SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 59
XEOGRAFÍA DE ESPAÑA               Eva
     2º BACH          www.aulasabertas.blogspot.com
   Técnica de cultivo de especies acuáticas,
    vexetais e animais, en ambientes físicos
    controlados, co obxectivo de manter as
    condicións que estas especies atopan no
    seu medio natural.


   Cultivo de peixes, moluscos e crustáceos
    en piscifactorias ou bateas flotantes.


   As principais especies de peixes son a
    dourada, rodaballo e robaliza no caso da
    acuicultura mariña, xunto á troita no caso
    da acuicultura continental.


   O volume de produción máis alto
    corresponde ao cultivo de mexillón nas
                                                 Vista aérea de la piscifactoría de Stolt Sea Farm
    Rías Baixas galegas.                         en cabo Vilán, Camariñas. // Víctor Echave
   A agricultura ecolóxica prescinde de utilizar
    produtos químicos (fertilizante insecticidas,
    sementes modificadas etc.) para aumentar a
    fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso
    de fármacos nas explotacións gandeiras. Iso
    supón apostar por unha menor produtividade, a
    cambio de produtos máis saudables e un maior
    respecto as condicións ambientais de cada
    área.
   Dende o seu recoñecemento oficial en 1989 e a
    creación de etiquetas para os produtos
    ecolóxicos, houbo un progresivo aumento da
    produción ecolóxica. hoxe conta con axudas
    específicas dentro da PAC.
   A primeira comunidade española produtora é
    Andalucía (máis dun terzo dos produción)
    seguida por Estremadura (18%) e Cataluña (8%).
 Certificación
              de calidade que
 se outorga a produtos dun
 determinado territorio do que
 toman o seu nome, que
 asegura certas características
 comúns que todos deben
 cumprir.

 Resultacada vez máis
 frecuente en produtos agrarios
 (vinos, aceites, carnes,
 legumes, queixos, doces,...).
DO e IX
Distinción especial
que se lles concede
a produtos que
acadan un elevado
nivel de calidade,
tanto polas materias
primas utilizadas,
como polo seu
proceso de
elaboración.
 Proceso de redución do
  emprego agrario, ante o maior
  dinamismo doutras actividades
  e a mecanización das tarefas
  do campo.
 Asociado ao proceso de
  industrialización e ao éxodo
  rural, a desagrarización en
  España comezou nos anos 60.
 Por primeira vez, no censo de
  1970, os ocupados no sector
  primario (29%) foron
  superados, tanto polos da
  industria (37%) coma polos dos
  servizos (34%).
O proceso de desagrarización foi máis
intenso naqueles territorios que coñeceron
un maior desenvolvemento industrial,
contan con grandes cidades, ou presentan
un forte crecemento do turismo nas últimas
décadas. Iso explica que en Madrid, o País
Vasco, así como en boa parte de Cataluña
e os dous arquipélagos, a porcentaxe de
poboación agraria non supere o 2% do total
de ocupados.
En cambio, os valores máis altos de
ocupación en actividades agrarias
corresponden as provincias do interior
peninsular, en especial as que bordean a
fronteira con Portugal ou corresponden a
áreas montañosas e menos accesibles. No
litoral, tan so as provincias de Murcia,
Almería e Huelva presentan tamén
porcentaxes de poboación agraria superiores
ao 8%, debido á expansión da agricultura
intensiva baixo plástico.
En todas as provincias, os traballadores
agrarios son xa unha minoría. Pero boa parte
dos seus produtos son a base da industria
agroalimentaria e tamén contribúen a
preservar algúns produtos de calidade
vinculados a territorios concretos.
 Trata de sacar a maior
  produtividade no mínimo espazo
  posible. Este tipo de explotacións
  practicase en lugares moi poboados
  onde o terreo é escaso. Precisa de
  cuantiosos investimentos e
  tecnoloxía avanzada. Utilízanse
  fertilizantes e sementes
  seleccionadas.
 Produtos de agricultura intensiva
  en España son a froita e a verdura.
 Avicultura  e gando porcino
    (gando estabulado)
   Política da Unión Europea dirixida á promoción do sector agrario. A
    PAC xestiona, a través do Fondo Europeo de Orientación e Garantía
    Agraria (FEOGA), as subvenciones que se lle dan á producción agrícola
    na Unión Europea Así mesmo, intenta ofrecerlles aos consumidores
    produtos alimentarios ao máis baixo prezo posible, ao tempo que trata
    de conseguir certo autoabastecemento dentro da UE.
   Unha das medidas tomadas pola PAC foi esixencia de redución de
    superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou
    especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como
    ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
   Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas
    e gandeiros (cereais, oleaxinosas, leguminosas, leite etc.), con subvencións
    aos produtores en función da superficie cultivada ou do número de cabezas de
    gando coas que contan.
   Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para
    algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos,
    tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
   Apoio á forestación de terras agrícolas, para reducir a superficie total
    cultivada e mellorar a calidade do medio ambiente, así como á agricultura e a
    gandaría ecolóxicas.
   Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos
    agricultores.
   Apoio á diversificación económica do mundo rural, que evite a excesiva
    especialización agraria de certas comarcas e favoreza empregos alternativos
    para mulleres e mozas (turismo rural, artesanía e industria etc.),
   Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas
   A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) consiste nun conxunto de
    regras e mecanismos que abarcan as actividades de explotación de
    peixes, crustáceos e moluscos, incluíndo a acuicultura, así como o
    seu procesamento e comercialización.

   Os obxectivos do PCP son :
    ― Aumentar a produtividade, fomentando o progreso técnico e
      asegurando o desenvolvemento racional da produción pesqueira e
      a utilización óptima dos factores de produción, en particular da
      man de obra.
    ― Garantir un nivel de vida equitativo para a poboación de peixes,
      especialmente mediante o aumento da renda individual dos que
      traballan na pesca.
    ― Estabilizar os mercados.
    ― Garantir ao consumidor suministros a prezos razoables.
   Coidado e explotación dos bosques.
    Os principais produtos que se
    obteñen da explotación forestal son
    a madeira, a cortiza, a resina, os
    piñóns, as bagas, os froitos
    silvestres e os cogomelos. Destaca
    ademais o uso cinexético das zonas
    forestais.

   A explotación forestal en España
    realízase principalmente nos
    bosques atlánticos e do norte
    situados no Macizo Galaico, na
    Cordilleira Cantábrica, nos Perineos,
    no Sistema Central e nos Montes de
    Toledo.
   Produtos que se obteñen a
    partir da manipulación
    xenética das sementes. Esta
    manipulación permite obter
    plantas coas características
    desexadas (por exemplo, de
    cor ou tamaño) e que sexan
    máis resistentes a certas
    pragas ou enfermidades ou ben
    a determinadas condicións
    adversas como as secas.
   No 2011 en España aumentou o
    cultivo de millo transxénico.
    Comunidades nas que cultivan
    millo transxénico son Aragón e
    Cataluña.
Acuicultura é o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo
biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou
crecemento. A acuicultura aparece restrinxida a un pequeno abano de especies, principalmente
peixes, moluscos e crustáceos. En Galicia, a acuicultura representa aproximadamente a terceira
parte da cifra do negocio da pesca.

