Se ha denunciado esta presentación.
UNIDADE 4. ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX:
A CONSTRUCIÓN DÚN RÉXIME LIBERAL
Promulgación da Constitución de 1812.
Salvador...
Introdución
• Durante o século XIX, España viviu un proceso de construción
dun réxime político liberal. Intentouse durante...
Liberalismo: definición
• Corrente de pensamento que defende un
novo concepto do poder e da sociedade
baseado na liberdade...
Liberalismo: principios políticos e
institucións
• Dereitos e liberdades individuais e inalienables.
• Igualdade ante a le...
Liberalismo: principios económicos
• Respecto á propiedade privada. Valor absoluto e a
base de toda sociedade.
• Liberdade...
A revolución liberal en Europa e América
• Recibe o nome de revolución liberal o conxunto de
actuacións que en América e E...
A revolución liberal en España
• Non hai unanimidade entre os historiadores para
valorar o proceso da revolución liberal e...
A revolución liberal en España
• Discontinua e dilatada no tempo:
• 1808-1837 Conquista do poder polos liberais.
• 1837-18...
A crise do Antigo Réxime
da Guerra da Independencia ao reinado de Fernando VII (1808-1833)
• GUERRA DA
INDEPENDENCIA
(1808...
1. A crise do Antigo Réxime
Guerra da independencia (1808-1814)
1.1. A crise da monarquía borbónica
1.2. A Guerra da Indep...
Goya. 1800. A familia de Carlos IV
Carlos IV
Mª Luísa de Parma
Don Antonio Pascual,
irmán de Carlos IV
Don Luís,
príncipe ...
1.1. A crise da monarquía borbónica
• A reacción da monarquía de Carlos IV fronte á Revolución francesa foi
declararlle a ...
Motín de Aranjuez
Godoy asinou un tratado con Napoleón, permitindo
a entrada de tropas francesas en España coa
finalidade ...
Abdicacións de Baiona
1.1. A crise da monarquía borbónica
• Pai (Carlos IV) e fillo (Fernando
VII) recorreron a Napoleón
p...
Castelo de
Valençay
“presidio “ da
familia real
durante a
Guerra da
Independencia
(1808-1814)
3 de mayo; Goya, 1815
1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
• O 2 de maio de 1808
iniciouse o
levantamento en
Madrid ...
1.2. Etapas da guerra (1808-1814) (páx. 164)
• 1ª fase (maio-novembro 1808)
• 2ª fase (novembro 1808-xaneiro 1812)
• 3ª fa...
1.2. Primeira fase (maio-novembro 1808)
(páx. 164)
• Caracterizada por:
• Intento de ocupación francesa e
levantamento pop...
2 de maio
A defensa do Parque
de Monleón.
Joaquín Sorolla
Monumento a Daoíz e Velarde
Praza do 2 de Maio. Madrid
Malasaña e a súa filla.
Eugenio Álvarez Dumont
Ler o primeiro capítulo
Ver vídeo
Patriotas no momento de serén
fusilados
Rostro tapado
non quere ver o inevitable
Talante melancólico
Protesta,
vingánza
Co...
A rendición de Bailén
Casado del Alisal. 1864
A rendición de Breda
Velázquez
Rúa Bailén
A Coruña
1.2. Segunda fase (novembro 1808-xaneiro 1812)
(páx.164)
• Caracterizada por:
• Claro dominio francés.
• Grande exército (...
Sitio de Zaragoza
1.2. Segunda fase (novembro 1808-xaneiro 1812)
(páx.164)
• En Galicia a ocupación foi moi rápida (xaneiro 1809)
efectuadas...
A morte de John Moore
• En Galicia as principais batallas
desenvólvense entre xaneiro e
xuño de 1809, cando os franceses
s...
Batalla de Elviña
Xaneiro 1809
Marzo de 1809
Ponte Sampaio
Xuño 1809
Batalla de Ponte
Sampaio
A guerra de independencia
en...
Batalla de Elviña
16-I-1809
Maqueta da batalla de Elviña
Museo do Exército
Recreación da batalla de Elviña
Retrato e tumba de sir John Moore
Monumentos aos heroes
da Reconquista
Recreación da batalla da
Reconquista. Vigo
Ponte Sampaio
Ver vídeo
Guerra da independencia
en Galicia
Batalla de Ponte
Sampaio
1.2. A guerrilla como forma de loita
Juan Martín
El Empecinado
Espoz y Mina
1.2. Terceira fase (xaneiro 1812-abril 1814)
(páx.164)
• Caracterizada por:
• Repregamento francés e ofensiva hispanoingle...
Sátira contra Napoleón
• Os ‘patriotas’ españois
rebeláronse para defender a
integridade territorial, porque
consideraban ...
1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
• Creáronse Xuntas para dirixir a resistencia, coordinadas por
unha Xunta Supre...
Desastres da guerra; Goya, 1810-15
Con razón o sin ella No quieren
Y esto también Populacho
 Describe o que se representa...
1.3. As Cortes de Cádiz
(páx. 165-169)
• As abdicacións de Baiona deixaron un baleiro de poder, xa que o
rei Xosé I non go...
Monumento ás Cortes, en Cádiz
• O proceso de elección dos
deputados das Cortes de Cádiz
foi moi irregular debido á
guerra....
• A Constitución de Cádiz (a Pepa),
malia as concesións feitas aos
servís, significou unha verdadeira
revolución que, de a...
• A división entre liberais e
absolutistas quedou plasmada
na representación dos
deputados galegos en Cádiz
(dun total de ...
Xuramento dos deputados en Cádiz, 1810; Casado del Alisal,
1863
Aprobación da Constitución de 1812; Viniegra, 1911-12
 En...
2. Fernando VII: 1814-1833
O enfrontamento entre absolutismo e liberalismo
2.1. A restauración do absolutismo (1814-1820)
...
• Completamente feo e por todas as
partes. Carirredondo, meixelas
deformes, nariz groso e torcido,
boca afundida, queixo s...
Manifesto dos persas, 1814
• En 1814 Fernando VII (o
desexado) regresou a
España, e aboliu a
Constitución, volvéndose
ao a...
Xeneral Elío
• O manifesto dos
Persas.
• E o
pronunciamento
do Xeneral Elío
(abril de1814)
supón o
restablecemento
do abso...
Juan Díaz Porlier “El Marquesito”
• Os partidarios do liberalismo
foron perseguidos e moitos
tiveron que exiliarse.
• Orga...
PRINCIPAIS PRONUNCIAMENTOS E CONSPIRACIÓNS MILITARES 1814-1819
ANO DIRIXENTES LUGAR ACCIÓN RESULTADO
1814
1814
1815
1816
1...
PRONUNCIAMENTO: forma de rebelión
militar, peculiar de España e do mundo
Iberoamericano característico do século XIX.
A di...
Rúa Sinforiano López
Santa Lucía
Juan Díaz Porlier
Juan Díaz Porlier
Aforcamento na Praza da Forca, logo chamada Praza da Leña
E actual Praza de España
Campo da Leña
Praza de España
Juan Díaz Porlier
Rúa Juan Díaz Porlier
Mato Grande
Durante a 2ª República (1931-1936) o Cantón Grande
Levou o nome de Cantón de Porlier e o...
Praza de Mina
Espoz y Mina
Esposo de Xoana de Vega
Rúa Xoana de Vega
Xoana de Vega
Rúa Félix Acevedo
Birloque-Someso
Durante moitos anos do século XIX a Rúa Real levou
este nome.
Rúa Agar
O almirante Pedro Agar presidirá na Coruña a Xunta Superior de Goberno
Tras o pronunciamento de Félix Acevedo. Po...
Praza das Conchiñas (Agra do Orzán)
Supresión do Monumento aos liberais do XIX
Praza das Conchiñas (Agra do Orzán)
Supresión do Monumento aos liberais do XIX
O enfermo pola Constitución
• En 1820 o pronunciamento
de Riego, coas tropas que ían
combater aos independentistas
america...
• O levantamento de 1820 asombrou a
Europa e foi imitado en varios
puntos. Ondas revolucionarias de
1820: Portugal (1820-1...
Trágala
De los pellejos de los serviles
hemos de hacernos portafusiles
y al que le pese que roa el hueso
y un corderito pa...
HIMNO DE RIEGO
Serenos y alegres
valientes y osados
cantemos soldados
el himno a la lid.
De nuestros acentos
el orbe se ad...
Versión da revolución de setembro de 1868
De nuevo España resurge
Es tan alto y tan grande su honor
que en el hombre es un...
O enfermo pola Constitución
• Pero as diferenzas
entre os liberais
sobre temas como:
reforma da
Constitución, poder
do rei...
Execución de Riego
2.1. Fernando VII (1820-1823)
O Trienio Liberal
Execución de Riego
• Este proceso reformista non lle
ag...
• A volta ao absolutismo implicou a destrución da obra lexislativa do
Trienio. Pero os gobernos de Fernando VII non lles s...
Fusilamiento de Torrijos; Gisbert, 1888
2.1. Fernando VII (1823-1833)
A Década Absolutista (Ominosa)
• O estado de terror ...
1823 Duque de Angulema
Cen Mil Fillos de S.Luis
España Golpe de
estado
Éxito
1824-1833 OPOSICIÓN LIBERAL
ANO DIRIXENTES LU...
Execución de Mariana Pineda
Mariana Pineda en capilla.
Juan Antonio Vera Calvo, 1862
Fernando VII (1823-1833)
A Década Abs...
Rúa Mariana Pineda (A Coruña)
Farola: modelo fernandina
• O irmán menor
de Fernando
VII, Carlos IV,
reclamará o
trono de España
fronte a súa
sobriña, a futura
Isabel II.
