Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Neoclasicismo, Goya e Romanticismo

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 77 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Similares a Neoclasicismo, Goya e Romanticismo (20)

Anuncio

Más de Dudas-Historia (20)

Más reciente (20)

Anuncio

Neoclasicismo, Goya e Romanticismo

  1. 1. NEOCLASICISMO, GOYA E ROMANTICISMO
  2. 2. NEOCLASICISMO
  3. 3. REFERENTES HISTÓRICOS. XERALIDADES • Desenvólvese dende mediados do século XVIII até principios do século XIX, coincidindo co desenvolvemento da Ilustración, a Revolución Francesa e o Imperio Napoleónico. • É unha época de oposición, por parte da Burguesía e as clases medias, ao absolutismo, á sociedade o Antigo Réxime (estamental, aristocrática…) e ao papel xogado pola Igrexa Católica ata este momento. • Será un movemento que propugne a substitución do principio de autoridade monárquica e relixiosa polo de racionalidade democrática. É unha época de introdución de novas formas de relación entre o home e as insitucións, tomando para isto como modelo a República Romana e a Atenas Clásica. • Coincide, ademais, co redescubrimento (un máis) da antigüidade clásica, gracias ás escavacións que meses momentos se estaban a realizar en Herculano e Pompeya, as cidades sepultadas polo Vesubio.
  4. 4. • A Revolución Francesa supuxo o triunfo da burguesía e a fin do Antigo Réxime. • A Revolución Industrial favoreceu a aparición da figura do proletario e deu un xiro ás estructuras económicas e produtivas. • A consolidación da burguesía e o proceso de industrialización, fomentou o aumento dos transportes e a aparición de novas fontes de enerxía, así como o crecemento das zonas urbanas, que derroubaron as súas murallas medievais. • Tras o período Napoleónico producírone as grandes revolucións sociais, que partiron de Francia, pero contaxiaron despóis a outros lugares de Europa (revolucións burguesas de 1820, 1830, 1848). • Grande crecemento demográfico: – Retroceso da mortalidade. – Aumento da produción de alimentos. – Progreso da hixiene e a medicina.
  5. 5. • Revoltas e difusión de ideais revolucionarios desembocaron no final das monarquías absolutas, ao tempo que xurdía, en moitos lugares de Europa e nas colonias americanas unha conciencia nacional, materializadas na creación de novos estados (exemplo, Grecia. 1830). • Creación de novas doutrinas sociais, debido aos problemas derivados da sociedade industrial, como o socialismo e anarquismo, así como movemento reivindicativos e revolucionarios.
  6. 6. LOCALIZACIÓN E EVOLUCIÓN ARTÍSTICA • Os focos principais foron Roma e París: – Roma foi o foco principal de busca dos principios Neoclásicos. – París tivo imporatnacia relativa durante o Neoclasicismo, aínda que durante o período romántico se converteu en lugar de referencia da arte europea. Este liderado acentuouse no terreo pictórico, no que a escola francesa influiu durante todo o século XIX. En Inglaterra se desenvolveo o prerrafaelismo.
  7. 7. • O Neoclasicismo evolucionou en paralelo á Ilustración e coexistiu desde un punto de vista teórico co final do Rococó. Non obstante, en Inglaterra, fie ao espírito clasicista, podemos identificar xa nos inicios do século XVIII un Protoneoclasicismo, principalmente na arquitectura. • En Francia, o termo Romanticismo utilizouse para referirse á pintura e para opoñelo á pintura neocláisca. De aí que os límites cronolóxicos dos movementos sexan pouco claros e se atopen mesturados en artistas dunha mesa época e en diferentes países de Europa. • Dalgún xeito, o Romanticismo do século XIX foi unha contraposición ao Neoclasicismo.
  8. 8. Neoclasicismo. Características Xerais • O Neoclasicismo é unha volta á Antigüidade Clásica, retomándoa de forma moito máis fiel que a protagonizada por retornos anteriores. • Oponse á funcionalidade e ao exceso decorativo do Barroco e do Rococó. • O Neoclasicismo preséntase como unha arte nova, sereno e equilibrado, fronte ao esgotamento das formas do Rococó, coa súa linguaxe baleira e reiterativo.
