades non cobre adecuadamente o territorio do interior peninsular.  Na periferia distínguense os seguintes eixes de concentración de cidades: • Franxa atlántica galega. Esténdese polo occidente de Galicia, desde Ferrol ata Vigo, con prolongacións cara ao interior (Lugo e Cúrense). • Franxa cantábrica. Ocupa o espazo comprendido entre o triángulo de cidades astu-rianas formado por Oviedo, Xixón e Aviles, ata Pamplona, en Navarra, pasando por Santander e as capitais vascas. • O val do Ebro. Como eixe de conexión entre a franxa cantábrica e o litoral mediterráneo, constitúe un eixe continuo no seu tramo occidental (desde Logroño a Zara-goza), pero máis descontinuo no seu sector oriental. • Corredor mediterráneo. É parte dun eixe europeo moi dinámico, que dentro de España se prolonga desde Xirona ata Murcia. • Eixes andaluces. En Andalucía está o eixe urbano costeiro (de Almería a Huelva) e ; o eixe interior (da costa atlántica a Xaén). • Eixes insulares. Aliñados ao longo dos arquipélagos balear e canario.  O interior peninsular, pola contra, non conta propiamente con eixes urbanos continuos, e caracterízase polos seguintes trazos: • Presenza de áreas urbanas de menor tamaño. O contraste entre periferia e interior é especialmente marcado no caso das cidades de máis de 250 000 habitantes, xa que so dúas delas se atopan na Meseta (Madrid e Valladolid), cando esta ocupa case a metade do territorio da España peninsular. . Menor densidade de cidades. No interior aparecen algúns baleiros urbanos, é dicir, áreas apenas cubertas polo
  • 21.
  • 22.
  • 23. Subsistema urbano: grupo de cidades especialmente vinculadas entre si que forman parte dun mesmo sistema urbano.
  • 24. Subsistema galego.  É un subsistema policéntrico* en que a capital da Comunidade Autónoma (Santiago de Compostela) se localiza nun lugar intermedio entre as dúas metrópoles rexionais (A Coruña e Vigo).  As cidades concéntranse fortemente ao longo da costa occidental. Non existe unha gradación piramidal nos tamaños das cidades maiores, os núcleos urbanos manteñen relacións bidireccionais, non xerárquicas.
  • 25.
  • 26. CONCENTRACIÓN DE NÚCLEOS URBANOS AGLOMERACIÓNS  Áreas Metropolitanas  Conurbacións  Rexións urbanas  Megalópoles
  • 27. Área metropolitana.  Chamamos área metropolitana á grande extensión urbana que rodea a unha cidade importante e abarca administrativamente varios municipios, entre os que existen importantes relacións económicas e sociais. As características básicas son: • Cidade central que preside toda a área (dentro dela nace a chamada CBD). • Relacións económicas e sociais co contorno: área de influencia. • Rede de comunicación é esencial (movementos pendulares diarios). • Heteroxeneidade social. O número de habitantes supera os 200/250.000. • Coroas concéntricas arredor do núcleo central: sectorial e radial.  Orixinariamente as áreas metropolitanas constituíronse en Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia. Actualmente teñen maior amplitude e dispersión (cidade difusa). Canto máis ampla é a área de influencia
  • 28. Conurbación  Fusión de dúas cidades de tamaño similar que medran en paralelo ata unirse.  Cada cidade mantén a súa independencia administrativa. A maioría prodúcese en áreas turísticas pero pode haber outro tipo de factores.  Nas conurbacións non existe unha única cidade principal, senón varias, que debido á irradiación do seu crecemento tenden a conformar unha única aglomeración urbana, aínda que de carácter espacialmente descontinuo.  Triángulo asturiano (Oviedo, Xixón e Aviles).  San Fernando-Porto de Santamaría (Cádiz)
  • 29. Rexión urbana  Área urbana descontinua, que forma unha nebulosa urbana de cidades dispersas pero cunha forte densidade de espazos sobre o territorio que teñen características urbanas.  Por exemplo a chamada “T” asturiana (Avilés‐Gijón‐Oviedo), golfo Ártabro coruñés (Ferrol‐A Coruña), Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcia.
  • 30. Megalópoles  Escala suprarrexional constituída por diversos elementos urbanos (área metropolitana, conurbacións, rexións urbanas, pequenas cidades) que forman practicamente un continuo urbano en centenas de quilómetros como por exemplo o eixe Mediterráneo.
