2. Hispania romana
4. Hispania, provincia romana
3. A conquista romana de Hispania
2. Os pobos prerromanos: iberos e celtas
5. O legado de Roma
1. Invasións e colonizacións
3. Introdución
• A presenza romana na Península Ibérica
iniciouse a finais do século III a.C. e durou
ata comezos do século V d.C.
• Durante este longo período, Hispania foi
unha provincia do Imperio Romano e
adoptou as estruturas sociais e económicas
do mundo romano (romanización).
Séculos X-VIII a.C.
Fenicios
Séculos ViIII-VII a.C.
Gregos
Séculos VII-VI a.C.
Cartaxineses
218 a.C.
Conquista de Roma 212 Cidadanía
romana
411 Entrada
visigodos
476 fin
i. romano
4. 1. Invasións e colonizacións
1.1. As invasións indoeuropeas
• Entre os séculos XI e VI a.C., pobos
indoeuropeos penetraron na
Península Ibérica polos Pireneos na
procura de terras nas que
asentarse.
• Os primeros grupos establecéronse
na zona de Cataluña e no val do
Ebro, pero posteriormente
desprazáronse cara á Meseta e cara
ás rexións do Norte.
5. 1. Invasións e colonizacións
1.2. As colonizacións
• A comezos do I milenio a.C., unha serie de pobos do
Mediterráneo interesados na riqueza mineira da
Península, chegaron ás costas do Leste e do Sur
peninsular e estableceron colonias.
• Os fenicios, provenientes do actual Líbano,
estableceron colonias no Sur, como Gadir (Cádiz) e
Malaca (Málaga).
• Os gregos fundaron na Península diversas colonias:
Rhode, Emporion, Hemeroscopieion, Heraclia...
• A partir do século VI, Cartago, unha colonia fenicia
convertida en potencia marítima e comercial,
substituíu os fenicios na súa expansión.
8. 1. Invasións e colonizacións
1.2. As colonizacións
• Gregos e cartaxineses rivalidaron polo
control da consta peninsular. Os
cartaxineses, dende a súa base militar en
Ebusus (Eivisa), pecharon o paso dos
gregos cara ao Sur, obrigándoos a
concentrarse no Noreste peninsular.
• Máis adiante os cartaxinenses (s. III a.C.)
decidiron conquistar militarmente o Sur da
Península. Iso supuxo o enfrontamento con
Roma, unha nova potencia militar disposta a
dominar o Mediterráneo (Guerras Púnicas).
9. 1. Invasións e colonizacións
1.3. Tartessos
• Tartessos era un reino que, dende o 1º milenio
a.C. ocupou o triángulo formado polas actuais
provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz.
• A base da economía era a agricultura, a gandaría
e a pesca. Pero a súa riqueza foron os metais,
sobre todo ouro, prata e estaño, que
intercambiaban cos pobos colonizadores.
• Coñecían a escritura e alcanzaron un notable
desenvolvemento técnico e urbanístico.
• No século VI a. C., Tartessos desapareceu,
posiblemente vencida polos cartaxineses.
12. 1. ACTIVIDADES
• Fai un cadro como o seguinte que
sintetice algunhas das características
dos pobos que chegaron á Península
Ibérica no I milenio a.C.
POBO CRONOLOXÍA SITUACIÓN
XEOGRÁFICA
13. 2. Os pobos prerromanos: iberos e celtas
2.1. Os iberos
• Os iberos eran os pobos que ocupaban as terras do Leste [y
Sur] peninsular.
• Estes pobos tiñan fortes influencias dos pobos colonizadores,
cos que mantiñan intercambios comerciais.
• A súa economía baseábase na agricultura (cereais, oliveiras,
vides e legumes), aínda que tamén se dedicaban á gandaría
(cabras, ovellas…).
• Coñecían a metalurxia e elaboraban tecidos; tamén acuñaban
moeda e tiñan escrita de seu.
