SlideShare a Scribd company logo
1 of 106
UNIDADE 10. AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS:
MESOPOTAMIA E EXIPTO
As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto
5. A relixión exipcia
4. O Exipto dos faraóns
3. Exipto, o río e o deserto
2. A arte mesopotámica
1. Mesopotamia, terra entre dous ríos
6. O templo morada dos deuses
7. As tumbas exipcias
INTRODUCIÓN. CRONOLOXÍA
• Hai uns 6000 anos, no Crecente Fértil, as melloras
agrícolas deron orixe a sociedades máis prósperas e
complexas.
• Moitas aldeas neolíticas transformáronse en cidades e
apareceron as primeiras grandes civilizacións urbanas.
• A agricultura estendeuse por Mesopotamia e Exipto.
• Foi tamén nestas civilizacións onde se inventou a
escritura. Con ela a humanidade entrou na Historia.
Civilización mesopotámica
Civilización exipcia
1. Mesopotamia, terra entre dous ríos
1.1. As primeiras cidades-estado
• En Sumer (Baixa Mesopotamia), cara ao IV
milenio a.C., xurdiron as primeiras cidades-
Estado: Ur, Uruk, Lagash e Eridu.
• Estas cidades estaban rodeadas por murallas e
ao seu redor estendíanse os campos de cultivo,
atravesados por canles de rega, que
aproveitaban a auga dos ríos. A maioría dos
seus habitantes eran agricultores e pastores.
• A prosperidade agrícola e gandeira destas
cidades permitiu que unha parte da poboación
se dedicase a outras tarefas: naceron os
comerciantes e os artesáns. Comezaron a
utilizar a moeda.
1. Mesopotamia, terra entre dous
ríos
1.1. As primeiras cidades-estado
• No centro da cidade sentábase o templo (cigurat)
dedicado ao deus que protexía a cidade. Alí vivían
os sacerdotes, que controlaban as colleitas e o
comercio, impoñían os tributos e garantían a orde.
• O xefe dos sacerdotes detentaba o poder relixioso
e político da cidade. Para os labores de
administración axudábanse de funcionarios.
• Os conflitos entre as cidades veciñas polo control
da terra deron lugar a aparición de xefes militares
que acabaron dominando as cidades e
convertéronse en monarcas. As guerras fixeron
aumentar o número de escravos, que eran
habitantes dos territorios sometidos.
• IV milenio a.C. Sumer, cidades-estado da Baixa
Mesopotamia.
• Entre o III e o I milenio a.C., as terras de Mesopotamia
foron sucesivamente dominadas por diversos pobos, que
crearon grandes imperios.
• Akad (III milenio a.C.) Iniciado por Sargón.
• Imperio babilónico (cara ao 1800 a.C.). En época do rei
Hammurabi (1750 a.C.) redactouse o primeiro código de
leis coñecidos.
• Imperio asirio (cara ao 1300 a.C.). Estendíase do Golfo
Pérsico ata o Mediterráneo.
• Imperio persa (século VI a.C.). Espallouse ata o Indo.
1. Mesopotamia, terra entre dous ríos
1.2. Os primeiros imperios
VI a.C.
• A escritura xurdiu nas cidades mesopotámicas
cara ao 3500 a.C.
• Os funcionarios e sacerdotes tiñan necesidade
de controlar a propiedade das terras, as
colleitas, os impostos, etc., e comezaron a facer
anotacións para levar a contabilidade.
• Os reis utilizaron sistemas de escritura para
escribir ordes, fixar leis e redactar códigos.
• Tamén se comezaron a escribir textos literarios
e relixiosos.
1. Mesopotamia, terra entre dous ríos
1.3. A orixe da escritura
• As primeiras formas de escritura eran pictográficas, isto
é, debuxábase un símbolo (pictograma), que representaba
un obxecto ou un concepto.
• Máis adiante, convertéronse en ideogramas, que
representaban accións ou conceptos máis xerais. Co
tempo, estes signos foron simplificándose e deron lugar á
escritura cuneiforme.
• A escritura realizábase facendo incisións con punzóns
sobre táboas de arxila húmida, nas que quedaban
impresos os signos. A continuación deixábanse secar ao
solo para endurecelas. Coñecer todos os signos era un
labor difícil, que estaba reservado a uns especialistas: os
escribas.
1. Mesopotamia, terra entre dous ríos
1.3. A orixe da escritura: a escritura cuneiforme
O CÓDIGO DE
HAMMURABI
• 1. Se un señor acusa a outro señor
e presenta contra el denuncia de
homicidio, pero non a pode probar,
o seu acusador será castigado coa
morte.
• 3. Se un señor aparece nun
proceso para presentar un falso
testemuño e non pode probar a
palabra que dixo, se o proceso é
un proceso de pena capital tal
señor será castigado coa morte.
• 6. Se un señor rouba a propiedade
relixiosa ou estatal, ese señor será
castigado coa morte. Ademais o
que recibiu das súas mans os bens
roubados será tamén castigado
coa morte.
O CÓDIGO DE
HAMMURABI
• 16. Se un señor deu refuxio na súa casa
a un escravo ou escrava fuxitivos,
pertencentes ao Estado ou a un
subalterno e se non o entregou á
chamada do pregoeiro, o dono da casa
recibirá a morte.
• 141. Se a esposa dun señor, que vive
na casa dese señor, decide marcharse,
adquire un peculio secretamente,
dilapida a súa casa e humilla ao seu
marido, probarano contra ela. Entón, se
o seu marido declara que quere
repudiala, poderá repudiala; non terá
que darlle nada nin para os seus gastos
de partida nin pola repudiación. Se o
seu marido declara que non quere
repudiala, o seu marido poderá tomar
en matrimonio a outra muller; en canto á
primeira muller vivirá como escrava na
casa do seu marido.
O CÓDIGO DE
HAMMURABI
• 195. Se un fillo golpeou ao
seu pai, amputaráselle a
man.
• 196. Se un señor
rebentou o ollo doutro
señor, rebentaráselle o seu
ollo.
• 197. Se un señor rompeu
o óso doutro señor,
romperáselle o seu óso.
• 198. Se rebentou o ollo
dun subalterno ou rompeu o
óso dun subalterno, pagará
unha mina de prata.
APARTADO 1 (páx. 149)
ACTIVIDADES
1. ¿Que características tiñan as primeiras
cidades-Estado de Mesopotamia?
2. ¿Cando apareceron estas cidades? ¿En que
zona? ¿Que características tiña esta área?
3. ¿Que grupos sociais existían? ¿A que se
dedicaban?
4. ¿Por que apareceron os primeiros monarcas?
5. ¿Como se orixinou a escritura? ¿En que