Agricultura ecolóxica- Sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na
utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou
organismos xeneticamente modificados (OXMs) -nin para fertilizante nin para combater as pragas-,
logrando deste xeito obter alimentos orgánicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se
respecta o medio ambiente.

Desagrarización- Perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á perda de
importancia económica da actividade agrícola nun territorio. En toda España tense producido este
proceso, especialmente desde finais dos anos 1970.

Explotación intensiva é aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción
continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de
agricultura intensiva obtén unha forte productividade, sobre terreos moitas veces de extensión
reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.

Silvicultura- Actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da
silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou
resinas, mais tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a
conservación de hábitats naturais e o desenvolvemento de espazos recreativos.
 http://www.iesgrancapitan.org/profesores/b
 vaquero/bloggeografia/temasgeografia/voca
 bulariotemas9,10,11.pdf
   PRODUTO INTERIOR BRUTO: corresponde á produción total de bens e
    servizos xerados nun país ao longo dun ano. Adoita utilizarse como
    indicador da potencia económica dos Estados.

   MINIFUNDIO: Explotación de pequenas dimensións (menos de 10 ha),
    que predominan na metade Norte da Península e nos dous
    arquipélagos. Son propios dunha economía de autoconsumo.

   EXPLOTACIÓN EXTENSIVA: explotación agraria na que a produción é
    elevada en conxunto, pero escasa en relación á superficie utilizada,
    que debe ter grandes dimensións.

    GLOBALIZACIÓN: proceso de carácter económico, social, cultural,
    político etc., que supón unha compresión do espazo e do tempo, e a
    eliminación á libre circulación dos factores de produción, das ideas,
    das persoas e, sobre todo, dos capitais e os movementos financeiros.
   CULTIVO FORRAXEIRO: tipo de aproveitamento agrícola cuxo destino
    é a alimentación do gando.

   ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que non
    aparecen reflectidas nas estatísticas oficiais debido á súa ilegalidade,
    e que permiten a subsistencia dun sector máis ou menos amplo da
    poboación segundo os países.

   AUGAS XURISDICIONAIS: espazo mariño sobre o que un estado exerce
    a súa soberanía e forma parte do seu territorio, polo que lle pertence
    a explotación dos seus recursos.

    FONDOS ESTRUTURAIS: fondos establecidos na Unión Europea co fin
    de lograr a cohesión,axudando ao desenvolvemento de rexións
    desfavorecidas e que abarcan diversos aspectos (axudas á agricultura,
    ás infraestruturas, a proxectos de desenvolvemento etc.)

   ROTACIÓN DE CULTIVOS: sistema de cultivo que consiste en alternar
    produtos diferentes e complementarios ao longo do ano ou de varios
    anos sobre unha mesma terra, co fin de rexenerala e facela descansar.
    Os usos do solo e a súa distribución: tipos e
     factores explicativos:
a)     Tipos: terras labradas, prados e pastos, áreas
       forestais, restantes usos do solo.
b)     Factores: condicións naturais (dominios atlántico,
       mediterráneo e subtropical e áreas montañosas e
       chairas) e estrutura da propiedade.

    Transformacións recentes na estrutura
     agropecuaria española:
a)     A poboación rural
b)     As explotacións agrarias
c)     Técnicas e sistemas agrarios
d)     Estrutura gandeira
e)     Política Agrícola Común
Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español
    destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes.
    A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo.

   As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden
    algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).

   Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da
    superficie total).

   As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies
    caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32%
    da superficie total).

   Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas
    (que conste o 17% da superficie total).
2007
   Ocupadas por diferentes cultivos
   Comprenden algo máis de 16 millóns de
    hectáreas (34% da superficie total).
   Grandes cuncas e vales interiores, de relevo
    predominantemente chan ou ondulado
    (vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e
    Guadalquivir)
   Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e
    Guadix en Granada, Antequera en Málaga)
   Litoral mediterráneo.
   Escasas tanto nas rexións do norte peninsular,
    coma na áreas de montaña e o arquipélago
    canario. Neste último, as condicións
    climáticas topográficas ou a escasa
    fertilidade do solo dificultaron sempre a súa
    posta en cultivo, ou ben produciuse o seu
    abandono recente debido aos seus escasos
    rendementos ou á competencia doutros usos.
   Ocupan uns 8 millóns de
    hectáreas (17% da superficie
    total)


   Destinados á produción de
    herba para alimento do gando


   Ocupan as áreas máis
    húmidas, topograficamente
    accidentadas ou con solos de
    pouca calidade para o cultivo


   Pódense distinguir tres tipos
    de situacións: as pradarías
    permanentes, os pastos
    estacionais e os pastos de
    altura.
   AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o
    uso máis característico do solo nas rexións
    de clima oceánico próximas ao litoral
    cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e
    están asociadas a unha importante
    gandaría vacúa.

   No oeste da Península Ibérica predominan
    os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos
    períodos chuviosos, pero que secan no
    verán; isto permitiu manter unha gandaría
    máis diversificada (bovina, ovina e
    porcina) e de carácter extensivo.

   Nos cumes das principais cordilleiras, onde
    desaparece o bosque polas baixas
    temperaturas e a pobreza dos solos,
    aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados
    tradicionalmente por unha gandaría
    transhumante -principalmente ovina- que
    se traslada a eles no verán desde as terras
    máis baixas e cálidas.
 Bosques de especies caducifolias ou perennifolias
 Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).
 A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así
  como nas principais cadeas montañosas da Península e os
  arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas
  pola acción humana.
 Permiten a explotación da madeira e doutros produtos
  complementarios (cortiza, froitos), así como a súa
  utilización para a caza.
   Suman outros 8,4 millóns de
    hectáreas (que constitúe o 17%
    da superficie total)

   Terreos ermos improdutivos

   Áreas urbanizadas

   Áreas ocupadas por
    infraestruturas (como son
    aeroportos, portos, estradas,
    ferrocarrís)

   Espazos hídricos de auga doce e
    non mariños (lagos, ríos e
    encoros)
   O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de
    grandes conxuntos.

   Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas
    montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos
    forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras
    labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa
    parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que
    está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade:
    grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes
    públicos en moitas áreas de montaña ou pequenas explotacións
    gandeiras nas rexións do Cantábrico.

