2. Introdución
• Habitamos nun mundo globalizado e
multicultural que está en constante
transformación.
• Nunca sucederan tantos cambios en tan pouco
tempo: intelixencia artificial, dixitalización, redes
sociais, medio ambiente...
• Os retos aos que nos enfrontamos tampouco
teñen precedentes na historia da humanidade.
• Non cabe dúbida de que o noso futuro é
incerto, con todo, aínda estamos a tempo de
actuar.
3. 1. A imposición do único sistema económico
• A partir de 1990, despois da
desaparición do bloque comunista,
impúxose un único sistema económico
no mundo, que está baseado no
capitalismo, onde se dá unha libre
competencia e liberdade de mercado,
con menos control estatal ás empresas
privadas, aos prezos e á libre
circulación mundial de bens, capitais e
servizos.
5. 2. Factores da deslocalización industrial
• A deslocalización industrial realízase porque
se poden producir os bens en calquera parte
do mundo, co obxectivo de aumentar a
rendabilidade do produto (grazas a impostos
e soldos inferiores).
• As empresas multinacionais teñen un papel
moi importante nesta cuestión, xa que son
capaces de instalar as súas fábricas e
producir en calquera país, e teñen poder e
influencia sobre os gobernos e os
organismos económicos.
7. Empresa Sector País
Capitalización bursátil (billóns de
dólares) (2021)
Apple Informática EEUU 2,77
Microsoft Informática EEUU 2,38
Saudi Aramco Petróleo Arabia Saudí 2,22
Alphabet (Google) Informática EEUU 1,63
Amazon Comercio electrónico EEUU 1,38
NVIDIA Tecnoloxía EEUU 1,07
Berkshire Hathaway Holding financeiro EEUU 0,774
Meta Platforms
(Facebook)
Redes sociais EEUU 0,754
Tesla Automoción EEUU 0,715
Eli Lilly Farmacia EEUU 0,519
Visa Finanzas EEUU 0,501
TSMC Tecnoloxía Taiwan 0,476
UnitedHealth Saúde EEUU 0,469
Johnson & Johnson Química EEUU 0,448
Louis Vuitton Moda/Deseño (Luxo) Francia 0,442
JPMorgan Chase Finanzas EEUU 0,436
Exxon Mobil Petróleo EEUU 0,43
Walmart Comercio EEUU 0,429
Novo Nordisk Farmacia Dinamarca 0,418
Tencent Informática China 0,389
PIB 2022 (billóns de €)
Arxentina 0,602
Austria 0,447
Bélxica 0,549
Colombia 0,326
España 1,34
Marrocos 0,127
Portugal 0,24
3. Compara a capitalización das 20 empresas máis importantes do mundo
co Produto Interior Bruto de varios países. Cres que os estados poden
perder soberanía económica en favor das empresas multinacionais?
8. 3. Comparación da capitalización das empresas
multinacionais co PIB dos estados
• Nos datos das táboas anteriores
observamos que moitas empresas
multinacionais teñen un grao de
capitalización maior que a riqueza
económica (PIB) xerada en moitos países do
mundo.
• Isto é un dato significativo da perda de
soberanía económica de moitos estados
como efecto da globalización.
9. 4. A Globalización responsable da desigualdade
• A globalización no acabou coa desigualdade no
mundo porque os países ricos acumulan a maior
parte do capital e a tecnoloxía e controlan os
circuitos comerciais e financeiros ao contrario dos
países pobres, que sofren atraso tecnolóxico,
ausencia de capitais e dependencia económica. E
dentro dos países ricos a desigualdade entre ricos
e pobres tamén aumentou, polo aumento do paro
debido ás deslocalizacións, ás rebaixas de salarios
para competir con outros países e a unhas
finanzas públicas máis débiles, que impiden
manter as axudas sociais.
16. 5. Globalización e riscos medioambientais
• O modelo de crecemento económico que abusa dos
recursos naturais e contamina sen control pode
resultar nocivo ao medioambiente e a humanidade.
• A toma de conciencia sobre a preservación do medio
ambiente iníciase nos anos 70, grazas ás
organizacións ecoloxistas e á comunidade científica.
• Os principais cumios e acordos foron os seguintes:
Conferencia da ONU sobre medioambiente (1972);
Protocolo de Quioto (1997); conferencias sobre o
cambio climático (2007) e cumio de París (2015) que
le deu máis marxe a países como China e India.
20. 6. O efecto invernadoiro
• O quecemento global do planeta
provocou un aumento das temperaturas
constante dende os anos 60 e con
altibaixos dende inicios do século XX.
