Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 133 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Anuncio

Más de Agrela Elvixeo (20)

Más reciente (20)

Anuncio

Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)

  1. 1. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
  2. 2. Eixo cronolóxico (1902-1939)
  3. 3. A crise do sistema da Restauración (1902-1923) • Alfonso XIII iniciou o seu reinado en 1902, ao ser declarado maior de idade. • Este feito coincidiu cunha forte crise provocada polo desastre do 98. • Os partidos dinásticos (conservadores e liberais) propuxeron reformas rexeneracionistas, pero o sistema mostrouse incapaz de democratizar a vida política e de lle dar cabida á oposición. Ademais a conflitivade social era cada vez maior. Joaquín Sorolla: Alfonso XIII (1907)
  4. 4. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1923) 1. Razóns: 1. Excesivas intervencións do monarca en asuntos políticos e militares (desafortunadas). 2. Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos. 3. Ineficacia das políticas rexeneradoras. 4. Fraude electoral e caciquismo. 5. Crecente papel interventor do exército na vida política 6. Crecente contestación política dos partidos non dinásticos (republicanos, socialistas e nacionalistas) 7. Aumento da conflitividade laboral e social. 8. Atentados anarquistas. 9. Anticlericalismo (entendendo a Igrexa asociada ao sistema) 10. A cuestión de Marrocos e os seus fracasos.
  5. 5. Ramón Casas: La Carga Folga Xeneral en Barcelona 1902
  6. 6. Atentado voda de Alfonso XIII
  7. 7. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1923) 2. En que momento se agudiza a crise? • Dende a crise de 1898 tres serán os momentos: • A revolta de 1909: A Semana Tráxica de Barcelona. • A crise de 1917 (parlamentaria, do exército e obreira) • Crise de Marrocos: Desastre de Annual 1921.
  8. 8. Crise de 1917 Comparativa da evolución de Prezos-beneficios e salarios
  9. 9. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1923) 3. Que intereses tiña España en Marrocos…? • A comezos do século XX, do antigo Imperio colonial español só quedaban algúns enclaves no norte de África. Na Conferencia de Alxeciras de 1906 acordouse a creación dun Protectorado franco-español en Marrocos, e España obtivo o control da franxa Norte, o Rif, rica en minerais. • A ocupación do Rif encontrou a oposición dos bérberes, e orixinou unha guerra permanente agudizada en 1909 (barranco do Lobo) e 1921, en Annual. • A guerra non contaba co apoio maioritario da sociedade, que rexeitaba a mobilización de soldados veteranos, e o interese da Coroa e de certas empresas de manterse en Marrocos. • Tras o desastre de Annual, abriuse unha investigación para depurar responsabilidades. Os resultados formaban o Expediente Picasso, no que algúns militares e mesmo o rei parecían implicados en escándalos de corrupción económica.
  10. 10. Barranco do Lobo (1909)
  11. 11. Imaxe actual do Barranco do Lobo. Vista de Melilla ao fondo
  12. 12. En El Barranco del Lobo (canción popular) En el Barranco del Lobo hay una fuente que mana sangre de los españoles que murieron por la patria. ¡Pobrecitas madres, cuánto llorarán, al ver que sus hijos a la guerra van! Ni me lavo ni me peino ni me pongo la mantilla, hasta que venga mi novio de la guerra de Melilla. ¡Pobrecitas madres, cuánto llorarán, al ver que sus hijos a la guerra van! Melilla ya no es Melilla, Melilla es un matadero donde van los españoles a morir como corderos. ¡Pobrecitas madres, cuánto llorarán, al ver que sus hijos a la guerra van... En el Barranco del Lobo
  13. 13. Embarque de tropas no porto de Barcelona 1909
  14. 14. Barricada. Semana Tráxica de Barcelona 1909
  15. 15. Barricada. Semana Tráxica de Barcelona 1909
  16. 16. Semana Tráxica de Barcelona 1909
  17. 17. Baía de Alhucemas
  18. 18. Xeneral Manuel Fernández Silvestre Abd el-Krim
  19. 19. Desastre de Annual Masacre de Monte Arrauit
  20. 20. Desastre de Annual Masacre de Monte Arrauit
  21. 21. Desastre de Annual na literatura
  22. 22. Desastre de Annual na literatura Ramón J. Sender Fermín Galán Arturo Barea
  23. 23. Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930/31) 4. Que situación conduciu ao golpe de Estado…? • Os conflitos sociais, ocasionados polo deterioro das condicións de vida dos traballadores, provocaron mobilizacións obreiras (folgas, guerra social) e campesiñas (ocupación de terras). • Os gobernos de concentración non lle deron solución á crise política, que acabou co golpe de Estado e a ditadura de Primo de Rivera. • A ditadura de Primo de Rivera suspendeu a Constitución de 1876, disolveu as Cortes e prohibiu os partidos políticos e algúns sindicatos, como a CNT. O recorte de liberdades afectou a prensa, a educación e os intelectuais contrarios a ditadura, suprimiuse a Mancomunidade de Cataluña, perseguíronse os nacionalismos periféricos e o uso público das linguas das nacionalidades.
