SlideShare a Scribd company logo
1 of 61
ESPAÑA UNHA ECONOMÍA
DE SERVIZOS
16 A TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA
17 TRANSPORTES E COMUNICACIÓN
18 OS ESPAZOS TURÍSTICOS
XEOGRAFÍA 2º BACH
ESQUEMA DA UNIDADE
 1. TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADE
DO BENESTAR.
 2. DISTRIBUCIÓN COMERCIAL E ESPAZOS DO
CONSUMO.
 3. OS SERVIZOS FINANCEIROS A SÚA
ORGANIZACIÓN ESPACIAL E A BALANZA DE
PAGAMENTOS.
 4. TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS.
 5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS.
5.1. PAISAXES TURÍSTICAS.
VOCABULARIO
 BALANZA DE PAGAMENTOS: rexistra todos os intercambios económicos que se
levan a cabo entre os axentes económicos residentes no país e os do resto do
mundo, nun período concreto, xeralmente un ano. España soe pechar a súa
balanza de pagamentos con resultados positivos (excedentaria) grazas as divisas
(diñeiro pertencente a un país estranxeiro) que achega o turismo.
 ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que se
desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e as leis e normativas
laborais. Por exemplo, actividades do sector terciario banal ou marxinal que se
practican en España son a venda ambulante ou a servizo doméstico.
 ECOTURISMO: turismo que visita espazos naturais e que ten como base o
respecto do medio. O Parque natural de Doñana (Huelva) ou o Parque Natural
Illas Cíes son dous exemplos de ecoturismo en España.
 FRANQUICIA: Un tipo de comercio onde unha empresa franqueadora cede a outras
(cha-madas franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certo
prestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anual e de impoñer determinadas
condicións (características dos locais, os produtos vendidos, os prezos ou
estratexias comer-ciais). Este tipo de negocio está en rápido crecemento e conta con
máis de 700 franquías en España (tendas de moda, bares e restaurantes de comida
rápida).
 PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE (PEIT): Plan de
investimentos elaborado polo Ministerio de Fomento no ano 2005, cuxo obxectivo
principal entre 2005-2020 é impulsar a competitividade e o desenvolvemento
económico español. Os maiores investimentos do Plan están dirixidos ao ferrocarril
(50% del total). As estradas son o segundo gran destino das inversións (25,2%),
seguido so transporte aéreo (6,3%) e marítimo e portos (9,4%).
 TAXAS AEROPORTUARIAS: valor que se lle cobra aos pasaxeiros do transporte
aéreo polo uso das instalacións aeroportuarias.
 TOUROPERADORES: empresa que proxecta, elabora e organiza paquetes turísticos
(viaxes, hoteis, itinerarios) e estadías de grades grupos de turistas, para a venda ao
público a través de axencias retallistas. En España o influxo das grandes axencias
de viaxes ou touroperadores, promocionou determinadas zonas (Eivisa, Illas
Baleares, Canarias) en detrimento de outras.
1
TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADE DO
BENESTAR
(pregunta teórica)
 Sector servizos e o proceso de terciarización da
economía en España e Galicia.
a) Características do sector terciario.
b) Causas da terciarización.
c) Contrastes na localización dos servizos.
a) O proceso de terciarización da economía
española
 O sector terciario ou de servizos comprende unha ampla variedade de
actividades de todo tipo, que teñen en común non producir bens materiais
de ningunha clase senón estar dedicadas a satisfacer necesidades, tanto
da poboación , en xeral, coma das empresas.
 Desde hai xa case tres décadas, pódese dicir que España ten unha
economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos
e a produción que se xera no país proceden deste sector. A tendencia é que
esta proporción continúe aumentando nos próximos anos, tal e como ocorre
en todos os países do noso medio. Por iso adóitase afirmar que en España
vivimos un proceso de terciarización da economía. (Proceso de
crecemento das actividades que comprende o sector terciario ou de
servizos, ata convertérense nos predominantes nun territorio. É
característico das sociedades máis desenvolvidas.)
 É un proceso recente porque en 1960, os traballadores dos
servizos eran algo menos do 30% dos ocupados en España, o que
supoñía unha cifra similar á da industria inferior á do sector primario.
 Nas tres últimas décadas, o sector servizos xerou 8,8 millóns máis
de postos de traballo, que se sumaron aos 1,3 millóns xurdidos na
construción e compensaron as perdas producidas tanto no sector
primario (-1,8 millóns de traballadores) coma no sector da industria
(-0,2 millóns de traballadores).
 Ese crecemento do emprego está tamén moi relacionado coa
crecente incorporación da muller ao emprego remunerado, pois
máis do 85% das que traballan, fano sector servizos, por so un 10%
que están empregadas na industria, un 3% no sector agrario e un
2% na construción.
 Pola súa parte, dentro do sector servizos, un 53% dos seus
traballadores son mulleres fronte ao 47% de homes. Por iso
podemos dicir que boa parte da terciarización é reflexo da
incorporación da muller ao mundo laboral.
b) Causas do crecemento dos servizos
 O rápido crecemento que experimentaron as actividades de servizos é
o resultado de profundas transformacións que viviu a sociedade
española, que hoxe presenta as seguintes características:
• É unha sociedade de consumo, en que o aumento do nivel de
renda elevou a capacidade de compra e, con isto, o desenvolvemento
do comercio e toda unha serie de servizos destinados á poboación.
• É unha sociedade do benestar, en que aumentou a oferta de todo
tipo de servizos sociais (educativos, sanitarios, culturais, deportivos...),
ofrecidos por institucións públicas e privadas.
• É unha sociedade do ocio, en que aumenta á importancia do
turismo e de diversos servizos relacionados co gozo do tempo libre
(hostalaría, restauración ou espectáculos).
• É unha sociedade capitalista avanzada, en que o sector financeiro e de
seguros ocupa un lugar destacado no control dos cartos e o crédito, básicos
para o funcionamento das empresas e o propio consumo familiar.
• É unha sociedade do coñecemento, en que cobran protagonismo unha
serie servizos avanzados que melloran a calidade e competitividade das
empresas (enxeñaría, deseño, servizos informáticos, asesoría
técnica...), xunto a centros de investigación e centros tecnolóxicos para
promover a I+D (investigación e desenvolvemento tecnolóxico).
• É unha sociedade rede, en que tanto as persoas coma os produtos ou a
información, teñen cada vez maior mobilidade, xerando densas redes de
fluxos ás que os territorios queren estar conectados, o que aumenta a
demanda de todo tipo de transportes e telecomunicacións.
• É unha sociedade regulada, porque a súa complexidade esixe unha
administración pública eficaz que xestione o seu funcionamento.
Todo isto supón unha gran diversidade de servizos, desde os máis
especializados e modernos ata os máis tradicionais e precarios.
Servizos sociais
Servizos á Poboación
Servizos ás empresas e finanzas
Servizos de distribución
Porcentaxe de poboación ocupada en servizos
En España predominan os servizos de distribución, que inclúen o comercio, os
transportes e as comunicacións. Xunto cos servizos á poboación de baixa
produtividade, suman o 55% do emprego total en servizos.
Son máis escasos, en cambio, os empregos en servizos sociais (educación,
sanidade, cultura etc.), así como en finanzas e servizos ás empresas (enxeñaría,
consultoria, asesoramento legal, servizos informáticos, publicidade e marketing
etc.).
Iso reflicte certas limitacións no proceso de modernización do sector terciario e no
acceso da poboación a servizos moi relacionados co benestar, que está cambiando
c) Contrastes na localización dos
servizos
 A localización do emprego en actividades de servizos mostra
importantes diferenzas se se considera o volume total de persoas
ocupadas nas diferentes provincias. As de Madrid, Barcelona e
Valencia concentran case 5 millóns de empregos, equivalentes a
máis dunha terceira parte do total, seguidas por outras provincias
litorais, xunto a Sevilla e Zaragoza.
 Se se considera en cambio a proporción do emprego terciario
sobre o total, as diferenzas diminúen, cos valores máis altos en
Madrid, o litoral mediterráneo (agás Cataluña) e ambos os
arquipélagos.
Esta distribución relaciónase coa influencia de diversos factores:
 Relaciónase coa repartición da poboación e o seu nivel de renda, pois a maioría
destas actividades buscan estar cerca dos seus clientes potenciais e, polo
tanto, aumentan en territorios con altas densidades e elevado nivel de ingresos.
 Inflúe a presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do
turismo, sobre todo nas áreas litorais, pois iso engade un volume importante de
consumidores dalgúns tipos de servizos.
 A densidade de empresas no territorio, pois son as principais demandantes
dalgúns servizos (transporte, telecomunicacións, servizos informáticos, xurídicos, de
mantemento e reparación)
 As administracións central, autonómica e local distribúense por todo o
territorio, pero a presenza de funcionarios e contratados nelas é maior naquelas
provincias e cidades onde se localiza a capitalidade nacional ou autonómica.
En resumo, os servizos teñen hoxe unha grande importancia e dinamismo, ata
converse na principal fonte de emprego actual e para o futuro. Por esa razón, e
porque as diferentes actividades tamén mostran diversas tendencias de
localización, xeran paisaxes específicas e, en ocasións, son fonte de impactos
negativos; a Xeografía interésase cada vez máis por este sector.
PRÁCTICO :
a) Importancia do sector servizos en España
b) Distribución territorial do emprego
c) Factores da devandita distribución.
 a) Importancia do sector servizos en España. Desde hai xa case tres décadas , pódese dicir que o
Estado español ten unha economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos e
a produción que se xera proceden deste sector. A tendencia é que esta proporción continúe
aumentando nos próximos anos, tal como ocorre no resto de Europa. Por iso falamos dun proceso de
“terciarización” da economía.
É un proceso recente porque en 1960 os empregos nos servizos eran algo menos do 30% das
persoas ocupadas, o que suponía unha cifra parecida á da industria e inferior ao do sector primario.