  • 31. 3 TRANSFORMACIÓNS RECENTES NA ESTRUTURA DAS CIDADES
  • 32. 3. TRANSFORMACIÓNS RECENTES NA ESTRUTURA DAS CIDADES  3.1 Cidade difusa  3.2 Os cambios no centro urbano (degradación vs rehabilitación  3.3 Cambios de uso no solo urbano  3.4 Impacto ambiental da urbanización
  • 34. Nas áreas metropolitanas, o límite entre a cidade e o campo non é unha liña definida. A cidade avanza sobre o campo e orixínase unha área onde se mesturan actividades urbanas e rurais.  Trátase dunha zona moi dinámica e cambiante, que pode recibir distintos nomes: cidade difusa, área periurbana ou franxa rururbana.
  • 35. Usos e funcións na cidade difusa  No territorio da cidade difusa organízanse as actividades en función das necesidades da metrópole e que dificilmente se poderían localizar dentro da cidade propiamente dita: urbanizacións, polígonos industriais, instalacións deportivas, campos agrícolas destinados ao mercado urbano, centros comerciais, aeroportos, vías de transporte...  Trátase dunha especie de difusión das funcións e actividades tradicionais da cidade que agora se desenvolven sobre un territorio máis extenso, de aí que se fale de cidade difusa.
  • 36. Causas da Cidade Difusa  O crecemento da cidade difusa débese básicamente ao elevado prezo do solo da gran cidade e foi posible, a maioría das veces, grazas ao desenvolvemento do transporte privado (automóbiles, camións, furgonetas) e ao aumento das infraestruturas viarias (autoestradas, autovías, estradas), que facilitan o achegamento á cidade de certas áreas rurais.  Esta aproximación campo-cidade converte en habitual o feito de que as persoas vivan nun lugar e que o traballo e mais os espazos de lecer se localicen en lugares considerablemente afastados
  • 37. Repercusións da Cidade Difusa No caso de non levarse a cabo unha planificación urbanística axeitada, as repercusións do modelo de crecemento da cidade difusa poden chegar a ser moi negativas polas seguintes razóns:  Elevadísimo consumo de solo. A expansión da cidade leva a gastar solo para desenvolver actividades.  Incremento dos servizos. Aumenta a necesidade de infraestruturas de luz, auga, gas, vixilancia, recollida do lixo e toda clase de servizos públicos.  Constante mobilidade. As persoas viven nun lugar, e traballan, estudan e divírtense ou relaciónanse noutros. Esta fragmentación das súas actividades obriga a que existan moitas estradas e autoestradas, co conseguinte gasto enerxético e de tempo.  Desenvolvemento dun modelo social máis individualista. O espallamento das actividades sobre un territorio tan amplo dificulta a interacción entre as persoas, xa que se fai máis difícil ter puntos de encontro. Ademais, as urbanizacións de casas acaroadas (unifamiliares) ou de chalés illados contribúen a construír este modelo social máis individualista.
  • 38. 3.2 Os cambios no centro urbano (degradación vs rehabilitación)
  • 39. • Declive e deterioración dos centros históricos A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono debido  Despoboamento, envellecemento e empobrecemento e a perda de actividade económica. • Restauración e revitalización Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século pasado), as tendencias anteriores víronse, en parte, compensadas por procesos de revitalización destas zonas  Políticas públicas de conservación e revitalización e desenvolvemento do turismo cultural. Nos últimos anos produciuse en toda Europa unha auténtica explosión do turismo urbano, particularmente do denominado turismo cultural: en especial,
  • 40. Declive e deterioración dos centros históricos  A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono.  Despoboamento, envellecemento e empobrecemento. Coa construción dos ensanches a mediados do século XIX, as clases altas comezaron a abandonar os centros históricos, e despois tamén o fixeron outros grupos sociais. Desde mediados do século XX, intensificouse a perda de poboación nestas zonas. A maior parte dos que permaneceron eran anciáns con baixos niveis de renda, polo que o centro experimentou un proceso de envellecemento e empobrecemento. Todo isto reflectiuse nunha deterioración urbana, xa que moitas vivendas quedaron baleiras, e noutras non se realizaron as obras necesarias de mantemento e renovación.  Perda de actividade económica. Ao mesmo tempo, a actividade económica tamén se foi desprazando cara aos ensanches, onde se podía dispoñer de edificios máis amplos e modernos para instalar os negocios.
