Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

1º domingo advento b -2014 bene pagola

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 17 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (18)

Anuncio

Similares a 1º domingo advento b -2014 bene pagola (20)

Más de Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anuncio

1º domingo advento b -2014 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Rede evanxelizadora Buenas Noticias Contribúe a manter esperta a fe. Pásao. José Antonio Pagola Música: Maranatha; Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain 30 de novembro de 2014 1º Advento (B) Marcos 23, 33 - 37
  2. 2. As primeiras xeracións cristiás viviron obsesionadas pola pronta vinda de Xesús. O resucitado non podía tardar. Vivían tan atraídos por El que querían encontrarse de novo canto antes.
  3. 3. Os problemas empezaron cando viron que o tempo pasaba e a vinda do Señor se demoraba.
  4. 4. Co tempo, aquelas pequenas comunidades podían caer pouco a pouco na indiferenza e o esquecemento. Axiña se decataron de que esta tardanza encerraba un perigo mortal. Podíase apagar o primeiro ardor.
  5. 5. Preocupábaos unha cousa: «Que, ao chegar, Cristo non nos atope dormidos».
  6. 6. A vixilancia é a palabra clave. Os evanxeos repítena constantemente: «Vixiade», «estade alerta», «vivide espertos ».
  7. 7. Segundo Marcos, a orde de Xesús non é só para os discípulos que o están escoitando. «O que vos digo a vós , dígollo a todos: Velade».
  8. 8. Non é unha chamada máis. A orde é para todos os seus seguidores de todos os tempos..
  9. 9. Pasaron vinte séculos de cristianismo. Como a vivimos os cristiáns de hoxe? Mantense viva a nosa fe ou foise apagando na indiferenza e a mediocridade?
  10. 10. Non vemos que a Igrexa necesita un corazón novo? Non sentimos a necesidade de sacudirnos a apatía e o autoengano?
  11. 11. Non imos espertar o mellor que hai na Igrexa? Non imos reavivar esa fe humilde e limpa de tantos crentes sinxelos?
  12. 12. Non temos que recuperar o rostro vivo de Xesús, que atrae, chama, interpela e esperta?
  13. 13. Como podemos seguir falando, escribindo e discutindo tanto de Cristo, sen que a súa persoa nos enamore e trasforme un pouco máis?
  14. 14. Non nos decatamos de que unha Igrexa «durmida» á que Xesucristo non seduce nin toca o corazón, é unha Igrexa sen futuro, que se irá apagando e envellecendo por falta de vida?
  15. 15. Non sentimos a necesidade de espertar e intensificar a nosa relación con El? Quen coma El pode espertar o noso cristianismo da inmobilidade, da inercia, do peso do pasado, da falta de creatividade?
  16. 16. Quen poderá contaxiarnos a súa ledicia? Quen nos dará a súa forza creadora e a súa vitalidade?
  17. 17. UNHA IGREXA ESPERTA As primeiras xeracións cristiás viviron obsesionadas pola pronta vinda de Xesús. O resucitado non podía tardar. Vivían tan atraídos por El que querían encontrarse de novo canto antes. Os problemas empezaron cando viron que o tempo pasaba e a vinda do Señor se demoraba. Axiña se decataron de que esta tardanza encerraba un perigo mortal. Podíase apagar o primeiro ardor. Co tempo, aquelas pequenas comunidades podían caer pouco a pouco na indiferenza e o esquecemento. Preocupábaos unha cousa: «Que, ao chegar, Cristo non nos atope durmidos». A vixilancia converteuse na palabra clave. Os evanxeos repítena constantemente: «Vixiade», «estade alerta», «Vivide espertos». Segundo Marcos, a orde de Xesús non é só para os discípulos que o están esoitando. «O que vos digo a vós, dígollo a todos: Velade». Non é unha chamada máis. A orde é para todos os seus seguidores de todos os tempos. Pasaron vinte séculos de cristianismo. Que foi desta orde de Xesús? Como a vivimos os cristiáns de hoxe? Seguimos espertos? Mantense viva a nosa fe ou foise apagando na indiferenza e a mediocridade? Non vemos que a Igrexa necesita un corazón novo? Non sentimos a necesidade de sacudirnos a apatía e o autoengano? Non imos espertar o mellor que hai na Igrexa? Non imos reavivar esa fe humilde e limpa de tantos crentes sinxelos? Non temos que recuperar o rostro vivo de Xesús, que atrae, chama, interpela e esperta? Como podemos seguir falando, escribindo e discutindo tanto de Cristo, sen que a súa persoa nos enamore e trasforme un pouco máis? Non nos decatamos de que unha Igrexa «durmida» á que Xesucristo non seduce nin toca o corazón, é unha Igrexa sen futuro, que se irá apagando e envellecendo por falta de vida? Non sentimos a necesidade de espertar e intensificar a nosa relación con El? Quen coma El pode espertar o noso cristianismo da inmobilidade, da inercia, do peso do pasado, de falta de creatividade? Quen poderá contaxiarnos a súa ledicia? Quen nos dará a súa forza creadora e a súa vitalidade?

×