  9. 9. • O feito de que se fixen nas institucións da República Romana e da Atenas clásica fará que se adopten as formas clásicas como estilo oficial. • Este estilo preconizará o ideal grego como punto de partida de toda beleza: prefírese a arte grega, considerado máis puro que o romano. • É unha arte non cristiá: substitúe a Deus polo culto á razón. É, pois, a vertente artística da secularización da cultura (promovida pola Ilustración) e da Revolución Francesa. • A burguesía adoptará o Neoclasicismo como a súa arte e como a expresión da derrota da nobreza (condenando os seus excesos, expresados no rococó).
  10. 10. • Non se trata dunha simple imitación do mundo clásico, senón máis ben como a revisión ou a adaptación deste modelo ao mundo do século XIX. • Academicismo: Necesidade de axustarse a unhas normas establecidas polas academias. Isto coindide á perfección co espírito racionalista dos homes da Ilustración, á vez que reflicte o rexeitamento do decorativismo Rococó (manifestación do gusto da decadente aristocracia).
  11. 11. ARQUITECTURA NEOCLÁSICA • Xorde como reacción fronte ás liberdades e subxectividade da arquitectura barroca. • Imponse o racionalismo das formas neoclásicas, que se inspiran nos principios da arquitectura grecorromana. • Predominou a imitación por encima da invención, ao estar convencidos da superioridade da arte helénico. • A base da arquitectura neoclásica é a columna, triunfando a orde dórico grego; o templo helénico é imitado non só en igrexas, senón en toda clase de edificios públicos (escolas, hospitais, museos...). • Como nos tempos de Grecia, os frontóns enchéronse con estatuas. Pero a ciencia do espazo segue sendo romana. Non se soubo prescindir das bóvedas romanas. • Exemplo desta arquitectura é a IGREXA DA MADELEINE en París. En España, destacan Ventura Rodríguez e Juan de Villanueva, autor do MUSEO DO PRADO.
  12. 12. ESCULTURA NEOCLÁSICA • Inspírase directamente nos modelos da antigüidade, a través das noticias literarias, estatuas, relevos e restos conservados do mundo grecorromano: – Predomina o emprego do mármore branco como material máis puro. – Imponse o razoamento intelectual da beleza, dotándoa de certa frialdade e afastándoa notablemente do espectador. – As figuras son perfectas formalmente, pero carentes de expresividade: elimínase toda temática relacionada coa emoción, o sentimento ou a paixón. – Prescíndese de movementos violentos, escorzos e diagonais para reducir a visión a un só plano: o frontal. – Especial importancia do espido como representación ideal do ser humano. – Sobresae como novidade a escultura nos cemiterios, favorecido pola lei napoleónica de prohibir os enterramentos dentro dos recintos urbanos, principalmente nas igrexas.
  13. 13. CÁNOVA
  14. 14. PINTURA NEOCLÁSICA • A case ausencia de restos pictóricos da cultura clásica lévalles a fixar os seus ollos en Rafael e Corregio (que destacan pola súa perfección formal, a súa serenidade suave, a estudada dozura dos temas) e nas formas da escultura clásica (por iso é polo que as súas pinturas lembran á escultura helenística). • O debuxo adquire gran importancia, por influencia da escultura (os valores plásticos impóñense aos pictóricos). • Chégase a afirmar que o colorido é algo superficial. Por iso as cores utilizadas son sobrias. • Os temas, serenos e equilibrados, estarán inspirados na historia grecorromana. • O aspecto máis destacable dos cadros é a presentación do feito, non se comenta nin se interpreta; de aí a súa obxectividade e que busque conmover pola súa temática. • Perspectiva lineal, situando os personaxes nun plano único (coma nos relevos clásicos). • Fronte ao Barroco, prefírense as composicións sinxelas, centradas e sen contrastes lumínicos.