Este crecemento do emprego está tamén moi relacionado coa incorporación da muller ao emprego
remunerado, pois máis do 85% fano no sector servizos.
Outros datos económicos reflexo deste proceso son a achega dos servizos ao PIB (69,53% no 2004 )
ou a poboación ocupada censada neste sector (64,52% en 2004).
 b) Distribución territorial do emprego. O emprego no sector terciario correspóndese coas
provincias con maior poboación e con maior densidade de empresas. O emprego no sector terciario é
maior nas comunidades autónomas cun peso importante do turismo, como Illas Baleares, Canarias e
Andalucía, e noutras que concentran un grande número de servizos públicos e funcionan como
centros reitores do país, como Madrid. Pola contra, no resto das comunidades, a presenza do sector
terciario é menor (en Murcia, Castela – A Mancha, Navarra e A Rioxa danse as porcentaxes máis
baixas de emprego neste sector; isto débese a que as actividades do sector primario e da industria
teñen un maior peso relativo). Hai casos excepcionais, como Ceuta e Melilla, nos que o emprego no
sector terciario rolda o 90%, debido á ausencia doutras actividades produtivas.
 c) Factores da devandita distribución. Están relacionados con:
‐ A repartición da poboación e o seu nivel de renda.
‐ A presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, que engade
un volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos.
‐ A densidade de empresas no territorio.
‐ O peso das administracións central, autonómica e local, coa presenza de funcionarios e persoal
2
DISTRIBUCIÓN
COMERCIAL E
ESPAZOS DO
CONSUMO
Importancia e evolución recente do comercio
O comercio é a actividade que actúa como intermediaria entre a produción e o
consumo, ben en puntos de venda localizados no territorio ou de forma electrónica, a
través de internet. Resulta de grande importancia na economía de calquera país por
varias razóns:
 É necesaria para o desenvolvemento dunha economía de mercado.
 Xera densos fluxos de mercadorías, capital e información entre áreas produtoras e
consumidores.
 Xera gran cantidade de postos de traballo.
En España representa arredor do 15% do PIB e da ocupación total no país. O
número de locais comerciais actualmente duplica o existente en 1970.
As características do emprego comercial máis significativas son:
 Case o 40% dos que traballan no comercio ségueno facendo en pequenos
establecementos familiares que non superan os 5 empregos (en competencia crecente
coas grandes empresas).
 A presenza da muller é moi elevada, pois supón case a metade (48,5%) de todos os
postos ocupados.
 Case unha terceira parte son empregos temporais e o resto fixos, o que supón un grao
de precariedade bastante elevado.
Tipos de actividades comerciais
Se distinguen dous tipos de comercios:
 Comercios por xunto, aqueles que lles
compran aos produtores, polo xeral en grandes
cantidades, para vender a outros comercios sen
entrar en contacto directo cos consumidores.
 Comercios retallistas, que compran por xunto
e venden ao detalle, é dicir, en pequenas
cantidades e directamente aos
consumidores, todo tipo de produtos.
En España, o comercio por xunto
representa soamente o 25% das empresas de
distribución comercial, pero o seu maior tamaño
permítelles alcanzar, pola contra, case 50% do
valor ou riqueza que se xera. En cambio, o
comercio retallista é moito máis numeroso, pero
de tamaño máis reducido; aínda que nos últimos
anos, tamén xurdiron empresas de maior
dimensión, localizadas a miúdo en grandes
superficies comerciais.
Transformacións recentes no comercio
retallista
Aínda que o comercio retallista é unha actividade de
longa tradición, na actualidade estanse producindo importantes
cambios na súa organización:
 Hai unha concentración de empresas, ao diminuír o número
do pequeno comercio familiar en beneficio de grandes firmas
comerciais, as veces de capital estranxeiro, que poden
competir con vantaxe (prezos máis baixos, compra a prazos,
publicidade etc.).
 Simplifícanse algunhas canles de distribución, pois esas
empresas actúan, á vez, como comerciantes por xunto e
retallistas, porque lles compran directamente aos produtores
en grandes cantidades e lles venden aos consumidores outros
intermediarios.
 Apareceron diversas formas de comercio asociado, en que
as pequenas empresas comerciais se unen (arredor dunha
marca común, nun mesmo local) para poderen competir coas
grandes.
 Nas dúas últimas décadas difundiuse o uso das novas
tecnoloxías de información: uso xeneralizado de tarxetas de
crédito, códigos de barras, comercio electrónico a través de
Pautas de localización do comercio retallista
Os comercios localízanse alí onde hai clientes potenciais, polo que se
distribúen por todo o territorio. Non obstante, a súa densidade, calidade e variedade
son maiores nas rexións máis poboadas e con maior nivel de renda  as
grandes cidades, e dentro destas, as áreas centrais e barrios con grupos sociais de
maiores ingresos. O turismo tamén aumenta a súa presenza nas áreas litorais e os
arquipélagos.
 Barcelona e Madrid son as provincias con maior número de comercios, xunto con
Valencia e Sevilla. Aquí están tamén os de maior tamaño, polo que o seu volume de
vendas tamén é o máis elevado.
 Pero entre as primeiras provincias tamén están outras tipicamente turísticas como
Alacant, Málaga, Murcia ou Baleares.
 Respecto ao número de empregados por cada mil habitantes, Baleares (57,3) e
Canarias (54,0) están na cabeza, moi por riba da media española (42,9). En cambio,
pola súa cifra de negocios destacan Madrid e Cataluña, onde se localizan moitas
grandes empresas.
Os diversos tipos de áreas comerciais
Áreas de
comercio
retallista
tradicional
Grandes
Almacéns
Establecementos
de libre servizo
Centros
comerciais e
cadeas de
franquía
Áreas de comercio retallista tradicional
 Segue sendo o máis numeroso, con locais de
pequeno tamaño en que traballa o seu
propietario, as veces coa axuda familiar e
dalgúns vendedores asalariados.
 Dispérsase por todo o territorio, pero a súa
localización varía segundo a calidade, prezo e
especialización dos produtos que venden:
 Os comercios de alimentación e outros bens de
primeira necesidade encóntranse en case todas
as localidades e barrios urbanos, polo que a súa
área de mercado é reducida.
 Os comercios especializados, que ofrecen
produtos máis caros e de consumo menos
frecuente, só se atopan en núcleos maiores e nos
centros das cidades, polo que a súa área de
mercado é máis extensa.
Grandes almacéns
 Son establecementos que se organizan por seccións e
departamentos especializados e adoitan estar situados en
edificios de varias alturas, sobre todo no centro das
cidades e nas súas rúas máis representativas.
 Xurdiron en Francia a mediados do século XIX, e os
primeiros abertos en España localizáronse en Barcelona
(Almacenes Capitolio, en 1916). O seu maior crecemento
produciuse a partir dos anos sesenta do pasado século,
co crecemento da economía e a capacidade de compra
da poboación, en competencia co comercio tradicional.
Desde mediados da década seguinte, o liderado osténtao
a empresa El Corte Inglés, xurdida en Madrid en 1935.
 O éxito deste tipo de establecementos asociase á gran
variedade de produtos e servizos que ofrecen, ademais
de contar con vendedores especializados que poden
asesorar ó cliente. Non obstante, considérase unha forma
comercial "madura", de crecemento xa reducido fronte a
outros competidores.
Establecementos de libre servizo
 Nos establecementos de libre servizo -xurdidos nos anos sesenta do século XX- desaparece
a figura do vendedor, e os clientes elixen os produtos, xeralmente envasados ou
empaquetados que se distribúen en expositores, pagando na caixa ao finalizar a súa compra.
 Os autoservizos son os de menor tamaño (ata 400 m2), e aparecen en todo tipo de núcleos
de poboación; mentres, os supermercados (400-2500 m2) son xa característicos das cidades,
pois esixen maior volume de clientes. Neste tipo de establecementos, predominan os produtos
de alimentación xunto a outros complementarios. Son preto de 32 000 en toda España, coas
provincias máis poboadas na cabeza: Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia concentran unha
terceira parte do total. A estas seguen outras de gran desenvolvemento turístico como Alacant,
Málaga e as dúas provincias canarias.
 Os hipermercados teñen un tamaño aínda maior (máis de 2 500 m2), e a súa oferta é máis
variada. Xunto aos produtos de alimentación, atopamos tamén artigos do fogar, roupa e
calzado. Tratan de atraer unha gran cantidade de consumidores, pola variedade da súa oferta
e uns prezos relativamente inferiores aos do pequeno comercio. Isto conségueno ao mercar
elevadas cantidades directamente aos produtores, ao ser grandes empresas (Carrefour,
Auchan, Eroski, Hipercor, Mercadona). En España, estes establecementos xurdiron nos
anos setenta, e xa son 625. A metade deles concéntranse en so dez provincias, e Madrid e
Barcelona sitúanse na cabeza. Adóitanse localizar nas periferias urbanas, xunto a grandes
vías de comunicación e con amplas superficies de aparcadoiro para vehículos privados, que
son o medio máis utilizado para acceder a este tipo de espazos.
Distribución dos
centros
comerciais
www.aedecc.com
Centros comerciais e cadeas de franquía
Estes comercios, que xurdiron nos Estados Unidos a mediados do século
pasado, apareceron en España tamén nos anos setenta do século XX, e presentan
as seguintes características:
 Agrupan nun mesmo edificio, de superficie superior aos 1000 m2, moitas pequenas
tendas independentes acompañadas por algún grande almacén, supermercado ou
hipermercado, xunto a outros servizos de ocio (bares e
restaurantes, cines, axencias de viaxes).
 Son propiedade dalgún gran grupo inmobiliario, e teñen unha xestión unitaria
(administración, vixilancia, limpeza).
 Trátase de espazos privados e vixiados, cun ambiente que anima a consumir; o seu
éxito converteunos nos espazos de consumo e ocio máis característicos da nosa
época.
 En España, só había 19 centros comerciais en 1980, e 96 en 1990; hoxe, existen xa
487 centros, que ocupan 12 millóns de metros cadrados.
Cadeas de franquía
 A maioría de negocios que se localizan nestes centros
pertencen a cadeas de franquías, un tipo de comercio onde
