Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

2º domingo tob 2015 pagola

766 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

2º domingo tob 2015 pagola

  1. 1. 18 xaneiro 201518 xaneiro 2015 2º Tempo Ordinario2º Tempo Ordinario Xoán 1, 35-42Xoán 1, 35-42 José Antonio Pagola Música: Dema R.Strauss Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain
  2. 2. O evanxelista Xoán puxo un interese especial en indicar aos seus lectores como se iniciou o pequeno grupo de seguidores de Xesús.
  3. 3. O Bautista fíxase en Xesús que pasaba por alí e dilles aos discípulos que o acompañan: «Este é o Año de Deus».
  4. 4. Probablemente, os discípulos non entenderon gran cousa, pero comezan a ««seguir a Xesússeguir a Xesús».». Durante un tempo, camiñan en silencio. Non houbo aínda un verdadeiro contacto con El. Están seguindo un descoñecido e non saben de certo por que nin para que.
  5. 5. Xesús rompe o silencioXesús rompe o silencio cunha pregunta:cunha pregunta: «Que buscades?«Que buscades?»» Que esperades de min?Que esperades de min? Queredes orientar aQueredes orientar a vosa vida na direcciónvosa vida na dirección que levo eu?que levo eu? Son cousas que éSon cousas que é necesario aclarar ben.necesario aclarar ben.
  6. 6. Os discípulos dinlle: «Mestre, onde vives?» Cal é o segredo da túa vida? Que é vivir para ti?
  7. 7. Ao parecer, non buscan coñecer novas doutrinas. Queren aprender de Xesús un modo diferente de vivir. Queren vivir coma El.
  8. 8. Xesús respóndelles directamente:Xesús respóndelles directamente: ««Vinde e verédeloVinde e verédelo».». Facede vós mesmos a experiencia.Facede vós mesmos a experiencia. Non busquedes información de fóra.Non busquedes información de fóra. Vinde vivir comigo e descubriredes como vivo eu,Vinde vivir comigo e descubriredes como vivo eu, desde onde oriento a miña vida, a que me dedico,desde onde oriento a miña vida, a que me dedico, por que vivo así.por que vivo así.
  9. 9. Este é o paso decisivo que necesitamos dar hoxe para inaugurar unha fase nova na historia do cristianismo. Millóns de persoas dinse cristiás, pero non experimentaron un verdadeiro contacto con Xesús. Non saben como viviu, ignoran o seu proxecto.Non saben como viviu, ignoran o seu proxecto. Non aprenden nada especial del.Non aprenden nada especial del.
  10. 10. Mentres tanto, nas nosas igrexasMentres tanto, nas nosas igrexas non temos capacidade para xerarnon temos capacidade para xerar novos crentes.novos crentes. A nosa palabra xa non resultaA nosa palabra xa non resulta atractiva nin crible.atractiva nin crible. Ao parecer, o cristianismo, tal comoAo parecer, o cristianismo, tal como nós o entendemos e vivimos,nós o entendemos e vivimos, interesa cada vez menos.interesa cada vez menos.
  11. 11. Se alguén se nos achegase a preguntarnosSe alguén se nos achegase a preguntarnos «onde vivís»,«que hai de interesante nas«onde vivís»,«que hai de interesante nas vosas vidas»,vosas vidas», como lles responderiamos?como lles responderiamos?
  12. 12. É urxente que os cristiáns se reúnan en pequenosÉ urxente que os cristiáns se reúnan en pequenos grupos para aprender a vivir ao estilo de Xesúsgrupos para aprender a vivir ao estilo de Xesús escoitando xuntos o evanxeo.escoitando xuntos o evanxeo. El é máis atractivo e crible que todos nós.El é máis atractivo e crible que todos nós. Pode xerar novos seguidores, pois ensina a vivirPode xerar novos seguidores, pois ensina a vivir de maneira diferente e interesante.de maneira diferente e interesante.
  13. 13. APRENDER A VIVIR   O evanxelista Xoán puxo un interese especial en indicar aos seus lectores como se iniciou o pequeno grupo de seguidores de Xesús. Todo parece casual. O Bautista fíxase en Xesús que pasaba por alí e dilles aos discípulos que o acompañan: «Este é o Año de Deus». Probablemente, os discípulos non entenderon gran cousa, pero comezan a «seguir a Xesús». Durante un tempo, camiñan en silencio. Non houbo aínda un verdadeiro contacto con El. Están seguindo un descoñecido e non saben exactamente por que nin para que. Xesús rompe o silencio cunha pregunta: «Que buscades?» Que esperades de min? Queredes orientar a vosa vida na dirección que levo eu? Son cousas que é necesario aclarar ben. Os discípulos dinlle: «Mestre, onde vives?» Cal é o secreto da túa vida? Que é vivir para ti? Ao parecer, non buscan coñecer novas doutrinas. Queren aprender de Xesús un modo diferente de vivir. Queren vivir coma El. Xesús respóndelles directamente: «Vinde e verédelo». Facede vós mesmos a experiencia. Non busquedes información de fóra. Vinde vivir comigo e descubriredes como vivo eu, desde onde oriento a miña vida, a que me dedico, por que vivo así. Este é o paso decisivo que necesitamos dar hoxe para inaugurar unha fase nova na historia do cristianismo. Millóns de persoas dinse cristiás, pero non experimentaron un verdadeiro contacto con Xesús. Non saben como viviu, ignoran o seu proxecto. Non aprenden nada especial del. Mentres tanto, nas nosas igrexas non tenemos capacidade para xerar novos crentes. A nosa palabra xa non resulta atractiva nin crible. Ao parecer, o cristianismo, tal como nós o entendemos e vivimos, interesa cada vez menos. Se alguén se nos achegara a preguntarnos «onde vivís», «que hai de interesante nas vosas vidas», como responderiamos? É urxente que os cristiáns se reúnan en pequenos grupos para aprender a vivir ao estilo de Xesús escoitando xuntos o evanxeo. El é máis atractivo e crible que todos nós. Pode xerar novos seguidores, pois ensina a vivir de maneira diferente e interesante. José Antonio Pagola

×