  15. 15. Jacques-Louis David • David adheriuse con total entusiasmo á Revolución Francesa: en 1792 foi un dos extremistas da Convención e un ano despois tomou parte na votación que decidiu a execución do rei. Chegou a ocupar a presidencia dos jacobinos. • Nun principio, David inspirouse en temas e personaxes clásicos (as orixes de Roma, Sócrates...) pero coa Revolución Francesa e a chegada ao poder de Napoleón considerou que estes feitos históricos estaban á altura dos heroes antigos e que, por tanto, o máis consecuente era plasmar os novos tempos. • A súa predilección polos temas heroicos e patrióticos preparaba xa o camiño á nova corrente que empezaba a perfilarse: o romanticismo.
  16. 16. O XURAMENTO DOS HORACIOS
  17. 17. • Os tres irmáns Horacios xuran ante o seu pai lealdade ao Estado e poñen a disposición a súa vida para defendelo. Nun recuncho, as mulleres mostran o seu abatemento polo que vai acontecer. • David baséase nunha traxedia inspirada á súa vez nunha historia narrada en Ab urbe condita de Perico Livio. No século VII a. C. Roma e alba Longa disputábanse o dominio da Italia central. • Para dirimir cal sería a cidade vencedora combateron tres irmáns de cada bando: os Horacios por Roma e os Curiacos por Alba Longa. O que pretendía David con este lenzo era infundir nos seus contemporáneos o sentido do deber cara á patria, a imaxe e semellanza dos Horacios. Por iso elixe o instante do xuramento, no que o orgullo patriótico é máis intenso. • En canto á composición, os tres arcos do fondo divídena en tres zonas. Os distintos grupos de personaxes permanecen xuntos, pero sen chegar a tocarse entre eles. O número tres é unha constante en toda a obra: tres arcos, tres espadas, tres irmáns, tres mulleres... • Os distintos elementos distribúense a partir de distintas formas xeométricas. A enerxía e vitalidade dos homes contrastan co abatemento das mulleres.
  18. 18. GOYA: entre a tradición e a ruptura 1746-1828 1790
  19. 19. Características Xerais da obra de Goya • Nacido en 1746, en Fuendetodos (Zaragoza) morre en 1828, mostrando na súa evolución unha íntima relación coa historia do seu tempo. Nacido en pleno século XVIII, na época en que predomina o estilo Rococó e iníciase o Neoclasicismo, morre cando xa apunta o movemento romántico. Por iso é imposible encadralo dentro dun só movemento artístico. • CARACTERÍSTICAS DA OBRA DE GOYA: – Grande evolución, tanto temática como na factura e na cor: • desde temas alegres e amables aos máis dramáticos e patéticos. • desde un perfecto acabado do debuxo ata a factura máis solta e desfeita. • desde unha paleta rica e clara á presenza dominadora e abafadora do negro. – Son tan distintas as obras da súa primeira etapa e do seu período final que parecen obras de artistas distintos: • Gran variedade temática froito dunha extraordinaria imaxinación chea de fantasía: costumistas, infantís, patrióticos, relixiosos, taurinos, retratos, etc. • É unha arte de contrastes, pasando con facilidade da festa ao aquelarre, do real ao fantástico. • No medio da época neoclásica (na que se subliña a importancia do debuxo, a parquedad de cor, o estatismo) Goya prefire o movemento e a cor, impoñéndose ao debuxo. Para el pintar “non é engadir cor a un debuxo, senón compoñer, crear, e en definitiva, dar vida coa cor mesmo”. • Goya foi un cronista do mundo que lle rodeaba, interpretándoo cunha sorprendente orixinalidade. En boa parte da súa obra presta atención ao pobo, ao principio en festas e algarabías, máis tarde como protagonista de terribles sufrimentos. Tampouco esquece ás clases acomodadas, burguesas ou aristocráticas.
  20. 20. Evolución Artística • Primeira Etapa (1763-1792) • Segunda Etapa (1792-1808) • Terceira Etapa (1808-1828)
  21. 21. Primeira Etapa (1763-1792) • Estará marcada polo optimismo e a cor. • Inicia a súa formación en Zaragoza, nun estilo aínda dentro do último barroco, de grande influencia italiana (onde viaxa). • Xa en Madrid, entrará a formar parte do grupo de pintores de cartóns da Real Fábrica de tapices de Santa Bárbara. • As súas obras son dun costumismo idealizado: temas cotiáns, festas populares... todo iso con cores claras e luminosas. • Exemplos de cartóns para tapices son A PRADERÍA DE SAN ISIDRO ou O QUITASOL. • Outras obras desta etapa son o CRISTO CRUCIFICADO e A FAMILIA DO DUQUE DE OSUNA, exemplo de retrato colectivo.
