SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Ledicia Costas
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é esencialmente
unha narradora que se deu a coñecer na
literatura para as idades máis temperás e moi
especialmente a partir da publicación da súa
obra Escarlatina, a cociñeira defunta (“Premio
Merlín de Literatura Infantil” e “Premio Nacional
de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015”). Tamén
coa súa obra Jules Verne e a vida secreta das
mulleres planta acadou o “Premio Lazarillo de
Literatura Xuvenil 2015”. Recentemente acaba
de publicar Esmeraldina, a pequena defunta.
lunes 8 de mayo de 2017
Ledicia Costas
1. Foi Ledicia Costas unha escritora moi precoz... a que cre que se debeu tal
precocidade? Xa dende cativa tivo interese por inventar, crear e escribir
historias?
Supoño que a precocidade veu dada pola lectura. Fun unha nena moi lectora.
Devoraba libros. Primeiro na escola, e logo durante a miña época de secundaria.
Gustábanme moito os xogos de palabras, acudía constantemente ao dicionario...
O paso de ler a escribir foi moi natural. Descubrín que unha das cousas que máis
me feliz me facía era inventar historias.
Ledicia Costas visitando o IES Manuel García Barros
2. Cando estamos a estudar a literatura galega contemporánea vemos que comezou sendo un mundo de homes -dende logo que Rosalía foi
unha clara excepción daquel mundo- para a muller ir cobrando un peso cada vez más salientábel... puido isto influír abondo na nosa
normalización literaria?
Por desgraza, aínda queda moito que avanzar. Lamento moito cando persoas do mundo da política o da cultura (todos eles homes), me fan
comentarios do tipo aínda es unha nena nisto da literatura, ou oxalá se me pegue a túa “guapura”, ou a ver cando as mulleres deixades de
escribir sobre temas tan sensibles e dades o salto. A un home xamais lle farían este tipo de comentarios, que son bastante habituais. É certo
que as mulleres publicamos cada vez máis e que imos gañando forza. Iso si: para conseguir a metade temos que traballar o dobre. Isto é así na
literatura e na sociedade.
lunes 8 de mayo de 2017
Ledicia Costas
3. Con todo, coidamos que esta normalización aínda non debe estar moi acadada cando
xorden, e seguen a existir, obras colectivas como poden ser Narradoras, ou revistas como
Festa da palabra silenciada... non?
Narradoras foi unha fantástica iniciativa comandada por Fran Alonso. A idea era configurar
unha obra que visibilizase a 25 narradoras galegas. Algunhas estabamos aínda empezando.
Outras eran xa escritoras consagradas. Creo esta iniciativa foi magnífica. Un xeito de dicirlle
á sociedade de comezos do século XXI: as mulleres tamén existen no sistema literario galego e
teñen moito que dicir. A Festa da palabra tiña unhas connotacións distintas. Se ben é certo
que tamén había unha sección de creación literaria onde moitas escritoras tivemos a fortuna
de colaborar, a Festa en si era unha publicación de teoría feminista. María Xosé Queizán foi
pioneira en tantas cousas... E temo que non, que a normalización non está, nin moito menos,
acadada.
4. Moitas veces temos oíndo que as escritoras e os escritores, especialmente ao se
referiren á literatura infantil e xuvenil, se definen como “creadores/-as de soños”... -
Vostede mesma o fixo o ano pasado no noso centro-. Até que punto ao se mergullar nesta
literatura se disfraza a realidade para chegar aos soños?
O que dixen exactamente é que son filla de dous creadores de soños. Isto vén ao fío de que eu
fun a primeira muller da miña familia, tanto por parte materna como por parte paterna, que
accedeu á universidade. Os meus pais, dous traballadores incansables que non tiveron a
oportunidade de acceder a estudos superiores, sempre me inculcaron a importancia da
cultura. Valoraban isto por riba de todas as cousas e eu seguín ese ronsel da mellor forma que
souben. Estoulles moi agradecida.
5. Cando con vinte e poucos anos viu publicada a súa primeira obra Unha estrela no vento que sentiu? Imaxinou daquela un posíbel
éxito literario coma o que posteriormente chegou?