época se inventou?
• O cigurat e o palacio foron as dúas grandes
construcións das cidades mesopotámicas.
• Construíanse con adobes e recuberta con
betume. Para a súa decoración utilizábanse
revestimentos de cerámica vidrada de cores
brillantes.
• A grande contribución mesopotámica á
arquitectura foron o arco e a bóveda cos que
construíron impoñentes templos e palacios.
2. A arte mesopotámica
2.1. A arquitectura (páx. 150)
BÓVEDA E ARCO DE MEDIO PUNTO
Porta de Isthar
(período neobabilónico: s. VI a.C.)
http://www.youtube.com/watch?v=2vF2eC9McPE
Os cigurats
• Nun país chan como era Mesopotamia, a
montaña era o lugar sagrado por excelencia.
• Para comunicárense cos deuses, os
mesopotámicos levantaron os cigurats,
unhas montañas artificiais construídas a
partir da superposición de diferentes
socalcos de ladrillos.
• Na cúspide atopábase o santuario, a
morada dos deuses.
RECONSTRUCIÓN DUN CIGURAT
2. A arte mesopotámica
2.2. A escultura
• Elaboráronse unhas pequenas estatuíñas de orantes, homes e
mulleres en actitude de pegraria e a representación dos reis.
• En escultura salientan unhas pequenas estatuíñas de orantes e
as representacións dos reis (Gudea de Lagash).
• Para decorar os muros e as portas dos templos e palacios
utilizábanse relevos que representaban as figuras de reis ou de
animais monstruosos.
• Tamén se realizaban unhas estelas nas que se esculpían
escenas de vitorias militares ou cazarías.
Quique Alcatena,
Debuxante arxentino de cómic
Algúns dos seus temas inspíranse na arte mesopotámica
http://quiquealcatena.blogspot.com/2009_07_01_archive.html
Figura orante
que representa
a un sacerdote
do templo de
Mari (2.400 a.C.)
Estela dos voitres
2.450 a.C.
Gudea de Lagash
2.140 a.C.
Estela de Naramsim
2.250 a.C.
Naramsim conmemora o seu
triunfo
Montaña dos deuses
Exército que acompaña
ao seu monarca
Touro alado de Senaquerib
(701-680 a.C.)
Friso persa dos inmortais
(arqueiros reais) do palacio de Susa
(550 a.C.)
Animal fantástico
do palacio de Susa
(550 a.C.)
APARTADO 2 (páx. 151)
ACTIVIDADES
1. Explica as características da arquitectura
das cidades de Mesopotamia.
2. ¿Para que se usaba a cerámica vidrada?
3. ¿Como eran as esculturas
mesopotámicas? ¿Que escultura se
utilizou como modelo?
4. ¿Que representaban as figuras e os
relevos que decoraban os templos e mais
os palacios?
• A situación xeográfica de Exipto presenta dúas
vantaxes: o deserto íllao dos seus inimigos e o
Nilo permite a irrigación e fertilización das terras
de cultivo.
• En Exipto distínguense dúas grandes rexións: o
Baixo Exipto, no delta do Nilo, e o Alto Exipto,
unha terra árida onde só é posible a vida na
zona irrigada polo río Nilo.
• Entre o V e o IV milenio a.C., as tribos que vivían
espalladas por todo o territorio fóronse
concentrando ás beiras do Nilo.
3. Exipto, o Nilo e o deserto
3.1. Marco xeográfico
• Exipto é un regalo do Nilo (Herodoto)
• Cada primavera, no nacemento do Nilo, prodúcense choivas
torrenciais que alimentan o seu caudal. Dende primeiros de xuño
ata setembro o río inunda todas as terras da beira; en setembro
principia a retirada da auga e queda un limo negro que fertiliza
os campos para o seu cultivo.
• Para poder desenvolver a agricultura foi necesario controlar as
enchentes do río.
• Os exipcios construíron diques e canles para almacenar a auga
e distribuíla polas terras circundantes, aumentando deste xeito a
produción agrícola.
• O Nilo converteuse na gran vía de comunicación e nas súas
beiras xurdiron grandes cidades, como Menfis ou Tebas.
3. Exipto, o Nilo e o deserto
3.2. Aproveitamento das augas
• Para levar a cabo estas tarefas, os exipcios
desenvolveron o cálculo e a xeometría, e
estableceron un calendario de enchentes.
• Tamén crearon sistemas de contabilidade e
técnicas construtivas e hidráulicas.
• Era nos templos onde se realizaban as
observacións astronómicas e os cálculos
matemáticos.
• O ano foi dividido en 365 días, e o día, en 24
períodos.
3. Exipto, o Nilo e o deserto
3.3. Os avances técnicos
Vela cadrada Remo
Temón
APARTADO 3 (páx. 153)
ACTIVIDADES
1. ¿Que utilidades tiña o Nilo para
os exipcios?
2. ¿Que avances técnicos
permitiron o control das augas do
Nilo? ¿Por que se desenvolveron
os primeiros calendarios?
• Cara o ano 3000 a.C., o faraón Narmer unificou o Baixo e o Alto Exipto e
corouse cos atributos de ambos os dous reinos. Inciáronse unha serie
de dinastías (ou familias reais) que sucederon no trono durante máis de
2500 anos.
• A organización do Estado exipcio estaba dominada por un rei, o faraón,
que tiña un poder absoluto.
• O faraón garantía a orde e a xustiza. O seu poder baseábase no control e
na dirección das obras de canalización e irrigación das terras, e no
monopolio do comercio exterior.
• Para gobernar un territorio tan extenso, o faraón necesitaba servidores
fieis e eficaces. O reino estaba dirixido por gobernadores que
controlaban a innumerables funcionarios.
• O outro gran piar do poder do faraón era o exército, do que era xefe
supremo. Contra inimigos exteriores e revoltas internas.
4. O Exipto dos faraóns
4.1. O poder dos faraóns
3050 a.C.
2670 a.C.
1550 a.C.
ETAPAS DO ANTIGO EXIPTO
NOMARQUÍA 4000 a.C.
3050 a.C. •Poboados independentes gobernados por Nomarcas.
IMPERIO ANTIGO
2580 a.C.-2486
a.C.
2200 a. C.
•O faraón Narmer unifica Exipto. I dinastía.
•Capital en Menfis
•Período de estabilidade e prosperidade
•Grandes pirámides de Gizeh (Keops, Kefrén e Micerinos). IV dinastía
Invasións 1º período intermedio: 2175 a.C.-2040 a.C.
IMPERIO MEDIO
2040 a.C.
1700 a.C. •Capital en Tebas
•Período turbulento con guerras e invasións.
Invasións 2º período intermedio: 1700 a.C.-1550 a.C. Hicsos
IMPERIO NOVO
1550 a.C.
1085 a.C.
•Capital en Tebas e Tell-el-Amarna.
•Expansión territorial de Ramsés II
•Amenofis IV (Akhenatón) proclama o monoteísmo (culto a Atón)