  22. 22. 1772
  23. 23. 1786 1779
  24. 24. 1778 (p. 326)
  25. 25. 1792
  26. 26. 1788
  27. 27. 1788
  28. 28. Segunda Etapa (1792-1808) • Despois dunha viaxe a Cádiz volve xordo, iniciando un proceso de illamento e introspección. Isto agudizará o seu espírito de observación, que será un dos fundamentos do seu costumismo crítico. É unha primeira dor, unha dor persoal, que lle levará a centrarse nos aspectos máis negativos da sociedade, desenvolvendo unha actitude crítica e amarga. A esta crise física ha de unirse a crise moral, motivada polo amor non correspondido pola duquesa de Alba e pola decepción política que supuxo o desenvolvemento da Revolución Francesa, que termina co Terror de Rosbespierre e máis tarde coa ditadura de Napoleón Bonaparte. • Continuando coas obras relixiosas, aínda que xa nesta segunda etapa, destaca as que realiza na BÓVEDA DA ERMIDA DE SAN ANTONIO DA FLORIDA.
  29. 29. • É nesta época cando Goya comeza o seu inmenso labor gráfico, da que conservamos preto dun milleiro de gravados. A maior parte dos seus gravados agrúpanse en series (os “Caprichos”, os “Desastres da Guerra”, a “Tauromaquia” e os “Disparates”). Estas tres últimas xa na última etapa. • Un dos xéneros que máis cultivará retrato. Será o retratista de moda, polo que recibirá unha avalancha de encargos, espléndida galería de personaxes do seu tempo. Exemplo de retrato colectivo é a FAMILIA DE CARLOS IV, que ten parangón coas Meninas de Velázquez. Tamén desta época é A MAJA, unha figura espuda que, a diferenza de obras como a Venus do espello de Velázquez, que é o seu precedente, non se xustifica con alusións á mitoloxía, senón que se axusta estritamente á realidade, sem engadir á obra mais lectura que a dun retrato da duquesa de Alba.
  30. 30. 1795
  31. 31. 1799
  32. 32. • Goya reflicte nalgúns dos seus cadros e na serie de gravados “Os Caprichos”, unha visión crítica do fanatismo relixioso e a superstición da España do seu tempo.
  33. 33. 1800
  34. 34. 1800 (p. 327) 
  35. 35. Terceira Etapa (1808-1828) • En 1808 iníciase a terceira etapa, na que será a dor colectiva o que lle faga profundar no dramático e violento. Será provocado pola Guerra da Independencia, que intensificará o seu pesimismo. Chegará a ser pintor de José I, o que lle valerá a acusación de afrancesado (algo moi discutible). • En 1814 presenta ao Consello de Regencia a solicitude para ilustrar episodios sobresalientes da insurrección de Madrid contra os franceses. Serán dous cuadros históricos, pero que carecen do acento oficial que adoita caracterizar a este xénero, xa que non reflicte a heroes nin personaxes importantes, senón ao pobo de Madrid que combate e morre por defender o seu país. Un é O 2 DE MAIO DE 1808 EN MADRID: A CARGA DOS MAMELUCOS. O outro, O 3 DE MAIO OU OS FUSILAMENTOS DA MONCLOA (NA MONTAÑA DE PRÍNCIPE PÍO)
  36. 36.  P. 330
  37. 37. • Tamén realizou unha dura crítica contra a inxustiza e a perversidade dos invasores franceses nos dous cadros de denuncia máis característicos da súa produción.
  38. 38.  P. 328-329
  39. 39. 1814
  40. 40. 1816
  41. 41. 1823
  42. 42. ca. 1823 P. 332
  43. 43. • Desta última época son os cadros de corridas de touros e a serie de gravados titulada Tauromaquia. Goya achegou unha nova técnica de gravado, a litografía.
