UNIÓN EUROPEA

A Unión Europea
1. Por que naceu a Unión Europea?
• A Unión Europea naceu co desexo de acabar
coas frecuentes conflitos entre veciños que
culminaran na Segunda Guerra Mundial e
que deixaran a Europa arruinada e
dependente das grandes superpotencias.
• Necesitábase tamén acelerar a reconstrución
económica, logrando uns mercados máis
amplos que os nacionais.
1. Que é a Unión Europea?
• A Unión Europea é unha unión económica e
política única.
• Comezou como unha alianza económica e
converteuse nunha complexa organización
intergobernamental que regula aspectos tan
diversos da nosa vida como a agricultura, o
transporte ou a protección ao medio
ambiente.
1957
EUROPA
DOS SEIS
FUNDACIÓN
1973
EUROPA
DOS NOVE
1ª AMPLIACIÓN
1981
EUROPA
DOS DEZ
2ª AMPLIACIÓN
1986
EUROPA
DOS DOCE
3ª AMPLIACIÓN
1990
REUNIFICACIÓN
ALEMÁ
1995
EUROPA
DOS 15
4ª AMPLIACIÓN
2004
EUROPA
DOS 25
5ª AMPLIACIÓN
2007
EUROPA
DOS 27
6ª AMPLIACIÓN
2013
EUROPA
DOS 28
7ª AMPLIACIÓN
2016
EUROPA
DOS 27
BREXIT
RESULTADO
REFERENDUM
BREXIT
RESULTADO
REFERENDUM
Gañou o sí a permanecia
Gañou o non
Sí % Non % Participación %
16.141.241 48,1 17.410.742 51,9 72,2
NON UE
FUTURA AMPLIACIÓN
OFICIAIS 5
POTENCIAIS 2
POSIBEIS 3
PARALIZADO 3
2. Investiga: fundación, membros…
• Foi creada en 1957 polo Tratado de Roma e denominouse inicialmente
como Comunidade Económica Europea.
• Os membros fundadores foron seis: Francia, Italia, Alemaña, Bélxica,
Países Baixos e Luxemburgo.
• Tivo sete ampliacións. A última foi no 2013 coa incorporación de
Croacia.
• Actualmente forman parte 27 países europeos.
• España incorporouse en 1986.
• A maior ampliación produciuse no 2004 ao incorporarse 10 países. A
maioría da Europa Oriental (antigas economías socialistas).
• Gran Bretaña, tras o referendo celebrado no 2016 onde gañou o
Brexit, saíu da UE no 2020. As razóns que esgrimiron os partidarios da
saída están ligadas ao euroescepticismo reclamando a volta a un
pasado glorioso de Gran Bretaña defendendo a súa autonomía política
e económica.
313
2,586
9,213
20,145
30,452
34,188
41,987
43,110
48,702
55,896
62,643
63,290
68,655
77,212
82,519
90,996
91,248
110,001
130,048
234,270
297,825
304,316
307,236
353,296
407,300
502,654
633,886
4,106,009
0 500,000 1,000,000 1,500,000 2,000,000 2,500,000 3,000,000 3,500,000 4,000,000 4,5
Malta
Luxemburgo
Chipre
Eslovenia
Bélxica
Países Baixos
Dinamarca
Estonia
Eslovaquia
Croacia
Lituania
Letonia
Irlanda
Chequia
Austria
Portugal
Hungría
Bulgaria
Grecia
Romanía
Italia
Finlandia
Polonia
Alemaña
Suecia
España
Francia
UE
Superficie da Unión Europea en km2
Superficie da UE comparada co resto
do el mundo
Superficie (miles km²)
UE China Xapón Rusia Estados
Unidos
17.100
9596 9629
4106
365
Poboación da UE (2023)
542,051
660,809
920,701
1,365,884
1,883,008
2,116,792
2,857,279
3,850,894
5,194,336
5,428,792
5,563,970
5,932,654
6,447,710
9,104,772
9,597,085
10,394,055
10,467,366
10,521,556
10,827,529
11,754,004
17,811,291
19,051,562
36,753,736
48,059,777
58,850,717
68,070,697
84,358,845
448,387,872
0 50,000,000 100,000,000 150,000,000 200,000,000 250,000,000 300,000,000 350,000,000 400,000,000 450,000,000 500,
Malta
Luxemburgo
Chipre
Estonia
Letonia
Eslovenia
Lituania
Croacia
Irlanda
Eslovaquia
Finlandia
Dinamarca
Bulgaria
Austria
Hungría
Grecia
Portugal
Suecia
Chequia
Bélgica
Países Bajos
Rumanía
Polonia
España
Italia
Francia
Alemania
Total UE
Poboación da UE e doutros países do mundo
Poboación en 2023
(en millóns de habitantes)
448
1412
125 145
331
UE China Xapón Rusia Estados
Unidos
Riqueza da UE comparada co resto
do mundo
UE China Xapón Rusia Estados
Unidos
UE China Xapón Rusia Estados
Unidos
16.613
1 339
5.390
2.812
19.096
37.194
8.382
33.668
17.687
46.715
Dimensión económica: producto interior
bruto en miles de millones de euros en 2020
Riqueza per cápita: producto interior bruto
per cápita en estándar de poder adquisitivo en 2020
3. Diferenza entre tratado de libre comercio,
unión alfandagueira e unión económica
A B
Zona de libre comercio EFTA, MERCOSUR...
(supresión de barreiras comerciais entre países)
A B
Unión Alfandagueira (supresión de barreiras
entre países e arancel común fronte a terceiros)
AB
Unión Económica (UE actualmente) (Mercado
común e harmonización da política económica)
4. Que supuxo o Tratado de Roma?
• En 1957, coa sinatura do Tratado de Roma, creouse a
Comunidade Económica Europea (CEE) formada por
Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Países Baixos e
Luxemburgo.
• O seu obxectivo era crear unha unión de alfándegas que
permitise a libre circulación de mercadorías, persoas,
capitais e servizos entre os países membros.
• Co tempo, a CEE foise ampliando e consolidando.
• A Acta Única Europea de 1987 incorporou o principio de
cohesión económica e social para que fose posible un
desenvolvemento equilibrado de todos os membros.
11
11
Firma do Tratado de Roma
• En 1992, co Tratado da Unión Europea ou de Maastricht, o espazo
de libre circulación comezou a ser unha realidade.
• Créase a Unión Económica e Monetaria (UEM) (o euro
comeza a funcionar no 2002.
• Xurde o concepto de cidadanía europea. Todo cidadán/á dun
Estado membro da UE convertíase automaticamente en
cidadán/á da Unión. O que garante dereitos como a libre
circulación e residencia no territorio dos estados membros, a
ser elector e candidato nas eleccións municipais así como nas
eleccións ao parlamento Europeo no estado no que resida…
• Xurden os Fondos de Cohesión, para favorecer ás rexións
máis desfavorecidas economicamente.
4. Que supuxo o Tratado de Maastricht?
• 2009: entra en vigor o Tratado de Lisboa (tratado para unha
constitución para Europa). Aumentaron as competencias do
parlamento, establecéronse dereitos fundamentais do
cidadán/á.
• Malia a súa diversidade, os países da UE réxense por uns
mesmos valores fundamentais: a paz, a democracia, o Estado
de dereito e o respecto dos dereitos humanos.
• Durante medio século, a UE aumentou o nivel de vida dos
seus cidadáns ata cotas sen precedentes. Creou un mercado
común sen fronteiras interiores e unha moeda única, o euro.
11
4. Que supuxo o Tratado de Lisboa?
FRONTEIRA ENTRE ESPAÑA E PORTUGAL
Posto fronteirizo de Tui
5. Obxectivos da Unión Europea
• Os obxectivos básicos da Unión Europea son:
• a) O Unión económica: libre circulación,
normativa económica común, unión monetaria.
• b) Unión política: Creación de institucións
supraestatais. Afirmación da identidade europea
no ámbito internacional. Política de defensa
común.
• c) Unión social e rexional: a implantación dunha
cidadanía europea. Que os dereitos dos cidadáns
sexan comúns (educación, sanidade, benestar
social…)
11
6. Avance de obxectivos: unión económica
• É o punto máis avanzado pois tódolos países
membros comparten políticas económicas comúns
(agricultura, pesca, industria, normativa de
consumo…)
• Libre circulación: mercadorías, traballadores,
servizos e capitais.
• Algúns países membros (incluída España) forman
parte da UEM (Unión Económica e Monetaria) que
supón ter unha moeda única (euro) e unha política
monetaria común (Banco Central Europea) e normas
que afectan a tódolos estados membros.
11
• Avanzouse moito no entramado
institucional (poder executivo,
lexislativo e xudicial da UE).
Organismos e competencias.
• Menos en política exterior,
xustiza e seguridade e política
de defensa común.