Cando vin publicada a miña primeira novela, alá polo ano 2000, eu non sabía nada do funcionamento interno do sistema literario galego.
Sentíame unha extraterrestre con aquel libro entre as mans. Iso si: unha extraterrestre ben feliz. Das poucas cousas claras que tiña por
aquel entón era que quería ser escritora. E para iso tiven que escribir moitos libros.
Retrato realizado pola alumna Andrea Rodríguez Eiras
lunes 8 de mayo de 2017
Ledicia Costas
6. Os premios literarios van da man de Ledicia Costas... Até que punto estes premios poden
axudar e non a encaixar a unha escritora?
Os premios literarios a min mudáronme a vida, con todas as da lei. Sobre todo os de ámbito
nacional. Facerse visible fóra de Galicia é imprescindible, e se contas coa sorte de gañar algún
premio o impulso é grande, iso é innegable. Aparecen oportunidades coas que xamais contaras.
Mais non se pode esquecer que todos os premios teñen unha compoñente de fortuna. Non é bo
obsesionarse cos premios. O traballo hai que seguir facéndoo día a día.
7. Dende logo que falarmos de Ledicia Costas non é so falarmos da Escarlatina, a cociñeira
defunta... mais, que supuxo para Ledicia o recoñecemento e o éxito desta obra?
Supuxo varias cousas. Pero para min, sobre todo, o mellor agasallo que me ten dado a literatura:
lectoras e lectores entusiasmados. Creouse unha comunidade arredor do libro que non deixa de
medrar. Supoño que dentro duns anos analizarei isto con máis perspectiva. Agora aínda estou no
medio dunha especie de onda expansiva.
8. Escarlatina, a cociñeira defunta é posibelmente a obra máis premiada da nosa literatura
contemporánea xa sexa como premio ou como recoñecementos (Premio Nacional de Lit.
Infantil e Xuvenil de España / Premio Fervenzas Literarias / Premio Xosé Neira Vilas da AELG /
Premio Merlín). Para cando esta obra na pantalla?
Facer cine neste país é unha insensatez. Mais vivan os insensatos! Os apoios son escasísimos e o
desembolso económico que implica un proxecto deste calibre, disparatado. Mais en Galicia
estamos rodeados de talento. Que llo pregunten a Alberto Vázquez, cos seus Psiconautas. Nunca
entenderei por que moitas veces nos valoran máis fóra que na propia casa. Oxalá poidamos ver a
Escarlatina no cine algún día. Soñar é humano.
lunes 8 de mayo de 2017
Ledicia Costas
9.- Ah, e tras esta obra anterior, a súa pluma meteuse a fondo con outra personaxe, a
Esmeraldina de Esmeraldina, a pequena defunta. Que semellanzas e diferenzas teñen estas
dúas personaxes?
Esmeraldina e Escarlatina son o mesmo personaxe. Só que unha está viva e a outra está morta.
Son as dúas caras da mesma moeda. Supoño que se pode interpretar como que Escarlatina é a
evolución do personaxe. Aí radicou a meirande dificultade do segundo libro: tiven que ir cara a
atrás no tempo e conseguir que todo encaixase, posto que Esmeraldina é anterior no tempo,
malia ser escrito despois de Escarlatina. Este supuxo un reto dos máis interesantes que asumín
nunca a nivel creativo.
10.- Até que punto esta última obra se puido ver un tanto á sombra da tan laureada primeira?
Esmeraldina superou as miñas expectativas no que se refire ao público lector. Para min o máis
importante era non defraudar a un lectorado que me demandaba outro libro cun entusiasmo
inusitado. Escribín Esmeraldina con iso dándome voltas na cabeza todo o tempo. Chegar ás
escolas e comprobar que a paixón lectora se mantiña coa mesma intensidade foi (e está sendo)
moi emocionante. Mais é certo que Escarlatina é un monstro (un monstro bo). Os dous libros
forman parte dun todo, dun universo que é imposible desvincular do personaxe da cociñeira
defunta. Iso véxoo como unha oportunidade.
lunes 8 de mayo de 2017
Ledicia Costas
11.- “Quería falar da morte desde un lado canalla”... e non sería mellor falarlles ás nosas lectores e aos nosos lectores noveis dende un
lado máis sensíbel? Con todo, cómpre recoñecermos que ese lado tampouco estivo tan mal dende o momento que foi unha obra das máis
lidas, non?
