1. Situación da muller no século XX
II República, franquismo, gobernos da democracia
A extremeña María Telo co cartel Viva o feminismo en 1936
2. A muller española no século XX
Inicios e consolidación do movemento feminista
1.Crise da Restauración e na
Ditadura de Rivera.
2.II República e Guerra Civil.
3.Franquismo.
4.Da Transición Democrática á
actualidade.
3. Introdución
• Ao longo do período da Restauración borbónica, a
muller foise incorporando a tarefas ata entón
consideradas exclusivas do home, especialmente
no mundo laboral polo incremento da
industrialización, pero esta nova situación non
mellorou a condición feminina, pois a muller seguiu
discriminada desde o punto de vista xurídico
(recoñecemento legal dunha condición inferior ao
home), político (sen dereito ao voto), social
(sometemento ao home), laboral (a igual traballo
menor salario) e cultural (restrición de acceso aos
estudos e institucións).
4. A reivindicación feminina a
comezos do século XX
• As mútiples dificultades existentes, unidas á mentalidade
imperante, patriarcal, machista e misóxina, foron atrancos
que as mulleres tiveron que soportar.
• A maioría quedarían á sombra, invisibles, silenciadas,
reducidas na súa vida e no seu traballo, a anxos do fogar,
mulleres solteironas, cumprindo as funcións e roles
considerados, pola sociedade conservadora, específico do
feminino, baixo a tutela e sometemento do home (pai, irmán,
marido, cura, mestre, amigo...).
• Pero unha minoría tentou vivir a súa vida doutro xeito,
derrubando as barreiras de xénero existentes, ocupando
espazos vedados ata entón, sempre con valentía e a costa de
críticas e sarcasmos procedentes da violencia verbal e
simbólica exercida dos homes contra as mulleres.
5. A reivindicación feminina a
comezos do século XX
• A pesar da persistencia dun grao elevado de
analfabetismo feminino (moi superior ao masculino: na
España de 1900, 0 71,43% das mulleres, fronte ao
55,7% dos homes eran analfabetas), de forma
crecente desde finais do século XIX, nas cidades con
maior dinamismo económico, comercial e industrial,
sectores limitados de mulleres procedentes das clases
medias e altas buscaron superar o eido doméstico-
social ou relixioso-caritativo, incrementar a súa
educación e cultura e exercer unha profesión non
remunerada no sector das profesións liberais.
6. A reivindicación feminina a
comezos do século XX
• Inicialmente a incorporación á educación superior, nos
institutos e na universidade foi lenta e difícil.
• A primeira muller que realizou oficialmente estudos
universitarios en España, cun permiso especial en 1872,
foi María Helena Masseras; fixo a carreira de medicina
na Universidade de Barcelona con grandes atrancos.
• Seguíronlles outras no estudo de Medicina, Ciencias,
Filosofía e Letras e Farmacia. Pero non poderán
matricularse libremente na universidade, sen previa
consulta coas autoridades, ata 1910.
• Ademais dos atrancos para estudar, tiveron que
enfrontarse coa dificultade para exercer unha profesión
no sector terciario. As súas posibilidade
incrementáronse nas décadas iniciais do século XX.
7. As xemelgas Jimena e Elisa Fernández de la Vega foron as
primeiras mulleres en obter unha licenciatura (medicina) na
Universidade de Santiago en 1919
8. A reivindicación feminina a
comezos do século XX
• Paralelamente foron creándose diferentes institucións dedicadas a
ofrecer ás mulleres españolas da clase media a oportunidade de ter
acceso a unha ensinanza académica e unha formación laboral.
• Estas iniciativas responderon dúas vías distintas: católico-
conservadoras e liberal-laica. Impusaldas polos sectores
relixiosos diferentes centros de instrución para as mulleres (como a
Institución Teresiana en 1911) desde unha visión católica e
conservadora. Desde unha perspectiva liberal destacou a creación
da Residencia de Señoritas en Madrid (1915) que, inspirada pola
ideoloxía da Institución Libre de Enseñanza e dirixida por María de
Maeztu, ofrecía aloxamento e formación ás mulleres, maiores de 16
anos para ocupar profesións cualificadas.
• Foi unha das institucións máis importantes para apoiar a
emancipación feminina por medio do estudo e o traballo.
9. Imaxe da Escuela de Señoritas (Madrid)
asociada a Institución Libre de Enseñanza
dirixida pola pedagoga María de Maeztu
funcionou desde 1915 ata a Guerra Civil
10. A reivindicación feminina a
comezos do século XX
• A progresiva modernización cultural e o novo modelos
de mulleres xurdidos na década de 1920, daría orixe á
fundación do Lyceum Club feminino (1926) formado
por socias pertencentes á elite sociocultural española,
entre as que figuraban a pedagoga María de Maeztu,
a avogada Victoria Kent, a escenógrafa e deseñadora
Victorina Durán e a feminista María Martos.
• Reuníanse periodicamente para debater cuestións de
todo tipo relacionadas co mundo e a condición
feminina; para descualificar a súa actividade, a
misoxinia oficial cualificouno como o club das
maridas porque moitas eran mulleres de destacadas
personalidades masculinas.