11
6. Avance de obxectivos: unión política
• Bastante atraso en xeral. Predomina o principio de
subsidariedade (o que fagan os distintos estados non o
ten que facer a UE). Vexamos distintos apartados:
a) Dereitos de cidadanía: carta de dereitos fundamentais
redatados no Tratado de Lisboa.
b) Non existe unha lexislación nin xestión en común:
dereitos traballo-laborais, seguridade social, sanidade,
educación (aínda que existen programas de intercambio:
sócrates, leonardo, erasmus), benestar social, vivenda…
c) Política rexional: avanzouse parcialmente: Fondos
estruturais e de cohesión.
11
6. Avance de obxectivos en políticas sociais e
rexionais
• A pesar das políticas de
cohesión económica existen
importantes diferenzas
económicas entre os estados
ou rexións que forman parte da
UE o que dificulta uns valores
de competitividade
homoxéneos.
11
7. Espazo homoxéneo ou diferenzas entre os
estados membros?
PIB per cápita: distribución da riqueza
PIB per cápita en estándares de poder
adquisitivo en 2020
Media dos 27 países da UE = 100
280
144
131 129 127 123 121 118 117 113 113
104 102 100
94 89 87
79 77 75
67 66 63
58 56 53
38 37
Luxemburgo
Irlanda
Países
Baixos
Austria
Dinamarca
Bélgica
Suecia
Reino
Unido
Finlandia
Alemania
Francia
Italia
España
UE
(27
países)
Chipre
Grecia
Eslovenia
Chequia
Malta
Portugal
Estonia
Hungría
Eslovaquia
Lituania
Letonia
Polonia
Rumanía
Bulgaria
Mapa do desenvolvemento rexional
(2014-2020)
Azul: máis desenvoltas
Amarelo: transición
Vermello: menos desenvoltas
8. As institucións da Unión Europea
• O Consello Europeo
• O Consello da Unión Europea (Consello)
• O Parlamento Europeo (PE)
• A Comisión Europea (CE)
• O Tribunal de Xustiza
• A toma de decisións (normas, orzamentos...)
lévase a cabo nas catro primeiras institucións
fundamentais. A isto se lle denomina codecisión.
11
8. O Consello Europeo
• O Consello Europeo está composto polos xefes de
Estado ou de Goberno dos Estados membros,
acompañados dos seus ministros de Asuntos
Exteriores, o presidente da Comisión e por un
presidente elixido por dous anos e medio renovable por
outro mandato.
• É o máximo órgano político da UE e está encargado de
definir as orientacións xerais de actuación e de
desenvolvemento.
• Celebran “cumios” trimestralmente.
• As decesións tómanse por maioría cualificada ou
unanimidade (Asilo, Defensa, Fiscalidade, Aprobación
dos tratados)
11
Cumio do Consello Europeo
Cumio dos Xefes de Estado ou de Goberno de tódolos países de la UE
Reúnese catro veces ao ano
Establece as directrices xerais das políticas da UE
8. O Consello da Unión Europea
• O Consello de Ministros está formado por representantes dos
Estados que integran a UE. Polo xeral, reúnense os ministros
de Asuntos Exteriores dos países membros. Ten a súa sede en
Bruxelas.
• No Consello de Ministros tómanse as decisións máis
importantes e coordínanse as actuacións dos distintos
Estados da UE.
• Para tomar decisións, normalmente é necesario contar cunha
maioría cualificada: (55% dos países (15 sobre 27) e que
representen como mínimo ao 65% da poboación da UE).
• Para bloquear unha decisión, son necesarios polo menos 4
países (que representen, como mínimo, ao 35% da poboación
total da UE).
• Unanimidade: temas sensibeis como a política exterior e a
fiscalidade.
8. O Parlamento Europeo
• O Parlamento Europeo é elixido por sufraxio
universal cada cinco anos. Cada Estado escolle
os seus eurodeputados, isto é, os seus
representantes ao Parlamento Europeo.
• Ten a súa sé en Estrasburgo (tamén en Bruxelas e
Luxemburgo).
• O Parlamento exerce a función lexislativa, isto é,
pode facer e reformar leis e aproba os orzamentos
da UE. Organízase en comisións para traballar
temas concretos.
11
Croacia
O Parlamento Europeo: a voz do pobo
79
7
8
21
14
Grecia
Francia
14
Finlandia
Estonia
59
España
Eslovenia
Eslovaquia
14
Dinamarca
6
Chipre
21
Chequia
17
Bulgaria
21
Bélxica
19
Austria
96
Alemaña
• Aprobación da normativa e o orzamento da UE xunto co Consello da Unión
Europea (codecisión)
• Supervisión democrática de toda o labor da UE
• Consta de 705 deputados (no 2024 pretende aumentar a 716). Ten a súa sé
en Estrasburgo (Pleno), aínda que a Comisión está en Bruxelas e a
administración en Luxemburgo.
Total 705
12
21
Suecia
33
Romanía
21
Portugal
52
Polonia
29
Países Baixos
6
Malta
6
Luxemburgo
11
Lituania
8
Letonia
76
Italia
13
Irlanda
21
Hungría
Número de diputados electos en cada país
UNIÓN EUROPEA
O PARLAMENTO EUROPEO
Os partidos políticos europeos
Escanos de cada grupo político no
Parlamento Europeo (2019-2024)
EUROPA ESPAÑA
P. POPULAR EU. 176 13 PP
SOCIALISTAS 144 21 PSOE
RENOVAR EUROPA 102 7 CIUDADANOS
OS VERDES/ALE 71 2 CAT. COMÚ e ERC
IDENTIDADE E
DEMOCRACIA 64
CONSERVADORES
E REFORMISTAS EU 64 4 VOX
ESQUERDA
UNITARIA 38 10
PODEMOS, ANOVA,
EU
NI (Non inscritos) 46 2 JUNTS
TOTAL 705 59
8. A Comisión Europea
• A Comisión Europea exerce a función executiva. Garante o
cumprimento das normativas europeas, propón os textos de lei
que se presentan ao Parlamento e ao Consello de Ministros. Ten
a sé en Bruxelas. Está formado por 27 Comisarios (un por cada
estado membro), presidente e vicepresidente.
• El presidente es elegido por maioría absoluta do parlamento
europeo por un mandato de 5 anos. O vicepresidente e
comisarios son escollidos polo presidente a proposta dos países
membros.
• O primeiro vicepresidente asume a política exterior e de
seguridade.
• A Comisión Europea controla o cumprimento dos acordos e
tratados e elabora os orzamentos para o Parlamento e o
Consello.
11
COMISIÓN EUROPEA
CONSELLO EUROPEO
REUNIÓNS DOS XEFES DE ESTADO E DE GOBERNO
Presidente do C. Europeo
Charles Michel
Dende o 1-12-2019
Dirección política
Arbitra os conflitos
Dentro do Consello da UE
COMISIÓN EUROPEA
Vicepresidente
Josep Borrell
Alta Representante
para a politica exterior
Catherine Asthon
CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA
Reunións ministeriais
PARLAMENTO EUROPEO
Redacta
Proxectos lexislativos
Regulamentos e directivas
Presidenta
Roberta Metsola
Os parlamentos estatais adaptan as directivas
ESTADOS PARLAMENTOS ESTATAIS CIDADÁNS
Presidenta
Ursula von der Leyen
Parlamento Europeo
Institucións da UE
Tribunal de
Xustiza
Tribunal de
Contas
Comité Económico e
Social Comité das Rexións
Consello de Ministros
(Consello da UE)
Comisión Europea
Banco Europeo de
Investimentos
Banco Central
Europeo
Axencias
Consello Europeo
(cumio)
Como se fai unha norma?
8. O Tribunal de Xustiza
• O Tribunal de Xustiza exerce a función
xudicial. Garante o respecto, a
interpretación e o cumprimento das leis
comunitarias. Ten a súa sé en Luxemburgo.
• Está formado por un xuíz de cada país
membro, que se renova cada cinco anos.
Este tribunal atende os cidadáns e
institucións comunitarios que o precisan.
11
9. Parlamento europeo (membros)
• O parlamento europeo está formado por 705
deputados.
• Os grupos parlamentarios non se forman por
países se non por afinidade ideolóxica.
Existen sete grupos parlmentarios.
• A España correspóndelle a elección de 59
deputados.
• As eleccións realízanse cada 5 anos.
11
Símbolos da UE
A bandeira europea O himno europeo
Día de Europa, 9 de maio Lema “Unidade na diversidade”
Oda á Alegría
10, 11, 12. Símbolos da Unión Europea
• Bandeira: está formada por 12 estrelas amarelas
dispostas en círculo sobre fondo azul. Representan
os ideais de unidade, solidariedade e harmonía
entre os pobos de Europa.
• Himno: «Oda á alegría» de Bethoven.
• O día de Europa é o 9 de maio.
