Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
2ª Guerra Mundial
2ª Guerra Mundial
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 95 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Anuncio

Más de Agrela Elvixeo (20)

Más reciente (20)

Anuncio

O mundo actual

  1. 1. A que retos se enfronta a humanidade? O mundo actual Que transformacións se produciron dende 1990 no mundo? Atentado contra as Torres Xemelgas. Nova York, 2001.
  2. 2. Eixe cronolóxico O Mundo Actual 1. Observa o eixe. Etapas
  3. 3. 1. Transformación dos sistemas políticos da Europa do Leste • As reformas de Gorbachov na URSS e no conxunto do bloque soviético provocaron un rápido esboroamento do bloque socialista sen guerras, nin excesiva violencia. • O movemento iniciouse en Polonia onde se convocaron eleccións en 1989 das que saíu vencedor o sindicato católico Solidariedade liderado por Lech Walesa, desexoso de aproximarse ao mundo occidental. • O exemplo de Polonia foi seguido por gran parte dos países do Leste como Hungría, Checoslovaquia e Bulgaria, onde ante a presión popular se produciu a convocatoria de eleccións que confirmou a perda de poder do Partido Comunista.
  4. 4. Manifestación en Praga, 21 de novembro de 1989. En Checoslovaquia, unha serie de manifestacións masivas ao longo de 1989 forzaron de xeito pacífico o cambio de réxime. O xefe de goberno comunista dimitiu e convocáronse eleccións libres, que levaron á presidencia a Václav Havel, un intelectual e disidente que encabeza a candidatura de Foro Civico
  5. 5. 2. Alemaña: o valor simbólico • En novembro de 1989 en Alemaña Oriental, unha forte mobilización popular forzou o goberno comunista á apertura do muro de Berlín. • Así, o símbolo da Guerra Fría e da división do mundo en bloques caía de forma pacífica. • A reunificación de Alemaña púxolle fin ao modelo territorial herdado da Segunda Guerra Mundial e fixo posible o restablecemento do papel de Alemaña como potencia europea.
  6. 6. O Muro de Berlín foi derrubado a madrugada do 9 ao 10 de novembro de 1989
  7. 7. 3. Desintegración da URSS • Tras o fracaso do golpe de Estado de agosto de 1991, Boris Yeltsin decretou a supresión do réxime comunista e recoñeceu a independencia das repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, e de Ucraína e Bielorrusia. • Ao pouco independizáronse as outras repúblicas: Moldavia, Xeorxia, Armenia, Azerbaián, Kazajistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Tayikistán, e Kirguizistán. • A finais de 1991, a URSS deixará de existir.
  8. 8. En agosto de 1991, os golpistas ordenáronlle ao exército ocupar as rúas de Moscova, pero as tropas negáronse a exercer violencia sobre a poboación
  9. 9. O 25 de decembro de 1991, Mijaíl Gorbachov asinou a súa dimisión como presidente
  10. 10. A desmembración da URSS
  11. 11. 4. A potencia comunista actual • A crise e desaparición da URSS afectou ao conxunto de países do Leste de Europa que estiveran ligados ou integrados no bloque comunista. • Ademais, a maioría dos países en vías de desenvolvemento con réximes socialistas desapareceron ou introduciron cambios que significaron a aceptación de economías de libre mercado e de sistemas políticos multipartidistas e electivos. • Só algúns países como Cuba, Vietnam ou a China, manterían a súa orientación de carácter socialista. De entre eles, a China é o único aís cunha orientación económica de principios capitalistas na que se mantén o poder político do Partido Comunista.