12. A reivindicación feminina a
comezos do século XX
• Neste contexto renovador, aínda que minoritario,
xurdiron diferentes individualidades de mulleres
modernas e vangardistas, en diferentes sectores da
cultura, a literatura e a arte, conformaron a
xeración do 27 feminina.
• Hoxe tamén se coñecen como As sen sombreiro
polo xesto rebelde de non levar sombreiro en
público (era un costume daquela obrigatorio para as
mulleres) e acurtarse o pelo. Ese xesto de liberdade
e rebeldía foi iniciado en Madrid pola artista galega
Maruja Mallo na década de 1920, actitude
transgresora coa que pretendían, metaforicamente,
liberar as ideas e as actitudes.
13. Xeración do 27 feminina: As sen sombreiro
De arriba abaixo e de esquerda a dereita: Magarita Manso (pintora), Concha Méndez
(escritora), Josefina de la Torre (actriz e escritora), Marga Gil-Roëset (ilustradora e
escritora), Erenestina de Champourcín (poeta), Maruja Mallo (pintora), María Zambrano
(filósofa), Rosa Chacel (escritora) e María Teresa León (escritora) nove das mulleres
coñecidas como as Sen Sombreiro
14. A reivindicación feminina a
comezos do século XX
• A inquietude cultural e profesional tamén foi
acompañada da progresiva implicación
política das mulleres das clases medias,
reivindicando o dereito de voto e
participando en reunións e faladoiros
políticos.
• En Galicia, en 1918, máis de 200 mulleres
formaron a Sección Feminina da
Irmandade da Fala coruñesa que sumou
esforzos no movemento nacionalista galego.
15. Mulleres sufraxistas mobilizándose polo dereito ao
voto feminino en 1931 durante a II República
Micaela Chao Maciñeira, pioneira das Irmandades da
Fala e confundadora, en agosto de 1918, da Sección
Feminina da Irmandade Coruñesa
16. As mulleres na II República
• Segundo o censo de 1930 existían en España 12.065.566 mulleres
e 11.498.301 homes. Porén, as mulleres que traballaban eran
1.100.000, só o 9% da poboación feminina e o 12% do conxunto da
poboación traballadora.
• No campo traballaban toda a súa vida nas explotacións de
familiares, sen ningún tipo de remuneración. Nas cidades, a maioría
das traballadoras eran solteiras e moitas deixaban de traballar
despois de casar. O maior grupo traballaba no servizo doméstico,
no pequeno comercio e no sector conserveiro e téxtil en pequenos
talleres, en todos os casos con salarios máis baixos que os dos
homes. Cunhas elevadas taxas de analfabetismo, vivían sometidas
aos varóns, en estruturas familiares patriarcais, de familias
numerosas cunha media de cinco ou seis fillos, baseadas no
autoritarismo masculino e na ríxida moral tradicional católica,
afastadas da esfera pública.
17. Imaxe de cigarreiras traballando na Fábrica de Tabacos da Palloza da
Coruña a comezos do século XX. A fábrica empregaba a 4.000
mulleres . As duras condici´óns de traballo levou ás cigarreiras a organizarse, primeiro formando sociedades de socorros mutuos e
caixas de auxilio e posteriormente formando sindicatos. Así, animadas polo líder sindical socialista Severino Chacón, fundaron en 1916 Unión
Tabacalera, formación que foi o xermolo da Federación Tabaquera Española na que se afiliaron a inmensa maioría de cigarreiras e tabaqueiros de
todas as fábricas de tabacos da península. Pouco despois fundouse Nueva Aurora, auspiciada pola la poderosa Federación Local, intentando impedir
que un colectivo tan significativo como eran as cigarreiras se organizase sindicalmente fóra de seu seno e tendencia anarcosindicalista. Os
enfrontamentos entre as asociadas dunha e outra sociedade foron permanentes, alcanzando momentos de especial virulencia entre 1918 e 1920. As
tácticas sindicais de Chacón permitiron que as cigarreiras conseguisen múltiples melloras, e grazas ao crecemento da afiliación foi posible cumprir
parte dun programa que se viu interrompido polo inicio da Guerra Civil:
18. As mulleres na II República
• Tampouco o tiñan fácil as mulleres de esquerdas,
pois aínda que o socialismo e o anarquismo
defendían a igualdade teórica entre homes e
mulleres e a liberdade dos oprimidos, moitos dos
seus dirixentes varóns reproducían os valores
machistas e subordinaban as mulleres á
consecución da revolución do proletariado, sen ter
en contra os seus problemas específicos de
discriminación pola súa condición sexual.
• Só unha minoría de mulleres desafiaban o
establecido e desexaban avanzar na igualdade.
Entre elas estaban as modernas.
20. As mulleres na II República
As Modernas
• As modernas, na súa maioría pertencentes a familias liberais da
burguesía ou á clase alta, conseguiron romper as barreiras
impostas ás mulleres, desviándose, non sen poucas dificultades, do
camiño trazado para elas –noivado, matrimonio, fillos e vida no
fogar-, para buscar novos horizontes onde poder realizarse como
seres autónomos.
• Así mesmo, cunha forte oposición familiar e social, aos poucos
conseguiron o acceso á educación e á cultura, fundamental para
aquelas que querían levar acabo unha vocación profesional. Isto
permitiu que moitas alcanzasen unha conciencia política liberal, á
que contribuíu o asociacionismo político. Tamén se consideraban
feministas ou estaban ao tanto dos debates sobre a emancipación
feminina.
