SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 11
Descargar para leer sin conexión
Literatura Galega 
do Século XX e da Actualidade 
Miguel Anxo Fernández 
MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ naceu no Carballiño no 
1955. Desenvolve un grande labor a nivel 
audiovisual, algo que compaxina tamén co seu labor 
literario. Tras gañar o “Premio de novela Manuel 
García Barros” da Estrada coa obra Un nicho para 
Marilyn encetou unha saga co personaxe principal 
da mesma chamado Frank Soutelo con varias obras 
narrativas até a última onde actúa este personaxe 
titulada Bícame, Frank. 
Entrevista 
IES Manuel García Barros 
A Estrada 
Texto: © Cc-by-sa-3.0 
Fotos: © Todos os dereitos reservados 
Foto de María Carrera 
viernes 5 de diciembre de 2014
Miguel Anxo Fernández 
1. Como lembra aqueles anos de xuventude e o seu paso á Universidade naqueles convulsos anos de fins da ditadura? Até que punto 
estas experiencias foron o xermolo dalgunha súa obra literaria ou simplemente un referente? 
Tocoume, certo, o final da ditadura cando estaba a estudar na Escola de Formación do Profesorado de Ourense, e lembro aqueles 
anos como convulsos, pero tamén intensos, nunha fervenza cultural que a mocidade viviamos con verdadeira paixón e ilusión. Ao 
tempo, na miña vila, no Carballiño, xa estaba a colaborar co “Cine club Carballiño”, do que sería presidente con apenas 22 anos e 
desde onde fixemos numerosas actividades a prol da cultura audiovisual, da normalización cinematográfica e xa desde o os 
primeiros 80, coas Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (XOCIVIGA), das que sairían moitas propostas fundacionais no audiovisual 
galego. Pero daqueles anos mozos gardo o recordo de estar metido en moitas actividades con outros compañeiros: cine, teatro, 
recitais, mesmo a cousa deportiva… E sobre todo, moita lectura. Comecei a ler sobre cine moi cedo, pero tamén aos clásicos na 
biblioteca municipal do Carballiño. Así e todo, pese a que os profesores me insistían en que debería dedicarme a escribir, non o 
fixen ata moitos anos despois. E comecei precisamente facendo crítica de cine no xornal “La Voz de Galicia”, na edición de 
Ourense, tamén con vinte e poucos anos, 22 ou 23... 
2. Choca un chisco que primeiro Vostede estudase a carreira de Historia da Arte para despois se diplomar en “Comunicación e 
xornalismo”. Cando se decatou do seu interese por esta segunda especialidade e que foi o que o levou a iso? 
Realmente comecei primeiro por Profesorado de E.X.B. na rama de Ciencias Sociais, que leva asociada a Historia e mais a Arte, 
dúas disciplinas das que me sinto moi debedor e que sempre me interesaron moito. Ao rematar a de Profesorado, marchei para 
Santiago para facer unha cousa que se chamaba “curso de adaptación” e que che permitía, despois dun ano, pasar a 4º de carreira 
(daquela duraban cinco anos…). Mentres fixen o citado curso, preparei oposicións a profesor de E.X.B., con tan boa sorte que as 
saquei na primeira convocatoria. Iso obrigoume a incorporarme a un destino e houben de pospór o remate de Historia da Arte, que 
non chegaría ata comezos dos 90. De seguido fixen o que se chaman estudios de Terceiro Ciclo e escollín “Comunicación e 
Xornalismo” porque son dous campos aos que me sinto moi vinculado. Iso permitiume dar o salto a profesor da Universidade de 
Vigo, en Comunicación Audiovisual, coa Tese de doutoramento a piques de ser lida. Arte, Cine, Comunicación e Xornalismo, son 
disciplinas vinculadas e case transversais … 
3. Vostede busca caracterizar as súas novelas polo ritmo da acción e a capacidade visual do texto, unha influencia directa do cine. 
Que outros aspectos considera “salpicados” polos seus amplos coñecementos cinematográficos? 
Unha cousa é o que eu pretenda ou intente, e outra ben diferente a opinión do lector, pois moitas veces o autor non é consciente 
de ter esta ou aquela influencia. Din que si, que o cine afecta moito á miña escrita. Debo recoñecer que escribo desde a 
experiencia vital e ao longo da miña vida levo visto centos, miles de películas. Supoño que iso nótase no ritmo, na estrutura 
(concibo os capítulos como secuencias…), no deseño dos personaxes e mais nos diálogos. Imaxino que todo iso vén do cine, pero 
tamén admito que busco unha comunicación directa e efectiva co lector. Entendo que sen comunicación, só hai fracaso por parte do 
escritor… 
viernes 5 de diciembre de 2014
Como todos os nenos dos anos 60, eu xa lera a Sherlock Holmes e 
tamén me interesaba o cine de suspense na medida que podía 
interesar a un neno, pero no servizo militar (que, en efecto, era unha 
perda de tempo a todos os niveis, agás a oportunidade de convivir 
con xente chegada doutros lugares do Estado) comecei a interesarme 
pola novela policial porque fixen amizade cun recruta de Madrid, 
algo maior ca min (daquela xa profesor na Complutense e un 
apaixonado do cómic clásico) e con outro mozo catalán (xa profesor 
de instituto e poeta, moi posto na novela negra). Eu aportaba o cine 
(pois aínda estando na mili en Sevilla, seguía presidindo o “Cine club 
Carballiño), José Antonio o cómic, e Tom a novela negra. 