  12. 12. A China é o único país cunha orientación económica de principios capitalistas no que se mantén o poder político do Partido Comunista
  13. 13. 5. Papel dos EEUU neste contexto • EEUU eríxese no novo contexto internacional como o garante mundial para organizar o mundo e intervir política e militarmente onde considere que os seus intereses son vulnerados. • Este foi o obxectivo polo cal, o longo da década de 1990 foron diversas as intervencións militares dos EEUU. A máis importante deuse en 1990-1991, cando o ditador iraquí, Sadam Hussein, invadiu Kuwait e EEUU respondeu inmediatamente co apoio do Consello de Seguridade da ONU. Unha coalición internacional liderada por EEUU, baixo a presidencia de George Bush liberou Kuwait e impúxolle a Irak a obriga de pagar indemnizacións, destruír o armamento químico e nuclear, e a manter o seu petróleo baixo unha situación de embargo. • Ademais, baixo a presidencia de Bill Clinton, EEUU tamén realizou intervencións militares en Afganistán, Sudán, Iugoslavia, Pakistán, Iemen ou Somalia.
  14. 14. 6. Papel dos EEUU neste contexto • Todo isto, amosa a durísima política de intervención practicada polos EEUU a partir do 11 de setembro de 2001, como consecuencia do ataque terrorista contra as Torres Xemelgas de Nova York.
  15. 15. Intervencións militares dos EEUU 1989 Intervención unilateral en Panamá 1991 Intervención en Irak co apoio da ONU 1993 Intervención en Somalia co apoio da ONU 1998 Ataque unilateral a Afganistán e Sudán 2001 Intervención coa OTAN en Afganistán 2002 Ataques a Paquistán, Iemen e Somalia 2003 Intervención en Irak
  16. 16. Atentado contra as Torres Xemelgas de Nova York. 11 de setembro de 2001
  17. 17. 7. Un mundo multipolar. • A nova orde mundial amosa unha clara tendencia cara a un mundo multipolar, no que o papel de EEUU como superpotencia que impón as súas decisións no ámbito internacional recibiu resposta dende principios do século XXI coa aparición de novos actores en escea. • Tal é o caso da Unión Europea, os países emerxentes como a India, Brasil e a China e, por último Rusia, con cada vez máis presenza internacional grazas ás súas alianzas con países de Oriente Medio e coas potencias asiáticas.
  18. 18. O comercio internacional de China con África (2010)
  19. 19. 7. Papel da ONU nos conflitos • A nova orde internacional deulle á ONU un novo protagonismo. • Ante o unilateralismo, provocado pola hexemonía estadounidense, a opinión pública mundial foi tomando conciencia da necesidade de converter a ONU nun organismo que actúe como mediador e garante da paz nos conflitos internacionais. • Líbano: misión dende 1978 de supervisión do cesamento de hostilidades e garantía do acceso de axuda humanitaria. • Kosovo: misión dende 1999 de administración provisional tras a guerra. • Haití: misión dende 2004 ante a ameaza á paz e a seguridade da rexión. • Sudán: misión dende 2007 para protexer os civís, facilitar a axuda humanitaria e axudar no proceso político de Darfur. • R. D. do Congo: misión dende 2010 de protección dos civís e consolidación da paz no país. • Aparte destas, a ONU mantén outras moitas intervencións activas en todo o mundo.
  20. 20. Papel da ONU
  21. 21. 8. Rusia ao marxe da Unión Europea • A pesar das intensas relacións económicas, Rusia mantense á marxe do proxecto de Unión Europea porque o peso territorial, económico e demográfico ruso podería chegar a desestabilizar o conxunto da UE e provocar dificultades para a súa posible integración.
  22. 22. A Unión Europea
  23. 23. 9. Orixes da Unión Europea • A UE xurdiu do anhelo de paz así como do fastío do conflito en que a II Guerra Mundial sumiu os países europeos. Dado que as confrontacións que dende a Guerra franco-prusiana se viñeran desenvolvendo no continente tiñan a Francia e Alemaña como protagonistas, dispúxose a creación dunha asociación que incluíndo estes dous países puxese en común a produción de dous sectores industriais esenciais: carbón e aceiro. Por tal motivo fundouse, co Tratado de París (1951), a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA) embrión da actual UE e que englobaba a Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Holanda e Luxemburgo. • Seis anos despois, coa firma do Tratado de Roma (1957), estes mesmos países constituíron dúas novas comunidades, unha de carácter sectorial (EUROATOM) e outra como marco de políticas comúns Comunidade Económica Europea (CEE). • Un ano despois o Parlamento Europeo reuniuse en Estrasburgo por vez primeira. Nos anos 60 produciuse a fusión dos órganos executivos das tres comunidades europeas, creouse a Política Agraria Común (PAC) e concluíuse coa unión aduaneira.