Creo que nos podemos dirixir aos cativos de moitas maneiras. E iso é o que a min me interesa como escritora: atopar vías alternativas para
me comunicar co lectorado máis novo. Creo que a chave está en conseguir un equilibrio. Eu non quería escribir un libro de lágrima fácil, que
supoño que sería o esperable. Quería facer unha obra onde o humor tivese unha presenza radical. Humor macabro, si. Pero humor, á fin e ao
cabo. Gústame o canalla, o atrevido, o valente, o rompedor, o distinto. E con esas premisas, escribo.
12.- No 2015 vemos por primeira vez nas librarías unha novela para maiores(?) Un animal chamado néboa e ao momento un premio
(Antón Losada Diéguez)... Un incentivo para tamén se mergullar na novela para adultos?
Levaba desde a adolescencia escribindo relatos. Foi Manuel Bragado quen me animou a que escribise unha obra onde eses relatos tivesen un
nexo temático. A el teño que agradecerlle a existencia d’Un animal chamado néboa. A novela para adultos téñoa a medio escribir. Está
esperando quenda. Agardo que lle chegue este verán, cando dispoña de algo máis de tempo.
13.- E para rematarmos, que papel cre Vostede que xoga, ou debería xogar, a tradución da
nosa literatura a outros idiomas para a nosa normalización literaria?
Os autores e autoras galegas necesitamos ser traducidas, iso é unha realidade. Formamos
parte dun estado que en teoría é plural. A realidade, na práctica, é outra. Se non te
traducen, fóra de Galicia non existes. Es unha especie de marciana que ten que explicar por
que escribe nunha lingua distinta ao español. O duro é ter que explicalo tanto fóra como
dentro da casa. Non é fácil, mais nos últimos anos asistimos a unha reactivación das
traducións. Oxalá ese fenómeno siga medrando.
Ledicia Costas co alumnado de Literatura Galega do s.XX
lunes 8 de mayo de 2017
CUESTIONARIO
lunes 8 de mayo de 2017
Notre Dame
Un monumento
salientábel?
De catro a catro, de
Manuel Antonio.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Un/ha autor/-a e
unha obra literaria
Atreyu, de La historia
interminable
Un personaxe literario
co que se identifique?
O traballo
Cal é a súa fonte de
inspiración?
El castillo ambulante, de
Miyazaki.
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
Das últimas que vin gustoume
“Instroducing The Star” de Strate e
Esbert
Mishima, Bolaño, Chirbes,
Coetzee, Augusten Burroughs...
Un/ha autor/-a?
Los incursores, de
Mary Norton.
Un personaxe galego e un estranxeiro?
O mestre de ”A Lingua das
bolboretas”, Don Gregorio/ señora
Trunchbull, de “Matilda”.
lunes 8 de mayo de 2017
Que me lean en moitos
lugares do mundo. Chegar
ata lugares impensables
desde o galego.
Un anceio por realizar?
Urbano, malia odiar o cemento.
Praia, non sendo eu moi fan do
sol.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Río de Janeiro
A miña cama
O voto feminino
Un feito histórico?
Cada vez creo menos
nas utopías e máis
n o s p r o x e c t o s
realizables a base de
traballo.
Unha utopía?
Eu son lectoracaseira
Un lugar axeitado para a
lectura?
Indie, que sempre queda cool
Bohemian Rhapsody
Un tipo de música? Unhacanción?
Non sei se me identifico, máis ben osadmiro: Neil Gaiman ou Angela Sommer-Bodenburg.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Viaxar ben acompañada.