Inícians...
Disputa dinástica.
Litografía humorística nun
xornal francés (1833)
Isabel II
Rexenta Mª Cristina
Inglaterra
Francia
Armas...
Independencia das colonias
americanas (1808-1824)
1. As causas da independencia
2. A fin do Imperio americano
3. Os proble...
1. As causas da independencia
(páx. 174)
• A comezos do século XIX, o malestar nas colonias desde había décadas
estoupou e...
Antecedentes:
Formación de xuntas e intento de independencia (1808-1814)
(páx. 174)
• Igual que na Península formáronse xu...
Guerra da independencia (1814-1824)
• O restablecemento do absolutismo por parte de Fernando
VII e a persecución dos liber...
• No Norte, Bolívar derrotou aos españois batalla de Boyacá (1819)
(Venezuela), Carabobo (1821) Colombia, Pichincha (1822)...
Os problemas das novas repúblicas
• As novas repúblicas americanas naceron con graves
problemas, xa que os intereses dos c...
Consecuencias para España
• Políticas: perdeu o seu papel de potencia
internacional para ser un pequeño Estado con pouca
r...
Independencia da América Hispana
Chacabuco, 1817
Independencia de Perú
Simón Bolivar
Rúa Simón Bolivar
Monumento a Simón Bolívar
Palavea-Eirís
2. A construción do Estado Liberal
• Entre 1833 e 1868 diferenzas e disputas entre os
distintos grupos liberais sobre os p...
Liberalismo doutrinario (páx. 176)
• O triunfo da revolución en Europa e España fronte o Antigo
Réxime convertiu ao libera...
Liberalismo doutrinario (páx. 176)
• Monarquía constitucional como forma de
Estado.
• Soberanía compartida.
• Restrición d...
Liberalismo doutrinario (páx. 177)
División entre moderados e progresistas
• Moderados ou conservadores asumen plenamente ...
2. A construción do Estado Liberal
O período das rexencias (1833-1843)
2.1. Réxime de Estauto Real e triunfo liberal 1833-...
Isabel só tiña tres anos cando accedeu ao
trono, polo que foi nomeada rexente a súa nai
María Cristina. Esta apoiouse nos ...
Isto que vemos aquí é o convento de Santa María de Conxo
Ata 1986 foi Hospital Psiquiátrico Provincial da Coruña
Que terá ...
Martínez de la Rosa
elabora o Estatuto Real
que non é máis
que unha Carta Outorgada
Mendizábal
Foi responsable
Da 1ª desamortización
eclesiástica
En 1834 aprobouse o Estatuto Real, unha
Carta Outorgada que non recoñecía a
soberanía nacional.
Un pronunciamento de carác...
En 1836, o ministro progresista
Mendizábal aprobou a
Desamortización dos bens do clero
cos obxectivos de conseguir
financi...
5.1. A guerra carlista (1833-1840)
• Á morte de Fernando VII, desencadeouse unha guerra civil por
mor dos partidarios de C...
5.1. A guerra carlista (1833-1840)
A guerra civil entre
carlistas (absolutistas)
e isabelinos (liberais)
tivo como escenar...
Oriamendi
Rúa Luchana (A Coruña)
Conmemora a vitoria das tropas isabelinas
Fronte os carlistas dirixidos por Zumalacárregui
Os carlistas defendían o
modelo absolutista do Antigo
Réxime: Deus, rei e fueros.
Tiveron o apoio do clero, dos
campesiños...
Os éxitos militares dos exércitos
liberais dirixidos por Espartero e
a división do bando carlista
levaron ao final da guer...
5.2. As reformas progresistas
• Os liberais atopábanse divididos en dúas faccións: os
moderados e os progresistas.
• En me...
Constitución de 1837
caracterizada de progresista. Aínda así e froito dun
consenso
• Conservador
1. Soberanía compartida.
...
Esquema páx.
186 do libro
Rexencias
Mª Cristina
Reinado de Isabel II
En 1840, despois dun período
de gobernos moderados
apoiados pola rexente, un
pronunciamento da Milicia
Nacional, de caráct...
Plano de Barcelona 1806
Castelo de Montjuic
Castelo da Ciudadela
6. A etapa isabelina: o liberalismo
moderado (1843-1868)
6.1. A Década Moderada (1843-1854)
6.2. Do Bienio Progresista (18...
6. A etapa isabelina: o liberalismo
moderado (1843-1868)
Sabela II, popular e castiza herdara do seu
pai algúns dos seus m...
Un pronunciamento militar
moderado derrubou a Espartero
en 1843. Os moderados, baixo o
liderado de Narvaez e apoiados
semp...
Os moderados aprobaron unha serie
de leis centralistas e conservadoras.
En 1844 fundouse a Guardia Civil
para ‘protexer as...
En 1845 aprobouse unha reforma
tributaria que unificaba as
contribucións facendo caer a carga
fiscal nos impostos indirect...
PRINCIPAIS LEVANTAMENTOS OU PRONUNCIAMENTOS
DÉCADA MODERADA (1844-1854)
ANO DIRIXENTES LUGAR SIGNO RESULTADO
1844
1844
184...
Os progresistas, ante a imposibilidade
legal de acceder ao poder recorreron
aos pronunciamentos.
En 1846 o capitán Solís p...
Monumento aos
Mártires de Carral
Os progresistas e os moderados
descontentos (Unión Liberal de
O’Donnell) pronunciáronse en 1854
(a Vicalvarada), (manifest...
O malestar social en aumento foi a
escusa de O’Donnell para pedirlle á
raíña o cese de Espartero. O exército
venceu á Mili...
ACCIÓNS MILITARES DA UNIÓN LIBERAL
COCHINCHINA
1857-1862
Aliados cos franceses. Obxectivo: localizar un
porto que conecte ...
Méndez Núñez
Máis vale honra sen
barcos que barcos sen
honra...
Viva España con honra!
Coa demisión de O’Donnell abriuse un
período de fonda crise no sistema político
Bienio ultramoderado:. os gobernos foron
c...
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
7.1. A Revolución de 1868
7.2. A monarquía democrática (1870-1873)
7.3. A Primeira Re...
GOBERNO PROVISIONAL AMADEO I SABOYA PRIMEIRA REPÚBLICA SERRANO
Revolución
De 1868
Topete
Figueras
Serrano
Prim
Pi i Margal...
• A partir de 1866 produciuse unha grave crise económica que,
unida ao desgaste político do réxime isabelino, desencadeou
...
O movemento revolucionario estalou
en setembro de 1868 polo brigadier
Topete en Cádiz, seguindo o
esquema clásico dos
pron...
A Constitución de 1869 foi a
máis democrática de Europa
nese momento: recóñeceuse o
sufraxio universal masculino
e unha am...
Goberno provisional
Na Constitución establéceuse que ‘a
nación española é unha monarquía’
(art. 33). A busqueda dun rei dividiu
aos partidos, ...
• Amadeo contou sempre coa
oposición dos moderados, dos
carlistas e da Igrexa, que se
mantiveron fieis aos Borbón.
Moitos ...
• Ante a abdicación do rei, as Cortes españolas votaron a
proclamación da República (1873).
• A República naceu con escasa...
O 11 de febreiro de 1873, ante a
falta de alternativas, as Cortes
proclamaron a República. O novo
réxime durou moi pouco e...
Os federais radicais, partidarios
dunha confederación, no verán de
1873, iniciaron o levantamento
cantonalista. O primeiro...
O 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía,
reclamado pola burguesía conservadora,
deu un golpe de Estado. Entrou nas
Cortes e...
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal

666 visualizaciones

Publicado el

A construción do estado liberal en España.

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal

  1. 1. UNIDADE 4. ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX: A CONSTRUCIÓN DÚN RÉXIME LIBERAL Promulgación da Constitución de 1812. Salvador Viniegra, 1912
  2. 2. Introdución • Durante o século XIX, España viviu un proceso de construción dun réxime político liberal. Intentouse durante a Guerra da Independencia (1808-1814) pero será ao morrer Fernando VII (1814-1833) cando se culmine a instauración do liberalismo en España. • Os monarcas viron limitados os seus poderes pola Constitución e o Parlamento. • Así e todo, o réxime liberal español caracterizouse pola constante intervención do exército na vida política, por unha participación moi restrinxida e pola limitación de liberdades. • Os intentos de democratización durante o Bienio Progresista (1854-1856) e, sobre todo, o Sexenio Democrático (1868-1874) fracasaron.
  3. 3. Liberalismo: definición • Corrente de pensamento que defende un novo concepto do poder e da sociedade baseado na liberdade (de aí o seu nome), igualdade xurídica, limitación da autoridade e partipación política dos cidadáns fronte ao absolutismo e aos privilexios do Antigo Réxime. • As súas ideas están baseadas no pensamento da Ilustración onde destacan ideólogos como Rousseau e Montesquieu.
  4. 4. Liberalismo: principios políticos e institucións • Dereitos e liberdades individuais e inalienables. • Igualdade ante a lei. • Limitación do poder político. • Soberanía na nación. • División tripartita do poder. • Participación cidadán no sistema político. • Constitución lei suprema e fundamental. • Leis escritas e organizadas en códigos. • Institucións representativas.
  5. 5. Liberalismo: principios económicos • Respecto á propiedade privada. Valor absoluto e a base de toda sociedade. • Liberdade económica e de empresa. Libre iniciativa individual sen intervención do Estado. • Liberdade de mercado. Libre xogo da lei de oferta e a demanda (produción, prezos e salarios...) • O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses da burguesía convertida no século XIX, no grupo hexemónico da sociedade.