unha empresa franqueadora cede a outras (chamadas
franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de
certo prestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anual
e de impoñer determinadas condicións (características dos
locais, os produtos vendidos, os prezos, estratexias comerciais
etc.).
 Este tipo de negocio está en rápido crecemento, á custa do
tradicional pequeno comercio independente; conta con máis de
700 franquías en España, que ocupan 63000 locais e
empregan 260 000 traballadores. Sobre todo trátase de tendas
de moda, bares e restaurantes de comida rápida así como
de supermercados de alimentación.
 A súa localización limítase case en exclusiva aos centros
comerciais e as rúas principais dos centros das
cidades, tipificando esas novas paisaxes do consumo cada vez
máis estandarizadas, dominadas polas mesmas marcas, os
mesmos produtos e o mesmos tipos de locais.
3
OS SERVIZOS FINANCEIROS, A
SÚA ORGANIZACIÓN ESPACIAL
E A BALANZA DE PAGAMENTOS
O sector financeiro español
O sector financeiro é clave para o desenvolvemento económico por
varios motivos:
 Capta os aforros dos cidadáns e os excedentes das empresas, concedendo
logo créditos para financiar o consumo da poboación (vivendas, automóbiles),
así como para a actividade diaria das empresas.
 É unha actividade que crece coa economía no seu conxunto, polo que a súa
dimensión actual chegou a ser moi importante: en España supón máis de 250
000 empregos e participa co 18% no PIB español.
 Os xuros e comisións que cobra o sector financeiro pola súa actividade xeran
importantes beneficios, polo que lle permitiu adquirir importantes participacións
noutros sectores (industrial, enerxético).
 Por todo isto, un mal funcionamento do sector financeiro, que supoña a perda de
confianza dos aforradores ou provoque restricións e encarecemento do crédito,
repercute negativamente sobre todas as actividades, e pode provocar crises
económicas importantes como a do ano 1929 ou a xurdida no 2008.
O sistema bancario en España compóñeno tres tipos de entidades
financeiras: os bancos, as caixas de aforro e as cooperativas de crédito.
 Bancos: os bancos son empresas privadas que teñen por obxectivo a obtención
de beneficios para os seus propietarios.
 Caixas de aforro: son entidades de crédito similares aos bancos, pero teñen
entre os seus obxectivos o xuro público, polo que dedican parte do seu beneficio
a fins culturais e sociais. Na actualidade, debido a crise financeira están a
fusionarse e converterse en bancos.
 Cooperativas de crédito: xurdiron para apoiar pequenos aforradores e
iniciativas locais, e teñen menor importancia ca as anteriores. As cooperativas de
crédito pertencen aos seus socios depositantes, que, á súa vez, se benefician
dos seus servizos financeiros. (FIARE en Galicia)
Un sector en rápida transformación
Un sector en crise
É unha actividade moi afectada pola globalización do capital e a
creación da moeda única na Unión Europea, o que provocou importantes
cambios:
1) Procesos de concentración para enfrontar a libre competencia
nos mercados o que provoca frecuentes fusións e absorcións. Como
resultado, só dous grupos bancarios españois (Santander Central
Hispano e Bilbao Vizcaya Argentaría) reúnen 60% da cifra total do
negocio bancario.
2) Forte internacionalización coa compra de bancos noutros países,
que ten como como contrapartida a entrada da banca estranxeira en
España, o que aumenta a competencia.
3) Intensa renovación tecnolóxica, que aumenta a eficiencia que
reduce empregos coa proliferación de caixeiros automáticos e a banca
electrónica a través de internet como principais exemplos.
Características do mapa financeiro español
 Hai décadas as oficinas financeiras eran pouco numerosas e
localizábanse dentro das cidades de maior tamaño, nos centros de
negocios. Isto correspondía a un modelo de localización moi polarizado,
o desenvolvemento económico español supuxo unha multiplicación do
número de oficinas, ata chegar as 44 000 no ano 2010, o que
representa aproximadamente unha por la mil habitantes, a cifra máis alta
dentro da Unión Europea.
 As oficinas dispersábanse por todo o territorio para intentar a captación
do maior número de clientes posible. Non obstante, a cantidade de
empregos non aumentou coa mesma rapidez, pola xeneralización dos
caixeiros automáticos e a banca electrónica, onde se opera a través de
Internet.
 "En España habrá que cerrar 10 oficinas bancarias al día en los
próximos tres años para dejar la red en un volumen de entre 25.000 y
30.000 oficinas, un tamaño más adecuado a la realidad del país". Esta
es la principal conclusión del estudio ¿Tiene futuro la red de oficinas
bancarias?, realizado en el IEB en el marco del Executive Máster en
Distribución das oficinas financeiras e o seu crecemento (SM)
A distribución do sector financeiro no territorio non é homoxénea, pois persisten
importantes contrastes espaciais:
 As sedes ou oficinas centrais, onde se encontra o persoal directivo e se toman as
decisións fundamentais de cada entidade financeira, concéntranse cada vez máis nas
grandes cidades. No caso dos bancos, das 150 sedes existentes no país, Madrid concentra
a gran maioría, con 118, por só 9 sedes en Barcelona e 4 en Bilbao.
 Con respecto ao número de sucursais, as provincias de Barcelona e Madrid teñen unha
cantidade parecida, e entre ambas reúnen unha cuarta parte do total, ao seren areas con
elevada densidade de poboación. Hai numerosas empresas que requiren os servizos
financeiros destas sucursais. Valencia, Biscaia, Alacant, Sevilla, A Coruña, Málaga e Murcia
seguen en importancia, pero a repartición xeral está bastante equilibrada respecto as cifras
de habitantes.
 En cambio, as áreas máis dinámicas na apertura de novas oficinas son as zonas turísticas
do Mediterráneo, os dous arquipélagos de Baleares e Canarias e Madrid, mentres o seu
número se reduce en provincias interiores que perden poboación (Soria, Segovia, Cuenca).
Hai dous mapas financeiros que se superpoñen:
 O poder de decisión concéntrase cada vez máis nas grandes metrópoles, especialmente nos
seus centros de negocios onde están as sedes das principais entidades.
 As sucursais de bancos e caixas de aforro dispérsanse por todo o territorio español, ante a
competencia por captar aqueles clientes que están localizados nas súas proximidades.
Balanza de pagamentos
 O intercambio comercial con outros países é importante para a
economía dun país, e o volume dese intercambio, reflectido na
balanza de pagamentos, é un indicador do desenvolvemento
socioeconómico
 A balanza de pagamentos rexistra todos os intercambios
económicos que se levan a cabo entre os axentes económicos
residentes no país e os do resto do mundo, nun período
concreto, xeralmente un ano.
 Desagrégase en balanza por conta corrente, balanza por conta de
capital e balanza por conta financeira.
 España soe pechar a súa balanza de pagamentos con resultados
positivos (excedentaria) grazas as divisas (diñeiro pertencente a un
país estranxeiro) que achega o turismo.
4
TRANSPORTES
E COMUNICACIÓNS.
O transporte na economía española
O transporte é unha peza clave na economía de calquera país:
 O resto de actividades económicas (agricultura, industria) necesitan do transporte
de mercadorías, xa que deben adquirir elementos de produción para levar a cabe
a súa actividade ou situar os seus produtos finais nos mercados.
 Para que a economía funcione de forma eficiente, tamén é necesario o transporte
de viaxeiros (traballadores, consumidores , ocio).
 Coa globalización aumentou a importancia do transporte na economía: as novas
formas de produción globalizadas (deslocalización) provocaron un
desenvolvemento sen precedentes do sector do transporte.
 Coa progresiva implantación das prácticas yust in time as empresas xa non
almacenan grandes cantidades dos elementos de produción necesarios para a súa
actividade, xa que isto lles supón un elevado gasto, e esixen que estes lles sexan
subministrados a medida que os van necesitando.
 A produción faise así cada vez máis dependente do transporte: a ruptura da cadea
de subministración (por exemplo, por unha folga dos transportistas da estrada)
supón que nun breve período de tempo se interrompa a produción nas fábricas por
falta de su suministracións (por exemplo, na industria do automóbil).
Estrutura do transporte na economía
española
O nivel de importancia do transporte na economía española pode ser medido por un
conxunto de indicadores referidos á produción, o emprego, o investimento e o consumo:
 As actividades de transporte xeran arredor do 4% do PIB español, e o 3,5% do emprego total
do noso país. A maior parte do emprego corresponde ao transporte por
estrada, especialmente condutores de camións.
 As infraestruturas de transporte constitúen unha condición necesaria aínda que non suficiente
para o desenvolvemento económico español. Por isto, o Estado dedica unha boa parte dos
seus orzamentos a investimentos en estradas, ferrocarrís, portos e aeroportos. A
dispoñibilidade de fondos europeos para o investimento en infraestruturas facilitou o
desenvolvemento destas no noso país. As maiores partidas dedícanse á construción de
autovías e liñas de alta velocidade ferroviaria.
 Consumo das familias. Unha importante parte do presuposto das familias españolas dedícase
ao ámbito do transporte. A maior parte dese gasto familiar corresponde á compra de
vehículos para o transporte persoal e ao combustible e mantemento destes.
 Consumo de enerxía. O transporte é responsable de case a metade da enerxía total
consumida no noso país, por diante da industria e dos fogares. No caso concreto do petróleo
-do que España depende do exterior case por completo-, esa porcentaxe é aínda maior.
 Dado que o consumo de enerxía está ligado as emisións á atmosfera, o transporte é unha
actividade altamente contaminante. Por iso, e para diminuír a dependencia enerxética
exterior, a actual política de transportes española pretende desviar tráficos desde os modos
A demanda de transporte en España
 Ao longo das últimas décadas, produciuse un grande incremento da demanda de transporte
en España. Deste xeito, entre 1950 e o momento actual, o tráfico de viaxeiros multiplicouse