  24. 24. 9. A UE. O Tratado de Maastricht. Principais piares • O Tratado de Maastricht ou Tratado da Unión Europea (1992) supuxo a articulación da Comunidade Europea en torno a tres piares: • Político, económico e monetario preexistente. • Politica exterior e de seguridade común (PESC). • Unificación no ámbito de xustiza e do interior. • O Tratado creou a cidadanía europea.
  25. 25. 1. Descrición dos mapas • Mapa de 1980 • Mapa de 2015 2. Comparación • Enumera os mapas que apareceron e cales desapareceron. • Identifica diferenzas e similitudes nas fronteiras (en que partes se dan e en cales non). 3. Análise • Razóns históricas que explican os cambios e continuidades. • Elabora unha cronoloxía que recolla os anos en que se produciron cambios nas fronteiras. 4. Conclusións • Ideas clave que sinteticen os cambios de fronteiras. • Valora o papel da UE no debuxo do mapa político de Europa. • Comenta a frase: Europa é un continente en construción.
  26. 26. 10. Unión Europea: fases da ampliación •Ver os seguintes mapas:
  27. 27. 1957 EUROPA DOS SEIS FUNDACIÓN
  28. 28. 1973 EUROPA DOS NOVE 1ª AMPLIACIÓN
  29. 29. 1981 EUROPA DOS DEZ 2ª AMPLIACIÓN
  30. 30. 1986 EUROPA DOS DOCE 3ª AMPLIACIÓN
  31. 31. 1990 REUNIFICACIÓN ALEMÁ
  32. 32. 1995 EUROPA DOS 15 4ª AMPLIACIÓN
  33. 33. 2004 EUROPA DOS 25 5ª AMPLIACIÓN
  34. 34. 2007 EUROPA DOS 27 6ª AMPLIACIÓN
  35. 35. 2013 EUROPA DOS 28 7ª AMPLIACIÓN
  36. 36. Evolución da ampliación da UE
  37. 37. NON UE
  38. 38. 10. Países que integran a eurozona • A Eurozona está formada polos países que comparten o euro: dende 1999, Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal. • En 2001 adheriuse Grecia; en 2007 Eslovenia; en 2008 Malta e Chipre; en 2009 Eslovaquia, en 2011 Estonia; en 2014 Letonia e en 2015 Lituania.
  39. 39. Eurozona (19) Non eurozona (9) Fóra da UE que utilizan o euro con acordos (Andorra, Mónaco, San Marino, Vaticano). Fóra da UE, Utilizan o euro Sen acordo (Montenegro e Kosovo) UEM
  40. 40. 11. O Brexit • En 2016 os Británicos votaron en referendum a súa permanencia na UE. • Gañou o non por un 52% fronte a un 48% favorable a súa permanencia. • Na actualidade (2019) o goberno británico está no proceso de negoaciación da saída.
  41. 41. 2016 EUROPA DOS 27 BREXIT RESULTADO REFERENDUM
  42. 42. BREXIT RESULTADO REFERENDUM Gañou o sí a permanecia Gañou o non Sí % Non % Participación % 16.141.241 48,1 17.410.742 51,9 72,2
  43. 43. O Euro: a moeda única
  44. 44. UE: PIB por habitante
  45. 45. 11. O Brexit • En 2016 os Británicos votaron en referendum a súa permanencia na UE. • Gañou o non por un 52% fronte a un 48% favorable a súa permanencia. • Na actualidade (2019) o goberno británico está no proceso de negoaciación da saída.
  46. 46. 12. Vantaxes e inconvenientes da pertenza a UE • Resposta persoal. Debemos construír os nosos argumentos. Pode valorarse: • Positivo: liberdade de movementos de persoas, mercadorías e capitais. • Negativo: perda de soberanía dos Estados membros en beneficio das institucións comunitarias.