   En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo,
    Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de
    menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están
    ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con
    escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas
    áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan
    as terras baldías ou ermas.
Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e   Mediterráneo
      Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm.    Continentalizado:
      Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola            precipitacións entre
      influencia do mar e moderada cara ao interior.                    800‐300 mm. Temperaturas
                                                                        con amplitude de 16 º C ,
                                                                        ou máis, por ausencia de
                                                                        influencia mariña. Interior
                                                                        peninsular, menos a zona
                                                                        media do val do Ebro.

Dominio                                                                 Mediterráneo marítimo:
climático de                                                            precipitacións entre
montaña:Terri                                                           800‐300 mm. Temperaturas
torios a máis                                                           con amplitudes moderadas
de 1.000 m.                                                             por influencia do mar
Precipitacións                                                          entre 12 e 15/16 ºC;
superiores a                                                            veráns calorosos. Costa
1. 000 mm.                                                              mediterránea peninsular
Temperatura                                                             (menos o SE), a costa
media inferior                                                          subatlántica, Baleares,
a 10ºC e o                                                              Ceuta e Melilla
inverno frío
(algún mes
                                                                        Mediterráneo Seco
próximo ou
baixo 0ºC)                                                              subdesértico:
                                                                        precipitacións inferiores
                                                                        a 300 mm. Temperaturas
                                                                        variables en función da
                        Subtropical: Precipitacións moi                 latitude e da distancia
                        escasa nas zonas baixas.
                        Temperaturas cálidas todo o ano nas
                                                                        ao mar. SE peninsular e
                        zonas baixas, que descenden coa                 zona media do val do
                        altura, e escasa amplitude térmica.             Ebro.
En España distínguense tres dominios:
 O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa
  presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e
  oeste peninsular, degradándose cara ao interior.
 O dominio mediterráneo, localizado no resto da
  Península e as illas Baleares. Caracterízase pola
  existencia dunha estación seca no verán, e mostra un
  predominio de terras labradas.
 O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na
  aridez o principal factor limitante para os cultivos e o
  bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos
  alisios.
Outra divisoria é a existente entre
    áreas montañosas e chairas.

   Nas áreas montañosas, as
    condicións especiais de elevada
    altitude e pendente, solos pouco
    profundos e descenso térmico
    favorecen un uso do solo para
    pastos e bosques.

   En cambio, nas chairas, a
    ocupación humana foi
    historicamente máis intensa, polo
    que predominan as terras
    cultivadas. Exceptúanse as
    penechairas occidentais, onde os
    solos son de pouca calidade, o que
    explica o seu uso para pastos e non
    para cultivos.
   Na economía de subsistencia,
    cultivos, pastos e bosque
    complementábanse, poñéndose en
    uso a maior superficie de terra posible
    para asegurar a alimentación da
    poboación.

   O desenvolvemento da economía de
    mercado, desde hai máis dun século,
    conduciu ao abandono das terras de
    cultivo pouco rendibles e a súa
    substitución por pastos destinados a
    alimentar o cada vez máis demandado
    gando; tamén produciu a destrución
    de certos bosques compensada coa
    repoboación doutros, o que produciu
    cambios no mapa de usos do solo.
 Nos territorios dominados pola
 gran propiedade, son habituais
 os usos extensivos con poucos
 rendementos por hectárea,
 pero con investimentos de
 traballo e capital escasos, que
 os fan rendibles.

A pequena propiedade
 asóciase a usos máis intensivos
 do solo para poder subsistir con
 pouca terra, pero maiores
 rendementos.
CLIMA (apartado b) Principais dominios climáticos):
   Dominio climático oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Galicia.
    Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm.Temperaturas con amplitude térmica
    baixa na costa pola influencia do mar e moderada cara ao interior.
   Dominio climático Mediterráneo:
    Precipitacións escasas e irregulares inferiores a 800 mm.Temperaturas variables en función da
    latitude e da distancia do mar. Variedades:
    -Marítimo: precipitacións entre 800‐300 mm. Temperaturas con amplitudes moderadas por
    influencia do mar entre 12 e 15/16 ºC; veráns calorosos. costa mediterránea peninsular (menos
    o SE), a costa subatlántica, Baleares, Ceuta e Melilla
    -Continentalizado: precipitacións entre 800‐300 mm. Temperaturas con amplitude de 16 º C , ou
    máis, por ausencia de influencia mariña. Interior peninsular, menos a zona media do val do
    Ebro.
    -Seco subdesértico: precipitacións inferiores a 300 mm. Temperaturas variables en función da
    latitude e da distancia ao mar. SE peninsular e zona media do val do Ebro.
   Dominio climático de montaña:
    Territorios a máis de 1.000 m. Precipitacións superiores a 1. 000 mm. Temperatura media
    inferior a 10ºC e o inverno frío (algún mes próximo ou baixo 0ºC)
   Dominio climático de Canarias (Subtropical):
    Precipitacións moi escasa nas zonas baixas.Temperaturas cálidas todo o ano nas zonas baixas,
    que descenden coa altura, e escasa amplitude térmica.
Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e   Mediterráneo
      Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm.    Continentalizado:
      Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola            precipitacións entre
      influencia do mar e moderada cara ao interior.                    800‐300 mm. Temperaturas
                                                                        con amplitude de 16 º C ,
                                                                        ou máis, por ausencia de
                                                                        influencia mariña. Interior
                                                                        peninsular, menos a zona
                                                                        media do val do Ebro.

