Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

2º advento b 2014 bene pagola

863 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

2º advento b 2014 bene pagola

  1. 1. Red evangelizadora Buenas Noticias Prepara o camiño do Señor. Pásalo Prepara o camiño do Señor. Pásalo 7 de decembro de 2014 2º Domingo Advento (B) Marcos 1, 1 - 8 JJoosséé AAnnttoonniioo PPaaggoollaa Presentación: B.Areskurrinaga HC Música:Montovani-Love;present: Euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. «Comeza a Boa Nova de Xesucristo, Fillo de Deus». EEssttee éé oo iinniicciioo ssoolleemmnnee ee ggoozzoossoo ddoo eevvaannxxeeoo ddee MMaarrccooss..
  3. 3. Pero, a continuación, de maneira abrupta e sen advertencia ningunha, comeza a falar da urxente conversión que necesita vivir todo o pobo para acoller a seu Mesías e Señor.
  4. 4. No deserto aparece un profeta diferente. Vén «preparar o camiño do Señor». Este é o seu gran servizo a Xesús.
  5. 5. A súa chamada non se dirixe só á conciencia individual de cada un. O que busca Xoán vai máis alá da conversión moral de cada persoa.
  6. 6. Trátase de «preparar o camiño do Señor», un camiño concreto e ben definido, o camiño que vai seguir Xesús defraudando as expectativas convencionais de moitos.
  7. 7. A reacción do pobo é conmovedora. Segundo o evanxelista, deixan Xudea e Xerusalén e marchan ao «deserto » para escoitar a voz que os chama. El deserto lémbralles a súa antiga fidelidade a Deus, o seu amigo e aliado, pero, sobre todo, é o mellor lugar para escoitar a chamada á conversión..
  8. 8. Alí o pobo toma conciencia da situación en que viven; experimentan a necesidade de cambiar; recoñecen os seus pecados sen botarse as culpas uns a outros; senten necesidade de salvación. SSeegguunnddoo MMaarrccooss,, «ccoonnffeessaabbaann ooss sseeuuss ppeeccaaddooss» ee XXooáánn «bbaauuttiizzáábbaaooss»..
  9. 9. A conversión que necesita o noso modo de vivir o cristianismo non se pode improvisar. Require un tempo longo de recollimento e traballo interior.
  10. 10. Pasarán anos ata que fagamos máis verdade na Igrexa e recoñezamos a conversión que Requiere un tiempo largo de recogimiento e trabajo interior. necesitamos para acoller máis fielmente a Xesucristo no centro do noso cristianismo.
  11. 11. Esta pode ser hoxe a nosa tentación. Non ir ao «deserto». Eludir a necesidade de conversión. Non escoitar ningunha voz que nos invite a cambiar.
  12. 12. Distraernos con calquera cousa, para esquecer os nosos medos e disimular a nosa falta de coraxe para acoller a verdade de Xesucristo.
  13. 13. A imaxe do pobo xudeu «confesando os seus pecados » é admirable. Non necesitamos os cristiáns de hoxe facer un exame de conciencia colectivo, a todos os niveis, para recoñecer os nosos erros e pecados?
  14. 14. Sen este recoñecemento, es posible «preparar o camiño do Señor»?
  15. 15. CONFESAR OS NOSOS PECADOS «Comeza a Boa Nova de Xesucristo, Fillo de Deus». Este é o inicio solemne e gozoso do evanxeo de Marcos. Pero, a continuación, de maneira abrupta e sen advertencia ningunha, comeza a falar da urxente conversión que necesita vivir todo o pobo para acoller a seu Mesías e Señor. No deserto aparece un profeta diferente. Vén a «preparar o camiño do Señor». Este é o seu gran servizo a Xesús. A súa chamada non se dirixe só á conciencia individual de cada un. O que busca Xoán vai máis alá da conversión moral de cada persoa. Trátase de «preparar o camiño do Señor», un camiño concreto e ben definido, o camiño que vai seguir Xesús defraudado as expectativas convencionais de moitos. A reacción do pobo é conmovedora. Segundo o evanxelista, deixan Xudea e Xerusalén e marchan ao «deserto» para escoitar a voz que os chama. O deserto lémbralles a súa antiga fidelidade a Deus, o seu amigo e aliado, pero, sobre todo, é o mellor lugar para escoitar a chamada á conversión. Alí o pobo toma conciencia da situación en que viven; experimentan a necesidad de cambiar; recoñecen os seus pecados sen botarse as culpas uns a outros; senten necesidade de salvación. Segundo Marcos, «confesaban o s seus pecados» e Xoán «bautizábaos». A conversión que necesita o noso modo de vivir o cristianismo non se pode improvisar. Require un tempo longo de recollimento e traballo interior. Pasarán anos ata que fagamos máis verdade na Igrexa e recoñezamos a conversión que necesitamos para acoller máis fielmente a Xesucristo no centro do noso cristianismo. Esta pode ser hoxe a nosa tentación. Non ir ao «deserto». Eludir a necesidad de conversión. Non escoitar ningunha voz que nos invite a cambiar. Distraernos con calquera cousa, para esquecer os nosos medos e disimular a nosa falta de coraxe para acoller a verdade de Xesucristo. A imaxe do pobo xudeu «confesando os seus pecados» é admirable. Non necesitamos os cristiáns de hoxe facer un exame de conciencia colectivo, a todos os niveis, para recoñecer os nosos erros e pecados? Sen este recoñecemento, es posible «preparar o camiño do Señor»? José Antonio Pagola

×