David Vaz Danta 1º Bach A
Índice
Evolución Histórica _____________________________________________________ 3
As telecomunicacións ___________________________________________________ 5
A intelixencia artificial __________________________________________________ 6
Tecnoloxías Multimedia_________________________________________________ 7
Internet: A globalización ________________________________________________ 8
A Web 2.0 ____________________________________________________________ 9
Aplicacións sociais das TICs _____________________________________________ 12
Valoración: Riscos e posibilidades ________________________________________ 14
TICS: Traballo Inicial 2
David Vaz Danta 1º Bach A
Evolución Histórica
Desde finais do século XIX ata a actualidade, as tecnoloxías da información
evolucionaron enriquecéndose mutuamente do seu desenvolvemento. As
diferentes etapas polas que pasou a tecnoloxía electrónica marcaron
importantes acontecementos da historia da documentación.
Ao mesmo tempo, o crecemento da información e a necesidade do seu
tratamento, provocaron a proliferación de liñas de investigación no campo das
Tecnoloxías da Información.
Para o estudo da evolución histórica das tecnoloxías da información partiremos
dos anos nos que comezaron a utilizarse os grandes ordenadores. O
desenvolvemento deste apartado pode abordarse desde múltiples puntos de
vista, utilizando diferentes criterios coa finalidade de limitar as distintas etapas
da súa traxectoria.
Esas etapas coincide cas innovacións tecnolóxicas que permitiron a introdución
de cambios importantes no proceso da información, sen ter en conta o seu
contido textual ou numérico.
O prematuro envellecemento que caracteriza aos equipos informáticos motivou
a súa clasificación en xeracións, de acordo a unhas características técnicas
determinadas que condicionan o desenvolvemento do software e que, en
consecuencia, implicaron a evolución do proceso documental. Deste modo na
historia dos ordenadores menciónanse cinco xeracións, aínda que en ocasións
os diferentes autores non se poñan de acordo para delimitar a fronteira entre
unha e outra xeración.
En xeral, o comezo da primeira xeración sitúase en 1951, ano da fabricación do
primeiro ordenador electrónico a escala industrial. Os equipos eran de gran
TICS: Traballo Inicial 3
David Vaz Danta 1º Bach A
tamaño, moi pesados e dun elevado consumo eléctrico. Todo iso requiría
grandes espazos e un sistema de refrixeración debido ao calor que
desprendían.
A segunda xeración chegou ca aparición do transistor (1958). Os ordenadores
fixéronse máis asequibles, aumentou a súa fiabilidade e diminuíu o tamaño dos
equipos. Ao mesmo tempo aumentou a o número de fabricantes, así como a
demanda por parte de diversas entidades que desexaban beneficiarse das
vantaxes que lles proporcionaban a Informática. Sen embargo, cando a
xeración de ordenadores viu a luz, xa existían proxectos para o
desenvolvemento da seguinte xeración.
Identifícase a terceira xeración cos ordenadores de circuítos integrados. Os
equipos de IBM 360 e o UNIVAC 1108 marcan o inicio desta xeración. Neste
período os avances conseguidos na xeración anterior, en canto a tamaño,
consumo e fiabilidade continuaron evolucionando. Aparece o concepto de
“familia” co fin de evitar a incompatibilidade existente entre ordenadores incluso
entre ordenadores, incluso entre os que pertencían a un mesmo fabricante.
Á terceira xeración débeselle o nacemento do miniordenador, e o estímulo
acerca das linguaxes de alto nivel. Convén recordar que en 1965
desenvolveuse a linguaxe Basic, que tantos éxitos conseguiu.
Os estudos do tema non chegan a un acordo respecto ao establecemento que
separan as xeracións terceira e cuarta. Non obstante, sinálanse como
características fundamentais a substitución da memoria dos núcleos de ferrita
polos chips; a miniaturización dos circuítos integrados, a importancia do disco e
o diskette nas configuracións e a aparición da pantalla como interlocutor co
usuario. Tamén proliferou o uso de unidades independentes para o manexo
das canles de entrada e saída, liberando ao ordenador central desa tarefa. É a
xeración na que proliferan os ordenadores persoais. Por último, situámonos na
quinta xeración, a partir de 1990, que corresponde ao desenvolvemento dos
chamados “ordenadores intelixentes”.
TICS: Traballo Inicial 4
David Vaz Danta 1º Bach A
As telecomunicacións
Unha telecomunicación é toda transmisión e recepción de sinais de calquera
natureza, tipicamente electromagnéticas, que conteñan sinais, sons, imaxes e,
en definitiva, calquer tipo de información que se desexe comunicar a certa
distancia.