• A modernidade reflectíase no seu aspecto físico e modo de vestir:
hábito de fumar, maquillarse, broncearse, ropas soltas, uso de
pantalóns, pelo curto e incorporábanse, pouco a pouco ao mundo
laboral. Eran, polo xeral, dinámicas, enérxicas e independentes.
21. As mulleres na II República
Proclamación: logros para as mulleres
• A proclamación da II República significou para as mulleres a
apertura dun novo período histórico, reformador e progresista.
Moitas viviron con esperanza na busca da súa realización como
persoas libres e independentes; pero outras moitas, con temor e
desacougo ante o que consideraban perda dos valores tradicionais.
• Logros: tanto a Constitución de 1931 como a lexislación
republicana aprobada no bienio reformista (1931-1933) recoñeceron
numerosos dereitos para as mulleres que significaron un gran
avance na busca da igualdade política, legal e de xénero. Especial
relevancia tivo o recoñecemento do dereito ao voto no que foi
fundamental a intervención da deputada do Partido Radical Clara
Campoamor. Por primeira vez na historia de España, as mulleres
puideron exercer como cidadás de pleno dereito, conseguir a
igualdade política cos homes, escoller os seus representantes nas
Cortes e ser elixibles.
23. Primeiras deputadas nas Cortes republicanas
Eleccións de 1931: Margarita Nelken (escritora, PSOE, por Badajoz),
Victoria Kent (mestra, avogada, Partido Republicano Radical Socialista,
por Madrid), Clara Campoamor (avogada, Partido Radical, por Madrid)
Eleccións de 1933: Matilde de la Torre Gutiérrez (escritora, PSOE, por
Oviedo), Veneranda García-Blanco Manzano (mestra, PSOE, por
Oviedo), María Lejárraga García (escritora, PSOE, por Granada),
Ángeles Gil Alvarellos (enxeñeira, CEDA, por Logroño), Francisca
Bohigas Gavilanes (inspectora de ensino, CEDA, por León)
Eleccións de 1931: Margarita Nelken, María Lejárraga García,
Matilde de la Torre Gutiérrez, Ángeles Gil Alvarellos, Victoria Kent
(Esquerda Republicana, por Xaén), Julia Álvaro Resano (avogada,
mestra, primeira gobernadora civil de España, PSOE, por Madrid),
Dolores Ibárruri Gómez (PCE, por Oviedo)
24. As mulleres na II República
Proclamación: logros para as mulleres
• Ámbito social: fomentaron a equiparación de dereitos
de ambos sexos coa lei de divorcio (unha das máis
avanzadas da época e que contemplaba o suposto de
mutuo disenso e a petición de parte), a lei de matrimonio
civil, ou a equiparación na maioría de idade, a
escolarización e o ensino obrigatorio, gratuíto, laico e
coeducativo (que contribuíu ao descenso do
analfabetismo feminino e eliminación da discriminación
educativa por xénero), a despenalización do adulterio e
do amancebamento, a desaparición do parricidio por
honor (la maté porque era mía), o recoñecemento dos
mesmos dereitos para fillos lexítimos e ilexítimos, a
presenza de mulleres nos xurados populares.
26. As mulleres na II República
Proclamación: logros para as mulleres
• Ámbito laboral: regulación do traballo das
mulleres, seguro de maternidade (que garantía
a baixa maternal pagada e a súa posterior
readmisión na empresa), e a ampliación da súa
posibilidade de acceso e admisión nos colexios
profesionais e na función pública (a República
creou corpos femininos na administración co
mesmo soldo que os seus colegas masculinos).
Aínda así, seguiu manténdose a autoridade do
marido como representante legal da esposa
para administrar os bens e realizar numerosas
actividades económicas.
27. As mulleres na II República
Proclamación: logros para as mulleres
• Militancia feminista: coa proclamación da
república moitas mulleres incorporáronse á vida
política e social de España. A liberdade
permitiulles militar e participar activamente nos
diferentes partidos e sindicatos existentes,
formando seccións femininas. Pero tamén
formaron agrupacións específicas para defender
os seus dereitos e avanzar na igualdade e na
emancipación feminina; creadas por mulleres
progresistas e de esquerdas, defenderon a
causa do feminismo desde perspectivas
distintas.
28. As mulleres na II República
Feminismo burgués
• Feminismo burgués: centrouse nos dereitos civís e
políticos das mulleres, na súa concienciación política e
na defensa dos valores republicanos. Combinando
actividades políticas e culturais, destacaron a Unión
Republicana Feminina, creada en 1931 por Clara
Campoamor en defensa do sufraxio feminino, e as
Agrupacións Republicanas Femininas espalladas
por distintos lugares.
• En Galicia destacou a Agrupación Republicana
Feminina da Coruña fundada en 1933, encabezada
por Elvira Bao e Amparo López Jean, e na que se
integraron mulleres republicanas e galeguistas.