  24. 24. Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930/31) 4. Que situación conduciu ao golpe de Estado…? • Creouse un partido único, a Unión Patriótica, e un órgano lexislativo, a Asemblea Nacional Consultiva, que non era escollida de forma democrática. • Aproveitando a boa situación internacional, houbo certo crecemento económico. Leváronse a cabo numerosas obras públicas (especialmente estradas) e puxéronse en marcha monopolios estatais como (Telefónica e Campsa). • En 1925, o desembarque militar en Alhucemas acabou co conflito de Marrocos e estableceu o control efectivo sobre o Protectorado.
  25. 25. Retratos de Miguel Primo de Rivera
  26. 26. DITADURAS EN EUROPA NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS CRISE DAS DEMOCRACIAS PARLAMENTARIAS PAÍS INICIO DITADOR PAÍS INICIO DITADOR Hungría Italia España Turquía Bulgaria Albania Portugal Polonia 1920 1922 1923 1923 1923 1925 1926 1926 Miklós Horthy Benito Mussolini Miguel Primo de Rivera Kemal Ataturk Boris III Zog I Gomes da Costa Józef Pilsudski Lituania Iugoslavia Alemaña Austria Estonia Letonia Grecia Romanía España 1926 1929 1933 1934 1934 1934 1936 1938 1939 Antanas Smetona Alexandre I Adolf Hitler Engelbert Dollfuss Konstantin Päts Karlis Ulmanis Ioannis Metaxas Carol II Francisco Franco
  27. 27. Diretorio Militar co rei Alfonso XIII (1923)
  28. 28. Desembarco en Alhucemas (1925)
  29. 29. Edificio de Telefónica Gran Vía . Madrid
  30. 30. Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930/31) 5. Como rematou a Ditadura de Primo de Rivera? • A crise de 1929, o clima de oposición á ditadura e a perda de confianza de Alfonso XIII fixeron que dimitira en 1930. • O obxectivo dos seus sucesores (Berenguer e Aznar) foi propiciar o retorno paulatino á lexitimidade constitucional da Restauración. • Este período é coñecido como dictabranda. • Gran parte da oposición asinou en agosto de 1930 o Pacto de San Sebastián, reivindicando unhas eleccións democráticas e a instauración dunha república.
  31. 31. Participantes no Pacto de San Sebastián
  32. 32. II República (1931-1936) 6. Explica por que se consideran…? • Tras o descontento político existente, as eleccións municipais do 12 de abril, foron percibidas como un plebiscito entre monarquía e república, polo que o triunfo republicano-socialista nas principais capitais de provincia levou á súa proclamación e ao exilio do rei Alfonso XIII.
