Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

2º pascua c 2013 bene pagola

392 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

2º pascua c 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio PagolaRed evangelizadora BUENAS NOTICIASAXuda a difundir a fe en Cristo resucitado. Pásao. 7 de abril de 2013 2º Pascua (C) Xoán 20, 19-31Música:Hosanna 11-BachPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundaraina
  2. 2. O home moderno aprendeu a dubidar. É propio do espírito dos nosos temposcuestionalo todo para progresar en coñecemento científico.Neste clima a fe queda con frecuencia desacreditada. O ser humano vai camiñando pola vida cheo de incertezas e dúbidas.
  3. 3. Por iso, todos sintonizamos sen dificultade coa reacción de Tomé,cando os outros discípulos lle comunican que, estando el ausente, tiveron unha experiencia sorprendente: “Vimos o Señor".
  4. 4. Tomé podería ser un home dos nosos días. A súa resposta é clara: "Se non o vexo...non o creo".
  5. 5. A súa actitude é comprensible. Tomé non di que os seus compañeiros están mentindo ou que están enganados.Só afirma que o testemuño deles non lle abonda para adherirse á súa fe. El necesita vivir a súa propia experiencia.E Xesús non llo reprochará en ningún momento. momento
  6. 6. Tomé puido Non o expresar as botaron fóra súas dúbidas do grupo.dentro do grupo Tampouco de discípulos. eles creron Ao parecer, as mulleres non se cando llesescandalizaron. anunciaron que viran a Xesús resucitado.
  7. 7. O episodio de Tomé deixa entrever o longo camiño que tiveron que percorrer nopequeno grupo de discípulos ata chegaren á fe en Cristo resucitado.
  8. 8. As comunidades cristiás deberían ser nos nosos días un espazo de diálogo onde puidésemos compartir honestamente as dúbidas, os interrogantes e buscas dos crentes de hoxe. Non todos vivimos no noso interior a mesma experiencia. Para crecer na fe necesitamos o estímulo e o diálogo con outros que compartan a nosa mesma inquietude.
  9. 9. Pero nada pode remudar a experiencia dun contacto persoal con Cristo no fondo da propia conciencia. Segundo o relato evanxélico, aos oito días preséntase de novo Xesús. Non critica a Tomé as súas dúbidas. A súa resistencia a crer revela a súahonestidade. Xesús amósalle as súas feridas.
  10. 10. Non son "probas" da resurrección, senón "signos" do seu amor e entrega ata a morte. Por iso, invítao a afondarnas súas dúbidas con confianza: "Non sexas incrédulo, senón crente".
  11. 11. Tomé renuncia a verificar nada.xa non sente necesidade de probas. Só sabe que Xesús o ama e o invita a confiar: “Meu Señor e meu Deus".
  12. 12. Un día os cristiáns descubriremos que moitas das nosas dúbidas, vividas de maneira sa, sen perder e contacto con Xesús e a comunidade, nospoden rescatar dunha fe superficial que se contenta con repetir fórmulas, para estimularnos a crecer en amor e en confianza en Xesús,ese Misterio de Deus encarnado que constitúe o núcleo da nosa fe.
  13. 13. DA DÚBIDA Á FE  O home moderno aprendeu a dubidar. É propio do espírito dos nosos tempos cuestionalo todo paraprogresar en coñecemento científico. Neste clima a fe queda con frecuencia desacreditada. O ser humano vaicamiñando pola vida cheo de incertezas e dúbidas. Por iso, todos sintonizamos sen dificultade coa reacción de Tomé, cando os outros discípulos llecomunican que, estando el ausente, tiveron unha experiencia sorprendente: “Vimos o Señor". Tomé podería serun home dos nosos días. A súa resposta é clara: "Se non o vexo...non o creo". A súa actitude é comprensible. Tomé non di que os seus compañeiros están mentindo ou que estánenganados. Só afirma que o testemuño deles non lle abonda para adherirse á súa fe. El necesita vivir a súapropia experiencia. E Xesús non llo reprochará en ningún momento. Tomé puido expresar as súas dúbidas dentro do grupo de discípulos. Ao parecer, non seescandalizaron. Non o botaron fóra do grupo. Tampouco eles creron as mulleres cando lles anunciaron queviran a Xesús resucitado. O episodio de Tomé deixa entrever o longo camiño que tiveron que percorrer nopequeno grupo de discípulos ata chegar á fe en Cristo resucitado. As comunidades cristiás deberían ser nos nosos días un espazo de diálogo onde puidésemoscompartir honestamente as dúbidas, os interrogantes e buscas dos crentes de hoxe. Non todos vivimos no nosointerior a mesma experiencia. Para crecer na fe necesitamos o estímulo e o diálogo con outros que comparten anosa mesma inquietude. Pero nada pode remudar a experiencia dun contacto persoal con Cristo no fondo da propiaconciencia. Segundo o relato evanxélico, aos oito días preséntase de novo Xesús. Non critica a Tomé as súasdúbidas. A súa resistencia a crer revela a súa honestidade. Xesús amósalle as súas feridas. Non son "probas" da resurrección, senón "signos" do seu amor e entrega ata a morte. Por iso,invítao a afondar nas súas dúbidas con confianza: "Non sexas incrédulo, senón crente". Tomés renuncia averificar nada. Xa non sente necesidade de probas. Só sabe que Xesús o ama e o invita a confiar: “Meu Señor emeu Deus". Un día os cristiáns descubriremos que moitas das nosas dúbidas, vividas de maneira sa, senperder o contacto con Xesús e a comunidade, nos poden rescatar dunha fe superficial que se contenta conrepetir fórmulas, para estimularnos a crecer en amor e en confianza en Xesús, ese Misterio de Deus encarnadoque constitúe o núcleo da nosa fe. José Antonio Pagola

×