29. Elvira Bao e Amparo López Jean galeguistas e
militantes da Agrupación Republicana Feminina
da Coruña
30. As mulleres na II República
Feminismo proletario
• Feminismo proletario: busca a liberación feminina desde
a perspectiva da emancipación da clase obreira, destacou
a asociación anarcosindicalista Mulleres Libres, fundada
en abril de 1936, pola médica Amparo Poch y Gastón, a
telefonista e poeta Lucía Sánchez Saornil e a xornalista
Mercedes Comaposada. Contaba cunha revista propia
(co mesmo nome e exclusivamente feminina) e defendía a
liberación da muller obreira (coa súa incorporación ao
traballo asalariado), a educación feminina, a igualdade nas
relacións de homes e mulleres sen sanción institucional
(amor libre), a fin da xerarquización autoritaria dentro da
familia e a educación sexual (con información sobre
métodos anticonceptivos e aborto).
32. As mulleres na II República
Mobilización feminina conservadora
• Paralelamente, produciuse tamén a incorporación á vida
política e social das mulleres conservadoras en defensa da
patria, a familia, o catolicismo e a Igrexa, considerados
ameazados polo programa laicista e de esquerdas da II
República.
• Esta mobilización feminina conservadora, ademais de dar
orixe á creación de seccións femininas nos partidos
conservadores, tradicionalistas e fascistas, traduciuse nunha
actividade destacada e sen precedentes en campañas de
propaganda e axitación, de protestas nas rúas en repulsa da
lexislación laicista, de pegada de pasquíns e de captación de
voto para as eleccións; pero sempre sen alterar o modelo
de sociedade tradicional e de subordinación da muller ao
home.
34. As mulleres na II República
Esplendor da creación cultural, artística e intelectual feminina
• Os anos da II República foron dunha extraordinaria vitalidade
cultural e de desenvolvemento das vangardas artísticas, así como
da produción literaria e poética da chamada xeración do 27. Nel
tiveron unha destacada participación as mulleres intelectuais e
artistas, aínda que as súas obras, en moitas ocasións, quedaron
agochadas ou minusvaloradas, fronte ás dos seus compañeiros
varóns, que en moitos casos eran amigos e parellas, pola misoxinia
cultural imperante que as condenaba a ser simples musas ou
compañeiras. Exemplo desta situación é o caso de María
Lejárraga, deputado, organizadora de proxectos pioneiros para os
dereitos e liberdades da muller e da dramaturga coñecida como
María Martínez Sierra, pseudónimo que adoptou a partir dos
apelidos do seu marido (Gregorio Martínez Sierra); a verdadeira
autoría das obras quedou desvelada en 1930 cando Gregorio
asinou un escrito no que recoñecía a coautoría da súa muller pero
reclamaba os dereitos para si.
35. Isabel Oyarzábal (1878-1974). Feminista, tradutora, xornalista,
escritora, actriz e diplomática española. Primeira muller
embaixadora ante a Sociedade de Nacións na II República
36. As mulleres na II República
Esplendor da creación cultural, artística e intelectual feminina
• Escritoras e intelectuais como Rosa Chacel, Ernestina
Champourcín, Carmen Conde, Josefina de la Torre, María
Teresa León, Zenobia de Camprubí, Concha Méndez, María
Enciso ou María Zambrano, foron expoñentes da
modernidade e da vangarda..
• Igual sucedeu con escultoras como María Pérez Peix, Eulalia
Fábregas ou Marga Gil; ou artistas profesionais que se
consideraban a si mesmas exemplos de mulleres
emprendedoras, modernas e libres como Francisca Bartolozzi
(«Pitti»), Rosario de Velasco, Ángeles Santos, Julia
Minguillón, Marga Gil, Maruja Mallo, Ana María Martínez Sagi,
Remedios Varo... Ou deportistas como Lilí Álvarez, finalista
no torneo de tenis de Wimbledon... E tantas outras que van
saíndo á luz.
37. Maruxa Mallo (Viveiro 1902-
Madrid 1995). Pintora
surrealista que destacou
polo seu activismo, a súa
posición feminista e a súa
forte personalidade.
Renegou desde moza dos
roles asignados á muller na
súa época
38. A muller na Guerra Civil española
• A Guerra Civil mantivo a mobilización feminina. Os dous
bandos e os seus proxectos políticos recorreron ás
mulleres no seu esforzo para gañar a guerra, pero o
desenvolveron modelos distintos de muller, sociedade e
relación entre xéneros.
• As mulleres que formaron parte de cada bando
actuaron, as máis concienciadas, de acordo cos seus
ideais e no marco político-ideolóxico polo que
pelexaban; as demais, soportaron os rigores da guerra,
morte, fame, desabastecemento, tentando sobrevivir e
sacar adiante as súas familias.
40. A muller na Guerra Civil española
Zona republicana
• A diversidade ideolóxica, o colapso do poder estatal e o
control de rúas e territorios polos diferentes grupos
políticos e sindicais existentes fixeron que no bando
republicano existisen diferentes actitudes e posturas por
parte das mulleres e tamén sobre o papel que as
distintas organizacións e os gobernos lles demandaban.
• A división e o enfrontamento ideolóxico fixeron que,
como no resto das grandes cuestión non existise un
proxecto social común compartido por todas as mulleres
do bando republicano.
• En liñas xerais, inicialmente houbo dúas opcións; ir ás
frontes de guerra ou traballar na retagarda.
