SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
A CIVILIZACIÓN GREGA
A civilización grega considérase o berce da civilización occidental, nela xurdiron novas
forma de entender ao ser humano e novas formas de goberno, como a democracia. Forman
parte do seu legado, entre outra achegas, o pensamento racional e a filosofía, o teatro, o
urbanismo e as ordes arquitectónicas (dórica, xónica e corintia).
1 A evolución histórica. Época arcaica
1.1 O territorio grego
A antiga civilización grega desenvolveuse no sur da península balcánica, en diversas illas
dos mares Exeo e Xónico e na costa de Asia Menor, na actual Turquía. Este territorio, ao
que os gregos denominaron Hélade, presenta dous trazos físicos distintivos:
● Proximidade ao mar. Ningún punto se afasta máis de 90 quilómetros da costa, o
que explica a importancia que tiveron as viaxes e o comercio marítimos na antiga
Grecia.
● Carácter montañoso. O relevo grego está formado por un conxunto de cadeas
montañosas separadas entre si por estreitos vales ou por pequenas chairas. Este
relevo dificultou as comunicacións e a agricultura, e favoreceu a súa organización en
polis ou cidades-estado independentes.
1.2 Os helenos e o seu tempo
Os gregos nunca formaron un Estado unificado. A pesar das súas diferenzas, tiñan certo
sentimento de unidade: chamábanse a si mesmos helenos, compartían o mesmo espazo
xeográfico e tiñan unha cultura común, xa que falaban a mesma lingua e tiñan a mesma
relixión.
A antiga civilización grega desenvolveuse entre os séculos VIII e I a.C. A súa historia
divídese en tres períodos, coñecidos como épocas arcaica, clásica e helenística.
1.3 A época arcaica: VIII-VI a.C.
Nesta época desenvolvéronse as polis e leváronse a cabo as colonizacións.
● As polis eran cidades-estado independentes formadas por un núcleo urbano
e as terras de labor, bosques e pastos que o rodeaban. Cada polis tiña o seu propio
sistema de goberno, así como leis, exército e moeda diferentes. Ademais, eran
autosuficientes economicamente.
En Grecia houbo máis de duascentas polis, aínda que as máis célebres foron
Atenas, situada no val do Ática, e Esparta, localizada na rexión de Laconia.
● As colonizacións foron grandes migracións de gregos que estableceron
asentamentos ou colonias nas costas dos mares Negro e Mediterráneo.
As causas que as explican son o aumento da poboación e a desigual repartición das
terras, que na súa maioría pertencían aos grandes propietarios. Entre as súas
consecuencias destacan a extensión da influencia grega polo Mediterráneo e a
difusión do uso do ferro, a moeda, o alfabeto e a arte grega polo occidente europeo.
O territorio grego
Territorio ocupado pola antiga civilización grega.
A súa expansión polo Mediterráneo. As colonizacións
As colonias, localizadas en lugares favorables para o comercio e a agricultura, construíanse a
imitación das gregas, e os seus habitantes conservaban a organización e os costumes gregos.
Ademais, mantiñan estreitas relacións coa metrópole ou cidade de orixe, aínda que eran
independentes dela.
1. Escribe o significado de Hélade, heleno, polis, colonización e metrópole.
Deducir información
2. Ningunha cidade se afasta máis de 90 km da costa. Como influíu este feito na
economía grega?
Obter información
1. Descubre o nome actual das colonias que fundaron os gregos en España.
Traballar con mapas
1. Busca a resposta no mapa correspondente:
a) Que mares bañan o territorio grego?
b) Cita o nome dunha colonia grega nas actuais Italia, Francia e España.
c) En que país actual fundaron Naucratis?
2 A evolución histórica. Épocas clásica e
helenística
2.1 A época clásica
A época clásica foi o período de maior esplendor das polis gregas, especialmente de Atenas
e Esparta, a pesar das frecuentes guerras.
As guerras médicas e a hexemonía de Atenas
A principios do século V a.C., os persas intentaron conquistar a Grecia continental. Este
feito provocou o enfrontamento dos gregos contra os persas, coñecido como guerras
médicas (490 a.C.-480 a.C.).
A maioría das polis uníronse contra o inimigo exterior, aínda que o exército e a frota de
Atenas foron decisivos para vencer os persas nas batallas de Maratón (490 a.C.) e de
Salamina (480 a.C.).
Así, ao finalizar a guerra no século V a.C., Atenas converteuse na polis máis poderosa de
Grecia e viviu un período de grande esplendor baixo o goberno de Pericles.
Por iso, outras polis buscaron a súa protección e formaron, baixo a súa dirección, a Liga de
Delos, unha alianza entre polis cuxo obxectivo era previr os posibles ataques persas.
A guerra do Peloponeso e a hexemonía de Esparta
O excesivo protagonismo de Atenas provocou tensións entre as polis que formaban a Liga
de Delos. Estas remataron agrupándose en dous bandos, liderados por Atenas e Esparta, e
enfrontándose na guerra do Peloponeso (431 a.C.-404 a.C.). Despois de vinte e sete anos
de loita, Esparta logrou a vitoria e impuxo a súa hexemonía.
Non obstante, a guerra deixou as polis moi debilitadas. Como consecuencia, a mediados do
século IV a.C., o rei Filipo de Macedonia, tras vinte anos de enfrontamentos cos gregos,
impuxo o seu dominio sobre as polis gregas, coa excepción de Esparta.
2.2 A época helenística: 338 a.C.-30 a.C.
Alexandre Magno (356-323 a.C.), fillo de Filipo, continuou a expansión territorial iniciada
polo seu pai. En tan só dez anos, e cun exército de 400000 homes, conquistou o imperio
persa e formou un grande imperio que se estendía desde o mar Exeo ata a fronteira coa
India.
Á morte de Alexandre, os seus xenerais repartiron entre eles o imperio e crearon as
chamadas monarquías helenísticas.
Nestas monarquías, os seus reis gobernaron con poder absoluto, desenvolveron a industria
e o comercio, e fundaron novas cidades, como Alexandría e Antioquía. Ademais,
favoreceron o asentamento de cidadáns gregos nos seus territorios.
Por último, as monarquías helenísticas foron conquistadas por Roma e integradas no
imperio romano.
A creación do grande imperio de Alexandre contribuíu á difusión da cultura e a arte gregas por
Oriente. Este proceso de difusión, coñecido como helenismo, permitiu tamén que os gregos
recibisen influencias orientais.
Soldado de infantería grego, hoplita. Ía protexido polo casco, a coiraza, as grebas e o escudo
redondo. A lanza, de case 3 m, e a espada utilizábaas para a loita.
Organizar información
1. Completa un cadro coma este:
Guerras médicas Guerras do Peloponeso
Quen se enfrontan
Causas do conflito
Consecuencias do
conflito
Traballar con mapas
2. Cales foron os límites do imperio de Alexandre? En que países actuais se encontran
as cidades fundadas co seu nome?
Traballar con imaxes
1. Que armas ofensivas e defensivas leva o hoplita?