por 32 e o de mercadorías fíxoo por 181. Pero non todos os modos de transporte
experimentaron unha evolución similar, e hoxe existen significativas diferenzas.
 O transporte por estrada e, en menor medida, o aéreo creceron máis ca o ferrocarril e o
marítimo. En 1950, o ferrocarril situábase por riba da estrada tanto en viaxeiros coma en
mercadorías.
 Hoxe, a estrada é, con gran diferenza, o modo de transporte dominante. Isto explícase
porque permite establecer conexións porta por porta, sen ter que utilizar outros modos
complementarios (nas viaxes por ferrocarril e transporte aéreo ou marítimo é necesario
utilizar outro modo para acceder a estacións, aeroportos ou portos).
 O ferrocarril reduciu a súa participación no transporte de mercadorías a unha porcentaxe
moi baixa -actualmente, céntrase no transporte de cargas pesadas e voluminosas-, pero o
transporte de viaxeiros aínda mantén unha cota de mercado algo máis alta, debido sobre todo
ao éxito das novas liñas de trens de alta velocidade e o transporte de proximidades nas
grandes cidades.
 O transporte aéreo é cada vez máis utilizado polos viaxeiros para desprazamentos entre
distancias relativamente longas ou para voos as illas ou entre elas, pero resulta moi caro para
o tráfico de mercadorías, que utilizan máis a vía marítima por ser máis económica e de maior
capacidade de carga ca o transporte por avión.
 PEIT
 http://www.rodadebara.org/xp_ca/html/PlaEstr
ategicTransport.pdf
 Vocabulario:
http://www.slideshare.net/ghavilan/vocabulario
-geografa
Comunicacións
 Páx. 347-348
PRÁCTICOS
5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS.
5.1. PAISAXES TURÍSTICAS.
5.2. IMPACTOS E POLÍTICAS DE
ORDENACIÓN.
1.- Atendendo ao documento, conteste
(puntuación máxima de 4 puntos):
a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos do
documento e as súas capitais (1punto).
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
 Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto).
 Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1
punto).
 Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1
punto).
a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos do
documento e as súas capitais (1 punto).
 Costa do Sol: Andalucía: Sevilla;
 Costa Brava: Cataluña: Barcelona;
 Illa de Lanzarote: Canarias: Sta. Cruz de Tenerife e Las Palmas de Gran
Canaria
 Pireneo catalán: Cataluña: Barcelona
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto).
Gráfico lineal utilizado para representar a variable da ocupación hoteleira
estacional nalgunhas zonas turísticas de España durante os distintos meses do
ano 2005.
 No eixo horizontal aparecen representados os meses do ano, e no eixo vertical
a porcentaxe de ocupación hoteleira correspondente a cada una das zonas
representadas (Costa do Sol, Costa Brava, Illa de Lanzarote e Pireneo catalán),
utilizando diferentes cores para identificar cada unha delas.
 Os datos recollidos para elaborar a gráfica proveñen dunha enquisa sobre
ocupación hoteleira realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1
punto).
 A liña verde representa un tipo de turismo de montaña (Pireneo catalán)
que ten unha estacionalidade máis acusada que o turismo de sol e praia,
con dous máximos. Nas áreas de montaña practícase un turismo invernal
asociado ás estacións de esquí que explica por qué a ocupación máis baixa
se rexistra aquí na primavera e outono.
 O pico de ocupación de verán nas áreas de montaña prodúcese a causa
dun incremento do turismo rural e ecolóxico, vinculado á práctica de
actividades de contacto coa natureza que máis recentemente se veñen
potenciando (sendeirismo, montañismo, rutas verdes,…).
 As condicións climatolóxicas tamén xustifican as diferenzas entre o Pireneo
catalán e as demais localizacións, malia que na illa de Lanzarote a
estacionalidade é menor, debido á continuidade relativa das condicións
meteorolóxicas (clima subtropical) ao longo do ano.
Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1 punto).
Entre as consecuencias negativas podemos destacar:
 A dependencia das condicións meteorolóxicas, especialmente significativa
nas áreas de montaña, onde a redución de días de neve pode diminuír a
utilización das instalacións.
 No nivel social, o predominio dos contratos temporais causa o aumento do
paro en tempada baixa.
 No ámbito económico, a dependencia extrema do sector turístico é moi
significativa.
 No aspecto ambiental, o predominio do turismo de sol e praia produce unha
deterioración da liña de costa e urbanización masiva (grandes
infraestruturas como portos deportivos, espigóns, peirao…), a destrución de
paisaxes singulares, a sobreexplotación de recursos, conflitos polo uso do
solo e da auga –sobre todo con usos agrarios e industriais, especialmente
no Mediterráneo-, contaminación mariña, vertido de residuos e
sobreexplotación de infraestruturas. A precariedade dos propios
establecementos hoteleiros pode repercutir na contaminación visual do
contorno.
2.- Atendendo ao documento, conteste
(puntuación máxima de 4 puntos):
a) Comente brevemente a paisaxe turística: tipo, localización, orixes e
características (1 punto):
b) Comente a gráfica seguindo as pautas:
- Factores de desenvolvemento turístico en España (1 punto):
- Países de orixe e rexións de destino do turismo internacional (1 punto):
- Impactos do turismo e políticas de ordenación (1 punto):
 El grafico de líneas representa la evolución del número de visitantes (en millones) y de ingresos por
turismo (en millones de euro) en España entre 1955 y 2007, según los datos del Instituto de Estudios
Turísticos. Los visitantes incluyen a los turistas, que pernoctan al menos una noche y tienen una
estancia superior a 24H, y a los excursionistas, que no pernoctan y permanecen menos de 24H en el
país.
 La evolución de los visitantes y de los ingresos por turismo ha experimentado una tendencia creciente a
lo largo del periodo, excepto en momentos puntuales ligados a crisis económicas, que inciden muy
directamente sobre las actividades de ocio, que son las primeras en suprimirse en estas épocas.
 El inicio del despegue del turismo se sitúa en 1959, cuando aparece en España una concepción del
turismo como factor de desarrollo. El primer periodo de incremento de los visitantes y de los ingresos
turísticos corresponde a la década de 1960. Las causas fueron el crecimiento económico de Europa
occidental, que permitió a los trabajadores disfrutar de tiempo y dinero para el ocio, y las condiciones
favorables que ofrecía España: proximidad geográfica a playas, veranos secos y calurosos, recursos
culturales y bajo coste de la peseta en 1959.
 Entre 1973 y 1985 los turistas y los ingresos por turismo ralentizaron el crecimiento. Las causas fue la
crisis económica motivada por la crisis energética de 1973, con el encarecimiento del precio del
petróleo.
 A partir de 1985, se recupera el ritmo ascendente de turistas y de ingresos turísticos, excepto durante el
breve periodo de la crisis económica de principios de la década de los noventa. Las causas son el
encarecimiento de la oferta española y, al mismo tiempo, el surgimiento de nuevos destinos turísticos
atractivos en Europa y en el ámbito del Mediterráneo: Croacia, países árabes, norte de África
(Marruecos, Túnez, Egipto). Se trata de destinos con los que España no podía competir en cuanto a
precios. Esto obligó iniciar una reconversión del sector, que nos condujera a un nuevo modelo turístico
basado en la calidad de la oferta y la sostenibilidad.
 Las consecuencias de la gran afluencia de visitantes y de ingresos turísticos entre 1955 y 2006 se
manifiestan en todos los ámbitos: demográfico, poblamiento económico, político, social, medioambiental
y territorial.
 En el futuro, la evolución de los visitantes y de los ingresos dependerá de la capacidad del sector de
Diversidade de paisaxes turísticas
Orientacións para o comentario:
 a) Relación entre a evolución do turismo
internacional e o desenvolvemento turístico de
España.
 b) Causas do descenso do turismo
internacional en 2009.
 c) Factores que explican o destino do turismo
internacional por comunidades autónomas.
a) Relación entre a evolución do turismo internacional e o desenvolvemento turístico de España
España comeza o seu desenvolvemento turístico na década dos sesenta e convértese nun dos 3
principais
destinos do turismo internacional. Ese crecemento inicial debeuse a unha serie de cambios nos países
do
resto de Europa (sobre todo da Europa Occidental) que son os principais centros emisores do turismo
que
chega a España: aumento das rendas familiares, mellores prestacións sociais (vacacións,
pensións de
xubilación), a posibilidade de utilización de varios sistemas de transporte e a súa mellora paulatina.
Xurdimento de grandes compañías internacionais (touroperadores).
E en canto ao destino, España presentaba unha serie de vantaxes: proximidade, menor nivel de
vida que
os países emisores e, polo tanto, prezos baixos, situación no Mediterráneo (condicións
climáticas
favorables), riqueza patrimonial, seguridade, mellora das infraestruturas do transporte e
desenvolvemento da demanda interna para aumentar a oferta. No caso do arquipélago canario, a súa
situación permite ter unha tempada turística durante todo o ano. O principal atractivo é o litoral
(modelo
b) Causas do descenso do turismo internacional no 2009.
No ano 2009 a tendencia de crecemento continuado do turismo internacional que chega a España
rompe
debido á crise económica mundial que afecta de modo moi particular aos países da Unión
Europea, os
principais emisores. A crise de confianza a raíz dos atentados islámicos en España.
c) Factores que explica o destino do turismo internacional por comunidades autónomas.
O litoral mediterráneo e os dous arquipélagos son o principal destino do turismo internacional, que
busca sol e mar; as condicións climáticas son moi importantes, ata o punto de dirixir parte do turismo
de
poboación xubilada cara ao litoral do Mediterráneo durante a tempada de inverno. A atracción de
Madrid
débese ao patrimonio cultural, do mesmo xeito que a da cidade de Barcelona, o turismo non é só
europeo senón de Estados Unidos e Xapón.
 http://estrabon.files.wordpress.com/2008/05/pr
acticast13.pdf
 http://webs.ono.com/2geografia/terciario.html

