SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 25
Descargar para leer sin conexión
Proxecto Irradio Lingua                              Ceip de Barrantes




                           INDICE


               1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO………………………………………...3

               2. OBXECTIVOS A

               5. PROPOSTA METODOLÓXICA……………………………………………..7

               6. ACTIVIDADES……………………………………………………………….9

               7. UTILIZACIÓN DOS RECURSOS EXISTENTES …………………………13

               8. NECESIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO………………...14

               9. MEDIDAS PARA DIFUNDIR O PROXECTO ENTRE O ALUMNADO,

               FAMILIAS E COMUNIDADE…………………………………………………14

               10. PLAN DE AVALIACIÓN…………………………………………………..15
Proxecto Irradio Lingua                                        Ceip de Barrantes



                                                    “ Agora tódalas as novidás son por
                                                    mapa e agulla, e os pilotos non saen da
                                                    coarta levantada, que é como andar con
                                                    bastón polas rúas de Basora, e non
                                                    atoparás entre os pilotos do Califa de
                                                    Bagdad un que seipa navegar por soños
                                                    e memorias, e así non logran ver nada
                                                    do que hai, do que é miragre e
                                                    fermosura dos mares ¡Doado é dicir que
                                                    non hai Cotovías!”

                                                    Álvaro Cunqueiro, extraído de Se o vello
                                                    Sinbad volvese ás illas




   1. XUSTIFICACION DO PROXECTO


Afirmaba Berkeley que unha mesa ou un prado só existen nas mentes de quen as está

percibindo, pero esta polémica é allea ás meniñas e meniños que nacen ao mundo e ás

cousas. Entre outras definicións posíbeis, unha lingua acaso sexa iso: un particular

xeito de interpretar a realidade que nos rodea.


Nese longo camiño é a voz, que para os árabes significa indistinta e atinadamente

palabra, discurso e memoria, a que xoga un papel fundamental nesa interpretación que

nenas e nenos comparten na escola; coa voz como palabra, nomean todo aquilo que os

rodea e o descoñecido e abstracto cobra concreción e nome; coa voz como discurso,

elaboran construcións máis complexas coas que afondar máis naquilo que nun comezo

eran entes illados; coa voz como memoria, indagan nas experiencias anteriores e

constrúen un relato ordenado do seu pasado. Tamén, outras voces máis vellas

infórmanos doutros tempos e doutras cousas, de historias remotas e de feitos. Non só

iso: os sentimentos, os soños, ou mesmo os medos e as ledicias traducidos en palabras,

modelan o carácter e a actitude de nenos e nenas diante do mundo e dos demais.
Proxecto Irradio Lingua                                       Ceip de Barrantes



                                                    “Non sei si es amarga ou doce,

                                                    voz que escoito e nunca ouvín,

                                                    meu sangue non te conoce,

                                                    non sei si es comenzo ou fin,

                                                    si vés de afora ou de min”

                                             Eduardo Blanco- Amor, extraído do poema A
                                             Voz(De min e da sombra)

A escola debe alimentar a natural querenza da persoa por falar e ser comprendida, e

entendemos que o galego debe ser posto en valor, non só dende a estéril vindicación que

insiste no de sempre(hai moito silencio de máis nalgúns libros, xa sexan en castelán,

galego, chino ou inglés), senón dende propostas esencialmente valiosas e orixinais

dende o punto de vista pedagóxico, con accións educativas que poidan proxectarse cara

a contorna máis inmediata do centro e aínda á de lonxe, podendo perdurar no tempo

como referentes de boas prácticas na aprendizaxe das linguas. Igualmente,

consideramos que unha potenciación efectiva do uso do galego require tamén a súa

conxugación coas TIC, pois unha lingua precisa hoxe do vehículo das novas

tecnoloxías para garantir a súa pervivencia entre as futuras xeracións.


Se ben é verdade que o eido rural é un dos grandes capitais económicos e socioculturais

de Galicia, as TIC posúen tamén un valor engadido para calquera comunidade

sociolingüística, pois constitúen unha ferramenta importante para evitar a fenda dixital

no contexto da chamada sociedade da información, entre os grandes núcleos de

poboación e as vilas e aldeas do rural.


A situación sociolingüística do Ceip de Barrantes(Tomiño- Pontevedra), definida na

planificación sociolingüística do centro, amosa un uso maioritario do galego, ben entre

as familias, profesorado e alumnado, se ben no tocante ao alumnado existe marxe para

incrementar
Proxecto Irradio Lingua                                         Ceip de Barrantes




                                                     “ O verdadeiro heroísmo está en
                                                     transformar os desexos en
                                                     realidades e as ideas en feitos”

                                                     Castelao

o seu uso habitual. Igualmente, entre as familias, observamos un predominio do castelán

nos contextos formais, relegando o galego aos contextos informais ou familiares.


Esta situación motívanos a emprender un camiño que afonda no espallamento do galego

e na creación de novos espazos de uso, tentando establecer novas canles de

participación e de intercambio entre os diferentes membros da comunidade educativa de

Barrantes, favorecendo unha apropiación máis consciente e plena do uso do galego por

parte das nenas e nenos, conectándoos coa realidade social e patrimonio cultural da súa

contorna máis próxima.


Neste senso, queremos incorporar, entre outras, as voces de avoas, avós e xente maior

da zona, que supoñen un caudal de experiencias que a escola debe aproveitar,

vinculando o espazo- ámbito co tempo- conciencia, promovendo situacións de ensino-

aprendizaxe do galego contextualizadas e significativas: significación é impacto,

significación é orixinalidade, significación é conciencia.


En último termo, o noso proxecto aposta por unha volta da persoa á natureza, ao seu

goce, coñecemento e coidado, na actual situación de agresión paisaxística e

medioambiental, verbo dos modelos actuais de crecemento e vida en sociedade.


Xustifícase o noso proxecto tamén por entender que só as empresas que comprometen

dalgún xeito a un colectivo pola súa complexidade, son as que poden achegarnos a
Proxecto Irradio Lingua                                        Ceip de Barrantes



                                                     “Non hai mellor norma de conducta
                                                     que o coñecemento do pasado”

                                                     Polibio

lugares insospeitados e mellorar as cousas. Responsabilidade, desafío e sentido do risco,

para subir os muros dos nosos medos polos chanzos dos nosos soños.


2. OBXECTIVOS


       2.1. Obxectivos xerais

       Mellorar a competencia lingüística do alumnado.

       Achegarnos como comunidade educativa do Ceip de Barrantes á excelencia na

       aprendizaxe do galego e no seu uso.

       Converter o proxecto Irradio Lingua nun elemento transversal da práctica

       educativa do Ceip de Barrantes.

       Incorporar o uso da radio e das TIC para promover o galego, a oralidade e a

       literatura oral, a literatura, a música e o respeto á natureza, a través de formas

       cooperativas de traballo.

       Ampliar o radio de influenza da escola no seu contexto social e cultural,

       involucrando os diferentes elementos da comunidade educativa, en especial os

       maiores.

       Transformar dun xeito evidente a práctica educativa.
Proxecto Irradio Lingua                                         Ceip de Barrantes



       2.2. Obxectivos especificos


       Concienciar os distintos axentes da comunidade educativa(familias, profesorado,

       alumnado, institucións e asociacións do entorno) da importancia do galego, non só

       como lingua, senón como riqueza sociocultural que é importante coñecer e

       preservar.

       Favorecer actitudes positivas, tolerantes e abertas verbo do seu uso.

       Implicar especialmente ás familias(maiores e tamén nais e pais), promovendo a súa

       participación activa na vida da escola.

       Liderar iniciativas e actividades que esperten sentimentos positivos cara o uso da

       lingua, favorecendo o diálogo e o encontro entre intereses, motivacións e

       preferencias diversas.

       Incidir no carácter do galego como lingua culta e prestixiada, como todas as demais,

       pero tamén popular, vencellada ás tradicións e costumes da zona.

       Vertebrar propostas que fomenten o contacto entre xeracións e tamén entre os

       distintos colectivos que impliquen o seu uso dun xeito orixinal.

       Garantir o axeitado e orixinal tratamento do estudo das linguas en relación ao

       galego, favorecendo o acadamento da competencia lingüística.

       Integrar as actividades que conforman o proxecto na práctica docente cotiá, facendo

       realidade a intención de incorporar a música, o teatro, a natureza e as TIC á escola

       dun xeito tanxible.