3 A organización política das polis
3.1 Sistema político de Esparta. A oligarquía
A maioría das polis gregas adoptaron
como sistema de goberno a oligarquía.
Neste sistema, o poder exercíao un
grupo reducido de persoas, donas de
extensas propiedades agrarias, que se
consideraban a si mesmos aristoi; é dicir,
«os mellores». Deste termo deriva a
palabra aristocracia.
Esparta foi un exemplo de oligarquía.
Nesta polis, o poder desempeñábano
dous reis, que tiñan funcións honoríficas
e militares, e un Consello, composto por
vinte e oito aristócratas maiores de 60
anos, que elaboraba as leis e as
presentaba á Asemblea de cidadáns.
Esta Asemblea, composta polos varóns
maiores de 30 anos fillos de pai
espartano, limitábase a votar «si» ou «non» ás leis.
3.2 Sistema político de Atenas. A democracia
Atenas, en cambio, adoptou como
sistema de goberno a democracia; isto
é, o goberno do pobo. Un feito decisivo
para a súa implantación foron as
colonizacións.
Grazas ás colonizacións, aumentou a
riqueza dos grupos populares
(comerciantes, artesáns e campesiños),
que esixiron participar no goberno da
polis.
Na polis de Atenas, o poder residía na
Asemblea de cidadáns, composta polos
varóns libres maiores de 18 anos, fillos
de pai e nai atenienses.
A Asemblea discutía e votaba as leis
cidadás; e elixía cada ano un Consello de
500 cidadáns, que preparaba as leis e os asuntos que debía tratar a Asemblea. Tamén
elixía os maxistrados, que executaban as decisións, e os tribunais populares.
Non obstante, non era un sistema verdadeiramente democrático, pois excluía as mulleres,
os estranxeiros ou metecos e os escravos. Así, duns 250000 habitantes, só 40000
participaban na vida política.
En Atenas, todos os cidadáns podían asistir ás reunións da Asemblea, falar e votar as decisións
a man alzada.
A reunión comezaba cunha oración e un sacrificio aos deuses. Despois, calquera asistente
podía subir á tribuna e expresar a súa opinión sobre os asuntos do día, durante un tempo
determinado marcado por unha clepsidra ou reloxo de auga.
Traballar con esquemas
1. Que funcións tiña a Asemblea na democracia e na oligarquía?
2. En cada caso, quen integraba a Asemblea?
1. Quen formaba o Consello e cal era a súa función?
Traballar con imaxes
1. Describe a imaxe e explica que era a Asemblea en Atenas e onde se celebraba.
Usar o vocabulario
1. Indica o significado dos termos oligarquía e democracia.
Comunicar información
1. Que porcentaxe de atenienses participaba na vida política? Cal era o motivo desta
situación?
Comprender a realidade histórica
1. Busca que é unha democracia directa e unha democracia representativa. Logo,
compara as democracias grega e actual:
a) A cal dos dous tipos correspondía a democracia ateniense? Cal che parece mellor?
b) Por que as democracias actuais non son directas?
1. Imaxina que as eleccións a delegado ou delegada de clase se celebrase na antiga
Atenas. Indica quen non se podería presentar nin votar nesas eleccións.
Utilizar porcentaxes
1. Calcula a porcentaxe dos que votarían nas eleccións anteriores.
4 A economía e a sociedade
4.1 As actividades económicas
● A agricultura era a base da economía, e practicábase nas
poucas chairas existentes. Os principais cultivos foron cereais,
vide, oliveira, froitas e hortalizas.
Case todas as terras pertencían a un grupo reducido de grandes
propietarios. Os pequenos propietarios apenas obtiñan o necesario
para vivir, e calquera contratempo os obrigaba a endebedarse, co
perigo de caer na escravitude a causa das débedas.
● A gandería practicábase nas montañas e nos campos das
aldeas e baseábase na cría de cabras, ovellas, porcos, bois e
cabalos.
● A artesanía fabricaba cerámica, vidro e tecidos.
Realizábase en talleres que utilizaban man de obra libre ou
escrava.
● O comercio, que utilizou a moeda, foi a actividade máis
importante. Os comerciantes gregos foron uns excelentes mariños,
navegaron por todo o Mediterráneo e aproveitaron a situación
estratéxica da Hélade entre Europa, Asia e África.
4.2 A división social
En cada polis, as persoas dividíanse en dúas categorías sociais: os cidadáns e os non
cidadáns.
● Os cidadáns eran os únicos que podían participar na vida política, tanto se eran
ricos como humildes, e estaban obrigados ao pagamento de impostos e a servir no
exército. Este grupo formábano os varóns libres cuxos pais, ou só un dos dous,
naceran nesa polis.
● Os non cidadáns, en cambio, non podían participar na vida política nin desempeñar
cargos públicos. A este grupo pertencían:
- Os estranxeiros ou metecos. Eran persoas libres que se dedicaban ao comercio e
á artesanía, porque non se lles permitía posuír terras.
- Os escravos. Eran os prisioneiros de guerra ou persoas que non puideran pagar as
súas débedas. Polo xeral, traballaban no campo, nas minas e nas canteiras, ou no
servizo doméstico.
- As mulleres. Todas carecían de dereitos políticos, fosen libres ou escravas.
Pirámide social
A sociedade grega era unha sociedade escravista; é dicir, a economía baseábase no traballo da
man de obra escrava.
Estrutura social de Atenas
Condición feminina
● Os contemporáneos opinan
Convenlle máis á muller estar tras a porta que asomarse a ela; para o home non é aconsellable
permanecer na casa».
Xenofonte (431 a.C.-354 a.C.), historiador, militar e filósofo grego.
«Ninguén ousaría facer festas nun lugar no que haxa mulleres casadas: as mulleres casadas nin
participan nos banquetes dos maridos, nin consideran lícito comer con persoas que non forman
parte da familia, nin moito menos con un que acababa de chegar».
Iseo (420 a.C.-349 a.C.), orador grego
Traballar con textos e imaxes
1. Coa axuda das imaxes superiores e do texto, fai unha relación das profesións
exercidas polos antigos gregos. Indica, en cada caso, a actividade económica na
que se inclúe a profesión.
Traballar con imaxes
2. Reflexiona antes de contestar. En Grecia, como influían na posición social, o sexo, a
liberdade, a procedencia e a riqueza económica?
1. Que actividades desempeñaban as mulleres?
1. Le os textos que acompañan a imaxe das mulleres. Que opinas ti?
Comprender a realidade histórica
1. Explica que diferenzas había na Grecia antiga entre homes e mulleres en canto a
dereitos políticos. Cres que se manteñen na actualidade?
5 Aspectos da vida cotiá
5.1 Como eran as cidades gregas
As cidades gregas localizábanse preto do mar. O núcleo orixinario, a acrópole ou cidade
alta, situábase nun lugar elevado para facilitar a defensa e rodeábase de murallas. Co
tempo, a poboación abandonou a acrópole e trasladouse ás partes baixas dos arredores.
Deste modo, a acrópole quedou como lugar sagrado para albergar os templos dos deuses,
e a cidade baixa acolleu as vivendas e as actividades económicas, políticas e sociais.