•Fin do Exipto Unificado
Invasións
ÉPOCA TARDÍA
700 a.C.
•Século VI a.C. Exipto covértese en provincia Persa.
•332 a.C. Conquista de Alexandro Magno.
•69-30 a.C.: Cleopatra VII. Exipto, provincia romana.
PALETA DE NARMERhttp://gl.wikipedia.org/wiki/Paleta_de_Narmer
PALETA DE NARMERhttp://gl.wikipedia.org/wiki/Paleta_de_Narmer
• Os altos funcionarios, os xefes do exército e os
sacerdotes constituían a clase social máis
importante do Antigo Exipto, unha verdadeira
nobreza.
• Para atender os innumerables templos do país
existía unha casta de sacerdotes que dirixían os
ritos relixiosos, practicaban a ciencia,
dominaban a escritura e administraban a terras
do templo.
• Os escribas tamén gozaban dunha vida
privilexiada, coñecían todos os segredos do
cálculo e da complexa escritura exipcia.
4. O Exipto dos faraóns
4.2. Os privilexiados
Escriba sentado
2500 a.C.
A ESCRITURA EXIPCIA
• Os exipcios adoptaron un
sistema de escritura
similar ao dos
mesopotámicos.
• Os seus primeiros textos
datan do 3150 a.C.
• Fronte ao modelo
mesopotámico máis
esquematizado
(cuneiforme), os
exipcións déronlle unha
forma complexa e artística
(xeroglífica), utilizada para
decorar templos e
tumbas.
DESCIFRAR A ESCRITURA XEROGLÍFICA
A PEDRA DA ROSETTA
http://gl.wikipedia.org/wiki/Pedra_de_Rosetta
http://www.youtube.com/watch?v=z1EIJ6jjm9I
Algúns exemplos
de xeroglíficos co
nome de Cleopatra
• Os campesiños constituían a maioría da poboación; aínda
que eran libres, estaban ligados á terra, que lles pertencía
ao faraón, aos nobres ou aos templos.
• Debían entregar parte do produto obtido aos funcionarios
do faraón e o templo. Tiñan que prestar traballo gratuíto e
obrigatorio na construción de pirámides, templos, obras
públicas…
• Existía, tamén, un abundante número de mercaderes e
artesáns, que realizaban as súas actividades en pequenos
obradoiros privados ou en grandes complexos que
dependían do faraón, dos nobres ou dos templos.
• Por debaixo do resto da poboación, e en peores
condicións, atopábanse os escravos. O seu número era
reducido.
4. O Exipto dos faraóns
4.3. O pobo exipcio
APARTADO 4 (páx. 155)
ACTIVIDADES
1. ¿Que faraón unificou as terras de
Exipto?
2. ¿Que poderes tiña o faraón? ¿Quen
eran os que o axudaban no goberno
dun país tan extenso?
3. ¿Que grupos formaban o pobo
exipcio? ¿Cal era a función de cada
un?
4. ¿Tiñan moita importancia os
escravos?
• A maioría da poboación era campesiña.
Vivía en aldeas á beira do Nilo.
• As cidades eran escasas. Nelas reuníanse
comerciantes e artesáns.
• A familia tiña importancia. Pai e nai
coidaban dos fillos. As fillas debían coidar
dos pais anciáns e garantirlles a
momificación e enterro. A autoridade recaía
no home. As mulleres traballaban no campo
e dedicábanse da vida doméstica. Podían
posuír riqueza, exercer o comercio e nomear
herdeiros.
4. O Exipto dos faraóns
4.4. A vida cotiá no Antigo Exipto
O anano Seneb
e a súa familia (2450 a.C).
• Pan e cervexa eran os alimentos básicos.
• Engadíaselle o peixe seco, lentellas, e chícharos.
Tamén consumían froitas, principalmente figos e
uvas. Usaban dátiles e mel para adozar e facer
pasteis.
• Os máis ricos consumían máis pratos e
incorporaban aves, carne, verdura e froitas á dieta.
• O vestiario era sinxelo. Os nenos adoitaban ir
espidos, mentres que as mulleres se cubían cun
pano de liño e os homes cun trapo que anoaban á
cintura.
• Os ricos tiñan tamén unha roupa moi liviá pero
adornábanse con xoias, diademas e peitorais. As
mulleres adoitaban cubrir a cabeza con vistosas
perrucas.
4. O Exipto dos faraóns
4.5. Alimentación e vestido
Estela funeraria
representación familiar (1980 a.C).
• A relixión exipcia era politeísta, isto é, adoraban a moitos
deuses.
• O deus máis popular era Ra, deus do sol, ao que se lle
uniu Amón, deus de Tebas (Amón Ra).
• Osiris era o deus dos mortos porque, segundo constaba a
lenda, resucitara despois de ter sido asasinado polo seu
irmán Seth, deus das tebras.
• Do matrimonio de Osiris e a súa irmá Isis (deusa da
fertilidade) naceu Horus, deus da guerra.
• Outras divinidades eran Anubis (deus do inferno) e Thot,
inventor da escritura e deus da sabedoría.
5. A relixión exipcia
5.1. Os deuses de Exipto
Ra Amón Osiris
Isis Seth Horus
Anubis
Thot
5. Akenaton: a revolución do faraón
Amenofis IV: Akenaton Nefertiti
http://gl.wikipedia.org/wiki/Akhenatón
http://www.youtube.com/watch?v=Sf4HOlC3j3s
• Fóra do culto oficial, a xente adoraba as
divinidades familiares e locais; era moi
supersticiosa e protexíase con amuletos da
influencia dos malos espíritos.
• Os deuses habitaban nos templos e
reencarnábanse na estatua que se atopaba no
santuario.
• Os sacerdotes debían renderlles culto e
obsequialos coas ofrendas.
• Durante as festas relixiosas sacaban a estatua do
deus sobre a barca sagrada.
5. A relixión exipcia
5.5. Os deuses de Exipto
Procesión sobre
a barca sagrada
• A relixión exipcia prometía unha vida despois da morte.
• Para os exipcios, os seres humanos estaban formados
por un corpo e unha alma (o ka).
• Cando o corpo morría, o ka pasaba á vida de ultratumba,
pero para isto, o corpo debía permanecer incorrupto
(momificación).
• Con este fin, a familia embalsamaba o defunto, que tras 40
días se convertía nunha momia desecada.
• Os defuntos debían presentarse ante o Tribunal de Osiris,
que xulgaba a súa vida terreal.
5. A relixión exipcia
5.2. A vida de ultratumba
Anubis realizando
o proceso de momificación
• Para superar o Xuízo, colocábase na tumba un
exemplar do Libro dos Mortos, recompilación de
regras sobre como debía comportarse o defunto
perante o Tribunal. Se o defunto superaba o
Xuízo, podía entrar no máis alá, onde restablecía
as súas actividades cotiás.
• A familia colocaba ofrendas nas tumbas e
rodeábaas de pequenas estatuas cubertas de