Conversabamos moito (outra cousa boa da mili, tempo abondo para 
falar…). Os domingos tiñamos o día libre e iamos a un mercadiño de 
libros de segunda man, no que mercabamos moitos exemplares. Foi aí 
cando me acheguei á novela negra norteamericana, sobre todo nunha 
colección que tiña Bruguera, e na que estaban Chandler, Hammett, 
McDonald, Highsmith, Thompson, Cain, o francés Boris Vian, tamén o 
belga Simenon. Moito lin naqueles meses (en novelas que, por certo, 
aínda conservo…). Pero superada aquela etapa militar, regresei ao 
activismo cinematográfico, e non sería ata finais dos 90, cando volvín 
a ler, sobre todo aos europeos: Mankell, Sciascia, Camilleri, 
Márkaris… E así, ata hoxe. 
Miguel Anxo Fernández 
4. Vostede considera o tempo que estivo no servizo militar unha “perda de tempo espectacular”, mais foi nesa etapa da súa vida 
onde espertou o seu interese pola novela negra. Cóntenos un pouco máis sobre como foi a primeira toma de contacto con este 
xénero tan de moda agora 
Con Carlos Velo (e Luis Álvarez Pousa, no medio), nas Xociviga do Carballiño, en 1985. 
viernes 5 de diciembre de 2014
Miguel Anxo Fernández 
5. No 90 comeza en vostede a coller forza a idea de crear unha novela negra na que o protagonista fose unha personaxe fóra do 
común. Á parte desa característica sorna galega e a chulería americana tan características de Frank, que outros aspectos o 
diferencian doutros detectives da literatura como Sherlock Holmes ou o inspector galego Leo Caldas? 
Recoñezo que, pode que cun aquel de soberbia, me encirrei en dar cun 
personaxe que fose diferente aos outros. Non quería caer nos tópicos 
(aínda que finalmente sexa inevitable caer neles…), e procurei argallar un 
detective que mesturase as maneiras norteamericanas filtradas polo cine 
e a literatura, coas da retranca galega. Dáse a casualidade de que a miña 
madriña é norteamericana, filla dunha galega de Vigo e dun galego de 
Punxín, en Ourense. Madriña que agora con 80 anos aínda segue a visitar 
Galicia ano a ano. Sempre me chamou a atención a súa maneira de vivir 
tan norteamericana (naceu en Nova York), e a súa querenza pola terra dos 
seus pais. Semella unha galega máis. Foi así como saquei moitos trazos, 
pasando, claro, por un cambio de sexo. Frank Soutelo resolve moitos dos 
seus casos cun aquel de casualidade e por ter escollido bos colaboradores. 
Non é necesariamente un chispa, só que é intuitivo e as máis das veces 
adiántase ás cousas. Foi policía, estivo na guerra do Vietnam, en fin, viviu 
abondo como para afrontarse aos casos con certa posibilidade de éxito. 
Na presentación de SEMPRE XONXA con Chano Piñeiro en Vigo, en novembro de 1989. 
6. Actualmente a novela negra é un dos xéneros emerxentes que está a marcar o mercado literario. Porén, cre que este 
incremento de produción literaria vai ligado a unha boa calidade artística? Calquera pode escribir neste momento sobre 
detectives, asasinatos, armas do crime,...? 
Recoñezo que a novela policial está de moda e que realmente nunca deixou de interesar aos lectores. Hainos moi fieis a todas as 
novidades que saen do prelo. Iso provoca que se estenda a idea do éxito e moi poucos escritores se resisten a achegarse ao xénero. 
Non me corresponde xulgalos, pois sería de pésimo gusto … Pero se me poño a carón do lector e deixo no colgadoiro a miña 
vertente de escritor, atopo que a calidade non sempre existe. En parte porque entendo que a novela policial require de moita 
observación, moita conversa coa xente e moito coñecemento da sociedade real. Pecharse no teu estudo e comezar a darlle ao 
teclado confiando só na túa imaxinación, pode que a algún lle resulte, pero no meu caso teño claro que primeiro busco unha boa 
historia (e sobre todo un bo remate), poñamos que a estrutura do edificio, e despois vou levantando panos e paredes nos que colgo 
a fala da xente común, a vida cotiá, o lado escuro que todos temos… Non deixo tamén de utilizar recursos do cine en canto ao 
discurso narrativo, de maneira que ideo os capítulos como secuencias, visto aos personaxes con atributos que beben moito do 
cine… 
viernes 5 de diciembre de 2014
Esa novela fora rexeitada previamente por unha editora galega polo seu contido necrófilo. O 
editor non lle vía cabida na idea de que os lectores galegos están nos institutos, e seica era un 
tema forte para eles... Non foi quen de atopar a carga irónica que destilaba o personaxe, a 
moita carga cinéfila que se agachaba nas súas páxinas. Pasara a lela a algunha xente amiga que 
a atopara divertida e foi así como decidín presentala ao premio. A sorpresa foi grande, pero sei 
que tampouco o xurado fora unánime, pois algún dos seus membros compartían a idea daquel 
primeiro editor. Cos anos converteuse nunha referencia no xénero policial, aínda que recoñezo 
os meus desexos de reescribila. Quizais agora me sinta mellor capacitado para redondeala 
doutra maneira. En todo caso, doce anos despois aínda segue a gañar lectores, e iso, para 
alguén que non vive da literatura e só aspira a satisfacer aos lectores, é un grande premio. 
