SlideShare a Scribd company logo
1 of 112
Unidade 1
A división do mundo antigo
A fragmentación do mundo antigo
6. Bizancio (476-1453)
3. Os suevos en Galicia
2. Os pobos xermánicos
1. As etapas da Idade Media
15
5. Trasladamonos no tempo: Valerio convértese en campesiño
4. A Hispania visigoda
7. O Imperio Carolinxio
1. Que é a idade media?
Cantos anos durou aproximadamente?
• Período histórico da civilización occidental
que se iniciou no ano 476 d.C. coa caída do
Imperio romano de Occidente, que lle puxo
fin á gran civilización grecorromana.
• Remata (para algúns historiadores) en 1453
(coa caída do Imperio bizantino) e, para,
outros, 1492 (descubrimento de América).
• Comprende 1000 anos de historia.
2. En que etapas se divide?
Cantos séculos duraron cada unha delas?
• Alta Idade Media (V-X)
• Plena Idade Media (XI-XIII)
• Baixa Idade Media (XIV-XV)
2. Por que se caracterizan?
• Alta Idade Media (V-X)
• Longa transición do mundo antigo ao mundo
feudal.
• Nace coa caída do Imperio romano e as invasións
dos pobos xermánicos.
• Fraccionamento do Imperio en dúas grandes
unidades: Oriente: Imperio bizantino e Occidente:
formación de monarquías xermánicas.
• Orixe do feudalismo.
• Ruralización de occidente.
• Fortalecemento do poder da Igrexa (Cristiandade)
• Creación do Imperio islámico.
2. Por que se caracterizan?
• Plena Idade Media (XI-XIII)
• Consolidación do feudalismo.
• Aumento da produción agrícola.
• Creación e crecemento das
cidades (burguesía: artesanía e
comercio)
• Xurdimento da arte románica e
gótica.
2. Por que se caracterizan?
• Baixa Idade Media (XIV-XV)
• Crise do sistema feudal.
• Diminución da poboación por mor da
peste e doutras enfermidades.
• Crise económica (diminución da
produción agraria e comercio)
• Conflitos políticos e sociais (guerras
entre monarquías e revoltas
campesiñas.
3. Que lembras da crise e da
fin do Imperio romano?
• A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a
unha serie de problemas.
• As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos
ataques dos pobos xermánicos (bárbaros).
• A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as
revoltas contra o emperador. Entre o 235 e 268
sucedéronse 30 emperadores lexítimos e máis de 70
ilexítimos.
• A estes problemas sumáronselles os problemas
económicos: a falta de escravos, ao rematar a conquista,
provocou un descenso da produción agrícola e mineira.
Os ataques bárbaros cortaron as vías de comunicación:
estancamento do comercio e empobrecemento da
poboación.
4. Quen eran os pobos xermánicos? Por que
se lles denominaba bárbaros?
• Pobos situados ao norte dos ríos
Rin e Danubio que se foron
asentando no Imperio romano de
Occidente a partir do século V d.C.
• Denominación romana que
significa estranxeiro. Poboación
que está fóra do Imperio e que
non fala latín.
5. Cando se dividiu o Imperio romano? Que
zona foi Bizancio? Que cidade é hoxe
Constantinopla?
• 395, Teodosio divide o Imperio
entre os seus dous fillos
Arcadio e Honorio.
• A parte oriental do Imperio. A
súa capital denominábase
Constantinopla actual
Estambul.
División do Imperio Romano
por Teodosio. 395
Introdución
• Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a
unidade cultural do Mediterráneo.
• Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por
mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos
xermánicos.
• O Imperio romano de Oriente (bizantino) mantívose
durante case mil anos máis.
• O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de
continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo
e o novo mundo medieval.
400 500 800
6. Enumera os pobos xermánicos e a súa
situación
• As invasións xermánicas do século V acabaron co
débil Imperio romano, xa partido en dous
(Occidente e Oriente) desde o 395.
• A comezo do século V, os hunos, un pobo bárbaro
chegado de Asia, dirixidos por Atila, invadiron e
arrasaron os territorios do leste de Europa.
• Fuxindo dos hunos, os pobos xermánicos
irromperon en masa no Imperio romano de
Occidente e acabaron conquistando e dominando o
territorio.
• A ruptura foi tan importante que os historiadores
marcan a caída de roma (imperio de occidente) no
476 como fin da Antigüidade e inicio da Idade
Media.
6. Enumera os pobos xermánicos e a súa
situación
• Ostrogodos: Italia e Dalmacia.
• Visigodos: sur da Galia e posteriormente Hispania.
• Francos: na Galia, fóronse expandindo sobre o
territorio doutros reinos.
• Burgundios: leste da Galia.
• Alamáns: ao redor do Rin.
• Anglosaxóns: Britania*.
• Bretóns* (non son un pobo xermánico): oeste de
Francia e norte de Gallaecia (Galiza de Maeloc).
• Suevos: Gallaecia.
• Vándalos e alanos: penetran en Hispania para
desplazarse ao norte de África, Baleares, Córsega e
Sardeña.
Eixo cronolóxico do s. V-IX
Familia
xermánica
Os costumes dos xermánicos
Elixen os seus reis pola nobreza, pero, os seus capitáns,
polo valor. O poder dos reis non é absoluto nin perpetuo (...).
Non contan por días, coma nós, senón por noites (...).
Ningún dos pobos de Xermania habita en cidades pechadas (...).
Fan unha bebida de cebada e trigo, que quere semellarse
en algo ao viño. As súas comidas son simples: mazás salvaxes,
Veado fresco e leite callado.
Tácito: Xermania 98 d.C.
7. Que características presentaban estes pobos?
Trazos que os diferenciaban cos romanos
• Tiñan costumes e formas de vida diferentes ás dos
romanos: non tiñan escritura, nin leis, nin estrutura de
Estado.
• Traballan a terra e crían gando.
• Estaban organizados en clanes familiares.
• Os seus caudillos elixían un xefe militar, que exerce o
cargo de rei. Este cargo foi primeiro electivo e, co paso
do tempo, hereditario.
• Ao ocupar as terras do Imperio, impuxeron o seu poder
militar e algúns dos seus costumes pero tamén
adoptaron parte da cultura romana.
• Os reis rodeáronse de conselleiros romanos,
conservaron a moeda imperial, respectaron os
privilexios dos grandes propietarios. O latín continuou a
ser a lingua oficial e o cristianismo acabou por
impoñerse.
8. Que tres civilizacións apareceron no
territorio do antigo imperio romano?
• Pobos xermánicos no occidente de
Europa.
• O Imperio bizantino herdeiro do antigo
Imperio romano de Oriente.
• A partir do século VII-VIII: expansión
do islam por Arabia, Próximo Oriente,
norte de África e península Ibérica.
8. Cal delas era a máis parecida ao Imperio?
Cal tiña maiores diferenzas?
• A que se parece máis foi a
civilización bizantina.
• A que menos a civilización
islámica.
8. Cres que se mantivo nos pobos
xermánicos algunha continuidade coa
cultura romana?
• Sí.
• Os reis rodeáronse de conselleiros
romanos, conservan a moeda imperial,
respecta os privilexios dos grandes
propietarios, o latín continua a ser a lingua
oficial e o cristianismo acabou por
impoñerse.
• Os pobos xermánicos acaban fusionándose
cos pobos que vivían dentro do imperio.
Reinos xermánicos
1. Os reinos xermánicos
1.1. A ruralización de occidente
• A desaparición do Imperio romano impuxo un
clima de inseguridade en Occidente.
• A inseguridade nas comunicacións foi a causa
da desaparición da actividade comercial, a
poboación abandonou as cidades e buscou
refuxio nas grandes explotacións agrarias.
• Este empobrecemento xeral paralizou as obras
públicas, a produción de cultura, e a lectura e
escritura quedaron reducidas a grupos de
cregos e monxes.
9. Por que a partir do século VII se
fragmentou definitivamente a unidade
cultural das terras do Mediterráneo? Cres
que iso se mantivo na actualidade?
• Pola irrupción dunha nova cultura, a
islámica, que entrou polo norte de África
procedente de Arabia a partir do século VII.
• Na actualidade mantéñense as diferenzas
culturais e relixiosas.
• En Europa Occidental predomina a relixión
cristiana (católica ou reformista), en Europa
Oriental (Igrexa ortodoxa) e norte de África
(musulmana).
Pobos xermánicos na península Ibérica
Os suevos na
Gallaecia
2. O reino suevo de Galicia
A súa chegada
• Coa crise do Imperio romano e as
invasións dos pobos xermánicos
chegan ás nosas terras os suevos.
• Forman un reino que durou algo
menos de dous séculos, aínda que
durante este tempo non mudaron as
formas de vida da poboación
hispanorromana.
• Finalmente no ano 585, os visigodos
apoderáronse do reino suevo.
2. O reino suevo de Galicia
A súa chegada
• No ano 409 suevos, vándalos e alanos
entran na Península Ibérica.
• 415 Os visigodos expulsan ao vándalos e
alanos, e acantoaron aos suevos na
Gallaecia (Galicia máis o norte de
Portugal), onde o emperador Honorio lles
permitiu asentarse despois de establecer
un pacto con eles.
• Pobo orixinario do mar Báltico, que
descenderon cara á zona da actual
Alemaña, cometendo todo tipo de saqueos
e pillaxes.
2. O reino suevo de Galicia
A súa chegada
• Calcúlase que chegaron ata a
Gallaecia uns 30.000 suevos,
liderados por Hemerico.
• Intaláronse preferentemente nunha
zona abranguida entre Ourense, Tui,
Braga e O Porto e estableceron a súa
capital en Bracara Augusta (Braga,
Portugal).
Imaxe de Punta Langosteira
praia e porto de Suevos (Arteixo)
ao fondo
Porto exterior da Coruña
Praia de Sabón
Punta Langosteira
Porto e praia de
Suevos
2. O reino suevo de Galicia
evolución
• Cara o ano 420, os suevos crearon un reino propio
en Galicia, que mantivo a súa influencia ata finais
do século VI.
• Este reino viviu en constante tensión,
especialmente debido ás presións dos visigodos,
que lles querían poñer fin ás continuas rapinas dos
suevos por boa parte do territorio peninsular.
• Así o rei Teodosio II organizou unha expedición
que derrotou ao monarca suevo no 456. Con todo,
os visigodos non lograron facerse co control do
territorio e limitáronse a vixiar as fronteiras. O reino
suevo de Galicia non desapereceu pero entrou
nunha fase de submisión fronte aos visigodos.
2. O reino suevo de Galicia
evolución
• Nada sabemos deles entre o 468 e 559 por falta de testemuños
(período oscuro).
• Nesta época prodúcese o asentamento de poboacións célticas
procedentes de Britania (de onde foron expulsados polas invasións
do saxóns) na zona costeira do norte de Galicia, especialmente na
zona comprendida entre o río Eo e a ría de Ferrol. Integrados no
reino suevo, formaron, entre o 469 e 576, a diócese de Britonia (na
zona de Mondoñedo), unha diócese de tradición céltica, que parece
que comprendía máis a unha comunidade humana que a un
territorio concreto.
• Da presenza dos bretóns hai poucos datos; entre eles o nome dun
bispo desta diócese Maeloc, e varios topónimos (Bretoña...).
• Para algúns historiadores, etnógrafos... é posible que as tradicións e
cultos relixiosos galegos asociados á chegada de santos en barcos
de pedra sexan un recordo da chegada destas comunidades célticas
que, cos seus bispos ao fronte, arribarron ás costas da Gallaecia...)
Fuxida dos Bretóns
coa invasión dos Saxóns
2. O reino suevo de Galicia
evolución
• No século VI os suevos abarcaban os tres conventus clásicos
da provincia da Gallaecia romana (Lucus (Lugo), Astúrica
(Astorga), Bracara (Braga)).
• Mantiñan unha convivencia pacífica coa poboación galaico-
romana facilitada pola súa conversión ao catolicismo.
• Neste momento consolidouse a cristianización das masas