  6. 6. A revolución liberal en Europa e América • Recibe o nome de revolución liberal o conxunto de actuacións que en América e Europa desenvolvéronse a partir de 1776, coa finalidade de derrubar as vellas estruturas sociais e políticas do antigo réxime. • Son exemplos: • A independencia dos EE UU. • A revolución francesa en 1789. • As ondas revolucionarias que se van producindo nos estados de Europa Occidental durante 1820, 1830 e 1848. • Os procesos de independencia de América Latina na maioría dos seus novos estados.
  7. 7. A revolución liberal en España • Non hai unanimidade entre os historiadores para valorar o proceso da revolución liberal en España. Aínda así esta pode caracterizarse como: • Revolución fundamentalmente política (onde o plano social a penas foi tocado). • Revolución burguesa. • Revolución feble: debilidade da burguesía e escasas transformacións económicas (desenvolvemento industrial). • Inserta no contexto revolucionario internacional. • Mecanismos específicos: guerra de Independencia, protagonismo dos militares (pronunciamentos).
  8. 8. A revolución liberal en España • Discontinua e dilatada no tempo: • 1808-1837 Conquista do poder polos liberais. • 1837-1874 Construción do Estado e asentamento da sociedade conforme aos novos principios. • 1874-1923 Consolidación do Estado Liberal fundamentalmente conservador e oligárquico. • 1923-1975 Fracaso dos principios liberais (salvo o intervalo da II República 1931-1936). • 1975 Recuperación e restablecemento do liberalismo democrático.
  9. 9. A crise do Antigo Réxime da Guerra da Independencia ao reinado de Fernando VII (1808-1833) • GUERRA DA INDEPENDENCIA (1808-1814) • REINADO DE FERNANDO VII (1814- 1833) – Sexenio absolutista (1814-1820) – Trienio liberal (1820- 1823) – Década ominosa (1823-1833) Fernando VII, Goya
  10. 10. 1. A crise do Antigo Réxime Guerra da independencia (1808-1814) 1.1. A crise da monarquía borbónica 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) 1.3. A Cortes de Cádiz As abdicacións de Baiona, segundo un gravado de 1808.
  11. 11. Goya. 1800. A familia de Carlos IV Carlos IV Mª Luísa de Parma Don Antonio Pascual, irmán de Carlos IV Don Luís, príncipe de Parma Carlota Joaquina, irmá de Carlos IV Infanta Mª. Luísa Carlos Luís Infante Francisco de Paula Infanta Mª Isabel Futura esposa de Fernando VII Futuro Fernando VII Infante Carlos Mª Isidro Goya Mª Josefa irmá do rei Ver vídeo
  12. 12. 1.1. A crise da monarquía borbónica • A reacción da monarquía de Carlos IV fronte á Revolución francesa foi declararlle a guerra a Francia (1793-1795), temerosa da expansión das ideas liberais. • A guerra foi un fracaso e a partir de 1799, Manuel Godoy, o ministro máis influínte, aliouse con Napoleón para enfrontarse a Gran Bretaña. • Godoy autorizou o exército francés a atravesar España para atacar Portugal (Tratado de Fontainebleau, 1807). • O descontento de parte da poboación coas decisións de Godoy provocou o estalido do Motín de Aranjuez, 1808, que forzou á dimisión do ministro e a abdicación do rei no seu fillo Fernando VII. • Ante esta situación, Napoleón decidiu convocar a Carlos IV e a Fernando VII (Baiona-Francia), onde lles fixo abdicar e aceptar o nomeamento do seu irmán Xosé Bonaparte como novo rei de España.
  13. 13. Motín de Aranjuez Godoy asinou un tratado con Napoleón, permitindo a entrada de tropas francesas en España coa finalidade de ocupar Portugal, aliado de Gran Bretaña. Napoleón aproveitou a circunstancia para ocupar España. Cando Godoy se decata tratou de desprazar á familia real a Sevilla, pero estando en Aranjuez produciuse un motín popular, instigado pola camarilla do herdeiro, Fernando (VII)
  14. 14. Abdicacións de Baiona 1.1. A crise da monarquía borbónica • Pai (Carlos IV) e fillo (Fernando VII) recorreron a Napoleón para solventar as súas diferenzas. • Reunidos con Napoleón en Baiona, Carlos IV e Fernando VII, Napoleón consegue a abdicación de ambos ao trono e nomea rei de España ao seu irmán Xosé I Bonaparte. • Convoca a Baiona a persoeiros españois para redactar unha Constitución, pero que só podemos considerar unha Carta Outorgada: o Estatuto de Baiona.
  15. 15. Castelo de Valençay “presidio “ da familia real durante a Guerra da Independencia (1808-1814)
  16. 16. 3 de mayo; Goya, 1815 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) • O 2 de maio de 1808 iniciouse o levantamento en Madrid contra a ocupación francesa, comezando a chamada ‘Guerra da Independencia’. • Foi tamén unha guerra civil, pois os franceses contaron co apoio interesado ou convencido de milleiros de españois (afrancesados) e unha guerra internacional (Francia contra Gran Bretaña).
  17. 17. 1.2. Etapas da guerra (1808-1814) (páx. 164) • 1ª fase (maio-novembro 1808) • 2ª fase (novembro 1808-xaneiro 1812) • 3ª fase (xaneiro 1812-abril 1814)
  18. 18. 1.2. Primeira fase (maio-novembro 1808) (páx. 164) • Caracterizada por: • Intento de ocupación francesa e levantamento popular. • Fracasan os intentos de Napoleón de ocupar rapidamente o país. • Iníciase co episodio do 2 de maio madrileño que continua con moitos focos de resistencia noutras localidades españolas. • Destaca a batalla de Bailén (19 de xullo) • O exército francés é derrotado e obriga a Xosé I a retirar as súas tropas cara Vitoria.
  19. 19. 2 de maio
  20. 20. A defensa do Parque de Monleón. Joaquín Sorolla
  21. 21. Monumento a Daoíz e Velarde Praza do 2 de Maio. Madrid
  22. 22. Malasaña e a súa filla. Eugenio Álvarez Dumont
  23. 23. Ler o primeiro capítulo Ver vídeo
  24. 24. Patriotas no momento de serén fusilados Rostro tapado non quere ver o inevitable Talante melancólico Protesta, vingánza Colérico Resignación Flemático Desafío ante a inxustiza Sanguíneo Patriotas desangrándose Patriotas no momento de seren fusilados Soldados franceses Fusilamentos do 3 de maio
  25. 25. A rendición de Bailén Casado del Alisal. 1864
  26. 26. A rendición de Breda Velázquez
  27. 27. Rúa Bailén A Coruña
  28. 28. 1.2. Segunda fase (novembro 1808-xaneiro 1812) (páx.164) • Caracterizada por: • Claro dominio francés. • Grande exército (máis de 250.000 efectivos) dirixido por Napoleón (novembro-decembro 1808). Somosierra. • As principais cidades tiveron que capitular tras sufrir heroicas resistencias (Zaragoza (Palafox e Agostiña de Aragón) ou prolongados sitos (Girona. Álvarez de Castro). • As tropas inglesas enviadas en axuda dos españois eran perseguidas ata A Coruña (batalla de Elviña 16-I- 1809) e reembarcadas coa perda do seu xefe sir John Moore. • Só Cádiz e Lisboa resistiron á ocupación francesa amparadas polas súas defensas e axudas británicas.
  29. 29. Sitio de Zaragoza
  30. 30. 1.2. Segunda fase (novembro 1808-xaneiro 1812) (páx.164) • En Galicia a ocupación foi moi rápida (xaneiro 1809) efectuadas polas tropas de Soult e Ney. • A liberación tamén foi moi rápida. Realizada fundamentalmente polo pobo. • Numerosas partidas de guerrileiros, moitos deles financiados polos mosteiros atacaron constantemente aos franceses. Cidades, vilas e aldeas sufriron asediso e saqueos. • A resistencia popular foi clave na reconquista de Vigo (primeira cidade liberada de toda España se exceptuamos Cádiz que nunca fóra conquistada. 28-3-1809) Mauricio Troncoso (abade do Couto) mobilizando ao campesiñado do Condado e do Rosal e as alarmas de Morillo e Bernardo González (Cachamuíña). Ou a batalla de Ponte Sampaio (xuño de 1809). • Galicia (finais de xuño de 1809) converteuse no primeiro territorio liberado do dominio francés.
  31. 31. A morte de John Moore • En Galicia as principais batallas desenvólvense entre xaneiro e xuño de 1809, cando os franceses se viron obrigados a abandonar o territorio. • O clero e os fidalgos foron os impulsores das guerrillas, polo temor a perder os seus privilexios. • En xaneiro do 1809 prodúcese a Batalla de Elviña, onde falece John Moore. • O 28 de marzo de 1809 as guerrillas reconquistan Vigo e en xuño derrotan aos franceses na batalla de Ponte Sampaio detacando a figura de Bernardo González del Valle alcumado Cachamuíña. 1.2. A Guerra da Independencia en Galicia
  32. 32. Batalla de Elviña Xaneiro 1809 Marzo de 1809 Ponte Sampaio Xuño 1809 Batalla de Ponte Sampaio A guerra de independencia en Galicia
  33. 33. Batalla de Elviña 16-I-1809
  34. 34. Maqueta da batalla de Elviña Museo do Exército
  35. 35. Recreación da batalla de Elviña
  36. 36. Retrato e tumba de sir John Moore
  37. 37. Monumentos aos heroes da Reconquista
  38. 38. Recreación da batalla da Reconquista. Vigo
  39. 39. Ponte Sampaio
  40. 40. Ver vídeo Guerra da independencia en Galicia Batalla de Ponte Sampaio
  41. 41. 1.2. A guerrilla como forma de loita Juan Martín El Empecinado Espoz y Mina
  42. 42. 1.2. Terceira fase (xaneiro 1812-abril 1814) (páx.164) • Caracterizada por: • Repregamento francés e ofensiva hispanoinglesa. • A campaña de Rusia obrigou a Napoleón a empregar parte das tropas que estaban en España. • As tropas anglohispanas comandadas por Wellington, que conseguiron a vitoria en Arapiles (Salamanca) en 1812. Vitoria que obrigou aos franceses a abandonar o sur da Península. • En 1813 as tropas de Wellington vencen en Vitoria e San Marcial • No tratado de Valençay (1813) Napoleón devolve o trono a Fernando VII. Non recoñecido polo Consello da Rexencia. • En abril de 1814 a derrota e abdicación de Napoleón permite que as últimas tropas francesas abandonen as prazas que aínda ocupaban en España (Cataluña formaba parte do Imperio francés).