As telecomunicacións son unha infraestruccura básica do contexto actual. A
capacidade de poder comunicar calquera orde de forma case instantánea foi
radical en moitos acontecementos históricos da Idade Contemporánea.
Ademais, a telecomunicación constitúe hoxe en día un factor social e
económico de gran relevancia. Así, estas tecnoloxías adquiren unha
importancia propia se valoramos a súa utilidade en conceptos como a
globalización ou a sociedade da información e do coñecemento; que se
complementa coa importancia das mesmas en todo tipo de actividades de
carácter mercantil, financeiro ou empresarial. Os medios de comunicación de
masas tamén se valen das telecomunicacións para compartir contidos ao
público, de gran importancia á hora de entender o concepto de sociedade de
masas.
TICS: Traballo Inicial 5
David Vaz Danta 1º Bach A
A telecomunicación inclúe moitas tecnoloxías como a radio, televisión, teléfono
e telefonía móbil, comunicacións de datos, redes informáticas ou Internet. Gran
parte destas tecnoloxías, que naceron para satisfacer todo tipo de
necesidades, enfocáronse a un consumo non especializado chamadas
tecnoloxías da información e comunicación, de gran importancia na vida diaria
das persoas, as empresas ou as institucións estatais e políticas.
A intelixencia artificial
A intelixencia artificial (IA) é unha área multidisciplinaria que, a través de
ciencias como a informática, a lóxica e a filosofía, estuda a creación e deseño
de entidades capaces de razoar por si mesmas utilizando como paradigma a
intelixencia humana.
Reúne amplos campos que teñen común a creación de máquinas capaces de
pensar. En ciencias da computación denomínase intelixencia artificial á
capacidade de razoar dun axente non vivo.
Dentro do apartado da intelixencia artificial diferenciamos os seguintes tipos:
Sistemas que pensan como humanos: Estes sistemas tratan de emular o
pensamento humano. Automatizan as actividades que vinculamos con
procesos do pensamento humano, actividades como a toma de
decisións, resolución de problemas e o a aprendizaxe.
Sistemas que actúan como humanos: Estes sistemas tratan de actuar
como humanos, é dicir, imitan o comportamento humano.
Sistemas que pensan racionalmente: É dicir, con lóxica, tratan de imitar
o pensamento lóxico racional do ser humano.
Sistemas que actúan racionalmente: Tratan de emular de forma racional
o comportamento humano. Está relacionado con condutas intelixentes
en artefactos.
TICS: Traballo Inicial 6
David Vaz Danta 1º Bach A
Tecnoloxías Multimedia
A tecnoloxía multimedia é aquela que combina o uso de arquivos de diferentes
tipos de orixe, como imaxes, vídeos, animacións, voces, música e textos. A súa
utilización converteuse nun uso estandarizado en internet e nas novas
tecnoloxías, gañando unha importante aceptación entre os usuarios debido á
interactividade que produce mediante a utilización de recursos de calidade.
Tipos de información nun sistema multimedia:
Texto.
Gráficos: utilizados para representar esquemas, planos e debuxos
lineais.
Imaxes: Son documentos formados por píxeles.
Animación: Presentación dun número de gráficos por segundo que xera
no observador a sensación de movemento.
Vídeo: Presentación dun número de imaxes por segundo, que crean no
observador a sensación de movemento.
Son: Pode ser fala, música ou outros sons.
Características dos sistemas multimedia:
Interactividade: Comunicación recíproca, acción e reacción. Se a
presentación multimedia permite ao usuario actuar sobre a secuencia,
velocidade ou calquer outro elemento do seu desenvolvemento, probas
ou alternativas que modifiquen o seu transcurso, entonces califícase a
presentación como de multimedia interactiva.
Ramificación: É a capacidade do sistema para responder ás preguntas
do usuario encontrando os datos precisos entre a multiplicidade de datos
dispoñibles.
Transparencia: A tecnoloxía debe ser tan transparente como sexa
posible, ten que permitir a utilización dos sistemas de maneira sinxela e
rápida, sen que faga falta coñecer como funciona o sistema.
Navegación: Se a presentación está construída en forma de grafo, de
modo que é posible navegar duns puntos a outros seguindo certos
elementos de enlace, entón trátase dunha creación hipermedia.
TICS: Traballo Inicial 7
David Vaz Danta 1º Bach A
Internet: A globalización
Internet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación
interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP. As súas orixes
remóntanse a 1969, cando se estableceu a primeira conexión de
computadoras, coñecida como Arpanet, entre tres universidades en Estados
Unidos.