More Related Content

Similar to España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:Gloria Martínez Marín
 
O Sector servizos en España
O Sector servizos en EspañaO Sector servizos en España
O Sector servizos en Españaprofesor historia
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicascaruncho
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicascaruncho
 
Os espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri PérezOs espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri Pérezpuribouzas
 
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaModelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaMarcelino Fernández Mallo
 
Tema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiaTema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiapablokatt
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
UD 12 O sistema urbano 3ª parte
UD 12 O sistema urbano 3ª parteUD 12 O sistema urbano 3ª parte
UD 12 O sistema urbano 3ª partexeografiando
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESOaialo1
 
Sector terciario
Sector terciarioSector terciario
Sector terciarioMANEIRO
 
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformaciónTema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformaciónRosacidgalante
 
Presentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoPresentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoGabitorren
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...Marcelino Fernández Mallo
 

Similar to España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS (20)

Tema 5. 3º Eso
Tema 5. 3º EsoTema 5. 3º Eso
Tema 5. 3º Eso
 
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
ud6
ud6ud6
ud6
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
O Sector servizos en España
O Sector servizos en EspañaO Sector servizos en España
O Sector servizos en España
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
Os espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri PérezOs espazos de servizos. Puri Pérez
Os espazos de servizos. Puri Pérez
 
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaModelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
 
Tema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografiaTema 10 traballo xeografia
Tema 10 traballo xeografia
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
UD 12 O sistema urbano 3ª parte
UD 12 O sistema urbano 3ª parteUD 12 O sistema urbano 3ª parte
UD 12 O sistema urbano 3ª parte
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESO
 
Sector terciario
Sector terciarioSector terciario
Sector terciario
 
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformaciónTema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
 
Presentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoPresentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de goberno
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Recently uploaded (12)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