       Elaborar e incorporar material didáctico innovador en relación ao estudo do galego

       para incorporalo ao arquivo do centro.

       Poñer á escola en contacto con asociacións e institucións do entorno, favorecendo

       iniciativas que nos conecten con outras escolas dos arredores.
Proxecto Irradio Lingua                                         Ceip de Barrantes



       Familiarizarse co potencial sociocultural e natural da zona de Barrantes en particular

       e do Concello de Tomiño en xeral.

       Coordinar, liderar e consensuar as actividades propostas no proxecto, organizando a

       recollida de información, colaboración e datos, para integralos ao proxecto.

       Incorporar as cancións, lendas, refráns e en definitiva as distintas manifestacións

       orais e escritas da zona para propiciar aprendizaxes máis significativas.

       Incorporar as TIC á actividade docente.

       Facer da actividade educativa unha viaxe compartida que supoña un certo grao de

       risco(en canto á innovación e a investigación) e supoña unha aprendizaxe real tamén

       para o profesorado.

       Garantir e fomentar un axeitado clima de convivencia entre os distintos membros da

       nosa comunidade educativa.

       Incidir no uso do galego e na súa valoración a través do traballo coas distintas

       manifestacións tanto orais como escritas.

       Familiarizar aos meniños coa tradición oral da zona a través do diálogo cos seus

       maiores, fundamentalmente a través de avós e avoas, incidindo especialmente a

       través das distintas manifestacións da oralidade.

       Efectuar un primeiro achegamento a figuras relevantes da literatura e cultura galega

       e universal, dacordo coas posibilidades de cada grupo de idade

       Favorecer o gusto polo traballo da lingua, a través da exploración das distintas

       formas musicais mesturadas coa palabra.

       Experimentar a expresión corporal a través da actividade teatral, iniciando ao

       alumnado no traballo da voz poética.

       Coñecer e disfrutar da contorna do centro a través da literatura oral.

       Propiciar o coñecemento e a autonomía dos nenos en relación ao uso das TIC.
Proxecto Irradio Lingua                                        Ceip de Barrantes



                                                     “E Sinbad non podía contar ren, sen
                                                     ollar o que contaba, e pasaba os ollos
                                                     seus pola memoria propia, aliñando
                                                     nela as figuras como si tivera dediante
                                                     un espello, e tiña a ollada dos
                                                     maxinativos, que a mitade é pra fora,
                                                     prá variedade do mundo, e a outra
                                                     mitade e prá dentro, pró gosto do
                                                     invento e a calorciña que dá ao esprito
                                                     sacar unha historia de nada, de onde
                                                     están as verbas caladas e confusas, que
                                                     é coma non estar”
                                                     Álvaro Cunqueiro, extraído de Se o
                                                     vello Sinbad volvese ás illas

       Afondar na interiorización do gusto e respecto pola natureza, percibíndoa como un

       elemento importante nas aprendizaxes.

       Vivenciar a experiencia radiofónica, afondar no seu valor pedagóxico e na súa

       historia, para mellorar a práctica educativa, coa difusión dalgunhas actividades do

       proxecto en emisoras locais e provinciais.



   2. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

       2.1     Eixe vertebrador e cadro explicativo

+O proxecto aséntase nos motivos representados no propio anagrama de portada, e que

constitúen a columna vertebral do mesmo : a lingua, verbo da oralidade e a literatura

oral, as variantes dialectais da fala propias da zona, pero tamén a metáfora Stone que

alude á música en xeral e ao rock en particular(como estilo musical, pero tamén como

principio de procura e actitude debida para enfrontar os desafíos); a caricatura de

Álvaro Cunqueiro, verbo do Ano Álvaro Cunqueiro(2011), símbolo por excelencia da

imaxinación na literatura galega, sen esquecer o Centenario da publicación de Cantares

Gallegos de Rosalía e a figura de Valentín Paz Andrade, figura homenaxeada nas Letras

Galegas de 2012, expoñente da burguesía ilustrada galega; o micrófono de radio, que

simboliza a máxima expresión da voz, e tamén as TIC; finalmente, a tipografía pop do

deseño de portada, verbo da expresión artística, compoñente importante do proxecto.
Proxecto Irradio Lingua                                                  Ceip de Barrantes



                          IRRADIO LINGUA (cadro explicativo)

                                         ALUMNADO


Galego                                                                                       Oralidade




saídas/visitas,                                                                         literatura
Cunqueiro                                                                               música
                                                                                        teatro

natureza




Radio                                                                                             TIC’s

familias(avoas, avós…)                      ESCOLA                     asociacións e institucións…



emisora Irradio Lingua                                        www.irradiolingua.blogspot.com



“Encontros hercianos”: programa radiofónico con entrevistas do alumnado a avoas/avós, sesión de
contacontos, lembranzas da infancia, teatro radiofónico…

“ Rock é Lingua”: adaptación ou creación de nove cancións con texto orixinal en galego, en colaboración
coas especialistas de Inglés e Música, para a súa posterior emisión.

                                                     “Contos de corredoira e balcón”: roteiro polas
                                                      parroquias dos arredores, coa dramatización de
                                                      contos para a veciñanza.
                                                     “Maratón de contos”: contada colectiva de contos
                                                      por parte do alumnado na semana do Libro.



“Se o vello Sinbad volvese ás Cíes”: saída didáctica a Vigo, facendo o roteiro Cunqueiro para afondar na
súa etapa viguesa; excursión en barco ás Cíes e emisión radiofónica de Se o vello Sinbad volvese ás illas,
coa colaboración dunha radio local.
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



                                           ””Elas séntense paisaxe e gozan dun calado
                                           vivir fóra dos remuíños do vivir dos máis e
                                           pasan indiferentes unhas ás outras como
                                           se cada velliña fora a dona do mundo
                                           sinxelo das carballeiras, dos eidos e das
                                           colleitas. Están ao cabo do seu misterio,
                                           mais non din ren do seu segredo porque fai
                                           tempo que ollan aos homes como se foran
                                           formigas no chan do piñeiral”

                                           Ramón Otero Pedrayo, sobre as avoas galegas, en
                                           A Nosa Terra, nº 252 (1-9-1928)




2.2    Actividades

       Tal e como se resume nos exemplos do cadro anterior, as actividades derívanse

       dos elementos principais que estruturan o proxecto e lle dan sentido ao mesmo.

       O deseño e selección das mesmas responde así ás diferentes combinacións dos

       elementos citados e, por riba de consideracións metodolóxicas que abordaremos

       máis adiante, atende a catro criterios básicos: orixinalidade, valor pedagóxico

       e innovador, heteroxeneidade, e interrelación ou coherencia, permitindo

       dunha banda distintos niveis de execución e afondamento e doutra, favorecendo

       a inclusión e a atención á diversidade.

       Somos conscientes de que o camiño que con este proxecto iniciamos require dun

       axuste paulatino e progresivo dos contidos das actividades e da súa correcta

       programación temporal, polo que ditas actividades deben permitir certo nivel de

       indagación e admitir distintos niveis de execución tamén entre o profesorado e

       alumnado, co obxecto de favorecer a plena adhesión ao proxecto e a suma de

       novos apoios.
Proxecto Irradio Lingua                                     Ceip de Barrantes



       O ideal do proxecto será a apropiación por parte do profesorado das claves do

       seu funcionamento, e a autonomía progresiva do alumnado en relación ás

       actividades propostas.