  • 41.
  • 42. Restauración e revitalización  Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século pasado), as tendencias anteriores víronse, en parte, compensadas por procesos de revitalización destas zonas.  Políticas públicas de conservación e revitalización. As administracións públicas investiron cuantiosas sumas na rehabilitación dos edificios e a mellora dos espazos públicos, rúas e prazas. Ademais, deron un novo uso a vellos monumentos, converténdoos, por exemplo, en edificios administrativos ou universitarios, e dinamizando así a vida dos centros históricos.  Desenvolvemento do turismo cultural. Nos últimos anos produciuse en toda Europa unha auténtica explosión do turismo urbano, particularmente do denominado turismo cultural: en especial, naquelas cidades declaradas Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.  O turismo potenciou a rehabilitación dos centros históricos españois, mediante a restauración de edificios e a peonalización de rúas e prazas. Ao mesmo tempo, fóronse desenvolvendo novas actividades económicas orientadas aos turistas: comercios, hoteis, restaurantes etc.  Cambio de actitude da poboación local. A poboación local tamén cambiou a súa valoración sobre o centro histórico, xa que en lugar de percibilo como un espazo deteriorado, agora comeza a velo como un área de oportunidades económicas e tamén como un lugar agradable para vivir.
  • 43. Pese a esta transformación dos centros históricos nos últimos anos, aínda subsisten algúns problemas; especialmente, nalgúns barrios onde, ao envellecemento da poboación e o baixo nivel de renda, se unen a marxinación social e a conformación de áreas cunha forte concentración de inmigrantes, o que dificulta a súa integración no conxunto da sociedade.
  • 44. 3.3 Cambios de uso no solo urbano Páx. 245 (As tendencias actuais)
  • 45. Causas dos cambios na estrutura urbana das cidades españolas  A mellora dos sistemas de transportes  moitas actividades económicas se trasladasen cara á periferia.  Avance das telecomunicacións  dispersión da poboación e os empregos, pois redúcese a necesidade de situarse preto do centro. O desenvolvemento de ferramentas como internet permite traballar ou realizar compras desde a casa, que fai diminuír os desprazamentos.  Os prezos do solo  tenden a baixar segundo nos afastemos do centro e das principais vías de transporte.  A reestruturación produtiva. As empresas canalizan ao exterior gran parte das súas actividades subcontratándoas a outras compañías, polo que reducen o seu tamaño. Ademais, unha mesma empresa pode ter distintas unidades de produción repartidas pola cidade  Os cambios no consumo e o ocio  maior demanda de espazos orientados cara a esta actividade. Moitos destes espazos se localizan en grande superficies situadas na periferia, o que causou un retroceso do pequeno comercio e dos espazos de ocio do centro das cidades.  A planificación urbana. Para evitar un crecemento caótico, os procesos de crecemento urbano son orientados por medio da planificación urbana, que establece diferentes usos aos que pode destinarse o solo en cada cidade, planeando reformas no interior destas.  O crecemento da economía española  importante aumento da urbanización. A construción de vivendas, infraestruturas, edificios de oficinas e centros comercie multiplicouse, xerando problemas medioambientais alí onde non se planificaron ben estes
  • 46. Do centro a periferia  Dispersión da poboación  Unha porcentaxe crecente da poboación vive nos novos espazos periféricos, xa que, debido ao menor custo do solo, é posible adquirir alí vivendas de maior extensión e calidade ca as que hai no centro. Ademais, moita xente mostra o desexo de vivir preto da natureza e escapar das incomodidades do centro das cidades: contaminación atmosférica, ruídos...  Descentralización do emprego  As actividades económicas tamén se foron trasladando desde o centro á periferia. Nun principio fixérono as industrias, pero agora tamén as oficinas, o comercio, os hospitais e as universidades. O resultado é que as periferias teñen cada vez maior importancia como espazos de actividade económica. O anterior modelo centralizado, cunha concentración de actividades no centro, está dando lugar a outro máis descentralizado e complexo, con diversos polos de actividade na periferia.  Fragmentación da cidade. Os novos centros comerciais, parques empresariais ou urbanizacións se constrúen en lugares cuxos arredores non presentan ningunha outra edificación. Neste sentido, fálase dun proceso de fragmentación do espazo urbano, xa que este se presenta como un conxunto de espazos illados e conectados entre si por autovías e estradas.  Dinamismo do centro. O centro das cidades españolas mantense vivo e conserva un gran dinamismo. A isto contribuíron as políticas da Administración para rehabilitar edificios e facer máis atractivas as rúas e prazas. No interior dalgunhas cidades realizáronse
  • 47.