  33. 33. Capital Monárquicos Antimonárquicos Álava (Vitoria) 16 15 Albacete 10 22 Alicante 9 25 Almería 15 17 Ávila 12 7 Badajoz 12 20 Baleares (Palma de Mallorca) 32 9 Barcelona 11 39 Burgos 17 13 Cáceres 10 14 Cádiz 40 0 Castellón 4 26 Ciudad Real 8 16 Córdoba 7 27 Coruña, A 5 34 Cuenca 10 11 Girona 17 15 Granada 10 27 Guadalajara 7 34 Guipúzcoa (San Sebastián) 8 31 Huelva 10 23 Huesca 6 14 Jaén 10 22 León 8 18 Lleida 8 22 La Rioja (Logroño) 8 20 Lugo 21 7 Madrid 20 30 Málaga 15 33 Murcia 22 24 Navarra (Pamplona) 17 12 Ourense 12 11 Asturias (Oviedo) 14 26 Palencia 8 16 Pontevedra 7 19 Salamanca 12 19 Santander 15 25 Segovia 10 11 Sevilla 18 32 Soria 9 8 Tarragona 9 19 Teruel 5 14 Toledo 10 15 Valencia 18 32 Valladolid 18 26 Vizcaya (Bilbao) 11 35 Zamora 7 15 Zaragoza 16 31 TOTALES 604 981
  34. 34. Resultados electorais nas principais cidades galegas (concelleiros) 1931 Republicanos Socialista s Monárquicos Agrarios Outros A Coruña 33 1 5 Lugo 3 4 21 Ourense 7 4 11 1 Pontevedra 19 7 1 Ferrol 13 13 7 Santiago 19 13 Vigo 19 18 Total 113 22 82 1 1 % 51,6% 10,0% 37,4% 0,5% 0,5%
  35. 35. Proclamación da 2ª República Nas rúas de Madrid 1931
  36. 36. Madrid. Porta do Sol
  37. 37. Símbolos: bandeira, escudo, himno Himno de Riego
  38. 38. II República Etapas • Introdución: proclamación e forzas sociais e políticas durante a 2ª República. • Bienio reformista (abril 1931- novembro 1933) • Goberno provisional (abril-xuño). Goberno republicano-socialista (xuño 1931-novembro 1933) • Bienio de dereitas (novembro 1933-febreiro 1936) • Fronte Popular (febreiro-xullo 1936)
  39. 39. II República (1931-1936) 7. Cales foron as primeiras medidas do goberno provisional? • As primeiras medidas reformistas da República foron: unha amnistía para todos os presos políticos e liberdade de partidos e sindicatos; leis sociais para mellorar a situación dos traballadores e o establecemento da Generalitat provisional de Cataluña.
  40. 40. Goberno provisional Abril-Xuño 1931 Alcalá Zamora. Dereita Liberal Republicana Presidente do Goberno Fernando de los Ríos. PSOE Xustiza Casares Quiroga. ORGA Marina Manuel Azaña. Accion Republicana Guerra Alejandro Lerroux. Republicano Radical Estado Miguel Maura.. Dereita Liberal Republicana Gobernación Álvaro de Albornoz.. Republicano Radical Socialista Fomento Largo Caballero.PSOE Traballo
  41. 41. II República (1931-1936) 8. Observa o cadro e responde as seguintes cuestións:
  42. 42. II República (1931-1936) 8. Observa o cadro e responde as seguintes cuestións: • En 1931 había unha amalgama de partidos e sindicatos. Por un lado estaban os partidos republicanos: os de esquerdas como Acción Republicana de Azaña e o Partido Radical Socialista de Domingo. Partido Republicano Radical de Lerroux de centro e a Dereita Liberal Republicana de Alcalá Zamora (presidente do goberno provisional).
  43. 43. II República (1931-1936) 8. Observa o cadro e responde as seguintes cuestións: • Partidos e sindicatos obreiros: socialistas: PSOE de Prieto e Besteiro; a UGT de Largo Caballero. PCE da Pasionaria e o POUM (troskista) de Nin. • Anarquistas: CNT e FAI Montseny e Durruti. • Nacionalistas e autonomistas: dereitas Lliga Regionalista de Cambó e o PNV de Aguirre. Esquerda: ERC de Macià e Compayns, ORGA de Casares Quiroga e Partido Galeguista de Castelao.
  44. 44. II República (1931-1936) 8. Observa o cadro e responde as seguintes cuestións: • Dereita: CEDA liderada por Gil Robles. Nela militan afiliados que consideran á república como algo accidental. Outros decláranse monárquicos. • Partidos contrarios á república de extrema dereita: Renovación Española de Calvo Sotelo (autoritario e monárquico), Falanxe Española de Primo de Rivera e JONS de Onésimo Redondo (fascistas) e Comuñón Tradicionalista (carlista).
  45. 45. Resultado das eleccións de xuño de 1931
  46. 46. II República (1931-1936) 9. Características da Constitución de 1931 • Estableceu as bases dunha república democrática e de progreso, pero non tivo o apoio dos grupos conservadores que disentían en cuestións sociais, relixiosas e autonómicas. • Establecía os seguintes principios: • España definíase como un Estado integral, con posiblidades de establecer gobernos autónomos. • Sufraxio universal masculino e feminino. • Aconfesionalidade do Estado respectábanse tódolos cultos e crenzas. Permitiuse o matrimonio civil e implantouse o divorcio. • Declaración de dereitos individuais e establecemento de amplas liberdades públicas e privadas. Recoñece o dereito á propiedade privada, aínda que o Goberno podía expropiar bens de utilidade social. • División e equilibrio de poderes. A xefatura do Estado en mans do presidente da República elixido polo parlamento por un mandato de seis anos.
