Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

2º Nadal B 2015 Bene Pagola

716 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

2º Nadal B 2015 Bene Pagola

  1. 1. 4 xanerio 2015 2º Domingo de Nadal Xn 1, 1-18 Texto: J.A. Pagola Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain A C O L L E R A D E U S
  2. 2. Xesús apareceu en Galilea cando o poboXesús apareceu en Galilea cando o pobo xudeu vivía unha profunda crise relixiosa.xudeu vivía unha profunda crise relixiosa. Levaban moito tempo sentindoLevaban moito tempo sentindo o afastamento de Deus.o afastamento de Deus. Os ceos estaban “pechados".Os ceos estaban “pechados".
  3. 3. Unha especie de muro invisible parecía impedirUnha especie de muro invisible parecía impedir a comunicación de Deus co seu pobo.a comunicación de Deus co seu pobo. Ninguén era capaz de escoitar a súa voz.Ninguén era capaz de escoitar a súa voz. Xa non había profetas.Xa non había profetas. Ninguén falaba impulsado polo seu EspíritoNinguén falaba impulsado polo seu Espírito..
  4. 4. O máis duro era esa sensación de que DeusO máis duro era esa sensación de que Deus os tiña esquecido.os tiña esquecido. Xa non lle preocupaban os problemas de Israel.Xa non lle preocupaban os problemas de Israel. Por que permanecía oculto?Por que permanecía oculto? Por que estaba tan lonxe?Por que estaba tan lonxe? Seguramente moitos recordaban a ardenteSeguramente moitos recordaban a ardente oración dun antigo profeta que rezaba así aoración dun antigo profeta que rezaba así a Deus: "Oxalá racharas o ceo e baixases".Deus: "Oxalá racharas o ceo e baixases".
  5. 5. Os primeiros que escoitaron o evanxelio de MarcosOs primeiros que escoitaron o evanxelio de Marcos tiveron que quedar sorprendidos.tiveron que quedar sorprendidos. Segundo o seu relato, ao saír das augas do Xordán,Segundo o seu relato, ao saír das augas do Xordán, despois de ser bautizado, Xesúsdespois de ser bautizado, Xesús «viu racharse o ceo»«viu racharse o ceo» e experimentou quee experimentou que «o Espírito de Deus baixaba sobre el»«o Espírito de Deus baixaba sobre el»..
  6. 6. Por fin era posible o encontro con Deus.Por fin era posible o encontro con Deus. Sobre a terra camiñaba un home cheo doSobre a terra camiñaba un home cheo do Espírito de Deus.Espírito de Deus. Chamábase Xesús e viña de NazaréChamábase Xesús e viña de Nazaré..
  7. 7. Ese Espírito que descende sobre el é oEse Espírito que descende sobre el é o alento de Deus que crea a vida, a forza quealento de Deus que crea a vida, a forza que renova e cura os viventes, o amor que orenova e cura os viventes, o amor que o transforma todo.transforma todo. Por iso Xesús dedícase a liberar a vida, aPor iso Xesús dedícase a liberar a vida, a curala e facela máis humana.curala e facela máis humana.
  8. 8. Os primeiros cristiáns non quixeron serOs primeiros cristiáns non quixeron ser confundidos cos discípulos do Bautista.confundidos cos discípulos do Bautista. Eles sentíanse bautizados por Xesús co seuEles sentíanse bautizados por Xesús co seu Espírito.Espírito.
  9. 9. Sen ese Espírito todo seSen ese Espírito todo se apaga no cristianismo.apaga no cristianismo. A confianza en DeusA confianza en Deus desaparece.desaparece. A fe debilítase.A fe debilítase. Xesús queda reducido a unXesús queda reducido a un personaxe do pasado, opersonaxe do pasado, o Evanxeo convértese enEvanxeo convértese en letra morta.letra morta. O amor enfríase e a IgrexaO amor enfríase e a Igrexa non pasa de ser unhanon pasa de ser unha institución relixiosa máis.institución relixiosa máis.....