campesiñas grazas á actuación dun monxe: Martiño de
Dumio nado na Panonia (Hungría), quen reorganizou o
monacato de Gallaecia; ademais de fundar o mosteiro de
Dumio (preto de Braga) e de exercer o bispado de Braga,
sede metropolitana do reino suevo, dedicou especial atención
á loita contra as prácticas pagáns.
• O reino suevo tivo unha nova fase de apoxeo co ascenso ao
trono de Miro (570-583), que emprendeu unha campaña
militar contra algúns pobos asentados entre Cantabria e
Navarra.
2. O reino suevo de Galicia
evolución
• A partir do 572, as relacións cos visigodos
deterioráronse e rexurdiron os enfrontamentos.
• No ano 585 o rei visigodo Leovixildo, co pretexto
de intervir nunhas liortas da dinastía sueva (a
deposición do rei Eurico polo rebelde Andeca),
penetrou cos seus exércitos na Gallaecia e, tras a
toma de Porto e Braga, conquistou o reino suevo.
Anexionado ao reino visigodo.
• Aínda así, a Gallaecia sueva debeu manter certa
personalidade diferenciada, pois nalgúns casos, os
reis visgodos encargaron o seu goberno aos seus
herdeiros ao trono.
2. O reino suevo de Galicia
o problema relixioso
• Inicialmente os suevos profesaban o arrianismo,
doutrina considerada herética que nega o carácter
divino de Xesús. Esta crenza estaba moi espallada
entre os pobos xermánicos, mentres que a maioría da
poboación hispanorromana profesaba o catolicismo.
• Para combater o arrianismo, a mediados do século VI
chegou a Galicia San Martiño Dumiense, que influíu
na conversión do rei suevo Teodomiro e organizou o
Concilio de Braga no ano 569.
• Despois da conversión ao catolicismo do reino suevo, a
Igrexa foi gañando forza e prestixio social. Ao longo do
século VI creándose numerosos mosteiros que
haberían ter unha longuísima vida, chegando, nalgúns
casos, ata a actualidade.
Moeda sueva cuñada
polo rei Requiario (448-455),
co seu nome gravado nela:
Requiario reges
Necrópole sueva do s. VI
atopada no subsolo da
catedral de Santiago
Capela escavada en rocha
(San Pedro de Rocas) s. VI
É a igrexa galega máis antiga,
nela desenvolveuse a vida monacal
San Martiño Dumiense.
Miniatura
do Códex Albeldensis. s.X
10. Quen eran os suevos? De onde proviñan?
Describe a zona de ocupación. Por onde se
espallaron? Onde quedaron definitivamente a partir
do s. V?
• Un pobo xermánico que proviña na zona do
mar Báltico.
• Espalláronse por toda a Gallaecia e desde
aí realizaron saqueos e pillaxes por outras
provincias da antiga Hispania.
• Asentáronse definitivamente na Gallaecia
principalmente na área de Braga (Portugal)
nun trapecio cos vértices situados nas
localidades de Tui, Ourense, Braga e Porto.
11. Que dúas etapas podes distinguir na evolución
do reino suevo? Cando finalizou este reino?
• Unha primeira etapa entre 409 e
468: ocupación destacan os reinados
de Rechila e Rechiario ao final desta
etapa.
• 468-559: período oscuro (non temos
fontes escritas sobre este período.
• Etapa final 559-585. Incorporación ao
reino visigodo.
12. De que xeito explicarías os conflitos
entre os suevos e visigodos?
• Ten a súa orixe na expansión
territorial do reino suevo e na
posterior reacción do rei visigodo
Leovixildo que lle poñerá freo e
incorporará o territorio suevo ao
reino visigodo.
13. Características da economía e sociedade
do reino suevo
• Baseábase na agricultura e gandaría. Non
había grandes diferenzas coa época
hispanorromana e grandes extensións de
terreo estaban en moi poucas mans. A
gandaría tiña especial importancia e
pódese comprobar en que incluso os
mosterios da época posuían rabaños que
eran a base do seu sustento e economía.
• A sociedade non estaba especialmente
desenvolta. Os invasores integráronse con
facilidade na poboación autóctona, que
estaba moi influída xa pola cultura romana.
14. Información sobre o mosteiro de San
Pedro de Rocas
• Considérase o mosteiro máis antigo de
Galiza.
• Ten unha arquitectura curiosa, é un
mosteiro excavado na rocha. O campanario
aproveita as rochas dun lado e se apoia na
rocha natural do outro lado.
• Os aspectos máis curiosos que se atoparon
nel, foron moitas tumbas antropomórficas.
San Pedro de Rocas
s. VI
3. A Hispania Visigoda
Santa Comba de Bande
3. A Hispania visigoda
3.1. O reino de Toledo
• No ano 409 entraron en Hispania unha serie de pobos
bárbaros: suevos, vándalos e alanos. Os visigodos,
aliados de Roma, acudiron á Península dende a Galia,
expulsaron a vándalos e alanos cara ao norte de África e
arrecuncharon aos suevos en Galiza.
• A finais do século V, os visigodos atopábanse asentados
no Sur da Galia e en Hispania. Tiñan a capital en Tolouse.
• Os francos, provenientes do Norte da Galia, derrotaron
os visigodos (batalla de Vouillé, 507) e expulsáronos.
• Daquela, os visigodos espalláronse por Hispania e
organizaron un reino con capital en Toledo, que se
mantivo máis de douscentos anos.
Migración dos visigodos
15. Cando chegaron os visigodos á Península? De
onde proviñan? En que territorios se
asentaran?
• Os visigodos chegaron á Península Ibérica
no ano 409. Proviñan dos territorios
occidentais dos godos, establecéndose
finalmente no sur da Galia. Alí fundaron o
reino de Tolouse. Foron expulsados da
Galia polos francos, tras a súa derrota na
batalla de Vouillé (507).
• Definitivamente aséntanse na Península
Ibérica.
3. A Hispania visigoda
3.1. O reino de Toledo
• Entre o 569 e 623, os reis visigodos Leovixildo, Sisebuto e
Suintila realizaron diversas campañas militares que lles deron
o dominio da case totalidade das terras peninsulares. Estas
campañas estiveron contra cidades e zonas
hispanorromanas independentes da Bética (Córduba,
Orospeda) e do Douro (Sarabia), contra tribos indíxenas do
norte (especialmente vascóns), contra suevos e bizantinos.
• As campañas remataron coa anaexión de todos eses
territorios, coa excepción dunha pequena parte na zona norte
habitada polos vascóns.
• Paralelamente produciuse a fusión entre godos e
hispanorromanos grazas á autorización de contraer
matrimonios mixtos e á conversión ao catolicismo con
Recaredo no 589.
Hispania en época visigoda
3. A Hispania visigoda
3.1. O reino de Toledo
• Os visigodos eran pouco numerosos (150.000) sobre unha
poboación de seis millóns, dominaron aos hispanos e repartiron
entre eles gran parte das súas terras.
• Xunto aos grandes propietarios hispanorromanos, constituíron o
grupo social aristocrático e privilexiado.
• A monarquía conseguiu establecer un reino fundamentada nos
seguintes aspectos:
• Monarquía forte en principio electiva pero que se transformou en
hereditaria. O monarca apoiábase nas institucións de goberno, como
a Aula Rexia (órgano asesor formado por nobre e clérigos) e os
Concilios de Toledo (asembleas de carácter relixioso e civil).
• Control de todo o territorio peninsular (ver máis adiante)
• Unificación xurídico e relixiosa: (ver máis adiante)
3. A Hispania visigoda
3.2. A monarquía visigoda
• A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio
peninsular: expulsou os suevos (585), conquistoulles
territorios aos bizantinos (572-628) e detivo os francos
no norte.
• Os visigodos, a través do establecemento dunha
monarquía forte, Pasou dun modelo electivo a
hereditario.
• Conseguiron a unificación relixiosa e xurídica entre
hispanorromanos e visigodos. Leovixildo promoveu a
igualdade dos dous pobos establecendo a posibilidade
de matrimonios mixtos. Recaredo converteuse ao
catolicismo, separándose da doutrina arrianista.
Recesvinto promoveu unha única lexislación (Liber
Iudicorum ou Foro Xulgo)
16. Que características tiña a monarquía visigoda? Como se
asentou o seu poder? Que factores propiciaron a
unión xurídica e relixiosa da poboación goda e
hispanorromana?
• Os visigodos constituíron unha monarquía forte, ao
principio electiva pero que transformaron a miúdo en
hereditaria. O monarca gobernaba apoiándose nunha
serie de institucións como a Aula Rexia (órgano asesor
formado por nobres e clérigos) e os Concilios de Toledo
(asembleas de carácter relixioso e civil).
• A unión xurídica e relixiosa da poboación goda e
hispanorromana foi propiciada polo derrogación polo rei
Leovixildo da lei que prohibía os matrimonios mixtos.
Tamén pola conversión de Recaredo ao catolicismo.
Recesvinto estableceu a unificación xurídca en todo o
reino coa promulgación do Liber Iudiciorum (654).
3. A Hispania visigoda
3.2. A monarquía visigoda
• A comezos do século VIII, as disputas
nobiliarias facilitaron que o exército
musulmán, procedente do norte de
África invadise a Península Ibérica
(711) e derrotase ao derradeiro
monarca visigodo (don Rodrigo)
Isidoro, bispo de Sevilla, foi un dos
Clérigos máis influintes da Hispania Visigoda.
Estatua na Biblioteca Nacional (Madrid)
Recesvinto(653-672) foi un dos últimos
monarcas visigodos. Coroa votiva
(tesouro de Guarrazar)
Códice emiliense, século X. Representa a cidade
de Toledo coas súas muralla e ameas e algunhas
das súas igrexas.
Cruz do tesouro
de Torredonjimeno (Xaén)
s. VII
3. A Hispania visigoda
3.3. A sociedade visigoda
• Aínda que os visigodos eran
numericamente poucos, dominaron aos
hispanos e repartíronse as dúas terceiras
partes das terras peninsulares.
• A economía era basicamente agrícola e de
subsistencia.
• Nas cidades, as actividades artesanais e o
comercio diminuíron considerablemente.
3. A Hispania visigoda
3.4. cultura e arte visigodas
• A cultura e a arte visigoda estiveron moi
marcadas pola influencia romana e cristiá: o latín
foi a lingua culta e a produción literaria centrouse
nas sés episcopais e nos mosteiros cristiáns.
• Dende o punto de vista artístico, salientan as
pequenas igrexas construídas maioritariamente no
século VII d.C.: San Xoán de Baños, San Pedro de
la Nave, Santa Comba de Bande, Quintanilla de las
Viñas.
San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
Arco de ferradura
Campanario
Nave principal
Nave lateral
Escasas ventás
Grosos muros de pedra de canteria irregular
San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
Interior
San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)
Grosos muros
Escasas fiestras
San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)
Arco de ferradura
sostido sobre columnas
Chapitel historiado
Columnas pegadas
ao muro
Quintanilla de las Viñas (Burgos) (s.VII)
Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)
17. Que importancia tivo a Igrexa na cultura visigoda? Que
foron os Concilios de Toledo?
• Na cultura visigoda a Igrexa era importante
porque os clérigos cristiáns eran os que
conservaban a cultura romana e sabía ler e
escribir. Dous exemplos son San Leandro e
San Isidoro de Sevilla.
• Os Concilios de Toledo era asembleas de
bispos convocada polo rei na capital
visigoda, nos que se decidían non só
cuestións relixiosas, senón tamén asuntos
civís relacionados co goberno do reino.
18. Que características ten a ourivaría visigoda?
• Caracterízase porque os artesáns
traballaban metais nobres (ouro e prata)
pero tamén bronce e ferro.
• Ademais utilizaban varias técnicas:
fundición retocada e gravada, dourado ao
lume, soldadura e incrustacións de xemas
(granate, cristal de rocha, ágata...) e de
perlas irregulares.
19. Características da arquitectura visigoda
• Predomina a arquitectura relixiosa en áreas
rurais.