  47. 47. Portada da Constitución Republicana de 1931
  48. 48. Mitin de Clara Campoamor na demanda do sufraxio feminino
  49. 49. II República (1931-1936) 10. Postura ante o sufraxio feminino • No debate sobre a conveniencia do sufraxio feminino enfrontáronse dúas posturas: por un lado, a dereita opúñase ao voto feminino xa que crían que o lugar da muller era o seu fogar e os asuntos públicos tíñanse que reservar aos homes. • Á súa vez, dentro da esquerda tamén había dous bandos; os que defendían a igualdade entre homes e mulleres e polo tanto querían o sufraxio feminino e por outro lado, menos convencidos, estaban os que pensaban que o voto feminino os prexudicaría xa que crían que sería un voto moi conservador.
  50. 50. II República (1931-1936) 11. Reformas do bienio reformista (1931-1933) 1. Reforma do exército: consistiu en reducir o número de mandos a través dunha lei de retiros e someter o exército ao poder civil. 2. Reforma relixiosa e educativa: separación da Igrexa e o Estado; introdución do matrimonio e o enterro civís; lei do divorcio; educación laica. 3. Reforma territorial: descentralización do Estado; elaboración de estatutos de autonomía; establecemento de gobernos autónomos. 4. Reforma agraria: expropiación das grandes fincas que non se cultivaban e distribución entre os campesiños sen terras; Instituto de Reforma Agraria para indemnizar aos propietarios e facilitar o asentamento das familias campesiñas.
  51. 51. II República (1931-1936) 11. Consecuencias das reformas: enfrontamentos (1931-1933) • Enfrontamento coas clases dominantes: grandes propietarios agrarios, a Igrexa católica, parte do exército e sectores das clases altas e medias-altas. • Os sectores de esquerda máis radicais, debido á lentitude dalgunhas reformas.
  52. 52. II República (1931-1936) 12. Observa o mapa da propiedade agraria… • As provincias que concentraban os maiores latifundios eran Huelva, Badaxoz, Cáceres e Cidade Real e gran parte de Sevilla e Cádiz. • A República emprendeu no ámbito agrario para terminar coa situación de extrema miseria que sufrían miles de xornaleiros: expropiación e ocupación de terras sen cultivar e asentamento de familias campesiñas. • As medidas foron lentas e moitas veces desesperaron ao sector dos xornaleiros.
  53. 53. II República (1931-1936) 13. Levantamento de Casas Viejas… • Os sucesos de Casas Viejas son os episodios que tiveron lugar o 10 e 12 de xaneiro de 1933 nesta pequena localidade gaditana. • En pleno contexto insurreccional de parte do movemento anarquista español, en Casas Viejas un grupo de campesiños afiliados á CNT atacaron o cuartel da Garda Civil e causaron dous mortos. • Entre o 11 e 12 de xaneiro o goberno enviou reforzos para sofocar o levantamento, que causou mortos entre os campesiños.
  54. 54. Casas Viejas. 1933
  55. 55. II República (1931-1936) 14. Que cambio político comportaron as eleccións de 1933? • En 1933 subiron ao poder os partidos de dereita e centro gañadores das eleccións. • Alejandro Lerroux, do Partido Radical, foi elixido presidente co apoio parlamentario da CEDA, liderado por Gil Robles. • A súa política foi a de desmantelar a obra reformista anterior: paralizou a reforma agraria e o estatuto catalán, propiciou o achegamento da Igrexa e amnistiou ós sublevados do golpe de Sanjurjo.
  56. 56. Eleccións novembro de 1933 Presenza de mulleres
  57. 57. II República Comparativa de resultados electorais
  58. 58. II República (1931-1936) 14. Que sucedeu en outubro de 1934? • En outubro de 1934, tras a entrada no goberno de tres ministros da CEDA, desencadeáronse revoltas en Asturias e Cataluña. • En Asturias, un movemento insurreccional, impulsado por socialistas e comunistas, declarou a revolución social e ocupou a cunca mineira. O goberno proclamou o estado de guerra e o levantamento foi sufocado. • En Cataluña, a Generalitat proclamou o Estado catalán dentro do estado federal.
  59. 59. II República (1931-1936) 14. Compara os dous levantamentos. Consecuencias • Estes movementos foron reprimidos, causando numerosas vítimas e detidos en Asturias. • Suprimiuse o Estatuto catalán e o encarceramento do goberno. • Ao redor de 30.000 persoas entraron nas cárceres polos acontecementos anteriormente sinalados.