  43. 43. Sátira contra Napoleón • Os ‘patriotas’ españois rebeláronse para defender a integridade territorial, porque consideraban a Napoleón un traidor e pola pillaxe exercida polo exército francés. • Non tiñan moito que perder e foron animados pola Igrexa e os nobres a unha guerra fanática en defensa da relixión e dos usos e costumes tradicionais, fronte as ideas da Revolución Francesa. • Moitos ilustrados e liberais apoiaron o levantamento popular, como instrumento do triunfo do liberalismo. 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
  44. 44. 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) • Creáronse Xuntas para dirixir a resistencia, coordinadas por unha Xunta Suprema Central, mentres grupos de patriotas se organizaron en guerrillas. • O levantamento impediu que Napoleón ocupara rapidamente o país. A derrota de Bailén obrigou aos franceses a repregarse cara o norte. • Entre 1809 e 1812 o dominio francés foi claro, coa entrada en España dun gran exército dirixido polo propio Napoleón. • A axuda ofrecida polas tropas británicas foi decisiva e, a finais de 1813, os franceses abandonaran o territorio español. • Entre 1812 e 1814 os franceses recúan fronte ás tropas hispano- británicas dirixidas por Wellington, ao que se suma a derrota de Napoleón en Rusia. En 1814 remata a guerra. • En 1813 asinouse o Tratado de Valençay, polo que Fernando VII recuperaba a Coroa e Napoleón retiraba as súas tropas. Victoria en Vitoria
  45. 45. Desastres da guerra; Goya, 1810-15 Con razón o sin ella No quieren Y esto también Populacho  Describe o que se representa en cada gravado  Que visión dan da guerra e do comportamento humano?  A que bando se critica? Explica os tíulos: ‘con razón o sin ella’ e ‘populacho’  En que gravado se reflicte o machismo? as violacións ocorren só nas guerras? por que?  Quen son as principais vítimas da guerra en todas as épocas? que gravado representa ás vítimas que non loitan, aos refuxiados?  Sinala algún exemplo de guerra contemporánea na que se teñan dado situacións semellantes ás debuxadas por Goya?  Cres que a Guerra da Independencia era xusta? e outras guerras? 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) A Guerra da Independencia, como todas, foi cruel e violenta e ninguén o plasmou mellor que Goya.
  46. 46. 1.3. As Cortes de Cádiz (páx. 165-169) • As abdicacións de Baiona deixaron un baleiro de poder, xa que o rei Xosé I non gozou nunca da aceptación dos españois. • Nas zonas non ocupadas polos franceses constituíronse Xuntas, integradas por persoeiros de ‘prestixio’. Estas xuntas estarán coordinadas pola Xunta Suprema Central (setembro 1808-xaneiro 1810). • En 1810, a Xunta Central e substituída por un Consello de Rexencia que convoca as de Cortes en Cádiz, único territorio non ocupado polos franceses (setembro de 1810). • As Cortes decidiron que todos os asistentes, independentemente da súa orixe, se reunían nunha única Asemblea e o seu voto tiña o mesmo peso. • A cámara redactou unha Constitución, aprobada en 1812, que reflectiu os principios básicos do liberalismo político. • Pero a situación bélica impediu aplicar todo o lexislado en Cádiz.
  47. 47. Monumento ás Cortes, en Cádiz • O proceso de elección dos deputados das Cortes de Cádiz foi moi irregular debido á guerra. • Os deputados estaban divididos en dúas tendencias ideolóxicas: liberais e absolutistas (servís). • Aprobáronse unha serie de decretos que supoñen a abolición do Antigo Réxime: soberanía nacional e división de poderes, abolición dos señoríos xurisdiccionais e do feudalismo, liberdade de imprenta e supresión da Inquisición. 1.3. As Cortes de Cádiz
  48. 48. • A Constitución de Cádiz (a Pepa), malia as concesións feitas aos servís, significou unha verdadeira revolución que, de aplicarse, supuña a fin do absolutismo. • Soberanía nacional; sufraxio universal masculino indirecto (pero negábaselle aos criados, aos escravos e para ser deputado había que te un mínimo de renda); separación de poderes; dereitos e liberdades (igualdade xurídica, agás para eclesiásticos e militares, igualdade fiscal, imprenta); propiedade privada; centralización e uniformización do Estado. • Amplos poderes do rei, imposición da relixión católica. 1.3. As Cortes de Cádiz
  49. 49. • A división entre liberais e absolutistas quedou plasmada na representación dos deputados galegos en Cádiz (dun total de 24 en 1810, 12 eran absolutistas, once reformistas moderados e un liberal. Aprobada a Constitución de 1812, convocáronse eleccións ás Cortes ordinarias. Estes comicios deixaron moi claro quen controlaba o poder en Galicia, dos 16 deputados elixidos 14 eran absolutistas, e deles dez eran cregos. • Un representante significativo desta tendencia foi o bispo de Ourense Antonio Quevedo. 1.3. As Cortes de Cádiz Postura dos deputados galegos
  50. 50. Xuramento dos deputados en Cádiz, 1810; Casado del Alisal, 1863 Aprobación da Constitución de 1812; Viniegra, 1911-12  En que se diferenzan as Cortes de Cádiz das convocadas antes, durante o Antigo Réxime? como se elixiron os deputados? por que se reuniron en Cádiz?  Por que venceron as ideas liberais ás absolutistas? a que grupos sociais representaban os deputados?  Que é unha Constitución? que principios se recollen na mesma que supoñen a ruptura co absolutismo?  En que melloraba á vida das persoas a aplicación das medidas recollidas na Constitución?  Fíxate no cadro da esquerda, que persoeiros teñen un papel máis destacado? e no da dereita? a que de debe o cambio?  Cantas mulleres aparecen nos cadros? puideron votar nas eleccións a Cortes e ser deputadas? poderían facelo despois da aprobación da Constitución? 1.3. As Cortes de Cádiz
  51. 51. 2. Fernando VII: 1814-1833 O enfrontamento entre absolutismo e liberalismo 2.1. A restauración do absolutismo (1814-1820) 2.2. O Trienio Liberal (1820-1823) 2.3. O creba do absolutismo: a década ominosa (1823-1833)
  52. 52. • Completamente feo e por todas as partes. Carirredondo, meixelas deformes, nariz groso e torcido, boca afundida, queixo saínte; unicamente os ollos eran grandes e vivos. Gordecho, ordinario, sen un novemento discreto, sen unha soa actitude nobre. Parecía un arrieiro disfrazado ou frade lego secularizado. SÁINZ DE ROBLES. Historia e estampas da vila de Madrid (1933) • Baixo do coche e vexo ao príncipe: pensei que me desmaiaba: no retrato parecía máis ben feo que guapo: pois ben, comparado co orixinal, é un Adonis. ANTONIA DE BORBÓN (1ª esposa de Fernando Vii). Carta ao seu curmán (1803)
  53. 53. Manifesto dos persas, 1814 • En 1814 Fernando VII (o desexado) regresou a España, e aboliu a Constitución, volvéndose ao absolutismo. • Foi apoiado polos privilexiados do Antigo Réxime, que asinaron un escrito coñecido como ‘Manifesto dos persas’. • Suprimiu todos os decretos das Cortes de Cádiz. (Ver doc. 12, 13. Páxs. 170-171) 2.1. Fernando VII (1814-1820) A restauración do absolutismo Tratado de Valençay La Pepa me importa un pito Viva las caenas! Documental Restauración do Antigo Réxime Restablecemento da Inquisición 1819. Inauguración do Museo do Prado
  54. 54. Xeneral Elío • O manifesto dos Persas. • E o pronunciamento do Xeneral Elío (abril de1814) supón o restablecemento do absolutismo en España. 2.1. Fernando VII (1814-1820) O sexenio absolutista
  55. 55. Juan Díaz Porlier “El Marquesito” • Os partidarios do liberalismo foron perseguidos e moitos tiveron que exiliarse. • Organizáronse en sociedades secretas e organizaron numerosas intervencións armadas, pronunciamentos, para conseguir a implantar un réxime constitucional. • Os pronunciamentos fracasaron e os seus organizadores detidos e executados, como lle ocorreu a Porlier na Coruña en 1815. (ver doc. 14 páx. 171) 2.1. Fernando VII (1814-1820) O sexenio absolutista
  56. 56. PRINCIPAIS PRONUNCIAMENTOS E CONSPIRACIÓNS MILITARES 1814-1819 ANO DIRIXENTES LUGAR ACCIÓN RESULTADO 1814 1814 1815 1816 1817 1817 1819 1819 1820 1820 Espoz y Mina Sinforiano López Porlier Vicente Richart Luís de Lacy Juan van Halen Joaquín Vidal Antonio Quiroga Riego Felix Acevedo Pamplona A Coruña A Coruña Madrid Barcelona Murcia Valencia Cádiz Cabezas San Juan A Coruña Golpe de man Conspiración Pronunciamento Secuestro do rei Pronunciamento Conspiración Conspiración Conspiración Pronunciamento Pronunciamento Fracaso. Fuxido. Fracaso. Executado. Fracaso. Executado. Fracaso. Executado. Fracaso. Executado. Fracaso. Fuxido. Fracaso. Executado. Fracaso. Detido. Éxito. Éxito. Ver libro páx. 172
  57. 57. PRONUNCIAMENTO: forma de rebelión militar, peculiar de España e do mundo Iberoamericano característico do século XIX. A diferencia dun golpe de estado convencional onde unha facción rebelde que controla os elementos das forzas armadas, toma o control do Estado mediante un movemento repentino, organizado e executado futivamente. En cambio nun pronunciamento, un grupo de oficiais militares declara publicamente a súa oposición a goberno de turno (elixido legalmente ou resultado dun golpe de Estado e esperan que a maioría das forzas armandas declárese a favor.