• Utilizan o arco de ferradura.
• Son construcións de pequeno tamaño.
• Muros moi grosos nos que a penas hai
vanos.
20. Describe os edificios da aldea visigoda e as
actividades que realizan os seus habitantes
• Edificios e actividades que amosa a ilustración corresponden a unha
sociedade rural.
• A aldea é pequena e non conta con ningún espazo dedicado ao
comercio.
• A poboación vivía nun clima de inseguridade, polo que protexían a a
aldea cun valado.
• As actividades económicas eran: cultivo nun pequeno horto, cría de
diferentes animais en cortes e currais, caza dalgúns animais, o
artesán elabora algúns produtos, ferreiro forxa metais, carpinteiro
traballa a madeira, elaboración de pan no forno.
• Trátase dunha economía de subsistencia baseada no
autoabastecemento, xa que producen o que consomen.
2. O IMPERIO BIZANTINO (476-1453)
Santa Sofía de Constantinopla
4. O Imperio bizantino (476-1453)
4.1. A época de Xustiniano
• Cando o Imperio romano de Occidente deixou de existir
(476), a herdanza romana perviviu en Oriente co Imperio
bizantino.
• No século VI, o emperador Xustiniano propúxose
restaurar o vello Imperio romano.
• Iniciou unha serie de campañas militares que chegaron
ata o Sur de Hispania; fixo unha recompilación de leis
romanas (Código de Xustiniano) e embeleceu
Constantinopla (basílica de Santa Sofía) (537 d.C.).
• O reino bizantino gozou dunha etapa de prosperidade
económica, grazas a unha florecente agricultura e á
vitalidade do comercio.
Reconstrución da cidade de Constantinopla
Reconstrución da cidade de Constantinopla
No ano 330, o emperador Constantino fundou
unha nova cidade, Constantinopla, na
localización da cidade grega de Bizancio,
situada no estreito do Bósforo. Rodeuouse de
murallas e edificáronse igrexas e palacios.
Con máis de medio millón de habitantes,
converteuse no principal porto comercial do
Mediterráneo.
Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_de_Santa_Sofía
http://www.youtube.com/watch?v=bnFsQfbqxX8
Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)
Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)
Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)
Plano e sección
http://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_de_Santa_Sofía
http://www.youtube.com/watch?v=bnFsQfbqxX8
Xustiniano e a súa corte
Xustiniano Bispo
Maximiano
Altos
dignatarios
Guerreiros
Emperatriz Teodora
San Vital de Rávena
s.VI
http://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_San_Vital_de_Rávena
http://www.youtube.com/watch?v=5jbLFIviBdM
http://www.youtube.com/watch?v=DEV-cqDkzsM
4. O Imperio bizantino (476-1453)
4.2. Un imperio cristián e oriental
• Entre os séculos VII e IX, Bizancio perdeu boa parte das
conquistas de Xustiniano e repregouse sobre a súa zona
oriental, onde o grego se mantivo como lingua oficial.
• Tras séculos de tensións relixiosas, a situación
desembocou na separación da Igrexa romana e a
bizantina ortodoxa (Cisma de Oriente, no ano 1054).
• A partir do século XI, o Imperio comezou a
descompoñerse como resultado dos constantes ataques
dos exércitos turcos.
• A capital, Constantinopla, caeu no ano 1453 e o Imperio
bizantino desapareceu.
21. Cal foi a orixe do Imperio bizantino? Que terras ocupaba? Que territorios gañou
Xustiniano para Bizancio? Por que é a época de maior esplendor? Que
outras etapas houbo na historia de Bizancio? Que significa que o Imperio
se helenizou?
a) Ten a súa orixe na pervivencia da metade oriental do Imperio Romano
depois da desaparición no 476 do Imperio de Occidente.
b) Antes de Xustiniano, comprendía a Península Balcánica, Asia Menor, o litoral
oriental do Mediterráneo e o norte de Exipto. Posteriormente Xustiniano
conquistou a costa Dálmata, a Península Itálica, parte do norte de África e
sur da Península Ibérica.
c) A época de Xustiniano é coñecida como a Idade de ouro pola gran
prosperidade económica que gozou grazas sobre todo a unha florecente
agricultura e á vitalidade do comercio no Mediterráneo.
d) Tras a morte de Xustiniano, entre o século VI e VIII Bizancio perdeu gran
parte dos seus territorios. A partir do XI entra nunha época de decadencia e
debilitamento dos repetidos ataques turcos, ata a súa desaparición en 1453.
e) A helenización produciuse a partir do seu repregamento sobre a zona
oriental (VII-VIII) a conversión do grego en lingua oficial e o control do
emperador sobre a igrexa cristiá de Oriente (ortodoxa).
22. Que relixión practicaban os bizantinos? Que
diferenzas presenta con respecto ao catolicismo?
• Practican a relixión cristiá de rito oriental
(ortodoxa).
• Diferenzas principais:
• Cerimonias relixiosas son distintas.
• Os sacerdotes ortodoxos poden casar.
• O Papa non tiña poder sobre a igrexa bizantina,
senón que era o emperador quen convocaba os
concilios e designaba o patriarca de
Constantinopla.
23. Exemplos de monumentos e obras de arte bizantina
• Santa Sofía de Constantinopla.
• San Vital de Rávena.
• Mosaicos de Xustiniano e da
emperatriz Teodora.
5. Carlomagno
5.1.. Carlomagno, rei dos francos
• O Imperio creado por Carlomagno foi o último intento de
reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de
Occidente.
• A comezos do século VIII un nobre franco, Carlos Martel,
dirixiu o exército contra os musulmáns que avanzaban
por Francia, e derrotounos en Poitiers (732).
• O seu fillo, Pipino o Breve, converteuse en rei dos
francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia.
• O fillo e sucesor de Pipino o Breve, Carlomagno, pasou
de ser rei dos francos a ser reconstrutor do Imperio
romano de Occidente.
5. Carlomagno
Estatua ecuestre de Carlomagno
5. Carlomagno
5.2. Carlomagno emperador
• Carlomagno conquistou gran parte das terras da Europa
Occidental, freou o avance do Islam e estableceu unhas
fronteiras máis seguras en todo este vasto territorio.
• O emperador converteu todos os pobos baixo o seu
dominio ao cristianismo e reforzou a unión entre o poder
político (o Emperador) e o relixioso (o Papa).
• No ano 800, Carlomagno foi coroado emperador dos
romanos polo papa León III, recoñecendo nel ao novo
emperador das terras de Occidente.
• Baixo o seu goberno garantiuse a paz e a cultura
renaceu, co establecemento de escolas e a volta á
ensinanza do latín.
24. Quen eran os francos? Que territorios ocupaban?
Que fundou a dinastía carolinxia? De quen era
fillo?
a) Pobo de orixe xermánica que se asentou
principalmente no oeste da actual Alemaña e na
metade setentrional da actual Francia.
b) Ocuparon posteriormente o resto das actuais
Alemaña e Francia así como os actuais territorios
do norte de Italia, norte de España, Suíza, Bélxica,
Holanda e Austria.
c) A dinastía carolinxia foi fundada por Pipino o
Breve, fillo de Carlos Martel e pai de Carlomagno.
25. Quen era Carlomagno? Que territorios conquistou?
Cando foi coroado emperador? Por quen? Por
que cres que se lle corou en Roma?
a) Carlomagno, fillo de Pipino o Breve.
b) Conquistou gran parte das terras de Europa
occidental: Lombardía, Carintia, ducado de
Espoleto, a Marca Hispánica, Bretaña, Frisia,
Saxonia. Freou o avance do Islam establecendo
fronteiras seguras en todo o territorio.
c) Foi coroado emperador de Occidente no ano 800,
en Roma, polo Papa León III.
d) O Papa é a máxima autoridade relixiosa do
occidente europeo, polo que lexitimou asía a súa
supremacía política.
Imperio carolinxio. Conquistas de Carlomagno
Palacio de Aquisgrán
Capela palatina de
Aquisgrán
26. Que decisións sobre a cultura tomou Carlomagno?
Por que cres que se coñece esta época como a
do “renacemento” carolinxio?
• O emperador Carlomagno impulsou unha
renovación cultural que coñecemos como
”Renacemento carolinxio”:
• Creáronse escolas.
• Volveuse ensinar en latín.
• Os monxes copiaron en pergamiño os textos dos
autores grecolatinos, difundindo a cultura clásica.
27. Obra de arte máis significativa.
Descripción
• O palacio de Aquisgrán.
• Nun extremo estaba a Sala de Audiencias e a
Sala do Tesouro, onde o emperador concedía as
audiencias.
• No outro extremo, encontrábase a zona relixiosa,
coa Capela Palatina e a Capela dos Clérigos.
• No centro, os edificios onde se aloxaba o
emperador e a súa familia.
• Separado por xardíns, achábase o edificio coas
Termas do palacio, con auga quente termal.
28. Como gobernaba Carlomagno as súas
terras? Que era un condado? E unha
marca?
• Baseábase na entrega de terras a nobres para que as
administraran no seu nome e se beneficiaran delas. Dividiu o
territorio do Imperio nuns 250 condados, que eran as
circunscricións administrativas á fronte das cales había un conde
que era un nobre da súa confianza.
• Para defender as zonas de fronteira creou as marcas, dirixidas por
un xefe militar, o marqués. Este exercía a súa autoridade sobre os
condados que había na súa marca.
• Tamén estableceu un corpo de comisarios reais, os missi dominici,
para facer cumprir as leis e controlar condes e marqueses.
• Todos estes cargos non eran vitalicios nin hereditarios, senón
que dependían da confianza do emperador.
• Cada ano Carlomagno reunía os condes, marqueses e clérigos na
corte para tratar os asuntos do goberno.
Coroación de Carlomagno
como emperador
29. Cales eran as funcións de condes e
marqueses? E as funcións dos missi
dominici? Que eran as capitulares?
• Conde: nobre de confianza do emperador, gran propietario,
guerreiro destacado ou amigo persoal, situado por este á fronte dun
condado, que se encargaba de administrar xustiza, recadar
impostos, recrutar o exército e protexer a poboación.
• Marqués: estendía a súa autoridade sobre diversos condados, que
formaban unha marca de fronteira. Estaba encargado da súa
defensa.
• Missi dominici: era un corpo de comisarios reais, encargados de
facer cumprir as leis e inspeccionar e controlar as actividades
levadas a cabo polos condes e marqueses.
• Capitulares: conxunto de leis aprobadas que se escribían e se
conservaban.
5. Carlomagno
5.3. Cara á Europa feudal
• Á morte de Carlomagno, a coroa pasou a seu fillo Luís o Piadoso
(814-840) que, ao morrer, repartiu os territorios entre os seus tres
fillos: Lotario, Luís e Carlos.
• Lotario, por ser o primoxénito, recibiu tamén o título de emperador e
intentou impoñer a súa autoridade. Pero os seus irmáns Luís e
Carlos, rebeláronse, vencérono e obrigáronlle a asinar o Tratado de
Verdún (843). A partir daquela cada territorio formou reinos
independentes.
• Ademais no século IX houbo grandes ondadas de invasións que
asolaron Europa occidental (musulmáns, viquingos...) provocando o
terror e a inseguridade da poboación.
• Os reis eran incapaces de defender á poboación. Só era protexida
polos nobres. Fragméntanse os reinos e nace o feudalismo.
A debilidade dos sucesores
fixo que o imperio fragmentárase
30. Cando e como rematou o imperio
carolinxio? Como se fragmentou?
• Pola división por parte de Luís o Piadoso (fillo de Carlomagno) do
imperio entre os seus fillos.
• Lotario quedou co reino Franco Central.
• Luís o Xermánico co reino Franco Oriental.
• Carlos Calvo co reino Franco Occidental.
• A inestabilidade territorial polas invasións viquingas e musulmás fai
que se debilite o poder real e creza o poder dos condes.
• Aparece o feudalismo.

