2. Carlos Casares naceu en Ourense no ano 1941 no seo dunha familia de
clase media. Con tan só tres anos trasládase a Xinzo de Limia, onde seu
pai exercía a profesión de mestre. Deste xeito, vivirá no rural galego a
súa infancia.Fillo dunha familia con grandes vencellos relixiosos (con
varios cregos e un arcebispo entre eles), Carlos Casares será enviado
ao Seminario Conciliar de Ourense onde cursará Humanidades entre os
cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos vivirá unha forte
represión lingüística que espertará no autor un espírito inconformista,
chegando a aparecer a súa primeira experiencia literaria, o xornal El
averno, que difundía clandestinamente.
3. Como consecuencia disto, Carlos abandonará o Seminario e cursará os
estudos de Bacharelato por libre, o cal lle facilitará unha chea de horas
de liberdade que investirá no que serán os comezos da súa creación
literaria. Así, gañará un premio na capital ourensá que lle dará a
posibilidade de coñecer ao intelectual galeguista Vicente Risco, e non só
iso, se non que comezará a asistir á súa tertulia no café Parque.
Rematados os estudos, Casares instálase en Santiago de Compostela
onde comeza a carreira de Filosofía e Letras, especializándose en
Filoloxía Románica.
4. Na Universidade entrará en contacto con Arcadio López-Casanova, e
grazas a el coñecerá a Ramón Piñeiro, vencellándose así no núcleo da
cúltura galega antifranquista. Porén, non todo se reducía ao labor
cultural. Carlos Casares formaría parte tamén de ADE (Asociación
Democrática de Estudiantes) e FELIPE (Frente de Liberación Popular).
Rematada a carreira, Carlos regresa a Xinzo para agardar a
convocatoria de oposicións. No 1974 convócanse oposicións, ás que
Carlos se presenta e consegue praza de profesor de Lingua e Literatura
Española no Instituto de Ensino Medio de Cangas. Pero ao pouco tempo
será expedientado xunto a Méndez Ferrín, Alonso Montero e Francisco
Rodríguez.
5. Un ano despois, Casares gañará o premio Galaxia, conmemorando o 25
aniversario da editorial, coa obra Xoguetes para un tempo prohibido. Ito
lévao a ser recoñecido como unha das voces emerxentes máis
renovadoras e significativas da narrativa galega. Isto, xunto aos estudos
realizados sobre Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Curros Enríquez,
levaríano a entrar na Real Academia Galega no ano 1977, sendo o
membro numerario máis novo.Na súa honra fíxose en Vigo un instituto
co seu nome: IES Carlos Casares de Vigo.
8. Narrativa
• Vento ferido (1967, Galaxia).
• Cambio en tres (1969, Galaxia).
• Xoguetes pra un tempo prohibido (1975, Galaxia).
9. • Os escuros soños de Clío(1979, Galaxia)
• Ilustrísima(1980,Galaxia)
• Os mortos daquel verán(1987, Galaxia)
10. • Deus sentado nun sillón azul(1996, Galaxia)
• O sol do verán(2002, Galaxia)
11. • Manuel Curros Enríquez (1980, Galaxia).
• Otero Pedrayo (1981, Galaxia).
• Vicente Risco (1981, Galaxia).
• Conversas con Ánxel Fole (1984, Galaxia).
• Francisca Herrera Garrido (1987, Real Academia Galega).
• Ramón Otero Pedrayo (1988, Real Academia Galega).
• Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia (1991, Caixa Galicia. 2005,
Galaxia).
• Fermín Bouza Brey (1992, Real Academia Galega).
• Na marxe de cada día: follas dun diario (1994, La Voz de Galicia).
• A vida de Ánxel Fole (1996, Galaxia).
• Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura e gastronomía(1996).
Ensaio
12. • Ramón Piñeiro (1996, Xunta de Galicia).
• Ánxel Fole: escolma de textos (1997, Real Academia Galega).
• Hemingway en Galicia (1999, Galaxia).
• Un par de palabras (1999, Galaxia).
• Biografíade Don Juan de la Coba (2000, Galaxia).
• A vida do padre Sarmiento (2001, Galaxia).
13. Literatura Infantil
• A galiña azul (1968, Galaxia).
• O can Rin e o lobo Crispín (1983).
• Este é Toribio (1991, Galaxia).
• Toribio contra o profesor Smith (1991, Galaxia).
• Toribio e o contador de contos (1991, Galaxia).
14. • Toribio ten unha idea (1992, Galaxia).
• Toribio revoluciona o tráfico (1994, Galaxia).
• O galo de Antioquía (1994).
• Lolo anda en bicicleta (1996, Galaxia).
• Un polbo xigante (2000, Galaxia).
15. Teatro
• As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
Premios literarios
1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968, por A galiña
azul.
Gañador do Concurso Nacional de Teatro Infantil O Facho en 1973, por As
laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
Premio Galaxia no 1975.
Gañador do I Premio Ramón Otero Pedrayo no 1980, por Otero Pedrayo.