• A arte ibera caracterízase pola gran sensibilidade e perfección
técnica. Con claras influencias fenicias e gregas. Entre as
esculturas salientan as Damas de Elche e Baza. Crearon unha
cerámica de gran calidade.
18. 2. Os pobos prerromanos: iberos e celtas
2.2. Os celtas
• As rexións do centro, Oeste e Norte da
Península estaban habitadas, antes da chegada
dos romanos, por pobos aos que coñecemos co
nome de celtas e celtiberos.
• Os celtas eran gandeiros nómades e
agricultores que coñecían a metalurxia do ferro.
• Parece ser que descoñecían a escritura e as
súas manifestacións artísticas eran escasas.
• Os celtas vivían en pequenos poboados,
coñecidos coma castros.
22. 2. ACTIVIDADES
1) Que pobos se asentaban na
Península Ibérica antes da
chegada dos romanos?
Que zonas ocupaban?
2) Di o nome das principais
tribos celtas e iberas.
23. 3. A conquista romana de hispania
3.1. As guerras entre Roma e Cartago
• As guerras entre Roma e Cartago polo dominio do Mediterráneo
Occidental (Guerras Púnicas) foron a orixe da ocupación romana
da Península Ibérica.
• No ano 238 a.C., os cartaxineses, ao mando do xeneral Amílcar
Barca, desembarcaron en Gadir (Cádiz) e en poucos anos
conseguiron conquistar a poboación do Sueste peninsular
(fundación de Cartago Nova).
• No ano 220 a.C., Aníbal, fillo de Amílcar, planeou a conquista de
Roma cunha expedición de elefantes.
• Os romanos enviaron os seus exércitos á Península que
desembarcou na costa de Emporion no 218 a.C. dirixidos polos
irmáns Escipión para combater aos cartaxineses, aos que
derrotaron e expulsaron no ano 202 a.C.
24.
25. 3. A conquista romana de hispania
3.2. Fases da conquista
• A conquista romana da Península tivo lugar en catro fases:
• A primeira fase (218-202 a.C.) de expansión romana en Hispania,
significou o dominio da costa mediterránea da Península.
• Na segunda fase (202-154 a.C.) dominaron a zona oriental da
Península.
• A terceira fase (154-133 a.C.) caracterizouse polas guerras contra
os pobos da Meseta (toma de Numancia) e a Lusitania (victoria
fronte Viriato).
• Na cuarta fase (29 a 19 a.C.), foron sometidas as tribos de
galaicos, cántabros, ástures e vascóns, dándose por rematada a
conquista da Península.
26.
27.
28.
29.
30. 3. ACTIVIDADES
1) Que tipo de intereses
enfrontaban a Roma e mais
a Cartago?
2) Que foron as Guerras
Púnicas? Como lle
afectaron á Península
Ibérica?
31. 4. Hispania, provincia romana
4.1. As provincias
• Para administrar mellor os territorios
conquistados, os romanos dividían os
territorios conquistados en provincias, á
fronte das cales se atopaba un
gobernador.
• Nos tempos de Diocleciano
establecéronse cinco provincias:
Tarraconensis, Gallaecia, Carthaginensis,
Baetica e Lusitania.
32. DIVISIÓN ADMINISTRATIVA ROMANA
(EVOLUCIÓN)
Cos romanos (s. III a.C.-V)
creouse a primeira organiza-
ción administrativa que evo-
lucionou de dúas a sete pro-
Vincias.
No ano 197 a. C. os romanos
Dividiron o territorio en
dúas provincias: Hispania
Ulterior e Hispania Citerior.
36. 4. Hispania, provincia romana
4.2. As riquezas de Hispania
• Os romanos integraron a economía de Hispania
dentro dos circuítos comerciais do Imperio.
• A produción agrícola aumentou de forma
considerable grazas á introdución de avances,
coma o arado, o trillo de rodas, os fertilizantes e
o barbeito.
• A actividade artesanal, centrada nas cidades,
coñeceu un gran desenvolvemento: armas,
tecidos, salgaduras...
• Tamén se explotou a riqueza mineira de
Hispania (prata, ouro, mercurio, cobre...) e se
melloraron os sistemas de extracción.