More Related Content

What's hot

Pagpapalawak ng roma
Pagpapalawak ng romaPagpapalawak ng roma
Pagpapalawak ng roma
Bria Reyes
 
O período napoleônico (1799 1815)
O período napoleônico (1799 1815)O período napoleônico (1799 1815)
O período napoleônico (1799 1815)
Vitor Ferreira
 
Alta idade média
Alta idade médiaAlta idade média
Alta idade média
marcos ursi
 

What's hot (20)

Idade média baixa idade média (séc. xi-xv)
Idade média   baixa idade média (séc. xi-xv)Idade média   baixa idade média (séc. xi-xv)
Idade média baixa idade média (séc. xi-xv)
 
Baixa Idade Media - Prof Iair
Baixa Idade Media - Prof IairBaixa Idade Media - Prof Iair
Baixa Idade Media - Prof Iair
 
Ciclo do Ouro
Ciclo do OuroCiclo do Ouro
Ciclo do Ouro
 
A pré história
A pré históriaA pré história
A pré história
 
Arquitetura Gótica
Arquitetura GóticaArquitetura Gótica
Arquitetura Gótica
 
Repormasyon
RepormasyonRepormasyon
Repormasyon
 
Unang Kabihasnan ng China
Unang Kabihasnan ng ChinaUnang Kabihasnan ng China
Unang Kabihasnan ng China
 
Persas
PersasPersas
Persas
 
Pagpapalawak ng roma
Pagpapalawak ng romaPagpapalawak ng roma
Pagpapalawak ng roma
 
O período napoleônico (1799 1815)
O período napoleônico (1799 1815)O período napoleônico (1799 1815)
O período napoleônico (1799 1815)
 
Era napoleônica 8 ano
Era napoleônica 8 anoEra napoleônica 8 ano
Era napoleônica 8 ano
 
ERA DAS REVOLUÇÕES - REVOLUÇÃO FRANCESA E ERA NAPOLEÔNICA
ERA DAS REVOLUÇÕES - REVOLUÇÃO FRANCESA E ERA NAPOLEÔNICAERA DAS REVOLUÇÕES - REVOLUÇÃO FRANCESA E ERA NAPOLEÔNICA
ERA DAS REVOLUÇÕES - REVOLUÇÃO FRANCESA E ERA NAPOLEÔNICA
 
