Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

2º coresma c 2013 bene pagola

454 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

2º coresma c 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola 24 de febreiro de 2013 2º Coresma (C)Música:The Wae eou Locko Tonight Lucas 9, 28-3Present:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain Monte Tabor
  2. 2. Os cristiáns de todos os tempossentíronse atraídos pola escena chamada tradicionalmente“A transfiguración do Señor".
  3. 3. Con todo, aos que pertencemos ácultura moderna non se nos fai doado penetrar no significado dun relato redactado con imaxes e recursos literarios, propios dunha "teofanía" ou revelación de Deus.
  4. 4. Con todo, oevanxelista Lucas introduciu detalles que nos permiten descubrir con máis realismo a mensaxe dun episodio que a moitos lles resulta hoxe estraño e inverosímil.
  5. 5. Desde o comezoindícanos que Xesús sobe cos seus discípulos máis achegados ao alto dunha montaña, sinxelamente "para orar",non para contemplar unha transfiguración.
  6. 6. Todo sucede durante a oración de Xesús: "mentres oraba, oaspecto do seu rostro cambiou". Xesús, recollido profundamente, acolle a presenza de seu Pai,e o seu rostro cambia. Os discípulos perciben algo da súa identidade máis profunda e agochada. Algo que non poden captar na vida ordinaria de cada día.
  7. 7. Na vida dos seguidores deXesús non faltan momentos de claridade e certeza, de alegría e de luz.Ignoramos o que aconteceu no alto daquela montaña, pero sabemos que na oración e o silencioé posible vislumbrar, desde a fe, algo da identidade oculta de Xesús. Esta oración é fonte dun coñecemento que non é posible obter dos libros.
  8. 8. Lucas di que os discípulos apenas se decatan de nada, pois "caían de sono" e só "ao espelir", captaron algo. Pedro só sabe que alí se está moi ben e que esaexperiencia non debería rematar nunca. Lucas di que "non sabía o que dicía".
  9. 9. Por iso, a escena culmina cunha voz e un mandato solemne. Os discípulos vense envoltos nunha nube. Asústanse pois todo aquilo excédeos. Con todo, daquela nube sae unha voz: "Este é o meu Fillo, o Elixido. Escoitádeo".A escoita ha de ser a primeira actitude dos discípulos.
  10. 10. Os cristiáns de hoxe necesitamos urxentemente "interiorizar" a nosa relixión se queremos avivecer a nosa fe. Non abonda oír o Evanxeo de maneira distraída, rutineira e gastada, sen desexo ningún de escoitar.No abonda tampouco unha escoita intelixente preocupada só de entender.
  11. 11. Necesitamos escoitar a Xesús vivo no máis íntimo do noso ser.Todos, predicadores e pobo fiel, teólogos electores, necesitamos escoitar a súa Boa Nova de Deus, non desde fóra senón desde dentro.
  12. 12. Deixar que assúas palabrasdescendan das nosascabezas ata o corazón.A nosa fe sería máis forte, máis gozosa, máis contaxiosa.
  13. 13. ESCOITAR A XESÚS  Os cristiáns de todos os tempos sentíronse atraídos pola escena chamada tradicionalmente “Atransfiguración do Señor". Con todo, aos que pertencemos á cultura moderna non se nos fai doado penetrar nosignificado dun relato redactado con imaxes e recursos literarios, propios dunha "teofanía" ou revelación de Deus. Non obstante, o evanxelista Lucas introduciu detalles que nos permiten descubrir con máis realismo amensaxe dun episodio que a moitos lles resulta hoxe estraño e inverosímil. Desde o comezo indícanos que Xesús sobecos seus discípulos máis achegados ao alto dunha montaña, sinxelamente "para orar", non para contemplar unhatransfiguración. Todo sucede durante a oración de Xesús: "mentres oraba, o aspecto do seu rostro cambiou". Xesús,recollido profundamente, acolle a presenza de seu Pai, e o seu rostro cambia. Os discípulos perciben algo da súaidentidad máis profunda e agochada. Algo que non poden captar na vida ordinaria de cada día. Na vida dos seguidores de Xesús non faltan momentos de claridade e certeza, de alegría e de luz.Ignoramos o que sucedeu no alto daquela montaña, pero sabemos que na oración e o silencio é posible vislumbrar,desde a fe, algo da identidade oculta de Xesús. Esta oración é fonte dun coñecemento que non é posible obter doslibros. Lucas di que os discípulos apenas se decatan de nada, pois " caían de sono" e só "ao espilir", captaronalgo. Pedro só sabe que alí se está moi ben e que esa experiencia non debería remtar nunca. Lucas di que "non sabíao que dicía". Por iso, a escena culmina cunha voz e un mandato solemne. Os discípulos vense envoltos nunha nube.Asústanse pois todo aquilo excédeos. Con todo, daquela nube sae unha voz: "Este é o meu Fillo, o Elixido.Escoitádeo". A escoita ha de ser a primeira actitude dos discípulos. Os cristiáns de hoxe necesitamos urxentemente "interiorizar" a nosa relixión se queremos avivecer anosa fe. No abonda oír o Evanxeo de maneira distraída, rutineira e gastada, sen desexo ningún de escoitar. Nonabonda tampouco unha escoita intelixente preocupada só de entender. Necesitamos escoitar a Xesús vivo no máis íntimo de noso ser. Todos, predicadores e pobo fiel, teólogose lectores, necesitamos escoitar a súa Boa Nova de Deus, non desde fóra senón desde dentro. Deixar que as súaspalabras descendan das nosas cabezas ata o corazón. A nosa fe sería máis forte, máis gozosa, máis contaxiosa. José Antonio Pagola

×