• Eslogan: unidade na diversidade.
11
13. O euro
• O Euro é a moeda única europea que se creou en
1999.
• Non todos os países forman parte da UEM (unión
económica e monetaria) polo tanto utilizan a súa
moeda nacional.
• Cada banco central nacional emite moedas con
distintos símbolos relacionados coa historia e cultura
destes. Os billetes sen embargo teñen o mesmo
detalle e os elabora o banco central europeo.
11
14. Unión Económica e Monetaria
• Aparición do euro (1999).
• Só poden entrar os países que
reúnan certos requisitos relativos ao
déficit, inflación e débeda púlbica,
tipos de interese, mantemento no tipo
de cambio.
• Reunían os requisitos 11 países para
entrar na eurozona (1-1-1999).
• Posto en circulación o 1 de xaneiro de
2002.
• Creación dun órgano de control
monetario: Banco Central Europeo.
• A eurozona está integrada
actualmente por 20 países (Grecia
(2001), Eslovenia (2007), Malta e
Chipre (2008) e Eslovaquia (2009),
Estonia (2011), Letonia (2014) e
Lituania (2015) e Croacia (2023).
• 20 países forman parte na
actualidade.
UEM Eurozona (20)
Non eurozona (7)
Fóra da UE que
utilizan o euro
con acordos
(Andorra, Mónaco,
San Marino, Vaticano).
Fóra da UE,
Utilizan o euro
Sen acordo
(Montenegro
e Kosovo)
Cláusula de exclusión
• Garantir a estabilidade dos prezos
• Controla a oferta monetaria e determina o tipo de interese
• Non depende dos gobernos
• Ten a súa sé en Frankfurt (Alemaña)
14. O Banco Central Europeo: xestión do euro
Christine Lagarde
Presidenta do Banco Central
15. Programas educativos
Máis de dos millóns de xoves estudaron ou
cursaron ciclos de desenvolvemento
persoal en países europeos con axuda de
programas da UE:
4 Comenius: ensinanza primaria e secundaria
4 Erasmus: ensinanza superior
4 Leonardo da Vinci: formación profesional
4 Grundtvig: educación de adultos
4 Mocidade en Acción: voluntariado e
educación extraescolar
Países Positivo Negativo Saldo
Luxemburgo 70% 12% 58%
Países Baixos 69% 11% 58%
Irlanda 66% 10% 56%
Dinamarca 66% 12% 54%
Polonia 62% 8% 54%
Bélxica 64% 12% 52%
Eslovaquia 59% 7% 52%
España 59% 12% 47%
Estonia 52% 7% 45%
Romanía 55% 11% 44%
Bulgaria 47% 8% 39%
Suecia 54% 20% 34%
Lituania 48% 14% 34%
Italia 48% 17% 31%
Alemaña 50% 20% 30%
Malta 47% 21% 26%
Eslovenia 39% 16% 23%
Grecia 44% 21% 23%
Hungría 38% 15% 23%
Finlandia 45% 23% 22%
Portugal 43% 21% 22%
Francia 44% 24% 20%
Rep. Checa 31% 16% 15%
Austria 36% 23% 13%
Letonia 26% 19% 7%
Chipre 33% 29% 4%
PERCEPCIÓN DE PERTENZA Á UE 2018
16. Grao de pertenza a UE
• Segundo enquisa realizada no
2018 sobre o grao de pertenza a
UE é en xeral alto. Un dos
países que maior grao de
satisfacción ten é España.
• Aínda que despois da crise de
2009 o euroescepticismo foi
medrando. O exceso de
burocracia e a presión fiscal que
non se compensa cos servizos
prestados pola UE é un dos
factores.
17. Financiamento comunitario
• Para financiar a Unión Europea
adícase o 1,07% do PIB.
• Dende o ano 1970 a Comunidade
conta con medios de financiamento
propios.
• Este sistema foi modificado varias
veces coa finalidade de poder
financiar os maiores gastos derivados
das políticas comunitarias.
EVOLUCIÓN DO GASTO NA UE
(Porcentaxe sobre o total do gasto)
1973 1983 1994 2008 2014
Agricultura e
medio ambiente 79,3% 64,9% 55,7% 42,6% 41,6%
Outras accións
estruturais:
Emprego,
cohesión,
investigación 4,3% 16,9% 26,5% 35,6% 52%
Funcionamento 16,4% 18,2% 17,8% 22,2% 6,4%
Orzamento
(millóns de €) 4.004,6 24.313 60.304,80 129.100 142.000
17. Financiamento da UE
EVOLUCIÓN DOS INGRESOS NA UE
1973 1999 2021-2027
Dereitos de aduanas e outros 51% 18% 11%
Recursos do IVE (0,3% do IVE recaudado) 49% 34% 15%
Recursos do PIB (0,7% do PIB ponderado
de cada país) 48% 74%
Total gastos (millóns de euros) 4.005 65.000 201.800
• Só copiar o relativo ao periodo 2021-2027
BALANZA DE TRANSFERENCIAS DA UE/ESPAÑA (2017)
Aportacións da UE a España 9.664
Aportacións de España a UE 8.080
SALDO 1.584
• Os principais contribuíntes son Alemaña, Francia
e Italia que aportan o 75% do orzamento o seren
os países de maior tamaño demográfico e de PIB
xenerado.
• Un países son contribuíntes netos (aportan máis
do que reciben) caso dos anteriores países
citados e Países Baixos.
• Outros son beneficiarios netos (recibiron máis do
que aportaban) Grecia, España e Portugal e
Irlanda que recibiron moita coantía dos fondos
estruturais e de cohesión que a partir de agora
desplázase cara Europa Oriental.
17. Contribución dos países membros
17. Os fondos estruturais
• O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
financia infraestruturas, investimentos produtivas para crear
emprego, proxectos de desenvolvemento local e axudas ás PEME.
• O Fondo Social Europeo (FSE) favorece a reinserción
profesional das persoas sen emprego e dos grupos menos
favorecidos, financiando accións de formación e sistemas de axuda
á contratación .
• O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP) ten
como finalidade adaptar e modernizar o equipamento deste sector.
• Fondo Agrícola de Garantía (FEAGA) financia accións de
desenvolvemento rural e de axuda aos agricultores, principalmente
nas rexións menos desenvolvidas. A sección "Garantía" do
devandito Fondo apoia tamén o desenvolvemento rural no marco da
política agrícola común nas demais rexións da Unión.
18. Financiamento da UE
Orzamento da UE 2021-2027 (miles de millóns) (gasto)
Orzamento a longo
prazo Next Generation EU Suma %
Cohesión, resilencia e valores 426,7 776,5 1.203,2 59,6%
Recursos naturais e medio ambiente 401,0 18,9 419,9 20,8%
Mercado único e innovación dixital 149,5 11,5 161,0 8,0%
Veciñanza e o mundo 110,6 110,6 5,5%
Administración pública UE 82,5 82,5 4,1%
Migración e xestión de fronteiras 25,7 25,7 1,3%
Seguridade e defensa 14,9 14,9 0,7%
Total 1.210,9 806,9 2.017,8
Os grandes
desafíos da
UE
19. Que é o NewGenerationEU?
• Para facerlle fronte á crise provocada pola pandemia, no
2020 púxose en marcha na UE o plan especial de
recuperación NextGenerationEu.
• Xunto co orzamento 2021-2027, supón o maior paquete
de financiamento da UE desde a súa fundación.
Mobilizará máis de 2 billóns de euros.
• Como o seu nome indica, o plan NextGenerationEU
trata de superar a crise do COVID19 pensando na
seguinte xeneración.
• Por medio da transición ecolóxica e dixital, pretende
impulsar a recuperación á vez que mellora as
capacidades dos países da UE para afrontar outros
desafíos actuais e futuros.
• O obxectivo e tamén reducir as desigualdades e
mellorar o nivel de vida de toda a cidadanía europea.
20. En que se diferenzan as crises de 2008 e de 2020?
• O mundo e Europa encaderaron dúas grandes crises
económicas en pouco tempo: a crise financeira global do
2008 e a crise sanitaria pola pandemia da COVID-19 no
2020.
• As respostas foron diferentes:
• A resposta á crise do 2008 foia a austeridade (reducíronse
salarios, investimento público (recortes en sanidade,
educación, servizos sociais)). A Comisión Europea obrigou a
recortar o gasto público, provocou pobreza e desigualdade.
Axudouse ao sistema bancario e o peso da crise recaeu nas
familias.
• No 2020 foi máis solidaria e impulsouse o investimento
público. Por exemplo en España na crise de 2008-2013 o PIB
caeu un 9% e perdéronse 3,5 millóns de empregos. No 2020
o PIB caeu un 20% pero destruíronse menos dun millón de
empregos, que se recuperaron en ano e medio. Ademais nos
anos posteriores subiu o PIB.
