1. O alumnado de infantil atendendo ás explicacións
no Museo Etnográfico de Quiroga.
Lúa subida ao primeiro coche que houbo na
comarca e que se empregaba para transportar aos
viaxeiros dende Quiroga a San Clodio para coller o
tren.
Alumnado compartindo a comida no comedor do
colexio
O profesorado e demais persoal dos colexios de
Pobra de Brollón e San Clodio aproveitaron a
comida para intercambiar experiencias.
De Alberto e Manuel(6º de primaria.) Convivencia Pobra de
Brollón
Alberto e Manuel
6º de primaria
Como é habitual nos últimos anos os compañeiros e xa
amigos do colexio de Pobra de Brollón e máis nós
celebramos unha xornada anual de convivencia. Este
curso tocoulle organizala ao noso centro e convidámolos a
coñecer os museos de Quiroga nos que se conservan
moitos vestixios xeolóxicos e etnográficos da nosa
comarca.
O día 17 de Marzo, viñeron ao noso
colexio os rapaces e rapazas do C.E.I.P.
de Pobra de Brollón. Unha vez nos
saudamos, saímos cara o concello de
Quiroga, moi preto do “noso concello”.
Cando chegamos a Quiroga fomos visitar
o museo etnográfico, que trata de cousas
da historia de Quiroga e dos arredores.
Xa dentro, un guía explicounos como
funcionaban os obxectos que había no
museo: desde un automóbil ata unha
serraría. Despois fomos ao museo
xeolóxico moi preto do cemiterio. Alí un
guía explicounos os animais e os seres
vivos que había polos arredores de
Quiroga fai miles de millóns de anos.
Tamén nos ensinou un cranio de
rinoceronte laudo.
Despois fomos ver o pregamento de
Campodola no concello de Quiroga. O
pregamento ten miles de millóns de anos.
Xa no colexio,viñemos comer, o menú
era:de primeiro empanada de bonito,de
segundo plato costela asada e de
sobremesa flan caseiro que nos fixo a
nosa cociñeira Ana.
Despois de comer xogamos o mítico
partido San Clodio-Pobra de Brollón.
Quedamos 6-0, como era de esperar,
gañou o San Clodio. Antes de que
marcharan fixemos un intercambio de
árbores. Ás 3:30 os alumnos do colexio
de Pobra de Brollón, partiron cara o seu
colexio. Nós ás 4:15 marchamos para a
nosa casa.
Convivencia co C.E.I.P. de
Pobra de Brollón