  47. 47. 13. O fundamentalismo islámico • O fundamentalismo islámico é unha corrente relixiosa islámica que se opoñen á extensión do laicismo e dos modelos sociais occidentais nos seus países considerándoos símbolos de opresión. • Defenden un retorno ás tradicións islámicas, unha observación estrita do Corán e sistemas políticos baseados no islamismo. • O ataque do 11 de setembro de 2001 contra as Torres Xemelgas de Nova York, puxo ao fundamentalismo islámico na primeira liña da escea internacional. • Este tipo de organizacións terroristas instaurou unha novas formas de violencia como as execucións masivas ou o asasinato de reféns para conseguir os seus obxectivos.
  48. 48. O inacabable conflito Palestino Na orixe da animadversión do mundo islámico ao mundo occidental está o longo conflito israelí-palestino. Os numerosos intentos de paz foron frustrados e a tensión continúa permanentemente. Pintada sobre o muro de Gaza levantado por israel para illarse de Cisxordania.
  49. 49. O terror de Boko Haram Boko Haram é un grupo terrorista de carácter fundamentalista islámico activo en Nixeria. Un dos seus obxectivos é o establecemento da sharía (lei islámica) en todos os estados de Nixeria, e non só no norte e de maioría musulmá. Contrarios á educación das mulleres, secuestran nenas en idade escolar nos territorios de relixión cristiá e utilízanas como escravas sexuais.
  50. 50. 14. Expansión do islamismo radical • O islamismo radical conseguiu controlar os gobernos de países onde se conseguiu derrocar a ditadores ou pugnan por dominar estes países. • Esta situación converteu Oriente Próximo e África en focos permanentes de tensión, xa que a pesar de posuír enormes riquezas petrolíferas, as súas clases dirixentes foron incapaces de solucionar os problemas de analfabetismo, paro e ausencia de liberdades. • Esta situación conduciu a unha crecente influencia do islamismo radical, con organizacións como os Irmáns Musulmáns, que constitúen en moitos casos as únicas redes de axuda e asistencia social. Ademais, da aparición de organizacións como Estado Islámico ou Daesh, un grupo terrorista que conseguiu controlar unha ampla zona de Irak e Siria ou Boko Haram en Nixeria.
  51. 51. A liberdade no mundo
  52. 52. 15. África foco de conflitos permanentes • As graves situacións de desigualdade e os enfrontamentos bélicos converteron a África nun foco de permanentes conflitos. • Dende a descolonización, a súa situación de dependencia económica e a inexistencia de Estados fortes (estados fallidos) coverteuno nunha zona residual na economía global. • Os conflitos máis cruentos déronse nos países que rodean o Golfo de Guinea como Liberia, Serra Leoa, os do Corno de África como Etiopía ou Somalia e os da África Ecuatorial como Congo, Ruanda, Burundi ou Angola.
  53. 53. 16. Conflitos máis significativos na actualidade América • América do Norte: EEUU (como primeira potencia mundial) está implicado en diversos conflitos internacionais, pero desenvólvense fóra do seu territorio. • América do Sur: mellorou a súa situación e estabilidade política. O único conflito armado localízase en Colombia, pero está en vías de solución tras as negociacións de paz entre o goberno e a guerrilla. • En México existe un grave enfrontamento entre os grupos armados de narcotraficantes e as forzas gobernamentais.
  54. 54. 16. Conflitos máis significativos na actualidade Europa • Os conflitos armados son case inexistentes, pero mantéñense nalgunhas zonas periféricas: • No territorio de Rusia contiúa o conflito en Chechenia e en 2014 produciuse a intervención rusa para apoiar aos secesionistas de Ucraína. A rexión de Crimea incorporouse á Federación Rusa. • En Turquía mantense un longo conflito entre o goberno e a minoría kurda con etapas periódicas de enfrontamento armado.