  • 1. ESPAÑA UNHA ECONOMÍA DE SERVIZOS 16 A TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA 17 TRANSPORTES E COMUNICACIÓN 18 OS ESPAZOS TURÍSTICOS XEOGRAFÍA 2º BACH
  • 2. ESQUEMA DA UNIDADE  1. TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADE DO BENESTAR.  2. DISTRIBUCIÓN COMERCIAL E ESPAZOS DO CONSUMO.  3. OS SERVIZOS FINANCEIROS A SÚA ORGANIZACIÓN ESPACIAL E A BALANZA DE PAGAMENTOS.  4. TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS.  5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS. 5.1. PAISAXES TURÍSTICAS.
  • 3. VOCABULARIO  BALANZA DE PAGAMENTOS: rexistra todos os intercambios económicos que se levan a cabo entre os axentes económicos residentes no país e os do resto do mundo, nun período concreto, xeralmente un ano. España soe pechar a súa balanza de pagamentos con resultados positivos (excedentaria) grazas as divisas (diñeiro pertencente a un país estranxeiro) que achega o turismo.  ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e as leis e normativas laborais. Por exemplo, actividades do sector terciario banal ou marxinal que se practican en España son a venda ambulante ou a servizo doméstico.  ECOTURISMO: turismo que visita espazos naturais e que ten como base o respecto do medio. O Parque natural de Doñana (Huelva) ou o Parque Natural Illas Cíes son dous exemplos de ecoturismo en España.
  • 4.  FRANQUICIA: Un tipo de comercio onde unha empresa franqueadora cede a outras (cha-madas franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certo prestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anual e de impoñer determinadas condicións (características dos locais, os produtos vendidos, os prezos ou estratexias comer-ciais). Este tipo de negocio está en rápido crecemento e conta con máis de 700 franquías en España (tendas de moda, bares e restaurantes de comida rápida).  PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE (PEIT): Plan de investimentos elaborado polo Ministerio de Fomento no ano 2005, cuxo obxectivo principal entre 2005-2020 é impulsar a competitividade e o desenvolvemento económico español. Os maiores investimentos do Plan están dirixidos ao ferrocarril (50% del total). As estradas son o segundo gran destino das inversións (25,2%), seguido so transporte aéreo (6,3%) e marítimo e portos (9,4%).  TAXAS AEROPORTUARIAS: valor que se lle cobra aos pasaxeiros do transporte aéreo polo uso das instalacións aeroportuarias.  TOUROPERADORES: empresa que proxecta, elabora e organiza paquetes turísticos (viaxes, hoteis, itinerarios) e estadías de grades grupos de turistas, para a venda ao público a través de axencias retallistas. En España o influxo das grandes axencias de viaxes ou touroperadores, promocionou determinadas zonas (Eivisa, Illas Baleares, Canarias) en detrimento de outras.
  • 5. 1 TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADE DO BENESTAR (pregunta teórica)  Sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España e Galicia. a) Características do sector terciario. b) Causas da terciarización. c) Contrastes na localización dos servizos.
  • 6. a) O proceso de terciarización da economía española  O sector terciario ou de servizos comprende unha ampla variedade de actividades de todo tipo, que teñen en común non producir bens materiais de ningunha clase senón estar dedicadas a satisfacer necesidades, tanto da poboación , en xeral, coma das empresas.  Desde hai xa case tres décadas, pódese dicir que España ten unha economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos e a produción que se xera no país proceden deste sector. A tendencia é que esta proporción continúe aumentando nos próximos anos, tal e como ocorre en todos os países do noso medio. Por iso adóitase afirmar que en España vivimos un proceso de terciarización da economía. (Proceso de crecemento das actividades que comprende o sector terciario ou de servizos, ata convertérense nos predominantes nun territorio. É característico das sociedades máis desenvolvidas.)
  • 7.  É un proceso recente porque en 1960, os traballadores dos servizos eran algo menos do 30% dos ocupados en España, o que supoñía unha cifra similar á da industria inferior á do sector primario.  Nas tres últimas décadas, o sector servizos xerou 8,8 millóns máis de postos de traballo, que se sumaron aos 1,3 millóns xurdidos na construción e compensaron as perdas producidas tanto no sector primario (-1,8 millóns de traballadores) coma no sector da industria (-0,2 millóns de traballadores).  Ese crecemento do emprego está tamén moi relacionado coa crecente incorporación da muller ao emprego remunerado, pois máis do 85% das que traballan, fano sector servizos, por so un 10% que están empregadas na industria, un 3% no sector agrario e un 2% na construción.  Pola súa parte, dentro do sector servizos, un 53% dos seus traballadores son mulleres fronte ao 47% de homes. Por iso podemos dicir que boa parte da terciarización é reflexo da incorporación da muller ao mundo laboral.
  • 8. b) Causas do crecemento dos servizos  O rápido crecemento que experimentaron as actividades de servizos é o resultado de profundas transformacións que viviu a sociedade española, que hoxe presenta as seguintes características: • É unha sociedade de consumo, en que o aumento do nivel de renda elevou a capacidade de compra e, con isto, o desenvolvemento do comercio e toda unha serie de servizos destinados á poboación. • É unha sociedade do benestar, en que aumentou a oferta de todo tipo de servizos sociais (educativos, sanitarios, culturais, deportivos...), ofrecidos por institucións públicas e privadas. • É unha sociedade do ocio, en que aumenta á importancia do turismo e de diversos servizos relacionados co gozo do tempo libre (hostalaría, restauración ou espectáculos).
  • 9. • É unha sociedade capitalista avanzada, en que o sector financeiro e de seguros ocupa un lugar destacado no control dos cartos e o crédito, básicos para o funcionamento das empresas e o propio consumo familiar. • É unha sociedade do coñecemento, en que cobran protagonismo unha serie servizos avanzados que melloran a calidade e competitividade das empresas (enxeñaría, deseño, servizos informáticos, asesoría técnica...), xunto a centros de investigación e centros tecnolóxicos para promover a I+D (investigación e desenvolvemento tecnolóxico). • É unha sociedade rede, en que tanto as persoas coma os produtos ou a información, teñen cada vez maior mobilidade, xerando densas redes de fluxos ás que os territorios queren estar conectados, o que aumenta a demanda de todo tipo de transportes e telecomunicacións. • É unha sociedade regulada, porque a súa complexidade esixe unha administración pública eficaz que xestione o seu funcionamento. Todo isto supón unha gran diversidade de servizos, desde os máis especializados e modernos ata os máis tradicionais e precarios.
  • 10. Servizos sociais Servizos á Poboación Servizos ás empresas e finanzas Servizos de distribución Porcentaxe de poboación ocupada en servizos En España predominan os servizos de distribución, que inclúen o comercio, os transportes e as comunicacións. Xunto cos servizos á poboación de baixa produtividade, suman o 55% do emprego total en servizos. Son máis escasos, en cambio, os empregos en servizos sociais (educación, sanidade, cultura etc.), así como en finanzas e servizos ás empresas (enxeñaría, consultoria, asesoramento legal, servizos informáticos, publicidade e marketing etc.). Iso reflicte certas limitacións no proceso de modernización do sector terciario e no acceso da poboación a servizos moi relacionados co benestar, que está cambiando
  • 11. c) Contrastes na localización dos servizos  A localización do emprego en actividades de servizos mostra importantes diferenzas se se considera o volume total de persoas ocupadas nas diferentes provincias. As de Madrid, Barcelona e Valencia concentran case 5 millóns de empregos, equivalentes a máis dunha terceira parte do total, seguidas por outras provincias litorais, xunto a Sevilla e Zaragoza.  Se se considera en cambio a proporción do emprego terciario sobre o total, as diferenzas diminúen, cos valores máis altos en Madrid, o litoral mediterráneo (agás Cataluña) e ambos os arquipélagos.
  • 12. Esta distribución relaciónase coa influencia de diversos factores:  Relaciónase coa repartición da poboación e o seu nivel de renda, pois a maioría destas actividades buscan estar cerca dos seus clientes potenciais e, polo tanto, aumentan en territorios con altas densidades e elevado nivel de ingresos.  Inflúe a presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, sobre todo nas áreas litorais, pois iso engade un volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos.  A densidade de empresas no territorio, pois son as principais demandantes dalgúns servizos (transporte, telecomunicacións, servizos informáticos, xurídicos, de mantemento e reparación)  As administracións central, autonómica e local distribúense por todo o territorio, pero a presenza de funcionarios e contratados nelas é maior naquelas provincias e cidades onde se localiza a capitalidade nacional ou autonómica. En resumo, os servizos teñen hoxe unha grande importancia e dinamismo, ata converse na principal fonte de emprego actual e para o futuro. Por esa razón, e porque as diferentes actividades tamén mostran diversas tendencias de localización, xeran paisaxes específicas e, en ocasións, son fonte de impactos negativos; a Xeografía interésase cada vez máis por este sector.
  • 13. PRÁCTICO : a) Importancia do sector servizos en España b) Distribución territorial do emprego c) Factores da devandita distribución.
  • 14.  a) Importancia do sector servizos en España. Desde hai xa case tres décadas , pódese dicir que o Estado español ten unha economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos e a produción que se xera proceden deste sector. A tendencia é que esta proporción continúe aumentando nos próximos anos, tal como ocorre no resto de Europa. Por iso falamos dun proceso de “terciarización” da economía. É un proceso recente porque en 1960 os empregos nos servizos eran algo menos do 30% das persoas ocupadas, o que suponía unha cifra parecida á da industria e inferior ao do sector primario. Este crecemento do emprego está tamén moi relacionado coa incorporación da muller ao emprego remunerado, pois máis do 85% fano no sector servizos. Outros datos económicos reflexo deste proceso son a achega dos servizos ao PIB (69,53% no 2004 ) ou a poboación ocupada censada neste sector (64,52% en 2004).  b) Distribución territorial do emprego. O emprego no sector terciario correspóndese coas provincias con maior poboación e con maior densidade de empresas. O emprego no sector terciario é maior nas comunidades autónomas cun peso importante do turismo, como Illas Baleares, Canarias e Andalucía, e noutras que concentran un grande número de servizos públicos e funcionan como centros reitores do país, como Madrid. Pola contra, no resto das comunidades, a presenza do sector terciario é menor (en Murcia, Castela – A Mancha, Navarra e A Rioxa danse as porcentaxes máis baixas de emprego neste sector; isto débese a que as actividades do sector primario e da industria teñen un maior peso relativo). Hai casos excepcionais, como Ceuta e Melilla, nos que o emprego no sector terciario rolda o 90%, debido á ausencia doutras actividades produtivas.  c) Factores da devandita distribución. Están relacionados con: ‐ A repartición da poboación e o seu nivel de renda. ‐ A presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, que engade un volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos. ‐ A densidade de empresas no territorio. ‐ O peso das administracións central, autonómica e local, coa presenza de funcionarios e persoal
  • 16. Importancia e evolución recente do comercio O comercio é a actividade que actúa como intermediaria entre a produción e o consumo, ben en puntos de venda localizados no territorio ou de forma electrónica, a través de internet. Resulta de grande importancia na economía de calquera país por varias razóns:  É necesaria para o desenvolvemento dunha economía de mercado.  Xera densos fluxos de mercadorías, capital e información entre áreas produtoras e consumidores.  Xera gran cantidade de postos de traballo. En España representa arredor do 15% do PIB e da ocupación total no país. O número de locais comerciais actualmente duplica o existente en 1970. As características do emprego comercial máis significativas son:  Case o 40% dos que traballan no comercio ségueno facendo en pequenos establecementos familiares que non superan os 5 empregos (en competencia crecente coas grandes empresas).  A presenza da muller é moi elevada, pois supón case a metade (48,5%) de todos os postos ocupados.  Case unha terceira parte son empregos temporais e o resto fixos, o que supón un grao de precariedade bastante elevado.
  • 17. Tipos de actividades comerciais Se distinguen dous tipos de comercios:  Comercios por xunto, aqueles que lles compran aos produtores, polo xeral en grandes cantidades, para vender a outros comercios sen entrar en contacto directo cos consumidores.  Comercios retallistas, que compran por xunto e venden ao detalle, é dicir, en pequenas cantidades e directamente aos consumidores, todo tipo de produtos. En España, o comercio por xunto representa soamente o 25% das empresas de distribución comercial, pero o seu maior tamaño permítelles alcanzar, pola contra, case 50% do valor ou riqueza que se xera. En cambio, o comercio retallista é moito máis numeroso, pero de tamaño máis reducido; aínda que nos últimos anos, tamén xurdiron empresas de maior dimensión, localizadas a miúdo en grandes superficies comerciais.