  60. 60. Número de obreiros en folga 347.660 336.177 369.164 841.353 767.277 32.800 11930 1931 1932 1933 1934 1935
  61. 61. Lluís Companys e o seu Goberno Encarcerados en 1934
  62. 62. Revolución de outubro de 1934 Cartel anunciador da revolución Camións con detidos nas rúas de Gijón. Grupo de mineiros articipantes na revolta.
  63. 63. Mineiros Outubro de 1934
  64. 64. Guaje mineiro Outubro de 1934
  65. 65. Revolución Outubro de 1934
  66. 66. Revolución Outubro de 1934
  67. 67. Chamamento gobernamental á rendición Outubro 1934
  68. 68. Información na Prensa conservadora sobre Outubro 1934
  69. 69. Oviedo Outubro 1934
  70. 70. Imaxes da Cámara Santa da Catedral de Oviedo Outubro 1934
  71. 71. Oviedo Claustro da Universidade Outubro 1934
  72. 72. Oviedo Hotel Inglés Outubro 1934
  73. 73. Oviedo Hotel Inglés Outubro 1934
  74. 74. Gijón Desfile das tropas regulares Outubro 1934
  75. 75. Detención de insurrectos Asturias. Outubro 1834
  76. 76. II República (1931-1936) 15. Por que motivo se convocaron as novas eleccións en febreiro de 1936? • Os suceos de outubro de 1934 afondaron as diferenzas do Partido Radical ea CEDA, que se acentuaron despois dos escándalos de corrupción de 1935, que implicaban algúns ministros radicais. • Ante esta situación, o presidente da República viuse obrigado a convocar eleccións en febreiro de 1936.
  77. 77. Escándalo de Estraperlo • Especie de ruleta trucada inventada por Strauss e Perlo que proporcionaba grandes beneficios aos seus propietarios. • Lerroux e varios familiares próximos foron acusados de estaren a beneficiarse, o que orixinou un escándalo que lle custou a presidencia do Goberno.
  78. 78. II República (1931-1936) 15. Como concorreron os dous grandes sectores políticos do país en 1936? A quen lle correspondeu a vitoria? • Nas eleccións, os partidos de centro e de dereita uníronse en coalición na maioría das provincias, mentres que os partidos republicanos de esquerda concorreron xuntos formando a chamada Fronte Popular. • A vitoria correspondeu a estes por escasa marxe.
  79. 79. Propaganda electoral 1936
  80. 80. II República Comparativa de resultados electorais
  81. 81. Celebración do resultado electoral Na praza de Cibeles (Madrid) 1936
  82. 82. Saída de presos amnistiados do cárcere 1936
  83. 83. II República (1931-1936) 16. Relaciona as reformas do Bienio Reformista cos que impulsou a Fronte Popular. Eran as mesmas? • As medidas impulsadas pola Fronte Popular seguían as iniciadas durante o bienio reformista pero con maior firmeza: a reforma do exército cambiando de destino dos militares sospeitosos de ser golpistas; profundar na separación entre a Igrexa e o Estado; seguir coa descentralización política, reinstaurando a Generalitat de Cataluña e desenvolvendo os procesos autonómicos de País Vasco e Galicia; e, finalmente, aplicando a reforma agraria para terminar co latifundismo. • Tiñan que ver cos problemas anteriores.
  84. 84. II República (1931-1936) 17. Evolución política de Galicia • Nas eleccións municipais de 1931, as candidaturas republicanas triunfaron na maioría das cidades galegas principalmente na Coruña. • Nas eleccións xerais de xuño a vitoria da conxunción republicano- socialista foi moi alta. • Gañou a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) liderada por Casares Quiroga. Foi membro do goberno central. • Establecida a República, Galicia mobilizouse para conseguir o seu Estatuto de Autonomía. • Con este obxectivo creouse, en decembro de 1931, o Partido Galeguista. • O texto do Estatuto foi aprobado nunha asemblea de municipios reunida en Santiago en decembro de 1932, pero o seu referendo demorouse pola chegada do Bienio Conservador. • Nas eleccións de febreiro de 1936 a vitoria en Galicia correspondeulle, de forma axustada á Fronte Popular. Esta coalición convocou o referendo sobre o Estatuto en xuño e o pobo galego ratificouno. • En xullo de 1936 os militares golpistas controlaron territorialmente Galicia integrándose na denominada zona nacional. O estatuto e os intentos reformistas da República quedaron paralizados.