  55. 55. 16. Conflitos máis significativos na actualidade Asia • Enfrontamentos bélicos en Afganistán e a extensión do terrorismo islámico, que ten derivacións en Paquistán. • Paquistán mantén enfrontamentos fronteirizos coa India, onde ademais, permanecen conflitos en rexións como Caxemira, por demandas de independencia. • Outras zonas con guerrillas e movementos de oposición armada son Filipinas, Tailandia e Sri Lanka, sen esquecer as áreas de tensión permanente de Corea.
  56. 56. 17. Continentes e rexións máis afectadas pola guerra • O continente máis afectado pola guerra é África concretamente África Subsahariana onde se concentran gran cantidade de cruentos conflitos como o de Uganda, a guerra civil de Somalia, insurxencia islamista en Nixeria, a guerra civil no sur de Sudán ou a extensión do islamismo polo Sahel. • Ademais, Oriente Próximo tamén acumula unha longa lista de conflitos como o palestino-israelí, os problemas fronteirizos en Líbano e as revolatas de Iemen.
  57. 57. 18. Causas da violencia no Mundo • As causas principais da violencia no mundo son os enfrontamentos entre exércitos rivais e exércitos e guerrillas, e as xeradas en zonas de tensión que xeran enfrontamentos armados, secuestros ou violencia étnica e relixiosa. Nalgúns casos son consecuencia de conflitos locais e noutros, son derivados de graves tensións internacionais entre países, moitas veces afastados dos focos iniciais do conflito. • Na maioría dos casos, os conflitos teñen que ver cos problemas creados pola extensión do islamismo radical e coa pobreza, falta de dereitos cívicos e a inestabilidade política.
  58. 58. 19. Conflitos máis significativos na actualidade Norte de África • Enfrontamentos entre faccións islámicas rivais en Libia e extensión do islamismo radical. • Extensión do islamismo radical e ataques terroristas en Exipto, Tunisia...
  59. 59. 19. Conflitos máis significativos na actualidade África Subsahariana • Uganda: ataques da guerrilla cristiá que se trasladaron a unha rexión fronteiriza entre a República Democrática do Congo, Sudán e a República Centroafricana. • Guerra civil en Somalia e grave crise social e alimentaria. • Insurxencia islámica en Nixeria (Boko Haram). • Guerra civil no sur de Sudán entre islamistas e cristiáns. • Extensión do islamismo polo Sahel (Malí, Burkina Faso, Chad, Níxer). Intervención internacional con mandato da ONU.
  60. 60. 20. Conflitos máis significativos na actualidade Oriente Próximo • Conflito palestino-israelí. • Guerra civil en Siria e ataques do Daesh. Grave crise de refuxiados. • Líbano: problemas nas fronteiras con Siria e repercusión dos problemas en Libia. • Iraq: fin da ocupación norteamericana pero enfrontamentos e accións terroristas do islamismo radical. • Iemen: revoltas sociais e accións de grupos terroristas de Al Qaeda.
  61. 61. Os conflitos do s. XXI
  62. 62. 21. A nova violencia • Os conflitos actuais caracterízanse por un novo tipo de violencia practicada por guerrillas, grupos armados insurxentes ou grupos terroristas que actúan sobre a poboación civil dos poboados e cidades das zonas de conflito, con ataques violentos, secuestros, roubos e violacións contra mulleres.
  63. 63. Unha das mulleres congoleñas vítima da violencia sexual en Luvungi, 2010
  64. 64. Vítimas dos conflitos bélicos en relación co total
  65. 65. 22. Os refuxiados • A poboación das zonas de guerra foxe a causa da violencia, escasez de recursos básicos buscando refuxio en países fronteirizos ou próximos. • Tamén emprende longas e perigosas viaxes cara a zonas máis seguras de Europa na que teñen graves dificultades de ser acollidos e acaban en precarios campamentos nos que é esencial o labor das ONG e dos organismos internacionais.