Dentro das cidades existían algúns espazos e edificios públicos:
● A ágora, principal espazo público, era unha praza ao aire libre onde tiñan lugar o
mercado, as reunións políticas e a vida social. Nela situábanse as stoas, pórticos
con columnas, que se utilizaban para as reunións e o comercio, xa que contaba con
tendas.
● Os edificios públicos importantes eran o teatro; o odeón, para audicións musicais,
e o estadio, para competicións deportivas.
5.2 Como era a vida na cidade
A actividade cidadá estaba marcada polas horas de luz. Os agricultores chegaban desde o
campo cos seus produtos, que eran comprados polos vendedores ambulantes. Das casas
saían os escravos a buscar a auga ás fontes públicas; e abríanse as tendas e os talleres.
Máis tarde, os nenos acudían ás escolas acompañados polos pedagogos ou escravos
domésticos.
Cando se poñía o sol, os cidadáns volvían ás súas casas e, como a cidade non ofrecía
diversións nocturnas, os ricos invitaban a cear os seus amigos. A cea adoitábase prolongar
co simposio, onde discutían, bebían ou xogaban ata altas horas da madrugada. As
mulleres, mentres tanto, permanecían nos seus cuartos e non se deixaban ver.
5.3 Como era a educación
A educación dos nenos e das nenas era, ata os sete anos, tarefa das mulleres da casa. Os
nenos xogaban, contábaselles contos e recibían as primeiras ensinanzas.
●
En Atenas, onde non había escolas públicas, os pais enviaban os fillos varóns á
casa dun mestre particular desde os sete ata os dezaoito anos. Despois, prestaban
servizo militar durante dous anos e, ao rematalo, concedíaselles a cidadanía.
O ensino incluía as letras, a música e a ximnasia, diversificadas en distintas
actividades.
As nenas non ían á escola, aínda que as futuras amas de casa ricas aprendían a ler
e escribir, e a tocar a cítara.
● En Esparta, a educación dos nenos de sete a vinte anos corría a cargo do Estado.
Recibían unha educación de gran dureza, destinada a crear soldados fortes. As
nenas practicaban moito deporte co fin de converterse en nais de guerreiros fortes.
A ágora durante o día
O costume de visitar tendas estaba moi difundido na antiga Grecia. Era tan habitual que o
cidadán que non as frecuentaba era mirado con receo. Un orador da época, Lisias (458-380
a.C.), dicía:
«... Cada un de vós ten o costume de ir a algunha parte: este a unha perfumería, aquel a unha
barbería, o outro a unha zapatería e o de máis alá a onde lle dá gana e a maior parte vai aos
locais dos que se estableceron máis preto da ágora.»
As grandes celebracións
As festas oficiais das polis eran celebracións relixiosas. Estas iniciábanse con ofrendas á
divindade, e incluían xogos ou competicións atléticas e obras teatrais.
As representacións teatrais, ás que podía asistir todo o mundo agás os escravos, podían durar
todo o día; por iso, o público levaba a comida e a bebida. As primeiras filas ocupábanas os
sacerdotes e as autoridades da cidade; os pobres, que recibían do Estado o prezo da entrada,
ocupaban as últimas filas.
A función desenvolvíase nun ambiente bulicioso, e a xente apupaba, aplaudía, patexaba, etc.
Comunicar información
1. Responde a partir do texto:
a) Que partes se diferenciaban nunha cidade grega?
b) Que edificos se encontraban na ágora e para que se utilizaban?
2. Nesta cerámica represéntase unha escola grega. Que diferenzas había entre a
educación de Atenas e Esparta?
Producir textos
1. Redacta dez liñas explicando como era a vida cotiá nunha cidade grega.
Entender a sociedade
1. Que diferenzas encontras entre a educación grega e a túa?
Traballar con imaxes
1. Que espazo público representa a ilustración superior?
1. Cita as actividades que están realizando os distintos personaxes na ágora.
1. Describe o teatro representado da ilustración inferior.
Informe gráfico
Atenas no século V a.C.
Atenas, como a maioría das cidades gregas, localizábase preto do mar e estaba rodeada
por murallas. No interior do recinto amurallado encontrábase a acrópole ou cidade alta,
situada sobre un outeiro. Aos seus pés desenvolveuse a cidade baixa, que se distribuía en
barrios de plano desordenado.
Os barrios residenciais eran de casas amplas e cómodas (A), contaban con dous pisos, e
os seus variados cuartos (cuarto de estar, comedor, cociña, baño, dormitorio matrimonial,
cuartos dos escravos) daban a un patio con pórticos. Cuartos destacados destas vivendas
eran o andrón, ou cuarto reservado ao marido (B); e o xineceo, ou cuarto reservado á muller
e os seus fillos.
Os barrios populares estaban compostos por casas pequenas, cunha planta e dous ou
tres cuartos. Case nunca tiñan cociña, xa que os alimentos se cociñaban sobre un braseiro
ao aire libre que, despois, se transportaba ao interior da casa.
O andrón era a parte da casa reservada aos
homes e o espazo no que se levaban a cabo
os simposios ou banquetes. Estes eran
reunións de amigos nos que, tras a comida,
bebíase viño, e realizábanse distintas
actividades: conversar, xogar ás adiviñanzas,
etc.
A ágora (A) era un dos poucos espazos abertos de Atenas. Estaba atravesada pola Vía
Panatinaica (B) e delimitada por edificacións.
Entre elas, varias stoas (C) ou pórticos rectangulares sostidos por columnas, que se utilizaban
para as reunións e para as actividades comerciais; e as sedes das institucións políticas: o
buleterion (D) e o tholos da Bulé (E), un edificio circular onde os membros deste organismo
facían as comidas en común.
Comprensión, expresión e TIC
1. Precisa de forma breve:
a) As partes que se diferenciaban na cidade de Atenas.
b) As actividades e os edificios que acollía cada parte.
2. A casa representada na imaxe lateral, en que barrios se situaría?
1. Busca información sobre as vivendas na antiga Grecia e confecciona un póster
ilustrativo.
6 A relixión e a cultura
6.1 Deuses, heroes e mitos
Os antigos gregos foron politeístas. Os seus deuses, que moraban no monte Olimpo, tiñan
o mesmo aspecto e os mesmos sentimentos que os humanos; pero, a diferenza deles, eran
inmortais e contaban con poderes extraordinarios. Os principais foron, entre outros, Zeus,
Hera, Apolo, Afrodita e Atenea.
Tamén creron nos heroes, fillos de deuses e humanos, que foron considerados
semideuses. Aínda que eran mortais, podían realizar fazañas prodixiosas. Un dos máis
célebres é Heracles (Hércules), coñecido pola súa enorme forza.
Os gregos escribiron mitos ou relatos coas fazañas dos deuses e os heroes, que constitúen
a mitoloxía.
6.2 O culto aos deuses
Os gregos rendíanlles culto aos seus deuses na casa, nos templos e nos santuarios:
● Na casa, o pai da familia realizaba o culto á deusa do fogar (Hestia) e aos defuntos.
● Nos templos, os sacerdotes e algúns maxistrados dirixían o culto, no que