Naturalmente, o premio garantiu a supervivencia de Frank. 
Miguel Anxo Fernández 
7. Un nicho para Marilyn, co que gañou o “Premio de Novela Manuel García Barros”, marcou o 
punto de partida para o seu detective Frank Soutelo. Foi o feito de ser premiado o que o 
decidiu pola novela negra ou ben o seu amor polo cinema? 
8. Chama a atención que un autor coma Vostede tan amante da imaxe, da posta en escena... 
aínda non se estrease publicando algunha peza teatral... 
Recibindo o premio Manuel García Barros de novela, 2002. 
Por momentos penso niso, si. Hai algún relato de Capitol, última sesión que me gustaría converter en peza teatral, pero sería un 
atrevemento pola miña parte e unha falta de respecto para a dramaturxia. Guión si, teño un escrito sobre outro relato de “O 
sabre do francés”, pero dorme nun caixón. 
9. Dixo Vostede que “Frank é o policía xusticeiro que un non pode ser normalmente, pero si ten a oportunidade de transformarse 
nel cando escribe”. Que ten Frank Soutelo de Miguel Anxo Fernández e á inversa? 
Quen me coñece ben dime que cando le a Frank Soutelo non pode deixar de imaxinarse que son eu metido no personaxe. Excesivo. 
Nada teño de Frank máis alá dos rexistros da fala. Moitas das expresións de Frank, son miñas, pero iso é inevitable. Narra en 
primeira persoa e quen escribe as verbas son eu, pero máis alá diso, nada temos en común. Non me gusta a violencia, as armas, en 
fin… 
viernes 5 de diciembre de 2014
Miguel Anxo Fernández 
10. Ten falado Vostede das circunstancias que o levaron a ler e ir ao cine... Que influxo tiveron esas circunstancias na súa obra 
literaria futura e no seu futuro profesional e persoal? 
De neno era moi introvertido e procuraba 
refuxio na lectura e no cine. A miña avidez 
cinéfila era moi insólita nos nenos do meu 
tempo. E foi medrando, pero sempre no 
plano da teórica. Despois chegou o “Cine 
club Carballiño”, no que ingresei con 20 
anos. Dous anos despois xa o presidía e xa 
facía crítica en “La Voz de Galicia”, na súa 
delegación de Ourense. Mentres a miña 
profesión era a de mestre, a miña paixón era 
o c i n e , c u n a q u e l d e mi t oma n í a : 
coleccionada programiñas de man, carteis de 
cine, fotocromos, mercaba revistas de cine… 
Iso foime levando a unha especialización 
sempre secundaria en canto a que non era a 
miña profesión, como tampouco é agora, 
claro. Sigo mirando moito cine, escribindo de 
cine, coleccionando, en fin. A miña colección 
de carteis de cine ben pode pasar dos 
30.000… 
Con Antonio Durán Morris e o director Ángel de la Cruz, caracterizado de crego para OS MORTOS VAN ÁS PRESAS, filme de 2009. 
viernes 5 de diciembre de 2014
Miguel Anxo Fernández 
11. Vostede dixo que é importante para un escritor contar co apoio das editoriais e do comercio, mais tamén é consciente da 
dificultade que teñen os autores galegos para facerse visibles. Que consello lle daría vostede a eses escritores tímidos que 
buscan dar a coñecer as súas obras? 
Levo moi mal cando algún autor novo se achega a min 
pedíndome axuda para publicar. Por impotencia propia, porque 
non teño maneira de axudalos. Recoñezo que a min iso veume 
dado, grazas sobre todo á miña vinculación ao medio 
audiovisual, e a ter unha certa sona como crítico de cine no 
xornal “La Voz de Galicia”. Para máis coñecía a moitos editores, 
pero nunca se me dera por facer ficción. E cando chegou a 
oportunidade, fun directamente a Galaxia e a Carlos Casares, a 
través de Damián Villalaín, daquela o director editorial. E así 
saíu o primeiro libro, os relatos históricos de O sabre do 
francés. O resto veu dado… Consello? Que escriban moito, que o 
dean a ler, que insistan diante das editoriais. Isto cambiou 
moito. Agora as redes sociais e a autoedición, permite que se 
poida editar a baixo custe e darlle moita difusión. Pero sendo 
conscientes de que o nivel de lectura baixou, pois é moi 
preocupante entre a xente nova. Despois está o comercio, a 
promoción. Se non te promocionas, o teu libro non existe. Se 
non existe, non se merca. Se non se merca, a editorial non che 
editará o seguinte libro… 
No acto do 25 aniversario da creación do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura 
12. E claro, non podiamos deixar de lle preguntar para cando se encontrarán no camiño as súas grandes actividades: a literatura e 
o cinema. Para cando Frank Soutelo nas pantallas do cinema? 