         Emisora Irradio Lingua


   o “Encontros hercianos”: programa radiofónico nas ondas hercianas(en

       frecuencia aínda por determinar) de entre quince e trinta minutos de duración, e

       de emisión semanal ou quincenal, segundo a dispoñibilidade e grao de

       implicación acadado por parte das familias do alumnado, especialmente avoas e

       avós, pero tamén veciñanza ou xente da zona de distintos ámbitos(universitario,

       artesanal, xornalístico ou académico). As emisións poderán ser en directo ou en

       diferido, segundo as circunstancias e natureza do encontro: sesión de

       contacontos, lembranzas da infancia, lectura dun conto, lenda antiga ou ser

       mitolóxico da zona. Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com


    1ª FASE                         2ª FASE                         3ª FASE

 Comunicación ás                Recollida de                      Establecemento do
 familias da natureza           contactos e                       calendario da
 da actividade                  colaboracións,                    actividade e comezo
                                preparación da                    das emisións e
                                emisora                           gravacións


1ª quincena de novembro 2011         2ª quincena de novembro 2011/xuño 2012




   o “Díxome, díxome”: espazo radiofónico de carácter semanal ou

       quincenal(orientación estimativa), presentado polo alumnado coa axuda do

       profesorado, para a divulgación de historias, expresións en desuso, curiosidades
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



       toponímicas ou mitolóxicas, etc… Establecerase un sistema de quendas que

       permita a rotación dos diferentes cursos e ciclos da escola polo programa, e

       incluso colaboracións entre ciclos, cursos e Departamentos. Este será o espazo

       máis axeitado para expoñer ao resto da comunidade educativa os traballos e

       actividades realizadas no marco das distintas celebracións anuais(Samaín,

       Magosto, Nadal,etc…) De igual xeito, este espazo permitirá unha cobertura

       satisfactoria das actividades arredor da figura de Valentín Paz Andrade,

       homenaxeado, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas,

       Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com


   o “ Rock É& Lingua”: actividade de colaboración entre as distintas titorías e os

       Departamentos de Música e Lingua Estranxeira para a creación, recreación ou

       adaptación de nove cancións(unha por cada mes do curso), con textos orixinais

       en galego ou adaptados do castelán, inglés ou doutra lingua, interpretados e

       tocados polo alumnado coa axuda do profesorado. A presentación do programa

       por parte do alumnado será tamén rotatoria, e teranse en conta as posibilidades e

       limitacións de cada grupo, estando suxeita tamén ao criterio de cada titoría.

       Editarase un pequeno álbum-libro-cd, cos textos, ilustracións e sons, para ser

       incorporado ao arquivo da biblioteca. No tramo intermedio e final do proxecto

       procurarase a visita dalgún persoeiro do ámbito musical galego, para que

       comparta co alumnado as súas experiencias no eido da música e a creación.
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



Rock É&Lingua(cronograma)


       1ª FASE                        2ª FASE                          3ª FASE
 Gravación de cortinas           Elección de alomenos                 Ilustración das
 musicais para os                dúas cancións das tres              mesmas e
 distintos programas da          que se gravarán no                  elaboración do
 emisora.                        trimestre e gravación               formato dixital



1º mes de cada trimestre     2º mes de cada trimestre        3º mes de cada trimestre


   o “Mola a Gramola!”: espazo radiofónico de carácter mensual que se levará

       adiante durante o segundo trimestre, no que o alumnado pinchará nun tocadiscos

       cancións incluídas en discos vellos da súa familia, comentando algunha

       curiosidade ou aspecto relevante da/do artista en cuestión.




       Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com

   o “Teatro radiofónico: as Variacións Cunqueiro”: co gallo do citado Ano

       Cunqueiro(2011), este espazo radiofónico permitirá, cando menos, a estrea

       trimestral dun par de pezas orixinais adaptadas ou ben unha variación

       pertencente á obra teatral de Álvaro Cunqueiro, ou dalgunhas das pequenas

       xoias contidas n’A escola de menciñeiros ou Xente de aquí e de acolá. A

       actividade incluirá a cobertura parcial do proceso con gravacións de vídeo e

       fotos por parte do propio alumnado, podendo elaborar entradas e comentarios a

       través do blogue de referencia do proxecto.
Proxecto Irradio Lingua                                        Ceip de Barrantes



   o “Faloume o bandullo”: espazo radiofónico centrado na literatura gastronómica

          de Álvaro Cunqueiro, mesturando tamén receitas que o alumnado trae da casa.

          Neste senso, as diversas festividades ao longo do curso constitúen unha ocasión

          perfecta para integrar estes saberes na acción educativa e no fomento da

          oralidade.

   o “Irradiolingua viaxeira”: colaboración con radios locais ou provinciais para

          unha emisión periódica a través dalgún destes medios.


                                              “Eu non sei pra onde vai méntral’o quedo
                                              mirando. Sólo sein que eilí se compre o
                                              soño que estoun soñando…”

                                              Uxío Novoneyra, sobre os soños, d’Os Eidos


      O Falador de Soños


Actividade a nivel de titoría, a realizar durante o segundo trimestre e parte do terceiro

no ámbito da aprendizaxe da lingua galega, consistente na gravación en galego do relato

dun soño dunha/dun compañeira/o por parte do alumnado, para a súa posterior

proxección e elaboración dun pequeno conto, podendo ilustrar con acuarelas, ceras ou

acrílicos a historia resultante. A montaxe posterior de imaxe, audio e música poderase

exhibir no blogue do centro e por suposto, o relato pode ter difusión a través de Irradio

lingua.


Os materiais elaborados en libro-cd incorporaranse ao arquivo da biblioteca do centro,

dependendo o volume dos mesmos das adhesións que experimente a actividade, suxeita

á dispoñibilidade das titorías.
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



Falador de soños(cronograma)


    1ª FASE                       2ª FASE                    3ª FASE




1º mes do trimestre          2º mes do trimestre           3º mes do trimestre




      A fiestra do meu mundo




       Actividade literario- fotográfica de desenvolvemento anual, na que o alumnado

       fotografía ao erguerse pola mañá, aquilo que ve ao mirar pola fiestra.

       Posteriormente, a/o nena/o comenta as fotos proxectadas na aula e explícalles

       aos demais peculiaridades e detalles. Esta actividade permite integrar o galego e

       a oralidade a través de usos máis formais da lingua na Área de Coñecemento do
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



       Medio, e tamén o uso das TIC, a través da gravación de voz e a integración coas

       imaxes e a música. A construción de textos explicativos con certo orde e

       coherencia completa o enorme caudal pedagóxico desta actividade, que nos

       introduce tamén na dimensión afectiva do alumnado.

       Realizarase un intercambio da experiencia e dos traballos cun centro urbano,

       para que o alumnado poida contrastar realidades diferentes, obtendo unha

       perspectiva máis ampla da realidade que o rodea.




      Cooperarte


A cooperación como principio de acción. O feito de compartir os esforzos e as

experiencias no camiño das aprendizaxes, a través da experiencia artística, non como

sinxelos receptores do proceso creativo, senón adquirindo por momentos un papel

protagonista a partires da experimentación. A integración da expresión plástica con

formas máis ou menos complexas da literatura e da oralidade, a través de novas

interpretacións das pinturas de Luís Seoane ou Colmeiro, pero tamén a Maruja Mallo,

entre outros e non só, no seu día colaboradores e amizades do propio Cunqueiro.

Perseguimos transcender o papel, o día despois da festa, a través do arquivo dixital das

producións pictóricas do alumnado, tentando compoñer un catálogo que nos permita

realizar unha exposición no último trimestre do curso, en colaboración con outros

centros da zona. A actividade persegue dotar de coherencia co proxecto de Innovación á

Área de Expresión Plástica, entre outras.
Proxecto Irradio Lingua                                       Ceip de Barrantes




     Contos de corredoira e de balcón


Actividade a desenvolver no terceiro trimestre, como celebración da primavera,

consistente nun roteiro a pé ou en bicicleta polos arredores da escola, polos lugares que

tradicionalmente quedan á marxe da escola, curiosamente os máis vencellados á vida do

alumnado. Dramatización e contada por quendas de ciclos ou cursos dalgúns dos contos

e historias desenvoltas no proxecto ao longo do ano, con paradas no principais núcleos

de poboación dos arredores, convidando ás persoas do lugar a que se asomen aos

balcóns.



     Maratón de contos


Esta iniciativa goza dunha ampla tradición no centro e o proxecto ten que servirse de

todas as dinámicas que xa estean en marcha e que contribúan ao desenvolvemento dos

obxectivos. Esta actividade celébrase no terceiro trimestre do curso e constitúe, ademais

dunha celebración da oralidade e da literatura oral, un elemento que favorece o clima de

convivencia e tolerancia entre o alumnado. Saber ser, e saber estar.



     Díxomo unha maciñeira


Actividade puntual co gallo do Día da Árbore, homenaxeando o centenario da

publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, mesturando a oralidade co

teatro, cun conto debaixo de cada árbore, por ciclos ou cursos.


www.irradiolingua.blogspot.com
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes




      Se o vello Sinbad volvese ás Cíes


Saída didáctica co alumnado a Vigo, realizando o Roteiro Cunqueiro, indagando na

etapa viguesa do artista galego. Posterior viaxe en barco ás Cíes, e emisión radiofónica

en directo dende as illas dunha adaptación da obra Se o vello Sinbad volvese ás illas por

parte do alumnado, en colaboración cunha radio local ou provincial na cidade de Vigo,

para a súa difusión ao público.