  58. 58. Rúa Sinforiano López Santa Lucía
  59. 59. Juan Díaz Porlier
  60. 60. Juan Díaz Porlier Aforcamento na Praza da Forca, logo chamada Praza da Leña E actual Praza de España
  61. 61. Campo da Leña Praza de España
  62. 62. Juan Díaz Porlier
  63. 63. Rúa Juan Díaz Porlier Mato Grande Durante a 2ª República (1931-1936) o Cantón Grande Levou o nome de Cantón de Porlier e o Cantón Pequeno Cantón de Lacy
  64. 64. Praza de Mina Espoz y Mina Esposo de Xoana de Vega
  65. 65. Rúa Xoana de Vega Xoana de Vega
  66. 66. Rúa Félix Acevedo Birloque-Someso Durante moitos anos do século XIX a Rúa Real levou este nome.
  67. 67. Rúa Agar O almirante Pedro Agar presidirá na Coruña a Xunta Superior de Goberno Tras o pronunciamento de Félix Acevedo. Posteriormente Capitán Xeral e Presidente da diputación provincial de Galicia antes de constituírse as catro provincias.
  68. 68. Praza das Conchiñas (Agra do Orzán) Supresión do Monumento aos liberais do XIX
  69. 69. Praza das Conchiñas (Agra do Orzán) Supresión do Monumento aos liberais do XIX
  70. 70. O enfermo pola Constitución • En 1820 o pronunciamento de Riego, coas tropas que ían combater aos independentistas americanos, foi apoiada por outros militares e burgueses. Importancia de Felix Acevedo na Coruña. • O rei viuse obrigado a xurar a Constitución, volvendo a estar vixente a lexislación aprobada nas Cortes de Cádiz. • As novas Cortes restauraron gran parte das reformas de Cádiz. Creouse a Milicia Nacional, un corpo de voluntarios armados que defendían a orde liberal. Fernando VII (1820-1823) O Trienio Liberal Levantamento de Riego As Cortes durante o Trienio Liberal
  71. 71. • O levantamento de 1820 asombrou a Europa e foi imitado en varios puntos. Ondas revolucionarias de 1820: Portugal (1820-1823), Dúas Sicilias (1820-1821), Piamonte- Sardeña (1821), Francia (1822), Rusia (1824). Todas fracasarán. • Ver texto páx. 172. Fernando VII (1820-1823) O Trienio Liberal
  72. 72. Trágala De los pellejos de los serviles hemos de hacernos portafusiles y al que le pese que roa el hueso y un corderito para el pescuezo. trágala, trágala, trágala, trágala, trágala, tu servilón, trágala tú que no quieres Constitución. Los milicianos y los madrileños la bienvenida le dan a Riego y al que le pese que roa el hueso que el liberal le dirá eso. Trágala, trágal, trágala, Trágala, perro. tú que no quieres Constitución. Trágala, trágala, Íñígo Ramírez de Haro Apuntes de historia sobre cancións
  73. 73. HIMNO DE RIEGO Serenos y alegres valientes y osados cantemos soldados el himno a la lid. De nuestros acentos el orbe se admire y en nosotros mire los hijos del Cid. Soldados la patria nos llama a la lid, juremos por ella vencer o morir. El mundo vio nunca más noble osadia, ni vió nunca un día más grande el valor, que aquel que, inflamados, nos vimos del fuego excitar a Riego de Patria el amor. Soldados la patria nos llama a la lid, juremos por ella vencer o morir. La trompa guerrera sus ecos da al viento, horror al sediento, ya ruge el cañon a Marte, sañudo, la audacia provoca y el ingenio invoca de nuestra nación. Soldados la patria nos llama a la lid, juremos por ella vencer o morir. Himno Nacional de España 1822-1823 1873-1874 1931-1939 Información wikipedia Himno de Riego
  74. 74. Versión da revolución de setembro de 1868 De nuevo España resurge Es tan alto y tan grande su honor que en el hombre es un timbre de gloria el nacer y sentirse español. Libertad de este pueblo que abre de nuevo rumbos de vida, vida mejor, que da por ley el trabajo la Igualdad, la Justicia y Honor. Honor, honor a España Viva la Libertad Camino del progreso avancemos con aire triunfal. De nuevo España resurge Es tan alto y tan grande su honor que en el hombre es un timbre de gloria nacer y sentirse español. Versión satírica Si los curas y frailes supieran la paliza que les van a dar, subirían al coro cantando: "Libertad, libertad, libertad!" Si los Reyes de España supieran lo poco que van a durar, a la calle saldrían gritando: "¡Libertad, libertad, libertad!" Un hombre estaba cagando y no tenía papel pasó el Rey Alfonso XIII y se limpió el culo con él. Dicen que José Torrijo murió por cobarde y traidor Más murió con la espada en la mano defendiendo la constitución
  75. 75. O enfermo pola Constitución • Pero as diferenzas entre os liberais sobre temas como: reforma da Constitución, poder do rei, participación política do pobo ou soberanía da nación fai que xurdan dúas correntes: moderados e exaltados. Fernando VII (1820-1823) O Trienio Liberal Levantamento de Riego As Cortes durante o Trienio Liberal
  76. 76. Execución de Riego 2.1. Fernando VII (1820-1823) O Trienio Liberal Execución de Riego • Este proceso reformista non lle agradaba a Fernando VII, que lles pediu axuda ás potencias europeas para restaurar o absolutismo. • A intervención da Santa Alianza, (Congreso de Verona de 1822) enviando a España un exército francés, (‘Os cen mil fillos de San Luis’) dirixidos polo Duque de Angulema foi a que decidiu a volta ao absolutismo. • Anuláronse as reformas liberais e moitos dos líderes do Trienio foron executados (como Riego) ou marcharon ao exilio.
  77. 77. • A volta ao absolutismo implicou a destrución da obra lexislativa do Trienio. Pero os gobernos de Fernando VII non lles souberon dar solución aos problemas do país. • Existía unha difícil situación económica. O tesouro público estaba en bancarrota (guerra da Independencia e independencia das colonias americanas) • Era imprescindible unha reforma fiscal que obrigase os privilexiados a contribuír cos seus impostos. Pero estes eran os principais defensores do absolutismo e a monarquía, xeraba unha enorme contradición. • Produciuse un conflito dinástico. Fernando VII do último matrimonio con Mª Cristina tivera só fillas e a Lei Sálica impedíalles ás mulleres reinar en España. • Déuselle o trono a Isabel, grazas á Pragmática Sanción, ditada polo rei. Pero moitos absolutistas non aceptaron o cambio. Fernando VII (1823-1833) A Década Absolutista (Ominosa)
  78. 78. Fusilamiento de Torrijos; Gisbert, 1888 2.1. Fernando VII (1823-1833) A Década Absolutista (Ominosa) • O estado de terror imposto por Fernando VII moderouse desde 1826, aplicando algunhas reformas para mellorar a catastrófica situación do país. • Organizáronse grupos de radicais absolutistas (apostólicos ou realistas puros), agrupados arredor da figura de Carlos de Borbón, irmán do rei. • Seguiron os intentos conspirativos e pronunciamentos para restablecer o réxime constitucional, duramente reprimidos (Mariana Pineda, Torrijos)
  79. 79. 1823 Duque de Angulema Cen Mil Fillos de S.Luis España Golpe de estado Éxito 1824-1833 OPOSICIÓN LIBERAL ANO DIRIXENTES LUGAR ACCIÓN RESULTADO 1824 1826 1830 1830 1831 1831 1831 1831 1831 Francisco Valdés Fernández Bazán Espoz y Mina e outros Antonio Rodríguez (Bordas) José María Torrijos Salvador Manzanares Oficiais do exército Antonio Miyar José María Torrijos Tarifa Guardamar (Alacant) Pirineos A Mezquita (Ourense) Alxeciras Getares San Fernando Madrid Málaga Desembarco Desembarco Invasión Desembarco Desembarco Pronunciamento Conspiración Desembarco Fracaso. Fuxidos. Fracaso. Executado. Fracaso.F. Executad Fracaso. Fracaso. Fuxido. Fracaso. Executado. Fuxida. Rendición. Fracaso. Executado. Fracaso. Executado. 1824-1833 CONSPIRACIÓNS E REBELIÓNS ULTRARREALISTAS ANO DIRIXENTES LUGAR ACCIÓN RESULTADO 1824 1825 1827 1833 Joaquín Capapé Jorge Bessières José Bussóns Abarca (bispo) Aragón Madrid Catalunya León Conspiración. Rebelión. Sublevación. Revolta dos agraviados ou malcontents. Rebelión. Fracaso. Detido. Fracaso. Executado. Fracaso. Executados. Fracaso. Fuxida.