  44. 44. • Pintada no exilio francés, a Leiteira de Burdeos anticipa o Impresionismo.
  45. 45. SÉCULO XIX ROMANTICISMO Géricault Delacroix
  46. 46. Contexto Histórico • É un movemento artístico que se desenvolve durante a primeira metade do século XIX. Tras a caída de Napoleón prodúcese a consolidación dos réximes da Restauración monárquica. Estes tentarán borrar os vestixios da Revolución Francesa. Desta forma, o romanticismo converterase en bandeira das novas xeracións que aspiran a cambiar o mundo existente por medio dunha revolución en todos os campos. • A crise interna dos sistemas que tentaran acabar co Antigo Réxime provoca a perda de fe na Razón como paradigma capaz por si só de organizar a vida dos homes en sociedade. Como consecuencia prodúcese o rexeitamento á razón, pasando a conceder un valor primordial ao sentimento. O romanticismo é, ante todo, unha maneira de sentir. Exaltarase o misterioso e o pasional, a liberdade e o patriotismo, e a evasión cara a un pasado afastado, que adoita ser a Idade Media. • Con todo, o estilo non foi acollido con simpatía nos círculos conservadores, cuxo “bo gusto” e sentido da harmonía e beleza non era compatible cos novos postulados. Da mesma maneira que as monarquías restauradas, que pretendían volver aos principios do absolutismo, non podían admitir o liberalismo burgués.
  47. 47. Pintura Romántica • Ruptura dos convencionalismos neoclásicos (composición anticlásica) e a uniformidade estilística. Non hai normas establecidas, reflectindo cada obra a personalidade do autor. • Rexeitamento do predominio da razón. Fronte a iso exáltanse os sentimentos: o misterioso, paixóns desbordadas, o exótico, épocas afastadas... • Compromiso histórico: inclusión de temas de guerra ou desastres, a liberdade, o patriotismo... • Composicións dinámicas e movementos violentos. • Técnica solta cun colorido cálido e luces brillantes, que priman sobre o debuxo.
  48. 48. A BALSA DA MEDUSA. GERICAULT
  49. 49. • Con esta obra iníciase o Romanticismo pictórico francés. É un cadro denuncia ou cadro manifesto: aborda un feito real ocorrido o 1816, o naufraxio da fragata “ Medusa” en augas de Senegal. O capitán e os oficiais decidiron utilizar os botes salvavidas e desentendéronse dos mariñeiros, que consideraban socialmente inferiores. Os naúfragos construíron unha balsa e permaneceron á deriva 13 días. Das 150 persoas só 15 sobreviviron. Géricault plasma o momento no que os naúfragos tratan de chamar a atención do barco que os terminará rescatando. A obra pretendía denunciar a hipocrisía do réxime da Restauración, corrupto e retrógrado. O resultado foi esta impresionante alegoría dunha Francia á deriva despois da caída de Napoleón. • O predominio de cores cálidas permite o achegamento sensorial e emocional á obra. • Un foco de luz ilumina violentamente a escena e provoca un claroscuro contrastado (aprendeu esta técnica de Caravaggio). • A composición é triangular, de clara influencia barroca. Os mortos na base, no medio os enfermos e moribundos, e na cúspide os que axitan os panos para ser rescatados. É un símbolo do camiño desde a desesperación á esperanza. Os personaxes están dispostos de tal maneira que parece que se penetren no cadro e afástense do espectador.
  50. 50. A LIBERDADE GUIANDO AO POBO. DELACROIX
  51. 51. • Delacroix sentiu unha gran atracción por Miguel Ángel e a terribilitá dos seus personaxes, que soubo plasmar excepcionalmente nas súas obras. O tratamento da cor da escola veneciana tamén deixou pegada nas súas creacións. Pero a quen máis valorou foi a Rubens, de quen imitou a súa vitalidade desbordante e a súa profusión decorativa. Obras súas son A LIBERDADE GUIANDO AO POBO e A MORTE DE SARDANÁPALO.

×