  10. 10. Sen o Espírito de Xesús, a liberdade afógase, a alegría apágase, a celebración convértese en costume, a comuñón ráchase. Sen o Espírito a misión esquécese, a esperanza morre, os medos crecen, o seguimento a Xesús termina en mediocridade relixiosa.
  11. 11. O noso maior problema é oO noso maior problema é o esquecemento de Xesús e oesquecemento de Xesús e o descoido do seu Espírito.descoido do seu Espírito. É un erro pretender lograrÉ un erro pretender lograr con organización, traballo,con organización, traballo, devocións ou estratexiasdevocións ou estratexias diversas o que só pode nacerdiversas o que só pode nacer do Espírito.do Espírito. Temos que volver á raíz,Temos que volver á raíz, recuperar o Evanxeo en todarecuperar o Evanxeo en toda a súa frescura e verdade,a súa frescura e verdade, bautizarnos co Espírito debautizarnos co Espírito de Xesús:Xesús:
  12. 12. Non nos temos que enganar. Se non nos deixamos reavivar e recrear por ese Espírito, os cristiáns non temos nada importante que achegar á sociedade actual tan baleira de interioridade, tan incapacitada para o amor solidario e tan necesitada de esperanza.
  13. 13. ACOLLER A DEUS Xesús apareceu en Galilea cando o pobo xudeu vivía unha profunda crise relixiosa. Levaban moito tempo sentindo o afastamento de Deus. Os ceos estaban “pechados". Unha especie de muro invisible parecía impedir a comunicación de Deus co seu pobo. Ninguén era capaz de escoitar a súa voz. Xa non había profetas. Ninguén falaba impulsado polo seu Espírito. O máis duro era esa sensación de que Deus os tiña esquecido. Xa non lle preocupaban os problemas de Israel. Por que permanecía oculto? Por que estaba tan lonxe? Seguramente moitos recordaban a ardente oración dun antigo profeta que rezaba así a Deus: "Oxalá rachases o ceo e baixases". Os primeiros que escoitaron o evanxeo de Marcos tiveron que quedar sorprendidos. Segundo o seu relato, ao saír das augas do Xordán, despois de ser bautizado, Xesús «viu racharse o ceo» e experimentou que «o Espírito de Deus baixaba sobre el». Por fin era posible o encontro con Deus. Sobre a terra camiñaba un home cheo do Espírito de Deus. Chamábase Xesús e viña de Nazaré. Ese Espírito que descende sobre el é o alento de Deus que crea a vida, a forza que renova e cura os viventes, o amor que o transforma todo. Por iso Xesús dedícase a liberar a vida, a curala e facela máis humana. Os primeiros cristiáns non quixeron ser confundidos cos discípulos do Bautista. Eles sentíanse bautizados por Xesús co seu Espírito. Sen ese Espírito todo se apaga no cristianismo. A confianza en Deus desaparece. A fe debilítase. Xesús queda reducido a un personaxe do pasado, o Evanxeo convértese en letra morta. O amor enfríase e a Igrexa non pasa de ser unha institución relixiosa máis.. Sen o Espírito de Xesús, a liberdade afógase, a alegría apágase, a celebración convértese en costume, a comuñón ráchase. Sen o Espírito a misión esquécese, a esperanza morre, os medos crecen, o seguimento a Xesús termina en mediocridade relixiosa. O noso maior problema é o esquecemento de Xesús e o descoido do seu Espírito. É un erro pretender lograr con organización, traballo, devocións ou estratexias diversas o que só pode nacer do Espírito. Temos que volver á raíz, recuperar o Evanxeo en toda a súa frescura e verdade, bautizarnos co Espírito de Xesús: Non nos temos que enganar. Se non nos deixamos reavivar e recrear por ese Espírito, os cristiáns non temos nada importante que achegar á sociedade actual tan baleira de interioridade, tan incapacitada para o amor solidario e tan necesitada de esperanza.

×