10 extremo oriente
10 extremo oriente10 extremo oriente
10 extremo oriente
 
Família real no brasil
Família real no brasilFamília real no brasil
Família real no brasil
 
Reforma religiosa
Reforma religiosaReforma religiosa
Reforma religiosa
 
Os bárbaros
Os bárbarosOs bárbaros
Os bárbaros
 
Alta idade média
Alta idade médiaAlta idade média
Alta idade média
 
Brasil império II reinado (1840-1889)
Brasil império II reinado (1840-1889)Brasil império II reinado (1840-1889)
Brasil império II reinado (1840-1889)
 
AP 7 Lesson no. 31-C: Nasyonalismo sa Myanmar
AP 7 Lesson no. 31-C: Nasyonalismo sa MyanmarAP 7 Lesson no. 31-C: Nasyonalismo sa Myanmar
AP 7 Lesson no. 31-C: Nasyonalismo sa Myanmar
 
O primeiro reinado
O primeiro reinadoO primeiro reinado
O primeiro reinado
 

Viewers also liked (11)

Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
Mundo grego
Mundo gregoMundo grego
Mundo grego
 
U 8. sociedade e medio natural
U 8. sociedade e medio naturalU 8. sociedade e medio natural
U 8. sociedade e medio natural
 
U 6. climas e paisaxes terra
U 6. climas e paisaxes  terraU 6. climas e paisaxes  terra
U 6. climas e paisaxes terra
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoria
 
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoU 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
 
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamiaUnidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
 
Imperio Romano
Imperio RomanoImperio Romano
Imperio Romano
 
U 5. tempo e clima
U 5. tempo e climaU 5. tempo e clima
U 5. tempo e clima
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 
U 4. ríos e mares
U 4. ríos e maresU 4. ríos e mares
U 4. ríos e mares
 

Similar to A fragmentación do Mundo Antigo

Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
rubempaul
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
Dudas-Historia
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
dudashistoria
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
Dudas-Historia
 
Tema 1. leccións 1 e 2
Tema 1. leccións 1 e 2Tema 1. leccións 1 e 2
Tema 1. leccións 1 e 2
Dudas-Historia
 

Similar to A fragmentación do Mundo Antigo (20)

UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
 
Unidade 3 esa
Unidade 3 esaUnidade 3 esa
Unidade 3 esa
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
01 O inicio da idade media
01 O inicio da idade media01 O inicio da idade media
01 O inicio da idade media
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península IbéricaOs pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892
 
Imperio romano división
Imperio romano   divisiónImperio romano   división
Imperio romano división
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016
 
A Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio RomanoA Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio Romano
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Tema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade MadiaTema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade Madia
 
Tema 1. leccións 1 e 2
Tema 1. leccións 1 e 2Tema 1. leccións 1 e 2
Tema 1. leccións 1 e 2
 

More from Agrela Elvixeo

O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...
POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...
POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 