  85. 85. O coruñés Santiago Casares Quiroga será nomeado presidente do Goberno da República en abril de 1936
  86. 86. Esquerda: Casa Museo de Casares Quiroga (Rúa Panadeiras-A Coruña). Arriba: interior da casa escritorio-biblioteca. Abaixo: queima de libros durante a guerra civil peirao da Coruña
  87. 87. Praza e monumento a Casares Quiroga no Polígono de Elviña. Fotografías tomadas dunha presentación realizada polo alumnado de 1º ESO do IES Elviña-IES Agra de Leborís no IV Encontro Lingüístico curso 2009-2010
  88. 88. Campaña favorable ao estatuto de autonomía galego
  89. 89. II República (1931-1936) 18. Como se formou o nacionalismo galego e como se loitou pola autonomía? • Dende finais do século XIX existían en Galicia unha corrente ideolóxica que defendía a personalidade nacional galega. • Impulsores deste movemento a comezos do século XX foron as Irmandades da Fala, asociacións culturais e políticas de signo nacionalista que defendían, principalmente, a autonomía integral para Galicia, a cooficialidade dos idiomas galego e castelán, e o control sobre os ferrocarrís e a banca. • Entre as figuras máis destacadas das irmandades atopábanse Antón Vilar Ponte e Vicente Risco. • A ditadura de Primo de Rivera paralizou a actividade política centrándose esta na vía cultural. En 1920 fúndase Nós, boletín mensual da cultura galega ao redor do que se forxou a xeración de intelectuais galegos. • Durante a década dos trinta proliferaron grupos que defendían o nacionalismo galego como ORGA ou o Partido Galeguista. • Na segunda república tramitouse o Estatuto galego coa súa paralización co triunfo do golpe de estado de 1936.
  90. 90. Imaxe de Castelao. Portada da revista Nós
  91. 91. II República (1931-1936) 19. Le os artigos do estatuto galego e resume os aspectos máis importantes • Entre os aspectos máis importantes debemos destacar o recoñecemento de Galicia como unha rexión autónoma dentro de España, o establecemento duns órganos propios de poder (Asemblea Lexislativa, Xunta de Galicia e Presidente da rexión), a cooficialidade da lingua galega e castelá, a posibilidade de desenvolver a súa propia lexislación e ter competencias sobre o réxime agrario, obras públicas, sanidade e educación.
  92. 92. A Guerra Civil
  93. 93. Guerra civil (1936-1939) 20. Por que se produciu o golpe de estado de 1936? Quen o apoiou? • O triunfo da Fronte Popular nas eleccións implicou a oposición dos sectores conservadores da sociedade, que se manifestou nos enfrontamentos violentos entre milicias de esquerda e dereita. • Este clima de confrontación social serviulles de pretexto ás forzas contrarias á República para acelerar os seus plans de golpe de Estado, sucedido entre o 17 e 19 de xullo de 1936.
  94. 94. División de España tras o golpe de estado
  95. 95. Guerra civil (1936-1939) 20. Observa o mapa e enumera as zonas en que triunfou o levantamento popular • O levantamento triunfou en Galicia, a cidade de Oviedo, Castela-León, A Rioxa, Álava, Navarra, Canarias, Baleares (excepto Menorca), parte occidental de Aragón (todas as capitais), Extremadura, algunhas cidades andaluzas ademais de Marrocos.
  96. 96. Guerra civil (1936-1939) 21. Sinala as etapas da guerra civil • Agosto 1936- Marzo 1937: a batalla de Madrid • As tropas sublevadas en África cruzan o estreito e avanzan por Extremadura e Toledo, e situáronse as portas de Madrid en novembro de 1936. Ante o temor dunha inminente conquista da capital o goberno republicano abandonou Madrid e trasladouse a Valencia. • Na batalla de Madrid, as forzas republicanas (parte do exército, milicias de voluntarios e membros das brigadas internacionais) resistiron o ataque. Os mandos sublevados intentaron sen éxito outras vías para entrar na cidade (batalla de Jarama e Guadalaxara), e franco decidiu abandonar a fronte de Madrid e avanzar noutras rexións.