• Sobre o clima o quentamento provocou
efectos como o aumento de fenómenos
atmosféricos como furacáns e tifóns, de
inundacións e unhas secas máis
frecuentes.
26. 7. Que é a intelixencia artificial (IA)?
Beneficios e riscos
• A intelixencia artificial é a facultade da máquina
para entender, razoar, aprender e tomar
decisións.
• Trátase de habilidades propias da mente humana
que agora tamén teñen algunhas máquinas.
• Son computadoras con neuronas artificiais
conectadas entre si para aprender de si mesmas
e dar unha resposta.
• No caso de que non só pensen como un humano
senón que tamén actúen como el, realizando
tarefas humanas, estariamos a falar de robots.
30. Os países máis
robotizados do mundo
(robots por cada 10.000
habitantes no 2020)
Corea do Sur 932
Singapur 605
Xapón 390
Alemaña 371
Suecia 289
Hong Kong 275
EUA 255
China 246
Dinamarca 246
Italia 224
Bélxica 221
Luxemburgo 221
Países Baixos 209
Austria 205
España 203
Francia 194
31. 8. A robotización: beneficios e riscos
• A posibilidade de que os robots cheguen a superar aos
seres humanos parece máis ciencia ficción ca realidade,
pero algúns pensan que sería posible aplicarlles a
intelixencia artificial aos robots dixitais.
• Con este avance os robots poden aprender dos seus erros
e tomar decisións máis complexas sen intervención
humana.
• A xeneralización do uso de robots é xa unha realidade en
moitos ámbitos que esixe dunha normativa responsable
para lograr un mundo máis xusto e máis seguro.
• Por tanto, a industria da robótica ha de guiarse por novas
leis para o deseño e uso dos robots e así evitar que causen
danos a terceiros.
33. 9. Que son os algoritmos? Valoración
• Os algoritmos son os pasos ou instrucións que recibe unha
máquina para responder unha cuestión ou resolver un problema
para partir da análise dos datos que recibe.
• Ademais de gobernar os motores de busca por Internet ou os
nosos coches, poden determinar se se nos concede un préstamo
ou somos bos candidatos a un posto de traballo.
• As decisións baseadas en algoritmos presentan a gran vantaxe
de eliminar o rumbo ou a parcialidade humana, pero tamén
entrañan riscos que poden provocar actos discriminatorios e
inxustos.
• Un exemplo é o algoritmo empregado por Amazon en 2014 para
a contratación de persoal. Ao estar alimentado con datos de
empregados dos últimos dez anos, que na súa maioría eran
homes, o algoritmo daba prioridade na contratación aos
candidatos masculinos e discriminaba ás mulleres.
34. 10. Cal das nosas esferas da vida cotiá
sufriu máis avance tecnolóxico no s. XXI?
• A telefonía móbil tivo un enorme
avance nas últimas décadas.
35. 11. Paréceche ben que as empresas fixen
prezos segundo os datos que teñen?
• As empresas fixan os seus prezos pola lei da oferta e
demanda, pero nos últimos anos súmase un factor novo, os
algoritmos aplicados a estas dúas variables e o que é máis
impactante, aos datos do consumidor.
• Dependendo de quen sexa o comprador dun ben ou un
servizo, o prezo varía, segundo unha enorme cantidade de
datos almacenados sobre el, grazas ao uso da IA que fan
as empresas.
• Ao navegar por internet e aceptar as cookies dun sitio web,
damos acceso ás empresas a multitude de datos persoais
que se converten nun factor para fixar un prezo dinámico,
determinado por un algoritmo ou sistema informático.
• As compañías aéreas e as cadeas de hoteis foron
empresas pioneiras na implementación de prezos
algorítimicos.
39. 12. Que son as «Fake news»
• As loiadas ou noticias falsas (fake news) difúndense e
multiplícanse polas redes sociais dando como resultado
moita desinformación e desconfianza.
• A desinformación medra porque calquera pode xerar e
difundir noticias falsas.
• Malia iso non debemos pensar que todo o que se publica é
mentira, debemos acudir aos medios oficiais e confiar
neles.
• Se temos dúbidas existen plataformas dixitais que loitan
contra a desinformación a través da investigación e
verificación das noticias sospeitosas e os datos que nos
proporcionan.
41. 13. É a nosa sociedade máis democrática e
diversa?
• Segundo o Índice de Democracia do ano 2021, un 45% dos 167 países
analizados contan con democracia plena 13,8% ou deficiente 31,2%,
mentres que o 55% restante teñen réximes híbridos (21%) ou
autoritarios 34%. A nivel mundial, o retroceso do Índice de Democracia
varia:
• América: Canadá (con maior puntuación), Uruguai, Chile e Costa Rica
son democracias plenas. EUA é cualificado como democracia
imperfecta. En oposición Venezuela, Cuba e Nicaragua teñen réximes
autoritarios.
