Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

2 xoves santo facede vós o mesmo

662 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

2 xoves santo facede vós o mesmo

  1. 1. Recuperemos a Cea do Señor, comunidade de crentes, mediante a lectura e comprensión da Palabra, a Fracción do Pan, a oración en común, o compromiso vital con Xesús e cos demais.Xoán 13, 1-15 .Xoves Santo. 2010.Autora: Asun Gutiérrez.Música: Donde hay caridad e amor.
  2. 2. Moitos cadros e estampas fannos imaxinar esta Cea de forma que non corresponde ao costume do tempo. Representan a Xesús comendo só cos doce apóstolos.A tradición de Israel reunía aquela noite a homes e mulleres por igual. Polo tanto Xesús reuniríase cos doce e cos seguidores e seguidoras que ordinariamente ían con El no grupo. E con súa nai.
  3. 3. Antes da festa da pascua, Xesús, sabendo que chegara a hora de deixar este mundo para ir ao Pai, e tendo amado os seus que estaban no mundo, amounos ata o extremo.Ignacio Ellacuria e os seus compañeir@s asesinad@s Vicente Ferrer Pedro Arrupe Saber como amou Xesús é a pauta, o exemplo, o máis fundamental na nosa vida (Mt 25). O amor, a entrega, feita realidade na vida, é a esencia da nosa fe. O amor “ata o extremo” comeza polas entregas de cada día.
  4. 4. Entón Xesús, levantouse da mesa,quitou o manto, tomou unha toalla e cinguiuna á cintura.Despois botou agua nunha almofía e comezou a lavar os pés dos discípulose a secárllelos coa toalla que levaba á cintura.Xesús érguese. Non queda sentado ante a dor e as necesidades dos demais.Preocúpase de facer algo para alivialas.Quita o manto. Despóxase de todo poder; o auténtico servizo só se pode facerdesde abaixo, sendo un de tantos. Para lavar os pés a unha persoa é necesarioinclinarse, poñerse de xeonllos ante ela.O xesto, propio dos criados, escravos e mulleres, non é só un acto de humildade: écambiar de raíz todos os conceptos sobre a dignidade, a xerarquía, o correcto, orelixioso.Os xestos e actitudes de Xesús non son só para dar exemplo senón unha pauta decomportamento para os seus seguidores e seguidoras.
  5. 5. Cuando llegó a Simón Pedro, éste se resistió:–Señor, ¿lavarme los pies tú a mí? Xesús contestoulle:–O que éstou facendo, ti non o podescomprender agora; comprenderalo despois.Pedro insistiu:–Xamais permitirei que me laves os pés.Entón Xesús respondeulle:–Se no che lavo os pés, non poderás contarteentre os meus. Ver a Xesús facéndose pequenoé unha denuncia ás nosas formas e desexos de ser “señores”. A idea de que “os de arriba” teñen que ser servidos non é ni a actitude nin a recomendación de Xesús. Resístome, como Pedro, a entrar no “xogo do Evanxeo”?
  6. 6. Daquela díxolles Xesús:– O que se bañou só necesita lavar os pés, porque está completamente limpo; evós estades limpios, aínda que non todos. Amar é acoller e poñerse ao servizo dos demais, respectando a liberdade e respondendo sempre con amor. Todo ser humano é amable, non polos seus méritos ou calidades, senón porque é amado por Deus. Todos os seres humanos, incluso os máis difíciles, os que criticamos e xulgamos, os que pensamos que son peores ca nós, son amados por Deus. Él é a Auga que nos limpia a todos.
  7. 7. Despois de lavarlles os pés, púxose de novo o manto, volveu sentar na mesa e díxolles: – Comprendedes o que acabo de facer convosco? Vós chamádesmes Mestre e Señor, e tedes razón, porque o son. Pois ben, se eu, que son o Mestre e o Señor, vos lavei os pés, vós debedes facer o mesmo uns cos outros.Xesús propón a súa forma de actuar –amor, acollida, servizo, compromiso, comuñón- como modelo de comportamento para os seus seguidores e seguidoras. A súa mensaxe e o seu testemuño non buscan asegurar privilexios, senón servir. O seu amor é creativo e contaxioso. Capacítanos para amar coma El: “Amádevos como eu vos amei”. Non é unha esixencia, é a mellor experiencia, a maior fonte de alegría. Se amamos como Xesús poderemos crear un mundo mellor para todos. Comprendémolo así?
  8. 8. Gestos deAmor fraterno . Cear cos amigos, abrirlles o corazón sen medo, lavarlles os pés con mimo e respecto, facerse pan tenro compartido e viño novo bebido. Embriagarse de Deus, e invitar a todos a facer o mesmo. Traballar pola xustiza, empeñarse nunha paz duradeira; dicir non ás armas, desvivirse en proxectos solidarios, reducir as nosas contas e carteiras. Amar ata o extremo, e invitar a todos a facer o mesmo. Crear desconcerto evanxélico. Amar como El nos ama, e invitar a todos a facer o mesmo. Un xesto só, un só, desborda o teu amor que se nos ofrece como manancial de vida. Se nos deixamos alcanzar e lavar, quedamos limpos, como nenos logo de bañados, para descansar no teu colo. Lávame, Señor! Lávanos, Señor! Fl. Ulibarri

×