Recoñezo que me gustaría. Están vendidos os dereitos de Lume de cobiza a unha produtora que deu en dificultades… Co cal, mal 
asunto. En principio, mentres haxa saúde, haberá Frank Soutelo para máis novelas. O primeiro paso será dar o salto a outras 
linguas, e iso fai máis doadas posibles adaptacións audiovisuais, sexa para cine ou para televisión. Pero tamén niso andamos 
frouxos. Carecemos de axentes literarios. Por veces penso que outro galo cantaría na literatura galega se as súas obras se 
coñecesen noutras linguas. Hai moito por facer. 
viernes 5 de diciembre de 2014
13. O espido de Gina supón un descanso para Frank ou é que preferiu voltar ás lembranzas de infancia e de pasaxes posteriores? 
Esa novela era algo que quería facer porque é unha homenaxe a 
tempos idos. Sei que non se tería editado de non ter eu un nome un 
chisco asentado no panorama editorial galego. Pero quería facela, 
cunha estrutura clásica e unhas maneiras tradicionais, na idea de que 
os anos a respectarán. Estoulle moi agradecido a esa novela, que por 
certo acadou unha unanimidade crítica que me sorprendeu 
gratamente. En canto a Frank, non descansa. O que penso é que o 
lector necesita perder de vista a Frank durante un tempo… 
14. Supoñemos que todo premio supón unha fonda gratificación persoal, 
pero con cales se sente máis a gusto, cos literarios ou cos 
cinematográficos? 
Miguel Anxo Fernández 
Os premios danme moito apuro porque te sinalan e eu síntome moi 
cómodo co anonimato. Sempre penso que son inmerecidos, non teño a 
sensación de ter feito nada para ser premiado. E, claro, quéroos a 
todos por igual porque creo na xente a na súa boa vontade cando os 
concede. Quen premia está convencido de acertar e sería de moi mal 
gusto, decepcionalos. Pásoo fatal cando teño que recollelos porque 
sempre penso que calquera mereceríao mellor ca min. 
No programa GALICIA NO CINE, na TVG, 1987, conversando con Manuel Abad. 
15. Finalmente, non cre Vostede que na CRTVG, da que ten sido asesor, non está na actualidade a promocionar debidamente o 
cinema? 
Ufff… Hai moito tempo diso. Aquela TVG dos 80, apoiaba ao cinema clásico, pero agora todas as televisións (agás caso moi 
puntuais) deixaron de lado a emisión de boas películas de referencia na historia do Cine, sobre todo para servilas aos novos 
espectadores. Unha mágoa. Con todo, cómpre considerar o grande paradoxo de que de non ser pola Televisión de Galicia, o 
audiovisual galego apenas existiría, pois son a primeira produtora do país. 
Moitas grazas por nos respostar a estas nosas inquedanzas xuvenís. 
O agradecido son eu, e aquí regreso ao dito sobre os premios. Que un grupo de alumnos me pidan unha entrevista xa é un 
premio, pois non me sinto merecente de tal atención. Así que moitas grazas a vós. 
viernes 5 de diciembre de 2014
CUESTIONARIO 
Con outr@s gañador@s do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura 
viernes 5 de diciembre de 2014
Un personaxe literario co que se 
identifique? 
Un monumento 
salientábel? 
O “Guernika”, de 
Picasso. 
Un/ha autor/-a e unha obra 
literaria galegos? 
“Ilustrísima”, de 
Carlos Casares. 
Unha película de cine? 
Un personaxe galego e 
un estranxeiro? 
Dos galegos pode que o 
Mestre Mateo, dos 
estranxeiros non 
sabería dar cun en 
concreto. 
Cal é a súa fonte de 
inspiración 
Un/ha autor/-a e unha obra literaria 
estranxeiros? 
Petros 
grego policía 
mesmo o serie con Markaris Agora e Kostas a súa Jaritos. 
Cada vez máis con Don Quixote. 
A vida mesma, os 
amigos, a 
conversa… 
Esa pregunta é como 
aquela de a quen queres 
máis, a nai ou o pai… 
Diriavos moitas. Prefiro 
calar… por amor. 
Unha obra teatral? 
Son moi simple. Quédome 
co clásico Aristófanes e “As 
nubes”. 
viernes 5 de diciembre de 2014
Un feito histórico? 
Un anceio por 
realizar? 
imposible: 
que xa sei única 
soño libros 
Un xuntar nunha de biblioteca dispersos os miles por varios 
que teño lugares. 
Un lugar para visitar? e un lugar 
para descansar? 
Galicia é un paraíso integral, 
pero se me pedides unha cidade: 
París e Roma. 
Mundo rural/urbano? 
Praia/montaña? 
Rural, vilego. Máis que 
praia, mar. Máis que 
montaña, monte. 
Máis que feito, a 
Grecia clásica. 
Unha utopía? 