42. A muller na Guerra Civil española
Zona republicana: as milicianas
• Nas primeiras semanas de guerra, grupos reducidos de
mulleres, sobre todo anarquistas e comunistas, foron
espontaneamente ás frontes e tomaron as armas para
combater.
• Unhas vestidas con monos azuis e outras con saia-pantalóns,
tomaron parte nas accións de combate aínda que se
dedicaron maioritariamente a tarefas de apoio (sanitarias e de
cociña), manténdose a división sexual do traballo.
Inicialmente, debido ao atractivo da súa imaxe, foron
consideradas como heroínas antifascistas, pero meses máis
tarde, en outubro de 1936, desde as organizacións obreiras e
co Goberno de Largo Caballero, foron obrigadas a retirarse
das frontes de guerra (proceso que culminaría en 1937).
44. A muller na Guerra Civil española
Zona republicana: traballadoras na retagarda
• A marcha dos homes ás frontes fixo que deixaran moitos
postos baleiros en todo o sistema produtivo. Esa perda foi
compensada coa incorporación masiva de mulleres que
realizaron todo tipo de tarefas produtivas e asistenciais;
traballaron na fabricación de material bélico, na confección de
equipamento militar, na industria metalúrxica, no transporte
público, nos servizos de abastecemento, nos hospitais...
• Ademais do traballo remunerado para a economía de guerra
tamén realizaron traballos voluntarios de asistencia a
refuxiados e orfos asegurando o funcionamento da sociedade
civil. A imposición da necesidade de facer fronte á guerra e
gañar ao fascismo fixeron que a loita feminista quedase
relegada fronte ao deber das mulleres de substituír os homes
na retagarda.
46. A muller na Guerra Civil española
Zona republicana: a derrota na guerra
• A derrota republicana acabaría co ideal
emancipador das mulleres e moitas delas, as
comprometidas coas organizacións que
apoiaron á Fronte Popular, pagarían un alto
prezo.
• Unhas marcharán ao exilio; outras que se
quedaron ou non puideron fuxir, sufrirán en
distinto grao a represión franquista (castigos de
xénero como raspaduras de pelo e as
violacións, malos tratos, penas de cárcere,
execucións).
47. A muller na Guerra Civil española
Zona franquista
• No inicio da guerra, nas zonas dominadas polos golpistas, as
mulleres encadradas na Sección Feminina da Falanxe, nas
Margaridas dos Requetés e na Acción Católica da Muller
desenvolveron un enorme papel activo e colaborador co exército e
as novas autoridades franquistas.
• Ademais de instrumentos para o encadramento das mulleres (en
1934 a Sección Feminina contaba cunhas dous mil militantes e en
1939 eran unhas seiscentas mil afiliadas), puxéronse á fronte do
aparato propagandístico do novo réxime nacional-católico
(participando en desfiles, misas e procesións), recadaron fondos
para a guerra e pasaron a traballar e numerosas tarefas asistenciais
en hospitais, talleres-roupeiros, comedores, almacéns de alimentos
e servizos sociais entre eles o Auxilio Social fundado en 1936 pola
falanxista Mercedes Sanz Bachiller.
48. Margaridas de Frontes e
Hospitais visitan aos
Requetés do Tercio da
Nosa Señora de
Montserrat na fronte do
Ebro
49. A muller na Guerra Civil española
Zona franquista
• Aínda que, primeiro a República e despois a
guerra, fixeron que ocupasen e fosen activas e
visibles no espazo público, o seu modelo de
muller para o futuro seguía os principios
reaccionarios católicos, que foron recollidos na
nova lexislación franquista: o sacrificio feminino
por Deus e a Patria, e a glorificación da
maternidade e o fogar como destinos naturais
das mulleres.
50. Pilar Primo de Rivera,
irmá do fundador da
Falanxe e filla do ditador
Miguel Primo de Rivera,
presidirá a Sección
Feminina da Falanxe
desde abril de 1937 á
súa disolución en 1977
51. A muller no franquismo
Subordinación da muller
• A familia é a base da sociedade. Protexida polo Estado de
acordo coa moral tradicional católica. Matrimonio canónico
indisoluble, matrimonio que ten como fin primordial a
procreación dos fillos. Na familia cada membro ten unha
finalidade: o home traer recursos; a muller, os labores da
casa e os fillos, perpetua a tradición e o sistema vixente.
Divulgación dos valores: SECCIÓN FEMININA (presidida
por Pilar Primo de Rivera) e SERVIZO SOCIAL (prestación
obrigatoria para todas as mulleres durante seis meses de
traballos sociais).
• 1960: cambio sociolóxico. Legalmente seguiron sometidas
ao pai e ao marido ata o final do franquismo.
55. A ditadura franquista (1939-1975)
Desigualdade entre home e muller
Legal Laboral Educación
Duro castigo ante o
adulterio e concubinato
en comparación co
home.
Supresión do matrimonio
civil e o divorcio.
Prohibición de posuír
bens propios da muller
casada; prohibición de
exercer determinadas
profesións sen o
permiso escrito do
marido.
Salario menor na
mesma categoría laboral
Despido non penalizado.
Non pode acceder a
subvencións familiares.
Segregación por sexos.
Menos contidos
científicos e
humanísticos na
formación da muller.
Formación centrada na
realización de tarefas do
fogar.
Difícil acceso aos niveis
educativos superiores.