participaban todos os habitantes da polis. Consistía en sacrificios de animais e en
procesións con ofrendas.
●
Nos santuarios, reuníanse gregos de todas as polis para honrar os seus deuses,
como xa sabes, a través de representacións teatrais e de competicións deportivas.
Os Xogos Olímpicos, celebrados na cidade de Olimpia cada catro anos a partir do
ano 776 a.C., foron as competicións deportivas máis famosas. Duraban sete días e
eran exclusivamente masculinas.
Ademais, os gregos preguntábanlles aos deuses sobre o seu futuro por medio dos
oráculos, onde sacerdotes e sacerdotisas respondían en nome do deus. O oráculo máis
consultado foi o de Apolo, en Delfos.
6.3 A cultura grega
Os gregos foron os primeiros en intentar explicar o mundo que os rodeaba utilizando a
razón e non a relixión. Por iso, son considerados os creadores do pensamento racional.
O desenvolvemento deste tipo de pensamento levou consigo importantes achegas na
filosofía, que contou con notables pensadores, como Sócrates, Platón e Aristóteles; e nas
ciencias, como as matemáticas (Pitágoras), a física (Arquímedes), a astronomía
(Eratóstenes) e a medicina (Hipócrates).
O teatro, tamén, foi unha achega grega. Era un espectáculo público e gratuíto no que os
actores cubrían os seus rostros con máscaras. Representaban traxedias ou comedias, así
chamadas segundo o seu final fora triste ou feliz.
Comprender informacións
1. Resolve por escrito estes interrogantes:
a) En que se parecían e en que se diferenciaban os deuses gregos e os humanos?
b) Por que os heroes eran semideuses?
2. Explica en que consistía o culto relixioso na casa, no templo e nos santuarios.
1. Que significa que os gregos crearon o pensamento racional?
Traballar con textos e imaxes
1. Coa axuda do texto e das imaxes, responde:
a) Quen é o deus principal e con quen estaba casado?
b) Quen era o deus mensaxeiro?
c) Que símbolos de Atenea se refiren á guerra e a sabedoría?
Levar a cabo proxectos
1. Busca información sobre os traballos de Hércules. Redacta co obtido un texto e
expono oralmente na clase.
Traballar con imaxes
1. Que máscara poñerían os actores na comedia? E na traxedia?
7 A arte grega. A arquitectura
7.1 As características da arquitectura
Os gregos construíron os seus edificios cun tamaño proporcionado á
medida humana, sen as enormes dimensións propias doutras
civilizacións, como a exipcia.
Os elementos utilizados nas edificacións foron a pedra e o mármore,
como materiais; as columnas como soporte ou suxeición, e as cubertas
alinteladas, planas, ou a dúas augas.
Pretenderon que os edificios fosen belos. Por iso, crearon as ordes
arquitectónicas, unhas regras que establecían a disposición e a
proporción entre as partes do edificio. Estas foron tres: a dórica, máis
pesada e sinxela; a xónica, máis lixeira e decorativa, e a corintia,
caracterizada polo seu capitel con follas de acanto.
7.2 O templo grego. A casa dos deuses
O templo foi o edificio grego máis importante. Era a casa simbólica do
deus, e albergaba a súa estatua e o seu tesouro. Os fieis non entraban ao
interior, xa que o culto e as cerimonias relixiosas se realizaban ao aire
libre, nunha explanada situada diante del.
O edificio levantábase sobre unha base e adoitaba ter forma rectangular.
A cuberta a dúas vertentes apoiábase nun muro que adoitaba estar
rodeado de columnas.
O interior dividíase en varias partes: un vestíbulo ou pronao; unha
estancia principal ou naos, onde se situaba a estatua da divindade, e
outra estancia, o opistodomos, onde se gardaban as ofrendas e o
tesouro.
Os templos máis importantes levantáronse no século v a.C. na acrópole
de Atenas: o Partenón, o Erecteion e o templo de Atenea Niké ou da
Vitoria.
Organizar información
1. Realiza un esquema sobre as características da arquitectura.
Analizar estilos
2. Que función tiña o templo grego? Cales son as súas partes e para que servía cada
unha?
Obter información
1. Os arquitectos do Partenón utilizaron trucos ópticos para que o edificio resultase
perfecto. Descubre cales foron estes trucos.
Traballar con imaxes
1. Observa a imaxe das ordes gregas e contesta:
a) En que partes se divide unha columna?
b) Que orde arquitectónica é máis pesada? E máis lixeira?
c) Que semellanzas e diferenzas encontras entre as ordes gregas?
Traballar con imaxes
1. Describe os templos representados na ilustración lateral.
1. En que orde está construído o templo inferior? Como é a cuberta? E a planta?
8 A arte grega. A escultura e a cerámica
8.1 As características da escultura
As esculturas gregas fixéronse, na súa maioría, para decorar os edificios. As primeiras
realizáronse en madeira; pero co paso do tempo impuxéronse outros materiais, como o
mármore pintado de cores, o bronce e, nalgunhas ocasións, o marfil e o ouro.
A escultura buscou representar a beleza ideal do corpo humano. Para iso, debía seguir un
canon, é dicir, realizarse de acordo cunhas proporcións entre as partes do corpo.
Os temas representados foron moi variados: divindades, heroes, atletas, sacerdotisas,
escenas relixiosas ou loitas reais e mitolóxicas.
8.2 A evolución a través das épocas
Na evolución da escultura distínguense tres etapas:
● Na época arcaica (séculos VII-VI a.C.), as esculturas eran ríxidas e esquemáticas,
como reflicten as figuras de atletas (kuroi) e de rapazas (korai).
● Na época clásica (séculos V-IV a.C.) volvéronse máis naturais, grazas ao labor de
escultores como Mirón, Policleto, Fidias e Praxíteles.
● Na época helenística (a partir do século III a.C.), os escultores buscaron expresar o
movemento e os sentimentos.
8.3 A cerámica e a súa decoración
A cerámica alcanzou un gran desenvolvemento en Grecia. As vasillas
caracterizáronse pola finura do barro e a elegancia e a variedade das formas, xa
que había un modelo para cada uso: gardar líquidos e grans, transportar auga,
mesturar o viño e a auga, etc.
As súas escenas achegáronnos unha valiosa información sobre a vida cotiá e os
costumes dos gregos.
En Atenas decorábase con pinturas de figuras vermellas sobre fondo negro, ou
con figuras negras sobre fondo vermello.
Coñecer manifestacións artísticas
1. Dos seguintes materiais, sinala aqueles utilizados polos escultores gregos: madeira,
estuco, ouro, mármore e porcelana.
2. Que temas representaba a escultura? E a cerámica?
1. A cerámica ática respondeu a dous estilos. Descubre como se denominan e cando
alcanzou cada un a súa época de apoxeo.
Traballar con imaxes
1. Indica a forma e a función das vasillas representadas.
Analizar estilos e obras
1. Elixe tres esculturas das representadas, unha de cada etapa, e compáraas: cal
expresa mellor os sentimentos? Cal é máis ríxida? Cal mostra maior preocupación
polo ideal de beleza?