Ter a miña propia sala 
privada de cine, cousa 
que xa sei imposible… 
Un tipo de música? Unha 
canción? 
Vivaldi e “As catro 
estacións”. En canto a 
canción, hai varias e moi 
variados estilos. Son un 
melómano moi ecléctivo. 
Un lugar axeitado para a 
lectura? 
Calquera se o libro é bo. 
Un/ha autor/-a con quen se 
identifique? 
Confeso que nunha reparei niso e 
calquera que fose a resposta, 
soaría falsa. 
Outro entretemento 
ademais da lectura? 
Cae de caixón: cine, cine, 
cine... 
viernes 5 de diciembre de 2014

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (20)

Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 

Destacado

Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Asnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Destacado (8)

Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Similar a Entrevista Miguel Anxo Fernández

Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017ceipmontemogos
 

Similar a Entrevista Miguel Anxo Fernández (18)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
A narrativa na ditadura
A narrativa na ditaduraA narrativa na ditadura
A narrativa na ditadura
 
Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017
 
Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017Fiadeiro 2017
Fiadeiro 2017
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 

Más de Asnosasletras

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 

Más de Asnosasletras (12)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 

Entrevista Miguel Anxo Fernández

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Miguel Anxo Fernández MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ naceu no Carballiño no 1955. Desenvolve un grande labor a nivel audiovisual, algo que compaxina tamén co seu labor literario. Tras gañar o “Premio de novela Manuel García Barros” da Estrada coa obra Un nicho para Marilyn encetou unha saga co personaxe principal da mesma chamado Frank Soutelo con varias obras narrativas até a última onde actúa este personaxe titulada Bícame, Frank. Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Foto de María Carrera viernes 5 de diciembre de 2014
  • 2. Miguel Anxo Fernández 1. Como lembra aqueles anos de xuventude e o seu paso á Universidade naqueles convulsos anos de fins da ditadura? Até que punto estas experiencias foron o xermolo dalgunha súa obra literaria ou simplemente un referente? Tocoume, certo, o final da ditadura cando estaba a estudar na Escola de Formación do Profesorado de Ourense, e lembro aqueles anos como convulsos, pero tamén intensos, nunha fervenza cultural que a mocidade viviamos con verdadeira paixón e ilusión. Ao tempo, na miña vila, no Carballiño, xa estaba a colaborar co “Cine club Carballiño”, do que sería presidente con apenas 22 anos e desde onde fixemos numerosas actividades a prol da cultura audiovisual, da normalización cinematográfica e xa desde o os primeiros 80, coas Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (XOCIVIGA), das que sairían moitas propostas fundacionais no audiovisual galego. Pero daqueles anos mozos gardo o recordo de estar metido en moitas actividades con outros compañeiros: cine, teatro, recitais, mesmo a cousa deportiva… E sobre todo, moita lectura. Comecei a ler sobre cine moi cedo, pero tamén aos clásicos na biblioteca municipal do Carballiño. Así e todo, pese a que os profesores me insistían en que debería dedicarme a escribir, non o fixen ata moitos anos despois. E comecei precisamente facendo crítica de cine no xornal “La Voz de Galicia”, na edición de Ourense, tamén con vinte e poucos anos, 22 ou 23... 2. Choca un chisco que primeiro Vostede estudase a carreira de Historia da Arte para despois se diplomar en “Comunicación e xornalismo”. Cando se decatou do seu interese por esta segunda especialidade e que foi o que o levou a iso? Realmente comecei primeiro por Profesorado de E.X.B. na rama de Ciencias Sociais, que leva asociada a Historia e mais a Arte, dúas disciplinas das que me sinto moi debedor e que sempre me interesaron moito. Ao rematar a de Profesorado, marchei para Santiago para facer unha cousa que se chamaba “curso de adaptación” e que che permitía, despois dun ano, pasar a 4º de carreira (daquela duraban cinco anos…). Mentres fixen o citado curso, preparei oposicións a profesor de E.X.B., con tan boa sorte que as saquei na primeira convocatoria. Iso obrigoume a incorporarme a un destino e houben de pospór o remate de Historia da Arte, que non chegaría ata comezos dos 90. De seguido fixen o que se chaman estudios de Terceiro Ciclo e escollín “Comunicación e Xornalismo” porque son dous campos aos que me sinto moi vinculado. Iso permitiume dar o salto a profesor da Universidade de Vigo, en Comunicación Audiovisual, coa Tese de doutoramento a piques de ser lida. Arte, Cine, Comunicación e Xornalismo, son disciplinas vinculadas e case transversais … 3. Vostede busca caracterizar as súas novelas polo ritmo da acción e a capacidade visual do texto, unha influencia directa do cine. Que outros aspectos considera “salpicados” polos seus amplos coñecementos cinematográficos? Unha cousa é o que eu pretenda ou intente, e outra ben diferente a opinión do lector, pois moitas veces o autor non é consciente de ter esta ou aquela influencia. Din que si, que o cine afecta moito á miña escrita. Debo recoñecer que escribo desde a experiencia vital e ao longo da miña vida levo visto centos, miles de películas. Supoño que iso nótase no ritmo, na estrutura (concibo os capítulos como secuencias…), no deseño dos personaxes e mais nos diálogos. Imaxino que todo iso vén do cine, pero tamén admito que busco unha comunicación directa e efectiva co lector. Entendo que sen comunicación, só hai fracaso por parte do escritor… viernes 5 de diciembre de 2014