38. 4. Hispania, provincia romana
4.3. As calzadas
• As cidades de Hispania
estaban unidas, entre si e co
resto do Imperio, por unha
extensa rede de calzadas.
• Entre as calzadas máis
importantes atopábanse a
Vía Augusta e a Vía da Prata.
39.
40. 4. ACTIVIDADES
1) Explica a importancia da
vida urbana en Hispania e
as principais cidades.
2) Que contribucións
introduciron os romanos na
produción agrícola.
41. 5. O legado de Roma
5.1. O patrimonio artístico
• Os romanos foron grandes construtores e exportaron o
seu modelo de cidade a todo o Imperio.
• En España, na actualidade, consérvanse aínda bos
exemplos destas construcións romanas: acuedutos
(Segovia, Tarragona e Mérida), teatros (Mérida e Sagunto),
anfiteatros (Itálica, Mérida e Tarragona), murallas (Lugo e
Barcelona), pontes (Alcántara e Mérida) e termas (Caldas).
• Ademais, construíronse outras obras de carácter
conmemorativo, como arcos (Berá e Medinaceli), templos
(Mérida) e monumentos funerarios (Torre do Escipión en
Tarragona).
• Tamén se conservan restos de mosaicos, que adornaban
as casas e vilas rurais, e abundantes esculturas.
50. 5. O legado de Roma
5.2. A romanización
• A romanización é a inclusión do territorio
hispano no espazo cultural romano.
• Este proceso foi longo e significou a similación,
por parte dos pobos indíxenas, das institucións
romanas, a relixión, o dereito (os hispanos
adquiriron a cidadanía romana universal no 212)
e a súa lingua (o latín).
• Escritores latinos de orixe hispanos: Séneca,
Marcial, Quintiliano.
• Emperadores romanos de orixe hispano:
Traxano, Adriano e Teodosio.
51. 5. ACTIVIDADES
1) Que entendes por
romanización?
2) Cita algunha herdanza
romana que se manteña na
actualidade.
52. 6. Gallaecia, unha provincia do Imperio romano
6.1. A conquista do territorio
• No ano 137 a.C. Décimo Xulio Bruto (137 a.C.) entra en Galicia
atravesando o río Limia (Lerthes río do esquecemento).
• Xulio César (60-61 a.C.) chegou a Brigantium (A Coruña).
• A conquista fíxose co emperador Augusto (29-19 a.C.)
• As lexións romanas contaron cunha forte oposición dos
galaicos que resistiron heroicamente.
• Roma tivo que crear moitos campamentos militares permanentes
como Aquis Querquennis (Bande), Cidadela (Sobrado). A partir
destes campamentos naceron cidades como Lucus Augusti
(Lugo).
• Os antigos castros non desapereceron. A maioría integráronse
na nova civilización.
55. 6. Gallaecia, unha provincia do Imperio romano
6.2. Explotación de recursos
• Os principais recursos foron mineiros: estaño, prata e
ouro nos leitos do Miño e máis o Sil (Montefurado).
• Dos portos saían os minerais. Así naceu o porto romano
de Brigantium (A Coruña).
• A Torre de Hércules foi construída no século II coa
finalidade de orientar as rutas marítimas cara Britannia.
• Construíronse tamén calzadas como a vía XVII que unía
Bracara (Braga) con Astúrica (Astorga), a XVIII ou nova
que unía as mesmas poboacións a través do Barco de
Valdeorras.. XIX: Bracara con Lucus Augusti (Lugo) e a XX
ou beiramar pasaba por Iria Flavia (Padrón) para chegar a
Brigantium (A Coruña) e logo a Lugo.
59. 6. Gallaecia, unha provincia do Imperio romano
6.3. A herdanza romana
• No século III Diocleciano, creou a
provincia de Gallaecia.
• Introduciron o latín.
• Apareceron as villae, asentamentos
rurais illados e individuais, con
funcións residenciais e produtivas:
exemplo Noville (Mugardos)