71. Francesc Català-Roca: sociedade española nos anos cincuenta.
O piropeo ás mulleres era un «clásico» no comportamento masculino
72. A muller no franquismo
Subordinación da muller
• O franquismo acabou con todos os avances que conseguiran as
mulleres no dereito privado na II República (abolición do matrimonio
civil, con efectos retroactivos, 1938; derrogación do divorcio, 1939;
penalización do aborto e do adulterio; incremento da maioría de
idade aos 25 anos). Desde 1938 volveu entrar en vigor o Título IV
do Código Penal de 1889 (que criticara con dureza Concepción
Arenal e que fora derrogado na República), unha norma claramente
discriminatoria para a muller ao aceptar a súa discapacidade
xurídica como principio xeral, situación que repercutía
negativamente nos dereitos das mulleres: a licenza marital obrigaba
á casada a ter que constar coa autorización do marido como abrir
unha conta corrente, solicitar pasaporte, asinar unha escritura
pública ou un contrato, sen esa licenza (que non foi derrogada ata
1975) non podía exercer actividades comerciais, comparecer por si
mesma nun xuízo nin designar avogado ou procurador que a
representase nin defender os seus propios intereses. Así quedaba
expresamente recollido no art. 57 do Código Civil: o marido debe
protexer á muller e esta obedecer ao marido.
73. Película dirixida por Pedro
Lazaga en 1975 (ano da
morte de Franco)
Visión da muller no
tardofranqismo
74. A muller no franquismo
Subordinación da muller. A partir de 1960
• O crecente desenvolvemento económico introduciu algunhas
modificacións no comportamento e na actitude de respecto ás
mulleres, especialmente tras a súa maior incorporación á educación
universitaria e ao traballo remunerado fóra do fogar, de modo que
se introduciron cambios na lexislación: limitación do poder do
marido sobre os bens gananciais e permitir que a muller actuase
como albacea e titora en determinados casos (1958); contar co
consentimento da nai para que o pai dese os fillos en adopción
(1970); rebaixar a maioría de idade a 21 anos (1972); poder
conservar a propia nacionalidade ao casar cun estranxeiro, aceptar
que o matrimonio non restrinxía a capacidade de obrar da muller ou
que o marido se atribuíse a representación da muller (1975). A Lei
de Educación de 1970 recuperaba a igualdade de ambos sexos no
sistema escolar básico, obrigatorio para nenos e nenas ata os 14
anos.
• A pesar dos cambios, na práctica, a inmensa maioría das mulleres
seguiron sometidas a pais e maridos ata o final do franquismo.
75. A cantante Massiel,
gañadora do festival
de Eurovisión de 1968,
É unha imaxe icono da
«modernidade» da
muller nos sesenta na
España franquista
76. O feminismo na transición democrática
(1975-2018)
• A partir de 1975 a loita polo recoñecemento das
mulleres e contra a discriminación por razón de sexo e
xénero, así como o combate contra estereotipos
sexistas en España, incrementouse nun amplo
programa reivindicativo.
• A liberdade conseguida na Transición e consolidada cos
gobernos posteriores fixo que en España o feminismo
incrementase a súa presenza na sociedade e
actualizase o seu discurso en paralelo coas correntes
internacionais.
• Dous foron os seus trazos fundamentais por unha
banda, a fragmentación organizativa e, por outro, o
disenso e a variedade de enfoques ideolóxicos.
77. ETAPAS NO FEMINISMO (PRIORIDADES)
1ª Onda: Finais do
XVIII-mediados do XIX
Dereitos civís das
mulleres
2ª Onda: 2ª m. do XIX-
1945
Dereito ao voto
3ª Onda: 1945-Inicios
do s. XXI
Dereitos reprodutivos e
sexuais
4ª Onda: 2017 á
actualidade
Contra a violencia
sexista ou machista
78. O feminismo na transición democrática
(1975-2018)
• Esta pluralidade do feminismo español manifestouse
nunha dobre controversia na forma de actuación:
• Partidarias da dobre militancia:as que crían na loita
feminista dentro dos partidos políticos de esquerda
(PSOE, PCE, PTE...) e nos sindicatos xerais (CC OO,
UXT...), comaxinando os dous ámbitos para conseguir
os seus obxectivos.
• Adeptas a unha única e exclusiva militancia feminista,
que rexeita o mundo político por asentarse en principios
patriarcais e para o que propugnaban unha liña política
independente (destaca Lidia Falcón, creadora do Partido
Feminista de España en 1979).
80. O feminismo na transición democrática
(1975-2018) Que é ser muller?
• Controversia no debate teórico:
• Feminismo da igualdade: cuxas orixes remóntanse a Ilustración, sufraxismo e ao feminismo socialista,
asumindo unha postura crítica co dominio masculino, a división sexual do traballo e o patriarcado,
deféndese a necesidade de negociar e conseguir cambios lexislativos e normativos para lograr a
igualdade das mulleres e homes e eliminar calquera diferenza baseada no sexo e nos privilexios de
xénero. Destacan as filósofas Celia Amorós e Amelia Valcárcel e a política Empar Pineda.