21. Como afecta o cambio climático a Europa? Posibles
solucións?
• Europa segue sendo un dos grandes emisores de gases de
efecto invernadoiro (8%, terceiro gran emisor mundial).
• Á súa vez atópase entre as rexións máis ameazadas polos
efectos de cambio climático: ondas de calor, incendios forestais,
desxeo, aumento do nivel do mar, inundacións...
• A temperatura aumentou +0,5ºC por década nos últimos 30 anos,
máis do dobre que a media mundial. As medidas para frear o
cambio climático son necesarias para asegurar o benestar da
poboación europea.
• NextGenerationEU segue a liña marcada polo gran plan europeo
para afrontar a crise climática, o Green New Deal ou Pacto Verde
Europeo, que impulsa a transición ecolóxica para transformar a
economía en sustentable.
• Estes plans están na vangarda mundial de loita contra os problemas
que presenta o cambio climático. Porén, se outros potencias
mundiais non se poñen en camiño, a iniciativa non dará o resultado
dado que estamos ante un problema global.
22. Que fai a UE para vencer a desigualdade? E fóra
das súas fronteiras?
• A igualdade significa que todas as persoas teñen os mesmos
dereitos ante a lei e as mesmas oportunidades.
• Para garantir a igualdade, a seguridade económica e o benestar
das persoas, a UE desenvolve a súa política social. Aplica medidas
para asegurar o emprego, con dereitos laborais e salarios xustos
que permitan unha vida digna, e sistemas de protección social que
coiden das persoas máis vulnerables.
• As relacións exteriores baséanse na defensa dos dereitos humanos
e na democracia. Por exemplo non pode comerciar con países que
non respecten estes dereitos.
• A UE é doante de axuda ao desenvolvemento e axuda humanitaria
do mundo, e participan e negociacións para pórlle fin aos conflitos.
• Con todo, queda moito por facer, pois seguen existindo
desigualdades e os dereitos non sempre se garanten.
• No exterior, a miúdo a UE incumpre as súas propias normas cando
mantén relacións comerciais con países que violan os dereitos
humanos ou o reforzamento do peche das súas fronteiras que
dificultan a entrada de xente dos países subdesenvolvidos.
UNIÓN EUROPEA
Migrantes na praia
do Tarajal (Ceuta)
2021
23. Que efectos ten o avellentamento da poboación da
UE?
• Hai menos poboación en idade de traballar, o que reduce os
ingresos públicos
• Necesítase maior investimento en pensións, saúde e
protección social das persoas maiores, que padecen soidade e
pobreza (especialmente as mulleres con salarios e pensións máis
baixas)
• A poboación concéntrase en zonas urbanas e as zonas rurais
sofren despoboamento e problema de acceso aos servizos
básicos.
• O peso poboacional e económico da UE no mundo, a súa
capacidade influencia, son menores. No 1960 a poboación
europea era o 12% mundial e no 2021 representa só o 6%. No 2070
estará por debaixo do 4%. A proporción do PIB mundial diminúe:
18,3% no 2004 ao 14,3% no 2018.
• As migracións non teñen por que ser un problema se non unha
solución ao «deserto demográfico europeo».
Evolución da
poboación en
Europa
(2001-2020)
% de pobación
estranxeira en
Europa
(2021)
Mortes estimadas
no mar de
migrantes
24. Por que hai posturas antieuropeistas? Que foi o
Brexit? Cres que beneficiou a Gran Bretaña?
• Hai desafíos que se xestan no interior da UE, como
euroescepticismo: desconfianza cara aos proxectos políticos da
UE. Este descontento está representado por movementos políticos
e sociais diferentes e con distintas propostas que van desde a
reforma da UE á súa ruptura.
• Antieuropeismo: Europa ve renacer opcións políticas extremas
que presentan ideas propias do fascismo e que poñen en cuestión á
propia UE. Non son homoxéneas pero teñen trazos comúns
antidemocráticas (autoritarismo, prácticas violentas, rexeitamento
ao feminismo e aos dereitos civís, racismo e xenofobia,
rexeitamento da inmigración... En Alemaña, todos os partidos (de
dereitas e esquerdas) evitaron que cheguen ao poder. Noutros,
forman parte ou lideran gobernos. Ademais teñen representación no
Parlamento Europeo.
• Non todos propoñen abertamente abandonar a UE, pero apostan
por volver á soberanía nacional e a un pasado de nacións
autónomas e fortes.
24. Por que hai posturas antieuropeistas? Que foi o
Brexit? Cres que beneficiou a Gran Bretaña?
• Pero o euroescepticismo non sempre se converte en antieuropeísmo. A
cidadanía opúxose varias veces ás políticas europeas sen que signifique
que queiran saír da UE.
• Pediron máis atención a necesidade como a vivenda, a educación, as
pensións ou a sanidade. Esta oposición manifestouse en referendos ou
mobilizacións, que viñan dicir, Europa si, pero non desta maneira.
• A resposta foi, en ocasións, deixar de convocar referendos. Noutras
criticouse a falta de europeísmo. O descontento popular non se vía como
unha ameaza, xa que abandonar a UE era impensable. Ata o Brexit.
• O Brexit: en xuño do 2016, o pobo británico votou en referendo a saída do
seu país da UE (o acordo de retirada entrou en vigor o 31 de xaneiro de
2020). Paradoxal, a idea de que saír da UE implica o regreso a un pasado
glorioso das nacións europeas, defendida pola extrema dereita, tamén
saltou polo aire co Brexit.
• Gran Bretaña segue tratando de xestionar a saída, con graves
consecuencias para a súa economía, o seu mercado de traballo, o seu
comercio, a súa estabilidade política e o benestar da súa poboación.
24. Por que hai posturas antieuropeistas? Que foi o
Brexit? Cres que beneficiou a Gran Bretaña?
• O europeísmo ante o futuro: Abandonar a
Unión non é sinónimo de melloras na calidade de
vida. Manterse na UE esperando que cambie o
rumbo dalgunhas das súas políticas para
incrementar o benestar social e a igualdade,
demóstrase tamén complicado.
• O antieuropeísmo non ten en fronte un
europeísmo activo, a pesar de que a gran maioría
de europeos quere permanecer e reforzar a UE.
• Definiar a Unión Europea do futuro é, por tanto, un
gran reto para a cidadanía europea. A forma de
resolver os desafíos económico, climático,
enerxético, social ou demográfico marcará o
rumbo de Europa.
Confianza
na UE
(2022)
UE
fundouse
por
Obxectivos Os membros son Achegan As institucións
son
Que está
E teñen Riqueza
mundial
UE
Organización
supraestatal
fundouse
1957
por
Tratado de
Roma
Obxectivos Os membros son Achegan As institucións
son
Unión
Eonómica
Unión
Política
Que está
Máis
avanzda
Máis
atrasada
27
E teñen
Contrastes
30%
Riqueza
mundial Parlamento
Consello
Europeo
Comisión
Consello da
UE
Tribunal da
UE
1 de 80

Recomendados

Tema 5 A Unión Europea por
Tema 5 A Unión EuropeaTema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión Europearubempaul
10.3K vistas24 diapositivas
Tema 5 por
Tema 5Tema 5
Tema 5Antía Sanmarco
219 vistas31 diapositivas
UE. Organización Política e Territorial por
UE. Organización Política e TerritorialUE. Organización Política e Territorial
UE. Organización Política e TerritorialDudas-Historia
1.5K vistas21 diapositivas
Tema 5- Xeografía. por
Tema 5- Xeografía.Tema 5- Xeografía.
Tema 5- Xeografía.Verena Vieites Fernandes
117 vistas23 diapositivas
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf por
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfA UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfVanessa Felípez
2 vistas14 diapositivas
Unidade 9 por
Unidade 9Unidade 9
Unidade 9camposseijo
949 vistas23 diapositivas

Más contenido relacionado

Similar a UNIÓN EUROPEA

A UNIÓN EUROPEA.pdf por
A UNIÓN EUROPEA.pdfA UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfBerta Campos
12 vistas12 diapositivas
España e Galicia na Unión Europea por
España e Galicia na Unión EuropeaEspaña e Galicia na Unión Europea
España e Galicia na Unión EuropeaRosacidgalante
313 vistas28 diapositivas
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02 por
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02pindusa
169 vistas16 diapositivas
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02 por
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02pindusa
151 vistas16 diapositivas
Unioneuropea por
UnioneuropeaUnioneuropea
Unioneuropeamaria sociales
76 vistas24 diapositivas
Unidade 10: España, Europa e o Mundo. por
Unidade 10: España, Europa e o Mundo.Unidade 10: España, Europa e o Mundo.
