Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022)

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
Receitas
Receitas
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 22 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Más de Agrela Elvixeo (20)

Anuncio

Más reciente (20)

Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022)

  1. 1. Concurso de cociña Receitas IES Monelos 26/10/2022
  2. 2. Relación de autores e receitas 1. Oscar Ocampo García (2º BAC B): Brownies de chocolate 2. Mario Piñeiro Dopico (2º ESO A): Biscoito de Vainilla e chocolate 3. Nina Varela Ota (4º ESO A): Pao de ló 4. Inés Candamio Barcón (3º ESO C): Brownie inesitaaaa75 5. Vega Otero Sánchez (1º ESO B): Chocolate, crema de castañas e améndoas 6. Inés Insua Puente (1º ESO B): Tarta de castañas 7. Noa Vázquez Fuentes (1º ESO A): Biscoito de castañas 8. Paula Seijas Seoane (1º ESO B): Canas recheas de noces e avelás 9. Lara Beade Hermida (1º ESO B): Trufas 10. Sara Mboudou Vilas (4º ESO B): Cupcakes do Samaín
  3. 3. 1. Brownies de chocolate
  4. 4. Ingredientes: Un iogur natural (125 g), tres ovos, azucre (dúas medidas de iogur), un sobre de lévedo «Royal» 16 g, fariña especial repostería 160-180 W (dúas medidas de iogur), aceite de oliva virxe extra (unha medida de iogur), chocolate negro en po desgraxado (tres medidas de iogur), chocolate en po á taza (1/2 medida de iogur), un vaso e ½ de leite, ½ tableta de chocolate con leite de postres, unha chisca de sal, manteiga (opcional, depende de se a mestura se pega ou non no molde) Materiais Unha cunca grande, batedora de man, vaso iogur, lingua de gato, catro moldes pequenos (0,5 l), forno, reloxo/cronómetro. Elaboración (45-60 minutos aproximadamente) Botamos os ovos e a medida de azucre na cunca, e batemos enerxicamente. A continuación engadimos a medida de aceite e o iogur e batemos ate que non quede ningún grupo. Este proceso de bater é importante, xa que ao longo da elaboración da mestura teremos que ir eliminando todos os grumos. Peneiramos o lévedo e as medidas de fariña, e outra vez a bater. Engadimos unha chisca de sal. Poñemos a prequentar o forno, modo pastel (180º C) durante 10 minutos. Botamos as medidas dos chocolates en po e batemos. Despois engadimos o leite e volvemos a batir. Vertemos a mestura nos moldes (como se comentou no apartado de ingredientes, se a mestura se pega botaremos manteiga, e se non o sabemos botamos para asegurarnos de non facer unha desfeita). Cortamos en anacos moi pequenos o chocolate de postre e botámolo por enriba, unha vez estea a mestura no molde (intentar repetir equitativamente). Introducimos os modes no forno durante 25 minutos.
  5. 5. 2. Biscoito de vainilla e chocolate
  6. 6. Ingredientes: • Catro ovos. • Un iogurt grego. • Un sobre de lévedo. • Dous vasos de azucre. • Dúas culleradas de cacao. • Esencia de vainilla. Elaboración Mestúranse os ovos co iogurt grego co sobre de lévedo co azucre. Despois mesturamos a fariña. Sepárase a masa en dúas cuncas. A unha parte se lle botan dúas culleradas de cacao e a outra bótaselle esencia de vainilla. Lévase ao forno durante 50 minutos nun molde engraxado para enfornar a 180 graos centígrados.
  7. 7. 3. Pao de ló
  8. 8. Ingredientes: • 9 ovos grandes (a temperatura ambiente) • 90 gramos de azucre granulado. • 30 gramos de fariña de repostería • Reladura de limón ou de laranxa (opcional) Elaboración 1. Prequentar o forno a 190º C. 2. Engraxar e forrar con papel pergamiño un molde de tubo. 3. Bater ovos ata que estean lixeiros. Incorporar aos poucos azucre a velocidade media e bater durante polo menos 20 minutos. 4. Engadir a baixa velocidade a fariña aos ovos, mesturando ben despois de cada adición. 5. Verter a masa no molde e enfornar durante aproximadamente 35 minutos, ou ata que ao inserir un probador de pasteis este saia limpo (o pastel recuperarase ao tocalo lixeiramente). 6. Deixar que o pastel se arrefríe no molde durante 10 minutos, logo sacalo do molde e retirar o papel pergamiño. Deixar que se arrefríe completamente nunha reixa. Se o desexamos, salpíqueo con azucre glas antes de servir.