• Feminismo da diferenza: defende a necesidade de afirmar a realidade específica das mulleres, de
revalorizar os seus valores, de positivar o xenérico feminino e de sentir o orgullo de ser muller. Fronte ao
liberalismo, o marxismo e outras ideoloxías que consideran masculinas, propoñen construír unha
feminidade que sexa de seu suxeito revolucionario. A liberación das mulleres pasaría así por remarcar a
diferenza sexual e deixar de ter como punto de referencia aos homes. Destacan a filósofa Victoria
Sendón de León, a historiadora Milagros Rivera e a psiquiatra Genoveva Rojo.
• Ambas correntes protagonizaron intenso debates nos anos 70 e 80 do século XX, sendo
maioritaria en España a postura igualitaria, polas deficiencias existentes na equidade legar de homes
e mulleres. Tamén houbo posturas intermedias difundidas pola historiadora Amparo Moreno Sardá e a
escritora Victoria Sau.
• A partir dos anos 90 do século pasado, en paralelo con outros países, xorden novas correntes no
feminismo centradas na reflexión sobre o funcionamento do patriarcado, no cuestionamento no concepto
de identidade, sexo e xénero centrada na alteración estrutural da linguaxe é o feminismo queer.
82. O feminismo na transición democrática
(1975-2018) 1975: o feminismo sae á luz
• 1975 foi proclamado pola ONU como Ano Internacional
da Muller.
• Baixo o seu amparo, en Madrid, aos poucos días da
morte do ditador, celebráronse as Primeiras Xornadas
pola Liberación da Muller. Nelas estiveron representadas
as diversas tendencias feministas existentes en España
e tratouse sobre a dobre opresión que sufría a muller: a
do capitalismo e a do home.
• As xornadas amosaron diversidade e falta de unidade
pero serviron para sacar á luz pública demandas
feministas e impulso asociativo.
84. O feminismo na transición democrática
(1975-2018) 1975: o feminismo sae á luz
• Neses anos o movemento feminista non era moi grande, uns
cantos miles de militantes e unhas decenas de asociacións
vinculadas con organizacións políticas de esquerdas e
algunhas independentes. Exemplos: Asociación Democrática
da Muller ou Asociación Galega da Muller (en Galicia). En
1978 constituíse a Coordinadora Estatal de Organizacións
Feministas creada para difundir as ideas feministas entre as
mulleres e o resto da sociedade.
• Loitaron polas inxustizas que padecían as mulleres
(liberdade, igualdade, loita contra a discriminación salarial,
amnistía para as mulleres presas, despenalización do
adulterio, divorcio e aborto, legalización dos anticonceptivos,
planificación familiar, libre expresión feminina, o control sobre
o seu propio corpo.
85. As escritoras Maruja Torres e
Montserrat Roig nunha
manifestación pola
despenalización do adulterio
(Esteva, Colita, 1978)
86. O feminismo na transición democrática
(1975-2018) 1975: o feminismo sae á luz
• Para conseguir os seus obxectivos, desenvolveron
campañas con slogans directos e provocadores: Eu
tamén son adúltera, Eu tamén abortei, No meu
corpo mando eu, Nosoutras parimos, nosoutras
decidimos... Manifestacións nas rúas e protestas
ante tribunais e institucións.
• Tamén apartir de 1978 organizaron as primeiras
manifestacións en España o 8 de marzo, polo Día
da Muller Traballadora, que servirán para unir
forzas, reclamar dereitos e denunciar inxustizas.
88. O feminismo na transición democrática
A lexislación pola igualdade
• Aínda que a Constitución de 1978 recoñeceu a igualdade entre homes e
mulleres, as expectativas iniciais das mulleres feministas de lograr rápidos
avances nas súas demandas víronse frustradas a medida que se
consolidou un modelo de transición democrática baseado no consenso ao
relegarse as súas reivindicacións a un segundo plano.
• Difícil foi conseguir o dereito ao divorcio e o aborto. O primeiro foi
aprobado en xullo de 1981 polo goberno da UCD (que dividiu ao propio
partido a favor e en contra desta norma). Para a primeira lei do aborto
houbo que esperar á chegada ao poder do PSOE. En xullo de 1985 foi
aprobada a despenalización parcial en tres supostos: grave perigo a vida
ou saúde física ou psíquica da embarazada, violación e graves taras físicas
ou psíquicas do feto.
• A pesar dos atrancos, as dificultades e a lentitude dos cambios, as
organizacións feministas contribuíron a eliminar as desigualdades e a
estender os dereitos políticos e sociais das mulleres, permitindo o acceso
destas a unha cidadanía plena e a construción de novos modelos de
xénero.
90. O feminismo na transición democrática
Ampliación dos ámbitos da participación feminina
• Laboral: ademais da loita pola equiparación nas condicións laborais e salariais, as
feministas tamén reivindican a socialización das tarefas domésticas, abrindo o
debate sobre a dobre xornada laboral das mulleres.
• Educación: o feminismo reclamou a coeducación, a escola non sexista, o
funcionamento democrático das institucións educativas e facilidades para acceso das
mulleres a todo tipo de estudos. As leis de educación do período socialista permitiron
importantes avances para igualdade. A porcentaxe de universitarias aumentou
considerablemente (do 40% no curso 1977-1978 ao 52% no 2004-2005), aínda que
son maioría nas carreiras de Educación, Saúde, Servizos Sociais e Artes e
Humanidades (non en Ciencias onde hai un predominio masculino). No mundo da
cultura tamén se incrementou o seu papel.