  97. 97. Agosto de 1936- Marzo 1937: A batalla de Madrid
  98. 98. Guerra civil (1936-1939) 21. Sinala as etapas da guerra civil • Abril-Decembro de 1937: a batalla do Norte • Entre abril e outubro de 1937 librouse a batalla do Norte. Durante estes meses, o exército franquista acatou as cidades máis importantes da consta cantábrica. O 26 de abril de 1937, a lexión Cóndor bombardeou e arrasou a cidade de Gernika (Biscaia), cun elevado número de vítimas civís. O País Vasco e a súa produción mineira caeu en mans dos sublevados. • Para intentar frear a ofensiva franquista do norte, os republicanos contraatacaron en Brunete (Madrid) e Belchite (Zaragoza), pero non puideron impedir a caída de Cantabria (agosto de 1937) e Asturias (outubro de 1937).
  99. 99. Abril- decembro 1937: A batalla do norte
  100. 100. Guerra civil (1936-1939) 21. Sinala as etapas da guerra civil • Xaneiro de 1938-Abril de 1939: da batalla do Ebro a fin da guerra • En febreiro de 1938, as tropas franquistas ocuparon definitivamente Teruel, avanzaron sobre Aragón e chegaron ao Mediterráneo. • Para deter o avance dos insurrectos, o goberno da República concentrou todas as súas forzas na batalla do Ebro (xullo- outubro de 1938), a máis longa e dura da Guerra Civil. Tras levar a iniciativa, o exército republicano tivo que retroceder ante o avance franquista. • Entre novembro de 1938 e febreiro de 1939, toda Cataluña foi ocupada polas tropas franquistas. Madrid e a zona centro, as únicas que resistían, foron ocupadas entre febreiro e marzo. O 1 abril de 1939, un parte de guerra deu o conflito por rematado.
  101. 101. Xaneiro 1938- abril 1939: batalla do Ebro e fin da guerra
  102. 102. Guerra civil (1936-1939) 22. Como se internacionalizou o conflito? • A Guerra Civil española librouse entre as dúas grandes ideoloxías que naqueles momentos se enfrontaban, como vimos en toda Europa. O conflito foi visto como un choque entre o sistemas democráticos e os réximes fascistas. • Os gobernos europeos, temerosos ante a política expansionista de Hitler en Europa, formaron un Comité de Non Intervención, que proclamou a súa neutralidade ante o conflito en España. Isto significou a prohibición de importar a España material de guerra e outros recursos, sobre todo de Francia e Reino Unido, e a inhibición das democracias europeas ante as dificultades da República para defender a democracia. • Aínda así o bando sublevado contou con grandes efectivos de Italia, Alemaña e Portugal. • Os republicanos contaron co apoio da URSS e das Brigadas Internacionais: corpo de voluntarios de máis de 50 países que enviaron entre setembro de 1936 e outubro de 1938 uns 30.000 voluntarios.
  103. 103. Cartel Países que apoian ás tropas sublevadas á República
  104. 104. Bandeira republicana co símbolo das Brigadas Internacionais
  105. 105. 1937 Bombardeo de Guernica pola Lexión Cóndor
  106. 106. Nese pavillón mostrouse por primeira vez o Guernica de Picasso como denuncia dos ataques da aviación alemana a poboación civil na Guerra Civil Española Cartel de Miró
  107. 107. Guerra civil (1936-1939) 23. Organización e obxectivos de cada bando • República: • En xullo de 1936, o Goberno viuse desbordado ante o golpe militar. Azaña nomeou a José Giral coa esperanza de frear a sublevación. Ante a negativa dos golpistas, o presidente disolveu o exército e deulles armas aos partidos e sindicatos da Fronte Popular, organizadas en comités obreiros. • Numerosos sindicalistas da CNT-FAI e tamén da UGT aproveitaron o momento para levar a cabo un proceso revolucionario (reparto de terras, colectivización de fábricas, represión contra os sospeitosos de simpatizar cos sublevados, queima de igrexas...) • Setembro 1936-Maio 1937 goberno de Largo Caballero formado polo conxunto das forzas de esquerda (incluídos os anarquistas). Creouse o exército popular coa axuda soviética e tratouse de lle por fin á represión exercida de forma incontrolada polos comités. As tensións internas provocaron a caída deste goberno. • Maio 1937-Marzo 1939 goberno de Juan Negrín apoiado fundamentalmente polo PCE. Pretendeu disciplinar a organización interna do goberno e o exército. Plantexou unha proposta de negociación de finalización do conflito (abril 1938): os 13 puntos que Franco rexeitou.
