IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
Fábrica da luz
1. A Fábrica da Luz
Parada de Sil
Sexto Barouta: 8, 9 e 10 de xuño de 2016
2. O 8 de xuño, o grupo de sexto, iniciamos unha excursión de tres días para finalizar a nosa
estadía en Barouta. Foi a máis longa da nosa andadura. Nela visitamos lugares incribles de
Ourense e vivimos experiencias en grupo que xamais esqueceremos. Puidemos
experimentar o que se sente ao convivir xuntxs, o traballo en grupo… en xeral, a unión
dunha “Gran familia”.
De todas as actividades realizadas, a maioría eran novas para nós. Isto engadiu moita
emoción, sobre todo, á hora de ir en canoa, o xogo dos birlos celtas…
Das veladas, dicir que foron un xeito de expresar ideas e sentimentos aos demais.
Tamén foi unha oportunidade máxica para nós, o poder sentirnos parte da natureza. Por
exemplo, estar un pouco cos ollos pechados nas augas do Sil, escoitando o movemento das
súas augas, os paxaros, a brisa suave…
Que sorte poder gozar destes tres días en boa compaña!
Aula Barouta
FALANDO DA EXCURSIÓN. AS EMOCIÓNS!
14. Último día en Parada de Sil
Primeiro un bo almorzo (bica, torradas, leite, galletas...)
E despois unha boa andaina pola ruta das carriozas (corredoiras), camiño do Sil
15. O sequeiro de Nieves.
O barquilleiro Un PR = pequeno
recorrido.
17. En Parada de Sil, hai un monumento ao “Barquilleiro”. Persoa ambulante que
andaba polas vilas vendendo barquillos para gañar o sustento da familia.
Abaixo, probando os barquillos que nos
trouxo Sara desde o albergue. Que ricos!
A nosa barquilleira
Aquí teñen un “belén” artesanal.