More Related Content

Similar to A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf

Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteSanti Pazos
 
tema 2 c clasica juan garcia
tema 2 c clasica juan garciatema 2 c clasica juan garcia
tema 2 c clasica juan garciajuan garcia coto
 
12 13 c grecia
12 13 c grecia12 13 c grecia
12 13 c greciaroberto
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Historia de Grecia
Historia de GreciaHistoria de Grecia
Historia de Greciadomenechino
 
O mundo grego
O mundo gregoO mundo grego
O mundo gregomoulin293
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaAgrela Elvixeo
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodosdudashistoria
 
09 a civilización grega
09 a civilización grega 09 a civilización grega
09 a civilización grega roberto
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización gregaCCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización gregaDavid Barrán Ferreiro
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 

Similar to A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf (20)

Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parte
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
tema 2 c clasica juan garcia
tema 2 c clasica juan garciatema 2 c clasica juan garcia
tema 2 c clasica juan garcia
 
12 13 c grecia
12 13 c grecia12 13 c grecia
12 13 c grecia
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Historia de Grecia
Historia de GreciaHistoria de Grecia
Historia de Grecia
 
O mundo grego
O mundo gregoO mundo grego
O mundo grego
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
 
Tema ii
Tema iiTema ii
Tema ii
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
 
09 a civilización grega
09 a civilización grega 09 a civilización grega
09 a civilización grega
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Grecia final
Grecia finalGrecia final
Grecia final
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización gregaCCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 

More from MarcosSalgadoRodrgue1

More from MarcosSalgadoRodrgue1 (6)

Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
 
Mapa_físico_África_e_Asia.pdf
Mapa_físico_África_e_Asia.pdfMapa_físico_África_e_Asia.pdf
Mapa_físico_África_e_Asia.pdf
 
mulleres_galegas_1.pdf
mulleres_galegas_1.pdfmulleres_galegas_1.pdf
mulleres_galegas_1.pdf
 
SD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdfSD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdf
 
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdfTema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
 