• Política: loita pola representatividade da muller nos cargos políticos. En 2007 o
goberno do PSOE aprobou a democracia paritaria (a representación política dos
partidos nas institucións ten que ter un mínimo de 40% e un máximo de 60% por
calquera sexo).
• Empresa: a dirección das grandes empresas segue ser hexemonicamente
masculina (case o 90%)
92. O feminismo na transición democrática
O movemento feminista desde 2018
• Desde 2018, froito das transformacións
sociais, os cambios ideolóxicos e a
presión do movemento feminista e dos
grupos LGTBIQ+ aprobouse a Lei de
Garantía e Protección da Liberade
Sexual e de Xénero que provocou
tensións e enfrontamentos políticos e
ideolóxicos cos sectores conservadores
da sociedade.
94. O feminismo na transición democrática
O movemento feminista desde 2018
• 2017-2018 marcaron un cambio na historia do
feminismo. A cuarta onda feminista caracterízase pola
oposición frontal a calquera tipo de violencia sexista e
machista que ten as súas orixes no movemento
norteamericano de outubro de 2017 #MeToo (eu tamén)
difundido a través das redes sociais para denunciar as
agresións e acosos sexuais contra o produtor de cine
Harvey Weinstein. Ás primeiras denuncias deste tipo
foron sumándose outras moitas en numerosos países
nos que se quere coartar a liberdade ás mulleres.
96. O feminismo na transición democrática
O movemento feminista desde 2018
• En España a loita institucional contra a violencia de xénero iniciouse
en 2004 coa aprobación da Lei de Protección Integral contra a
Violencia de Xénero, pioneira en Europa, que estableceu medidas
de sensibilización, protección e asistencia ás vítimas de violencia de
xénero, creándose xulgados especializados. Porén, os prexuízos
mantivéronse e as estatísticas de vítimas seguiron sendo elevadas.
• Tentando cambiar a situación, todas as forzas políticas asinaron en
2017 o Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que tamén
ratificaron todas as CC.AA. e a Federación Española de Municipios
e Provincias. Os obxectivos centráronse na sensibilización,
prevención, resposta institución e protección ás mulleres vítimas e
aos menores ao seu cargo.
98. O feminismo na transición democrática
O movemento feminista desde 2018
• En 2018, organizacións feministas de distintos países convocaron marchas
reivindicativas conxuntas polas rúas das súas cidades aproveitando a
conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. En
España, ademais das manifestacións, convocaron unha folga laboral
feminina. O seguimento e a asistencia ás manifestacións foron
mutitudinarias enchendo masivamente as rúas de máis de cen cidades
españolas. Marcou o inicio dun proceso de constante reivindicación contra
a discriminación e as violencias, de todo tipo, exercidas sobre as mulleres e
as nenas. Ademais redobraron os esforzos por continuar loitando pola
paridade económica e social: a rotura do «teito de cristal». A convocatoria
repetiuse nos seguintes anos.
• A partir de 2022 o movemento feminista dividiuse enfrontado polos debates
sobre a identidade de xénero, prostitución e ventres de aluguer. Tamén
incrementáronse as posturas antifeministas encabezas pola extrema
dereita de Vox.
100. O feminismo na transición democrática
O movemento feminista desde 2018: novas leis
• Lei de garantía integral e liberdade sexual (2022) coñecida popularmente
como a lei So Si é si desenvolvida polo Ministerio de Igualdade. Establece
que calquera persoa que realice un acto que atente contra a liberdade
sexual doutra persoa, sen o seu consentimento, será castigado con pena
de cárcere como responsable dunha agresión sexual. A partir desta lei, toda
interacción sexual sen consentimento pasa a ser considerada unha
agresión.
• Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía
dos dereitos das persoas LGTBI (2023) popularmente coñecida como a
lei Trans. Amplamente demandada polos colectivos trans e LGTBIQ+, a lei
inclúe e precisa as definicións dos diferentes conceptos e situacións
relacionadas coas orientacións, identidades e expresións de xénero e sexo.
Precisa as condicións para realizar o libre cambio de sexo e a súa
aplicación. Desde os inicios da súa tramitación e durante o seu debate e
aprobación, a lei trans xerou unha ampla polémica social, política e
ideolóxica.
102. O feminismo na transición democrática
O movemento feminista desde 2018: novas leis
• Ademais dos enfrontamentos máis clásicos entre intransixentes e
tolerantes, a polémica conceptual entre sexo, xénero, identidade
sexual e libre elección de sexo dividiu ao movemento feminista.
• Diferentes organizacións protestaron polo que consideran unha
unión artificial de dous conceptos antitéticos como «orientación
sexual» e «identidade de xénero», nocións totalmente
incompatibles entre si xa que a «orientación sexual» (hetero-,
homo- ou bisexual) defínese a partir da materialidade dos corpos
sexuados da nosa especie, mentres que a «identidade de xénero»
refírese aos sentimentos ou crenzas persoais imposibles de verificar
que precisamente contradín a realidade sexual dos seres humanos.
A división agravouse polo debate sobre a prohibición ou non da
prostitución e da xestación subrogada (ventres de aluguer).
Desde 2022 esta división manifestouse nas mobilizacións do 8 de
marzo.