Esta actividade, a desenvolver dentro dun dos dous últimos meses de curso, suporá a

culminación do proxecto que nestas liñas presentamos, e a mellor homenaxe posíbel á

nosa lingua.
Proxecto Irradio Lingua                                     Ceip de Barrantes



   3. METODOLOXIA


Por riba das convencións metodolóxicas que asolagan os documentos curriculares

oficiais, e sen detrimento delas, como veremos a continuación, a realización do

Proxecto Irradio lingua baséase nunha suma que xulgamos interesante como punto de

partida:


                                            Innovación           Acadamento da competencia
                                                                 comunicativa e da
                                            Galego
 Proxecto Irradio                                                COMPETENCIA LINGÜÍSTICA por
 lingua entendido                           Oralidade            parte do alumnado
 como
                                            TIC´s                e dinamización do uso do
 lego pedagóxico                                                 galego na comunidade
                                            Radio
                                                                 educativa do Ceip de Barrantes




                                   I + D ++R

       IMAXINACION + DESEXO + ROCK

Entendemos que os dous primeiros sumandos achegan ás persoas a lugares que antes

non existían: a imaxinación amósanos un feito que só existe na nosa cabeza, e o desexo

fainos camiñar cara el. O rock, entendido como principio de procura permanente, como

sentido do risco, e como celebración da experiencia vital, consegue a cuadratura do

círculo, vencendo os medos e enfrontando os desafíos e as propias limitacións.
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



Ademais, teremos presentes os seguintes principios:


   1. Desenvolvemento en espiral; relacionado coa estada das aprendizaxes que

       propoñía Bruner e coa zona de desenvolvemento próximo de Vigotsky: talvez

       a/o nena/o non pode só, pero sí cunha pequena axuda e proposta que supoña un

       reto e comprometa a súa capacidade. As actividades relaciónanse entre si,

       desenvolvendo progresivamente os obxectivos previstos no proxecto.

   2. Principio de adecuación; o que supón axustar o nivel e a esixencia das

       actividades ao nivel do alumnado.

   3. Motivación; ofrecendo situacións de ensino- aprendizaxe que supoñan un reto

       para o alumnado.

   4. Heteroxeneidade; o que supón unha concepción flexíbel e aberta das propostas

       pedagóxicas, premendo non só unha tecla de todas as posíbeis, senón abrindo o

       abanico de experiencias e a natureza das mesmas, facilitando así os distintos

       niveis de execucións e a diversidade de intereses e aptitudes.

   5. Coherencia interna; dende este punto de vista, todas as accións e intencións

       deben confluír no sentido sustantivo do proxecto, que é que o alumnado adquira

       o maior grao de competencia lingüística, a través de experiencias innovadoras

       que afonden nas distintas situacións comunicativas.

   6. Aprendizaxes previas; supón ter en conta o contexto no que o alumnado

       participa do proceso educativo, atendendo ao seu contexto e tendo en conta os

       seus saberes.

   7. Cooperación; entendida como principio de actuación que supón a aceptación

       das propias limitacións e as dos demais, na renuncia persoal en parte a favor do

       ben colectivo. Supón unha concepción horizontal do traballo en equipo, na que
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



       as mensaxes son de ida e de volta, e na que no caso do alumnado, este pode

       beneficiarse de modelos de coñecemento doutras/os compañeiras/os.

   8. Flexibilidade e reaxuste; nos diversos elementos que compoñen o proxecto, por

       riba tendo en conta a natureza do mesmo, que supón un grao engadido de

       dificultade.




   4. GRAO DE IMPLICACION DOS RECURSOS HUMANOS E

       MATERIAIS EXISTENTES


   A vocación transversal e plural do proxecto conta neste momento co apoio e

   colaboración da totalidade do profesorado, e á vez entendemos o proxecto como un

   punto de encontro de distintas sensibilidades, concepcións, inquietudes, ou ideas

   arredor do que é ou debe ser a escola, como algo inacabado e incompleto, no que

   todas as persoas poden engadirlle valor ao resultado final do mesmo, en prol dos

   obxectivos establecidos. Entendemos que a heteroxeneidade inherente a calquera

   colectivo debe constituír un ben que preservar, polo mesmo principio de

   cooperación e tolerancia do que antes falabamos.


   Precisando máis, os traballos e actividades distribuíranse dun xeito equitativo,

   promovendo que as eleccións das actividades a realizar das distintas titorías e

   departamentos se axusten a aqueles aspectos do proxecto co que máis se identifican

   as persoas que os levarán adiante. Este proxecto pretende enriquecer e diversificar

   non só a experiencia educativa do alumnado, senón tamén a práctica docente do

   profesorado.
Proxecto Irradio Lingua                                       Ceip de Barrantes



                       Valoración dos resultados

                       para o axuste do proceso




                                                                               Diálogo
Equipo de                     Titorías e         Equipo de
Normalización e           especialistas          Actividades
Dinamización                                     complementarias e             Cooperación
                                                 extraescolares




                   Realización das actividades




        5. COLABORACION CON ENTIDADES CULTURAIS, ASOCIATIVAS,

            ETC...


        As distintas actividades que conforman o proxecto no seu desenvolvemento precisan

        das familias, sen dúbida, pois iso é o primeiro paso para afianzalo. Estableceranse

        contactos con algúns medios de comunicación locais e provinciais(Radio Tui, entre

        outros), en especial a radio, pois a natureza do proxecto así o demanda para unha

        execución satisfactoria do mesmo. Estableceuse contacto tamén con outros centros

        dos arredores, e agardamos poder completar e intercambiar algunhas das

        experiencias con centros de grandes núcleos de poboación. O Conservatorio de Tui,

        os concellos colindantes, ou o contacto coa Universidade de Vigo, a través de

        persoas relacionadas con Tomiño e Barrantes, deben contribuír á expansión e

        promoción do proxecto dentro do concello e fóra del.
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



   6. PLAN DE AVALIACION


   A natureza aberta do proxecto require dunha avaliación periódica que revise o nivel

   de consecución dos obxectivos específicos en relación ao grao de desenvolvemento

   das actividades. A simple formulación no papel de propostas é algo que carece de

   valor, se o proxecto non se manifesta como unha ferramenta útil e dinámica que

   poida adaptarse ás circunstancias que poidan derivarse durante o proceso. A este

   efecto, executarase unha avaliación mensual do mesmo, tendo en conta as

   actividades previstas, as actividades realizadas, e a súa contribución aos obxectivos,

   co fin de modificar ou variar aqueles aspectos das mesmas que poidan contribuír a

   un mellor desenvolvemento do mesmo.


   7. Medidas para a difusión do proxecto entre o alumnado, familias e
Proxecto Irradio Lingua                                     Ceip de Barrantes




¿Irradio Lingua: creación do espazo radiofónico e virtual do mesmo nome, a través da
radio e en dial aínda por concretar, así como do blogue
www.irradiolingua.blogspot.com , para o seguimento e participación do proxecto por
parte da comunidade educativa e demais?



                             Irradio Lingua




                                          Encontros herzianos
                                             interxeracións


                                             Rock and Lingua


                                           O Falador de soños



A creación do espazo radiofónico posibilitará a elaboración de pequenos guións
radiofónicos(poesía, teatro, narrativa breve, entrevistas entre o alumnado e emisión de
seleccións musicais periódicas), sempre dependendo das posibilidades de cada titor e
grupo de alumnado. Tamén se elaborarán breves cortinas musicais de entrada con texto
para cada un dos programas.



       Encontros herzianos interxeracións: visitas periódicas de avoas e avós ou
       outros membros das familias(segundo a dispoñibilidade e o calendario), para:
Proxecto Irradio Lingua                                      Ceip de Barrantes



-sesións de contacontos

-lendas ou historias

-oficios antigos e recordos da infancia

A actividade alternarase coa emisión en directo dende Irradio Lingua ou ben coa súa
emisión en diferido.

       Rock and Lingua: 9 sons; invención por parte do alumnado ou adaptación ao
       galego coa axuda do profesorado de nove cancións, unha por cada mes do curso,
       en colaboración coa Área de Música e a Área de Lingua Estranxeira.

       O Falador de Soños: gravación en vídeo por parte do alumnado aos seus
       compañeiros/as do relato de soños que tiveran, para a súa ilustración posterior
       con acuarelas e elaboración dun conto.