  80. 80. Execución de Mariana Pineda Mariana Pineda en capilla. Juan Antonio Vera Calvo, 1862 Fernando VII (1823-1833) A Década Absolutista (Ominosa) • Mariana Pineda naceu en Granada no ano 1804. Viúva dun militar liberal e nai de dous fillos, relacionábase cos círculos liberais da súa cidade. • En 1831 foi detida e axustizada por bordar clandestinamente unha bandeira liberal. Ao coñecer a senteza dixo: A lembranza do meu suplicio ha de facer máis pola nosa causa que tódalas bandeiras do mundo.
  81. 81. Rúa Mariana Pineda (A Coruña)
  82. 82. Farola: modelo fernandina
  83. 83. • O irmán menor de Fernando VII, Carlos IV, reclamará o trono de España fronte a súa sobriña, a futura Isabel II. Inícianse así as Guerras Carlistas. Detalle do retrato da familia de Carlos IV. Goya. 1800 Fernando VII (1823-1833) A Década Absolutista (Ominosa)
  84. 84. Disputa dinástica. Litografía humorística nun xornal francés (1833) Isabel II Rexenta Mª Cristina Inglaterra Francia Armas á venda Pireneos Partidarios Lei Sálica (absolutistas)
  85. 85. Independencia das colonias americanas (1808-1824) 1. As causas da independencia 2. A fin do Imperio americano 3. Os problemas das novas repúblicas
  86. 86. 1. As causas da independencia (páx. 174) • A comezos do século XIX, o malestar nas colonias desde había décadas estoupou en forma de guerras de independencia. Varios factores contribuíron a iso: • A difusión das ideas ilustradas e dos principios de liberdade e igualdade promovidos pola Revolución francesa. • O éxito da revolta das colonias británicas de América do Norte, que acabou coa proclamación da independencia de Estados Unidos en 1776. • O descontento da burguesía crioula (descendentes dos españois da conquista) que posuían o poder económico, social e administrativo pero estaban desprazados dos altos cargos públicos e sometidos ao control económico da Península. • Pontenciado por EE_UU e Gran Bretaña que querían o comercio libre fronte ao monopolio español. • Beneficiouse das disputas internas en España (Guerra da Independencia e loita entre absolutistas e liberais.
  87. 87. Antecedentes: Formación de xuntas e intento de independencia (1808-1814) (páx. 174) • Igual que na Península formáronse xuntas opostas a Xosé I de Bonaparte. • Unhas mantivéronse fieis a España pero outras evolucionaron cara a emancipación. • Os principais intentos independentistas déronse en: • Nova España (México): revolta campesiña dirixina por Hidalgo e Morelos. (Fracaso). • Nova Granada (Colombia-Venezuela) división entre partidarios dun goberno español e secesionistas dirixidos por Simón Bolivar. Guerra que remata inicialmente coa derrota dos independentistas. • Río da Plata (Arxentina) • Rematada a guerra da independencia na Península restablecese a autoridade reforzada polo envío de tropas (10.000) dirixidas polo xeneral Morillo.
  88. 88. Guerra da independencia (1814-1824) • O restablecemento do absolutismo por parte de Fernando VII e a persecución dos liberais americanos propiciaron un novo auxe do ideal independentista. • 1816: Congreso de Tucumán: apróbase a Declaración de Independencia das Provincias de Río da Plata (Arxentina). Despois as tropas de San Martín cruzan os Andes e tras vencer en Chacabuco (1817) e Maipú (1818), proclamaron a independencia de Chile que quedou baixo o goberno de O’Higgins. • 1821: En Nova España (México) tivo un claro contido antiliberal (Plano de Iugala) as autoridades e o vicerrei Iturbide proclamaron a independencia mentres non fose restablecido o absolutismo en España.
  89. 89. • No Norte, Bolívar derrotou aos españois batalla de Boyacá (1819) (Venezuela), Carabobo (1821) Colombia, Pichincha (1822) (Ecuador) e Panamá e fundou a Gran Colombia (1821), que despois dividiríase en Venezuela, Colombia, Ecuador e Panamá (1830). • En 1823 formouse en Centroamérica a República das Provincias Unidas de América Central que foron dividíndose en: Guatemala, El Salvador, Nicaragua, Honduras e Costa Rica. • 1821: independencia efímera da República Dominicana que será incorporada a Haití 1822-1844. De novo independente pedirá a incorporación a España entre 1861-1865. • Sucre derrota aos españois en Ayacucho (1824) e emancipou Perú e Bolivia. • España perde todas as sús colonias agás Cuba, Filipinas e Porto Rico. Guerra da independencia (1814-1824)
  90. 90. Os problemas das novas repúblicas • As novas repúblicas americanas naceron con graves problemas, xa que os intereses dos caudillos locais impediron a creación dunha América unida. • América fragmentouse en múltiples repúblicas. Consolidouse o poder dos xefes militares e a constante intromisión do exército na vida política. • Esquecéronse as necesidades da poboación indíxena, negra e das clases populares. De aí que a sociedade poscolonial nacese con grandes desigualdades sociais e económicas.
  91. 91. Consecuencias para España • Políticas: perdeu o seu papel de potencia internacional para ser un pequeño Estado con pouca repercusión mundial. • Económica: profunda crise comercial, perda dun mercado exclusivo subministrador de produtos baratos (materias primas), metais preciosos e comprador de produtos elaborados. • Estado: perda de recursos fiscais, diminución da capacidade para desenvolver calquera tipo de acción pública.
  92. 92. Independencia da América Hispana Chacabuco, 1817 Independencia de Perú
  93. 93. Simón Bolivar Rúa Simón Bolivar Monumento a Simón Bolívar Palavea-Eirís
  94. 94. 2. A construción do Estado Liberal • Entre 1833 e 1868 diferenzas e disputas entre os distintos grupos liberais sobre os principios configuradores do Estado. Provoca: • Cambios constitucionais e político. • Nun primeiro período (1836-1843) predomina o réxime político liberal-progresista. • Nun segundo período (1844-1868) predomina o réxime moderado ou conservador.
  95. 95. Liberalismo doutrinario (páx. 176) • O triunfo da revolución en Europa e España fronte o Antigo Réxime convertiu ao liberalismo na ideoloxía dominante. • Non en tanto, á hora de levar á práctica os seus principios políticos e económicos existiron fortes diferenzas que causaron a división en varias tendencias que non foron só ideolóxicas senón que se traduciu nun conflito de intereses entre os distintos grupos burgueses por controlar o poder político e asegurar a hexemonía social. • O liberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria en España e toda Europa durante o s. XIX como reacción aos excesos revolucionarios e o temor dos grupos podersosos a perder a súa posición hexemónica na sociedade os trazos son:
  96. 96. Liberalismo doutrinario (páx. 176) • Monarquía constitucional como forma de Estado. • Soberanía compartida. • Restrición da participación política: sufraxio censatario. • Limitación dos dereitos individuais. • Catolicismo de Estado e restrición de liberdade de culto..
  97. 97. Liberalismo doutrinario (páx. 177) División entre moderados e progresistas • Moderados ou conservadores asumen plenamente os principios do liberalismo doutrinario. Foron os que exerceron máis tempo o poder. Contaron coa predilección dos monarcas e os grupos poderosos da sociedade. Defensores da exclusión das masas da participación política. • Progresistas: ambiguo.Proceden dos exaltados das Cortes de Cádiz e o Trienio Liberal. Na 2ª metade de 1830 moderan as reivindicacións. Aceptan a maioría dos principios do liberalismo doutrinario pero reclaman a primacía das Cortes sobre o rei, a descentralización municipal e dereitos máis amplos. Tropezan co recelo dos monarcas.
  98. 98. 2. A construción do Estado Liberal O período das rexencias (1833-1843) 2.1. Réxime de Estauto Real e triunfo liberal 1833-1836 2.1. A 1ª guerra carlista (1833-1839) 2.2. As reformas progresistas (1836-1840) 2.3. A rexencia de Espartero (1840-1843)
  99. 99. Isabel só tiña tres anos cando accedeu ao trono, polo que foi nomeada rexente a súa nai María Cristina. Esta apoiouse nos sectores máis moderados dos realistas como dos liberais para facer fronte á rebelión carlista. A súa rexencia podemos dividila en dúas etapas: 1833-1836 1836-1840 Prodúcese unha amnistía para os liberais. Moitos retornan do exilio. En 1833 aprobouse unha reforma centralista do Estado, dividíndoo en provincias. Máis tarde creáronse as Deputacións Provinciais, as Audiencias e os partidos xudiciais. Apróbase o Estatuto Real de Martínez de la Rosa Rexencia de Mª Cristina de Borbón (1833-1840)
  100. 100. Isto que vemos aquí é o convento de Santa María de Conxo Ata 1986 foi Hospital Psiquiátrico Provincial da Coruña Que terá que ver isto co tema a tratado?