Outro entretemento
ademais da lectura?
lunes 8 de mayo de 2017

More Related Content

What's hot (19)

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literaria
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Traballo libro
Traballo libroTraballo libro
Traballo libro
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
O club da calceta (1)
O club da calceta (1)O club da calceta (1)
O club da calceta (1)
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 

Similar to Entrevista ledicia costas

Similar to Entrevista ledicia costas (20)

Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista a Ledicia Costas
Entrevista a Ledicia CostasEntrevista a Ledicia Costas
Entrevista a Ledicia Costas
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 

More from Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (18)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Entrevista ledicia costas

  • 1. Ledicia Costas Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Ledicia Costas (Vigo, 1979) é esencialmente unha narradora que se deu a coñecer na literatura para as idades máis temperás e moi especialmente a partir da publicación da súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta (“Premio Merlín de Literatura Infantil” e “Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015”). Tamén coa súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta acadou o “Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015”. Recentemente acaba de publicar Esmeraldina, a pequena defunta. lunes 8 de mayo de 2017
  • 2. Ledicia Costas 1. Foi Ledicia Costas unha escritora moi precoz... a que cre que se debeu tal precocidade? Xa dende cativa tivo interese por inventar, crear e escribir historias? Supoño que a precocidade veu dada pola lectura. Fun unha nena moi lectora. Devoraba libros. Primeiro na escola, e logo durante a miña época de secundaria. Gustábanme moito os xogos de palabras, acudía constantemente ao dicionario... O paso de ler a escribir foi moi natural. Descubrín que unha das cousas que máis me feliz me facía era inventar historias. Ledicia Costas visitando o IES Manuel García Barros 2. Cando estamos a estudar a literatura galega contemporánea vemos que comezou sendo un mundo de homes -dende logo que Rosalía foi unha clara excepción daquel mundo- para a muller ir cobrando un peso cada vez más salientábel... puido isto influír abondo na nosa normalización literaria? Por desgraza, aínda queda moito que avanzar. Lamento moito cando persoas do mundo da política o da cultura (todos eles homes), me fan comentarios do tipo aínda es unha nena nisto da literatura, ou oxalá se me pegue a túa “guapura”, ou a ver cando as mulleres deixades de escribir sobre temas tan sensibles e dades o salto. A un home xamais lle farían este tipo de comentarios, que son bastante habituais. É certo que as mulleres publicamos cada vez máis e que imos gañando forza. Iso si: para conseguir a metade temos que traballar o dobre. Isto é así na literatura e na sociedade. lunes 8 de mayo de 2017
  • 3. Ledicia Costas 3. Con todo, coidamos que esta normalización aínda non debe estar moi acadada cando xorden, e seguen a existir, obras colectivas como poden ser Narradoras, ou revistas como Festa da palabra silenciada... non? Narradoras foi unha fantástica iniciativa comandada por Fran Alonso. A idea era configurar unha obra que visibilizase a 25 narradoras galegas. Algunhas estabamos aínda empezando. Outras eran xa escritoras consagradas. Creo esta iniciativa foi magnífica. Un xeito de dicirlle á sociedade de comezos do século XXI: as mulleres tamén existen no sistema literario galego e teñen moito que dicir. A Festa da palabra tiña unhas connotacións distintas. Se ben é certo que tamén había unha sección de creación literaria onde moitas escritoras tivemos a fortuna de colaborar, a Festa en si era unha publicación de teoría feminista. María Xosé Queizán foi pioneira en tantas cousas... E temo que non, que a normalización non está, nin moito menos, acadada. 