       A ventá do meu mundo: actividade fotográfico- literaria e oral, consistente na
       toma de fotos por parte do alumnado a través da fiestra da súa habitación ao se
       erguer para a súa exposición posterior na escola ao resto de compañeiras/os, e a
       súa montaxe en soporte dixital con gravación de voz. Intercambio da experiencia
       con algún centro pertencente ao medio urbán para contrastar as diferentes
       realidades.

       Cooperarte: traballo de ilustración por parte do alumnado de Infantil a partires
       das obras de Luis Seoane e Colmeiro, mesturando pequenos versos de
       Cunqueiro, co que colaboraron no seu día.

       Se o vello Cunqueiro volvese ás Cíes: saída didáctica a Vigo, facendo o roteiro
       de Álvaro Cunqueiro para afondar na súa actividade(2011 é o ano Cunqueiro) e
       viaxe en barco ás Cíes para unha emisión radiofónica dende alí en colaboración
       con algunha radio local.

Más contenido relacionado

Similar a Proxecto irradio lingua

Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAREncarna Lago
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAEncarna Lago
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014pradosanpedro
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorEncarna Lago
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarEncarna Lago
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Ragcenlf
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOEncarna Lago
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do LibroPoster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do LibroFende Testas
 

Similar a Proxecto irradio lingua (20)

Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012 Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do Mar
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Rag
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do LibroPoster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
Poster A21EG para Eduambiengal 2009 Día da Terra e do Libro
 

Más de Loisperez

Presentación panadaría
Presentación panadaríaPresentación panadaría
Presentación panadaríaLoisperez
 
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0Loisperez
 
O soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yuO soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yuLoisperez
 
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)Loisperez
 
Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010Loisperez
 
Presentación samaín ultima
Presentación samaín ultimaPresentación samaín ultima
Presentación samaín ultimaLoisperez
 
Presentación samaín pdf
Presentación samaín pdfPresentación samaín pdf
Presentación samaín pdfLoisperez
 
Sono escena segunda
Sono escena segundaSono escena segunda
Sono escena segundaLoisperez
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaLoisperez
 

Más de Loisperez (9)

Presentación panadaría
Presentación panadaríaPresentación panadaría
Presentación panadaría
 
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
 
O soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yuO soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yu
 
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
 
Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010
 
Presentación samaín ultima
Presentación samaín ultimaPresentación samaín ultima
Presentación samaín ultima
 
Presentación samaín pdf
Presentación samaín pdfPresentación samaín pdf
Presentación samaín pdf
 
Sono escena segunda
Sono escena segundaSono escena segunda
Sono escena segunda
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da Rosalía
 