1_Resumo.pdf
1_Resumo.pdf1_Resumo.pdf
1_Resumo.pdf
 

A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf

  • 1. A CIVILIZACIÓN GREGA A civilización grega considérase o berce da civilización occidental, nela xurdiron novas forma de entender ao ser humano e novas formas de goberno, como a democracia. Forman parte do seu legado, entre outra achegas, o pensamento racional e a filosofía, o teatro, o urbanismo e as ordes arquitectónicas (dórica, xónica e corintia). 1 A evolución histórica. Época arcaica 1.1 O territorio grego A antiga civilización grega desenvolveuse no sur da península balcánica, en diversas illas dos mares Exeo e Xónico e na costa de Asia Menor, na actual Turquía. Este territorio, ao que os gregos denominaron Hélade, presenta dous trazos físicos distintivos: ● Proximidade ao mar. Ningún punto se afasta máis de 90 quilómetros da costa, o que explica a importancia que tiveron as viaxes e o comercio marítimos na antiga Grecia. ● Carácter montañoso. O relevo grego está formado por un conxunto de cadeas montañosas separadas entre si por estreitos vales ou por pequenas chairas. Este relevo dificultou as comunicacións e a agricultura, e favoreceu a súa organización en polis ou cidades-estado independentes. 1.2 Os helenos e o seu tempo Os gregos nunca formaron un Estado unificado. A pesar das súas diferenzas, tiñan certo sentimento de unidade: chamábanse a si mesmos helenos, compartían o mesmo espazo xeográfico e tiñan unha cultura común, xa que falaban a mesma lingua e tiñan a mesma relixión. A antiga civilización grega desenvolveuse entre os séculos VIII e I a.C. A súa historia divídese en tres períodos, coñecidos como épocas arcaica, clásica e helenística. 1.3 A época arcaica: VIII-VI a.C. Nesta época desenvolvéronse as polis e leváronse a cabo as colonizacións. ● As polis eran cidades-estado independentes formadas por un núcleo urbano e as terras de labor, bosques e pastos que o rodeaban. Cada polis tiña o seu propio sistema de goberno, así como leis, exército e moeda diferentes. Ademais, eran autosuficientes economicamente. En Grecia houbo máis de duascentas polis, aínda que as máis célebres foron Atenas, situada no val do Ática, e Esparta, localizada na rexión de Laconia.
  • 2. ● As colonizacións foron grandes migracións de gregos que estableceron asentamentos ou colonias nas costas dos mares Negro e Mediterráneo. As causas que as explican son o aumento da poboación e a desigual repartición das terras, que na súa maioría pertencían aos grandes propietarios. Entre as súas consecuencias destacan a extensión da influencia grega polo Mediterráneo e a difusión do uso do ferro, a moeda, o alfabeto e a arte grega polo occidente europeo. O territorio grego Territorio ocupado pola antiga civilización grega. A súa expansión polo Mediterráneo. As colonizacións
  • 3. As colonias, localizadas en lugares favorables para o comercio e a agricultura, construíanse a imitación das gregas, e os seus habitantes conservaban a organización e os costumes gregos. Ademais, mantiñan estreitas relacións coa metrópole ou cidade de orixe, aínda que eran independentes dela. 1. Escribe o significado de Hélade, heleno, polis, colonización e metrópole. Deducir información 2. Ningunha cidade se afasta máis de 90 km da costa. Como influíu este feito na economía grega? Obter información 1. Descubre o nome actual das colonias que fundaron os gregos en España. Traballar con mapas 1. Busca a resposta no mapa correspondente: a) Que mares bañan o territorio grego? b) Cita o nome dunha colonia grega nas actuais Italia, Francia e España. c) En que país actual fundaron Naucratis?
  • 4. 2 A evolución histórica. Épocas clásica e helenística 2.1 A época clásica A época clásica foi o período de maior esplendor das polis gregas, especialmente de Atenas e Esparta, a pesar das frecuentes guerras. As guerras médicas e a hexemonía de Atenas A principios do século V a.C., os persas intentaron conquistar a Grecia continental. Este feito provocou o enfrontamento dos gregos contra os persas, coñecido como guerras médicas (490 a.C.-480 a.C.). A maioría das polis uníronse contra o inimigo exterior, aínda que o exército e a frota de Atenas foron decisivos para vencer os persas nas batallas de Maratón (490 a.C.) e de Salamina (480 a.C.). Así, ao finalizar a guerra no século V a.C., Atenas converteuse na polis máis poderosa de Grecia e viviu un período de grande esplendor baixo o goberno de Pericles. Por iso, outras polis buscaron a súa protección e formaron, baixo a súa dirección, a Liga de Delos, unha alianza entre polis cuxo obxectivo era previr os posibles ataques persas. A guerra do Peloponeso e a hexemonía de Esparta O excesivo protagonismo de Atenas provocou tensións entre as polis que formaban a Liga de Delos. Estas remataron agrupándose en dous bandos, liderados por Atenas e Esparta, e enfrontándose na guerra do Peloponeso (431 a.C.-404 a.C.). Despois de vinte e sete anos de loita, Esparta logrou a vitoria e impuxo a súa hexemonía. Non obstante, a guerra deixou as polis moi debilitadas. Como consecuencia, a mediados do século IV a.C., o rei Filipo de Macedonia, tras vinte anos de enfrontamentos cos gregos, impuxo o seu dominio sobre as polis gregas, coa excepción de Esparta. 2.2 A época helenística: 338 a.C.-30 a.C. Alexandre Magno (356-323 a.C.), fillo de Filipo, continuou a expansión territorial iniciada polo seu pai. En tan só dez anos, e cun exército de 400000 homes, conquistou o imperio persa e formou un grande imperio que se estendía desde o mar Exeo ata a fronteira coa India. Á morte de Alexandre, os seus xenerais repartiron entre eles o imperio e crearon as chamadas monarquías helenísticas.
  • 5. Nestas monarquías, os seus reis gobernaron con poder absoluto, desenvolveron a industria e o comercio, e fundaron novas cidades, como Alexandría e Antioquía. Ademais, favoreceron o asentamento de cidadáns gregos nos seus territorios. Por último, as monarquías helenísticas foron conquistadas por Roma e integradas no imperio romano. A creación do grande imperio de Alexandre contribuíu á difusión da cultura e a arte gregas por Oriente. Este proceso de difusión, coñecido como helenismo, permitiu tamén que os gregos recibisen influencias orientais.
  • 6. Soldado de infantería grego, hoplita. Ía protexido polo casco, a coiraza, as grebas e o escudo redondo. A lanza, de case 3 m, e a espada utilizábaas para a loita. Organizar información 1. Completa un cadro coma este: Guerras médicas Guerras do Peloponeso Quen se enfrontan Causas do conflito Consecuencias do conflito Traballar con mapas 2. Cales foron os límites do imperio de Alexandre? En que países actuais se encontran as cidades fundadas co seu nome? Traballar con imaxes 1. Que armas ofensivas e defensivas leva o hoplita?
  • 7. 3 A organización política das polis 3.1 Sistema político de Esparta. A oligarquía A maioría das polis gregas adoptaron como sistema de goberno a oligarquía. Neste sistema, o poder exercíao un grupo reducido de persoas, donas de extensas propiedades agrarias, que se consideraban a si mesmos aristoi; é dicir, «os mellores». Deste termo deriva a palabra aristocracia. Esparta foi un exemplo de oligarquía. Nesta polis, o poder desempeñábano dous reis, que tiñan funcións honoríficas e militares, e un Consello, composto por vinte e oito aristócratas maiores de 60 anos, que elaboraba as leis e as presentaba á Asemblea de cidadáns. Esta Asemblea, composta polos varóns maiores de 30 anos fillos de pai espartano, limitábase a votar «si» ou «non» ás leis. 3.2 Sistema político de Atenas. A democracia Atenas, en cambio, adoptou como sistema de goberno a democracia; isto é, o goberno do pobo. Un feito decisivo para a súa implantación foron as colonizacións. Grazas ás colonizacións, aumentou a riqueza dos grupos populares (comerciantes, artesáns e campesiños), que esixiron participar no goberno da polis. Na polis de Atenas, o poder residía na Asemblea de cidadáns, composta polos varóns libres maiores de 18 anos, fillos de pai e nai atenienses. A Asemblea discutía e votaba as leis cidadás; e elixía cada ano un Consello de
  • 8. 500 cidadáns, que preparaba as leis e os asuntos que debía tratar a Asemblea. Tamén elixía os maxistrados, que executaban as decisións, e os tribunais populares. Non obstante, non era un sistema verdadeiramente democrático, pois excluía as mulleres, os estranxeiros ou metecos e os escravos. Así, duns 250000 habitantes, só 40000 participaban na vida política. En Atenas, todos os cidadáns podían asistir ás reunións da Asemblea, falar e votar as decisións a man alzada. A reunión comezaba cunha oración e un sacrificio aos deuses. Despois, calquera asistente podía subir á tribuna e expresar a súa opinión sobre os asuntos do día, durante un tempo determinado marcado por unha clepsidra ou reloxo de auga.