A chegada de Internet supuxo unha revolución na vida e na comunicación dos
que lles tocou vivir nesta época. Internet culminou o proceso de informatización
que se ven desenvolvendo desde fai anos, dando lugar ao nacemento dunha
nova era. A revolución dixital permitiu que poidamos enviar texto, imaxes e
sons de forma bastante rápida. A maior revolución púxoa Internet, sobre todo
nos últimos anos, que acabou cas fronteiras da comunicación. Isto supuxo que
a cultura de distintos países se igualasen e se unan cara unha cultura común, a
cultura de masas.
Outros beneficios que supuxo Internet dentro da globalización foi o marketing e
a publicidade, logrando con Internet unha ferramenta para chegar a un
conxunto moi amplo de persoas, mellorando aínda máis o plano empresarial.
Todo isto deriva na implantación nas plataformas de comercio electrónico,
outro gran avance co que se pode conseguir todo tipo de produto sen a
necesidade de visitar unha tenda física.
En definitiva, Internet supuxo un gran avance na globalización. Un exemplo
disto é que todos os medios (televisión, prensa, radio...) concéntranse arredor
de Internet, tendo cada un a súa correspondente páxina web.
TICS: Traballo Inicial 8
David Vaz Danta 1º Bach A
A Web 2.0
O termo Web 2.0 comprende aqueles sitios web que facilitan o compartir
información, a interoperabilidade, o deseño centrado no usuario e a
colaboración na World Wide Web. Un sitio Web 2.0 permite aos usuarios
interactuar e colaborar entre si como creadores de contido xerado por usuarios
nunha comunidade virtual, a diferenza de sitios web estáticos onde os usuarios
se limitan á observación pasiva de contidos que se crearon para eles.
Exemplos da Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web as
aplicacións web, os servizos de rede social, os servizos de aloxamento de
videos, as wikis, blogs, mashups etc.
Características: A Web 2.0 caracterízase principalmente pola participación do
usuario como contribuidor activo e non só como espectador dos contidos da
Web (usuario pasivo). Isto queda reflexado en aspectos como:
O auxe dos blogs.
O auxe das redes sociais.
As webs creadas polos usuarios, usando plataformas de autoedición.
O contido agregado polos usuarios como valor clave da Web.
O etiquetado colectivo.
A importancia do “long tail”
O beta perpetuo: A Web 2.0 invéntase permanentemente.
Aplicacións web dinámicas.
TICS: Traballo Inicial 9
David Vaz Danta 1º Bach A
Servizos asociados:
Para compartir na Web 2.0 utilízanse unha serie de ferramentas, entre as que
se poden destacar:
Blogs: Un blog é un espazo web persoal no que o seu autor pode
escribir cronoloxicamente artigos, noticias (con imaxes, vídeos e
enlaces), pero ademais é un espazo colaborativo onde os lectores
tamén poden escribir os seus comentarios a cada un dos artigos que
realizou con anterioridade o autor.
Wikis: Unha wiki é un espazo web corporativo, organizado mediante
unha estrutura hipertextual de páxinas, onde varias persoas elaboran
contidos de maneira asíncrona, Basta con pulsar o botón “editar” para
acceder aos contidos e modificalos.
Redes sociais: Sitios web onde cada usuario ten unha páxina onde
publica contidos e se comunica con outros usuarios. Exemplos:
Facebook, Twitter, Tuenti, Myspace, Instagram, entre outras. Tamén
existen redes sociais profesionais, dirixidas a establecer contactos
dentro do mundo empresarial.
Entornos para compartir recursos: Entornos que nos permiten
almacenar recursos ou contidos en Internet, compartilos e visualizalos
can conveña. Constitúen unha inmensa fonte de recursos e lugares
onde publicar materiais para a súa difusión mundial. Existen diversos
tipos, segundo o contido que albergan ou o uso que se lles da:
- Documentos: Google drive e Office Web Apps (OneDrive), nos que
podemos subir os nosos documentos, compartilos e modificalos.
- Videos: Youtube, Vimeo, Dailymotion… Conteñen miles de vídeos
subidos e compartidos polos usuarios.
- Fotos: Picasa, Instagram… Permiten disfrutar e compartir as fotos.
- Agregadores de noticias: Digg, Reddit… Noticias de calquer medio
son agregadas e votadas polos usuarios.
- Almacenamento online: Dropbox, Google Drive, Skydrive.
- Presentacións: Slideshare.
- Plataformas educativas.
TICS: Traballo Inicial 10
David Vaz Danta 1º Bach A
Consecuencias da Web 2.0:
A Web 2.0 orixinou a democratización dos medios facendo que calquera
persoa teña as mesmas posibilidades de publicar noticias que un periódico
tradicional. Grupos de persoas crean blogs que ao día de hoxe reciben máis
visitas que as versións online de moitos periódicos. A Web 2.0 reduciu
considerablemente os custes de difusión da información. A día de hoxe
podemos ter gratuitamente a nosa propia emisora de radio online, o noso
periódico online, o noso canal de vídeos, etc. Ao aumentar a produción de
información aumenta a segmentación da mesma, o que equivale que os
usuarios poidan acceder a contidos que tradicionalmente non se publican nos
medios convencionais.