Recently uploaded (7)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 

A fragmentación do Mundo Antigo

  • 1. Unidade 1 A división do mundo antigo
  • 2. A fragmentación do mundo antigo 6. Bizancio (476-1453) 3. Os suevos en Galicia 2. Os pobos xermánicos 1. As etapas da Idade Media 15 5. Trasladamonos no tempo: Valerio convértese en campesiño 4. A Hispania visigoda 7. O Imperio Carolinxio
  • 3.
  • 4. 1. Que é a idade media? Cantos anos durou aproximadamente? • Período histórico da civilización occidental que se iniciou no ano 476 d.C. coa caída do Imperio romano de Occidente, que lle puxo fin á gran civilización grecorromana. • Remata (para algúns historiadores) en 1453 (coa caída do Imperio bizantino) e, para, outros, 1492 (descubrimento de América). • Comprende 1000 anos de historia.
  • 5. 2. En que etapas se divide? Cantos séculos duraron cada unha delas? • Alta Idade Media (V-X) • Plena Idade Media (XI-XIII) • Baixa Idade Media (XIV-XV)
  • 6. 2. Por que se caracterizan? • Alta Idade Media (V-X) • Longa transición do mundo antigo ao mundo feudal. • Nace coa caída do Imperio romano e as invasións dos pobos xermánicos. • Fraccionamento do Imperio en dúas grandes unidades: Oriente: Imperio bizantino e Occidente: formación de monarquías xermánicas. • Orixe do feudalismo. • Ruralización de occidente. • Fortalecemento do poder da Igrexa (Cristiandade) • Creación do Imperio islámico.
  • 7. 2. Por que se caracterizan? • Plena Idade Media (XI-XIII) • Consolidación do feudalismo. • Aumento da produción agrícola. • Creación e crecemento das cidades (burguesía: artesanía e comercio) • Xurdimento da arte románica e gótica.
  • 8. 2. Por que se caracterizan? • Baixa Idade Media (XIV-XV) • Crise do sistema feudal. • Diminución da poboación por mor da peste e doutras enfermidades. • Crise económica (diminución da produción agraria e comercio) • Conflitos políticos e sociais (guerras entre monarquías e revoltas campesiñas.
  • 9. 3. Que lembras da crise e da fin do Imperio romano? • A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a unha serie de problemas. • As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos ataques dos pobos xermánicos (bárbaros). • A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas contra o emperador. Entre o 235 e 268 sucedéronse 30 emperadores lexítimos e máis de 70 ilexítimos. • A estes problemas sumáronselles os problemas económicos: a falta de escravos, ao rematar a conquista, provocou un descenso da produción agrícola e mineira. Os ataques bárbaros cortaron as vías de comunicación: estancamento do comercio e empobrecemento da poboación.
  • 10. 4. Quen eran os pobos xermánicos? Por que se lles denominaba bárbaros? • Pobos situados ao norte dos ríos Rin e Danubio que se foron asentando no Imperio romano de Occidente a partir do século V d.C. • Denominación romana que significa estranxeiro. Poboación que está fóra do Imperio e que non fala latín.
  • 11. 5. Cando se dividiu o Imperio romano? Que zona foi Bizancio? Que cidade é hoxe Constantinopla? • 395, Teodosio divide o Imperio entre os seus dous fillos Arcadio e Honorio. • A parte oriental do Imperio. A súa capital denominábase Constantinopla actual Estambul.
  • 12. División do Imperio Romano por Teodosio. 395
  • 13. Introdución • Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a unidade cultural do Mediterráneo. • Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos xermánicos. • O Imperio romano de Oriente (bizantino) mantívose durante case mil anos máis. • O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo e o novo mundo medieval. 400 500 800
  • 14. 6. Enumera os pobos xermánicos e a súa situación • As invasións xermánicas do século V acabaron co débil Imperio romano, xa partido en dous (Occidente e Oriente) desde o 395. • A comezo do século V, os hunos, un pobo bárbaro chegado de Asia, dirixidos por Atila, invadiron e arrasaron os territorios do leste de Europa. • Fuxindo dos hunos, os pobos xermánicos irromperon en masa no Imperio romano de Occidente e acabaron conquistando e dominando o territorio. • A ruptura foi tan importante que os historiadores marcan a caída de roma (imperio de occidente) no 476 como fin da Antigüidade e inicio da Idade Media.
  • 15.
  • 16. 6. Enumera os pobos xermánicos e a súa situación • Ostrogodos: Italia e Dalmacia. • Visigodos: sur da Galia e posteriormente Hispania. • Francos: na Galia, fóronse expandindo sobre o territorio doutros reinos. • Burgundios: leste da Galia. • Alamáns: ao redor do Rin. • Anglosaxóns: Britania*. • Bretóns* (non son un pobo xermánico): oeste de Francia e norte de Gallaecia (Galiza de Maeloc). • Suevos: Gallaecia. • Vándalos e alanos: penetran en Hispania para desplazarse ao norte de África, Baleares, Córsega e Sardeña.
  • 18. Familia xermánica Os costumes dos xermánicos Elixen os seus reis pola nobreza, pero, os seus capitáns, polo valor. O poder dos reis non é absoluto nin perpetuo (...). Non contan por días, coma nós, senón por noites (...). Ningún dos pobos de Xermania habita en cidades pechadas (...). Fan unha bebida de cebada e trigo, que quere semellarse en algo ao viño. As súas comidas son simples: mazás salvaxes, Veado fresco e leite callado. Tácito: Xermania 98 d.C.
  • 19. 7. Que características presentaban estes pobos? Trazos que os diferenciaban cos romanos • Tiñan costumes e formas de vida diferentes ás dos romanos: non tiñan escritura, nin leis, nin estrutura de Estado. • Traballan a terra e crían gando. • Estaban organizados en clanes familiares. • Os seus caudillos elixían un xefe militar, que exerce o cargo de rei. Este cargo foi primeiro electivo e, co paso do tempo, hereditario. • Ao ocupar as terras do Imperio, impuxeron o seu poder militar e algúns dos seus costumes pero tamén adoptaron parte da cultura romana. • Os reis rodeáronse de conselleiros romanos, conservaron a moeda imperial, respectaron os privilexios dos grandes propietarios. O latín continuou a ser a lingua oficial e o cristianismo acabou por impoñerse.
  • 20. 8. Que tres civilizacións apareceron no territorio do antigo imperio romano? • Pobos xermánicos no occidente de Europa. • O Imperio bizantino herdeiro do antigo Imperio romano de Oriente. • A partir do século VII-VIII: expansión do islam por Arabia, Próximo Oriente, norte de África e península Ibérica.
  • 21.
  • 22.
  • 23. 8. Cal delas era a máis parecida ao Imperio? Cal tiña maiores diferenzas? • A que se parece máis foi a civilización bizantina. • A que menos a civilización islámica.
  • 24. 8. Cres que se mantivo nos pobos xermánicos algunha continuidade coa cultura romana? • Sí. • Os reis rodeáronse de conselleiros romanos, conservan a moeda imperial, respecta os privilexios dos grandes propietarios, o latín continua a ser a lingua oficial e o cristianismo acabou por impoñerse. • Os pobos xermánicos acaban fusionándose cos pobos que vivían dentro do imperio.
  • 26. 1. Os reinos xermánicos 1.1. A ruralización de occidente • A desaparición do Imperio romano impuxo un clima de inseguridade en Occidente. • A inseguridade nas comunicacións foi a causa da desaparición da actividade comercial, a poboación abandonou as cidades e buscou refuxio nas grandes explotacións agrarias. • Este empobrecemento xeral paralizou as obras públicas, a produción de cultura, e a lectura e escritura quedaron reducidas a grupos de cregos e monxes.
  • 27.
  • 28.
  • 29. 9. Por que a partir do século VII se fragmentou definitivamente a unidade cultural das terras do Mediterráneo? Cres que iso se mantivo na actualidade? • Pola irrupción dunha nova cultura, a islámica, que entrou polo norte de África procedente de Arabia a partir do século VII. • Na actualidade mantéñense as diferenzas culturais e relixiosas. • En Europa Occidental predomina a relixión cristiana (católica ou reformista), en Europa Oriental (Igrexa ortodoxa) e norte de África (musulmana).
  • 30. Pobos xermánicos na península Ibérica
  • 32. 2. O reino suevo de Galicia A súa chegada • Coa crise do Imperio romano e as invasións dos pobos xermánicos chegan ás nosas terras os suevos. • Forman un reino que durou algo menos de dous séculos, aínda que durante este tempo non mudaron as formas de vida da poboación hispanorromana. • Finalmente no ano 585, os visigodos apoderáronse do reino suevo.
  • 33. 2. O reino suevo de Galicia A súa chegada • No ano 409 suevos, vándalos e alanos entran na Península Ibérica. • 415 Os visigodos expulsan ao vándalos e alanos, e acantoaron aos suevos na Gallaecia (Galicia máis o norte de Portugal), onde o emperador Honorio lles permitiu asentarse despois de establecer un pacto con eles. • Pobo orixinario do mar Báltico, que descenderon cara á zona da actual Alemaña, cometendo todo tipo de saqueos e pillaxes.
  • 34. 2. O reino suevo de Galicia A súa chegada • Calcúlase que chegaron ata a Gallaecia uns 30.000 suevos, liderados por Hemerico. • Intaláronse preferentemente nunha zona abranguida entre Ourense, Tui, Braga e O Porto e estableceron a súa capital en Bracara Augusta (Braga, Portugal).
  • 35. Imaxe de Punta Langosteira praia e porto de Suevos (Arteixo) ao fondo
  • 36. Porto exterior da Coruña Praia de Sabón Punta Langosteira Porto e praia de Suevos
  • 37. 2. O reino suevo de Galicia evolución • Cara o ano 420, os suevos crearon un reino propio en Galicia, que mantivo a súa influencia ata finais do século VI. • Este reino viviu en constante tensión, especialmente debido ás presións dos visigodos, que lles querían poñer fin ás continuas rapinas dos suevos por boa parte do territorio peninsular. • Así o rei Teodosio II organizou unha expedición que derrotou ao monarca suevo no 456. Con todo, os visigodos non lograron facerse co control do territorio e limitáronse a vixiar as fronteiras. O reino suevo de Galicia non desapereceu pero entrou nunha fase de submisión fronte aos visigodos.
  • 38. 2. O reino suevo de Galicia evolución • Nada sabemos deles entre o 468 e 559 por falta de testemuños (período oscuro). • Nesta época prodúcese o asentamento de poboacións célticas procedentes de Britania (de onde foron expulsados polas invasións do saxóns) na zona costeira do norte de Galicia, especialmente na zona comprendida entre o río Eo e a ría de Ferrol. Integrados no reino suevo, formaron, entre o 469 e 576, a diócese de Britonia (na zona de Mondoñedo), unha diócese de tradición céltica, que parece que comprendía máis a unha comunidade humana que a un territorio concreto. • Da presenza dos bretóns hai poucos datos; entre eles o nome dun bispo desta diócese Maeloc, e varios topónimos (Bretoña...). • Para algúns historiadores, etnógrafos... é posible que as tradicións e cultos relixiosos galegos asociados á chegada de santos en barcos de pedra sexan un recordo da chegada destas comunidades célticas que, cos seus bispos ao fronte, arribarron ás costas da Gallaecia...)
  • 39. Fuxida dos Bretóns coa invasión dos Saxóns
