3. CEIP SACO E ARCE de Toén – Ourense O cambio climático non é unha película de ciencia ficción... é unha realidade. Cando o ser humano decidiu dominar a terra sen importarlle o prezo que debía pagar, A Natureza foise envelenando e contaminando sen límite, provocando o aumento da temperatura do planeta. Xeramos grandes cantidades de lixo . Derribamos árbores para usar papel e contribuímos á deforestación . Cada vez fai falta máis terra cultivable porque o mundo está densamente poboado ... Sabedes cales son os gases de efecto invernadoiro? Son o dióxido de carbono, metano e óxido nitroso; Sen eles non sería posible a vida no planeta, xa que impiden que parte do calor solar regrese ao espacio. Pero cando aumenta o seu volume sen parar, provocan unhas temperaturas elevadas e modifican o clima.