Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

19º domingo tob 2012 bene-pagola

304 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

19º domingo tob 2012 bene-pagola

  1. 1. José Antonio Pagola 12 de agosto de 2012 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS 19º Tempo ordinario (B) Contaxia a atracción de Xesús. Pásao Xoán 6, 41-51Música: Bach-Adagio;Present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Segundo e relato de Xoán, Xesús repitecada vez de maneiramáis aberta que vénde Deus para ofrecer a todos un alimento que dá vida eterna. A xente non pode seguir escoitandoalgo tan escandaloso sen reaccionar. Coñecen os seus pais. Como pode dicir que vén de Deus?
  3. 3. A ninguén nos pode sorprender a súa reacción. É razoable crer en Xesucristo? Como podemos crer que nese home concreto, nacidopouco antes de morrer Herodes o Grande, e coñecido pola súa actividade profética na Galilea dos anos trinta, se encarnou o Misterio insondable de Deus?
  4. 4. Xesús non responde ás súas obxeccións. Vai directamente á raíz da súa incredulidade: "Non critiquedes".
  5. 5. É un erro resistirse ánovidade radical da súa persoa, obstinándose en pensar que xa saben todo acerca da súa verdadeira identidade. Indicaralles o camiño que poden seguir.
  6. 6. Xesús presupón que ninguén pode crer nel se non se sente atraído pola súa persoa. É certo. Tal vez, desde a nosa cultura, entendémolo mellor que aquelas xentes de Cafarnaún.
  7. 7. Cada vez resúltanos máis difícil crer en doutrinas ou ideoloxías.A fe e a confianza espértanse en nós cuando nos sentimos atraídos por alguén que nos fai ben e nos axuda a vivir.
  8. 8. Pero Xesús advírtelles de algo moi importante:“Ninguén pode vir a min se nono atrae o Pai que me enviouo”.
  9. 9. A atracción cara a Xesús prodúcea Deus mesmo. O Pai que o enviou ao mundo esperta o noso corazónpara que nos acheguemos a Xesús con gozo e confianza, superando dúbidas e resistencias.
  10. 10. Por iso temos que escoitar a voz de Deusno noso corazón e deixarnos conducir por El cara a Xesús. Deixarnos ensinar docilmente por ese Pai, Creador da vida e Amigo do ser humano: “Todo o que escoita o que di o Pai e aprende, vén a min”.
  11. 11. A afirmación de Xesús resulta revolucionaria para aqueles hebreos. A tradición bíblica dicía que e ser humano escoita no seu corazón achamada de Deus a cumprir fielmente a Lei.
  12. 12. O profeta Xeremías proclamara así a promesa de Deus:“Eu poñerei a miñaLei dentro de vós e escribireina no voso corazón".
  13. 13. As palabras deXesús invítannos a vivir unha experiencia diferente.A conciencia non é só o lugar recóndito eprivilexiado no quepodemos escoitar a Lei de Deus.
  14. 14. Se, no íntimo do noso ser, nos sentimos atraídospolo bo, o fermoso, o nobre, o que faiben ao ser humano, o que constrúe un mundo mellor, facilmente nos sentiremosinvitados por Deus a sintonizar con Xesús. É o mellor camiño para crer nel.
  15. 15. O CAMIÑO PARA CRER EN XESÚS Segundo o relato de Xoán, Xesús repite cada vez de maneira máis aberta que vén de Deus paraofrecer a todos un alimento que dá vida eterna. A xente non pode seguir escoitando algo tan escandalososen reaccionar. Coñecen os seus pais. Como pode dicir que vén de Deus? A ninguén nos pode sorprender a súa reacción. É razoable crer en Xesucristo? Como podemoscrer que nese home concreto, nacido pouco antes de morrer Herodes o Grande, e coñecido pola súaactividade profética na Galilea dos anos trinta, se encarnou o Misterio insondable de Deus? Xesús non responde ás súas obxeccións. Vai directamente á raíz da súa incredulidade: "Noncritiquedes". É un erro resistirse á novidade radical da súa persoa obstinándose en pensar que xa sabentodo acerca da súa verdadeira identidade. Indicaralles o camiño que poden seguir. Xesús presupón que ningueén pode crer nel se non se sente atraído pola súa persoa. É certo.Tal vez, desde a nosa cultura, entendémolo mellor que aquelas xentes de Cafarnaún. Cada vez resúltanosmáis difícil crer en doutrinas ou ideoloxías. A fe e a confianza espértanse en nós cando nos sentimosatraídos por alguén que nos fai ben e nos axuda a vivir. Pero Xesús advírtelles de algo moi importante:"Ninguén pode vir a min se non o atrae o Pai queme enviou". A atracción cara a Xesús prodúcea Deus mesmo. O Pai que o enviou ao mundo esperta o nosocorazón para que nos acheguemos a Xesús con gozo e confianza, superando dúbidas e resistencias. Por iso temos que escoitar a voz de Deus no noso corazón e deixarnos conducir por el cara aXesús. Deixarnos ensinar docilmente por ese Pai, Creador da vida e Amigo do ser humano: "Todo o queescoita o que di o Pai e aprende, vén a min". A afirmación de Xesús resulta revolucionaria para aqueles hebreos. A tradición bíblica dicía queo ser humano escoita no seu corazón a chamada de Deus a cumprir fielmente a Lei. O profeta Xeremíasproclamara así a promesa de Deus: “Eu poñerei a miña Lei dentro de vós e escribireina no voso corazón". As palabras de Xesús invítannos a vivir unha experiencia diferente. A conciencia non é só o lugarrecóndito e privilexiado no que podemos escoitar a Lei de Deus. Se, no íntimo do noso ser, nos sentimosatraídos polo bo, o fermoso, o nobre, o que fai ben ao ser humano, o que constrúe un mundomellor, facilmente nos sentiremos invitados por Deus a sintonizar con Xesús. É o mellor camiño para crer nel. José Antonio Pagola

×