Dominio                                                                 Mediterráneo marítimo:
climático de                                                            precipitacións entre
montaña:Terri                                                           800‐300 mm. Temperaturas
torios a máis                                                           con amplitudes moderadas
de 1.000 m.                                                             por influencia do mar
Precipitacións                                                          entre 12 e 15/16 ºC;
superiores a                                                            veráns calorosos. Costa
1. 000 mm.                                                              mediterránea peninsular
Temperatura                                                             (menos o SE), a costa
media inferior                                                          subatlántica, Baleares,
a 10ºC e o                                                              Ceuta e Melilla
inverno frío
(algún mes
                                                                        Mediterráneo Seco
próximo ou
baixo 0ºC)                                                              subdesértico:
                                                                        precipitacións inferiores
                                                                        a 300 mm. Temperaturas
                                                                        variables en función da
                        Subtropical: Precipitacións moi                 latitude e da distancia
                        escasa nas zonas baixas.
                        Temperaturas cálidas todo o ano nas
                                                                        ao mar. SE peninsular e
                        zonas baixas, que descenden coa                 zona media do val do
                        altura, e escasa amplitude térmica.             Ebro.
   O espazo rural é o territorio non urbanizado da
    superficie terrestre. Tradicionalmente foi, case en
    exclusiva, un espazo agrario onde se desenvolvían
    as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.
   Non obstante, desde a década de 1970,
    introducíronse outras actividades, como as
    residenciais, industriais, de servizos, recreativas e
    paisaxísticoconservacionistas. Como consecuencia,
    o espazo rural volveuse máis heteroxéneo e
    complexo.
  A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa, existen
   diferenzas territoriais entre as baixas cifras de poboación
   agraria de Madrid e do País Vasco, en torno ao 1%, e os valores
   máis altos de Estremadura, Murcia e Galicia, superiores ao 8%.
   Pola súa banda, o envellecemento rural é máis acusado nas
   comunidades do interior peninsular.
 A causa principal foi o éxodo rural, entre 1960 e 1975.
 Despois, a crise económica desacelerou o éxodo rural e
   incrementou a actividade agraria a tempo parcial.
 As tendencias demográficas que se apuntan desde a década de
   1990 son dobres:
 - Unha continuación do descenso demográfico e do
   envellecemento nas áreas rurais máis desfavorecidas
   (crecemento natural negativo, a emigración, a xubilación).
 - Certa recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis
   dinámicas. Está relacionada co asentamento de inmigrantes,
   novas actividades en zonas rurais periurbanas e turísticas e coas
   subvencións europeas.
Poboación ocupada no
sector primario (%)
   O descenso do seu número débese ao abandono de terras e a un
    proceso de concentración, por venda ou arrendamento. Esa
    concentración permitiu a elevación do tamaño medio das
    explotacións. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre:
          -Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles
    en progresivo abandono ou traballadas so a tempo parcial ao non
    permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa
    produtividade.
          -Empresas agrarias, ben de particulares ben de sociedades
    ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse
    modernizando e son rendibles.
   O réxime de tenza establece a relación entre propiedade e
    explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre tenza
    directa (explotación traballada polos seus propietarios),
    arrendamento (se explotan terras alleas a cambio dunha renda
    anual) e parzaría (se explotan terras a cambio dunha porcentaxe
    da colleita).
   Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en
    tenza directa e tende a desaparecer o sistema de parzaría (só
    un 2% do total).
 Existen importantes diferenzas rexionais en
  canto ao tamaño medio das explotacións
  agrarias:
 As rexións dominadas por cultivos de
  secaño ou devesas presentan explotacións
  de maior tamaño medio: máis de 50
  hectáreas en Castela e León, ou máis de 30
  en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e
  Madrid.
 As rexións húmidas e de especialización
  gandeira, xunto aos regadíos do litoral
  mediterráneo e as illas, contan con
  explotacións máis pequenas: menos de 12
  hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou
  Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade
  Valenciana e Canarias.
    O réxime de tenza establece a relación existente entre propiedade e
     explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre:
a)   Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con
     ou sen asalariados.
b)   Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio do pagamento
     dunha renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos
     propietarios emigraron, e explotan as súas terras quen permanecen.
c)   Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida,
     situación que tende a desaparecer.


    Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa,
     e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción
     tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares
     (hai medio século, supoñía máis do 75%).
    Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio
     de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con
     valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%).
     En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
    As técnicas e os sistemas agrarios experimentaron cambios desde a década de
    1960. As transformacións técnicas consistiron na incorporación de avances
    como a mecanización de tarefas, a selección xenética das sementes e razas
    gandeiras, ou o uso de fertilizantes químicos e produtos fitosanitarios
    (praguicidas).
   As transformacións nos sistemas agrarios supuxeron unha crecente
    intensificación da produción e un paralelo aumento do rendemento. A
    agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o
    que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son:
    - Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que teñen
    mellores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do
    policultivo polo monocultivo.
    - Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores,
    colleitadoras, motores para rega, etc.), produtos químicos (fertilizantes,
    herbicidas, praguicidas, etc.) ou sementes seleccionadas e transxénicas,
    manipuladas xeneticamente.
    - Forte incremento da superficie en regadío. Este incremento permitiu
    aumentar as producións obtidas en secaño pero tamén provoca a
    sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga.
    - Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado (altérnanse
    capas de area e esterco) ou cultivo baixo plástico.
El cultivo
hidroponico en
sentido amplio,
engloba a todo
sistema donde las
plantas prescindan
del suelo para
completar su ciclo
vital, aportándose
los nutrientes por
medio de una
solución.
   Nos últimos anos, coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en
    día representa un 40% da produción final agraria. Grazas a:
    - Aumento da súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus
    produtos.
    - Unha modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras
    técnicas no seu funcionamento.
    - Unha evolución das especies en función da súa rendibilidad e das limitacións
    ao seu aumento impostas polas políticas agrarias.
    - Menor dependencia das condicións naturais, ao aumentar a importancia da
    gandaría estabulada.
   Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do
    gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos.
   Desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia
   A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o
    que va unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo,
    a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produción e
    por conseguinte, maior rendibilidade.
   A evolución nos últimos tempos, así como as medidas tomadas pola PAC,
    comportaron un claro descenso do bovino e un incremento do porcino e do
    avícola. Tamén provocaron o aumento da cunicultura e da apicultura.
   As áreas rurais españolas cunha importante presenza de
    actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes
    problemas:
    - Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden
    ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e
    ao establecemento de prezos protexidos.
    - Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais
    españolas.
    - Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de
    mecanización e o abandono de terras pouco produtivas.
    - Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na
    industria ou nos servizos.
    - Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de o
    uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e
    acuíferos.
   Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción
    do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC) cunha serie
    de accións:
    - Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos.
    - Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción.
    - Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas.
    -Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos
    agricultores.
    - Apoio á diversificación económica do mundo rural.
    - Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas.


   Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións
    agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas:
    - Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non
    corresponde ao peso relativo do sector.
    - Supón un proteccionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de
    que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis
    baratos.
    - Como as axudas se vinculan ao tamaño da explotación, favorece unha partición
    moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.
 http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o-
  sector-primario.html
 http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC
  hx8&feature=player_embedded#!