inscripcións máxicas que se encargaban de
suplir o defunto nos seus traballos. Os exipcios
crían na maxia e pensaban que as pinturas e
mais as estatuas cobraban vida no alén.
5. A relixión exipcia
5.2. A vida de ultratumba
Vasos canópeos
usábanse para gardar
as vísceras
Tribunal dos deuses
Defunto
Anubis
Corazón do defunto Pluma de Maat
Balanza da xustiza
se o corazón pesa máis que a pluma,
un monstro devorábao
Thot anota o resultado
Horus
Cruz da vida
Osiris preside
o xuízo
Confesión perante o tribunal
• Aos homes non lles causei sufrimentos. Cos meus
parentes non empreguei a violencia (...) Con exceso non
fixen traballar no meu proveito. Non intriguei por
ambición. Non maltratei os meus servidores. Non privei o
indixente da súa subsistencia. Non blasfemei contra os
deuses. (...) Non permitín que servidor ningún fose
maltratado por seu amo. (...) Non provoquei a fame. Non
ordenei matar, nin matei. Non substraín as ofrendas dos
templos. (...) Non tratei de empregar medios ilícitos para
aumentar os meus dominios, nin de usurpar os campos
doutros. Non quitei o leite da boca dun neno. (...) ¡Son
puro! ¡Son puro!
APARTADO 5 (páx. 157)
ACTIVIDADES
1. ¿Que significa que a relixión exipcia
era politeista? ¿Cales eran os deuse
máis importantes?
2. ¿Que función tiñan os templos? ¿Que
traballo desempeñaban os
sacerdotes?
3. ¿Que crían os exipcios que acontecía
despois da morte?
4. ¿Por que os exipcios momificaban aos
seus defuntos?
6. O templo, morada dos deuses
6.1. A arquitectura exipcia
• A arte exipcia caracterizouse por seguir unhas
regras fixas e inamovibles. Non se debía innovar,
senon coñecer as reglas e aplicalas.
• A arquitectura exipcia era arquitrabada, sen arcos
nin bóvedas.
• Os edificios realizábanse en pedra e decorábanse
profusamente con gravados, esculturas e pinturas.
• As grandes construcións foron os templos e as
tumbas, que tendían ao monumentalismo.
6. O templo, morada dos deuses
6.2. Os templos
• Todos os templos exipcios construíronse cunha
estrutura moi semellante: avenida de esfinxes que
conducía a porta principal con dous grandes
pilonos. Diante da porta situábase un obelisco que é
unha columna á entrada. O templo está amurallado.
Dentro situábase un patio de columnas, a sala
hipóstila e o santuario.
• Só o faraón e os sacerdotes tiñan acceso ao
santuario do templo.
• O pobo só podía entrar no patio durante as
procesións e festas, mentres que os nobres e
funcionarios podían chegar ata a sala hipóstila.
COLUMNAS EXIPCIAS
PILONO TEMPLO DE LUXOR
http://www.youtube.com/watch?v=KQkNSyDlY8Q
Sala hipóstila do
Templo de Karnak (Luxor)
Estatua de Ramsés II
Templo de Luxor
Sacerdote
orando a Ra
APARTADO 6 (páx. 158)
ACTIVIDADES
1. ¿Onde se atopa o templo que vimos
no debuxo anterior?
2. Describe as súas partes e explica que
función tiña cada unha delas.
3. ¿Por que estaban amurallados? ¿Que
riquezas gardaban?
4. ¿Coidas que os templos eran un lugar
de culto para o pobo? Xustifica a
resposta.
7. As tumbas exipcias
7.1. Como eran as tumbas exipcias
• As primeiras tumbas exipcias eran unhas sinxelas construcións
rectangulares e de escasa altura chamadas mastabas.
• Da superposición de mastabas naceron as pirámides, entre as
que salientan as de Keops, Kefrén e Micerinos, en Gizeh.
• Para protexer o repouso dos faraóns e impedir a pillaxe, as
entradas das pirámides estaban agachadas.
• Ao longo do Imperio Medio, a crenza na inmortalidade da alma
estendeuse a todas as capas sociais. Os máis pobres eran
momificados e soterrados en grandes fosas ou mesmo
sepultados baixo a area do deserto.
• O medo aos frecuentes saqueos e roubos nas tumbas fixo que,
no Imperio Novo, os faraóns preferisen enterrarse en hipoxeos.
Cámaras funerarias soterradas baixo terra e decoradas.
Mastaba
Pirámide graduada
Saqqara
Zoser (III dinastía)
2648 a.C.
Pirámide graduada
de Zoser
http://gl.wikipedia.org/wiki/Saqqara
http://gl.wikipedia.org/wiki/Zoser
¡Soldados! ¡Dende o
alto desas Pirámides,
corenta séculos vos
contemplan
Keops
KefrénMicerinos
http://gl.wikipedia.org/wiki/Necrópole_de_Giza
http://www.youtube.com/watch?v=R1fAfziMvok
Altura actual: 143,49 m
Lado da base: 215,25 m
Pendiente, ángulo: 53º 07' 48" 21
Volumen: 2.216.240 m³
PIRÁMIDE DE KEFRÉN
http://gl.wikipedia.org/wiki/Hatshepsut
HIPOXEO DE HATSHEPSUT
http://www.youtube.com/watch?v=vwn6rgQvkOY&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=_fGMR6Hap2c&feature=fvsr
http://gl.wikipedia.org/wiki/Abu_Simbel
PINTURAS HIPOXEO DE NEFERTARI
TESOURO DE TUTANKAMON
http://gl.wikipedia.org/wiki/Maldición_do_faraón
http://www.youtube.com/watch?v=CCBh3l8E86k
APARTADO 7 (páx. 163)
ACTIVIDADES
1. Explica as diferenzas entre unha mastaba,
unha pirámide e un hipoxeo, e cal era a súa
función
2. ¿Onde se atopaba o sarcófago en cada unha
delas?
3. Describe polo miúdo un hipoxeo ¿Como cres
que había pintura nas paredes?
4. ¿Por que os faraóns se enterraban con
obxectos da vida cotiá, pequenas estatuíñas
ou tesouros?
APARTADO 1 (páx. 149)
SOLUCIÓNS ACTIVIDADES
1. As cidades-Estado eran organizacións políticas
independentes, enfrontadas entre si, o que deu lugar á
construción de murallas defensivas.
2. Aparecen na Crecente Fértil contra o IV milenio a.C. como
consecuencia do desenvolvemento da agricultura, o
crecemento da poboción e a rivalidade entre cidades. A
C.F. era unha zona rica en agricultura.
3. O grupo social máis numeroso eran os agricultores e
pastores. Tamén había comerciantes e artesáns. Ao
principio poder estaba en mans dos sacerdotes, que vivían
no templo.
4. As constantes guerras orixinaron a aparición de líderes
guerreiros. Estes xenerais, co paso do tempo,
convertéronse en monarcas hereditarios.
5. A escritura orixinouse nas cidades de Mesopotamia por mor
de controlar a contabilidade das colleitas, impostos... A
escritura aparece contra o 3.500 a.C.