• Europa, todos os países gozan duns sistema democrático encabezado
por Noruega. As puntuacións de Europa occidental son polo xeral máis
elevadas que as de Europa oriental.
• África: ningún país ten democracia plena. Só Botswana, Suráfrica e
Ghana son democracias imperfectas. O resto son réximes autoritarios
ou híbridos.
• Asia: o índice avanzou levemente a súa puntuación. Moitos países
continúan con réximes autoritarios, como China e Corea do Norte, país
coa última posición mundial.
43. 14. Que modelo seguimos: asimilación ou
multiculturalismo?
• Francia aplica a política de asimilación, que consiste en
converter o inmigrante nun cidadán francés, que fale
francés, abandone a súa cultura orixinal, adopte a francesa
e respecte a laicidade.
• O obxectivo é crear unha sociedade homoxénea na que os
estranxeiros adopten os valores identitarios da sociedade
francesa e se sintan orgullosos de ser franceses.
• Reino Unido opta polo multiculturalismo. O goberno trata
de poñer os medios para manter a cultura e a relixión de
orixe dos inmigrantes, establece un marco para súa
participación na vida británica e media se xorden conflitos.
• Agora ben, na práctica ambos os modelos non impediron a
creación de guetos, o resentimento dos inmigrantes, os
disturbios e as condutas xenófobas.
• Opinión de Á. Retortillo e outros no estudo: «Entre a asimilación e o multiculturalismo». Univeridade de Valladolid
44. 15. Conseguirán as mulleres romper o teito
de cristal?
• O teito de cristal é a barreira invisible e non escrita que teñen as
mulleres para a súa participación e ascenso na vida pública, que
nace dos estereotipos culturais da nosa sociedade.
• Retos pendentes para o novo século:
• Premios Nobel: dos 900 premios outorgados dende a súa
creación en 1901 a persoas ilustres da ciencia, só 53 foron
mulleres.
• Só o 23% das películas máis famosas do cine teñen como
protagonistas a mulleres. Nos 92 anos da historia dos Óscar só 5
mulleres foron nomeadas na categoría mellor director/a.
• Só o 7%, no 2019, das 500 empresas máis importante do mundo
eran directoras.
• Aínda que a presenza da muller en cargos políticos duplicouse
nos últimos 25 anos. 3 de cada 4 escanos son ocupados por
homes.
46. 16. Como son os movementos globais?
• A reivindicación cidadá na rúa tivo un gran protagonismo durante
o período 2006-2020, sobre todo a partir da crise ninanceira do
2010, alcanzou dimensións globais.
• A diferenza doutros movementos sociais, estas protestas non
tiveron un foco xeográfico concreto e apareceron en zonas e
países do mundo moi diferentes.
• Ademais, nalgunhas ocasións, compartindo tamén as mesmas
demanda, manifestáronse de forma coordinada a nivel global ou
mesmo baixo os mesmos slogans como Democracia real xa!,
Somos o 99% ou Que se vaian todos.
• Todos estes movementos estaban protagonizados por millóns de
cidadáns que se organizaron a través de redes sociais. Estas, á
súa vez, servíronlles para dar visibilidade ás súas mobilizacións
pacíficas impulsadas por enormes expectativas de cambio
político, social e económico.
49. 17. A cidadanía perde a confianza na
democracia?
• Os países de tradición democrática como os de América do Norte ou Europa, e
tamén noutros países do mundo, está a producirse a perda da confianza da
cidadanía na democracia e nas súas institucións. Este desencanto pode
relacionarse con algunhas dinámicas que debilitan a democracia:
• Aumento da corrupción política e económica.
• Perda de confianza nos partidos políticos.
• Difusión dos medios de comunicación.
• O papel das redes sociais como difusoras dos «fake news»
• Ademais, ante a complexidade do mundo actual, moitas persoas séntense
atraídas por explicación sinxelas sobre o mundo que nos rodea e por solucións
fáciles que poidan apoiar con entusiamos. Iso explica o aumento do número de
seguidores de propostas radicais e en particular dos movementos de extrema
dereita, que está a mellorar os resultados electorais e a súa presenza nas
institucións.
• Esta perda de confianza na democracia e nas institucións impulsou a moitos
sectores sociais a ver a protesta como un mecanismo de participación política
máis eficiente ca o voto e xerou a nivel global un impulso nos movementos
sociais.