Unidade 10: España, Europa e o Mundo.camposseijo
461 vistas24 diapositivas

Similar a UNIÓN EUROPEA(20)

España e Galicia na Unión Europea por Rosacidgalante
España e Galicia na Unión EuropeaEspaña e Galicia na Unión Europea
España e Galicia na Unión Europea
Rosacidgalante313 vistas
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02 por pindusa
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
pindusa169 vistas
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02 por pindusa
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
pindusa151 vistas
Unidade 10: España, Europa e o Mundo. por camposseijo
Unidade 10: España, Europa e o Mundo.Unidade 10: España, Europa e o Mundo.
Unidade 10: España, Europa e o Mundo.
camposseijo461 vistas
Traballo en diapositivas tema 5 por ANXOMOREIRAS
Traballo en diapositivas tema 5Traballo en diapositivas tema 5
Traballo en diapositivas tema 5
ANXOMOREIRAS153 vistas
Tema 5 traballo xeografía e historia por pablokatt
Tema 5 traballo xeografía e historiaTema 5 traballo xeografía e historia
Tema 5 traballo xeografía e historia
pablokatt111 vistas
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01 por pindusa
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
pindusa238 vistas
Tema 5 por ahiacg
Tema 5Tema 5
Tema 5
ahiacg195 vistas
España no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización por Agrela Elvixeo
España no Mundo. Os Grandes Retos ante a GlobalizaciónEspaña no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización
España no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización
Agrela Elvixeo2K vistas

Más de Agrela Elvixeo

Castelo de San Diego (A Coruña) por
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
38 vistas12 diapositivas
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos por
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosAgrela Elvixeo
314 vistas10 diapositivas
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx por
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxSANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxAgrela Elvixeo
1K vistas18 diapositivas
JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA por
JOSÉ CORNIDE SAAVEDRAJOSÉ CORNIDE SAAVEDRA
JOSÉ CORNIDE SAAVEDRAAgrela Elvixeo
953 vistas6 diapositivas
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI por
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXIA MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXIAgrela Elvixeo
2.1K vistas103 diapositivas
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI por
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXIOS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXIAgrela Elvixeo
1.3K vistas51 diapositivas

Más de Agrela Elvixeo(20)

Castelo de San Diego (A Coruña) por Agrela Elvixeo
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
Agrela Elvixeo38 vistas
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos por Agrela Elvixeo
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Agrela Elvixeo314 vistas
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx por Agrela Elvixeo
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxSANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
Agrela Elvixeo1K vistas
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI por Agrela Elvixeo
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXIA MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
Agrela Elvixeo2.1K vistas
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI por Agrela Elvixeo
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXIOS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
Agrela Elvixeo1.3K vistas
María Barbeito e Ernestina Otero por Agrela Elvixeo
María Barbeito e Ernestina OteroMaría Barbeito e Ernestina Otero
María Barbeito e Ernestina Otero
Agrela Elvixeo1.3K vistas
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx por Agrela Elvixeo
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptxAS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx
Agrela Elvixeo2.9K vistas
Francisco Fernández del Riego por Agrela Elvixeo
Francisco Fernández del RiegoFrancisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego
Agrela Elvixeo2.2K vistas
Os muíños de vento na cidade da Coruña por Agrela Elvixeo
Os muíños de vento na cidade da CoruñaOs muíños de vento na cidade da Coruña
Os muíños de vento na cidade da Coruña
Agrela Elvixeo2.2K vistas
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx por Agrela Elvixeo
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptxCURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx
Agrela Elvixeo2.5K vistas
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza por Agrela Elvixeo
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
Agrela Elvixeo1.7K vistas
Concurso a muller galega na ciencia por Agrela Elvixeo
Concurso a muller galega na cienciaConcurso a muller galega na ciencia
Concurso a muller galega na ciencia
Agrela Elvixeo3K vistas
Parque escultórico da Torre de Hércules por Agrela Elvixeo
Parque escultórico da Torre de HérculesParque escultórico da Torre de Hércules
Parque escultórico da Torre de Hércules
Agrela Elvixeo2K vistas

UNIÓN EUROPEA

  • 2. 1. Por que naceu a Unión Europea? • A Unión Europea naceu co desexo de acabar coas frecuentes conflitos entre veciños que culminaran na Segunda Guerra Mundial e que deixaran a Europa arruinada e dependente das grandes superpotencias. • Necesitábase tamén acelerar a reconstrución económica, logrando uns mercados máis amplos que os nacionais.
  • 3. 1. Que é a Unión Europea? • A Unión Europea é unha unión económica e política única. • Comezou como unha alianza económica e converteuse nunha complexa organización intergobernamental que regula aspectos tan diversos da nosa vida como a agricultura, o transporte ou a protección ao medio ambiente.
  • 14. BREXIT RESULTADO REFERENDUM Gañou o sí a permanecia Gañou o non Sí % Non % Participación % 16.141.241 48,1 17.410.742 51,9 72,2
  • 16. FUTURA AMPLIACIÓN OFICIAIS 5 POTENCIAIS 2 POSIBEIS 3 PARALIZADO 3
  • 17. 2. Investiga: fundación, membros… • Foi creada en 1957 polo Tratado de Roma e denominouse inicialmente como Comunidade Económica Europea. • Os membros fundadores foron seis: Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. • Tivo sete ampliacións. A última foi no 2013 coa incorporación de Croacia. • Actualmente forman parte 27 países europeos. • España incorporouse en 1986. • A maior ampliación produciuse no 2004 ao incorporarse 10 países. A maioría da Europa Oriental (antigas economías socialistas). • Gran Bretaña, tras o referendo celebrado no 2016 onde gañou o Brexit, saíu da UE no 2020. As razóns que esgrimiron os partidarios da saída están ligadas ao euroescepticismo reclamando a volta a un pasado glorioso de Gran Bretaña defendendo a súa autonomía política e económica.
  • 18. 313 2,586 9,213 20,145 30,452 34,188 41,987 43,110 48,702 55,896 62,643 63,290 68,655 77,212 82,519 90,996 91,248 110,001 130,048 234,270 297,825 304,316 307,236 353,296 407,300 502,654 633,886 4,106,009 0 500,000 1,000,000 1,500,000 2,000,000 2,500,000 3,000,000 3,500,000 4,000,000 4,5 Malta Luxemburgo Chipre Eslovenia Bélxica Países Baixos Dinamarca Estonia Eslovaquia Croacia Lituania Letonia Irlanda Chequia Austria Portugal Hungría Bulgaria Grecia Romanía Italia Finlandia Polonia Alemaña Suecia España Francia UE Superficie da Unión Europea en km2
  • 19. Superficie da UE comparada co resto do el mundo Superficie (miles km²) UE China Xapón Rusia Estados Unidos 17.100 9596 9629 4106 365
  • 20. Poboación da UE (2023) 542,051 660,809 920,701 1,365,884 1,883,008 2,116,792 2,857,279 3,850,894 5,194,336 5,428,792 5,563,970 5,932,654 6,447,710 9,104,772 9,597,085 10,394,055 10,467,366 10,521,556 10,827,529 11,754,004 17,811,291 19,051,562 36,753,736 48,059,777 58,850,717 68,070,697 84,358,845 448,387,872 0 50,000,000 100,000,000 150,000,000 200,000,000 250,000,000 300,000,000 350,000,000 400,000,000 450,000,000 500, Malta Luxemburgo Chipre Estonia Letonia Eslovenia Lituania Croacia Irlanda Eslovaquia Finlandia Dinamarca Bulgaria Austria Hungría Grecia Portugal Suecia Chequia Bélgica Países Bajos Rumanía Polonia España Italia Francia Alemania Total UE
  • 21. Poboación da UE e doutros países do mundo Poboación en 2023 (en millóns de habitantes) 448 1412 125 145 331 UE China Xapón Rusia Estados Unidos
  • 22. Riqueza da UE comparada co resto do mundo UE China Xapón Rusia Estados Unidos UE China Xapón Rusia Estados Unidos 16.613 1 339 5.390 2.812 19.096 37.194 8.382 33.668 17.687 46.715 Dimensión económica: producto interior bruto en miles de millones de euros en 2020 Riqueza per cápita: producto interior bruto per cápita en estándar de poder adquisitivo en 2020
  • 23. 3. Diferenza entre tratado de libre comercio, unión alfandagueira e unión económica A B Zona de libre comercio EFTA, MERCOSUR... (supresión de barreiras comerciais entre países) A B Unión Alfandagueira (supresión de barreiras entre países e arancel común fronte a terceiros) AB Unión Económica (UE actualmente) (Mercado común e harmonización da política económica)
  • 24. 4. Que supuxo o Tratado de Roma? • En 1957, coa sinatura do Tratado de Roma, creouse a Comunidade Económica Europea (CEE) formada por Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. • O seu obxectivo era crear unha unión de alfándegas que permitise a libre circulación de mercadorías, persoas, capitais e servizos entre os países membros. • Co tempo, a CEE foise ampliando e consolidando. • A Acta Única Europea de 1987 incorporou o principio de cohesión económica e social para que fose posible un desenvolvemento equilibrado de todos os membros. 11
  • 26. • En 1992, co Tratado da Unión Europea ou de Maastricht, o espazo de libre circulación comezou a ser unha realidade. • Créase a Unión Económica e Monetaria (UEM) (o euro comeza a funcionar no 2002. • Xurde o concepto de cidadanía europea. Todo cidadán/á dun Estado membro da UE convertíase automaticamente en cidadán/á da Unión. O que garante dereitos como a libre circulación e residencia no territorio dos estados membros, a ser elector e candidato nas eleccións municipais así como nas eleccións ao parlamento Europeo no estado no que resida… • Xurden os Fondos de Cohesión, para favorecer ás rexións máis desfavorecidas economicamente. 4. Que supuxo o Tratado de Maastricht?