  66. 66. Cidade siria de Homs. Preto dun millón de persoas vivían na cidade antes da guerra
  67. 67. Refuxiados que foxen da guerra no sur de Sudán
  68. 68. 23. Os nenos soldados • Os nenos soldados adoitan recibir un trato violento durante o entrenamento e nalgúns casos morren a causa das deplorables condicións de vida. Envíanse ás liñas de combate e obríganos a transportar o material necesario. Nalgúns casos obríganos a matar a membros das súas propias familias, a participar en actos sexuais e a practicar o canibalismo, ademais de administrarlles drogas e alcohol. • Os testemuños narran historias aterradoras sobre como lles afectou o conflito armado da República Democrática do Congo. No mellor dos casos, os ex nenos solados reintégranse na súa comunidade, pero en moitas ocasións a falta de alternativas devolveunos rapidamente ao conflito armado. • Nos últimos anos, a comunidade internacional puxo en marcha varias iniciativas para paralizar este tipo de rectrutamento perseguida pola fiscalía da Corte Penal Internacional.
  69. 69. Un dos máis de 120.000 nenos soldados en África
  70. 70. Desprazados forzosos en 2014
  71. 71. Destino dos refuxiados forzosos
  72. 72. Solicitudes de asilo na UE entre xaneiro de xuño 2015
  73. 73. 24. A imposición do único sistema económico • A partir de 1990, despois da desaparición do bloque comunista, impúxose un único sistema económico no mundo, que está baseado no capitalismo, onde se dá unha libre competencia e liberdade de mercado, con menos control estatal ás empresas privadas, aos prezos e á libre circulación mundial de bens, capitais e servizos.
  74. 74. A homoxenización do consumo
  75. 75. 25. Factores da deslocalización industrial • A deslocalización industrial realízase porque se poden producir os bens en calquera parte do mundo, co obxectivo de aumentar a rendabilidade do produto (grazas a impostos e soldos inferiores). • As empresas multinacionais teñen un papel moi importante nesta cuestión, xa que son capaces de instalar as súas fábricas e producir en calquera país, e teñen poder e influencia sobre os gobernos e os organismos económicos.
  76. 76. A deslocalización industrial
  77. 77. 26. A Globalización responsable da desigualdade • A globalización no acabou coa desigualdade no mundo porque os países ricos acumulan a maior parte do capital e a tecnoloxía e controlan os circuitos comerciais e financeiros ao contrario dos países pobres, que sofren atraso tecnolóxico, ausencia de capitais e dependencia económica. E dentro dos países ricos a desigualdade entre ricos e pobres tamén aumentou, polo aumento do paro debido ás deslocalizacións, ás rebaixas de salarios para competir con outros países e a unhas finanzas públicas máis débiles, que impiden manter as axudas sociais.
  78. 78. Efectos da Globalización
  79. 79. Distribución da riqueza
  80. 80. As tres revolucións tecnolóxicas
  81. 81. Gasto en I+D por países
  82. 82. Custo dunha chamada telefónica
  83. 83. Usuarios en internet en 2015
  84. 84. Almacéns robotizados
  85. 85. 27. Globalización e riscos medioambientais • O modelo de crecemento económico que abusa dos recursos naturais e contamina sen control pode resultar nocivo ao medioambiente e a humanidade. • A toma de conciencia sobre a preservación do medio ambiente iníciase nos anos 70, grazas ás organizacións ecoloxistas e á comunidade científica. • Os principais cumios e acordos foron os seguintes: Conferencia da ONU sobre medioambiente (1972); Protocolo de Quioto (1997); conferencias sobre o cambio climático (2007) e cumio de París (2015) que le deu máis marxe a países como China e India.
  86. 86. Rexións emisoras de CO2
  87. 87. Emisóns globais por sectores
  88. 88. Emisións de CO2
  89. 89. 28. O efecto invernadoiro • O quecemento global do planeta provocou un aumento das temperaturas constante dende os anos 60 e con altibaixos dende inicios do século XX. • Sobre o clima o quentamento provocou efectos como o aumento de fenómenos atmosféricos como furacáns e tifóns, de inundacións e unhas secas máis frecuentes.
  90. 90. Incremento da temperatura
  91. 91. Os efectos do quecemento
  92. 92. O desxeo do ártico e as desputas territoriais
  93. 93. Un novo continente de plástico no Pacífico
  94. 94. As correntes difusoras da contaminación do plástico

×