  • 3. Como todos os nenos dos anos 60, eu xa lera a Sherlock Holmes e tamén me interesaba o cine de suspense na medida que podía interesar a un neno, pero no servizo militar (que, en efecto, era unha perda de tempo a todos os niveis, agás a oportunidade de convivir con xente chegada doutros lugares do Estado) comecei a interesarme pola novela policial porque fixen amizade cun recruta de Madrid, algo maior ca min (daquela xa profesor na Complutense e un apaixonado do cómic clásico) e con outro mozo catalán (xa profesor de instituto e poeta, moi posto na novela negra). Eu aportaba o cine (pois aínda estando na mili en Sevilla, seguía presidindo o “Cine club Carballiño), José Antonio o cómic, e Tom a novela negra. Conversabamos moito (outra cousa boa da mili, tempo abondo para falar…). Os domingos tiñamos o día libre e iamos a un mercadiño de libros de segunda man, no que mercabamos moitos exemplares. Foi aí cando me acheguei á novela negra norteamericana, sobre todo nunha colección que tiña Bruguera, e na que estaban Chandler, Hammett, McDonald, Highsmith, Thompson, Cain, o francés Boris Vian, tamén o belga Simenon. Moito lin naqueles meses (en novelas que, por certo, aínda conservo…). Pero superada aquela etapa militar, regresei ao activismo cinematográfico, e non sería ata finais dos 90, cando volvín a ler, sobre todo aos europeos: Mankell, Sciascia, Camilleri, Márkaris… E así, ata hoxe. Miguel Anxo Fernández 4. Vostede considera o tempo que estivo no servizo militar unha “perda de tempo espectacular”, mais foi nesa etapa da súa vida onde espertou o seu interese pola novela negra. Cóntenos un pouco máis sobre como foi a primeira toma de contacto con este xénero tan de moda agora Con Carlos Velo (e Luis Álvarez Pousa, no medio), nas Xociviga do Carballiño, en 1985. viernes 5 de diciembre de 2014
  • 4. Miguel Anxo Fernández 5. No 90 comeza en vostede a coller forza a idea de crear unha novela negra na que o protagonista fose unha personaxe fóra do común. Á parte desa característica sorna galega e a chulería americana tan características de Frank, que outros aspectos o diferencian doutros detectives da literatura como Sherlock Holmes ou o inspector galego Leo Caldas? Recoñezo que, pode que cun aquel de soberbia, me encirrei en dar cun personaxe que fose diferente aos outros. Non quería caer nos tópicos (aínda que finalmente sexa inevitable caer neles…), e procurei argallar un detective que mesturase as maneiras norteamericanas filtradas polo cine e a literatura, coas da retranca galega. Dáse a casualidade de que a miña madriña é norteamericana, filla dunha galega de Vigo e dun galego de Punxín, en Ourense. Madriña que agora con 80 anos aínda segue a visitar Galicia ano a ano. Sempre me chamou a atención a súa maneira de vivir tan norteamericana (naceu en Nova York), e a súa querenza pola terra dos seus pais. Semella unha galega máis. Foi así como saquei moitos trazos, pasando, claro, por un cambio de sexo. Frank Soutelo resolve moitos dos seus casos cun aquel de casualidade e por ter escollido bos colaboradores. Non é necesariamente un chispa, só que é intuitivo e as máis das veces adiántase ás cousas. Foi policía, estivo na guerra do Vietnam, en fin, viviu abondo como para afrontarse aos casos con certa posibilidade de éxito. Na presentación de SEMPRE XONXA con Chano Piñeiro en Vigo, en novembro de 1989. 6. Actualmente a novela negra é un dos xéneros emerxentes que está a marcar o mercado literario. Porén, cre que este incremento de produción literaria vai ligado a unha boa calidade artística? Calquera pode escribir neste momento sobre detectives, asasinatos, armas do crime,...? Recoñezo que a novela policial está de moda e que realmente nunca deixou de interesar aos lectores. Hainos moi fieis a todas as novidades que saen do prelo. Iso provoca que se estenda a idea do éxito e moi poucos escritores se resisten a achegarse ao xénero. Non me corresponde xulgalos, pois sería de pésimo gusto … Pero se me poño a carón do lector e deixo no colgadoiro a miña vertente de escritor, atopo que a calidade non sempre existe. En parte porque entendo que a novela policial require de moita observación, moita conversa coa xente e moito coñecemento da sociedade real. Pecharse no teu estudo e comezar a darlle ao teclado confiando só na túa imaxinación, pode que a algún lle resulte, pero no meu caso teño claro que primeiro busco unha boa historia (e sobre todo un bo remate), poñamos que a estrutura do edificio, e despois vou levantando panos e paredes nos que colgo a fala da xente común, a vida cotiá, o lado escuro que todos temos… Non deixo tamén de utilizar recursos do cine en canto ao discurso narrativo, de maneira que ideo os capítulos como secuencias, visto aos personaxes con atributos que beben moito do cine… viernes 5 de diciembre de 2014