4. Moitas veces temos oíndo que as escritoras e os escritores, especialmente ao se referiren á literatura infantil e xuvenil, se definen como “creadores/-as de soños”... - Vostede mesma o fixo o ano pasado no noso centro-. Até que punto ao se mergullar nesta literatura se disfraza a realidade para chegar aos soños? O que dixen exactamente é que son filla de dous creadores de soños. Isto vén ao fío de que eu fun a primeira muller da miña familia, tanto por parte materna como por parte paterna, que accedeu á universidade. Os meus pais, dous traballadores incansables que non tiveron a oportunidade de acceder a estudos superiores, sempre me inculcaron a importancia da cultura. Valoraban isto por riba de todas as cousas e eu seguín ese ronsel da mellor forma que souben. Estoulles moi agradecida. 5. Cando con vinte e poucos anos viu publicada a súa primeira obra Unha estrela no vento que sentiu? Imaxinou daquela un posíbel éxito literario coma o que posteriormente chegou? Cando vin publicada a miña primeira novela, alá polo ano 2000, eu non sabía nada do funcionamento interno do sistema literario galego. Sentíame unha extraterrestre con aquel libro entre as mans. Iso si: unha extraterrestre ben feliz. Das poucas cousas claras que tiña por aquel entón era que quería ser escritora. E para iso tiven que escribir moitos libros. Retrato realizado pola alumna Andrea Rodríguez Eiras lunes 8 de mayo de 2017
  • 4. Ledicia Costas 6. Os premios literarios van da man de Ledicia Costas... Até que punto estes premios poden axudar e non a encaixar a unha escritora? Os premios literarios a min mudáronme a vida, con todas as da lei. Sobre todo os de ámbito nacional. Facerse visible fóra de Galicia é imprescindible, e se contas coa sorte de gañar algún premio o impulso é grande, iso é innegable. Aparecen oportunidades coas que xamais contaras. Mais non se pode esquecer que todos os premios teñen unha compoñente de fortuna. Non é bo obsesionarse cos premios. O traballo hai que seguir facéndoo día a día. 7. Dende logo que falarmos de Ledicia Costas non é so falarmos da Escarlatina, a cociñeira defunta... mais, que supuxo para Ledicia o recoñecemento e o éxito desta obra? Supuxo varias cousas. Pero para min, sobre todo, o mellor agasallo que me ten dado a literatura: lectoras e lectores entusiasmados. Creouse unha comunidade arredor do libro que non deixa de medrar. Supoño que dentro duns anos analizarei isto con máis perspectiva. Agora aínda estou no medio dunha especie de onda expansiva. 8. Escarlatina, a cociñeira defunta é posibelmente a obra máis premiada da nosa literatura contemporánea xa sexa como premio ou como recoñecementos (Premio Nacional de Lit. Infantil e Xuvenil de España / Premio Fervenzas Literarias / Premio Xosé Neira Vilas da AELG / Premio Merlín). Para cando esta obra na pantalla? Facer cine neste país é unha insensatez. Mais vivan os insensatos! Os apoios son escasísimos e o desembolso económico que implica un proxecto deste calibre, disparatado. Mais en Galicia estamos rodeados de talento. Que llo pregunten a Alberto Vázquez, cos seus Psiconautas. Nunca entenderei por que moitas veces nos valoran máis fóra que na propia casa. Oxalá poidamos ver a Escarlatina no cine algún día. Soñar é humano. lunes 8 de mayo de 2017
  • 5. Ledicia Costas 9.- Ah, e tras esta obra anterior, a súa pluma meteuse a fondo con outra personaxe, a Esmeraldina de Esmeraldina, a pequena defunta. Que semellanzas e diferenzas teñen estas dúas personaxes? Esmeraldina e Escarlatina son o mesmo personaxe. Só que unha está viva e a outra está morta. Son as dúas caras da mesma moeda. Supoño que se pode interpretar como que Escarlatina é a evolución do personaxe. Aí radicou a meirande dificultade do segundo libro: tiven que ir cara a atrás no tempo e conseguir que todo encaixase, posto que Esmeraldina é anterior no tempo, malia ser escrito despois de Escarlatina. Este supuxo un reto dos máis interesantes que asumín nunca a nivel creativo. 10.- Até que punto esta última obra se puido ver un tanto á sombra da tan laureada primeira? Esmeraldina superou as miñas expectativas no que se refire ao público lector. Para min o máis importante era non defraudar a un lectorado que me demandaba outro libro cun entusiasmo inusitado. Escribín Esmeraldina con iso dándome voltas na cabeza todo o tempo. Chegar ás escolas e comprobar que a paixón lectora se mantiña coa mesma intensidade foi (e está sendo) moi emocionante. Mais é certo que Escarlatina é un monstro (un monstro bo). Os dous libros forman parte dun todo, dun universo que é imposible desvincular do personaxe da cociñeira defunta. Iso véxoo como unha oportunidade. lunes 8 de mayo de 2017