  9. 9. 4. Brownie Inesitaaaa75
  10. 10. Ingredientes: • 100 g de manteiga branda cortada en anacos. • 50 g de fariña de repostería. • 250 g de chocolate Fondant para sobremesas. • 100 g de noces peladas. • Tres ovos. Elaboración: • Prequentar o forno a 180ºC. • Untar un molde de 20x20 cm de manteiga e salpicamos enriba fariña. • Esmagar co batedor de man a manteiga. • Engadir fariña enriba da manteiga e esmagala. • Enriba da fariña botamos o azucre e tamén o esmagamos. • Botamos os tres ovos e logo o chocolate e e o machucamos. • Botamos as noces peladas e as esmagamos. • No molde botamos a mestura. • Cando estea no molde dáselle uns golpes para alisar a superficie e que saia o aire. • Enfornamos durante 15 minutos a 180º C.
  11. 11. 5. Torta de chocolate, crema de castañas e améndoas
  12. 12. Ingredientes: • 500 gramos de crema de castaña doce. • Tres ovos.0 • 100 gramos de chocolate. • 100 gramos de manteiga. • 20 gramos de fariña. • 10 améndoas. Elaboración • Untar o molde cun pouco de manteiga e prequéntase o forno a 180º C. • Poñer a crema de castañas nunha cunca ampla e engadir os ovos e a fariña. • Derreter a manteiga no microondas e estando quente engadir o chocolate picado e as améndoas mesturándoas ben. • Unha vez que haxa unha crema de chocolate fina e brillante, botar sobre a crema de castañas, mesturándoa ben ata obter unha masa homoxénea e vertela no molde. • Enfornar a torta durante 40 minutos aproximadamente ata que estea ben feita no seu interior e crocante no exterior. • Retirala do forno e deixala arrefriar antes de quitarlle o molde. • Para rematar decorámola con castañas cubertas de chocolate derretido.
  13. 13. 6. Torta de castañas con lemon curd
  14. 14. Ingredientes: Para o Lemon Curd: tres ovos, 215 g de azucre, 100 g de manteiga, 150 ml de zume de limón e reladura de dous limón. Para a torta de castañas: 300 g de leite, 350 g de castañas, 160 g de améndoas en po, 90 g de fariña, 8 g de lévedo, 150 g de manteiga, 200 g de azucre e tres ovos. Elaboración Para o Lemon Curd: • Nun cazo que poidamos poñer ao baño María mesturamos todos o ingredientes. Despois de mesturalos poñemos o recipiente na auga a temperatura media baixa sen que chegue a ferver en ningún momento. Cociñamos a crema a baño María, removendo constantemente. Nuns minutos comezará a espesar e gañar consistencia. • Dependendo do grao de dureza que desexemos, podemos cociñar o lemon curd máis ou menos tempo. Temos que ter en conta que unha vez que arrefríe a crema espesará bastante máis. Para a torta de castañas: • Cócense e pélanse as castañas. Tritúranse coa leite ata formar unha crema. Acéndese o forno a 180º C. Mestúrase a fariña co lévedo. Sepáranse as claras das xemas e gárdanse as últimas nunha cunca. Vértese o azucre e engádeselle a manteiga. Despois mestúrase ben ata ter homoxeneidade. Engadir as xemas e a crema de castañas e seguir mesturando. Incorpóranse as dúas quendas de fariña e lévedo. Móntanse as claras a punto de neve e engádense á mestura. Fórrase o molde con papel de enfornar e engráxanse os laterais, Vértense a masa no molde e alísase cunha espátula. Enfórnase a 180º C os 15 primeiros minutos e a 170º C os 40 seguintes. Retírase do forno e decórase por riba co lemon curd.
  15. 15. 7. Biscoito de castañas