More Related Content

What's hot

Unidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exiptoUnidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exiptocamposseijo
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoDudas-Historia
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)Dudas-Historia
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanarubempaul
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanorubempaul
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016roberto
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicarubempaul
 

What's hot (17)

Unidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exiptoUnidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exipto
 
Os romanos. Por Uxía
Os  romanos. Por UxíaOs  romanos. Por Uxía
Os romanos. Por Uxía
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romana
 
Castro de Elviña
Castro de ElviñaCastro de Elviña
Castro de Elviña
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romano
 
Mesopotamia. tema 10
Mesopotamia. tema 10Mesopotamia. tema 10
Mesopotamia. tema 10
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Idade Antiga
Idade AntigaIdade Antiga
Idade Antiga
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016
 
Temas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º esoTemas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º eso
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
 

Viewers also liked

U 8. sociedade e medio natural
U 8. sociedade e medio naturalU 8. sociedade e medio natural
U 8. sociedade e medio naturalAgrela Elvixeo
 
U 6. climas e paisaxes terra
U 6. climas e paisaxes  terraU 6. climas e paisaxes  terra
U 6. climas e paisaxes terraAgrela Elvixeo
 
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoU 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoAgrela Elvixeo
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaAgrela Elvixeo
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraAgrela Elvixeo
 

Viewers also liked (8)

U 8. sociedade e medio natural
U 8. sociedade e medio naturalU 8. sociedade e medio natural
U 8. sociedade e medio natural
 
Mundo grego
Mundo gregoMundo grego
Mundo grego
 
U 6. climas e paisaxes terra
U 6. climas e paisaxes  terraU 6. climas e paisaxes  terra
U 6. climas e paisaxes terra
 
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoU 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
 
U 5. tempo e clima
U 5. tempo e climaU 5. tempo e clima
U 5. tempo e clima
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoria
 
U 4. ríos e mares
U 4. ríos e maresU 4. ríos e mares
U 4. ríos e mares
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 

Similar to Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia

Similar to Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia (20)

Tema X Mesopotamia
Tema X MesopotamiaTema X Mesopotamia
Tema X Mesopotamia
 
Historia antiga clase
Historia antiga claseHistoria antiga clase
Historia antiga clase
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Tema6
Tema6Tema6
Tema6
 
Unidade 2 esa
Unidade 2 esaUnidade 2 esa
Unidade 2 esa
 
A historia
A historiaA historia
A historia
 
Nacemento da historia ...as civilizacións fluviais sara núñez
Nacemento da historia ...as civilizacións fluviais  sara núñezNacemento da historia ...as civilizacións fluviais  sara núñez
Nacemento da historia ...as civilizacións fluviais sara núñez
 
Exipto e Mesopotamia
Exipto e MesopotamiaExipto e Mesopotamia
Exipto e Mesopotamia
 
10 Mesopotamia e Exipto
10 Mesopotamia e Exipto10 Mesopotamia e Exipto
10 Mesopotamia e Exipto
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
Unidade 2 ESA
Unidade 2 ESAUnidade 2 ESA
Unidade 2 ESA
 
Historia
HistoriaHistoria
Historia
 
Historia
HistoriaHistoria
Historia
 
A vida no pasado
A vida no pasadoA vida no pasado
A vida no pasado
 
Edad antigua
Edad antiguaEdad antigua
Edad antigua
 
As civilizacións fluviais
As civilizacións fluviaisAs civilizacións fluviais
As civilizacións fluviais
 
As civilizacións fluviais
As civilizacións fluviaisAs civilizacións fluviais
As civilizacións fluviais
 
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
As primeiras civilizacions e pobos do oriente medio
 
Tema X: Exipto
Tema X: ExiptoTema X: Exipto
Tema X: Exipto
 

More from Agrela Elvixeo

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosAgrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
 

Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia

  • 1. UNIDADE 10. AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS: MESOPOTAMIA E EXIPTO
  • 2. As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto 5. A relixión exipcia 4. O Exipto dos faraóns 3. Exipto, o río e o deserto 2. A arte mesopotámica 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 6. O templo morada dos deuses 7. As tumbas exipcias
  • 3. INTRODUCIÓN. CRONOLOXÍA • Hai uns 6000 anos, no Crecente Fértil, as melloras agrícolas deron orixe a sociedades máis prósperas e complexas. • Moitas aldeas neolíticas transformáronse en cidades e apareceron as primeiras grandes civilizacións urbanas. • A agricultura estendeuse por Mesopotamia e Exipto. • Foi tamén nestas civilizacións onde se inventou a escritura. Con ela a humanidade entrou na Historia.
  • 5. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.1. As primeiras cidades-estado • En Sumer (Baixa Mesopotamia), cara ao IV milenio a.C., xurdiron as primeiras cidades- Estado: Ur, Uruk, Lagash e Eridu. • Estas cidades estaban rodeadas por murallas e ao seu redor estendíanse os campos de cultivo, atravesados por canles de rega, que aproveitaban a auga dos ríos. A maioría dos seus habitantes eran agricultores e pastores. • A prosperidade agrícola e gandeira destas cidades permitiu que unha parte da poboación se dedicase a outras tarefas: naceron os comerciantes e os artesáns. Comezaron a utilizar a moeda.
  • 6. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.1. As primeiras cidades-estado • No centro da cidade sentábase o templo (cigurat) dedicado ao deus que protexía a cidade. Alí vivían os sacerdotes, que controlaban as colleitas e o comercio, impoñían os tributos e garantían a orde. • O xefe dos sacerdotes detentaba o poder relixioso e político da cidade. Para os labores de administración axudábanse de funcionarios. • Os conflitos entre as cidades veciñas polo control da terra deron lugar a aparición de xefes militares que acabaron dominando as cidades e convertéronse en monarcas. As guerras fixeron aumentar o número de escravos, que eran habitantes dos territorios sometidos.
  • 7. • IV milenio a.C. Sumer, cidades-estado da Baixa Mesopotamia. • Entre o III e o I milenio a.C., as terras de Mesopotamia foron sucesivamente dominadas por diversos pobos, que crearon grandes imperios. • Akad (III milenio a.C.) Iniciado por Sargón. • Imperio babilónico (cara ao 1800 a.C.). En época do rei Hammurabi (1750 a.C.) redactouse o primeiro código de leis coñecidos. • Imperio asirio (cara ao 1300 a.C.). Estendíase do Golfo Pérsico ata o Mediterráneo. • Imperio persa (século VI a.C.). Espallouse ata o Indo. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.2. Os primeiros imperios
  • 8.
  • 10. • A escritura xurdiu nas cidades mesopotámicas cara ao 3500 a.C. • Os funcionarios e sacerdotes tiñan necesidade de controlar a propiedade das terras, as colleitas, os impostos, etc., e comezaron a facer anotacións para levar a contabilidade. • Os reis utilizaron sistemas de escritura para escribir ordes, fixar leis e redactar códigos. • Tamén se comezaron a escribir textos literarios e relixiosos. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.3. A orixe da escritura
  • 11. • As primeiras formas de escritura eran pictográficas, isto é, debuxábase un símbolo (pictograma), que representaba un obxecto ou un concepto. • Máis adiante, convertéronse en ideogramas, que representaban accións ou conceptos máis xerais. Co tempo, estes signos foron simplificándose e deron lugar á escritura cuneiforme. • A escritura realizábase facendo incisións con punzóns sobre táboas de arxila húmida, nas que quedaban impresos os signos. A continuación deixábanse secar ao solo para endurecelas. Coñecer todos os signos era un labor difícil, que estaba reservado a uns especialistas: os escribas. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.3. A orixe da escritura: a escritura cuneiforme
  • 12.
  • 13.
  • 14. O CÓDIGO DE HAMMURABI • 1. Se un señor acusa a outro señor e presenta contra el denuncia de homicidio, pero non a pode probar, o seu acusador será castigado coa morte. • 3. Se un señor aparece nun proceso para presentar un falso testemuño e non pode probar a palabra que dixo, se o proceso é un proceso de pena capital tal señor será castigado coa morte. • 6. Se un señor rouba a propiedade relixiosa ou estatal, ese señor será castigado coa morte. Ademais o que recibiu das súas mans os bens roubados será tamén castigado coa morte.
  • 15. O CÓDIGO DE HAMMURABI • 16. Se un señor deu refuxio na súa casa a un escravo ou escrava fuxitivos, pertencentes ao Estado ou a un subalterno e se non o entregou á chamada do pregoeiro, o dono da casa recibirá a morte. • 141. Se a esposa dun señor, que vive na casa dese señor, decide marcharse, adquire un peculio secretamente, dilapida a súa casa e humilla ao seu marido, probarano contra ela. Entón, se o seu marido declara que quere repudiala, poderá repudiala; non terá que darlle nada nin para os seus gastos de partida nin pola repudiación. Se o seu marido declara que non quere repudiala, o seu marido poderá tomar en matrimonio a outra muller; en canto á primeira muller vivirá como escrava na casa do seu marido.
  • 16. O CÓDIGO DE HAMMURABI • 195. Se un fillo golpeou ao seu pai, amputaráselle a man. • 196. Se un señor rebentou o ollo doutro señor, rebentaráselle o seu ollo. • 197. Se un señor rompeu o óso doutro señor, romperáselle o seu óso. • 198. Se rebentou o ollo dun subalterno ou rompeu o óso dun subalterno, pagará unha mina de prata.
  • 17. APARTADO 1 (páx. 149) ACTIVIDADES 1. ¿Que características tiñan as primeiras cidades-Estado de Mesopotamia? 2. ¿Cando apareceron estas cidades? ¿En que zona? ¿Que características tiña esta área? 3. ¿Que grupos sociais existían? ¿A que se dedicaban? 4. ¿Por que apareceron os primeiros monarcas? 5. ¿Como se orixinou a escritura? ¿En que época se inventou?
  • 18. • O cigurat e o palacio foron as dúas grandes construcións das cidades mesopotámicas. • Construíanse con adobes e recuberta con betume. Para a súa decoración utilizábanse revestimentos de cerámica vidrada de cores brillantes. • A grande contribución mesopotámica á arquitectura foron o arco e a bóveda cos que construíron impoñentes templos e palacios. 2. A arte mesopotámica 2.1. A arquitectura (páx. 150)
  • 19.
  • 20. BÓVEDA E ARCO DE MEDIO PUNTO
  • 21. Porta de Isthar (período neobabilónico: s. VI a.C.) http://www.youtube.com/watch?v=2vF2eC9McPE
  • 22. Os cigurats • Nun país chan como era Mesopotamia, a montaña era o lugar sagrado por excelencia. • Para comunicárense cos deuses, os mesopotámicos levantaron os cigurats, unhas montañas artificiais construídas a partir da superposición de diferentes socalcos de ladrillos. • Na cúspide atopábase o santuario, a morada dos deuses.
  • 23.
  • 25. 2. A arte mesopotámica 2.2. A escultura • Elaboráronse unhas pequenas estatuíñas de orantes, homes e mulleres en actitude de pegraria e a representación dos reis. • En escultura salientan unhas pequenas estatuíñas de orantes e as representacións dos reis (Gudea de Lagash). • Para decorar os muros e as portas dos templos e palacios utilizábanse relevos que representaban as figuras de reis ou de animais monstruosos. • Tamén se realizaban unhas estelas nas que se esculpían escenas de vitorias militares ou cazarías.
  • 26. Quique Alcatena, Debuxante arxentino de cómic Algúns dos seus temas inspíranse na arte mesopotámica http://quiquealcatena.blogspot.com/2009_07_01_archive.html