  • 9. Traballar con esquemas 1. Que funcións tiña a Asemblea na democracia e na oligarquía? 2. En cada caso, quen integraba a Asemblea? 1. Quen formaba o Consello e cal era a súa función? Traballar con imaxes 1. Describe a imaxe e explica que era a Asemblea en Atenas e onde se celebraba. Usar o vocabulario 1. Indica o significado dos termos oligarquía e democracia. Comunicar información 1. Que porcentaxe de atenienses participaba na vida política? Cal era o motivo desta situación? Comprender a realidade histórica 1. Busca que é unha democracia directa e unha democracia representativa. Logo, compara as democracias grega e actual: a) A cal dos dous tipos correspondía a democracia ateniense? Cal che parece mellor? b) Por que as democracias actuais non son directas? 1. Imaxina que as eleccións a delegado ou delegada de clase se celebrase na antiga Atenas. Indica quen non se podería presentar nin votar nesas eleccións. Utilizar porcentaxes 1. Calcula a porcentaxe dos que votarían nas eleccións anteriores.
  • 10. 4 A economía e a sociedade 4.1 As actividades económicas ● A agricultura era a base da economía, e practicábase nas poucas chairas existentes. Os principais cultivos foron cereais, vide, oliveira, froitas e hortalizas. Case todas as terras pertencían a un grupo reducido de grandes propietarios. Os pequenos propietarios apenas obtiñan o necesario para vivir, e calquera contratempo os obrigaba a endebedarse, co perigo de caer na escravitude a causa das débedas. ● A gandería practicábase nas montañas e nos campos das aldeas e baseábase na cría de cabras, ovellas, porcos, bois e cabalos. ● A artesanía fabricaba cerámica, vidro e tecidos. Realizábase en talleres que utilizaban man de obra libre ou escrava. ● O comercio, que utilizou a moeda, foi a actividade máis importante. Os comerciantes gregos foron uns excelentes mariños, navegaron por todo o Mediterráneo e aproveitaron a situación estratéxica da Hélade entre Europa, Asia e África. 4.2 A división social En cada polis, as persoas dividíanse en dúas categorías sociais: os cidadáns e os non cidadáns. ● Os cidadáns eran os únicos que podían participar na vida política, tanto se eran ricos como humildes, e estaban obrigados ao pagamento de impostos e a servir no exército. Este grupo formábano os varóns libres cuxos pais, ou só un dos dous, naceran nesa polis. ● Os non cidadáns, en cambio, non podían participar na vida política nin desempeñar cargos públicos. A este grupo pertencían: - Os estranxeiros ou metecos. Eran persoas libres que se dedicaban ao comercio e á artesanía, porque non se lles permitía posuír terras. - Os escravos. Eran os prisioneiros de guerra ou persoas que non puideran pagar as súas débedas. Polo xeral, traballaban no campo, nas minas e nas canteiras, ou no servizo doméstico. - As mulleres. Todas carecían de dereitos políticos, fosen libres ou escravas.
  • 11. Pirámide social A sociedade grega era unha sociedade escravista; é dicir, a economía baseábase no traballo da man de obra escrava.
  • 12. Estrutura social de Atenas Condición feminina ● Os contemporáneos opinan Convenlle máis á muller estar tras a porta que asomarse a ela; para o home non é aconsellable permanecer na casa». Xenofonte (431 a.C.-354 a.C.), historiador, militar e filósofo grego. «Ninguén ousaría facer festas nun lugar no que haxa mulleres casadas: as mulleres casadas nin participan nos banquetes dos maridos, nin consideran lícito comer con persoas que non forman parte da familia, nin moito menos con un que acababa de chegar». Iseo (420 a.C.-349 a.C.), orador grego
  • 13. Traballar con textos e imaxes 1. Coa axuda das imaxes superiores e do texto, fai unha relación das profesións exercidas polos antigos gregos. Indica, en cada caso, a actividade económica na que se inclúe a profesión. Traballar con imaxes 2. Reflexiona antes de contestar. En Grecia, como influían na posición social, o sexo, a liberdade, a procedencia e a riqueza económica? 1. Que actividades desempeñaban as mulleres? 1. Le os textos que acompañan a imaxe das mulleres. Que opinas ti? Comprender a realidade histórica 1. Explica que diferenzas había na Grecia antiga entre homes e mulleres en canto a dereitos políticos. Cres que se manteñen na actualidade? 5 Aspectos da vida cotiá 5.1 Como eran as cidades gregas As cidades gregas localizábanse preto do mar. O núcleo orixinario, a acrópole ou cidade alta, situábase nun lugar elevado para facilitar a defensa e rodeábase de murallas. Co tempo, a poboación abandonou a acrópole e trasladouse ás partes baixas dos arredores. Deste modo, a acrópole quedou como lugar sagrado para albergar os templos dos deuses, e a cidade baixa acolleu as vivendas e as actividades económicas, políticas e sociais. Dentro das cidades existían algúns espazos e edificios públicos: ● A ágora, principal espazo público, era unha praza ao aire libre onde tiñan lugar o mercado, as reunións políticas e a vida social. Nela situábanse as stoas, pórticos con columnas, que se utilizaban para as reunións e o comercio, xa que contaba con tendas. ● Os edificios públicos importantes eran o teatro; o odeón, para audicións musicais, e o estadio, para competicións deportivas. 5.2 Como era a vida na cidade A actividade cidadá estaba marcada polas horas de luz. Os agricultores chegaban desde o campo cos seus produtos, que eran comprados polos vendedores ambulantes. Das casas saían os escravos a buscar a auga ás fontes públicas; e abríanse as tendas e os talleres. Máis tarde, os nenos acudían ás escolas acompañados polos pedagogos ou escravos domésticos.
  • 14. Cando se poñía o sol, os cidadáns volvían ás súas casas e, como a cidade non ofrecía diversións nocturnas, os ricos invitaban a cear os seus amigos. A cea adoitábase prolongar co simposio, onde discutían, bebían ou xogaban ata altas horas da madrugada. As mulleres, mentres tanto, permanecían nos seus cuartos e non se deixaban ver. 5.3 Como era a educación A educación dos nenos e das nenas era, ata os sete anos, tarefa das mulleres da casa. Os nenos xogaban, contábaselles contos e recibían as primeiras ensinanzas. ● En Atenas, onde non había escolas públicas, os pais enviaban os fillos varóns á casa dun mestre particular desde os sete ata os dezaoito anos. Despois, prestaban servizo militar durante dous anos e, ao rematalo, concedíaselles a cidadanía. O ensino incluía as letras, a música e a ximnasia, diversificadas en distintas actividades. As nenas non ían á escola, aínda que as futuras amas de casa ricas aprendían a ler e escribir, e a tocar a cítara. ● En Esparta, a educación dos nenos de sete a vinte anos corría a cargo do Estado. Recibían unha educación de gran dureza, destinada a crear soldados fortes. As nenas practicaban moito deporte co fin de converterse en nais de guerreiros fortes. A ágora durante o día
  • 15. O costume de visitar tendas estaba moi difundido na antiga Grecia. Era tan habitual que o cidadán que non as frecuentaba era mirado con receo. Un orador da época, Lisias (458-380 a.C.), dicía: «... Cada un de vós ten o costume de ir a algunha parte: este a unha perfumería, aquel a unha barbería, o outro a unha zapatería e o de máis alá a onde lle dá gana e a maior parte vai aos locais dos que se estableceron máis preto da ágora.» As grandes celebracións As festas oficiais das polis eran celebracións relixiosas. Estas iniciábanse con ofrendas á divindade, e incluían xogos ou competicións atléticas e obras teatrais. As representacións teatrais, ás que podía asistir todo o mundo agás os escravos, podían durar todo o día; por iso, o público levaba a comida e a bebida. As primeiras filas ocupábanas os sacerdotes e as autoridades da cidade; os pobres, que recibían do Estado o prezo da entrada, ocupaban as últimas filas. A función desenvolvíase nun ambiente bulicioso, e a xente apupaba, aplaudía, patexaba, etc. Comunicar información 1. Responde a partir do texto: a) Que partes se diferenciaban nunha cidade grega? b) Que edificos se encontraban na ágora e para que se utilizaban?
  • 16. 2. Nesta cerámica represéntase unha escola grega. Que diferenzas había entre a educación de Atenas e Esparta? Producir textos 1. Redacta dez liñas explicando como era a vida cotiá nunha cidade grega. Entender a sociedade 1. Que diferenzas encontras entre a educación grega e a túa? Traballar con imaxes 1. Que espazo público representa a ilustración superior? 1. Cita as actividades que están realizando os distintos personaxes na ágora. 1. Describe o teatro representado da ilustración inferior.
  • 17. Informe gráfico Atenas no século V a.C. Atenas, como a maioría das cidades gregas, localizábase preto do mar e estaba rodeada por murallas. No interior do recinto amurallado encontrábase a acrópole ou cidade alta, situada sobre un outeiro. Aos seus pés desenvolveuse a cidade baixa, que se distribuía en barrios de plano desordenado. Os barrios residenciais eran de casas amplas e cómodas (A), contaban con dous pisos, e os seus variados cuartos (cuarto de estar, comedor, cociña, baño, dormitorio matrimonial, cuartos dos escravos) daban a un patio con pórticos. Cuartos destacados destas vivendas eran o andrón, ou cuarto reservado ao marido (B); e o xineceo, ou cuarto reservado á muller e os seus fillos. Os barrios populares estaban compostos por casas pequenas, cunha planta e dous ou tres cuartos. Case nunca tiñan cociña, xa que os alimentos se cociñaban sobre un braseiro ao aire libre que, despois, se transportaba ao interior da casa. O andrón era a parte da casa reservada aos homes e o espazo no que se levaban a cabo os simposios ou banquetes. Estes eran reunións de amigos nos que, tras a comida, bebíase viño, e realizábanse distintas actividades: conversar, xogar ás adiviñanzas, etc.