  108. 108. Xoán Negrín
  109. 109. Os 13 puntos Negrín
  110. 110. Guerra civil (1936-1939) 23. Organización e obxectivos de cada bando • Sublevados: • O exército asumiu o poder. Tódolos os seus esforzos foron dirixidos a acadar a vitoria militar e a organizar un novo Estado de inspiración fascista, que anulase a lexislación reformista da República. • Inicialmente constituíuse unha Xunta de Defensa Nacional integrada por varios militares. O 1 de outubro designaran a Franco como xefe do Estado e xeneralísimo dos exércitos (tras morte de Sanjurjo e Mola). • En abril de 1937, Franco decretou a unificación das forzas políticas que respaldan a sublevación creando un único movemento: FET e das JONS. • Burgos será a capital da España sublevada.
  111. 111. Guerra civil (1936-1939) 24. Problemas internos de cada bando • O principal problema interno ao que se enfrontou a República consistiu nunha falta de estratexia conxunta entre os diversos sectores da esquerda que defendían a súa legalidade: mentres que o goberno intentaba darlle prioridade ao esforzo militar para gañar a guerra, os grupos de esquerda máis radicais, especialmente, os anarquistas, defendían a necesidade de profundar na revolución social. • Na España sublevada os problemas internos solventáronse mellor: control militar e unificación das forzas políticas nun único partido.
  112. 112. Guerra civil (1936-1939) 25. Penalidades da poboación civil • Sufría bombardeos, fame provocada pola escasez de alimentos (especialmente na zona republicana), que orixinou enfermidades e morte, a represión do bando oposto e, en ocasións a necesidade de marchar das súas casas e emigrar para sobrevivir. • A penalidade de maior impacto da vida cotiá eran os bombardeos, xa que ademais de ser moi perigosos, obrigaban a refuxiarse e ocasionaban graves danos físicos e psicolóxicos.
  113. 113. Bombardeo de Barcelona
  114. 114. Refuxiados no metro de Madrid. 1936
  115. 115. Guerra civil (1936-1939) 26. Represión en cada un dos bandos • Foi similar e descontrolada a maioría das veces. • No bando franquista sistematizada dende o poder (réxime do terror): persecución de republicanos e partidos políticos e sindicatos obreiros. • No bando republicano máis descontrolada por parte do goberno e máis espontánea polos comités dos partidos principalmente obreiros. Persecución de conservadores, membros da Igrexa...
  116. 116. Saqueo de igrexas en Barcelona
  117. 117. 1939 Exhumación de cadáveres en Paracuelllos (Madrid)
  118. 118. 1939 Exhumación de cadáveres en Paracuelllos (Madrid) Melquíades Álvarez
  119. 119. Fusilamentos no Campo da Rata (A Coruña). Inmediacións da Torre de Hércules
  120. 120. Monumento levantado ás vítimas da represión franquista durante a Guerra Civil no denominado Campo da Rata
  121. 121. Monumento levantado ás vítimas da represión franquista durante a Guerra Civil no na zona da Torre
  122. 122. Alexandre Bóveda foi unha das múltiples vítimas da represión na Guerra Civil en Galicia
  123. 123. Con placer Imprescindibles
  124. 124. Guerra civil (1936-1939) 27. Galicia durante a Guerra Civil • O 18 de xullo, cando se produciu o golpe de Estado, as autoridades republicanas en Galicia negáronse a entregarlle armas ao pobo, o que lles facilitou o control da situación aos militares golpistas, aos monárquicos e aos falanxistas. • Así, o pronunciamento militar triunfou en Galica e a rexión quedou na zona sublevada.
  125. 125. Guerra civil (1936-1939) 28. Consecuencias • Demográficas: perda de poboación froito da confrontación pero tamén polo gran número de exiliados. • Económicas: pola destrución de infraestruturas e a merma na produción agraria e industrial. • Políticas: ditadura que se alongou durante case 40 anos. • Sociais: división entre vencedores e vencidos e a oposición de Franco á reconciliación.
  126. 126. Vítimas na Guerra Civil Republicanos Franquistas Total Mortos en combate 90.000 60.000 150.000 Vítimas da represión* 78.000 51.000 129.000 Mortos por bombardeos 11.000 1.000 12.000 Mortos por penalidades 60.000 30.000 90.000 Total 239.000 142.000 381.000 *Non se contabiliza a represión franquista da posguerra. Estimación oficial de mortos en Galicia Provincia Execucións irregulares Execucións xudiciais Total A Coruña 303 607 910 Lugo 165 59 224 Ourense 155 17 172 Pontevedra 346 109 455 Total 969 792 1.761
  127. 127. Camiño do exilio cara Francia

×