  • 27. Figura orante que representa a un sacerdote do templo de Mari (2.400 a.C.)
  • 30. Estela de Naramsim 2.250 a.C. Naramsim conmemora o seu triunfo Montaña dos deuses Exército que acompaña ao seu monarca
  • 31. Touro alado de Senaquerib (701-680 a.C.)
  • 32. Friso persa dos inmortais (arqueiros reais) do palacio de Susa (550 a.C.)
  • 33. Animal fantástico do palacio de Susa (550 a.C.)
  • 34. APARTADO 2 (páx. 151) ACTIVIDADES 1. Explica as características da arquitectura das cidades de Mesopotamia. 2. ¿Para que se usaba a cerámica vidrada? 3. ¿Como eran as esculturas mesopotámicas? ¿Que escultura se utilizou como modelo? 4. ¿Que representaban as figuras e os relevos que decoraban os templos e mais os palacios?
  • 35. • A situación xeográfica de Exipto presenta dúas vantaxes: o deserto íllao dos seus inimigos e o Nilo permite a irrigación e fertilización das terras de cultivo. • En Exipto distínguense dúas grandes rexións: o Baixo Exipto, no delta do Nilo, e o Alto Exipto, unha terra árida onde só é posible a vida na zona irrigada polo río Nilo. • Entre o V e o IV milenio a.C., as tribos que vivían espalladas por todo o territorio fóronse concentrando ás beiras do Nilo. 3. Exipto, o Nilo e o deserto 3.1. Marco xeográfico
  • 36.
  • 37. • Exipto é un regalo do Nilo (Herodoto) • Cada primavera, no nacemento do Nilo, prodúcense choivas torrenciais que alimentan o seu caudal. Dende primeiros de xuño ata setembro o río inunda todas as terras da beira; en setembro principia a retirada da auga e queda un limo negro que fertiliza os campos para o seu cultivo. • Para poder desenvolver a agricultura foi necesario controlar as enchentes do río. • Os exipcios construíron diques e canles para almacenar a auga e distribuíla polas terras circundantes, aumentando deste xeito a produción agrícola. • O Nilo converteuse na gran vía de comunicación e nas súas beiras xurdiron grandes cidades, como Menfis ou Tebas. 3. Exipto, o Nilo e o deserto 3.2. Aproveitamento das augas
  • 38. • Para levar a cabo estas tarefas, os exipcios desenvolveron o cálculo e a xeometría, e estableceron un calendario de enchentes. • Tamén crearon sistemas de contabilidade e técnicas construtivas e hidráulicas. • Era nos templos onde se realizaban as observacións astronómicas e os cálculos matemáticos. • O ano foi dividido en 365 días, e o día, en 24 períodos. 3. Exipto, o Nilo e o deserto 3.3. Os avances técnicos
  • 40.
  • 41.
  • 42.
  • 43.
  • 44.
  • 45. APARTADO 3 (páx. 153) ACTIVIDADES 1. ¿Que utilidades tiña o Nilo para os exipcios? 2. ¿Que avances técnicos permitiron o control das augas do Nilo? ¿Por que se desenvolveron os primeiros calendarios?
  • 46. • Cara o ano 3000 a.C., o faraón Narmer unificou o Baixo e o Alto Exipto e corouse cos atributos de ambos os dous reinos. Inciáronse unha serie de dinastías (ou familias reais) que sucederon no trono durante máis de 2500 anos. • A organización do Estado exipcio estaba dominada por un rei, o faraón, que tiña un poder absoluto. • O faraón garantía a orde e a xustiza. O seu poder baseábase no control e na dirección das obras de canalización e irrigación das terras, e no monopolio do comercio exterior. • Para gobernar un territorio tan extenso, o faraón necesitaba servidores fieis e eficaces. O reino estaba dirixido por gobernadores que controlaban a innumerables funcionarios. • O outro gran piar do poder do faraón era o exército, do que era xefe supremo. Contra inimigos exteriores e revoltas internas. 4. O Exipto dos faraóns 4.1. O poder dos faraóns
  • 47. 3050 a.C. 2670 a.C. 1550 a.C. ETAPAS DO ANTIGO EXIPTO NOMARQUÍA 4000 a.C. 3050 a.C. •Poboados independentes gobernados por Nomarcas. IMPERIO ANTIGO 2580 a.C.-2486 a.C. 2200 a. C. •O faraón Narmer unifica Exipto. I dinastía. •Capital en Menfis •Período de estabilidade e prosperidade •Grandes pirámides de Gizeh (Keops, Kefrén e Micerinos). IV dinastía Invasións 1º período intermedio: 2175 a.C.-2040 a.C. IMPERIO MEDIO 2040 a.C. 1700 a.C. •Capital en Tebas •Período turbulento con guerras e invasións. Invasións 2º período intermedio: 1700 a.C.-1550 a.C. Hicsos IMPERIO NOVO 1550 a.C. 1085 a.C. •Capital en Tebas e Tell-el-Amarna. •Expansión territorial de Ramsés II •Amenofis IV (Akhenatón) proclama o monoteísmo (culto a Atón) •Fin do Exipto Unificado Invasións ÉPOCA TARDÍA 700 a.C. •Século VI a.C. Exipto covértese en provincia Persa. •332 a.C. Conquista de Alexandro Magno. •69-30 a.C.: Cleopatra VII. Exipto, provincia romana.
  • 48.
  • 49.
  • 52. • Os altos funcionarios, os xefes do exército e os sacerdotes constituían a clase social máis importante do Antigo Exipto, unha verdadeira nobreza. • Para atender os innumerables templos do país existía unha casta de sacerdotes que dirixían os ritos relixiosos, practicaban a ciencia, dominaban a escritura e administraban a terras do templo. • Os escribas tamén gozaban dunha vida privilexiada, coñecían todos os segredos do cálculo e da complexa escritura exipcia. 4. O Exipto dos faraóns 4.2. Os privilexiados
  • 54. A ESCRITURA EXIPCIA • Os exipcios adoptaron un sistema de escritura similar ao dos mesopotámicos. • Os seus primeiros textos datan do 3150 a.C. • Fronte ao modelo mesopotámico máis esquematizado (cuneiforme), os exipcións déronlle unha forma complexa e artística (xeroglífica), utilizada para decorar templos e tumbas.
  • 55. DESCIFRAR A ESCRITURA XEROGLÍFICA A PEDRA DA ROSETTA http://gl.wikipedia.org/wiki/Pedra_de_Rosetta http://www.youtube.com/watch?v=z1EIJ6jjm9I
  • 56.
  • 57. Algúns exemplos de xeroglíficos co nome de Cleopatra
  • 58. • Os campesiños constituían a maioría da poboación; aínda que eran libres, estaban ligados á terra, que lles pertencía ao faraón, aos nobres ou aos templos. • Debían entregar parte do produto obtido aos funcionarios do faraón e o templo. Tiñan que prestar traballo gratuíto e obrigatorio na construción de pirámides, templos, obras públicas… • Existía, tamén, un abundante número de mercaderes e artesáns, que realizaban as súas actividades en pequenos obradoiros privados ou en grandes complexos que dependían do faraón, dos nobres ou dos templos. • Por debaixo do resto da poboación, e en peores condicións, atopábanse os escravos. O seu número era reducido. 4. O Exipto dos faraóns 4.3. O pobo exipcio
  • 59.
  • 60. APARTADO 4 (páx. 155) ACTIVIDADES 1. ¿Que faraón unificou as terras de Exipto? 2. ¿Que poderes tiña o faraón? ¿Quen eran os que o axudaban no goberno dun país tan extenso? 3. ¿Que grupos formaban o pobo exipcio? ¿Cal era a función de cada un? 4. ¿Tiñan moita importancia os escravos?
  • 61. • A maioría da poboación era campesiña. Vivía en aldeas á beira do Nilo. • As cidades eran escasas. Nelas reuníanse comerciantes e artesáns. • A familia tiña importancia. Pai e nai coidaban dos fillos. As fillas debían coidar dos pais anciáns e garantirlles a momificación e enterro. A autoridade recaía no home. As mulleres traballaban no campo e dedicábanse da vida doméstica. Podían posuír riqueza, exercer o comercio e nomear herdeiros. 4. O Exipto dos faraóns 4.4. A vida cotiá no Antigo Exipto
  • 62. O anano Seneb e a súa familia (2450 a.C).
  • 63. • Pan e cervexa eran os alimentos básicos. • Engadíaselle o peixe seco, lentellas, e chícharos. Tamén consumían froitas, principalmente figos e uvas. Usaban dátiles e mel para adozar e facer pasteis. • Os máis ricos consumían máis pratos e incorporaban aves, carne, verdura e froitas á dieta. • O vestiario era sinxelo. Os nenos adoitaban ir espidos, mentres que as mulleres se cubían cun pano de liño e os homes cun trapo que anoaban á cintura. • Os ricos tiñan tamén unha roupa moi liviá pero adornábanse con xoias, diademas e peitorais. As mulleres adoitaban cubrir a cabeza con vistosas perrucas. 4. O Exipto dos faraóns 4.5. Alimentación e vestido