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos ruraisaialo1
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.Ismael Vide González
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaRosacidgalante
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisDudas-Historia
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en Españaguest417724e2c
 
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescarubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8ahiacg
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galizamonadela
 
Os espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioOs espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioRosacidgalante
 
UD 13 Sector Primario 2ª parte
UD 13 Sector Primario 2ª parteUD 13 Sector Primario 2ª parte
UD 13 Sector Primario 2ª parteEvaPaula
 
Traballo en diapositivas tema 8
Traballo en diapositivas tema 8Traballo en diapositivas tema 8
Traballo en diapositivas tema 8ANXOMOREIRAS
 

La actualidad más candente (20)

Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos rurais
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e GaliciaTema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
Tema 5 As actividades agrarias en Europa, España e Galicia
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
 
Paisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en EspañaPaisaxes agrarias en España
Paisaxes agrarias en España
 
Tema8
Tema8Tema8
Tema8
 
Tema 8. sociais
Tema 8. sociaisTema 8. sociais
Tema 8. sociais
 
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
 
Os espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españaOs espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españa
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01
 
Tema 7 o sector primario
Tema 7  o sector primarioTema 7  o sector primario
Tema 7 o sector primario
 
A agricultura en Galiza
A agricultura en GalizaA agricultura en Galiza
A agricultura en Galiza
 
Os espazos do sector primario
Os espazos do sector primarioOs espazos do sector primario
Os espazos do sector primario
 
UD 13 Sector Primario 2ª parte
UD 13 Sector Primario 2ª parteUD 13 Sector Primario 2ª parte
UD 13 Sector Primario 2ª parte
 
Traballo en diapositivas tema 8
Traballo en diapositivas tema 8Traballo en diapositivas tema 8
Traballo en diapositivas tema 8
 

Destacado

España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEvaPaula
 
UD 3 liberalismo e nacionalismo
UD 3 liberalismo e nacionalismoUD 3 liberalismo e nacionalismo
UD 3 liberalismo e nacionalismoEvaPaula
 
Renacimiento cinquecento
Renacimiento cinquecentoRenacimiento cinquecento
Renacimiento cinquecentoEvaPaula
 
Didáctica de estudio
Didáctica de estudioDidáctica de estudio
Didáctica de estudioEvaPaula
 
UD 6 Servizos
UD 6 Servizos  UD 6 Servizos
UD 6 Servizos EvaPaula
 
Sector primario avaliación inicial
Sector primario  avaliación inicialSector primario  avaliación inicial
Sector primario avaliación inicialEvaPaula
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaEvaPaula
 
UD 13 Prácticos
UD 13 PrácticosUD 13 Prácticos
UD 13 PrácticosEvaPaula
 
UD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialUD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialEvaPaula
 
Renacimiento Quattrocento
Renacimiento QuattrocentoRenacimiento Quattrocento
Renacimiento QuattrocentoEvaPaula
 
UD 5 España e Galicia, século XIX
UD 5 España e Galicia, século XIXUD 5 España e Galicia, século XIX
UD 5 España e Galicia, século XIXEvaPaula
 
Ud 15 prácticos
Ud 15 prácticosUd 15 prácticos
Ud 15 prácticosEvaPaula
 
Barroco (España)
Barroco (España)Barroco (España)
Barroco (España)EvaPaula
 
Renacimiento español
Renacimiento españolRenacimiento español
Renacimiento españolEvaPaula
 
A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais EvaPaula
 
Barroco (Itatia)
Barroco (Itatia)Barroco (Itatia)
Barroco (Itatia)EvaPaula
 
Sector Primario
Sector PrimarioSector Primario
Sector PrimarioEvaPaula
 
Método de análise obra escultórica
Método de análise obra escultóricaMétodo de análise obra escultórica
Método de análise obra escultóricaEvaPaula
 
Método de análise obra arquitectónica
Método de análise obra arquitectónicaMétodo de análise obra arquitectónica
Método de análise obra arquitectónicaEvaPaula
 
Evaluación inicial arte grecorromano
Evaluación inicial arte grecorromanoEvaluación inicial arte grecorromano
Evaluación inicial arte grecorromanoEvaPaula
 

Destacado (20)

España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
 
UD 3 liberalismo e nacionalismo
UD 3 liberalismo e nacionalismoUD 3 liberalismo e nacionalismo
UD 3 liberalismo e nacionalismo
 
Renacimiento cinquecento
Renacimiento cinquecentoRenacimiento cinquecento
Renacimiento cinquecento
 
Didáctica de estudio
Didáctica de estudioDidáctica de estudio
Didáctica de estudio
 
UD 6 Servizos
UD 6 Servizos  UD 6 Servizos
UD 6 Servizos
 
Sector primario avaliación inicial
Sector primario  avaliación inicialSector primario  avaliación inicial
Sector primario avaliación inicial
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo Física
 
UD 13 Prácticos
UD 13 PrácticosUD 13 Prácticos
UD 13 Prácticos
 
UD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialUD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución Industrial
 
Renacimiento Quattrocento
Renacimiento QuattrocentoRenacimiento Quattrocento
Renacimiento Quattrocento
 
UD 5 España e Galicia, século XIX
UD 5 España e Galicia, século XIXUD 5 España e Galicia, século XIX
UD 5 España e Galicia, século XIX
 
Ud 15 prácticos
Ud 15 prácticosUd 15 prácticos
Ud 15 prácticos
 
Barroco (España)
Barroco (España)Barroco (España)
Barroco (España)
 
Renacimiento español
Renacimiento españolRenacimiento español
Renacimiento español
 
A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais
 
Barroco (Itatia)
Barroco (Itatia)Barroco (Itatia)
Barroco (Itatia)
 
Sector Primario
Sector PrimarioSector Primario
Sector Primario
 
Método de análise obra escultórica
Método de análise obra escultóricaMétodo de análise obra escultórica
Método de análise obra escultórica
 
Método de análise obra arquitectónica
Método de análise obra arquitectónicaMétodo de análise obra arquitectónica
Método de análise obra arquitectónica
 
Evaluación inicial arte grecorromano
Evaluación inicial arte grecorromanoEvaluación inicial arte grecorromano
Evaluación inicial arte grecorromano
 

Similar a Sector primario temas e vocabulario

O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundomasinisa
 
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfpdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfssusera8a0c4
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicosccssdidactica ddoval
 
Tema 6. A diversidade da economía española
Tema 6.  A diversidade da economía españolaTema 6.  A diversidade da economía española
Tema 6. A diversidade da economía españolapacovali
 
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Gloria Martínez Marín
 
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.dudashistoria
 
Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)alagob2
 
09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primarioquiquehs
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografiamssl1998
 
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfSECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfLili90208
 
As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galiciayagobr7
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioaialo1
 

Similar a Sector primario temas e vocabulario (20)

O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdfpdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
pdf_libro_guia_biodiversidade.pdf
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
 
Tema 6. A diversidade da economía española
Tema 6.  A diversidade da economía españolaTema 6.  A diversidade da economía española
Tema 6. A diversidade da economía española
 
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
Cuestión teórica 8: Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española
 
Boletin 1
Boletin 1Boletin 1
Boletin 1
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
Tema 12. lección 5.1. agricultura en galicia.
 
Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)Economía de España e Galicia (Antía)
Economía de España e Galicia (Antía)
 
09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario
 
Sector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.pptSector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.ppt
 
Agricultura familiar
Agricultura familiarAgricultura familiar
Agricultura familiar
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografia
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdfSECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO  xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
SECTOR PRIMARIO ACTUALIZADO xeografía e historia temario 3 eso 2024.pdf
 
As economías de España e Galicia
As economías de España e GaliciaAs economías de España e Galicia
As economías de España e Galicia
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
XEO2-Sector primario
XEO2-Sector primarioXEO2-Sector primario
XEO2-Sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 

Sector primario temas e vocabulario

  • 1. XEOGRAFÍA DE ESPAÑA Eva 2º BACH www.aulasabertas.blogspot.com
  • 2.
  • 3. Técnica de cultivo de especies acuáticas, vexetais e animais, en ambientes físicos controlados, co obxectivo de manter as condicións que estas especies atopan no seu medio natural.  Cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en piscifactorias ou bateas flotantes.  As principais especies de peixes son a dourada, rodaballo e robaliza no caso da acuicultura mariña, xunto á troita no caso da acuicultura continental.  O volume de produción máis alto corresponde ao cultivo de mexillón nas Vista aérea de la piscifactoría de Stolt Sea Farm Rías Baixas galegas. en cabo Vilán, Camariñas. // Víctor Echave
  • 4. A agricultura ecolóxica prescinde de utilizar produtos químicos (fertilizante insecticidas, sementes modificadas etc.) para aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras. Iso supón apostar por unha menor produtividade, a cambio de produtos máis saudables e un maior respecto as condicións ambientais de cada área.  Dende o seu recoñecemento oficial en 1989 e a creación de etiquetas para os produtos ecolóxicos, houbo un progresivo aumento da produción ecolóxica. hoxe conta con axudas específicas dentro da PAC.  A primeira comunidade española produtora é Andalucía (máis dun terzo dos produción) seguida por Estremadura (18%) e Cataluña (8%).
  • 5.
  • 6.
  • 7.  Certificación de calidade que se outorga a produtos dun determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que todos deben cumprir.  Resultacada vez máis frecuente en produtos agrarios (vinos, aceites, carnes, legumes, queixos, doces,...).
  • 8. DO e IX Distinción especial que se lles concede a produtos que acadan un elevado nivel de calidade, tanto polas materias primas utilizadas, como polo seu proceso de elaboración.
  • 9.  Proceso de redución do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e a mecanización das tarefas do campo.  Asociado ao proceso de industrialización e ao éxodo rural, a desagrarización en España comezou nos anos 60.  Por primeira vez, no censo de 1970, os ocupados no sector primario (29%) foron superados, tanto polos da industria (37%) coma polos dos servizos (34%).
  • 10. O proceso de desagrarización foi máis intenso naqueles territorios que coñeceron un maior desenvolvemento industrial, contan con grandes cidades, ou presentan un forte crecemento do turismo nas últimas décadas. Iso explica que en Madrid, o País Vasco, así como en boa parte de Cataluña e os dous arquipélagos, a porcentaxe de poboación agraria non supere o 2% do total de ocupados. En cambio, os valores máis altos de ocupación en actividades agrarias corresponden as provincias do interior peninsular, en especial as que bordean a fronteira con Portugal ou corresponden a áreas montañosas e menos accesibles. No litoral, tan so as provincias de Murcia, Almería e Huelva presentan tamén porcentaxes de poboación agraria superiores ao 8%, debido á expansión da agricultura intensiva baixo plástico. En todas as provincias, os traballadores agrarios son xa unha minoría. Pero boa parte dos seus produtos son a base da industria agroalimentaria e tamén contribúen a preservar algúns produtos de calidade vinculados a territorios concretos.
  • 11.  Trata de sacar a maior produtividade no mínimo espazo posible. Este tipo de explotacións practicase en lugares moi poboados onde o terreo é escaso. Precisa de cuantiosos investimentos e tecnoloxía avanzada. Utilízanse fertilizantes e sementes seleccionadas.  Produtos de agricultura intensiva en España son a froita e a verdura.  Avicultura e gando porcino (gando estabulado)
  • 12. Política da Unión Europea dirixida á promoción do sector agrario. A PAC xestiona, a través do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA), as subvenciones que se lle dan á producción agrícola na Unión Europea Así mesmo, intenta ofrecerlles aos consumidores produtos alimentarios ao máis baixo prezo posible, ao tempo que trata de conseguir certo autoabastecemento dentro da UE.  Unha das medidas tomadas pola PAC foi esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.
  • 13. Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas e gandeiros (cereais, oleaxinosas, leguminosas, leite etc.), con subvencións aos produtores en función da superficie cultivada ou do número de cabezas de gando coas que contan.  Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos, tal como ocorreu, por exemplo, co viñedo ou as granxas leiteiras.  Apoio á forestación de terras agrícolas, para reducir a superficie total cultivada e mellorar a calidade do medio ambiente, así como á agricultura e a gandaría ecolóxicas.  Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos agricultores.  Apoio á diversificación económica do mundo rural, que evite a excesiva especialización agraria de certas comarcas e favoreza empregos alternativos para mulleres e mozas (turismo rural, artesanía e industria etc.),  Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas
  • 14. A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) consiste nun conxunto de regras e mecanismos que abarcan as actividades de explotación de peixes, crustáceos e moluscos, incluíndo a acuicultura, así como o seu procesamento e comercialización.  Os obxectivos do PCP son : ― Aumentar a produtividade, fomentando o progreso técnico e asegurando o desenvolvemento racional da produción pesqueira e a utilización óptima dos factores de produción, en particular da man de obra. ― Garantir un nivel de vida equitativo para a poboación de peixes, especialmente mediante o aumento da renda individual dos que traballan na pesca. ― Estabilizar os mercados. ― Garantir ao consumidor suministros a prezos razoables.
  • 15. Coidado e explotación dos bosques. Os principais produtos que se obteñen da explotación forestal son a madeira, a cortiza, a resina, os piñóns, as bagas, os froitos silvestres e os cogomelos. Destaca ademais o uso cinexético das zonas forestais.  A explotación forestal en España realízase principalmente nos bosques atlánticos e do norte situados no Macizo Galaico, na Cordilleira Cantábrica, nos Perineos, no Sistema Central e nos Montes de Toledo.
  • 16. Produtos que se obteñen a partir da manipulación xenética das sementes. Esta manipulación permite obter plantas coas características desexadas (por exemplo, de cor ou tamaño) e que sexan máis resistentes a certas pragas ou enfermidades ou ben a determinadas condicións adversas como as secas.  No 2011 en España aumentou o cultivo de millo transxénico. Comunidades nas que cultivan millo transxénico son Aragón e Cataluña.
  • 17. Acuicultura é o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. A acuicultura aparece restrinxida a un pequeno abano de especies, principalmente peixes, moluscos e crustáceos. En Galicia, a acuicultura representa aproximadamente a terceira parte da cifra do negocio da pesca. Agricultura ecolóxica- Sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xeneticamente modificados (OXMs) -nin para fertilizante nin para combater as pragas-, logrando deste xeito obter alimentos orgánicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente. Desagrarización- Perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio. En toda España tense producido este proceso, especialmente desde finais dos anos 1970. Explotación intensiva é aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura intensiva obtén unha forte productividade, sobre terreos moitas veces de extensión reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura. Silvicultura- Actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou resinas, mais tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a conservación de hábitats naturais e o desenvolvemento de espazos recreativos.