  • 40. 2. O reino suevo de Galicia evolución • No século VI os suevos abarcaban os tres conventus clásicos da provincia da Gallaecia romana (Lucus (Lugo), Astúrica (Astorga), Bracara (Braga)). • Mantiñan unha convivencia pacífica coa poboación galaico- romana facilitada pola súa conversión ao catolicismo. • Neste momento consolidouse a cristianización das masas campesiñas grazas á actuación dun monxe: Martiño de Dumio nado na Panonia (Hungría), quen reorganizou o monacato de Gallaecia; ademais de fundar o mosteiro de Dumio (preto de Braga) e de exercer o bispado de Braga, sede metropolitana do reino suevo, dedicou especial atención á loita contra as prácticas pagáns. • O reino suevo tivo unha nova fase de apoxeo co ascenso ao trono de Miro (570-583), que emprendeu unha campaña militar contra algúns pobos asentados entre Cantabria e Navarra.
  • 41. 2. O reino suevo de Galicia evolución • A partir do 572, as relacións cos visigodos deterioráronse e rexurdiron os enfrontamentos. • No ano 585 o rei visigodo Leovixildo, co pretexto de intervir nunhas liortas da dinastía sueva (a deposición do rei Eurico polo rebelde Andeca), penetrou cos seus exércitos na Gallaecia e, tras a toma de Porto e Braga, conquistou o reino suevo. Anexionado ao reino visigodo. • Aínda así, a Gallaecia sueva debeu manter certa personalidade diferenciada, pois nalgúns casos, os reis visgodos encargaron o seu goberno aos seus herdeiros ao trono.
  • 42. 2. O reino suevo de Galicia o problema relixioso • Inicialmente os suevos profesaban o arrianismo, doutrina considerada herética que nega o carácter divino de Xesús. Esta crenza estaba moi espallada entre os pobos xermánicos, mentres que a maioría da poboación hispanorromana profesaba o catolicismo. • Para combater o arrianismo, a mediados do século VI chegou a Galicia San Martiño Dumiense, que influíu na conversión do rei suevo Teodomiro e organizou o Concilio de Braga no ano 569. • Despois da conversión ao catolicismo do reino suevo, a Igrexa foi gañando forza e prestixio social. Ao longo do século VI creándose numerosos mosteiros que haberían ter unha longuísima vida, chegando, nalgúns casos, ata a actualidade.
  • 43. Moeda sueva cuñada polo rei Requiario (448-455), co seu nome gravado nela: Requiario reges
  • 44. Necrópole sueva do s. VI atopada no subsolo da catedral de Santiago
  • 45. Capela escavada en rocha (San Pedro de Rocas) s. VI É a igrexa galega máis antiga, nela desenvolveuse a vida monacal San Martiño Dumiense. Miniatura do Códex Albeldensis. s.X
  • 46. 10. Quen eran os suevos? De onde proviñan? Describe a zona de ocupación. Por onde se espallaron? Onde quedaron definitivamente a partir do s. V? • Un pobo xermánico que proviña na zona do mar Báltico. • Espalláronse por toda a Gallaecia e desde aí realizaron saqueos e pillaxes por outras provincias da antiga Hispania. • Asentáronse definitivamente na Gallaecia principalmente na área de Braga (Portugal) nun trapecio cos vértices situados nas localidades de Tui, Ourense, Braga e Porto.
  • 47. 11. Que dúas etapas podes distinguir na evolución do reino suevo? Cando finalizou este reino? • Unha primeira etapa entre 409 e 468: ocupación destacan os reinados de Rechila e Rechiario ao final desta etapa. • 468-559: período oscuro (non temos fontes escritas sobre este período. • Etapa final 559-585. Incorporación ao reino visigodo.
  • 48. 12. De que xeito explicarías os conflitos entre os suevos e visigodos? • Ten a súa orixe na expansión territorial do reino suevo e na posterior reacción do rei visigodo Leovixildo que lle poñerá freo e incorporará o territorio suevo ao reino visigodo.
  • 49. 13. Características da economía e sociedade do reino suevo • Baseábase na agricultura e gandaría. Non había grandes diferenzas coa época hispanorromana e grandes extensións de terreo estaban en moi poucas mans. A gandaría tiña especial importancia e pódese comprobar en que incluso os mosterios da época posuían rabaños que eran a base do seu sustento e economía. • A sociedade non estaba especialmente desenvolta. Os invasores integráronse con facilidade na poboación autóctona, que estaba moi influída xa pola cultura romana.
  • 50. 14. Información sobre o mosteiro de San Pedro de Rocas • Considérase o mosteiro máis antigo de Galiza. • Ten unha arquitectura curiosa, é un mosteiro excavado na rocha. O campanario aproveita as rochas dun lado e se apoia na rocha natural do outro lado. • Os aspectos máis curiosos que se atoparon nel, foron moitas tumbas antropomórficas.
  • 51. San Pedro de Rocas s. VI
  • 52. 3. A Hispania Visigoda Santa Comba de Bande
  • 53. 3. A Hispania visigoda 3.1. O reino de Toledo • No ano 409 entraron en Hispania unha serie de pobos bárbaros: suevos, vándalos e alanos. Os visigodos, aliados de Roma, acudiron á Península dende a Galia, expulsaron a vándalos e alanos cara ao norte de África e arrecuncharon aos suevos en Galiza. • A finais do século V, os visigodos atopábanse asentados no Sur da Galia e en Hispania. Tiñan a capital en Tolouse. • Os francos, provenientes do Norte da Galia, derrotaron os visigodos (batalla de Vouillé, 507) e expulsáronos. • Daquela, os visigodos espalláronse por Hispania e organizaron un reino con capital en Toledo, que se mantivo máis de douscentos anos.
  • 55. 15. Cando chegaron os visigodos á Península? De onde proviñan? En que territorios se asentaran? • Os visigodos chegaron á Península Ibérica no ano 409. Proviñan dos territorios occidentais dos godos, establecéndose finalmente no sur da Galia. Alí fundaron o reino de Tolouse. Foron expulsados da Galia polos francos, tras a súa derrota na batalla de Vouillé (507). • Definitivamente aséntanse na Península Ibérica.
  • 56. 3. A Hispania visigoda 3.1. O reino de Toledo • Entre o 569 e 623, os reis visigodos Leovixildo, Sisebuto e Suintila realizaron diversas campañas militares que lles deron o dominio da case totalidade das terras peninsulares. Estas campañas estiveron contra cidades e zonas hispanorromanas independentes da Bética (Córduba, Orospeda) e do Douro (Sarabia), contra tribos indíxenas do norte (especialmente vascóns), contra suevos e bizantinos. • As campañas remataron coa anaexión de todos eses territorios, coa excepción dunha pequena parte na zona norte habitada polos vascóns. • Paralelamente produciuse a fusión entre godos e hispanorromanos grazas á autorización de contraer matrimonios mixtos e á conversión ao catolicismo con Recaredo no 589.
  • 57. Hispania en época visigoda
  • 58.
  • 59. 3. A Hispania visigoda 3.1. O reino de Toledo • Os visigodos eran pouco numerosos (150.000) sobre unha poboación de seis millóns, dominaron aos hispanos e repartiron entre eles gran parte das súas terras. • Xunto aos grandes propietarios hispanorromanos, constituíron o grupo social aristocrático e privilexiado. • A monarquía conseguiu establecer un reino fundamentada nos seguintes aspectos: • Monarquía forte en principio electiva pero que se transformou en hereditaria. O monarca apoiábase nas institucións de goberno, como a Aula Rexia (órgano asesor formado por nobre e clérigos) e os Concilios de Toledo (asembleas de carácter relixioso e civil). • Control de todo o territorio peninsular (ver máis adiante) • Unificación xurídico e relixiosa: (ver máis adiante)
  • 60. 3. A Hispania visigoda 3.2. A monarquía visigoda • A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio peninsular: expulsou os suevos (585), conquistoulles territorios aos bizantinos (572-628) e detivo os francos no norte. • Os visigodos, a través do establecemento dunha monarquía forte, Pasou dun modelo electivo a hereditario. • Conseguiron a unificación relixiosa e xurídica entre hispanorromanos e visigodos. Leovixildo promoveu a igualdade dos dous pobos establecendo a posibilidade de matrimonios mixtos. Recaredo converteuse ao catolicismo, separándose da doutrina arrianista. Recesvinto promoveu unha única lexislación (Liber Iudicorum ou Foro Xulgo)
  • 61. 16. Que características tiña a monarquía visigoda? Como se asentou o seu poder? Que factores propiciaron a unión xurídica e relixiosa da poboación goda e hispanorromana? • Os visigodos constituíron unha monarquía forte, ao principio electiva pero que transformaron a miúdo en hereditaria. O monarca gobernaba apoiándose nunha serie de institucións como a Aula Rexia (órgano asesor formado por nobres e clérigos) e os Concilios de Toledo (asembleas de carácter relixioso e civil). • A unión xurídica e relixiosa da poboación goda e hispanorromana foi propiciada polo derrogación polo rei Leovixildo da lei que prohibía os matrimonios mixtos. Tamén pola conversión de Recaredo ao catolicismo. Recesvinto estableceu a unificación xurídca en todo o reino coa promulgación do Liber Iudiciorum (654).
  • 62. 3. A Hispania visigoda 3.2. A monarquía visigoda • A comezos do século VIII, as disputas nobiliarias facilitaron que o exército musulmán, procedente do norte de África invadise a Península Ibérica (711) e derrotase ao derradeiro monarca visigodo (don Rodrigo)
  • 63. Isidoro, bispo de Sevilla, foi un dos Clérigos máis influintes da Hispania Visigoda. Estatua na Biblioteca Nacional (Madrid) Recesvinto(653-672) foi un dos últimos monarcas visigodos. Coroa votiva (tesouro de Guarrazar)
  • 64. Códice emiliense, século X. Representa a cidade de Toledo coas súas muralla e ameas e algunhas das súas igrexas. Cruz do tesouro de Torredonjimeno (Xaén) s. VII
  • 65. 3. A Hispania visigoda 3.3. A sociedade visigoda • Aínda que os visigodos eran numericamente poucos, dominaron aos hispanos e repartíronse as dúas terceiras partes das terras peninsulares. • A economía era basicamente agrícola e de subsistencia. • Nas cidades, as actividades artesanais e o comercio diminuíron considerablemente.
  • 66. 3. A Hispania visigoda 3.4. cultura e arte visigodas • A cultura e a arte visigoda estiveron moi marcadas pola influencia romana e cristiá: o latín foi a lingua culta e a produción literaria centrouse nas sés episcopais e nos mosteiros cristiáns. • Dende o punto de vista artístico, salientan as pequenas igrexas construídas maioritariamente no século VII d.C.: San Xoán de Baños, San Pedro de la Nave, Santa Comba de Bande, Quintanilla de las Viñas.
  • 67. San Juan de Baños (Palencia) (s.VII) Arco de ferradura Campanario Nave principal Nave lateral Escasas ventás Grosos muros de pedra de canteria irregular
  • 68. San Juan de Baños (Palencia) (s.VII) Interior
  • 69. San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII) Grosos muros Escasas fiestras
  • 70. San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII) Arco de ferradura sostido sobre columnas Chapitel historiado Columnas pegadas ao muro
  • 71. Quintanilla de las Viñas (Burgos) (s.VII)
  • 72. Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)
  • 73. 17. Que importancia tivo a Igrexa na cultura visigoda? Que foron os Concilios de Toledo? • Na cultura visigoda a Igrexa era importante porque os clérigos cristiáns eran os que conservaban a cultura romana e sabía ler e escribir. Dous exemplos son San Leandro e San Isidoro de Sevilla. • Os Concilios de Toledo era asembleas de bispos convocada polo rei na capital visigoda, nos que se decidían non só cuestións relixiosas, senón tamén asuntos civís relacionados co goberno do reino.
  • 74. 18. Que características ten a ourivaría visigoda? • Caracterízase porque os artesáns traballaban metais nobres (ouro e prata) pero tamén bronce e ferro. • Ademais utilizaban varias técnicas: fundición retocada e gravada, dourado ao lume, soldadura e incrustacións de xemas (granate, cristal de rocha, ágata...) e de perlas irregulares.