  • 65. • A relixión exipcia era politeísta, isto é, adoraban a moitos deuses. • O deus máis popular era Ra, deus do sol, ao que se lle uniu Amón, deus de Tebas (Amón Ra). • Osiris era o deus dos mortos porque, segundo constaba a lenda, resucitara despois de ter sido asasinado polo seu irmán Seth, deus das tebras. • Do matrimonio de Osiris e a súa irmá Isis (deusa da fertilidade) naceu Horus, deus da guerra. • Outras divinidades eran Anubis (deus do inferno) e Thot, inventor da escritura e deus da sabedoría. 5. A relixión exipcia 5.1. Os deuses de Exipto
  • 66. Ra Amón Osiris Isis Seth Horus
  • 68. 5. Akenaton: a revolución do faraón Amenofis IV: Akenaton Nefertiti
  • 70. • Fóra do culto oficial, a xente adoraba as divinidades familiares e locais; era moi supersticiosa e protexíase con amuletos da influencia dos malos espíritos. • Os deuses habitaban nos templos e reencarnábanse na estatua que se atopaba no santuario. • Os sacerdotes debían renderlles culto e obsequialos coas ofrendas. • Durante as festas relixiosas sacaban a estatua do deus sobre a barca sagrada. 5. A relixión exipcia 5.5. Os deuses de Exipto
  • 72. • A relixión exipcia prometía unha vida despois da morte. • Para os exipcios, os seres humanos estaban formados por un corpo e unha alma (o ka). • Cando o corpo morría, o ka pasaba á vida de ultratumba, pero para isto, o corpo debía permanecer incorrupto (momificación). • Con este fin, a familia embalsamaba o defunto, que tras 40 días se convertía nunha momia desecada. • Os defuntos debían presentarse ante o Tribunal de Osiris, que xulgaba a súa vida terreal. 5. A relixión exipcia 5.2. A vida de ultratumba
  • 73. Anubis realizando o proceso de momificación
  • 74. • Para superar o Xuízo, colocábase na tumba un exemplar do Libro dos Mortos, recompilación de regras sobre como debía comportarse o defunto perante o Tribunal. Se o defunto superaba o Xuízo, podía entrar no máis alá, onde restablecía as súas actividades cotiás. • A familia colocaba ofrendas nas tumbas e rodeábaas de pequenas estatuas cubertas de inscripcións máxicas que se encargaban de suplir o defunto nos seus traballos. Os exipcios crían na maxia e pensaban que as pinturas e mais as estatuas cobraban vida no alén. 5. A relixión exipcia 5.2. A vida de ultratumba
  • 75. Vasos canópeos usábanse para gardar as vísceras
  • 76. Tribunal dos deuses Defunto Anubis Corazón do defunto Pluma de Maat Balanza da xustiza se o corazón pesa máis que a pluma, un monstro devorábao Thot anota o resultado Horus Cruz da vida Osiris preside o xuízo
  • 77. Confesión perante o tribunal • Aos homes non lles causei sufrimentos. Cos meus parentes non empreguei a violencia (...) Con exceso non fixen traballar no meu proveito. Non intriguei por ambición. Non maltratei os meus servidores. Non privei o indixente da súa subsistencia. Non blasfemei contra os deuses. (...) Non permitín que servidor ningún fose maltratado por seu amo. (...) Non provoquei a fame. Non ordenei matar, nin matei. Non substraín as ofrendas dos templos. (...) Non tratei de empregar medios ilícitos para aumentar os meus dominios, nin de usurpar os campos doutros. Non quitei o leite da boca dun neno. (...) ¡Son puro! ¡Son puro!
  • 78. APARTADO 5 (páx. 157) ACTIVIDADES 1. ¿Que significa que a relixión exipcia era politeista? ¿Cales eran os deuse máis importantes? 2. ¿Que función tiñan os templos? ¿Que traballo desempeñaban os sacerdotes? 3. ¿Que crían os exipcios que acontecía despois da morte? 4. ¿Por que os exipcios momificaban aos seus defuntos?
  • 79. 6. O templo, morada dos deuses 6.1. A arquitectura exipcia • A arte exipcia caracterizouse por seguir unhas regras fixas e inamovibles. Non se debía innovar, senon coñecer as reglas e aplicalas. • A arquitectura exipcia era arquitrabada, sen arcos nin bóvedas. • Os edificios realizábanse en pedra e decorábanse profusamente con gravados, esculturas e pinturas. • As grandes construcións foron os templos e as tumbas, que tendían ao monumentalismo.
  • 80. 6. O templo, morada dos deuses 6.2. Os templos • Todos os templos exipcios construíronse cunha estrutura moi semellante: avenida de esfinxes que conducía a porta principal con dous grandes pilonos. Diante da porta situábase un obelisco que é unha columna á entrada. O templo está amurallado. Dentro situábase un patio de columnas, a sala hipóstila e o santuario. • Só o faraón e os sacerdotes tiñan acceso ao santuario do templo. • O pobo só podía entrar no patio durante as procesións e festas, mentres que os nobres e funcionarios podían chegar ata a sala hipóstila.
  • 81.
  • 82.
  • 84. PILONO TEMPLO DE LUXOR http://www.youtube.com/watch?v=KQkNSyDlY8Q
  • 85. Sala hipóstila do Templo de Karnak (Luxor)
  • 86. Estatua de Ramsés II Templo de Luxor
  • 88. APARTADO 6 (páx. 158) ACTIVIDADES 1. ¿Onde se atopa o templo que vimos no debuxo anterior? 2. Describe as súas partes e explica que función tiña cada unha delas. 3. ¿Por que estaban amurallados? ¿Que riquezas gardaban? 4. ¿Coidas que os templos eran un lugar de culto para o pobo? Xustifica a resposta.
  • 89. 7. As tumbas exipcias 7.1. Como eran as tumbas exipcias • As primeiras tumbas exipcias eran unhas sinxelas construcións rectangulares e de escasa altura chamadas mastabas. • Da superposición de mastabas naceron as pirámides, entre as que salientan as de Keops, Kefrén e Micerinos, en Gizeh. • Para protexer o repouso dos faraóns e impedir a pillaxe, as entradas das pirámides estaban agachadas. • Ao longo do Imperio Medio, a crenza na inmortalidade da alma estendeuse a todas as capas sociais. Os máis pobres eran momificados e soterrados en grandes fosas ou mesmo sepultados baixo a area do deserto. • O medo aos frecuentes saqueos e roubos nas tumbas fixo que, no Imperio Novo, os faraóns preferisen enterrarse en hipoxeos. Cámaras funerarias soterradas baixo terra e decoradas.
  • 90.
  • 94. ¡Soldados! ¡Dende o alto desas Pirámides, corenta séculos vos contemplan
  • 96. Altura actual: 143,49 m Lado da base: 215,25 m Pendiente, ángulo: 53º 07' 48" 21 Volumen: 2.216.240 m³ PIRÁMIDE DE KEFRÉN
  • 97.
  • 98.
  • 101.
  • 102.
  • 103. PINTURAS HIPOXEO DE NEFERTARI
  • 105. APARTADO 7 (páx. 163) ACTIVIDADES 1. Explica as diferenzas entre unha mastaba, unha pirámide e un hipoxeo, e cal era a súa función 2. ¿Onde se atopaba o sarcófago en cada unha delas? 3. Describe polo miúdo un hipoxeo ¿Como cres que había pintura nas paredes? 4. ¿Por que os faraóns se enterraban con obxectos da vida cotiá, pequenas estatuíñas ou tesouros?
  • 106. APARTADO 1 (páx. 149) SOLUCIÓNS ACTIVIDADES 1. As cidades-Estado eran organizacións políticas independentes, enfrontadas entre si, o que deu lugar á construción de murallas defensivas. 2. Aparecen na Crecente Fértil contra o IV milenio a.C. como consecuencia do desenvolvemento da agricultura, o crecemento da poboción e a rivalidade entre cidades. A C.F. era unha zona rica en agricultura. 3. O grupo social máis numeroso eran os agricultores e pastores. Tamén había comerciantes e artesáns. Ao principio poder estaba en mans dos sacerdotes, que vivían no templo. 4. As constantes guerras orixinaron a aparición de líderes guerreiros. Estes xenerais, co paso do tempo, convertéronse en monarcas hereditarios. 5. A escritura orixinouse nas cidades de Mesopotamia por mor de controlar a contabilidade das colleitas, impostos... A escritura aparece contra o 3.500 a.C.