  • 19. PRODUTO INTERIOR BRUTO: corresponde á produción total de bens e servizos xerados nun país ao longo dun ano. Adoita utilizarse como indicador da potencia económica dos Estados.  MINIFUNDIO: Explotación de pequenas dimensións (menos de 10 ha), que predominan na metade Norte da Península e nos dous arquipélagos. Son propios dunha economía de autoconsumo.  EXPLOTACIÓN EXTENSIVA: explotación agraria na que a produción é elevada en conxunto, pero escasa en relación á superficie utilizada, que debe ter grandes dimensións.  GLOBALIZACIÓN: proceso de carácter económico, social, cultural, político etc., que supón unha compresión do espazo e do tempo, e a eliminación á libre circulación dos factores de produción, das ideas, das persoas e, sobre todo, dos capitais e os movementos financeiros.
  • 20. CULTIVO FORRAXEIRO: tipo de aproveitamento agrícola cuxo destino é a alimentación do gando.  ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que non aparecen reflectidas nas estatísticas oficiais debido á súa ilegalidade, e que permiten a subsistencia dun sector máis ou menos amplo da poboación segundo os países.  AUGAS XURISDICIONAIS: espazo mariño sobre o que un estado exerce a súa soberanía e forma parte do seu territorio, polo que lle pertence a explotación dos seus recursos.  FONDOS ESTRUTURAIS: fondos establecidos na Unión Europea co fin de lograr a cohesión,axudando ao desenvolvemento de rexións desfavorecidas e que abarcan diversos aspectos (axudas á agricultura, ás infraestruturas, a proxectos de desenvolvemento etc.)  ROTACIÓN DE CULTIVOS: sistema de cultivo que consiste en alternar produtos diferentes e complementarios ao longo do ano ou de varios anos sobre unha mesma terra, co fin de rexenerala e facela descansar.
  • 21. Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos: a) Tipos: terras labradas, prados e pastos, áreas forestais, restantes usos do solo. b) Factores: condicións naturais (dominios atlántico, mediterráneo e subtropical e áreas montañosas e chairas) e estrutura da propiedade.  Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española: a) A poboación rural b) As explotacións agrarias c) Técnicas e sistemas agrarios d) Estrutura gandeira e) Política Agrícola Común
  • 22.
  • 23.
  • 24. Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo.  As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).  Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total).  As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que conste o 17% da superficie total).
  • 25. 2007
  • 26. Ocupadas por diferentes cultivos  Comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).  Grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado (vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e Guadalquivir)  Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga)  Litoral mediterráneo.  Escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma na áreas de montaña e o arquipélago canario. Neste último, as condicións climáticas topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou ben produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos.
  • 27. Ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total)  Destinados á produción de herba para alimento do gando  Ocupan as áreas máis húmidas, topograficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo  Pódense distinguir tres tipos de situacións: as pradarías permanentes, os pastos estacionais e os pastos de altura.
  • 28. AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa.  No oeste da Península Ibérica predominan os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo.  Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados tradicionalmente por unha gandaría transhumante -principalmente ovina- que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas.
  • 29.  Bosques de especies caducifolias ou perennifolias  Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana.  Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos), así como a súa utilización para a caza.
  • 30. Suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total)  Terreos ermos improdutivos  Áreas urbanizadas  Áreas ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís)  Espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros)
  • 31.
  • 32. O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de grandes conxuntos.  Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade: grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes públicos en moitas áreas de montaña ou pequenas explotacións gandeiras nas rexións do Cantábrico.  En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo, Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan as terras baldías ou ermas.
  • 33.
  • 34.
  • 35.
  • 36. Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Mediterráneo Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm. Continentalizado: Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola precipitacións entre influencia do mar e moderada cara ao interior. 800‐300 mm. Temperaturas con amplitude de 16 º C , ou máis, por ausencia de influencia mariña. Interior peninsular, menos a zona media do val do Ebro. Dominio Mediterráneo marítimo: climático de precipitacións entre montaña:Terri 800‐300 mm. Temperaturas torios a máis con amplitudes moderadas de 1.000 m. por influencia do mar Precipitacións entre 12 e 15/16 ºC; superiores a veráns calorosos. Costa 1. 000 mm. mediterránea peninsular Temperatura (menos o SE), a costa media inferior subatlántica, Baleares, a 10ºC e o Ceuta e Melilla inverno frío (algún mes Mediterráneo Seco próximo ou baixo 0ºC) subdesértico: precipitacións inferiores a 300 mm. Temperaturas variables en función da Subtropical: Precipitacións moi latitude e da distancia escasa nas zonas baixas. Temperaturas cálidas todo o ano nas ao mar. SE peninsular e zonas baixas, que descenden coa zona media do val do altura, e escasa amplitude térmica. Ebro.
  • 37. En España distínguense tres dominios:  O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior.  O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio de terras labradas.  O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios.
  • 38. Outra divisoria é a existente entre áreas montañosas e chairas.  Nas áreas montañosas, as condicións especiais de elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques.  En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi historicamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais, onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos.
  • 39. Na economía de subsistencia, cultivos, pastos e bosque complementábanse, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación.  O desenvolvemento da economía de mercado, desde hai máis dun século, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demandado gando; tamén produciu a destrución de certos bosques compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo.
  • 40.  Nos territorios dominados pola gran propiedade, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles. A pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendementos.
  • 41. CLIMA (apartado b) Principais dominios climáticos):  Dominio climático oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm.Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola influencia do mar e moderada cara ao interior.  Dominio climático Mediterráneo: Precipitacións escasas e irregulares inferiores a 800 mm.Temperaturas variables en función da latitude e da distancia do mar. Variedades: -Marítimo: precipitacións entre 800‐300 mm. Temperaturas con amplitudes moderadas por influencia do mar entre 12 e 15/16 ºC; veráns calorosos. costa mediterránea peninsular (menos o SE), a costa subatlántica, Baleares, Ceuta e Melilla -Continentalizado: precipitacións entre 800‐300 mm. Temperaturas con amplitude de 16 º C , ou máis, por ausencia de influencia mariña. Interior peninsular, menos a zona media do val do Ebro. -Seco subdesértico: precipitacións inferiores a 300 mm. Temperaturas variables en función da latitude e da distancia ao mar. SE peninsular e zona media do val do Ebro.  Dominio climático de montaña: Territorios a máis de 1.000 m. Precipitacións superiores a 1. 000 mm. Temperatura media inferior a 10ºC e o inverno frío (algún mes próximo ou baixo 0ºC)  Dominio climático de Canarias (Subtropical): Precipitacións moi escasa nas zonas baixas.Temperaturas cálidas todo o ano nas zonas baixas, que descenden coa altura, e escasa amplitude térmica.