Proxecto irradio lingua

  • 1. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes INDICE 1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO………………………………………...3 2. OBXECTIVOS A 5. PROPOSTA METODOLÓXICA……………………………………………..7 6. ACTIVIDADES……………………………………………………………….9 7. UTILIZACIÓN DOS RECURSOS EXISTENTES …………………………13 8. NECESIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO………………...14 9. MEDIDAS PARA DIFUNDIR O PROXECTO ENTRE O ALUMNADO, FAMILIAS E COMUNIDADE…………………………………………………14 10. PLAN DE AVALIACIÓN…………………………………………………..15
  • 2. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “ Agora tódalas as novidás son por mapa e agulla, e os pilotos non saen da coarta levantada, que é como andar con bastón polas rúas de Basora, e non atoparás entre os pilotos do Califa de Bagdad un que seipa navegar por soños e memorias, e así non logran ver nada do que hai, do que é miragre e fermosura dos mares ¡Doado é dicir que non hai Cotovías!” Álvaro Cunqueiro, extraído de Se o vello Sinbad volvese ás illas 1. XUSTIFICACION DO PROXECTO Afirmaba Berkeley que unha mesa ou un prado só existen nas mentes de quen as está percibindo, pero esta polémica é allea ás meniñas e meniños que nacen ao mundo e ás cousas. Entre outras definicións posíbeis, unha lingua acaso sexa iso: un particular xeito de interpretar a realidade que nos rodea. Nese longo camiño é a voz, que para os árabes significa indistinta e atinadamente palabra, discurso e memoria, a que xoga un papel fundamental nesa interpretación que nenas e nenos comparten na escola; coa voz como palabra, nomean todo aquilo que os rodea e o descoñecido e abstracto cobra concreción e nome; coa voz como discurso, elaboran construcións máis complexas coas que afondar máis naquilo que nun comezo eran entes illados; coa voz como memoria, indagan nas experiencias anteriores e constrúen un relato ordenado do seu pasado. Tamén, outras voces máis vellas infórmanos doutros tempos e doutras cousas, de historias remotas e de feitos. Non só iso: os sentimentos, os soños, ou mesmo os medos e as ledicias traducidos en palabras, modelan o carácter e a actitude de nenos e nenas diante do mundo e dos demais.
  • 3. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “Non sei si es amarga ou doce, voz que escoito e nunca ouvín, meu sangue non te conoce, non sei si es comenzo ou fin, si vés de afora ou de min” Eduardo Blanco- Amor, extraído do poema A Voz(De min e da sombra) A escola debe alimentar a natural querenza da persoa por falar e ser comprendida, e entendemos que o galego debe ser posto en valor, non só dende a estéril vindicación que insiste no de sempre(hai moito silencio de máis nalgúns libros, xa sexan en castelán, galego, chino ou inglés), senón dende propostas esencialmente valiosas e orixinais dende o punto de vista pedagóxico, con accións educativas que poidan proxectarse cara a contorna máis inmediata do centro e aínda á de lonxe, podendo perdurar no tempo como referentes de boas prácticas na aprendizaxe das linguas. Igualmente, consideramos que unha potenciación efectiva do uso do galego require tamén a súa conxugación coas TIC, pois unha lingua precisa hoxe do vehículo das novas tecnoloxías para garantir a súa pervivencia entre as futuras xeracións. Se ben é verdade que o eido rural é un dos grandes capitais económicos e socioculturais de Galicia, as TIC posúen tamén un valor engadido para calquera comunidade sociolingüística, pois constitúen unha ferramenta importante para evitar a fenda dixital no contexto da chamada sociedade da información, entre os grandes núcleos de poboación e as vilas e aldeas do rural. A situación sociolingüística do Ceip de Barrantes(Tomiño- Pontevedra), definida na planificación sociolingüística do centro, amosa un uso maioritario do galego, ben entre as familias, profesorado e alumnado, se ben no tocante ao alumnado existe marxe para incrementar
  • 4. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “ O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos” Castelao o seu uso habitual. Igualmente, entre as familias, observamos un predominio do castelán nos contextos formais, relegando o galego aos contextos informais ou familiares. Esta situación motívanos a emprender un camiño que afonda no espallamento do galego e na creación de novos espazos de uso, tentando establecer novas canles de participación e de intercambio entre os diferentes membros da comunidade educativa de Barrantes, favorecendo unha apropiación máis consciente e plena do uso do galego por parte das nenas e nenos, conectándoos coa realidade social e patrimonio cultural da súa contorna máis próxima. Neste senso, queremos incorporar, entre outras, as voces de avoas, avós e xente maior da zona, que supoñen un caudal de experiencias que a escola debe aproveitar, vinculando o espazo- ámbito co tempo- conciencia, promovendo situacións de ensino- aprendizaxe do galego contextualizadas e significativas: significación é impacto, significación é orixinalidade, significación é conciencia. En último termo, o noso proxecto aposta por unha volta da persoa á natureza, ao seu goce, coñecemento e coidado, na actual situación de agresión paisaxística e medioambiental, verbo dos modelos actuais de crecemento e vida en sociedade. Xustifícase o noso proxecto tamén por entender que só as empresas que comprometen dalgún xeito a un colectivo pola súa complexidade, son as que poden achegarnos a
  • 5. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “Non hai mellor norma de conducta que o coñecemento do pasado” Polibio lugares insospeitados e mellorar as cousas. Responsabilidade, desafío e sentido do risco, para subir os muros dos nosos medos polos chanzos dos nosos soños. 2. OBXECTIVOS 2.1. Obxectivos xerais Mellorar a competencia lingüística do alumnado. Achegarnos como comunidade educativa do Ceip de Barrantes á excelencia na aprendizaxe do galego e no seu uso. Converter o proxecto Irradio Lingua nun elemento transversal da práctica educativa do Ceip de Barrantes. Incorporar o uso da radio e das TIC para promover o galego, a oralidade e a literatura oral, a literatura, a música e o respeto á natureza, a través de formas cooperativas de traballo. Ampliar o radio de influenza da escola no seu contexto social e cultural, involucrando os diferentes elementos da comunidade educativa, en especial os maiores. Transformar dun xeito evidente a práctica educativa.
  • 6. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes 2.2. Obxectivos especificos Concienciar os distintos axentes da comunidade educativa(familias, profesorado, alumnado, institucións e asociacións do entorno) da importancia do galego, non só como lingua, senón como riqueza sociocultural que é importante coñecer e preservar. Favorecer actitudes positivas, tolerantes e abertas verbo do seu uso. Implicar especialmente ás familias(maiores e tamén nais e pais), promovendo a súa participación activa na vida da escola. Liderar iniciativas e actividades que esperten sentimentos positivos cara o uso da lingua, favorecendo o diálogo e o encontro entre intereses, motivacións e preferencias diversas. Incidir no carácter do galego como lingua culta e prestixiada, como todas as demais, pero tamén popular, vencellada ás tradicións e costumes da zona. Vertebrar propostas que fomenten o contacto entre xeracións e tamén entre os distintos colectivos que impliquen o seu uso dun xeito orixinal. Garantir o axeitado e orixinal tratamento do estudo das linguas en relación ao galego, favorecendo o acadamento da competencia lingüística. Integrar as actividades que conforman o proxecto na práctica docente cotiá, facendo realidade a intención de incorporar a música, o teatro, a natureza e as TIC á escola dun xeito tanxible. Elaborar e incorporar material didáctico innovador en relación ao estudo do galego para incorporalo ao arquivo do centro. Poñer á escola en contacto con asociacións e institucións do entorno, favorecendo iniciativas que nos conecten con outras escolas dos arredores.
  • 7. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Familiarizarse co potencial sociocultural e natural da zona de Barrantes en particular e do Concello de Tomiño en xeral. Coordinar, liderar e consensuar as actividades propostas no proxecto, organizando a recollida de información, colaboración e datos, para integralos ao proxecto. Incorporar as cancións, lendas, refráns e en definitiva as distintas manifestacións orais e escritas da zona para propiciar aprendizaxes máis significativas. Incorporar as TIC á actividade docente. Facer da actividade educativa unha viaxe compartida que supoña un certo grao de risco(en canto á innovación e a investigación) e supoña unha aprendizaxe real tamén para o profesorado. Garantir e fomentar un axeitado clima de convivencia entre os distintos membros da nosa comunidade educativa. Incidir no uso do galego e na súa valoración a través do traballo coas distintas manifestacións tanto orais como escritas. Familiarizar aos meniños coa tradición oral da zona a través do diálogo cos seus maiores, fundamentalmente a través de avós e avoas, incidindo especialmente a través das distintas manifestacións da oralidade. Efectuar un primeiro achegamento a figuras relevantes da literatura e cultura galega e universal, dacordo coas posibilidades de cada grupo de idade Favorecer o gusto polo traballo da lingua, a través da exploración das distintas formas musicais mesturadas coa palabra. Experimentar a expresión corporal a través da actividade teatral, iniciando ao alumnado no traballo da voz poética. Coñecer e disfrutar da contorna do centro a través da literatura oral. Propiciar o coñecemento e a autonomía dos nenos en relación ao uso das TIC.
  • 8. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes “E Sinbad non podía contar ren, sen ollar o que contaba, e pasaba os ollos seus pola memoria propia, aliñando nela as figuras como si tivera dediante un espello, e tiña a ollada dos maxinativos, que a mitade é pra fora, prá variedade do mundo, e a outra mitade e prá dentro, pró gosto do invento e a calorciña que dá ao esprito sacar unha historia de nada, de onde están as verbas caladas e confusas, que é coma non estar” Álvaro Cunqueiro, extraído de Se o vello Sinbad volvese ás illas Afondar na interiorización do gusto e respecto pola natureza, percibíndoa como un elemento importante nas aprendizaxes. Vivenciar a experiencia radiofónica, afondar no seu valor pedagóxico e na súa historia, para mellorar a práctica educativa, coa difusión dalgunhas actividades do proxecto en emisoras locais e provinciais. 2. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO 2.1 Eixe vertebrador e cadro explicativo +O proxecto aséntase nos motivos representados no propio anagrama de portada, e que constitúen a columna vertebral do mesmo : a lingua, verbo da oralidade e a literatura oral, as variantes dialectais da fala propias da zona, pero tamén a metáfora Stone que alude á música en xeral e ao rock en particular(como estilo musical, pero tamén como principio de procura e actitude debida para enfrontar os desafíos); a caricatura de Álvaro Cunqueiro, verbo do Ano Álvaro Cunqueiro(2011), símbolo por excelencia da imaxinación na literatura galega, sen esquecer o Centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía e a figura de Valentín Paz Andrade, figura homenaxeada nas Letras Galegas de 2012, expoñente da burguesía ilustrada galega; o micrófono de radio, que simboliza a máxima expresión da voz, e tamén as TIC; finalmente, a tipografía pop do deseño de portada, verbo da expresión artística, compoñente importante do proxecto.
