Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

2º advento c 2012 bene pagola

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 15 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (18)

A los espectadores también les gustó (19)

Anuncio

Similares a 2º advento c 2012 bene pagola (18)

Más de Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anuncio

2º advento c 2012 bene pagola

  1. 1. 9 de decembro de 2012 2º Advento (C) Lucas 3, 1-6 José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Abre camiños novos a Xesús. Música: Candilejas de Charles Chaplin Pásao. Present: B. Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Os primeiros cristiáns viron na actuación do Bautista o profeta que preparou decisivamente o camiño a Xesús. Por iso, ao longo dos séculos, o Bautista converteuse nunha chamada que nos segue urxindo a preparar camiños que nos permitan acoller a Xesús entre nós.
  3. 3. Lucas resumiu a súa mensaxe con este grito tomado do profeta Isaías: "Preparade o camiño do Señor" . Como escoitar ese grito na Igrexa de hoxe?
  4. 4. Como abrir camiños para que os homes e mulleres do noso tempo poidamos encontrarnos con El? Como acollelo nas nosas comunidades?
  5. 5. O primeiro é tomar conciencia de que necesitamos un conta cto moito máis vivo coa súa persoa. Non é posible alimentarse só de
  6. 6. Non é posible seguir a un Xesús convertido nunha sublime abstracción. Necesitamos sintonizar vitalmente con El, deixarnos atraer polo seu estilo de vida, contaxiarnos da súa paixón por Deus e polo ser humano.
  7. 7. No medio do "deserto espiritual" da sociedade moderna, temos que entender e configurar a comunidade cristiá como un lugar onde se acolle o Evanxeo de Xesús.
  8. 8. Vivir a experiencia de reunirnos crentes, menos crentes, pouco crentes e, incluso, non crentes, arredor do relato evanxélico de Xesús.
  9. 9. Darlle a El a oportunidade de que penetre coa súa forza humanizadora nos nosos problemas, crises, medos e esperanzas .
  10. 10. Non o temos que esquecer. Nos evanxeos non aprendemos doutrina académica sobre Xesús, destinada inevitablemente a envellecer ao longo dos séculos. Aprendemos un estilo de vivir realizable en todos os tempos e en todas as culturas: o estilo de vivir de Xesús. A doutrina non toca o corazón, non converte nin enamora. Xesús si.
  11. 11. A experiencia directa e inmediata co relato evanxélico fainos nacer a unha fe nova, non por vía de "adoutrinamento" ou de "aprendizaxe teórico", senón polo contacto vital con Xesús. El ensínanos a vivir a fe, non por obrigación senón por atracción.
  12. 12. Fainos vivir a vida cristiá, non como deber senón como contaxio. En contacto co evanxeo recuperamos a nosa verdadeira identidade de seguidores de Xesús.
  13. 13. Recorrendo os evanxeos experimentamos que a presenza invisible e silandeira do Resucitado adquire trazos humanos e recobra voz concreta. De súpeto todo cambia: podemos vivir acompañados por Alguén que pon sentido, verdade e esperanza na nosa existencia.
  14. 14. . O segredo da "nova evanxelización" consiste en poñernos en contacto directo e inmediato con Xesús. Sen El non é posible xerar unha fe nova.
  15. 15. ABRIR CAMIÑOS NOVOS   Os primeiros cristiáns viron na actuación do Bautista o profeta que preparou decisivamente o camiño a Xesús. Por iso, ao longo dos séculos, o Bautista converteuse nunha chamada que nos segue urxindo a preparar camiños que nos permitan acoller a Xesús entre nós. Lucas resumiu a súa mensaxe con este grito tomado do profeta Isaías: "Preparade o camiño do Señor" . Como escoitar ese grito na Igrexa de hoxe? Como abrir camiños para que os homes e mulleres do noso tempo poidamos encontrarnos con El? Como acollelo nas nosas comunidades? O primeiro é tomar conciencia de que necesitamos un contacto moito máis vivo coa súa persoa. Non é posible alimentarse só de doutrina relixiosa. Non é posible seguir a un Xesús convertido nunha sublime abstracción. Necesitamos sintonizar vitalmente con El, deixarnos atraer polo seu estilo de vida, contaxiarnos da súa paixón por Deus e polo ser humano. No medio do "deserto espiritual" da sociedade moderna, temos que entender e configurar a comunidade cristiá como un lugar onde se acolle o Evanxeo de Xesús. Vivir a experiencia de reunirnos crentes, menos crentes, pouco crentes e, incluso, non crentes, arredor do relato evanxélico de Xesús. Darlle a El a oportunidade de que penetre coa súa forza humanizadora nos nosos problemas, crises, medos e esperanzas. Non o temos que esquecer. Nos evanxeos non aprendemos doutrina académica sobre Xesús, destinada inevitablemente a envellecer ao longo dos séculos. Aprendemos un estilo de vivir realizable en todos os tempos e en todas as culturas: o estilo de vivir de Xesús. A doutrina non toca o corazón, non converte nin enamora. Xesús si. A experiencia directa e inmediata co relato evanxélico fainos nacer a unha fe nova, non por vía de "adoutrinamento" ou de "aprendizaxe teórico", senón polo contacto vital con Xesús. El ensínanos a vivir a fe, non por obrigación senón por atracción. Fainos vivir a vida cristiá, non como deber senón como contaxio. En contacto co evanxeo recuperamos a nosa verdadeira identidade de seguidores de Xesús. Recorrendo os evanxeos experimentamos que a presenza invisible e silandeira do Resucitado adquire trazos humanos e recobra voz concreta. De súpeto todo cambia: podemos vivir acompañados por Alguén que pon sentido, verdade e esperanza na nosa existencia. O segredo da "nova evanxelización" consiste en ponernos en contacto directo e inmediato con Xesús. Sen El non é posible xerar unha fe nova. José Antonio Pagola

×