  • 5. Esa novela fora rexeitada previamente por unha editora galega polo seu contido necrófilo. O editor non lle vía cabida na idea de que os lectores galegos están nos institutos, e seica era un tema forte para eles... Non foi quen de atopar a carga irónica que destilaba o personaxe, a moita carga cinéfila que se agachaba nas súas páxinas. Pasara a lela a algunha xente amiga que a atopara divertida e foi así como decidín presentala ao premio. A sorpresa foi grande, pero sei que tampouco o xurado fora unánime, pois algún dos seus membros compartían a idea daquel primeiro editor. Cos anos converteuse nunha referencia no xénero policial, aínda que recoñezo os meus desexos de reescribila. Quizais agora me sinta mellor capacitado para redondeala doutra maneira. En todo caso, doce anos despois aínda segue a gañar lectores, e iso, para alguén que non vive da literatura e só aspira a satisfacer aos lectores, é un grande premio. Naturalmente, o premio garantiu a supervivencia de Frank. Miguel Anxo Fernández 7. Un nicho para Marilyn, co que gañou o “Premio de Novela Manuel García Barros”, marcou o punto de partida para o seu detective Frank Soutelo. Foi o feito de ser premiado o que o decidiu pola novela negra ou ben o seu amor polo cinema? 8. Chama a atención que un autor coma Vostede tan amante da imaxe, da posta en escena... aínda non se estrease publicando algunha peza teatral... Recibindo o premio Manuel García Barros de novela, 2002. Por momentos penso niso, si. Hai algún relato de Capitol, última sesión que me gustaría converter en peza teatral, pero sería un atrevemento pola miña parte e unha falta de respecto para a dramaturxia. Guión si, teño un escrito sobre outro relato de “O sabre do francés”, pero dorme nun caixón. 9. Dixo Vostede que “Frank é o policía xusticeiro que un non pode ser normalmente, pero si ten a oportunidade de transformarse nel cando escribe”. Que ten Frank Soutelo de Miguel Anxo Fernández e á inversa? Quen me coñece ben dime que cando le a Frank Soutelo non pode deixar de imaxinarse que son eu metido no personaxe. Excesivo. Nada teño de Frank máis alá dos rexistros da fala. Moitas das expresións de Frank, son miñas, pero iso é inevitable. Narra en primeira persoa e quen escribe as verbas son eu, pero máis alá diso, nada temos en común. Non me gusta a violencia, as armas, en fin… viernes 5 de diciembre de 2014
  • 6. Miguel Anxo Fernández 10. Ten falado Vostede das circunstancias que o levaron a ler e ir ao cine... Que influxo tiveron esas circunstancias na súa obra literaria futura e no seu futuro profesional e persoal? De neno era moi introvertido e procuraba refuxio na lectura e no cine. A miña avidez cinéfila era moi insólita nos nenos do meu tempo. E foi medrando, pero sempre no plano da teórica. Despois chegou o “Cine club Carballiño”, no que ingresei con 20 anos. Dous anos despois xa o presidía e xa facía crítica en “La Voz de Galicia”, na súa delegación de Ourense. Mentres a miña profesión era a de mestre, a miña paixón era o c i n e , c u n a q u e l d e mi t oma n í a : coleccionada programiñas de man, carteis de cine, fotocromos, mercaba revistas de cine… Iso foime levando a unha especialización sempre secundaria en canto a que non era a miña profesión, como tampouco é agora, claro. Sigo mirando moito cine, escribindo de cine, coleccionando, en fin. A miña colección de carteis de cine ben pode pasar dos 30.000… Con Antonio Durán Morris e o director Ángel de la Cruz, caracterizado de crego para OS MORTOS VAN ÁS PRESAS, filme de 2009. viernes 5 de diciembre de 2014
  • 7. Miguel Anxo Fernández 11. Vostede dixo que é importante para un escritor contar co apoio das editoriais e do comercio, mais tamén é consciente da dificultade que teñen os autores galegos para facerse visibles. Que consello lle daría vostede a eses escritores tímidos que buscan dar a coñecer as súas obras? Levo moi mal cando algún autor novo se achega a min pedíndome axuda para publicar. Por impotencia propia, porque non teño maneira de axudalos. Recoñezo que a min iso veume dado, grazas sobre todo á miña vinculación ao medio audiovisual, e a ter unha certa sona como crítico de cine no xornal “La Voz de Galicia”. Para máis coñecía a moitos editores, pero nunca se me dera por facer ficción. E cando chegou a oportunidade, fun directamente a Galaxia e a Carlos Casares, a través de Damián Villalaín, daquela o director editorial. E así saíu o primeiro libro, os relatos históricos de O sabre do francés. O resto veu dado… Consello? Que escriban moito, que o dean a ler, que insistan diante das editoriais. Isto cambiou moito. Agora as redes sociais e a autoedición, permite que se poida editar a baixo custe e darlle moita difusión. Pero sendo conscientes de que o nivel de lectura baixou, pois é moi preocupante entre a xente nova. Despois