  • 9. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes IRRADIO LINGUA (cadro explicativo) ALUMNADO Galego Oralidade saídas/visitas, literatura Cunqueiro música teatro natureza Radio TIC’s familias(avoas, avós…) ESCOLA asociacións e institucións… emisora Irradio Lingua www.irradiolingua.blogspot.com “Encontros hercianos”: programa radiofónico con entrevistas do alumnado a avoas/avós, sesión de contacontos, lembranzas da infancia, teatro radiofónico… “ Rock é Lingua”: adaptación ou creación de nove cancións con texto orixinal en galego, en colaboración coas especialistas de Inglés e Música, para a súa posterior emisión.  “Contos de corredoira e balcón”: roteiro polas parroquias dos arredores, coa dramatización de contos para a veciñanza.  “Maratón de contos”: contada colectiva de contos por parte do alumnado na semana do Libro. “Se o vello Sinbad volvese ás Cíes”: saída didáctica a Vigo, facendo o roteiro Cunqueiro para afondar na súa etapa viguesa; excursión en barco ás Cíes e emisión radiofónica de Se o vello Sinbad volvese ás illas, coa colaboración dunha radio local.
  • 10. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes ””Elas séntense paisaxe e gozan dun calado vivir fóra dos remuíños do vivir dos máis e pasan indiferentes unhas ás outras como se cada velliña fora a dona do mundo sinxelo das carballeiras, dos eidos e das colleitas. Están ao cabo do seu misterio, mais non din ren do seu segredo porque fai tempo que ollan aos homes como se foran formigas no chan do piñeiral” Ramón Otero Pedrayo, sobre as avoas galegas, en A Nosa Terra, nº 252 (1-9-1928) 2.2 Actividades Tal e como se resume nos exemplos do cadro anterior, as actividades derívanse dos elementos principais que estruturan o proxecto e lle dan sentido ao mesmo. O deseño e selección das mesmas responde así ás diferentes combinacións dos elementos citados e, por riba de consideracións metodolóxicas que abordaremos máis adiante, atende a catro criterios básicos: orixinalidade, valor pedagóxico e innovador, heteroxeneidade, e interrelación ou coherencia, permitindo dunha banda distintos niveis de execución e afondamento e doutra, favorecendo a inclusión e a atención á diversidade. Somos conscientes de que o camiño que con este proxecto iniciamos require dun axuste paulatino e progresivo dos contidos das actividades e da súa correcta programación temporal, polo que ditas actividades deben permitir certo nivel de indagación e admitir distintos niveis de execución tamén entre o profesorado e alumnado, co obxecto de favorecer a plena adhesión ao proxecto e a suma de novos apoios.
  • 11. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes O ideal do proxecto será a apropiación por parte do profesorado das claves do seu funcionamento, e a autonomía progresiva do alumnado en relación ás actividades propostas. Emisora Irradio Lingua o “Encontros hercianos”: programa radiofónico nas ondas hercianas(en frecuencia aínda por determinar) de entre quince e trinta minutos de duración, e de emisión semanal ou quincenal, segundo a dispoñibilidade e grao de implicación acadado por parte das familias do alumnado, especialmente avoas e avós, pero tamén veciñanza ou xente da zona de distintos ámbitos(universitario, artesanal, xornalístico ou académico). As emisións poderán ser en directo ou en diferido, segundo as circunstancias e natureza do encontro: sesión de contacontos, lembranzas da infancia, lectura dun conto, lenda antiga ou ser mitolóxico da zona. Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com 1ª FASE 2ª FASE 3ª FASE Comunicación ás Recollida de Establecemento do familias da natureza contactos e calendario da da actividade colaboracións, actividade e comezo preparación da das emisións e emisora gravacións 1ª quincena de novembro 2011 2ª quincena de novembro 2011/xuño 2012 o “Díxome, díxome”: espazo radiofónico de carácter semanal ou quincenal(orientación estimativa), presentado polo alumnado coa axuda do profesorado, para a divulgación de historias, expresións en desuso, curiosidades
  • 12. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes toponímicas ou mitolóxicas, etc… Establecerase un sistema de quendas que permita a rotación dos diferentes cursos e ciclos da escola polo programa, e incluso colaboracións entre ciclos, cursos e Departamentos. Este será o espazo máis axeitado para expoñer ao resto da comunidade educativa os traballos e actividades realizadas no marco das distintas celebracións anuais(Samaín, Magosto, Nadal,etc…) De igual xeito, este espazo permitirá unha cobertura satisfactoria das actividades arredor da figura de Valentín Paz Andrade, homenaxeado, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com o “ Rock É& Lingua”: actividade de colaboración entre as distintas titorías e os Departamentos de Música e Lingua Estranxeira para a creación, recreación ou adaptación de nove cancións(unha por cada mes do curso), con textos orixinais en galego ou adaptados do castelán, inglés ou doutra lingua, interpretados e tocados polo alumnado coa axuda do profesorado. A presentación do programa por parte do alumnado será tamén rotatoria, e teranse en conta as posibilidades e limitacións de cada grupo, estando suxeita tamén ao criterio de cada titoría. Editarase un pequeno álbum-libro-cd, cos textos, ilustracións e sons, para ser incorporado ao arquivo da biblioteca. No tramo intermedio e final do proxecto procurarase a visita dalgún persoeiro do ámbito musical galego, para que comparta co alumnado as súas experiencias no eido da música e a creación.
  • 13. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Rock É&Lingua(cronograma) 1ª FASE 2ª FASE 3ª FASE Gravación de cortinas Elección de alomenos Ilustración das musicais para os dúas cancións das tres mesmas e distintos programas da que se gravarán no elaboración do emisora. trimestre e gravación formato dixital 1º mes de cada trimestre 2º mes de cada trimestre 3º mes de cada trimestre o “Mola a Gramola!”: espazo radiofónico de carácter mensual que se levará adiante durante o segundo trimestre, no que o alumnado pinchará nun tocadiscos cancións incluídas en discos vellos da súa familia, comentando algunha curiosidade ou aspecto relevante da/do artista en cuestión. Tamén: www.irradiolingua.blogspot.com o “Teatro radiofónico: as Variacións Cunqueiro”: co gallo do citado Ano Cunqueiro(2011), este espazo radiofónico permitirá, cando menos, a estrea trimestral dun par de pezas orixinais adaptadas ou ben unha variación pertencente á obra teatral de Álvaro Cunqueiro, ou dalgunhas das pequenas xoias contidas n’A escola de menciñeiros ou Xente de aquí e de acolá. A actividade incluirá a cobertura parcial do proceso con gravacións de vídeo e fotos por parte do propio alumnado, podendo elaborar entradas e comentarios a través do blogue de referencia do proxecto.
  • 14. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes o “Faloume o bandullo”: espazo radiofónico centrado na literatura gastronómica de Álvaro Cunqueiro, mesturando tamén receitas que o alumnado trae da casa. Neste senso, as diversas festividades ao longo do curso constitúen unha ocasión perfecta para integrar estes saberes na acción educativa e no fomento da oralidade. o “Irradiolingua viaxeira”: colaboración con radios locais ou provinciais para unha emisión periódica a través dalgún destes medios. “Eu non sei pra onde vai méntral’o quedo mirando. Sólo sein que eilí se compre o soño que estoun soñando…” Uxío Novoneyra, sobre os soños, d’Os Eidos O Falador de Soños Actividade a nivel de titoría, a realizar durante o segundo trimestre e parte do terceiro no ámbito da aprendizaxe da lingua galega, consistente na gravación en galego do relato dun soño dunha/dun compañeira/o por parte do alumnado, para a súa posterior proxección e elaboración dun pequeno conto, podendo ilustrar con acuarelas, ceras ou acrílicos a historia resultante. A montaxe posterior de imaxe, audio e música poderase exhibir no blogue do centro e por suposto, o relato pode ter difusión a través de Irradio lingua. Os materiais elaborados en libro-cd incorporaranse ao arquivo da biblioteca do centro, dependendo o volume dos mesmos das adhesións que experimente a actividade, suxeita á dispoñibilidade das titorías.
  • 15. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Falador de soños(cronograma) 1ª FASE 2ª FASE 3ª FASE 1º mes do trimestre 2º mes do trimestre 3º mes do trimestre A fiestra do meu mundo Actividade literario- fotográfica de desenvolvemento anual, na que o alumnado fotografía ao erguerse pola mañá, aquilo que ve ao mirar pola fiestra. Posteriormente, a/o nena/o comenta as fotos proxectadas na aula e explícalles aos demais peculiaridades e detalles. Esta actividade permite integrar o galego e a oralidade a través de usos máis formais da lingua na Área de Coñecemento do
  • 16. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Medio, e tamén o uso das TIC, a través da gravación de voz e a integración coas imaxes e a música. A construción de textos explicativos con certo orde e coherencia completa o enorme caudal pedagóxico desta actividade, que nos introduce tamén na dimensión afectiva do alumnado. Realizarase un intercambio da experiencia e dos traballos cun centro urbano, para que o alumnado poida contrastar realidades diferentes, obtendo unha perspectiva máis ampla da realidade que o rodea. Cooperarte A cooperación como principio de acción. O feito de compartir os esforzos e as experiencias no camiño das aprendizaxes, a través da experiencia artística, non como sinxelos receptores do proceso creativo, senón adquirindo por momentos un papel protagonista a partires da experimentación. A integración da expresión plástica con formas máis ou menos complexas da literatura e da oralidade, a través de novas interpretacións das pinturas de Luís Seoane ou Colmeiro, pero tamén a Maruja Mallo, entre outros e non só, no seu día colaboradores e amizades do propio Cunqueiro. Perseguimos transcender o papel, o día despois da festa, a través do arquivo dixital das producións pictóricas do alumnado, tentando compoñer un catálogo que nos permita realizar unha exposición no último trimestre do curso, en colaboración con outros centros da zona. A actividade persegue dotar de coherencia co proxecto de Innovación á Área de Expresión Plástica, entre outras.