  • 42. Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Mediterráneo Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm. Continentalizado: Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola precipitacións entre influencia do mar e moderada cara ao interior. 800‐300 mm. Temperaturas con amplitude de 16 º C , ou máis, por ausencia de influencia mariña. Interior peninsular, menos a zona media do val do Ebro. Dominio Mediterráneo marítimo: climático de precipitacións entre montaña:Terri 800‐300 mm. Temperaturas torios a máis con amplitudes moderadas de 1.000 m. por influencia do mar Precipitacións entre 12 e 15/16 ºC; superiores a veráns calorosos. Costa 1. 000 mm. mediterránea peninsular Temperatura (menos o SE), a costa media inferior subatlántica, Baleares, a 10ºC e o Ceuta e Melilla inverno frío (algún mes Mediterráneo Seco próximo ou baixo 0ºC) subdesértico: precipitacións inferiores a 300 mm. Temperaturas variables en función da Subtropical: Precipitacións moi latitude e da distancia escasa nas zonas baixas. Temperaturas cálidas todo o ano nas ao mar. SE peninsular e zonas baixas, que descenden coa zona media do val do altura, e escasa amplitude térmica. Ebro.
  • 43.
  • 44. O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre. Tradicionalmente foi, case en exclusiva, un espazo agrario onde se desenvolvían as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.  Non obstante, desde a década de 1970, introducíronse outras actividades, como as residenciais, industriais, de servizos, recreativas e paisaxísticoconservacionistas. Como consecuencia, o espazo rural volveuse máis heteroxéneo e complexo.
  • 45.  A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa, existen diferenzas territoriais entre as baixas cifras de poboación agraria de Madrid e do País Vasco, en torno ao 1%, e os valores máis altos de Estremadura, Murcia e Galicia, superiores ao 8%. Pola súa banda, o envellecemento rural é máis acusado nas comunidades do interior peninsular.  A causa principal foi o éxodo rural, entre 1960 e 1975.  Despois, a crise económica desacelerou o éxodo rural e incrementou a actividade agraria a tempo parcial.  As tendencias demográficas que se apuntan desde a década de 1990 son dobres: - Unha continuación do descenso demográfico e do envellecemento nas áreas rurais máis desfavorecidas (crecemento natural negativo, a emigración, a xubilación). - Certa recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis dinámicas. Está relacionada co asentamento de inmigrantes, novas actividades en zonas rurais periurbanas e turísticas e coas subvencións europeas.
  • 47.
  • 48. O descenso do seu número débese ao abandono de terras e a un proceso de concentración, por venda ou arrendamento. Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre: -Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles en progresivo abandono ou traballadas so a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa produtividade. -Empresas agrarias, ben de particulares ben de sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles.  O réxime de tenza establece a relación entre propiedade e explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre tenza directa (explotación traballada polos seus propietarios), arrendamento (se explotan terras alleas a cambio dunha renda anual) e parzaría (se explotan terras a cambio dunha porcentaxe da colleita).  Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa e tende a desaparecer o sistema de parzaría (só un 2% do total).
  • 49.  Existen importantes diferenzas rexionais en canto ao tamaño medio das explotacións agrarias:  As rexións dominadas por cultivos de secaño ou devesas presentan explotacións de maior tamaño medio: máis de 50 hectáreas en Castela e León, ou máis de 30 en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e Madrid.  As rexións húmidas e de especialización gandeira, xunto aos regadíos do litoral mediterráneo e as illas, contan con explotacións máis pequenas: menos de 12 hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade Valenciana e Canarias.
  • 50.
  • 51. O réxime de tenza establece a relación existente entre propiedade e explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre: a) Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con ou sen asalariados. b) Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio do pagamento dunha renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos propietarios emigraron, e explotan as súas terras quen permanecen. c) Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida, situación que tende a desaparecer.  Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa, e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares (hai medio século, supoñía máis do 75%).  Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%). En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
  • 52. As técnicas e os sistemas agrarios experimentaron cambios desde a década de 1960. As transformacións técnicas consistiron na incorporación de avances como a mecanización de tarefas, a selección xenética das sementes e razas gandeiras, ou o uso de fertilizantes químicos e produtos fitosanitarios (praguicidas).  As transformacións nos sistemas agrarios supuxeron unha crecente intensificación da produción e un paralelo aumento do rendemento. A agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son: - Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que teñen mellores condicións competitivas, abandonando o resto. A substitución do policultivo polo monocultivo. - Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores, colleitadoras, motores para rega, etc.), produtos químicos (fertilizantes, herbicidas, praguicidas, etc.) ou sementes seleccionadas e transxénicas, manipuladas xeneticamente. - Forte incremento da superficie en regadío. Este incremento permitiu aumentar as producións obtidas en secaño pero tamén provoca a sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga. - Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado (altérnanse capas de area e esterco) ou cultivo baixo plástico.
  • 53. El cultivo hidroponico en sentido amplio, engloba a todo sistema donde las plantas prescindan del suelo para completar su ciclo vital, aportándose los nutrientes por medio de una solución.
  • 54. Nos últimos anos, coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria. Grazas a: - Aumento da súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos. - Unha modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento. - Unha evolución das especies en función da súa rendibilidad e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. - Menor dependencia das condicións naturais, ao aumentar a importancia da gandaría estabulada.  Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos.  Desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia  A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que va unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produción e por conseguinte, maior rendibilidade.  A evolución nos últimos tempos, así como as medidas tomadas pola PAC, comportaron un claro descenso do bovino e un incremento do porcino e do avícola. Tamén provocaron o aumento da cunicultura e da apicultura.
  • 55.
  • 56.
  • 57. As áreas rurais españolas cunha importante presenza de actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes problemas: - Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e ao establecemento de prezos protexidos. - Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais españolas. - Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de mecanización e o abandono de terras pouco produtivas. - Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na industria ou nos servizos. - Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de o uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e acuíferos.
  • 58. Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC) cunha serie de accións: - Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos. - Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción. - Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas. -Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos agricultores. - Apoio á diversificación económica do mundo rural. - Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas.  Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas: - Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non corresponde ao peso relativo do sector. - Supón un proteccionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis baratos. - Como as axudas se vinculan ao tamaño da explotación, favorece unha partición moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.
  • 59.  http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o- sector-primario.html  http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC hx8&feature=player_embedded#!