  • 18. Transformacións recentes no comercio retallista Aínda que o comercio retallista é unha actividade de longa tradición, na actualidade estanse producindo importantes cambios na súa organización:  Hai unha concentración de empresas, ao diminuír o número do pequeno comercio familiar en beneficio de grandes firmas comerciais, as veces de capital estranxeiro, que poden competir con vantaxe (prezos máis baixos, compra a prazos, publicidade etc.).  Simplifícanse algunhas canles de distribución, pois esas empresas actúan, á vez, como comerciantes por xunto e retallistas, porque lles compran directamente aos produtores en grandes cantidades e lles venden aos consumidores outros intermediarios.  Apareceron diversas formas de comercio asociado, en que as pequenas empresas comerciais se unen (arredor dunha marca común, nun mesmo local) para poderen competir coas grandes.  Nas dúas últimas décadas difundiuse o uso das novas tecnoloxías de información: uso xeneralizado de tarxetas de crédito, códigos de barras, comercio electrónico a través de
  • 19. Pautas de localización do comercio retallista Os comercios localízanse alí onde hai clientes potenciais, polo que se distribúen por todo o territorio. Non obstante, a súa densidade, calidade e variedade son maiores nas rexións máis poboadas e con maior nivel de renda  as grandes cidades, e dentro destas, as áreas centrais e barrios con grupos sociais de maiores ingresos. O turismo tamén aumenta a súa presenza nas áreas litorais e os arquipélagos.  Barcelona e Madrid son as provincias con maior número de comercios, xunto con Valencia e Sevilla. Aquí están tamén os de maior tamaño, polo que o seu volume de vendas tamén é o máis elevado.  Pero entre as primeiras provincias tamén están outras tipicamente turísticas como Alacant, Málaga, Murcia ou Baleares.  Respecto ao número de empregados por cada mil habitantes, Baleares (57,3) e Canarias (54,0) están na cabeza, moi por riba da media española (42,9). En cambio, pola súa cifra de negocios destacan Madrid e Cataluña, onde se localizan moitas grandes empresas.
  • 20.
  • 21. Os diversos tipos de áreas comerciais Áreas de comercio retallista tradicional Grandes Almacéns Establecementos de libre servizo Centros comerciais e cadeas de franquía
  • 22. Áreas de comercio retallista tradicional  Segue sendo o máis numeroso, con locais de pequeno tamaño en que traballa o seu propietario, as veces coa axuda familiar e dalgúns vendedores asalariados.  Dispérsase por todo o territorio, pero a súa localización varía segundo a calidade, prezo e especialización dos produtos que venden:  Os comercios de alimentación e outros bens de primeira necesidade encóntranse en case todas as localidades e barrios urbanos, polo que a súa área de mercado é reducida.  Os comercios especializados, que ofrecen produtos máis caros e de consumo menos frecuente, só se atopan en núcleos maiores e nos centros das cidades, polo que a súa área de mercado é máis extensa.
  • 23. Grandes almacéns  Son establecementos que se organizan por seccións e departamentos especializados e adoitan estar situados en edificios de varias alturas, sobre todo no centro das cidades e nas súas rúas máis representativas.  Xurdiron en Francia a mediados do século XIX, e os primeiros abertos en España localizáronse en Barcelona (Almacenes Capitolio, en 1916). O seu maior crecemento produciuse a partir dos anos sesenta do pasado século, co crecemento da economía e a capacidade de compra da poboación, en competencia co comercio tradicional. Desde mediados da década seguinte, o liderado osténtao a empresa El Corte Inglés, xurdida en Madrid en 1935.  O éxito deste tipo de establecementos asociase á gran variedade de produtos e servizos que ofrecen, ademais de contar con vendedores especializados que poden asesorar ó cliente. Non obstante, considérase unha forma comercial "madura", de crecemento xa reducido fronte a outros competidores.
  • 24. Establecementos de libre servizo  Nos establecementos de libre servizo -xurdidos nos anos sesenta do século XX- desaparece a figura do vendedor, e os clientes elixen os produtos, xeralmente envasados ou empaquetados que se distribúen en expositores, pagando na caixa ao finalizar a súa compra.  Os autoservizos son os de menor tamaño (ata 400 m2), e aparecen en todo tipo de núcleos de poboación; mentres, os supermercados (400-2500 m2) son xa característicos das cidades, pois esixen maior volume de clientes. Neste tipo de establecementos, predominan os produtos de alimentación xunto a outros complementarios. Son preto de 32 000 en toda España, coas provincias máis poboadas na cabeza: Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia concentran unha terceira parte do total. A estas seguen outras de gran desenvolvemento turístico como Alacant, Málaga e as dúas provincias canarias.  Os hipermercados teñen un tamaño aínda maior (máis de 2 500 m2), e a súa oferta é máis variada. Xunto aos produtos de alimentación, atopamos tamén artigos do fogar, roupa e calzado. Tratan de atraer unha gran cantidade de consumidores, pola variedade da súa oferta e uns prezos relativamente inferiores aos do pequeno comercio. Isto conségueno ao mercar elevadas cantidades directamente aos produtores, ao ser grandes empresas (Carrefour, Auchan, Eroski, Hipercor, Mercadona). En España, estes establecementos xurdiron nos anos setenta, e xa son 625. A metade deles concéntranse en so dez provincias, e Madrid e Barcelona sitúanse na cabeza. Adóitanse localizar nas periferias urbanas, xunto a grandes vías de comunicación e con amplas superficies de aparcadoiro para vehículos privados, que son o medio máis utilizado para acceder a este tipo de espazos.
  • 26. Centros comerciais e cadeas de franquía Estes comercios, que xurdiron nos Estados Unidos a mediados do século pasado, apareceron en España tamén nos anos setenta do século XX, e presentan as seguintes características:  Agrupan nun mesmo edificio, de superficie superior aos 1000 m2, moitas pequenas tendas independentes acompañadas por algún grande almacén, supermercado ou hipermercado, xunto a outros servizos de ocio (bares e restaurantes, cines, axencias de viaxes).  Son propiedade dalgún gran grupo inmobiliario, e teñen unha xestión unitaria (administración, vixilancia, limpeza).  Trátase de espazos privados e vixiados, cun ambiente que anima a consumir; o seu éxito converteunos nos espazos de consumo e ocio máis característicos da nosa época.  En España, só había 19 centros comerciais en 1980, e 96 en 1990; hoxe, existen xa 487 centros, que ocupan 12 millóns de metros cadrados.
  • 27. Cadeas de franquía  A maioría de negocios que se localizan nestes centros pertencen a cadeas de franquías, un tipo de comercio onde unha empresa franqueadora cede a outras (chamadas franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certo prestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anual e de impoñer determinadas condicións (características dos locais, os produtos vendidos, os prezos, estratexias comerciais etc.).  Este tipo de negocio está en rápido crecemento, á custa do tradicional pequeno comercio independente; conta con máis de 700 franquías en España, que ocupan 63000 locais e empregan 260 000 traballadores. Sobre todo trátase de tendas de moda, bares e restaurantes de comida rápida así como de supermercados de alimentación.  A súa localización limítase case en exclusiva aos centros comerciais e as rúas principais dos centros das cidades, tipificando esas novas paisaxes do consumo cada vez máis estandarizadas, dominadas polas mesmas marcas, os mesmos produtos e o mesmos tipos de locais.
  • 28. 3 OS SERVIZOS FINANCEIROS, A SÚA ORGANIZACIÓN ESPACIAL E A BALANZA DE PAGAMENTOS
  • 29. O sector financeiro español O sector financeiro é clave para o desenvolvemento económico por varios motivos:  Capta os aforros dos cidadáns e os excedentes das empresas, concedendo logo créditos para financiar o consumo da poboación (vivendas, automóbiles), así como para a actividade diaria das empresas.  É unha actividade que crece coa economía no seu conxunto, polo que a súa dimensión actual chegou a ser moi importante: en España supón máis de 250 000 empregos e participa co 18% no PIB español.  Os xuros e comisións que cobra o sector financeiro pola súa actividade xeran importantes beneficios, polo que lle permitiu adquirir importantes participacións noutros sectores (industrial, enerxético).  Por todo isto, un mal funcionamento do sector financeiro, que supoña a perda de confianza dos aforradores ou provoque restricións e encarecemento do crédito, repercute negativamente sobre todas as actividades, e pode provocar crises económicas importantes como a do ano 1929 ou a xurdida no 2008.
  • 30. O sistema bancario en España compóñeno tres tipos de entidades financeiras: os bancos, as caixas de aforro e as cooperativas de crédito.  Bancos: os bancos son empresas privadas que teñen por obxectivo a obtención de beneficios para os seus propietarios.  Caixas de aforro: son entidades de crédito similares aos bancos, pero teñen entre os seus obxectivos o xuro público, polo que dedican parte do seu beneficio a fins culturais e sociais. Na actualidade, debido a crise financeira están a fusionarse e converterse en bancos.  Cooperativas de crédito: xurdiron para apoiar pequenos aforradores e iniciativas locais, e teñen menor importancia ca as anteriores. As cooperativas de crédito pertencen aos seus socios depositantes, que, á súa vez, se benefician dos seus servizos financeiros. (FIARE en Galicia)
  • 31. Un sector en rápida transformación Un sector en crise É unha actividade moi afectada pola globalización do capital e a creación da moeda única na Unión Europea, o que provocou importantes cambios: 1) Procesos de concentración para enfrontar a libre competencia nos mercados o que provoca frecuentes fusións e absorcións. Como resultado, só dous grupos bancarios españois (Santander Central Hispano e Bilbao Vizcaya Argentaría) reúnen 60% da cifra total do negocio bancario. 2) Forte internacionalización coa compra de bancos noutros países, que ten como como contrapartida a entrada da banca estranxeira en España, o que aumenta a competencia. 3) Intensa renovación tecnolóxica, que aumenta a eficiencia que reduce empregos coa proliferación de caixeiros automáticos e a banca electrónica a través de internet como principais exemplos.
  • 32. Características do mapa financeiro español  Hai décadas as oficinas financeiras eran pouco numerosas e localizábanse dentro das cidades de maior tamaño, nos centros de negocios. Isto correspondía a un modelo de localización moi polarizado, o desenvolvemento económico español supuxo unha multiplicación do número de oficinas, ata chegar as 44 000 no ano 2010, o que representa aproximadamente unha por la mil habitantes, a cifra máis alta dentro da Unión Europea.  As oficinas dispersábanse por todo o territorio para intentar a captación do maior número de clientes posible. Non obstante, a cantidade de empregos non aumentou coa mesma rapidez, pola xeneralización dos caixeiros automáticos e a banca electrónica, onde se opera a través de Internet.  "En España habrá que cerrar 10 oficinas bancarias al día en los próximos tres años para dejar la red en un volumen de entre 25.000 y 30.000 oficinas, un tamaño más adecuado a la realidad del país". Esta es la principal conclusión del estudio ¿Tiene futuro la red de oficinas bancarias?, realizado en el IEB en el marco del Executive Máster en
  • 33. Distribución das oficinas financeiras e o seu crecemento (SM)
  • 34. A distribución do sector financeiro no territorio non é homoxénea, pois persisten importantes contrastes espaciais:  As sedes ou oficinas centrais, onde se encontra o persoal directivo e se toman as decisións fundamentais de cada entidade financeira, concéntranse cada vez máis nas grandes cidades. No caso dos bancos, das 150 sedes existentes no país, Madrid concentra a gran maioría, con 118, por só 9 sedes en Barcelona e 4 en Bilbao.  Con respecto ao número de sucursais, as provincias de Barcelona e Madrid teñen unha cantidade parecida, e entre ambas reúnen unha cuarta parte do total, ao seren areas con elevada densidade de poboación. Hai numerosas empresas que requiren os servizos financeiros destas sucursais. Valencia, Biscaia, Alacant, Sevilla, A Coruña, Málaga e Murcia seguen en importancia, pero a repartición xeral está bastante equilibrada respecto as cifras de habitantes.  En cambio, as áreas máis dinámicas na apertura de novas oficinas son as zonas turísticas do Mediterráneo, os dous arquipélagos de Baleares e Canarias e Madrid, mentres o seu número se reduce en provincias interiores que perden poboación (Soria, Segovia, Cuenca). Hai dous mapas financeiros que se superpoñen:  O poder de decisión concéntrase cada vez máis nas grandes metrópoles, especialmente nos seus centros de negocios onde están as sedes das principais entidades.  As sucursais de bancos e caixas de aforro dispérsanse por todo o territorio español, ante a competencia por captar aqueles clientes que están localizados nas súas proximidades.
  • 35. Balanza de pagamentos  O intercambio comercial con outros países é importante para a economía dun país, e o volume dese intercambio, reflectido na balanza de pagamentos, é un indicador do desenvolvemento socioeconómico  A balanza de pagamentos rexistra todos os intercambios económicos que se levan a cabo entre os axentes económicos residentes no país e os do resto do mundo, nun período concreto, xeralmente un ano.  Desagrégase en balanza por conta corrente, balanza por conta de capital e balanza por conta financeira.  España soe pechar a súa balanza de pagamentos con resultados positivos (excedentaria) grazas as divisas (diñeiro pertencente a un país estranxeiro) que achega o turismo.