  • 17. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Contos de corredoira e de balcón Actividade a desenvolver no terceiro trimestre, como celebración da primavera, consistente nun roteiro a pé ou en bicicleta polos arredores da escola, polos lugares que tradicionalmente quedan á marxe da escola, curiosamente os máis vencellados á vida do alumnado. Dramatización e contada por quendas de ciclos ou cursos dalgúns dos contos e historias desenvoltas no proxecto ao longo do ano, con paradas no principais núcleos de poboación dos arredores, convidando ás persoas do lugar a que se asomen aos balcóns. Maratón de contos Esta iniciativa goza dunha ampla tradición no centro e o proxecto ten que servirse de todas as dinámicas que xa estean en marcha e que contribúan ao desenvolvemento dos obxectivos. Esta actividade celébrase no terceiro trimestre do curso e constitúe, ademais dunha celebración da oralidade e da literatura oral, un elemento que favorece o clima de convivencia e tolerancia entre o alumnado. Saber ser, e saber estar. Díxomo unha maciñeira Actividade puntual co gallo do Día da Árbore, homenaxeando o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, mesturando a oralidade co teatro, cun conto debaixo de cada árbore, por ciclos ou cursos. www.irradiolingua.blogspot.com
  • 18. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Se o vello Sinbad volvese ás Cíes Saída didáctica co alumnado a Vigo, realizando o Roteiro Cunqueiro, indagando na etapa viguesa do artista galego. Posterior viaxe en barco ás Cíes, e emisión radiofónica en directo dende as illas dunha adaptación da obra Se o vello Sinbad volvese ás illas por parte do alumnado, en colaboración cunha radio local ou provincial na cidade de Vigo, para a súa difusión ao público. Esta actividade, a desenvolver dentro dun dos dous últimos meses de curso, suporá a culminación do proxecto que nestas liñas presentamos, e a mellor homenaxe posíbel á nosa lingua.
  • 19. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes 3. METODOLOXIA Por riba das convencións metodolóxicas que asolagan os documentos curriculares oficiais, e sen detrimento delas, como veremos a continuación, a realización do Proxecto Irradio lingua baséase nunha suma que xulgamos interesante como punto de partida: Innovación Acadamento da competencia comunicativa e da Galego Proxecto Irradio COMPETENCIA LINGÜÍSTICA por lingua entendido Oralidade parte do alumnado como TIC´s e dinamización do uso do lego pedagóxico galego na comunidade Radio educativa do Ceip de Barrantes I + D ++R IMAXINACION + DESEXO + ROCK Entendemos que os dous primeiros sumandos achegan ás persoas a lugares que antes non existían: a imaxinación amósanos un feito que só existe na nosa cabeza, e o desexo fainos camiñar cara el. O rock, entendido como principio de procura permanente, como sentido do risco, e como celebración da experiencia vital, consegue a cuadratura do círculo, vencendo os medos e enfrontando os desafíos e as propias limitacións.
  • 20. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Ademais, teremos presentes os seguintes principios: 1. Desenvolvemento en espiral; relacionado coa estada das aprendizaxes que propoñía Bruner e coa zona de desenvolvemento próximo de Vigotsky: talvez a/o nena/o non pode só, pero sí cunha pequena axuda e proposta que supoña un reto e comprometa a súa capacidade. As actividades relaciónanse entre si, desenvolvendo progresivamente os obxectivos previstos no proxecto. 2. Principio de adecuación; o que supón axustar o nivel e a esixencia das actividades ao nivel do alumnado. 3. Motivación; ofrecendo situacións de ensino- aprendizaxe que supoñan un reto para o alumnado. 4. Heteroxeneidade; o que supón unha concepción flexíbel e aberta das propostas pedagóxicas, premendo non só unha tecla de todas as posíbeis, senón abrindo o abanico de experiencias e a natureza das mesmas, facilitando así os distintos niveis de execucións e a diversidade de intereses e aptitudes. 5. Coherencia interna; dende este punto de vista, todas as accións e intencións deben confluír no sentido sustantivo do proxecto, que é que o alumnado adquira o maior grao de competencia lingüística, a través de experiencias innovadoras que afonden nas distintas situacións comunicativas. 6. Aprendizaxes previas; supón ter en conta o contexto no que o alumnado participa do proceso educativo, atendendo ao seu contexto e tendo en conta os seus saberes. 7. Cooperación; entendida como principio de actuación que supón a aceptación das propias limitacións e as dos demais, na renuncia persoal en parte a favor do ben colectivo. Supón unha concepción horizontal do traballo en equipo, na que
  • 21. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes as mensaxes son de ida e de volta, e na que no caso do alumnado, este pode beneficiarse de modelos de coñecemento doutras/os compañeiras/os. 8. Flexibilidade e reaxuste; nos diversos elementos que compoñen o proxecto, por riba tendo en conta a natureza do mesmo, que supón un grao engadido de dificultade. 4. GRAO DE IMPLICACION DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS EXISTENTES A vocación transversal e plural do proxecto conta neste momento co apoio e colaboración da totalidade do profesorado, e á vez entendemos o proxecto como un punto de encontro de distintas sensibilidades, concepcións, inquietudes, ou ideas arredor do que é ou debe ser a escola, como algo inacabado e incompleto, no que todas as persoas poden engadirlle valor ao resultado final do mesmo, en prol dos obxectivos establecidos. Entendemos que a heteroxeneidade inherente a calquera colectivo debe constituír un ben que preservar, polo mesmo principio de cooperación e tolerancia do que antes falabamos. Precisando máis, os traballos e actividades distribuíranse dun xeito equitativo, promovendo que as eleccións das actividades a realizar das distintas titorías e departamentos se axusten a aqueles aspectos do proxecto co que máis se identifican as persoas que os levarán adiante. Este proxecto pretende enriquecer e diversificar non só a experiencia educativa do alumnado, senón tamén a práctica docente do profesorado.
  • 22. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes Valoración dos resultados para o axuste do proceso Diálogo Equipo de Titorías e Equipo de Normalización e especialistas Actividades Dinamización complementarias e Cooperación extraescolares Realización das actividades 5. COLABORACION CON ENTIDADES CULTURAIS, ASOCIATIVAS, ETC... As distintas actividades que conforman o proxecto no seu desenvolvemento precisan das familias, sen dúbida, pois iso é o primeiro paso para afianzalo. Estableceranse contactos con algúns medios de comunicación locais e provinciais(Radio Tui, entre outros), en especial a radio, pois a natureza do proxecto así o demanda para unha execución satisfactoria do mesmo. Estableceuse contacto tamén con outros centros dos arredores, e agardamos poder completar e intercambiar algunhas das experiencias con centros de grandes núcleos de poboación. O Conservatorio de Tui, os concellos colindantes, ou o contacto coa Universidade de Vigo, a través de persoas relacionadas con Tomiño e Barrantes, deben contribuír á expansión e promoción do proxecto dentro do concello e fóra del.
  • 23. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes 6. PLAN DE AVALIACION A natureza aberta do proxecto require dunha avaliación periódica que revise o nivel de consecución dos obxectivos específicos en relación ao grao de desenvolvemento das actividades. A simple formulación no papel de propostas é algo que carece de valor, se o proxecto non se manifesta como unha ferramenta útil e dinámica que poida adaptarse ás circunstancias que poidan derivarse durante o proceso. A este efecto, executarase unha avaliación mensual do mesmo, tendo en conta as actividades previstas, as actividades realizadas, e a súa contribución aos obxectivos, co fin de modificar ou variar aqueles aspectos das mesmas que poidan contribuír a un mellor desenvolvemento do mesmo. 7. Medidas para a difusión do proxecto entre o alumnado, familias e
  • 24. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes ¿Irradio Lingua: creación do espazo radiofónico e virtual do mesmo nome, a través da radio e en dial aínda por concretar, así como do blogue www.irradiolingua.blogspot.com , para o seguimento e participación do proxecto por parte da comunidade educativa e demais? Irradio Lingua Encontros herzianos interxeracións Rock and Lingua O Falador de soños A creación do espazo radiofónico posibilitará a elaboración de pequenos guións radiofónicos(poesía, teatro, narrativa breve, entrevistas entre o alumnado e emisión de seleccións musicais periódicas), sempre dependendo das posibilidades de cada titor e grupo de alumnado. Tamén se elaborarán breves cortinas musicais de entrada con texto para cada un dos programas. Encontros herzianos interxeracións: visitas periódicas de avoas e avós ou outros membros das familias(segundo a dispoñibilidade e o calendario), para:
  • 25. Proxecto Irradio Lingua Ceip de Barrantes -sesións de contacontos -lendas ou historias -oficios antigos e recordos da infancia A actividade alternarase coa emisión en directo dende Irradio Lingua ou ben coa súa emisión en diferido. Rock and Lingua: 9 sons; invención por parte do alumnado ou adaptación ao galego coa axuda do profesorado de nove cancións, unha por cada mes do curso, en colaboración coa Área de Música e a Área de Lingua Estranxeira. O Falador de Soños: gravación en vídeo por parte do alumnado aos seus compañeiros/as do relato de soños que tiveran, para a súa ilustración posterior con acuarelas e elaboración dun conto. A ventá do meu mundo: actividade fotográfico- literaria e oral, consistente na toma de fotos por parte do alumnado a través da fiestra da súa habitación ao se erguer para a súa exposición posterior na escola ao resto de compañeiras/os, e a súa montaxe en soporte dixital con gravación de voz. Intercambio da experiencia con algún centro pertencente ao medio urbán para contrastar as diferentes realidades. Cooperarte: traballo de ilustración por parte do alumnado de Infantil a partires das obras de Luis Seoane e Colmeiro, mesturando pequenos versos de Cunqueiro, co que colaboraron no seu día. Se o vello Cunqueiro volvese ás Cíes: saída didáctica a Vigo, facendo o roteiro de Álvaro Cunqueiro para afondar na súa actividade(2011 é o ano Cunqueiro) e viaxe en barco ás Cíes para unha emisión radiofónica dende alí en colaboración con algunha radio local.