  • 75. 19. Características da arquitectura visigoda • Predomina a arquitectura relixiosa en áreas rurais. • Utilizan o arco de ferradura. • Son construcións de pequeno tamaño. • Muros moi grosos nos que a penas hai vanos.
  • 76.
  • 77. 20. Describe os edificios da aldea visigoda e as actividades que realizan os seus habitantes • Edificios e actividades que amosa a ilustración corresponden a unha sociedade rural. • A aldea é pequena e non conta con ningún espazo dedicado ao comercio. • A poboación vivía nun clima de inseguridade, polo que protexían a a aldea cun valado. • As actividades económicas eran: cultivo nun pequeno horto, cría de diferentes animais en cortes e currais, caza dalgúns animais, o artesán elabora algúns produtos, ferreiro forxa metais, carpinteiro traballa a madeira, elaboración de pan no forno. • Trátase dunha economía de subsistencia baseada no autoabastecemento, xa que producen o que consomen.
  • 78. 2. O IMPERIO BIZANTINO (476-1453) Santa Sofía de Constantinopla
  • 79. 4. O Imperio bizantino (476-1453) 4.1. A época de Xustiniano • Cando o Imperio romano de Occidente deixou de existir (476), a herdanza romana perviviu en Oriente co Imperio bizantino. • No século VI, o emperador Xustiniano propúxose restaurar o vello Imperio romano. • Iniciou unha serie de campañas militares que chegaron ata o Sur de Hispania; fixo unha recompilación de leis romanas (Código de Xustiniano) e embeleceu Constantinopla (basílica de Santa Sofía) (537 d.C.). • O reino bizantino gozou dunha etapa de prosperidade económica, grazas a unha florecente agricultura e á vitalidade do comercio.
  • 80. Reconstrución da cidade de Constantinopla
  • 81. Reconstrución da cidade de Constantinopla
  • 82. No ano 330, o emperador Constantino fundou unha nova cidade, Constantinopla, na localización da cidade grega de Bizancio, situada no estreito do Bósforo. Rodeuouse de murallas e edificáronse igrexas e palacios. Con máis de medio millón de habitantes, converteuse no principal porto comercial do Mediterráneo.
  • 83.
  • 84. Santa Sofía de Constantinopla (s.VI) http://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_de_Santa_Sofía http://www.youtube.com/watch?v=bnFsQfbqxX8
  • 85.
  • 86. Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)
  • 87. Santa Sofía de Constantinopla (s.VI)
  • 88. Santa Sofía de Constantinopla (s.VI) Plano e sección http://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_de_Santa_Sofía http://www.youtube.com/watch?v=bnFsQfbqxX8
  • 89. Xustiniano e a súa corte Xustiniano Bispo Maximiano Altos dignatarios Guerreiros
  • 91. San Vital de Rávena s.VI http://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_San_Vital_de_Rávena http://www.youtube.com/watch?v=5jbLFIviBdM http://www.youtube.com/watch?v=DEV-cqDkzsM
  • 92. 4. O Imperio bizantino (476-1453) 4.2. Un imperio cristián e oriental • Entre os séculos VII e IX, Bizancio perdeu boa parte das conquistas de Xustiniano e repregouse sobre a súa zona oriental, onde o grego se mantivo como lingua oficial. • Tras séculos de tensións relixiosas, a situación desembocou na separación da Igrexa romana e a bizantina ortodoxa (Cisma de Oriente, no ano 1054). • A partir do século XI, o Imperio comezou a descompoñerse como resultado dos constantes ataques dos exércitos turcos. • A capital, Constantinopla, caeu no ano 1453 e o Imperio bizantino desapareceu.
  • 93. 21. Cal foi a orixe do Imperio bizantino? Que terras ocupaba? Que territorios gañou Xustiniano para Bizancio? Por que é a época de maior esplendor? Que outras etapas houbo na historia de Bizancio? Que significa que o Imperio se helenizou? a) Ten a súa orixe na pervivencia da metade oriental do Imperio Romano depois da desaparición no 476 do Imperio de Occidente. b) Antes de Xustiniano, comprendía a Península Balcánica, Asia Menor, o litoral oriental do Mediterráneo e o norte de Exipto. Posteriormente Xustiniano conquistou a costa Dálmata, a Península Itálica, parte do norte de África e sur da Península Ibérica. c) A época de Xustiniano é coñecida como a Idade de ouro pola gran prosperidade económica que gozou grazas sobre todo a unha florecente agricultura e á vitalidade do comercio no Mediterráneo. d) Tras a morte de Xustiniano, entre o século VI e VIII Bizancio perdeu gran parte dos seus territorios. A partir do XI entra nunha época de decadencia e debilitamento dos repetidos ataques turcos, ata a súa desaparición en 1453. e) A helenización produciuse a partir do seu repregamento sobre a zona oriental (VII-VIII) a conversión do grego en lingua oficial e o control do emperador sobre a igrexa cristiá de Oriente (ortodoxa).
  • 94. 22. Que relixión practicaban os bizantinos? Que diferenzas presenta con respecto ao catolicismo? • Practican a relixión cristiá de rito oriental (ortodoxa). • Diferenzas principais: • Cerimonias relixiosas son distintas. • Os sacerdotes ortodoxos poden casar. • O Papa non tiña poder sobre a igrexa bizantina, senón que era o emperador quen convocaba os concilios e designaba o patriarca de Constantinopla.
  • 95. 23. Exemplos de monumentos e obras de arte bizantina • Santa Sofía de Constantinopla. • San Vital de Rávena. • Mosaicos de Xustiniano e da emperatriz Teodora.
  • 96. 5. Carlomagno 5.1.. Carlomagno, rei dos francos • O Imperio creado por Carlomagno foi o último intento de reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de Occidente. • A comezos do século VIII un nobre franco, Carlos Martel, dirixiu o exército contra os musulmáns que avanzaban por Francia, e derrotounos en Poitiers (732). • O seu fillo, Pipino o Breve, converteuse en rei dos francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia. • O fillo e sucesor de Pipino o Breve, Carlomagno, pasou de ser rei dos francos a ser reconstrutor do Imperio romano de Occidente.
  • 98. 5. Carlomagno 5.2. Carlomagno emperador • Carlomagno conquistou gran parte das terras da Europa Occidental, freou o avance do Islam e estableceu unhas fronteiras máis seguras en todo este vasto territorio. • O emperador converteu todos os pobos baixo o seu dominio ao cristianismo e reforzou a unión entre o poder político (o Emperador) e o relixioso (o Papa). • No ano 800, Carlomagno foi coroado emperador dos romanos polo papa León III, recoñecendo nel ao novo emperador das terras de Occidente. • Baixo o seu goberno garantiuse a paz e a cultura renaceu, co establecemento de escolas e a volta á ensinanza do latín.
  • 99. 24. Quen eran os francos? Que territorios ocupaban? Que fundou a dinastía carolinxia? De quen era fillo? a) Pobo de orixe xermánica que se asentou principalmente no oeste da actual Alemaña e na metade setentrional da actual Francia. b) Ocuparon posteriormente o resto das actuais Alemaña e Francia así como os actuais territorios do norte de Italia, norte de España, Suíza, Bélxica, Holanda e Austria. c) A dinastía carolinxia foi fundada por Pipino o Breve, fillo de Carlos Martel e pai de Carlomagno.
  • 100.
  • 101. 25. Quen era Carlomagno? Que territorios conquistou? Cando foi coroado emperador? Por quen? Por que cres que se lle corou en Roma? a) Carlomagno, fillo de Pipino o Breve. b) Conquistou gran parte das terras de Europa occidental: Lombardía, Carintia, ducado de Espoleto, a Marca Hispánica, Bretaña, Frisia, Saxonia. Freou o avance do Islam establecendo fronteiras seguras en todo o territorio. c) Foi coroado emperador de Occidente no ano 800, en Roma, polo Papa León III. d) O Papa é a máxima autoridade relixiosa do occidente europeo, polo que lexitimou asía a súa supremacía política.
  • 103. Palacio de Aquisgrán Capela palatina de Aquisgrán
  • 104. 26. Que decisións sobre a cultura tomou Carlomagno? Por que cres que se coñece esta época como a do “renacemento” carolinxio? • O emperador Carlomagno impulsou unha renovación cultural que coñecemos como ”Renacemento carolinxio”: • Creáronse escolas. • Volveuse ensinar en latín. • Os monxes copiaron en pergamiño os textos dos autores grecolatinos, difundindo a cultura clásica.
  • 105. 27. Obra de arte máis significativa. Descripción • O palacio de Aquisgrán. • Nun extremo estaba a Sala de Audiencias e a Sala do Tesouro, onde o emperador concedía as audiencias. • No outro extremo, encontrábase a zona relixiosa, coa Capela Palatina e a Capela dos Clérigos. • No centro, os edificios onde se aloxaba o emperador e a súa familia. • Separado por xardíns, achábase o edificio coas Termas do palacio, con auga quente termal.
  • 106. 28. Como gobernaba Carlomagno as súas terras? Que era un condado? E unha marca? • Baseábase na entrega de terras a nobres para que as administraran no seu nome e se beneficiaran delas. Dividiu o territorio do Imperio nuns 250 condados, que eran as circunscricións administrativas á fronte das cales había un conde que era un nobre da súa confianza. • Para defender as zonas de fronteira creou as marcas, dirixidas por un xefe militar, o marqués. Este exercía a súa autoridade sobre os condados que había na súa marca. • Tamén estableceu un corpo de comisarios reais, os missi dominici, para facer cumprir as leis e controlar condes e marqueses. • Todos estes cargos non eran vitalicios nin hereditarios, senón que dependían da confianza do emperador. • Cada ano Carlomagno reunía os condes, marqueses e clérigos na corte para tratar os asuntos do goberno.
  • 107.
  • 109. 29. Cales eran as funcións de condes e marqueses? E as funcións dos missi dominici? Que eran as capitulares? • Conde: nobre de confianza do emperador, gran propietario, guerreiro destacado ou amigo persoal, situado por este á fronte dun condado, que se encargaba de administrar xustiza, recadar impostos, recrutar o exército e protexer a poboación. • Marqués: estendía a súa autoridade sobre diversos condados, que formaban unha marca de fronteira. Estaba encargado da súa defensa. • Missi dominici: era un corpo de comisarios reais, encargados de facer cumprir as leis e inspeccionar e controlar as actividades levadas a cabo polos condes e marqueses. • Capitulares: conxunto de leis aprobadas que se escribían e se conservaban.
  • 110. 5. Carlomagno 5.3. Cara á Europa feudal • Á morte de Carlomagno, a coroa pasou a seu fillo Luís o Piadoso (814-840) que, ao morrer, repartiu os territorios entre os seus tres fillos: Lotario, Luís e Carlos. • Lotario, por ser o primoxénito, recibiu tamén o título de emperador e intentou impoñer a súa autoridade. Pero os seus irmáns Luís e Carlos, rebeláronse, vencérono e obrigáronlle a asinar o Tratado de Verdún (843). A partir daquela cada territorio formou reinos independentes. • Ademais no século IX houbo grandes ondadas de invasións que asolaron Europa occidental (musulmáns, viquingos...) provocando o terror e a inseguridade da poboación. • Os reis eran incapaces de defender á poboación. Só era protexida polos nobres. Fragméntanse os reinos e nace o feudalismo.
  • 111. A debilidade dos sucesores fixo que o imperio fragmentárase
  • 112. 30. Cando e como rematou o imperio carolinxio? Como se fragmentou? • Pola división por parte de Luís o Piadoso (fillo de Carlomagno) do imperio entre os seus fillos. • Lotario quedou co reino Franco Central. • Luís o Xermánico co reino Franco Oriental. • Carlos Calvo co reino Franco Occidental. • A inestabilidade territorial polas invasións viquingas e musulmás fai que se debilite o poder real e creza o poder dos condes. • Aparece o feudalismo.