  101. 101. Martínez de la Rosa elabora o Estatuto Real que non é máis que unha Carta Outorgada
  102. 102. Mendizábal Foi responsable Da 1ª desamortización eclesiástica
  103. 103. En 1834 aprobouse o Estatuto Real, unha Carta Outorgada que non recoñecía a soberanía nacional. Un pronunciamento de carácter progresista, o Motín dos sarxentos da Granxa, obrigou á rexente a restablecer a Constitución de 1812, mentres se redactou unha nova Constitución, a de 1837, progresista. Na Constitución recoñecíase a soberanía nacional e contiña unha ampla relación de dereitos. Pero tamén recollía principios do liberalismo doutrinario moderado: amplo poder do rei, sufraxio censatario, estado confesional aínda que tolerante con outras crenzas, bicameralismo. Rexencia de Mª Cristina (1833-1840) María Cristina obrigada a asinar a Constitución de 1812 polos sarxentos de La Granja, 1836 Sublevación de La Granja
  104. 104. En 1836, o ministro progresista Mendizábal aprobou a Desamortización dos bens do clero cos obxectivos de conseguir financiamento para a guerra contra os carlistas, gañar apoio para Isabel II entre os novos propietarios e desmantelar o poder da Igrexa, bastión do Antigo Réxime e apoio dos carlistas. Tamén aprobou o sistema de redención de quintas (tamén existía a substitución). O servicio militar, obrigatorio en teoría, recaeu sobre as clases populares. María Cristina e Mendizábal Rexencia de Mª Cristina (1833-1840)
  105. 105. 5.1. A guerra carlista (1833-1840) • Á morte de Fernando VII, desencadeouse unha guerra civil por mor dos partidarios de Carlos, irmán do rei defunto á Coroa, e de María Cristina, filla do rei. • Os partidarios do carlismo (nobreza agraria, clero e campesiñado) eran os defensores do Antigo Réxime. • Os isabelinos presentaban distintos intereses. A monarquía e a nobreza defendían o trono e os seus privilexios, pero viron que uníndose aos liberais se poderían enfrontar ao carlismo. • Os focos máis importantes da insurrección carlista xurdiron no País Vasco, Navarra, Catalunya, Aragón e Valencia. Pero os carlistas non conseguiron ocupar ningunha cidade importante e o exército liberal impúxose claramente ao seu dominio. • A guerra prolongouse durante sete anos (1833-1840). O Convenio de Vergara púxolle fin á guerra, pero o carlismo mantívose ao longo de case todo o século XIX.
  106. 106. 5.1. A guerra carlista (1833-1840) A guerra civil entre carlistas (absolutistas) e isabelinos (liberais) tivo como escenarios principais as Provincias Vascas, Navarra, norte de Cataluña e o Maestrazgo, onde as partidas carlistas se fixeron fortes. Os principais xenerais carlistas foron Zumalacárregui, Maroto e Cabrera.
  107. 107. Oriamendi
  108. 108. Rúa Luchana (A Coruña) Conmemora a vitoria das tropas isabelinas Fronte os carlistas dirixidos por Zumalacárregui
  109. 109. Os carlistas defendían o modelo absolutista do Antigo Réxime: Deus, rei e fueros. Tiveron o apoio do clero, dos campesiños das rexións forais e dos fidalgos. Conseguiron controlar un extenso territorio pero fracasaron na toma das cidades, como Bilbao en 1835. En Galicia houbo numerosas partidas carlistas nos territorios de influencia monástica e tiveron tamén o apoio do clero de Santiago. Don Carlos, Zumalacárregui e o seu Estado Maior 5.1. A guerra carlista (1833-1840)
  110. 110. Os éxitos militares dos exércitos liberais dirixidos por Espartero e a división do bando carlista levaron ao final da guerra coa sinatura do Convenio de Vergara (1839) entre Maroto e Espartero. Cabrera continuou loitando no Maestrazgo ata 1840. No Convenio recoméndase ás Cortes o mantemento dos fueros e recoñécesen os empregos e graos militares do exército carlista. A cambio os carlistas recoñecían a Isabel II. O Convenio non foi aceptado por Carlos de Borbón. Abrazo de Vergara entre Maroto e Espartero 5.1. A guerra carlista (1833-1840) Abrazo de Vergara
  111. 111. 5.2. As reformas progresistas • Os liberais atopábanse divididos en dúas faccións: os moderados e os progresistas. • En medio da guerra carlista, María Cristina impulsou a formación dun goberno liberal. Primeiro intentou facelo cos moderados, pero ao final chamou ao goberno aos progresistas. • Entre 1835 e 1837, os progresistas implantaron un réxime liberal. Este proceso culminou coa Constitución de 1837, que inaugurou un período de monarquía parlamentaria en España. • O novo texto recoñecía a soberanía nacional e os dereitos individuais pero aceptaba o papel moderador da Coroa.
  112. 112. Constitución de 1837 caracterizada de progresista. Aínda así e froito dun consenso • Conservador 1. Soberanía compartida. 2. Amplos poderes da monarquía tanto executivos como lexislativos. 3. Cortes bicamerais. 4. Sufraxio censatario. • Progresista 1. Elección popular dos concellos e alcaldes. 2. Restablecemento da milicia nacional. 3. Declaración explícita de dereitos e liberdades individuais. 4. Certa tolerancia relixiosa. Estado non confesional.
  113. 113. Esquema páx. 186 do libro Rexencias Mª Cristina Reinado de Isabel II
  114. 114. En 1840, despois dun período de gobernos moderados apoiados pola rexente, un pronunciamento da Milicia Nacional, de carácter progresista, levou á Rexencia a Espartero. O progresista xeneral Espartero foi nomeado rexente, pero as medidas librecambistas e o autoritarismo con que gobernou valéronlle a oposición de boa parte do país. En 1843, Espartero dimitiu e as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel II e proclamárona raíña. Bombardeo de Barcelona, 1942 Espartero Rexencia de Espartero (1840-1843) A Rexencia de Espartero
  115. 115. Plano de Barcelona 1806 Castelo de Montjuic Castelo da Ciudadela
  116. 116. 6. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868) 6.1. A Década Moderada (1843-1854) 6.2. Do Bienio Progresista (1854-1856) á crise do sistema isabelino (1857- 1868)
  117. 117. 6. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868) Sabela II, popular e castiza herdara do seu pai algúns dos seus máis notorios defectos. Nunha época de grandes paixóns política non soubo colocarse por riba delas nunha neutralidade que é a esencia mesma da realeza na mecánica institucional. Era caprichosa e voluble, apaixonada e obstinada, supersticiosa e inculta. Inclinada á intriga palatina, algunha das crises do reinado producen auténtico bochorno. Nun instante esquecía lealdades e servizos para seguir o camiño que calquera estraño lle sinalaba (...). O seu desgraciado matrimonio (...) foi outro motivo do seu descrédito. Os desencontros e rupturas conxugais constituíron a rexouba dos cortesáns, os políticos e o pobo baixo. Por outro lado (...) a protección que a raíña dispensou a militares (...) puxeron en dúbida o seu prestixio persoal. Non acaban aí as lacras. Polo Palacio real entra e sae unha relixiosa milagreira, sor Patrocinio, a monxa das chagas, que fai e desfai ao seu capricho e a quen se lle imputan as preferencias rexias pola política moderada. (Antonio RUMEU DE ARMAS “Hª España Contemporánea, 1968) Isabel II con Sor Patrocinio, “a monxa miragreira” Isabel II Caricaturización de Sabela II
  118. 118. Un pronunciamento militar moderado derrubou a Espartero en 1843. Os moderados, baixo o liderado de Narvaez e apoiados sempre pola raíña (declarara maior de idade con 13 anos), aprobaron a Constitución de 1845, a máis restritiva do século onde se plasman os principios do liberalismo doutrinario: soberanía compartida, supremacía da Coroa fronte ás Cortes, sufraxio moi restrinxido (só uns 100.000 homes), limitación dos dereitos e liberdades, confesionalidade do Estado... Isabel II xura a Constitución de 1845 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854) Inauguración do Congreso dos Deputados
  119. 119. Os moderados aprobaron unha serie de leis centralistas e conservadoras. En 1844 fundouse a Guardia Civil para ‘protexer as persoas e propiedades dentro e fóra das poboacións’. Foi o primeiro corpo de orde pública de ámbito estatal. A súa labor centrouse na protección da propiedade rural e na represión das revoltas campesiñas. Aprobouse tamén unha Lei de Concellos (1845) que impuña o nomeamento dos alcaldes polo Goberno ou o gobernador civil 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854)
  120. 120. En 1845 aprobouse unha reforma tributaria que unificaba as contribucións facendo caer a carga fiscal nos impostos indirectos (consumos) en prexuízo das clases populares. No ano 1851 asinouse o Concordato co Vaticano, vixente ata 1931, que deixou en mans da Igrexa a supervisión do ensino e a censura das publicacións, ademais de garantir o mantemento do clero por parte do Estado. A cambio, a Igrexa aceptou a perda dos bens desamortizados. 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854) Narváez Narváez
  121. 121. PRINCIPAIS LEVANTAMENTOS OU PRONUNCIAMENTOS DÉCADA MODERADA (1844-1854) ANO DIRIXENTES LUGAR SIGNO RESULTADO 1844 1844 1846 1846-49 1848 1854 1854 Pantaleón Bonet Martínez Zurbano Miguel Solís Guerra dos matiners ou 2ª guerra carlista Xosé Folgoso Hare O’Donnell-Dulce Alicante-Cartaxena Navarra Galicia Cataluña Madrid Zaragoza Vicálvaro (Madrid) Progresista Progresista Progresista Tradicionalis ta Progresista Progresista Progresista Fracaso. Fusilado. Fracaso. Fusilados. Fracaso. Fusilados. Mártires de Carral. Fracaso. Derrota. Fracaso. Fusilados Fracaso. Morte en combate. Éxito Ver documento 27. páx. 188
  122. 122. Os progresistas, ante a imposibilidade legal de acceder ao poder recorreron aos pronunciamentos. En 1846 o capitán Solís pronunciouse en Lugo. Tivo apoios noutras localidades galegas, chegando a formar unha Xunta Superior de Galicia en Santiago da que foi secretario Antolín Faraldo. Os sublevados foron derrotados e Solís e once oficiais foron fusilados en Carral: Mártires de Carral. Neste levantamento, xunto a peticións progresistas, atópanse outras propiamente galegas (provincialismo). (Ver doc. 28-páx. 189) Banda deseñada de Xaquín Marín 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854)
  123. 123. Monumento aos Mártires de Carral
  124. 124. Os progresistas e os moderados descontentos (Unión Liberal de O’Donnell) pronunciáronse en 1854 (a Vicalvarada), (manifesto de Manzanares) obrigando á raíña a nomear xefe de Goberno a Espartero. Elaborouse unha nova Constitución non promulgada, e aprobáronse leis tan importantes como a Lei de Ferrocarrís e a Lei de Desamortización Xeral (Madoz) que, con fins facendísticos, puxo a venda os bens comunais e dos concellos, transformándoos en propiedade privada. 6. A etapa isabelina O Bienio Progresista (1854-1856) Bienio Progresista
  125. 125. O malestar social en aumento foi a escusa de O’Donnell para pedirlle á raíña o cese de Espartero. O exército venceu á Milicia Nacional e restableceuse a Constitución de 1845. Neste período alternáronse no Goberno os partidos moderado e unionista. Nos primeiros anos producíronse unha serie de intervencións do Exército español no estranxeiro, buscando unha política de prestixio patriótico. A intervención de máis sona desenvolveuse en Marrocos, comezando entre os militares o ‘africanismo’, unha visión do Norte de África como un espazo de conquista onde gañar honores e medalla, que se mantivo ata o franquismo. ‘Los gloriosos trofeos ganados a los marroquíes en la toma de Tetuán por el bravo ejército español, paseados triunfalmente en presencia de SS.MM y AA.RR en 14 de febrero de 1860’, Joaquín Sigüenza y Chavarrieta 6. A etapa isabelina Segundo período moderado (1856-1868) Levantamento de O’Donnell
  126. 126. ACCIÓNS MILITARES DA UNIÓN LIBERAL COCHINCHINA 1857-1862 Aliados cos franceses. Obxectivo: localizar un porto que conecte o comercio asiático coas Filipinas. Abandono. Fracaso. MARROCOS 1859-1860 Pretexto: castigar aos nativos que acosan Ceuta. Declaración de guerra ao sultán de Marrocos, que solicita a paz tras as derrotas de Castillejos e Wad Ras. Vantaxes comerciais e territorias. Destaca a figura de Prim. MÉXICO 1861-1862 Enfrontamento de España, Francia e Gran Bretaña ante a negativa de non pagar a débeda exterior pero as tropas abandonan o país ante o intento de instaurar un imperio por parte de Francia (Maximiliano de Austria) SANTO DOMINGO 1861-1865 Incorpórase á coroa española en 1861 por propia vontade. Ante as dificultades, España decide a separación catro anos despois. PERÚ E CHILE 1862-1871 Disputa polo control dos portos entre estes dous países. España participa nas disputas de Valparaíso e do Callao. Participa Méndez Núñez.