está o comercio, a promoción. Se non te promocionas, o teu libro non existe. Se non existe, non se merca. Se non se merca, a editorial non che editará o seguinte libro… No acto do 25 aniversario da creación do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura 12. E claro, non podiamos deixar de lle preguntar para cando se encontrarán no camiño as súas grandes actividades: a literatura e o cinema. Para cando Frank Soutelo nas pantallas do cinema? Recoñezo que me gustaría. Están vendidos os dereitos de Lume de cobiza a unha produtora que deu en dificultades… Co cal, mal asunto. En principio, mentres haxa saúde, haberá Frank Soutelo para máis novelas. O primeiro paso será dar o salto a outras linguas, e iso fai máis doadas posibles adaptacións audiovisuais, sexa para cine ou para televisión. Pero tamén niso andamos frouxos. Carecemos de axentes literarios. Por veces penso que outro galo cantaría na literatura galega se as súas obras se coñecesen noutras linguas. Hai moito por facer. viernes 5 de diciembre de 2014
  • 8. 13. O espido de Gina supón un descanso para Frank ou é que preferiu voltar ás lembranzas de infancia e de pasaxes posteriores? Esa novela era algo que quería facer porque é unha homenaxe a tempos idos. Sei que non se tería editado de non ter eu un nome un chisco asentado no panorama editorial galego. Pero quería facela, cunha estrutura clásica e unhas maneiras tradicionais, na idea de que os anos a respectarán. Estoulle moi agradecido a esa novela, que por certo acadou unha unanimidade crítica que me sorprendeu gratamente. En canto a Frank, non descansa. O que penso é que o lector necesita perder de vista a Frank durante un tempo… 14. Supoñemos que todo premio supón unha fonda gratificación persoal, pero con cales se sente máis a gusto, cos literarios ou cos cinematográficos? Miguel Anxo Fernández Os premios danme moito apuro porque te sinalan e eu síntome moi cómodo co anonimato. Sempre penso que son inmerecidos, non teño a sensación de ter feito nada para ser premiado. E, claro, quéroos a todos por igual porque creo na xente a na súa boa vontade cando os concede. Quen premia está convencido de acertar e sería de moi mal gusto, decepcionalos. Pásoo fatal cando teño que recollelos porque sempre penso que calquera mereceríao mellor ca min. No programa GALICIA NO CINE, na TVG, 1987, conversando con Manuel Abad. 15. Finalmente, non cre Vostede que na CRTVG, da que ten sido asesor, non está na actualidade a promocionar debidamente o cinema? Ufff… Hai moito tempo diso. Aquela TVG dos 80, apoiaba ao cinema clásico, pero agora todas as televisións (agás caso moi puntuais) deixaron de lado a emisión de boas películas de referencia na historia do Cine, sobre todo para servilas aos novos espectadores. Unha mágoa. Con todo, cómpre considerar o grande paradoxo de que de non ser pola Televisión de Galicia, o audiovisual galego apenas existiría, pois son a primeira produtora do país. Moitas grazas por nos respostar a estas nosas inquedanzas xuvenís. O agradecido son eu, e aquí regreso ao dito sobre os premios. Que un grupo de alumnos me pidan unha entrevista xa é un premio, pois non me sinto merecente de tal atención. Así que moitas grazas a vós. viernes 5 de diciembre de 2014
  • 9. CUESTIONARIO Con outr@s gañador@s do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura viernes 5 de diciembre de 2014
  • 10. Un personaxe literario co que se identifique? Un monumento salientábel? O “Guernika”, de Picasso. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? “Ilustrísima”, de Carlos Casares. Unha película de cine? Un personaxe galego e un estranxeiro? Dos galegos pode que o Mestre Mateo, dos estranxeiros non sabería dar cun en concreto. Cal é a súa fonte de inspiración Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Petros grego policía mesmo o serie con Markaris Agora e Kostas a súa Jaritos. Cada vez máis con Don Quixote. A vida mesma, os amigos, a conversa… Esa pregunta é como aquela de a quen queres máis, a nai ou o pai… Diriavos moitas. Prefiro calar… por amor. Unha obra teatral? Son moi simple. Quédome co clásico Aristófanes e “As nubes”. viernes 5 de diciembre de 2014
  • 11. Un feito histórico? Un anceio por realizar? imposible: que xa sei única soño libros Un xuntar nunha de biblioteca dispersos os miles por varios que teño lugares. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Galicia é un paraíso integral, pero se me pedides unha cidade: París e Roma. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Rural, vilego. Máis que praia, mar. Máis que montaña, monte. Máis que feito, a Grecia clásica. Unha utopía? Ter a miña propia sala privada de cine, cousa que xa sei imposible… Un tipo de música? Unha canción? Vivaldi e “As catro estacións”. En canto a canción, hai varias e moi variados estilos. Son un melómano moi ecléctivo. Un lugar axeitado para a lectura? Calquera se o libro é bo. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Confeso que nunha reparei niso e calquera que fose a resposta, soaría falsa. Outro entretemento ademais da lectura? Cae de caixón: cine, cine, cine... viernes 5 de diciembre de 2014