  • 48. As novas áreas de actividade económica Nos últimos anos xurdiron diferentes actividades económicas, que transformaron a periferia das cidades mediante a creación de novos espazos:  Parques industriais e parques tecnolóxicos. As empresas demandan agora espazos industriais de maior calidade urbanística e ambiental, o que deu lugar á creación de parques industriais. Ademais, os poderes públicos impulsan o desenvolvemento de parques tecnolóxicos para acoller as empresas dedicadas á investigación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías.  Parques empresariais. Trátase de espazos destinados a edificios de oficinas. Son ocupados non so por empresas de servizos, senón tamén por oficinas de compañías industriais. Na maioría dos casos desenvólvense para a instalación de distintas empresas: aínda que neutros se constrúen para unha soa, como por exemplo, o Campus Financeiro do Banco Santander ou a Cidade das Telecomunicacións de Telefónica, ambas na periferia de Madrid.  Centros loxísticos. O crecente desenvolvemento do transporte e das prácticas just in time fai necesario dispoñer de centros dedicados especialmente á distribución de mercadorías, dotados de amplas superficies de almacenaxe e manexo da carga. Nestes centros transfírese a mercadoría duns vehículos a outros, xa sexan cun carácter unimodal (por exemplo, duns camións a outros) ou intermodal (por exemplo, do ferrocarril ao camión).  Centros comerciais e de ocio. As novas pautas de consumo da sociedade actual
  • 49. 3.4 Impacto ambiental da urbanización Páx. 244
  • 50. “Las ciudades como los sueños están hechas de deseos y temores...” Italo Calvino
  • 52. Área suburbana  Área suburbana o periurbana o rururbana.  Área formada por barrios ou arrabaldes das aforas da cidade e polos municipios do extrarradio. De límites bastante imprecisos, debido ao crecemento urbano, quedaron unidos á cidade por medio de antigas estradas convertidas actualmente en grandes avenidas ou eixes urbanos.  Exemplos de arrabaldes en Madrid no século XX: San Cristóbal en Villaverde, La Fortuna en Leganés, Las Cárcavas en Hortaleza…
  • 53. Cualificación do solo  Técnica urbanística pola que se expresa o destino urbanístico específico atribuído a un terreo. Establece os usos aos que se dedica cada solo  A Lei do Solo en España regula o dereito a edificar e o valor do solo.  A primeira lei do solo española foi promulgada no 1956 e a máis recente data de 2008.
  • 54. Área Metropolitana  Chamamos área metropolitana á grande extensión urbana que rodea a unha cidade importante e abarca administrativamente varios municipios, entre os que existen importantes relacións económicas e sociais.  En España canto máis ampla é a área de influencia falamos de metrópole nacional (Madrid ou Barcelona), rexional (Valencia, Sevilla ou Bilbao) ou subrexional (Vigo ou A Coruña).
  • 55. PXOU  O Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu conxunto. Os concellos ocúpanse da redacción dos plans xerais, pero estes deben ser finalmente aprobados pola correspondente comunidade autónoma.  O PXOU establece a clasificación do solo do municipio en tres categorías: solo urbano, solo urbanizable e solo non urbanizable.
  • 56. Unidade Veciñal de Absorción (UVA)  Barrios e poboados de promoción oficial construídos na segunda metade do século XX para solucionar o problema do chabolismo nas áreas suburbanas das cidades. Barrios de baixo custo construídos con materiais pobres de moi baixa calidade e en moitos casos de carácter temporal (edificios paupérrimos con escasos servizos).  En Madrid A Hortaleza aínda perdura.
  • 57. Xentrificación  Proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel adquisitivo á vez que se renova.  Ocupación residencial dos centros urbanos por parte das clases altas, que se trasladan a vivir a ditas zonas e desprazan así aos habitantes de menores ingresos económicos que as ocupan.  Chueca en Madrid ou o Barrio del Raval en Barcelona.