  • 37. O transporte na economía española O transporte é unha peza clave na economía de calquera país:  O resto de actividades económicas (agricultura, industria) necesitan do transporte de mercadorías, xa que deben adquirir elementos de produción para levar a cabe a súa actividade ou situar os seus produtos finais nos mercados.  Para que a economía funcione de forma eficiente, tamén é necesario o transporte de viaxeiros (traballadores, consumidores , ocio).  Coa globalización aumentou a importancia do transporte na economía: as novas formas de produción globalizadas (deslocalización) provocaron un desenvolvemento sen precedentes do sector do transporte.  Coa progresiva implantación das prácticas yust in time as empresas xa non almacenan grandes cantidades dos elementos de produción necesarios para a súa actividade, xa que isto lles supón un elevado gasto, e esixen que estes lles sexan subministrados a medida que os van necesitando.  A produción faise así cada vez máis dependente do transporte: a ruptura da cadea de subministración (por exemplo, por unha folga dos transportistas da estrada) supón que nun breve período de tempo se interrompa a produción nas fábricas por falta de su suministracións (por exemplo, na industria do automóbil).
  • 38. Estrutura do transporte na economía española O nivel de importancia do transporte na economía española pode ser medido por un conxunto de indicadores referidos á produción, o emprego, o investimento e o consumo:  As actividades de transporte xeran arredor do 4% do PIB español, e o 3,5% do emprego total do noso país. A maior parte do emprego corresponde ao transporte por estrada, especialmente condutores de camións.  As infraestruturas de transporte constitúen unha condición necesaria aínda que non suficiente para o desenvolvemento económico español. Por isto, o Estado dedica unha boa parte dos seus orzamentos a investimentos en estradas, ferrocarrís, portos e aeroportos. A dispoñibilidade de fondos europeos para o investimento en infraestruturas facilitou o desenvolvemento destas no noso país. As maiores partidas dedícanse á construción de autovías e liñas de alta velocidade ferroviaria.  Consumo das familias. Unha importante parte do presuposto das familias españolas dedícase ao ámbito do transporte. A maior parte dese gasto familiar corresponde á compra de vehículos para o transporte persoal e ao combustible e mantemento destes.  Consumo de enerxía. O transporte é responsable de case a metade da enerxía total consumida no noso país, por diante da industria e dos fogares. No caso concreto do petróleo -do que España depende do exterior case por completo-, esa porcentaxe é aínda maior.  Dado que o consumo de enerxía está ligado as emisións á atmosfera, o transporte é unha actividade altamente contaminante. Por iso, e para diminuír a dependencia enerxética exterior, a actual política de transportes española pretende desviar tráficos desde os modos
  • 39. A demanda de transporte en España  Ao longo das últimas décadas, produciuse un grande incremento da demanda de transporte en España. Deste xeito, entre 1950 e o momento actual, o tráfico de viaxeiros multiplicouse por 32 e o de mercadorías fíxoo por 181. Pero non todos os modos de transporte experimentaron unha evolución similar, e hoxe existen significativas diferenzas.  O transporte por estrada e, en menor medida, o aéreo creceron máis ca o ferrocarril e o marítimo. En 1950, o ferrocarril situábase por riba da estrada tanto en viaxeiros coma en mercadorías.  Hoxe, a estrada é, con gran diferenza, o modo de transporte dominante. Isto explícase porque permite establecer conexións porta por porta, sen ter que utilizar outros modos complementarios (nas viaxes por ferrocarril e transporte aéreo ou marítimo é necesario utilizar outro modo para acceder a estacións, aeroportos ou portos).  O ferrocarril reduciu a súa participación no transporte de mercadorías a unha porcentaxe moi baixa -actualmente, céntrase no transporte de cargas pesadas e voluminosas-, pero o transporte de viaxeiros aínda mantén unha cota de mercado algo máis alta, debido sobre todo ao éxito das novas liñas de trens de alta velocidade e o transporte de proximidades nas grandes cidades.  O transporte aéreo é cada vez máis utilizado polos viaxeiros para desprazamentos entre distancias relativamente longas ou para voos as illas ou entre elas, pero resulta moi caro para o tráfico de mercadorías, que utilizan máis a vía marítima por ser máis económica e de maior capacidade de carga ca o transporte por avión.
  • 40.
  • 41.  PEIT  http://www.rodadebara.org/xp_ca/html/PlaEstr ategicTransport.pdf  Vocabulario: http://www.slideshare.net/ghavilan/vocabulario -geografa
  • 43. PRÁCTICOS 5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS. 5.1. PAISAXES TURÍSTICAS. 5.2. IMPACTOS E POLÍTICAS DE ORDENACIÓN.
  • 44. 1.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos do documento e as súas capitais (1punto). b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:  Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto).  Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1 punto).  Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1 punto).
  • 45. a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos do documento e as súas capitais (1 punto).  Costa do Sol: Andalucía: Sevilla;  Costa Brava: Cataluña: Barcelona;  Illa de Lanzarote: Canarias: Sta. Cruz de Tenerife e Las Palmas de Gran Canaria  Pireneo catalán: Cataluña: Barcelona b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións: Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto). Gráfico lineal utilizado para representar a variable da ocupación hoteleira estacional nalgunhas zonas turísticas de España durante os distintos meses do ano 2005.  No eixo horizontal aparecen representados os meses do ano, e no eixo vertical a porcentaxe de ocupación hoteleira correspondente a cada una das zonas representadas (Costa do Sol, Costa Brava, Illa de Lanzarote e Pireneo catalán), utilizando diferentes cores para identificar cada unha delas.  Os datos recollidos para elaborar a gráfica proveñen dunha enquisa sobre ocupación hoteleira realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
  • 46. Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1 punto).  A liña verde representa un tipo de turismo de montaña (Pireneo catalán) que ten unha estacionalidade máis acusada que o turismo de sol e praia, con dous máximos. Nas áreas de montaña practícase un turismo invernal asociado ás estacións de esquí que explica por qué a ocupación máis baixa se rexistra aquí na primavera e outono.  O pico de ocupación de verán nas áreas de montaña prodúcese a causa dun incremento do turismo rural e ecolóxico, vinculado á práctica de actividades de contacto coa natureza que máis recentemente se veñen potenciando (sendeirismo, montañismo, rutas verdes,…).  As condicións climatolóxicas tamén xustifican as diferenzas entre o Pireneo catalán e as demais localizacións, malia que na illa de Lanzarote a estacionalidade é menor, debido á continuidade relativa das condicións meteorolóxicas (clima subtropical) ao longo do ano.
  • 47. Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1 punto). Entre as consecuencias negativas podemos destacar:  A dependencia das condicións meteorolóxicas, especialmente significativa nas áreas de montaña, onde a redución de días de neve pode diminuír a utilización das instalacións.  No nivel social, o predominio dos contratos temporais causa o aumento do paro en tempada baixa.  No ámbito económico, a dependencia extrema do sector turístico é moi significativa.  No aspecto ambiental, o predominio do turismo de sol e praia produce unha deterioración da liña de costa e urbanización masiva (grandes infraestruturas como portos deportivos, espigóns, peirao…), a destrución de paisaxes singulares, a sobreexplotación de recursos, conflitos polo uso do solo e da auga –sobre todo con usos agrarios e industriais, especialmente no Mediterráneo-, contaminación mariña, vertido de residuos e sobreexplotación de infraestruturas. A precariedade dos propios establecementos hoteleiros pode repercutir na contaminación visual do contorno.
  • 48. 2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): a) Comente brevemente a paisaxe turística: tipo, localización, orixes e características (1 punto): b) Comente a gráfica seguindo as pautas: - Factores de desenvolvemento turístico en España (1 punto): - Países de orixe e rexións de destino do turismo internacional (1 punto): - Impactos do turismo e políticas de ordenación (1 punto):
  • 49.
  • 50.
  • 51.  El grafico de líneas representa la evolución del número de visitantes (en millones) y de ingresos por turismo (en millones de euro) en España entre 1955 y 2007, según los datos del Instituto de Estudios Turísticos. Los visitantes incluyen a los turistas, que pernoctan al menos una noche y tienen una estancia superior a 24H, y a los excursionistas, que no pernoctan y permanecen menos de 24H en el país.  La evolución de los visitantes y de los ingresos por turismo ha experimentado una tendencia creciente a lo largo del periodo, excepto en momentos puntuales ligados a crisis económicas, que inciden muy directamente sobre las actividades de ocio, que son las primeras en suprimirse en estas épocas.  El inicio del despegue del turismo se sitúa en 1959, cuando aparece en España una concepción del turismo como factor de desarrollo. El primer periodo de incremento de los visitantes y de los ingresos turísticos corresponde a la década de 1960. Las causas fueron el crecimiento económico de Europa occidental, que permitió a los trabajadores disfrutar de tiempo y dinero para el ocio, y las condiciones favorables que ofrecía España: proximidad geográfica a playas, veranos secos y calurosos, recursos culturales y bajo coste de la peseta en 1959.  Entre 1973 y 1985 los turistas y los ingresos por turismo ralentizaron el crecimiento. Las causas fue la crisis económica motivada por la crisis energética de 1973, con el encarecimiento del precio del petróleo.  A partir de 1985, se recupera el ritmo ascendente de turistas y de ingresos turísticos, excepto durante el breve periodo de la crisis económica de principios de la década de los noventa. Las causas son el encarecimiento de la oferta española y, al mismo tiempo, el surgimiento de nuevos destinos turísticos atractivos en Europa y en el ámbito del Mediterráneo: Croacia, países árabes, norte de África (Marruecos, Túnez, Egipto). Se trata de destinos con los que España no podía competir en cuanto a precios. Esto obligó iniciar una reconversión del sector, que nos condujera a un nuevo modelo turístico basado en la calidad de la oferta y la sostenibilidad.  Las consecuencias de la gran afluencia de visitantes y de ingresos turísticos entre 1955 y 2006 se manifiestan en todos los ámbitos: demográfico, poblamiento económico, político, social, medioambiental y territorial.  En el futuro, la evolución de los visitantes y de los ingresos dependerá de la capacidad del sector de
  • 52.
  • 53.
  • 54.
  • 55. Diversidade de paisaxes turísticas
  • 56.
  • 57.
  • 58. Orientacións para o comentario:  a) Relación entre a evolución do turismo internacional e o desenvolvemento turístico de España.  b) Causas do descenso do turismo internacional en 2009.  c) Factores que explican o destino do turismo internacional por comunidades autónomas.
  • 59. a) Relación entre a evolución do turismo internacional e o desenvolvemento turístico de España España comeza o seu desenvolvemento turístico na década dos sesenta e convértese nun dos 3 principais destinos do turismo internacional. Ese crecemento inicial debeuse a unha serie de cambios nos países do resto de Europa (sobre todo da Europa Occidental) que son os principais centros emisores do turismo que chega a España: aumento das rendas familiares, mellores prestacións sociais (vacacións, pensións de xubilación), a posibilidade de utilización de varios sistemas de transporte e a súa mellora paulatina. Xurdimento de grandes compañías internacionais (touroperadores). E en canto ao destino, España presentaba unha serie de vantaxes: proximidade, menor nivel de vida que os países emisores e, polo tanto, prezos baixos, situación no Mediterráneo (condicións climáticas favorables), riqueza patrimonial, seguridade, mellora das infraestruturas do transporte e desenvolvemento da demanda interna para aumentar a oferta. No caso do arquipélago canario, a súa situación permite ter unha tempada turística durante todo o ano. O principal atractivo é o litoral (modelo
  • 60. b) Causas do descenso do turismo internacional no 2009. No ano 2009 a tendencia de crecemento continuado do turismo internacional que chega a España rompe debido á crise económica mundial que afecta de modo moi particular aos países da Unión Europea, os principais emisores. A crise de confianza a raíz dos atentados islámicos en España. c) Factores que explica o destino do turismo internacional por comunidades autónomas. O litoral mediterráneo e os dous arquipélagos son o principal destino do turismo internacional, que busca sol e mar; as condicións climáticas son moi importantes, ata o punto de dirixir parte do turismo de poboación xubilada cara ao litoral do Mediterráneo durante a tempada de inverno. A atracción de Madrid débese ao patrimonio cultural, do mesmo xeito que a da cidade de Barcelona, o turismo non é só europeo senón de Estados Unidos e Xapón.