  • 18. A ágora (A) era un dos poucos espazos abertos de Atenas. Estaba atravesada pola Vía Panatinaica (B) e delimitada por edificacións. Entre elas, varias stoas (C) ou pórticos rectangulares sostidos por columnas, que se utilizaban para as reunións e para as actividades comerciais; e as sedes das institucións políticas: o buleterion (D) e o tholos da Bulé (E), un edificio circular onde os membros deste organismo facían as comidas en común.
  • 19. Comprensión, expresión e TIC 1. Precisa de forma breve: a) As partes que se diferenciaban na cidade de Atenas. b) As actividades e os edificios que acollía cada parte. 2. A casa representada na imaxe lateral, en que barrios se situaría? 1. Busca información sobre as vivendas na antiga Grecia e confecciona un póster ilustrativo. 6 A relixión e a cultura 6.1 Deuses, heroes e mitos Os antigos gregos foron politeístas. Os seus deuses, que moraban no monte Olimpo, tiñan o mesmo aspecto e os mesmos sentimentos que os humanos; pero, a diferenza deles, eran inmortais e contaban con poderes extraordinarios. Os principais foron, entre outros, Zeus, Hera, Apolo, Afrodita e Atenea. Tamén creron nos heroes, fillos de deuses e humanos, que foron considerados semideuses. Aínda que eran mortais, podían realizar fazañas prodixiosas. Un dos máis célebres é Heracles (Hércules), coñecido pola súa enorme forza. Os gregos escribiron mitos ou relatos coas fazañas dos deuses e os heroes, que constitúen a mitoloxía. 6.2 O culto aos deuses Os gregos rendíanlles culto aos seus deuses na casa, nos templos e nos santuarios: ● Na casa, o pai da familia realizaba o culto á deusa do fogar (Hestia) e aos defuntos. ● Nos templos, os sacerdotes e algúns maxistrados dirixían o culto, no que participaban todos os habitantes da polis. Consistía en sacrificios de animais e en procesións con ofrendas. ● Nos santuarios, reuníanse gregos de todas as polis para honrar os seus deuses, como xa sabes, a través de representacións teatrais e de competicións deportivas. Os Xogos Olímpicos, celebrados na cidade de Olimpia cada catro anos a partir do ano 776 a.C., foron as competicións deportivas máis famosas. Duraban sete días e eran exclusivamente masculinas.
  • 20. Ademais, os gregos preguntábanlles aos deuses sobre o seu futuro por medio dos oráculos, onde sacerdotes e sacerdotisas respondían en nome do deus. O oráculo máis consultado foi o de Apolo, en Delfos. 6.3 A cultura grega Os gregos foron os primeiros en intentar explicar o mundo que os rodeaba utilizando a razón e non a relixión. Por iso, son considerados os creadores do pensamento racional. O desenvolvemento deste tipo de pensamento levou consigo importantes achegas na filosofía, que contou con notables pensadores, como Sócrates, Platón e Aristóteles; e nas ciencias, como as matemáticas (Pitágoras), a física (Arquímedes), a astronomía (Eratóstenes) e a medicina (Hipócrates). O teatro, tamén, foi unha achega grega. Era un espectáculo público e gratuíto no que os actores cubrían os seus rostros con máscaras. Representaban traxedias ou comedias, así chamadas segundo o seu final fora triste ou feliz.
  • 21. Comprender informacións 1. Resolve por escrito estes interrogantes: a) En que se parecían e en que se diferenciaban os deuses gregos e os humanos? b) Por que os heroes eran semideuses?
  • 22. 2. Explica en que consistía o culto relixioso na casa, no templo e nos santuarios. 1. Que significa que os gregos crearon o pensamento racional? Traballar con textos e imaxes 1. Coa axuda do texto e das imaxes, responde: a) Quen é o deus principal e con quen estaba casado? b) Quen era o deus mensaxeiro? c) Que símbolos de Atenea se refiren á guerra e a sabedoría? Levar a cabo proxectos 1. Busca información sobre os traballos de Hércules. Redacta co obtido un texto e expono oralmente na clase. Traballar con imaxes 1. Que máscara poñerían os actores na comedia? E na traxedia?
  • 23. 7 A arte grega. A arquitectura 7.1 As características da arquitectura Os gregos construíron os seus edificios cun tamaño proporcionado á medida humana, sen as enormes dimensións propias doutras civilizacións, como a exipcia. Os elementos utilizados nas edificacións foron a pedra e o mármore, como materiais; as columnas como soporte ou suxeición, e as cubertas alinteladas, planas, ou a dúas augas. Pretenderon que os edificios fosen belos. Por iso, crearon as ordes arquitectónicas, unhas regras que establecían a disposición e a proporción entre as partes do edificio. Estas foron tres: a dórica, máis pesada e sinxela; a xónica, máis lixeira e decorativa, e a corintia, caracterizada polo seu capitel con follas de acanto. 7.2 O templo grego. A casa dos deuses O templo foi o edificio grego máis importante. Era a casa simbólica do deus, e albergaba a súa estatua e o seu tesouro. Os fieis non entraban ao interior, xa que o culto e as cerimonias relixiosas se realizaban ao aire libre, nunha explanada situada diante del. O edificio levantábase sobre unha base e adoitaba ter forma rectangular. A cuberta a dúas vertentes apoiábase nun muro que adoitaba estar rodeado de columnas. O interior dividíase en varias partes: un vestíbulo ou pronao; unha estancia principal ou naos, onde se situaba a estatua da divindade, e outra estancia, o opistodomos, onde se gardaban as ofrendas e o tesouro. Os templos máis importantes levantáronse no século v a.C. na acrópole de Atenas: o Partenón, o Erecteion e o templo de Atenea Niké ou da Vitoria.
  • 24. Organizar información 1. Realiza un esquema sobre as características da arquitectura. Analizar estilos
  • 25. 2. Que función tiña o templo grego? Cales son as súas partes e para que servía cada unha? Obter información 1. Os arquitectos do Partenón utilizaron trucos ópticos para que o edificio resultase perfecto. Descubre cales foron estes trucos. Traballar con imaxes 1. Observa a imaxe das ordes gregas e contesta: a) En que partes se divide unha columna? b) Que orde arquitectónica é máis pesada? E máis lixeira? c) Que semellanzas e diferenzas encontras entre as ordes gregas? Traballar con imaxes 1. Describe os templos representados na ilustración lateral. 1. En que orde está construído o templo inferior? Como é a cuberta? E a planta?
  • 26. 8 A arte grega. A escultura e a cerámica 8.1 As características da escultura As esculturas gregas fixéronse, na súa maioría, para decorar os edificios. As primeiras realizáronse en madeira; pero co paso do tempo impuxéronse outros materiais, como o mármore pintado de cores, o bronce e, nalgunhas ocasións, o marfil e o ouro. A escultura buscou representar a beleza ideal do corpo humano. Para iso, debía seguir un canon, é dicir, realizarse de acordo cunhas proporcións entre as partes do corpo. Os temas representados foron moi variados: divindades, heroes, atletas, sacerdotisas, escenas relixiosas ou loitas reais e mitolóxicas. 8.2 A evolución a través das épocas Na evolución da escultura distínguense tres etapas: ● Na época arcaica (séculos VII-VI a.C.), as esculturas eran ríxidas e esquemáticas, como reflicten as figuras de atletas (kuroi) e de rapazas (korai). ● Na época clásica (séculos V-IV a.C.) volvéronse máis naturais, grazas ao labor de escultores como Mirón, Policleto, Fidias e Praxíteles. ● Na época helenística (a partir do século III a.C.), os escultores buscaron expresar o movemento e os sentimentos. 8.3 A cerámica e a súa decoración A cerámica alcanzou un gran desenvolvemento en Grecia. As vasillas caracterizáronse pola finura do barro e a elegancia e a variedade das formas, xa que había un modelo para cada uso: gardar líquidos e grans, transportar auga, mesturar o viño e a auga, etc. As súas escenas achegáronnos unha valiosa información sobre a vida cotiá e os costumes dos gregos. En Atenas decorábase con pinturas de figuras vermellas sobre fondo negro, ou con figuras negras sobre fondo vermello.
  • 27.
  • 28. Coñecer manifestacións artísticas 1. Dos seguintes materiais, sinala aqueles utilizados polos escultores gregos: madeira, estuco, ouro, mármore e porcelana. 2. Que temas representaba a escultura? E a cerámica? 1. A cerámica ática respondeu a dous estilos. Descubre como se denominan e cando alcanzou cada un a súa época de apoxeo. Traballar con imaxes 1. Indica a forma e a función das vasillas representadas. Analizar estilos e obras 1. Elixe tres esculturas das representadas, unha de cada etapa, e compáraas: cal expresa mellor os sentimentos? Cal é máis ríxida? Cal mostra maior preocupación polo ideal de beleza?