  16. 16. Ingredientes: • 150 g de fariña. • 125 g de azucre. • Catro ovos. • 100 g de fariña de castañas. • 50 g de manteiga líquida. • Unha cullerada de reladura de limón Para decorar: • 100 ml de nata líquida. • 130 g de chocolate para fundir. • 20 g de manteiga sen sal. • Dúas culleradas de auga. Elaboración: Bátense os ovos xunto co azucre e a reladura de limón. Cando estean a punto de relevo engadimos a fariña mesturada co lévedo e coa fariña de castañas. Por último bótase a manteiga líquida e mestúrase ben. Engraxase con manteiga un molde para biscoitos e bótase a mestura. Deixano no forno entre 12 e 15 minutos. Posteriormente o decoramos. Colocamos nun cazo a nata e ponse a ferver. Cando ferva, engádese o chocolate e a manteiga e bátese ata que se derreta. Incorpóranse as dúas culleradas de auga e vólvese a bater ata integralo ben. Colócase o biscoito nunha reixa e debaixo un prato. Vértese o chocolate sobre o biscoito e déixase escorrer e métese na neveira.
  17. 17. 8. Canas recheas de noces e avelás
  18. 18. Ingredientes: • Para as canas: • 500 g de fariña. • Un pouco de sal. • 170 g de aceite de xirasol. • 150 g de auga. • 50 g de viño branco. • Para o recheo: • 200 ml de nata. • 75 g de chocolate. • 50 g de crema de avelá. • 50 g de noces. Elaboración: Canas: mesturar todos os líquidos. Logo engadilos á fariña co sal. Amasar catro minutos. Deixar a masa repousar unha hora. Para facer as canas envolver a masa nun molde con forma de tubo. A continuación fritímolas. Recheo: botamos a nata. Engadiomos o chocolate quente, as avelás, as noces reladas e a crema. Finalmente, cando as canas arrefríen, enchémolas do recheo. Podemos decoralas con azucre en po e os froitos secos.
  19. 19. 9. Trufas
  20. 20. Ingredientes: • Dúas tabletas de chocolote para postres. • 200 g de noces envasadas. • 50 g de noces. • Leite até encher máis un menos un cazo. • Reladuras de chocolate. • Nata para postres. Elaboración: Poñer o leite nun cazo. Despois engadir todo o chocolate cortado en anacos. Ao revólvelo botar a nata até que quede unha mestura espesa sen grumos nunha cunca. Despois tritúranse as noces envasadas e logo bótanse e revólvense un pouco. Ao rematar métense na neveira e non sacar ata o seu consumo. Bótaselle para decorar as reladuras de chocolate e algún anaco de noz.
  21. 21. 10. Cupcakes do Samaín
  22. 22. Ingredientes: Para os cupcakes: 130 g de manteiga, dúas claras, dúas xemas, 60 g de azucre, 125 g de azucre moreno, un culler de esencia de vainilla, 200 g de fariña sen lévedo, dúas culleres pequnas de lévedo en po, 125 ml de leite, 200 g de chocolate para derreter, un chisco de sal. Para a crema: 125 g de manteiga, 125 g de azucre, un culler pequeno de esencia de vainilla, colorante alimentario laranxa. Para as decoracións: pasta de azucre de diversas cores (fondant), colorante alimenticio, pintura dourada combustible, chocolate branco. Elaboración: Metemos no microondas o chocolate e reservamos. Batemos as claras cun chisco de sal, ata que formen picos firmes. Reservamos ata o momento de utilizar. Batemos a manteiga co azucre branco e moreno, ata ter unha mestura homoxénea e cremosa. Engadimos unha xema de ovo, cando estea ben integrada, engadimos a outra, e finalmente, a vainilla líquida e mesturamos. Despois engadimos o leite e seguimos ata que non queden restos de fariña. Incorporamos o o chocolate e mesturamos o xusto para que se integre á masa. Por último, botamos as claras, incorporándoas con movementos suaves e envolventes. Poñemos as cápsulas dentro do molde para fornear cupcakes e enchemos 2/3 da súa capacidade. Enfornamos co forno quentado previamente a 170º C, con calor enriba e abaixo, durante 20-25 minutos ou ata que ao introducir un escarvadentes no centro dun dos cupcakes saia limpo. Cando os nosos cupcakes de chocolate estean listos, deixámolos para arrefriar dentro do molde uns minutos e logo pasámolos a unha grella arrefriadora. Cando estean fríos, decorámolos con crema de manteiga e os adornos de pasta de azucre e chocolate branco. Para a elaboración da crema mesturamos a manteiga co azucre e a vainilla ata formar unha crema. Engadimos colorante ao gusto. Metémola nunha manga pasteleira e decoramos ao gusto.

×