  • 27. • 2009: entra en vigor o Tratado de Lisboa (tratado para unha constitución para Europa). Aumentaron as competencias do parlamento, establecéronse dereitos fundamentais do cidadán/á. • Malia a súa diversidade, os países da UE réxense por uns mesmos valores fundamentais: a paz, a democracia, o Estado de dereito e o respecto dos dereitos humanos. • Durante medio século, a UE aumentou o nivel de vida dos seus cidadáns ata cotas sen precedentes. Creou un mercado común sen fronteiras interiores e unha moeda única, o euro. 11 4. Que supuxo o Tratado de Lisboa?
  • 28. FRONTEIRA ENTRE ESPAÑA E PORTUGAL Posto fronteirizo de Tui
  • 29. 5. Obxectivos da Unión Europea • Os obxectivos básicos da Unión Europea son: • a) O Unión económica: libre circulación, normativa económica común, unión monetaria. • b) Unión política: Creación de institucións supraestatais. Afirmación da identidade europea no ámbito internacional. Política de defensa común. • c) Unión social e rexional: a implantación dunha cidadanía europea. Que os dereitos dos cidadáns sexan comúns (educación, sanidade, benestar social…) 11
  • 30. 6. Avance de obxectivos: unión económica • É o punto máis avanzado pois tódolos países membros comparten políticas económicas comúns (agricultura, pesca, industria, normativa de consumo…) • Libre circulación: mercadorías, traballadores, servizos e capitais. • Algúns países membros (incluída España) forman parte da UEM (Unión Económica e Monetaria) que supón ter unha moeda única (euro) e unha política monetaria común (Banco Central Europea) e normas que afectan a tódolos estados membros. 11
  • 31. • Avanzouse moito no entramado institucional (poder executivo, lexislativo e xudicial da UE). Organismos e competencias. • Menos en política exterior, xustiza e seguridade e política de defensa común. 11 6. Avance de obxectivos: unión política
  • 32. • Bastante atraso en xeral. Predomina o principio de subsidariedade (o que fagan os distintos estados non o ten que facer a UE). Vexamos distintos apartados: a) Dereitos de cidadanía: carta de dereitos fundamentais redatados no Tratado de Lisboa. b) Non existe unha lexislación nin xestión en común: dereitos traballo-laborais, seguridade social, sanidade, educación (aínda que existen programas de intercambio: sócrates, leonardo, erasmus), benestar social, vivenda… c) Política rexional: avanzouse parcialmente: Fondos estruturais e de cohesión. 11 6. Avance de obxectivos en políticas sociais e rexionais
  • 33. • A pesar das políticas de cohesión económica existen importantes diferenzas económicas entre os estados ou rexións que forman parte da UE o que dificulta uns valores de competitividade homoxéneos. 11 7. Espazo homoxéneo ou diferenzas entre os estados membros?
  • 34. PIB per cápita: distribución da riqueza PIB per cápita en estándares de poder adquisitivo en 2020 Media dos 27 países da UE = 100 280 144 131 129 127 123 121 118 117 113 113 104 102 100 94 89 87 79 77 75 67 66 63 58 56 53 38 37 Luxemburgo Irlanda Países Baixos Austria Dinamarca Bélgica Suecia Reino Unido Finlandia Alemania Francia Italia España UE (27 países) Chipre Grecia Eslovenia Chequia Malta Portugal Estonia Hungría Eslovaquia Lituania Letonia Polonia Rumanía Bulgaria
  • 35. Mapa do desenvolvemento rexional (2014-2020) Azul: máis desenvoltas Amarelo: transición Vermello: menos desenvoltas
  • 36. 8. As institucións da Unión Europea • O Consello Europeo • O Consello da Unión Europea (Consello) • O Parlamento Europeo (PE) • A Comisión Europea (CE) • O Tribunal de Xustiza • A toma de decisións (normas, orzamentos...) lévase a cabo nas catro primeiras institucións fundamentais. A isto se lle denomina codecisión. 11
  • 37. 8. O Consello Europeo • O Consello Europeo está composto polos xefes de Estado ou de Goberno dos Estados membros, acompañados dos seus ministros de Asuntos Exteriores, o presidente da Comisión e por un presidente elixido por dous anos e medio renovable por outro mandato. • É o máximo órgano político da UE e está encargado de definir as orientacións xerais de actuación e de desenvolvemento. • Celebran “cumios” trimestralmente. • As decesións tómanse por maioría cualificada ou unanimidade (Asilo, Defensa, Fiscalidade, Aprobación dos tratados) 11
  • 38. Cumio do Consello Europeo Cumio dos Xefes de Estado ou de Goberno de tódolos países de la UE Reúnese catro veces ao ano Establece as directrices xerais das políticas da UE
  • 39. 8. O Consello da Unión Europea • O Consello de Ministros está formado por representantes dos Estados que integran a UE. Polo xeral, reúnense os ministros de Asuntos Exteriores dos países membros. Ten a súa sede en Bruxelas. • No Consello de Ministros tómanse as decisións máis importantes e coordínanse as actuacións dos distintos Estados da UE. • Para tomar decisións, normalmente é necesario contar cunha maioría cualificada: (55% dos países (15 sobre 27) e que representen como mínimo ao 65% da poboación da UE). • Para bloquear unha decisión, son necesarios polo menos 4 países (que representen, como mínimo, ao 35% da poboación total da UE). • Unanimidade: temas sensibeis como a política exterior e a fiscalidade.
  • 40. 8. O Parlamento Europeo • O Parlamento Europeo é elixido por sufraxio universal cada cinco anos. Cada Estado escolle os seus eurodeputados, isto é, os seus representantes ao Parlamento Europeo. • Ten a súa sé en Estrasburgo (tamén en Bruxelas e Luxemburgo). • O Parlamento exerce a función lexislativa, isto é, pode facer e reformar leis e aproba os orzamentos da UE. Organízase en comisións para traballar temas concretos. 11
  • 41. Croacia O Parlamento Europeo: a voz do pobo 79 7 8 21 14 Grecia Francia 14 Finlandia Estonia 59 España Eslovenia Eslovaquia 14 Dinamarca 6 Chipre 21 Chequia 17 Bulgaria 21 Bélxica 19 Austria 96 Alemaña • Aprobación da normativa e o orzamento da UE xunto co Consello da Unión Europea (codecisión) • Supervisión democrática de toda o labor da UE • Consta de 705 deputados (no 2024 pretende aumentar a 716). Ten a súa sé en Estrasburgo (Pleno), aínda que a Comisión está en Bruxelas e a administración en Luxemburgo. Total 705 12 21 Suecia 33 Romanía 21 Portugal 52 Polonia 29 Países Baixos 6 Malta 6 Luxemburgo 11 Lituania 8 Letonia 76 Italia 13 Irlanda 21 Hungría Número de diputados electos en cada país
  • 43. O PARLAMENTO EUROPEO Os partidos políticos europeos Escanos de cada grupo político no Parlamento Europeo (2019-2024) EUROPA ESPAÑA P. POPULAR EU. 176 13 PP SOCIALISTAS 144 21 PSOE RENOVAR EUROPA 102 7 CIUDADANOS OS VERDES/ALE 71 2 CAT. COMÚ e ERC IDENTIDADE E DEMOCRACIA 64 CONSERVADORES E REFORMISTAS EU 64 4 VOX ESQUERDA UNITARIA 38 10 PODEMOS, ANOVA, EU NI (Non inscritos) 46 2 JUNTS TOTAL 705 59
  • 44. 8. A Comisión Europea • A Comisión Europea exerce a función executiva. Garante o cumprimento das normativas europeas, propón os textos de lei que se presentan ao Parlamento e ao Consello de Ministros. Ten a sé en Bruxelas. Está formado por 27 Comisarios (un por cada estado membro), presidente e vicepresidente. • El presidente es elegido por maioría absoluta do parlamento europeo por un mandato de 5 anos. O vicepresidente e comisarios son escollidos polo presidente a proposta dos países membros. • O primeiro vicepresidente asume a política exterior e de seguridade. • A Comisión Europea controla o cumprimento dos acordos e tratados e elabora os orzamentos para o Parlamento e o Consello. 11
  • 46. CONSELLO EUROPEO REUNIÓNS DOS XEFES DE ESTADO E DE GOBERNO Presidente do C. Europeo Charles Michel Dende o 1-12-2019 Dirección política Arbitra os conflitos Dentro do Consello da UE COMISIÓN EUROPEA Vicepresidente Josep Borrell Alta Representante para a politica exterior Catherine Asthon CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA Reunións ministeriais PARLAMENTO EUROPEO Redacta Proxectos lexislativos Regulamentos e directivas Presidenta Roberta Metsola Os parlamentos estatais adaptan as directivas ESTADOS PARLAMENTOS ESTATAIS CIDADÁNS Presidenta Ursula von der Leyen
  • 47. Parlamento Europeo Institucións da UE Tribunal de Xustiza Tribunal de Contas Comité Económico e Social Comité das Rexións Consello de Ministros (Consello da UE) Comisión Europea Banco Europeo de Investimentos Banco Central Europeo Axencias Consello Europeo (cumio)
  • 48. Como se fai unha norma?