  127. 127. Méndez Núñez Máis vale honra sen barcos que barcos sen honra... Viva España con honra!
  128. 128. Coa demisión de O’Donnell abriuse un período de fonda crise no sistema político Bienio ultramoderado:. os gobernos foron cada vez máis autoritarios, provocando o exilio de progresistas, demócratas e republicanos. A impopularidade da raíña medrou ante a imaxe dunha camarilla de cortesáns corruptos e integristas, e o afondamento da crise económica. Os conflitos foron en aumento, sendo a represión a única resposta. En 1866 fusilouse a 68 sarxentos e soldados implicados nun pronunciamento. Nese mesmo ano a oposición asinou o Pacto de Ostende para derrocar a Isabel, o que conseguirán cun novo pronunciamento en setembro de 1868. Isabel II chega a Francia, 1868 6. A etapa isabelina Segundo período moderado (1856-1868) O’Donnell Caída do reinado de Isabel II
  129. 129. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.1. A Revolución de 1868 7.2. A monarquía democrática (1870-1873) 7.3. A Primeira República (1873-1874)
  130. 130. GOBERNO PROVISIONAL AMADEO I SABOYA PRIMEIRA REPÚBLICA SERRANO Revolución De 1868 Topete Figueras Serrano Prim Pi i Margall Salmerón Castelar Pavía Sagasta Martínez Campos Escudo Monárquico
  131. 131. • A partir de 1866 produciuse unha grave crise económica que, unida ao desgaste político do réxime isabelino, desencadeou unha revolución contra a monarquía. • Os sublevados foron aqueles grupos marxinados do poder: unionistas, progresistas e demócratas que se uniron para presentar unha alternativa ao sistema: democratización da vida política e recuperación económica (Pacto de Ostende). • O movemento encabezado por Prim (progresista) e Serrano (unionista) estalou en 1868 coa sublevación da escuadra do brigadier Topete na baía de Cádiz. O movemento estendeuse a outras cidades. • Formouse un goberno provisional que impulsou un programa de reformas. • Finalmente, elixíronse unhas novas Cortes, que aprobaron a Constitución de 1869, de carácter democrático. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
  132. 132. O movemento revolucionario estalou en setembro de 1868 polo brigadier Topete en Cádiz, seguindo o esquema clásico dos pronunciamentos, baixo o lema Viva España con honra! O alzamento militar foi masivamente seguido, constituíndose xuntas por toda a xeografía nacional. As peticións das xuntas eran moito máis radicais cas dos xenerais. Ademais de cambios políticos democráticos reclamaban a supresión das quintas, da pena de morte e dos impostos de consumos. Alegoría da revolución 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) Revolución de 1868
  133. 133. A Constitución de 1869 foi a máis democrática de Europa nese momento: recóñeceuse o sufraxio universal masculino e unha ampla relación de dereitos e liberdades. Por primeira vez se recolleron os dereitos de reunión e asociación, e a liberdade de cultos. A soberanía nacional é a orixe de todo poder, mesmo o da monarquía. O poder reside nas Cortes, formadas por Congreso e Senado, este cun carácter de representación territorial. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) Goberno provisional
  134. 134. Goberno provisional
  135. 135. Na Constitución establéceuse que ‘a nación española é unha monarquía’ (art. 33). A busqueda dun rei dividiu aos partidos, sendo finalmente escollido o fillo do rei de Italia, Amadeo de Savoia, co apoio de Prim. A candidatura de Amadeo só foi apoiada por 191 dos 344 deputados, e foi moi mal recibido polas elites sociais e caricaturizado polo pobo. O seu principal apoio, o xeneral Prim, foi asasinado tres días antes da chegada do monarca, o 30 de decembro de 1870. Prim, Serrano e Topete poxan a Coroa española 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.2. A monarquía democrática (1870-1873) Morte de Prim
  136. 136. • Amadeo contou sempre coa oposición dos moderados, dos carlistas e da Igrexa, que se mantiveron fieis aos Borbón. Moitos demócratas proclamáronse republicanos. • Ademais, o novo rei tivo que lle facer fronte ao estoupido de dous conflitos armados: unha insurrección na illa de Cuba (1868) e unha nova guerra carlista, que se iniciou en 1872. • Amadeo de Savoia renunciou ao trono en febreiro de 1873. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.2. A monarquía democrática (1870-1873) Gisbert: Retrato de Amadeo I Amadeo I de Saboya Outra guerra carlista 1ª guerra de Cuba (1868-1878)
  137. 137. • Ante a abdicación do rei, as Cortes españolas votaron a proclamación da República (1873). • A República naceu con escasas posibilidades de éxito, aínda que foi recibida con entusiasmo polos sectores populares das cidades. • Os republicanos tiñan un amplo programa de reformas sociais e pretendeuse organizar o Estado de forma federal. • En xaneiro de 1874, un golpe de Estado levado a cabo polo xeneral Pavía disolveu as Cortes e entregoulle a presidencia do executivo ao xeneral Serrano. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.3. A primeira república (1873-1874)
  138. 138. O 11 de febreiro de 1873, ante a falta de alternativas, as Cortes proclamaron a República. O novo réxime durou moi pouco e caracterizouse pola división dos republicanos (houbo catro presidentes en só un ano) entre federalistas e unitarios, e a agudización dos conflitos. O 11 de xuño presentouse un proxecto de Constitución federal, que organizaba España como unha federación de 17 Estados federados, incluídos Cuba e Porto Rico. Sátira da I República, unitaria ou federal Proclamación da I república 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.3. A primeira república (1873-1874)
  139. 139. Os federais radicais, partidarios dunha confederación, no verán de 1873, iniciaron o levantamento cantonalista. O primeiro cantón en proclamarse independente foi o de Cartaxena. Nalgúns lugares, como Alcoi, os anarquistas sumáronse á insurrección pedindo melloras para os obreiros. Houbo 16 mortos e 20 feridos. O Goberno republicano apoiouse nos militares, esmagando a rebelión cantonalista, agás en Cartagena. O presidente Salmerón dimitiu ao negarse a asinar penas de morte, sendo substituído por Castelar, que aumentou as accións represivas. Sátira do cantonalismo Bmbardeos en Cartagena 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.2. A primeira república (1873-1874)
  140. 140. O 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía, reclamado pola burguesía conservadora, deu un golpe de Estado. Entrou nas Cortes e disolveu o Parlamento. Da República só quedou o nome. O xeneral Serrano gobernou por decreto apoiado polo exército. A inestabilidade continuou a pesar da forte represión: disolveu a Internacional, perseguiu aos republicanos e esmagou o cantón de Cartagena. A solución alfonsina que preparaba Cánovas foi á saída elixida polas clases dirixentes. O pronunciamento do xeneral Martínez Campos o 29 de decembro de 1874 deu paso á Restauración borbónica. Pavía disolve as Cortes 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) A ditadura de Serrano (1874)

×