  • 6. Ledicia Costas 11.- “Quería falar da morte desde un lado canalla”... e non sería mellor falarlles ás nosas lectores e aos nosos lectores noveis dende un lado máis sensíbel? Con todo, cómpre recoñecermos que ese lado tampouco estivo tan mal dende o momento que foi unha obra das máis lidas, non? Creo que nos podemos dirixir aos cativos de moitas maneiras. E iso é o que a min me interesa como escritora: atopar vías alternativas para me comunicar co lectorado máis novo. Creo que a chave está en conseguir un equilibrio. Eu non quería escribir un libro de lágrima fácil, que supoño que sería o esperable. Quería facer unha obra onde o humor tivese unha presenza radical. Humor macabro, si. Pero humor, á fin e ao cabo. Gústame o canalla, o atrevido, o valente, o rompedor, o distinto. E con esas premisas, escribo. 12.- No 2015 vemos por primeira vez nas librarías unha novela para maiores(?) Un animal chamado néboa e ao momento un premio (Antón Losada Diéguez)... Un incentivo para tamén se mergullar na novela para adultos? Levaba desde a adolescencia escribindo relatos. Foi Manuel Bragado quen me animou a que escribise unha obra onde eses relatos tivesen un nexo temático. A el teño que agradecerlle a existencia d’Un animal chamado néboa. A novela para adultos téñoa a medio escribir. Está esperando quenda. Agardo que lle chegue este verán, cando dispoña de algo máis de tempo. 13.- E para rematarmos, que papel cre Vostede que xoga, ou debería xogar, a tradución da nosa literatura a outros idiomas para a nosa normalización literaria? Os autores e autoras galegas necesitamos ser traducidas, iso é unha realidade. Formamos parte dun estado que en teoría é plural. A realidade, na práctica, é outra. Se non te traducen, fóra de Galicia non existes. Es unha especie de marciana que ten que explicar por que escribe nunha lingua distinta ao español. O duro é ter que explicalo tanto fóra como dentro da casa. Non é fácil, mais nos últimos anos asistimos a unha reactivación das traducións. Oxalá ese fenómeno siga medrando. Ledicia Costas co alumnado de Literatura Galega do s.XX lunes 8 de mayo de 2017
  • 7. CUESTIONARIO lunes 8 de mayo de 2017
  • 8. Notre Dame Un monumento salientábel? De catro a catro, de Manuel Antonio. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Un/ha autor/-a e unha obra literaria Atreyu, de La historia interminable Un personaxe literario co que se identifique? O traballo Cal é a súa fonte de inspiración? El castillo ambulante, de Miyazaki. Unha película de cine? Unha obra teatral? Das últimas que vin gustoume “Instroducing The Star” de Strate e Esbert Mishima, Bolaño, Chirbes, Coetzee, Augusten Burroughs... Un/ha autor/-a? Los incursores, de Mary Norton. Un personaxe galego e un estranxeiro? O mestre de ”A Lingua das bolboretas”, Don Gregorio/ señora Trunchbull, de “Matilda”. lunes 8 de mayo de 2017
  • 9. Que me lean en moitos lugares do mundo. Chegar ata lugares impensables desde o galego. Un anceio por realizar? Urbano, malia odiar o cemento. Praia, non sendo eu moi fan do sol. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Río de Janeiro A miña cama O voto feminino Un feito histórico? Cada vez creo menos nas utopías e máis n o s p r o x e c t o s realizables a base de traballo. Unha utopía? Eu son lectoracaseira Un lugar axeitado para a lectura? Indie, que sempre queda cool Bohemian Rhapsody Un tipo de música? Unhacanción? Non sei se me identifico, máis ben osadmiro: Neil Gaiman ou Angela Sommer-Bodenburg. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Viaxar ben acompañada. Outro entretemento ademais da lectura? lunes 8 de mayo de 2017