  • 49. 8. O Tribunal de Xustiza • O Tribunal de Xustiza exerce a función xudicial. Garante o respecto, a interpretación e o cumprimento das leis comunitarias. Ten a súa sé en Luxemburgo. • Está formado por un xuíz de cada país membro, que se renova cada cinco anos. Este tribunal atende os cidadáns e institucións comunitarios que o precisan. 11
  • 50. 9. Parlamento europeo (membros) • O parlamento europeo está formado por 705 deputados. • Os grupos parlamentarios non se forman por países se non por afinidade ideolóxica. Existen sete grupos parlmentarios. • A España correspóndelle a elección de 59 deputados. • As eleccións realízanse cada 5 anos. 11
  • 51. Símbolos da UE A bandeira europea O himno europeo Día de Europa, 9 de maio Lema “Unidade na diversidade” Oda á Alegría
  • 52. 10, 11, 12. Símbolos da Unión Europea • Bandeira: está formada por 12 estrelas amarelas dispostas en círculo sobre fondo azul. Representan os ideais de unidade, solidariedade e harmonía entre os pobos de Europa. • Himno: «Oda á alegría» de Bethoven. • O día de Europa é o 9 de maio. • Eslogan: unidade na diversidade. 11
  • 53. 13. O euro • O Euro é a moeda única europea que se creou en 1999. • Non todos os países forman parte da UEM (unión económica e monetaria) polo tanto utilizan a súa moeda nacional. • Cada banco central nacional emite moedas con distintos símbolos relacionados coa historia e cultura destes. Os billetes sen embargo teñen o mesmo detalle e os elabora o banco central europeo. 11
  • 54. 14. Unión Económica e Monetaria • Aparición do euro (1999). • Só poden entrar os países que reúnan certos requisitos relativos ao déficit, inflación e débeda púlbica, tipos de interese, mantemento no tipo de cambio. • Reunían os requisitos 11 países para entrar na eurozona (1-1-1999). • Posto en circulación o 1 de xaneiro de 2002. • Creación dun órgano de control monetario: Banco Central Europeo. • A eurozona está integrada actualmente por 20 países (Grecia (2001), Eslovenia (2007), Malta e Chipre (2008) e Eslovaquia (2009), Estonia (2011), Letonia (2014) e Lituania (2015) e Croacia (2023). • 20 países forman parte na actualidade.
  • 55. UEM Eurozona (20) Non eurozona (7) Fóra da UE que utilizan o euro con acordos (Andorra, Mónaco, San Marino, Vaticano). Fóra da UE, Utilizan o euro Sen acordo (Montenegro e Kosovo) Cláusula de exclusión
  • 56. • Garantir a estabilidade dos prezos • Controla a oferta monetaria e determina o tipo de interese • Non depende dos gobernos • Ten a súa sé en Frankfurt (Alemaña) 14. O Banco Central Europeo: xestión do euro Christine Lagarde Presidenta do Banco Central
  • 57. 15. Programas educativos Máis de dos millóns de xoves estudaron ou cursaron ciclos de desenvolvemento persoal en países europeos con axuda de programas da UE: 4 Comenius: ensinanza primaria e secundaria 4 Erasmus: ensinanza superior 4 Leonardo da Vinci: formación profesional 4 Grundtvig: educación de adultos 4 Mocidade en Acción: voluntariado e educación extraescolar
  • 58. Países Positivo Negativo Saldo Luxemburgo 70% 12% 58% Países Baixos 69% 11% 58% Irlanda 66% 10% 56% Dinamarca 66% 12% 54% Polonia 62% 8% 54% Bélxica 64% 12% 52% Eslovaquia 59% 7% 52% España 59% 12% 47% Estonia 52% 7% 45% Romanía 55% 11% 44% Bulgaria 47% 8% 39% Suecia 54% 20% 34% Lituania 48% 14% 34% Italia 48% 17% 31% Alemaña 50% 20% 30% Malta 47% 21% 26% Eslovenia 39% 16% 23% Grecia 44% 21% 23% Hungría 38% 15% 23% Finlandia 45% 23% 22% Portugal 43% 21% 22% Francia 44% 24% 20% Rep. Checa 31% 16% 15% Austria 36% 23% 13% Letonia 26% 19% 7% Chipre 33% 29% 4% PERCEPCIÓN DE PERTENZA Á UE 2018 16. Grao de pertenza a UE • Segundo enquisa realizada no 2018 sobre o grao de pertenza a UE é en xeral alto. Un dos países que maior grao de satisfacción ten é España. • Aínda que despois da crise de 2009 o euroescepticismo foi medrando. O exceso de burocracia e a presión fiscal que non se compensa cos servizos prestados pola UE é un dos factores.
  • 59. 17. Financiamento comunitario • Para financiar a Unión Europea adícase o 1,07% do PIB. • Dende o ano 1970 a Comunidade conta con medios de financiamento propios. • Este sistema foi modificado varias veces coa finalidade de poder financiar os maiores gastos derivados das políticas comunitarias.
  • 60. EVOLUCIÓN DO GASTO NA UE (Porcentaxe sobre o total do gasto) 1973 1983 1994 2008 2014 Agricultura e medio ambiente 79,3% 64,9% 55,7% 42,6% 41,6% Outras accións estruturais: Emprego, cohesión, investigación 4,3% 16,9% 26,5% 35,6% 52% Funcionamento 16,4% 18,2% 17,8% 22,2% 6,4% Orzamento (millóns de €) 4.004,6 24.313 60.304,80 129.100 142.000
  • 61. 17. Financiamento da UE EVOLUCIÓN DOS INGRESOS NA UE 1973 1999 2021-2027 Dereitos de aduanas e outros 51% 18% 11% Recursos do IVE (0,3% do IVE recaudado) 49% 34% 15% Recursos do PIB (0,7% do PIB ponderado de cada país) 48% 74% Total gastos (millóns de euros) 4.005 65.000 201.800 • Só copiar o relativo ao periodo 2021-2027 BALANZA DE TRANSFERENCIAS DA UE/ESPAÑA (2017) Aportacións da UE a España 9.664 Aportacións de España a UE 8.080 SALDO 1.584
  • 62. • Os principais contribuíntes son Alemaña, Francia e Italia que aportan o 75% do orzamento o seren os países de maior tamaño demográfico e de PIB xenerado. • Un países son contribuíntes netos (aportan máis do que reciben) caso dos anteriores países citados e Países Baixos. • Outros son beneficiarios netos (recibiron máis do que aportaban) Grecia, España e Portugal e Irlanda que recibiron moita coantía dos fondos estruturais e de cohesión que a partir de agora desplázase cara Europa Oriental. 17. Contribución dos países membros
  • 63. 17. Os fondos estruturais • O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) financia infraestruturas, investimentos produtivas para crear emprego, proxectos de desenvolvemento local e axudas ás PEME. • O Fondo Social Europeo (FSE) favorece a reinserción profesional das persoas sen emprego e dos grupos menos favorecidos, financiando accións de formación e sistemas de axuda á contratación . • O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP) ten como finalidade adaptar e modernizar o equipamento deste sector. • Fondo Agrícola de Garantía (FEAGA) financia accións de desenvolvemento rural e de axuda aos agricultores, principalmente nas rexións menos desenvolvidas. A sección "Garantía" do devandito Fondo apoia tamén o desenvolvemento rural no marco da política agrícola común nas demais rexións da Unión.