TICS: Traballo Inicial 11
David Vaz Danta 1º Bach A
Aplicacións sociais das TICs
As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son incuestionables e
están aí, forman parte da cultura tecnolóxica que nos rodea e coa que
debemos convivir. Amplían as nosas capacidades físicas e mentais e as
posibilidades do desenvolvemento social.
Inclúese no concepto de TIC non soamente a informática e as súas tecnoloxías
asociadas, senón que tamén os medios de comunicación de todo tipo: os
medios de comunicación social e os medios de comunicación interpersonais
tradicionais con soporte tecnolóxico como o teléfono, Fax...
As principais aplicacións das TIC son:
Fácil acceso a todo tipo de información.
Instrumentos para todo tipo de proceso de datos.
Canles de comunicación.
Almacenamento de grandes cantidades de información.
Automatización das tarefas.
Interactividade.
De todos os elementos que integran as TIC, sen dúbida o máis poderoso e
revolucionario é Internet (anteriormente comentado). Internet proporciónanos
un terceiro mundo no que podemos facer case todo o que facemos no mundo
real e ademais permítenos desenrolar novas actividades.
TICS: Traballo Inicial 12
David Vaz Danta 1º Bach A
A partir das tendencias actuais, a evolución das TIC nos próximos anos pode
estar caracterizada polos seguintes aspectos:
Progresivo aumento dos sistemas informáticos portátiles.
Progresiva difusión das pantallas planas (TFT).
Implantación das tecnoloxías inalámbricas: rato, teclado, impresoras,
redes LAN…
Xeralización das pizarras dixitais no ámbito educativo.
A expansión das TIC en todos os ámbitos e estratos da nosa sociedade
produciuse a gran velocidade, e é un proceso que continua xa que van
aparecendo sen cesar novos elementos tecnolóxicos. A progresiva diminución
dos custes da maioría dos produtos tecnolóxicos, froito do incremento dos
volumes de produción, déixase sentir nos prezos e permítenos dispoñer de
máis prestacións polos mesmo diñeiro, facilitando a introdución destas potentes
tecnoloxías en todas as actividades humanas e en todos os ámbitos
socioeconómicos.
Non obstante, a pesar destas magníficas credenciais que fan das TIC
instrumentos altamente útiles para todo tipo de persoa, e por suposto
imprescindibles para toda empresa, existen diversas circunstancias que
dificultan a súa máis ampla difusión entre todas as actividades e capas sociais.
TICS: Traballo Inicial 13
David Vaz Danta 1º Bach A
Valoración: Riscos e
posibilidades
A expansión do uso das tecnoloxías supuxo a xeración de novas normas de
relacionarse son parte da vida cotiá de nenos/as e adolescentes. Isto trae
grandes vantaxes, ao mesmo tempo require tomar medidas para que se eviten
as situacións de perigo dentro do que se lle pode chamar “o mundo da
información e da comunicación”.
Hai diversos estudos sobre usos e costumes en relación ás tecnoloxías
conclúen que os adolescentes teñen unha baixa percepción do risco ao que se
pode estar exposto en situacións vinculadas á interacción cas Tics.
Pero ao mesmo tempo, as Tics son moi beneficiosas nalgúns aspectos,
noméanse algunha posibilidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e
Comunicación a continuación:
Ampliación da oferta informativa.
Creación de entornos máis flexibles para a aprendizaxe.
Eliminación das barreiras espazo-temporais entre o profesor e os
estudantes.
Incremento das modalidades comunicativas.
Potenciación dos escenarios e entornos interactivos.
Favorecer tanto a aprendizaxe independente e a autoaprendizaxe como
o colaborativo e en grupo.
TICS: Traballo Inicial 14
David Vaz Danta 1º Bach A
Romper os clásicos escenarios informativos, limitados ás institucións
escolares.
Ofrecer novas posibilidades para a orientación e a tutorización dos
estudantes.
Facilitar unha formación permanente.
En conclusión, as Tics foron un gran avance no ámbito da información e da
comunicación, colaborando nun mundo moito máis globalizado e máis rápido
no sentido da expansión da información. Ten moitas propiedades que son moi
útiles para a humanidade, e moitas empresas se favorecen diso. Pero as Tics
tamén teñen un lado que supón un problema para as persoas que descoñecen
este “mundo”. Teñen os seus riscos e hai que coñecelos moi ben para que o
que inicialmente foi creado para beneficiar ás persoas se transforme en algo
que supoña un verdadeiro problema.
TICS: Traballo Inicial 15