  • 64. 18. Financiamento da UE Orzamento da UE 2021-2027 (miles de millóns) (gasto) Orzamento a longo prazo Next Generation EU Suma % Cohesión, resilencia e valores 426,7 776,5 1.203,2 59,6% Recursos naturais e medio ambiente 401,0 18,9 419,9 20,8% Mercado único e innovación dixital 149,5 11,5 161,0 8,0% Veciñanza e o mundo 110,6 110,6 5,5% Administración pública UE 82,5 82,5 4,1% Migración e xestión de fronteiras 25,7 25,7 1,3% Seguridade e defensa 14,9 14,9 0,7% Total 1.210,9 806,9 2.017,8
  • 66. 19. Que é o NewGenerationEU? • Para facerlle fronte á crise provocada pola pandemia, no 2020 púxose en marcha na UE o plan especial de recuperación NextGenerationEu. • Xunto co orzamento 2021-2027, supón o maior paquete de financiamento da UE desde a súa fundación. Mobilizará máis de 2 billóns de euros. • Como o seu nome indica, o plan NextGenerationEU trata de superar a crise do COVID19 pensando na seguinte xeneración. • Por medio da transición ecolóxica e dixital, pretende impulsar a recuperación á vez que mellora as capacidades dos países da UE para afrontar outros desafíos actuais e futuros. • O obxectivo e tamén reducir as desigualdades e mellorar o nivel de vida de toda a cidadanía europea.
  • 67. 20. En que se diferenzan as crises de 2008 e de 2020? • O mundo e Europa encaderaron dúas grandes crises económicas en pouco tempo: a crise financeira global do 2008 e a crise sanitaria pola pandemia da COVID-19 no 2020. • As respostas foron diferentes: • A resposta á crise do 2008 foia a austeridade (reducíronse salarios, investimento público (recortes en sanidade, educación, servizos sociais)). A Comisión Europea obrigou a recortar o gasto público, provocou pobreza e desigualdade. Axudouse ao sistema bancario e o peso da crise recaeu nas familias. • No 2020 foi máis solidaria e impulsouse o investimento público. Por exemplo en España na crise de 2008-2013 o PIB caeu un 9% e perdéronse 3,5 millóns de empregos. No 2020 o PIB caeu un 20% pero destruíronse menos dun millón de empregos, que se recuperaron en ano e medio. Ademais nos anos posteriores subiu o PIB.
  • 68. 21. Como afecta o cambio climático a Europa? Posibles solucións? • Europa segue sendo un dos grandes emisores de gases de efecto invernadoiro (8%, terceiro gran emisor mundial). • Á súa vez atópase entre as rexións máis ameazadas polos efectos de cambio climático: ondas de calor, incendios forestais, desxeo, aumento do nivel do mar, inundacións... • A temperatura aumentou +0,5ºC por década nos últimos 30 anos, máis do dobre que a media mundial. As medidas para frear o cambio climático son necesarias para asegurar o benestar da poboación europea. • NextGenerationEU segue a liña marcada polo gran plan europeo para afrontar a crise climática, o Green New Deal ou Pacto Verde Europeo, que impulsa a transición ecolóxica para transformar a economía en sustentable. • Estes plans están na vangarda mundial de loita contra os problemas que presenta o cambio climático. Porén, se outros potencias mundiais non se poñen en camiño, a iniciativa non dará o resultado dado que estamos ante un problema global.
  • 69. 22. Que fai a UE para vencer a desigualdade? E fóra das súas fronteiras? • A igualdade significa que todas as persoas teñen os mesmos dereitos ante a lei e as mesmas oportunidades. • Para garantir a igualdade, a seguridade económica e o benestar das persoas, a UE desenvolve a súa política social. Aplica medidas para asegurar o emprego, con dereitos laborais e salarios xustos que permitan unha vida digna, e sistemas de protección social que coiden das persoas máis vulnerables. • As relacións exteriores baséanse na defensa dos dereitos humanos e na democracia. Por exemplo non pode comerciar con países que non respecten estes dereitos. • A UE é doante de axuda ao desenvolvemento e axuda humanitaria do mundo, e participan e negociacións para pórlle fin aos conflitos. • Con todo, queda moito por facer, pois seguen existindo desigualdades e os dereitos non sempre se garanten. • No exterior, a miúdo a UE incumpre as súas propias normas cando mantén relacións comerciais con países que violan os dereitos humanos ou o reforzamento do peche das súas fronteiras que dificultan a entrada de xente dos países subdesenvolvidos.
  • 71. Migrantes na praia do Tarajal (Ceuta) 2021
  • 72. 23. Que efectos ten o avellentamento da poboación da UE? • Hai menos poboación en idade de traballar, o que reduce os ingresos públicos • Necesítase maior investimento en pensións, saúde e protección social das persoas maiores, que padecen soidade e pobreza (especialmente as mulleres con salarios e pensións máis baixas) • A poboación concéntrase en zonas urbanas e as zonas rurais sofren despoboamento e problema de acceso aos servizos básicos. • O peso poboacional e económico da UE no mundo, a súa capacidade influencia, son menores. No 1960 a poboación europea era o 12% mundial e no 2021 representa só o 6%. No 2070 estará por debaixo do 4%. A proporción do PIB mundial diminúe: 18,3% no 2004 ao 14,3% no 2018. • As migracións non teñen por que ser un problema se non unha solución ao «deserto demográfico europeo».
  • 74. % de pobación estranxeira en Europa (2021) Mortes estimadas no mar de migrantes
  • 75. 24. Por que hai posturas antieuropeistas? Que foi o Brexit? Cres que beneficiou a Gran Bretaña? • Hai desafíos que se xestan no interior da UE, como euroescepticismo: desconfianza cara aos proxectos políticos da UE. Este descontento está representado por movementos políticos e sociais diferentes e con distintas propostas que van desde a reforma da UE á súa ruptura. • Antieuropeismo: Europa ve renacer opcións políticas extremas que presentan ideas propias do fascismo e que poñen en cuestión á propia UE. Non son homoxéneas pero teñen trazos comúns antidemocráticas (autoritarismo, prácticas violentas, rexeitamento ao feminismo e aos dereitos civís, racismo e xenofobia, rexeitamento da inmigración... En Alemaña, todos os partidos (de dereitas e esquerdas) evitaron que cheguen ao poder. Noutros, forman parte ou lideran gobernos. Ademais teñen representación no Parlamento Europeo. • Non todos propoñen abertamente abandonar a UE, pero apostan por volver á soberanía nacional e a un pasado de nacións autónomas e fortes.
  • 76. 24. Por que hai posturas antieuropeistas? Que foi o Brexit? Cres que beneficiou a Gran Bretaña? • Pero o euroescepticismo non sempre se converte en antieuropeísmo. A cidadanía opúxose varias veces ás políticas europeas sen que signifique que queiran saír da UE. • Pediron máis atención a necesidade como a vivenda, a educación, as pensións ou a sanidade. Esta oposición manifestouse en referendos ou mobilizacións, que viñan dicir, Europa si, pero non desta maneira. • A resposta foi, en ocasións, deixar de convocar referendos. Noutras criticouse a falta de europeísmo. O descontento popular non se vía como unha ameaza, xa que abandonar a UE era impensable. Ata o Brexit. • O Brexit: en xuño do 2016, o pobo británico votou en referendo a saída do seu país da UE (o acordo de retirada entrou en vigor o 31 de xaneiro de 2020). Paradoxal, a idea de que saír da UE implica o regreso a un pasado glorioso das nacións europeas, defendida pola extrema dereita, tamén saltou polo aire co Brexit. • Gran Bretaña segue tratando de xestionar a saída, con graves consecuencias para a súa economía, o seu mercado de traballo, o seu comercio, a súa estabilidade política e o benestar da súa poboación.
  • 77. 24. Por que hai posturas antieuropeistas? Que foi o Brexit? Cres que beneficiou a Gran Bretaña? • O europeísmo ante o futuro: Abandonar a Unión non é sinónimo de melloras na calidade de vida. Manterse na UE esperando que cambie o rumbo dalgunhas das súas políticas para incrementar o benestar social e a igualdade, demóstrase tamén complicado. • O antieuropeísmo non ten en fronte un europeísmo activo, a pesar de que a gran maioría de europeos quere permanecer e reforzar a UE. • Definiar a Unión Europea do futuro é, por tanto, un gran reto para a cidadanía europea. A forma de resolver os desafíos económico, climático, enerxético, social ou demográfico marcará o rumbo de Europa.
  • 79. UE fundouse por Obxectivos Os membros son Achegan As institucións son Que está E teñen Riqueza mundial
  • 80. UE Organización supraestatal fundouse 1957 por Tratado de Roma Obxectivos Os membros son Achegan As institucións son Unión Eonómica Unión Política Que está Máis avanzda Máis atrasada 27 E teñen Contrastes 30% Riqueza mundial Parlamento Consello Europeo Comisión Consello da UE Tribunal da UE